SISTEMA DE LICITACIÓN ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA (SILEX)

Tamaño: px
Comenzar la demostración a partir de la página:

Download "SISTEMA DE LICITACIÓN ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA (SILEX)"

Transcripción

1 SISTEMA DE LICITACIÓN ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA (SILEX) Guía para comezar a licitar 08/03/2018 Guía para comezar a licitar Páxina 1 de 23

2 ÍNDICE 1. Acerca desta guía Notas importantes Requisitos para licitar Instalación da Feramenta de Instalación SILEX Comprobación e preparación do seu equipo O acceso o sistema A presentación das ofertas no contorno de probas A presentación de ofertas no contorno real CLÁUSULA DE CONFIDENCIALIDADE Este documento é propiedade da Consellería de Facenda. A información contida no mesmo deberase empregar exclusivamente para os fins para os que foi xerado e que requiran necesariamente do seu emprego. A reprodución, total ou parcial, por calquera medio ou método, do contido deste documento para un fin distinto ao inicialmente previsto non está autorizada. 08/03/2018 Guía para comezar a licitar Páxina 2 de 23

3 1. ACERCA DESTA GUÍA Este documento é unha guía para facilitar ós usuarios do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (Silex) a presentación de ofertas telemáticas. 2. NOTAS IMPORTANTES Antes de empezar coa presentación de ofertas, é moi importante asegurar que o seu equipo informático está operativo para poder licitar, coa suficiente antelación ó fin de prazo de presentación de ofertas. Por iso recomendamos: 1. Cumprir cos requisitos técnicos e funcionais do sistema. 2. Instalar a Ferramenta de Licitación SILEX 3. Executar a comprobación e preparación do equipo para licitar. 4. Presentar unha oferta ficticia nos expedientes de probas publicados no contorno de probas, cun prazo razoable de antelación. Para obter soporte técnico, pode poñerse en contacto connosco no teléfono ou acceder á páxina de atención ó usuario da Consellería de Facenda a través da seguinte ligazón: 3. REQUISITOS PARA LICITAR Para poder presentar unha oferta telemática en Silex ten que cumprir os seguintes requisitos: 1. PC con sistema operativo Microsoft Windows 7, 8 ou 10, conexión a Internet e algún dos seguintes navegadores: Microsoft Internet Explorer 11, deshabilitando a vista de compatibilidade. Microsoft Edge, última versión. Mozilla Firefox, última versión. Google Chrome, última versión. 2. Ter instalada a Ferramenta de Licitación SILEX que se poderá descargar dende o apartado de enlaces de interese da páxina de inicio de SILEX. 3. Os usuarios da aplicación deberán dispor de Certificado Dixital recoñecido pola Consellería de Facenda: 4. Espazo libre en disco de aproximadamente catro veces o tamaño dos ficheiros que conforman a oferta. 5. Recoméndase que o equipo teña 4Gb de memoria RAM. 4. INSTALACIÓN DA FERAMENTA DE INSTALACIÓN SILEX Antes de poder iniciar a presentación de ofertas, deberá ter instalado no seu equipo a Ferramenta de Licitación SILEX, A continuación explícanse os pasos para seguir: 1. Acceder a e seleccionar a opción Comprobación e preparación do seu equipo para licitar. 08/03/2018 Guía para comezar a licitar Páxina 3 de 23

4 2. Descargar o executable pulsando o botón Instalación para Windows 08/03/2018 Guía para comezar a licitar Páxina 4 de 23

5 3. Executar o instalable descargado e pulsar o botón instalar para iniciar a instalación. 4. Seguir os pasos do asistente de instalación ata que remate o proceso, pulsar finalizar para saír do asistente. 08/03/2018 Guía para comezar a licitar Páxina 5 de 23

6 5. COMPROBACIÓN E PREPARACIÓN DO SEU EQUIPO Esta ferramenta permite coñecer a configuración actual do seu equipo para comprobar se cumpre cos requisitos necesarios. A continuación explícanse os pasos a seguir: 1. Acceder a e seleccionar a opción Comprobación e preparación do seu equipo para licitar. 2. Aparecerá unha pantalla onde se listará a configuración actual do seu equipo (Sistema operativo, navegador, ). 08/03/2018 Guía para comezar a licitar Páxina 6 de 23

7 6. O ACCESO O SISTEMA A dirección web para acceder ao Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia é: Dende esta pantalla pódese acceder: Á preparación e presentación de ofertas para presentar unha oferta real. Ó contorno de probas para presentar unha oferta ficticia. 08/03/2018 Guía para comezar a licitar Páxina 7 de 23

8 7. A PRESENTACIÓN DAS OFERTAS NO CONTORNO DE PROBAS Para asegurar que o seu equipo está listo para licitar electronicamente, pode presentar unha oferta a algún dos expedientes ficticios publicados no contorno de probas. Lembrámoslle que as ofertas presentadas neste contorno non teñen ningunha validez legal e os documentos achegados non deben ser as ofertas reais. Para simular a presentación dunha oferta, premerase en Acceso ó contorno de probas. Para indicar que se está traballando nun contorno de probas, aparecerá en pantalla unha barra superior de cor vermella co aviso "CONTORNO DE PROBAS". Antes de continuar, comprobe que o ordenador dende o cal vai licitar cumpre os requisitos que se mostran en pantalla. A continuación, premerase "Continuar". 08/03/2018 Guía para comezar a licitar Páxina 8 de 23

9 Selecciónase o certificado dixital e púlsase "Aceptar". Unha vez dentro do sistema, aparecen as empresas rexistradas podendo: Seleccionar a empresa coa que se vai presentar ó expediente de contratación. Neste caso, desde a columna Accións, premerase sobre a icona da frecha. Ou ben, rexistrar unha nova empresa. 08/03/2018 Guía para comezar a licitar Páxina 9 de 23

10 Neste último caso, ao premer no botón Engadir empresa abrirase a seguinte pantalla na que se introducirá o tipo de documento e o número e premerase Aceptar. A continuación, abrirase o seguinte formulario para a cumprimentación do resto de datos. No caso de que a empresa xa exista no RXC os datos deste formulario aparecerán cubertos. Logo premerase "Aceptar". Seleccionada a empresa, avánzase ao paso Seleccionar expediente e púlsase Buscar. Por defecto, no campo "Estado de tramitación" aparece cuberta a opción "En prazo de presentación de ofertas". 08/03/2018 Guía para comezar a licitar Páxina 10 de 23

11 Na lista de resultados púlsase a frecha da columna Accións para seleccionar o expediente, accedendo ó paso de Compoñer oferta. Neste paso, selecciónanse os arquivos a presentar premendo a icona do clip. A primeira vez que se achegue un documento, se mostrará unha xanela de advertencia de que se executará a Ferramenta de Licitación SILEX. 08/03/2018 Guía para comezar a licitar Páxina 11 de 23

12 Anexada toda a documentación obrigatoria habilitarase o botón "Seguinte", avanzando ao paso de Asinar oferta. Aquí teremos a columna Asinar onde indicaremos si queremos asinar ou non a través do SILEX (por defecto ao acceder por primeira vez todos os documentos e adxuntos aparecerán marcados). Premerase no botón "Asinar". 08/03/2018 Guía para comezar a licitar Páxina 12 de 23

13 Ao pulsar en Asinar, abrirase a ventá da Ferramenta de Licitación SILEX para a selección do certificado dixital co que se vai asinar dixitalmente a oferta: Se a sinatura se realizou con éxito, aparecerá unha lista cos datos do asinante. Ademais poderemos consultar os asinantes do documento e anexos a través do botón de accións con icona. 08/03/2018 Guía para comezar a licitar Páxina 13 de 23

14 Se precisa engadir a sinatura doutro apoderado da súa empresa, seleccione os documentos que desexa asinar e prema no botón Nova Sinatura. Solicitarase o certificado do novo apoderado e este asinará os documentos seleccionados. Para continuar premerase en "Seguinte". Finalmente, revísanse os asinantes da oferta así como a documentación que se vai presentar. Se desexa cambiar os documentos ou os asinantes, debe premer no botón Modificar Oferta. Para continuar coa presentación debe premer no botón Seguinte. 08/03/2018 Guía para comezar a licitar Páxina 14 de 23

15 Comprobe se o seu correo electrónico é correcto e prema o botón "Enviar" para o envío definitivo da oferta. 08/03/2018 Guía para comezar a licitar Páxina 15 de 23

16 Se a presentación se realiza con éxito aparecerá a seguinte pantalla: 8. A PRESENTACIÓN DE OFERTAS NO CONTORNO REAL Neste apartado explícanse os pasos a seguir para efectuar a presentación telemática de documentación a un expediente de contratación pública mediante SILEX. Para comezar, na pantalla inicial de acceso a SILEX premerase en Preparación e presentación de ofertas. Antes de continuar, comprobe que o ordenador dende o cal vai licitar cumpre os requisitos que se amosan na pantalla. A continuación, premerase en "Identificarse". 08/03/2018 Guía para comezar a licitar Páxina 16 de 23

17 Selecciónase o certificado dixital e púlsase "Continuar". Unha vez dentro do sistema, aparecen as empresas rexistradas podendo: Seleccionar a empresa coa que se vai presentar ó expediente de contratación. Neste caso, dende a columna Accións, premerase na icona da frecha. Ou ben, rexistrar unha nova empresa. 08/03/2018 Guía para comezar a licitar Páxina 17 de 23

18 Neste último caso, ó premer no botón Engadir empresa abrirase a seguinte pantalla na que se introducirá o tipo de documento e o número e premerase Aceptar. A continuación, abrirase o seguinte formulario para a cumprimentación do resto de datos. No caso de que a empresa xa exista no RXC os datos desde formulario aparecerán cubertos. Logo premerase "Aceptar". Seleccionada a empresa, avánzase ao paso Seleccionar expediente e púlsase Buscar. Por defecto no campo "Estado de tramitación" aparece cuberta a opción "En prazo de presentación de ofertas". 08/03/2018 Guía para comezar a licitar Páxina 18 de 23

19 Na lista de resultados púlsase a frecha da columna Accións para seleccionar o expediente, accedendo ó paso de Compoñer oferta. Neste paso, selecciónanse os arquivos a presentar premendo a icona do clip. A primeira vez que se achegue un documento, mostrarase unha xanela de advertencia de que se executará a ferramenta de presentación de ofertas. 08/03/2018 Guía para comezar a licitar Páxina 19 de 23

20 Anexada toda a documentación obrigatoria habilitarase o botón "Seguinte", avanzando ao paso de Asinar oferta. Premerase no botón "Asinar". Selecciónase o certificado dixital co que se vai asinar dixitalmente a oferta. Se a sinatura se realizou con éxito aparecerá unha lista cos datos do asinante. 08/03/2018 Guía para comezar a licitar Páxina 20 de 23

21 Se precisa engadir a sinatura doutro apoderado da súa empresa, seleccione os documentos que desexa asinar e prema no botón Nova Sinatura. Solicitarase o certificado do novo apoderado e este asinará os documentos seleccionados. Para continuar premerase en "Seguinte". Finalmente, revísanse os asinantes da oferta así como a documentación que se vai presentar. Se desexa cambiar os documentos ou os asinantes, debe premer no botón Modificar Oferta. Para continuar coa presentación debe premer no botón Seguinte. 08/03/2018 Guía para comezar a licitar Páxina 21 de 23

22 Comprobe se o seu correo electrónico é correcto e prema o botón "Enviar" para o envío definitivo da oferta. Unha vez presentada a oferta non será posible modificala. Se a presentación se realizou con éxito aparecerá a seguinte pantalla: 08/03/2018 Guía para comezar a licitar Páxina 22 de 23

23 Dende esta pantalla, disponse dunha opción para descargar o xustificante de presentación da oferta. 08/03/2018 Guía para comezar a licitar Páxina 23 de 23

Os sistemas operativos (S. O.)

Os sistemas operativos (S. O.) Os sistemas operativos (S. O.) Calquera ordenador conta cunha parte física (hardware) e cunha serie de programas que permiten que, como usuarios, poidamos empregalo (software) Cando encendemos un ordenador

Más detalles

Nuestra más cordial bienvenida al sistema de tramitación electrónica (registro telemático) del principado de Asturias

Nuestra más cordial bienvenida al sistema de tramitación electrónica (registro telemático) del principado de Asturias Nuestra más cordial bienvenida al sistema de tramitación electrónica (registro telemático) del principado de Asturias Desde aquí se puede Presentar solicitudes a través de Internet para acceder a los servicios

Más detalles

Registro Electrónico Común (REC) Guía de usuario Presentación de una solicitud con certificado. Versión 1.0

Registro Electrónico Común (REC) Guía de usuario Presentación de una solicitud con certificado. Versión 1.0 Registro Electrónico Común (REC) Guía de usuario Presentación de una solicitud con certificado Versión 1.0 Índice Requisitos / Configuración para utilización de certificados... 3 1.1. Versión del navegador:...3

Más detalles

PUNTO GENERAL DE ENTRADA DE FACTURAS ELECTRÓNICAS DE LA COMUNIDAD AUTÓNOMA DE GALICIA

PUNTO GENERAL DE ENTRADA DE FACTURAS ELECTRÓNICAS DE LA COMUNIDAD AUTÓNOMA DE GALICIA PUNTO GENERAL DE ENTRADA DE FACTURAS ELECTRÓNICAS DE LA COMUNIDAD AUTÓNOMA DE GALICIA Manual presentación facturas por correo electrónico 17/11/2015 Manual presentación facturas por correo electrónico

Más detalles

REQUISITOS NECESARIOS PARA LA INSTALACIÓN Y FUNCIONAMIENTO DE LA APLICACIÓN

REQUISITOS NECESARIOS PARA LA INSTALACIÓN Y FUNCIONAMIENTO DE LA APLICACIÓN REQUISITOS NECESARIOS PARA LA INSTALACIÓN Y FUNCIONAMIENTO DE LA APLICACIÓN - El usuario debe ser administrador del ordenador o tener permisos de administración. - Ordenador con sistema operativo Windows

Más detalles

1. Deshabilitar bloqueador de elementos emerxentes Deshabilitar bloqueador de elementos emergentes

1. Deshabilitar bloqueador de elementos emerxentes Deshabilitar bloqueador de elementos emergentes 0. Contido Contido Neste documento descríbese a solución a algúns problemas frecuentes á hora de visualizar arquivos PDF xerados dende o programa e tamén ao realizar o proceso de pago telemático das taxas

Más detalles

PRESENTACIÓN ELECTRÓNICA CON INTERNET EXPLORER

PRESENTACIÓN ELECTRÓNICA CON INTERNET EXPLORER GUÍAS DE AYUDA DE LA SEDE ELECTRÓNICA DE LA XUNTA DE GALICIA PRESENTACIÓN ELECTRÓNICA CON INTERNET EXPLORER Página 2 de 12 Para hacer una presentación electrónica en la sede de Xunta empleando Internet

Más detalles

Manual de usuario de configuración de Navegadores para Sede Electrónica del SEPE

Manual de usuario de configuración de Navegadores para Sede Electrónica del SEPE Manual de usuario de configuración de Navegadores para Sede Electrónica del SEPE V4.2 Octubre de 2015 Ver. 4.0 Página 1 de 40 C/ Condesa de Venadito 9 Índice 1. OBJETIVOS... 3 2. REQUISITOS GENERALES...

Más detalles

Tutorial sobre la Oficina Virtual de Atención al Ciudadano del Excmo. Ayuntamiento de Vera.

Tutorial sobre la Oficina Virtual de Atención al Ciudadano del Excmo. Ayuntamiento de Vera. Para utilizar la Oficina Virtual de Atención al Ciudadano (OVAC) del Excmo. Ayuntamiento de Vera, lo primero que deben tener en cuenta es que en la actualidad solamente podrán tramitar en la misma a través

Más detalles

X CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

X CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO X CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO 6 MARZO 2015 HOMENAJE A RITA SUÁREZ AMADO X CONCURSO LITERARIO DE RELATO CORTO Y POESÍA BASES 1ª - Podrán participar todas las personas que lo deseen. 2ª - Se establecerán

Más detalles

SITRÁN ARAGÓN TRÁMITES Y SERVICIOS EN LÍNEA (WEB GANADEROS) CONFIGURACIÓN

SITRÁN ARAGÓN TRÁMITES Y SERVICIOS EN LÍNEA (WEB GANADEROS) CONFIGURACIÓN SITRÁN ARAGÓN TRÁMITES Y SERVICIOS EN LÍNEA (WEB GANADEROS) CONFIGURACIÓN Servicio de Recursos Ganaderos Julio 2012 v1 INDICE 1 CONFIGURACIÓN... 3 1.1 REQUISITOS... 3 1.1.1 Sotfware... 3 1.1.1.1 Sistema

Más detalles

A continuación entramos en detalle sobre cada uno de los pasos.

A continuación entramos en detalle sobre cada uno de los pasos. CERTIFICADO DIGITAL (Fábrica Nacional de Moneda y Timbre) Cómo obtener el certificado digital? http://www.cert.fnmt.es/clase2/main.htm A continuación entramos en detalle sobre cada uno de los pasos. Paso

Más detalles

Manual de usuario de la tramitación telemática de Reclamaciones Versión: 03 (30/10/2014)

Manual de usuario de la tramitación telemática de Reclamaciones Versión: 03 (30/10/2014) Manual de usuario de la tramitación telemática de SECRETARIA DE ESTADO DE TELECOMUNICACIONES Y PARA LA SOCIEDAD DE LA INFORMACIÓN DIRECCIÓN GENERAL DE TELECOMUNICACIONES Y TECNOLOGÍAS DE LA INFORMACIÓN.

Más detalles

Guía de obtención e instalación del Certificado digital de usuario emitido por CamerFirma

Guía de obtención e instalación del Certificado digital de usuario emitido por CamerFirma Guía de obtención e instalación del Certificado digital de usuario emitido por CamerFirma - 1 - Contenido 1. Cómo se obtiene el certificado digital de Ciudadano de Camerfirma?... 3 Paso 1. Solicitud del

Más detalles

Convocatoria ordinaria de 2012

Convocatoria ordinaria de 2012 Preguntas frecuentes Probas de acceso a ciclos de grao medio Convocatoria ordinaria de 2012 Nota informativa Probas de acceso a ciclos de grao medio Convocatoria ordinaria de 2012 Consellería de Cultura,

Más detalles

Actualización FX Store

Actualización FX Store Actualización FX Store Coincidiendo con nuestro quinto aniversario estamos actualizando FX Store para que sea compatible en las últimas versiones de los principales navegadores: El nuevo Chrome v45. 00

Más detalles

Web Privada. Documentación para el cliente. Pág. 1

Web Privada. Documentación para el cliente. Pág. 1 Web Privada Documentación para el cliente Pág. 1 Índice ÍNDICE... 2 DESCRIPCIÓN DEL SERVICIO... 3 URL DE ACCESO... 4 AUTENTIFICACIÓN... 5 El usuario accede por primera vez al portal de clientes... 5 El

Más detalles

MANUAL DE INSTALACIÓN SIGGA LABORAL VERSION EVALUATIVA

MANUAL DE INSTALACIÓN SIGGA LABORAL VERSION EVALUATIVA MANUAL DE INSTALACIÓN SIGGA LABORAL VERSION EVALUATIVA *** Importante Requisitos Previos del Sistema: Se necesita al menos Windows XP Service Pack 3 o versiones superiores para poder instalar la aplicación.

Más detalles

MANUAL DE USUARIO. Renovación de certificados

MANUAL DE USUARIO. Renovación de certificados MANUAL DE USUARIO Renovación de certificados Consejo General de la Abogacía Paseo de Recoletos, nº 13 Madrid. 28004. www.redabogacia.org dtpsistemas@redabogacia.org INDICE 1. RENOVACION... 3 1.1. ACCESO

Más detalles

CONFIGURACIONES FIRMA DIGITAL SCOMP

CONFIGURACIONES FIRMA DIGITAL SCOMP Fecha: 18/07/2016 Versión: v.3.0 CONFIGURACIONES FIRMA DIGITAL SCOMP 1.- Pre-requisitos de operación Firma Digital: o Debe tener instalado el Java Runtime Environment (JRE) con versión 8 actualización

Más detalles

ACTEON Manual de Usuario

ACTEON Manual de Usuario SUBDIRECCIÓN GENERAL DE TECNOLOGÍAS DE LA INFORMACIÓN Y DE LAS COMUNICACIONES Referencia: ACT(DSI)MU01 Nº Versión: 1.00 Fecha: ÍNDICE 1. INTRODUCCIÓN...3 1.1. OBJETO DE ESTE DOCUMENTO... 3 1.2. ALCANCE...

Más detalles

2º Exame da oposición de Auxiliares Técnicos de Informática da USC

2º Exame da oposición de Auxiliares Técnicos de Informática da USC 2º Exame da oposición de Auxiliares Técnicos de Informática da USC ESPACIO RESERVADO PARA A ETIQUETA CO CÓDIGO DE BARRAS 1. Tráennos un ordenador con problemas. Non acende dinnos. Conectámolo correctamente

Más detalles

Guía de Instalación CS-Time

Guía de Instalación CS-Time Guía de Instalación CS-Time La información incluida en este documento está sujeta a cambios sin previo aviso. Prohibida la reproducción o divulgación total o parcial de este documento, de cualquier forma

Más detalles

INSTALACIÓN Y VERIFICACIÓN DE LA TARJETA CRIPTOGRÁFICA

INSTALACIÓN Y VERIFICACIÓN DE LA TARJETA CRIPTOGRÁFICA INSTALACIÓN Y VERIFICACIÓN DE LA TARJETA CRIPTOGRÁFICA Bienvenido! El acceso al sistema de LexNET, requiere estar en posesión de un certificado de firma electrónica en tarjeta. Para trabajar con la tarjeta,

Más detalles

PRIMEROS PASOS EN SIGETT

PRIMEROS PASOS EN SIGETT PRIMEROS PASOS EN SIGETT INTRODUCCIÓN SIGETT es una aplicación web desarrollada por el Ministerio de Empleo y Seguridad que da cobertura al Registro y a la Base de datos central de Empresas de Trabajo

Más detalles

Guía para la Descarga e Instalación de Certificados de AAPP en formato Software. Sistemas Windows

Guía para la Descarga e Instalación de Certificados de AAPP en formato Software. Sistemas Windows de Certificados de AAPP en formato Software. Sistemas Windows Versión 1.0 25 de Enero de 2011 1. Descarga del Certificado digital... 3 2. Instalación del Certificado en Software... 5 2.1 Selección del

Más detalles

SOLICITUD AYUDAS DE MEDIACIÓN UNIVERSITARIA

SOLICITUD AYUDAS DE MEDIACIÓN UNIVERSITARIA Sede Electrónica SOLICITUD AYUDAS DE MEDIACIÓN UNIVERSITARIA GUÍA RÁPIDA DEL PROCEDIMIENTO TELEMÁTICO 1 ÍNDICE 1. ACCESO AL PROCEDIMIENTO...3 2. PRESENTACIÓN DE LA SOLICITUD...6 TABLA DE IMÁGENES Imagen

Más detalles

Manual de instalación AutoFirma 1.4.3

Manual de instalación AutoFirma 1.4.3 DIRECCIÓN DE TECNOLOGÍAS DE LA INFORMACIÓN Y LAS Manual de instalación 1.4.3 Manual de usuario Índice de contenidos 1 Introducción...3 2 Requisitos mínimos...4 3 Enlaces de descarga...5 4 Instalación...5

Más detalles

Decenio de las personas con Discapacidad en el Perú Año de la consolidación del Mar de Grau

Decenio de las personas con Discapacidad en el Perú Año de la consolidación del Mar de Grau Procedimiento para obtención de Cita en Línea para el trámite de Pasaporte Electrónico A continuación se describe el procedimiento para la obtención de la Cita en Línea el trámite el Pasaporte Electrónico

Más detalles

- MANUAL DE USUARIO DE LA PLATAFORMA DE EDICION DE PROYECTOS DE LA XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO DE VIGO -

- MANUAL DE USUARIO DE LA PLATAFORMA DE EDICION DE PROYECTOS DE LA XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO DE VIGO - - MANUAL DE USUARIO DE LA PLATAFORMA DE EDICION DE PROYECTOS DE LA XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO DE VIGO - INDICE: 1. Introducción. 2. Requisitos de instalación de la aplicación. 3. Registro en la plataforma.

Más detalles

PROGRAMA DE AYUDA. OTRAS UTILIDADES

PROGRAMA DE AYUDA. OTRAS UTILIDADES PROGRAMA DE AYUDA. OTRAS UTILIDADES 1. Importar ficheros externos La importación de ficheros externos es interesante para automatizar la confección y envío de declaraciones cuyos datos residen en bases

Más detalles

Manual de instalación AutoFirma 1.4.2

Manual de instalación AutoFirma 1.4.2 Manual de instalación AutoFirma 1.4.2 Fecha: 31/05/2016 Versión: 1.0 Índice 1. Introducción... 2 2. Requisitos mínimos... 3 2.1. Sistema Operativo... 3 2.2. Navegadores Web... 3 3. Enlaces de descarga...

Más detalles

AFC-Autofirma. Nueva operativa de firma electrónica en servicios electrónicos CM con navegadores Firefox y Chrome

AFC-Autofirma. Nueva operativa de firma electrónica en servicios electrónicos CM con navegadores Firefox y Chrome AFC-Autofirma. Nueva operativa de firma electrónica en servicios electrónicos CM con navegadores Firefox y Chrome Dirección de Servicios a Clientes de Presidencia, Cultura, Turismo, Administración Electrónica

Más detalles

DIRECCIÓN GENERAL DE REGISTRO CIVIL, IDENTIFICACIÓN Y CEDULACIÓN. Sistema Nacional de Identificación Ciudadana. Manual de Usuario

DIRECCIÓN GENERAL DE REGISTRO CIVIL, IDENTIFICACIÓN Y CEDULACIÓN. Sistema Nacional de Identificación Ciudadana. Manual de Usuario DIRECCIÓN GENERAL DE REGISTRO CIVIL, IDENTIFICACIÓN Y Sistema Nacional de Identificación Ciudadana Manual de Usuario ABRIL 2015 VERSION 1.2 Contenido CONTENIDO... 2 1. INTRODUCCIÓN... 3 2. OBJETIVOS DEL

Más detalles

MANUAL DE USUARIO VU ASIGNAR ROL USUARIOS EXTERNO

MANUAL DE USUARIO VU ASIGNAR ROL USUARIOS EXTERNO MANUAL DE USUARIO VU ASIGNAR ROL USUARIOS EXTERNO Sumario Propósito El propósito del manual es proporcionar información del sistema al Usuario externo, sobre cómo administrar un tercero, así como también

Más detalles

Red Inalámbrica. Conexión a EDUROAM con Microsoft Windows 10.

Red Inalámbrica. Conexión a EDUROAM con Microsoft Windows 10. Los pasos para configurar y conectarse a la red inalámbrica eduroam de la UAM son los siguientes: 1. Requisitos previos para establecer conexión con la red eduroam 2. Conexión con instalador a la Red Inalámbrica:

Más detalles

Manual de usuario de la aplicación para la presentación de solicitudes de ayudas para el Programa de Extensión de la Banda Ancha de Nueva Generación

Manual de usuario de la aplicación para la presentación de solicitudes de ayudas para el Programa de Extensión de la Banda Ancha de Nueva Generación Manual de usuario de la aplicación para la presentación de solicitudes de ayudas para el Programa de Extensión de la Banda Ancha de Nueva Generación Fecha: 26/04/2016 Versión: 1.01 Índice. 1. Introducción...

Más detalles

INSTALACIÓN Y VERIFICACIÓN DE LA TARJETA CRIPTOGRÁFICA

INSTALACIÓN Y VERIFICACIÓN DE LA TARJETA CRIPTOGRÁFICA INSTALACIÓN Y VERIFICACIÓN DE LA TARJETA CRIPTOGRÁFICA Bienvenido! El acceso al sistema de LexNET, requiere estar en posesión de un certificado de firma electrónica en tarjeta. Para trabajar con la tarjeta,

Más detalles

Guía de instalación del navegador Mozilla Firefox

Guía de instalación del navegador Mozilla Firefox 2012 Guía de instalación del navegador PRICE SHOES 27/11/2012 Tabla de contenido Qué es Firefox?... 3 Por qué debo usar Firefox?... 3 Dónde encuentro información en español acerca de Firefox?... 3 Cómo

Más detalles

Plataforma Electrónica Cáncer

Plataforma Electrónica Cáncer Plataforma Electrónica Cáncer Hepático e-catch Manual de usuario cliente 0. Índice 1. Introducción.. Página 2 1.1. Descripción general. Página 2 1.2. Solicitud de acceso a la plataforma. Página 3 2. Acceso

Más detalles

Instrucciones para obtener el certificado electrónico de la FNMT

Instrucciones para obtener el certificado electrónico de la FNMT Instrucciones para obtener el certificado electrónico de la FNMT Índice 1. Registro Documental... 3 2. Objeto del documento... 4 3. Instrucciones para obtener el certificado electrónico de la FNMT... 5

Más detalles

CANTABRIA GOBIERNO DE

CANTABRIA GOBIERNO DE Este manual describe cómo validar, con la aplicación Adobe Reader o Adobe Acrobat, la firma de los documentos en formato PDF que el BOC pone a disposición de los ciudadanos en su sede electrónica. Aunque

Más detalles

Manual de usuario de la aplicación para la presentación de solicitudes de ayudas para el Reindustrialización

Manual de usuario de la aplicación para la presentación de solicitudes de ayudas para el Reindustrialización aplicación para la presentación de el Julio 2014 (v1.0) Índice. 1. Introducción... 3 2. Requisitos para ejecutar la aplicación... 4 3. Descarga de la aplicación... 5 4. Funcionamiento general de la aplicación...

Más detalles

Sistema Automatizado de Servicio Social (S.A.S.S.) Guía de usuario de la dependencia para el uso del Portal S.A.S.S.

Sistema Automatizado de Servicio Social (S.A.S.S.) Guía de usuario de la dependencia para el uso del Portal S.A.S.S. Sistema Automatizado de Servicio Social (S.A.S.S.) Guía de usuario de la dependencia para el uso del Portal S.A.S.S. TABLA DE CONTENIDO 1 OBJETIVO.. 1 2 CARACTERÍSTICAS DE REQUERIMIENTO DEL EQUIPO 1 3

Más detalles

Procedemos a su instalación; para ello deberemos seguir los pasos en el orden que se indican en estas instrucciónes:

Procedemos a su instalación; para ello deberemos seguir los pasos en el orden que se indican en estas instrucciónes: Proceso de Instalación para Windows XP y Vista Una vez descargado el software de los dos ficheros ejecutables: Lector PC Twin Reader y Procedemos a su instalación; para ello deberemos seguir los pasos

Más detalles

Guía para la validación de la autenticidad de los documentos PDF del DOGC

Guía para la validación de la autenticidad de los documentos PDF del DOGC Guía para la validación de la autenticidad de los documentos PDF del DOGC Sumario.............................................................. 1. Registro de los certificados de Catcert 2. Configuración

Más detalles

Manual de Usuario Perfil Proveedor

Manual de Usuario Perfil Proveedor Manual de Usuario Perfil Proveedor Contenido 1. INTRODUCCIÓN...3 2. REQUISITOS TÉCNICOS...4 3. AUTENTICACIÓN AL PORTAL FACTURAS NEGOCIABLES - USUARIO PROVEEDOR...5 4. CONSULTAS DE FACTURAS NEGOCIABLES...

Más detalles

CGPE Manual de Configuración del Correo Electrónico. Manual para la configuración del correo electrónico en Outlook Express

CGPE Manual de Configuración del Correo Electrónico. Manual para la configuración del correo electrónico en Outlook Express CGPE Manual de Configuración del Correo Electrónico Manual para la configuración del correo electrónico en Outlook Express Versión: 1.0 Fecha: 14/03/2011 1. INTRODUCCIÓN Y REQUISITOS MÍNIMOS... 3 2. WEBMAIL...

Más detalles

LIBRO DE SUBCONTRATACIÓN

LIBRO DE SUBCONTRATACIÓN ANEXO (Portada) Lei 32/2006, do 18 de outubro Ley 32/2006, de 18 de octubre (Contraportada) NORMATIVA LEGAL Y REGLAMENTARIA RELACIONADA CON EL A) Ley 32/2006, de 18 de octubre, reguladora de la subcontratación

Más detalles

Instalación y Registro Versiones Educativas Alumno 2013 M13

Instalación y Registro Versiones Educativas Alumno 2013 M13 Instalación y Registro Versiones Educativas Alumno 2013 M13 Editex Instalación y Registro Online 1 Índice 1. Introducción... 3 2. Requisitos mínimos... 4 3. Descarga e instalación Versión Alumno... 5 4.

Más detalles

CÓMO PARTICIPAR EN LICITACIONES DE METRO DE MADRID

CÓMO PARTICIPAR EN LICITACIONES DE METRO DE MADRID CÓMO PARTICIPAR EN LICITACIONES DE METRO DE MADRID ACCESO A LA APLICACIÓN SRM PARA DESCARGA DE PLIEGOS / PRESENTACIÓN DE OFERTAS 1 TRAMITACIÓN DE LICITACIONES EN METRO DE MADRID Metro de Madrid dispone

Más detalles

Manual de instalación AUTOFIRMA LA SEDE ELECTRÓNICA XUNTA DE GALICIA GUÍAS DE AYUDA DE

Manual de instalación AUTOFIRMA LA SEDE ELECTRÓNICA XUNTA DE GALICIA GUÍAS DE AYUDA DE GUÍAS DE AYUDA DE LA SEDE ELECTRÓNICA XUNTA DE GALICIA Manual de instalación AUTOFIRMA Páxina 2 de 17 Contenido 1. INTRODUCCIÓN... 3 2. REQUISITOS MÍNIMOS... 4 3. INSTALACIÓN... 5 3.1. Microsoft Windows...

Más detalles

Manual de instalación AutoFirma 1.4.2

Manual de instalación AutoFirma 1.4.2 DIRECCIÓN DE TECNOLOGÍAS DE LA INFORMACIÓN Y LAS Manual de instalación 1.4.2 Manual de usuario Índice de contenidos 1 Introducción...3 2 Requisitos mínimos...4 3 Enlaces de descarga...5 4 Instalación...6

Más detalles

Configuración bloqueadores Pop-up CED

Configuración bloqueadores Pop-up CED CED Identificación Título: Versión: ver. (en prop.) Ubicación del archivo: Fecha: fecha (en prop.) Registro de cambios Versión Modificaciones Público [X] Interno [ ] Confidencial [ ] Clasificación / Distribución

Más detalles

Manual de usuario: acceso a través de computadoras personales

Manual de usuario: acceso a través de computadoras personales Manual de usuario: acceso a través de computadoras personales Contenido 1. Introducción. 3 2. Requisitos Técnicos 4 3. Ingreso a CAVALI.WEB 5 4. Menú de opciones. 7 5. Realizar consultas sobre valores.

Más detalles

Plataforma de Índices Informatizados

Plataforma de Índices Informatizados Plataforma de Índices Informatizados Aplicación de Descarga para Ayuntamientos y Entidades Gestoras Guía Rápida Versión.0 ÍNDICE Introducción Acceso a la aplicación Cómo puedo descargar los índices recibidos?

Más detalles

Conversor de vídeo. Tutorial. Introducción

Conversor de vídeo. Tutorial. Introducción Conversor de vídeo Introducción El conversor de vídeo online es una aplicación web gratuita para convertir vídeo de un formato a otro, también cambiar la resolución y el tamaño del vídeo, directamente

Más detalles

MANUAL DE USUARIO FASE CONTRACTUAL CAMBIO DE ADMINISTRADOR DE CONTRATO

MANUAL DE USUARIO FASE CONTRACTUAL CAMBIO DE ADMINISTRADOR DE CONTRATO MANUAL DE USUARIO FASE CONTRACTUAL CAMBIO DE ADMINISTRADOR DE CONTRATO SEPTIEMBRE 2014 INDICE 1. Presentación... 2 ENTIDAD CONTRATANTE... 2 2. Ingreso al Sistema Oficial de Contratación del Estado... 2

Más detalles

@Firma. Compatibilidad en Windows 7. Versión: v01r03 Fecha: 02/04/2014

@Firma. Compatibilidad en Windows 7. Versión: v01r03 Fecha: 02/04/2014 @Firma Versión: v01r03 Fecha: 02/04/2014 Queda prohibido cualquier tipo de explotación y, en particular, la reproducción, distribución, comunicación pública y/o transformación, total o parcial, por cualquier

Más detalles

Manual de usuario del programa para la presentación de solicitudes de ayudas

Manual de usuario del programa para la presentación de solicitudes de ayudas programa para la presentación de Mayo 2012 (v1.0) Índice. 1. Introducción... 3 2. Requisitos para ejecutar la aplicación... 3 3. Descarga de la aplicación... 4 4. Funcionamiento general de la aplicación...

Más detalles

@Firma. Compatibilidad en Windows 7. Versión: v01r04 Fecha: 24/07/2014

@Firma. Compatibilidad en Windows 7. Versión: v01r04 Fecha: 24/07/2014 @Firma Versión: v01r04 Fecha: 24/07/2014 Queda prohibido cualquier tipo de explotación y, en particular, la reproducción, distribución, comunicación pública y/o transformación, total o parcial, por cualquier

Más detalles

. REGISTRO DE ENFERMEDADES RARAS

. REGISTRO DE ENFERMEDADES RARAS . REGISTRO DE ENFERMEDADES RARAS Ref.: manualusuario.doc 1 / 24 INDICE 1 INTRODUCCIÓN... 3 2 NUEVA SOLICITUD... 4 2.1 PESTAÑA DATOS DEL PACIENTE... 4 2.2 PESTAÑA DATOS DEL SOLICITANTE... 5 2.3 PESTAÑA

Más detalles

COMPROMISO DEL CONCELLO DE OURENSE CONTRA LA MOROSIDAD

COMPROMISO DEL CONCELLO DE OURENSE CONTRA LA MOROSIDAD COMPROMISO DEL CONTRA LA MOROSIDAD La Ley 3/2004, de 29 de diciembre (conocida como Ley Antimorosidad), estableciķ una serie de medidas sustantivas contra la morosidad en las operaciones comerciales, que

Más detalles

Cómo descargar, instalar y verificar JAVA

Cómo descargar, instalar y verificar JAVA Cómo descargar, instalar y verificar JAVA Bienvenido! Para acceder a LexNET es necesario tener instalado en el equipo el componente JAVA. A lo largo de este material conoceremos los pasos a seguir para

Más detalles

LCE Escritorio Manual de Instalación

LCE Escritorio Manual de Instalación LCE Escritorio Manual de Instalación Tabla de Contenidos Consideraciones Requisitos Mínimos de Instalación Instrucciones de Instalación Solución de Problemas 1. Consideraciones 1. Algunos antivirus podrían

Más detalles

PREGUNTAS FRECUENTES DE LOS PROVEEDORES EN EL SISTEMA ELECTRÓNICO DE COMPRAS

PREGUNTAS FRECUENTES DE LOS PROVEEDORES EN EL SISTEMA ELECTRÓNICO DE COMPRAS Preguntas Frecuentes PREGUNTAS FRECUENTES DE LOS PROVEEDORES EN EL SISTEMA ELECTRÓNICO DE COMPRAS 1 - No puede acceder al portal porque se ha caído la red de Canal Gestión o el servidor no está disponible?

Más detalles

Guía de Creación de Usuarios

Guía de Creación de Usuarios Guía de Creación de Usuarios OFFICE 365 Claro Ecuador Todos los derechos reservados Esta guía no puede ser reproducida, ni distribuida en su totalidad ni en parte, en cualquier forma o por cualquier medio,

Más detalles

Introducción...3. Acceso al sistema...4. Conexión con Historia Clínica Electrónica...6. Consulta de informes analíticos...7

Introducción...3. Acceso al sistema...4. Conexión con Historia Clínica Electrónica...6. Consulta de informes analíticos...7 jsiglo Índice Introducción...3 Acceso al sistema...4 Conexión con Historia Clínica Electrónica...6 Consulta de informes analíticos...7 Petición electrónica al laboratorio...11 Perfiles de petición de usuario...18

Más detalles

MANUALES DE USO DE CENGAGE: Usuario lector

MANUALES DE USO DE CENGAGE: Usuario lector MANUALES DE USO DE CENGAGE: Usuario lector Por: Susana C. Perea O. Julio 2013 Revisión: Dic 2013 1 Índice 1. USO DEL SISTEMA... 2 2. ACCESO A LA APLICACIÓN... 2 3. USO DEL SISTEMA... 2 3.1INICIO... 2 3.2

Más detalles

DOG Núm. 199 Mércores, 19 de outubro de 2016 Páx

DOG Núm. 199 Mércores, 19 de outubro de 2016 Páx DOG Núm. 199 Mércores, 19 de outubro de 2016 Páx. 47168 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2016 pola que se aproban os modelos de comunicación para

Más detalles

MANUAL PARA LA INSTALACIÓN DE CERTIFICADOS DIGITALES SSL - SESCAM

MANUAL PARA LA INSTALACIÓN DE CERTIFICADOS DIGITALES SSL - SESCAM MANUAL PARA LA INSTALACIÓN DE CERTIFICADOS DIGITALES SSL - SESCAM El objetivo de este documento es proporcionar un manual de ayuda para instalar los certificados SSL del Sescam en un navegador web: Internet

Más detalles

Solicitud de certificado digital - Scotia en Lí nea.

Solicitud de certificado digital - Scotia en Lí nea. Solicitud de certificado digital - Scotia en Lí nea. Definición de Certificado digital: El Certificado Digital es una firma electrónica, generado y descargado desde Scotia en Línea por el usuario autenticado

Más detalles

CONFIGURACIONES PREVIAS

CONFIGURACIONES PREVIAS CONFIGURACIONES PREVIAS Para que la aplicación de solicitud de certificados pueda funcionar correctamente, se deberán realizar algunas configuraciones previas en el navegador Internet Explorer, para esto

Más detalles

Descarga, Instalación y Registro Versiones Educativas Alumno Editex

Descarga, Instalación y Registro Versiones Educativas Alumno Editex Descarga, Instalación y Registro Versiones Educativas Alumno 2012 Editex Índice Introducción... 3 Descarga e Instalación Versión Alumno... 4 1. Descarga de la aplicación... 4 2. Instalación... 6 Bienvenido

Más detalles

MINI GUIA: CONEXIÓN SEPAM CON USB WINDOWS - XP

MINI GUIA: CONEXIÓN SEPAM CON USB WINDOWS - XP MINI GUIA: CONEXIÓN SEPAM CON USB 1 Actualmente los equipos SEPAM se suministran con puerto USB en el panel frontal. ------------------------ 2 Es obligatorio el uso de SFT2841 en su versión 14.0 o superior.

Más detalles

Requisitos previos: 1INFORME DE EVALUACIÓN PSICOPEDAGÓGICA. Procedimiento: PASO 1: GENERAR EL DOCUMENTO.

Requisitos previos: 1INFORME DE EVALUACIÓN PSICOPEDAGÓGICA. Procedimiento: PASO 1: GENERAR EL DOCUMENTO. Página1 PROCEDIMIENTO PARA LA FIRMA ELECTRÓNICA DE LOS DOCUMENTOS DEL MÓDULO DE GESTIÓN DE LA ORIENTACIÓN EN SÉNECA POR PARTE DEL ORIENTADOR U ORIENTADORA DE LOS EOE Y DO Requisitos previos: Para firmar

Más detalles

GUÍA DE LA FAMILIA. 1. Inicio Cómo acceder Estructura de la página principal Cabecera Calendario...

GUÍA DE LA FAMILIA. 1. Inicio Cómo acceder Estructura de la página principal Cabecera Calendario... Nota: La presente guía incluye todas las posibilidades que ofrece la plataforma EDUCAMOS. El Colegio Highlands irá ampliando y dando uso a las distintas funciones a lo largo del presente curso escolar.

Más detalles

Guía del Sistema. Solicitante. Instituto de Acceso a la Información Pública del Distrito Federal

Guía del Sistema. Solicitante. Instituto de Acceso a la Información Pública del Distrito Federal Guía del Sistema Solicitante Instituto de Acceso a la Información Pública del Distrito Federal Requerimientos Técnicos Para operar el Sistema INFOMEXDF, su equipo de cómputo debe contar al menos con: Hardware

Más detalles

Manual Usuario. v2.6 MOAD H. Diputación Provincial de Jaén

Manual Usuario. v2.6 MOAD H. Diputación Provincial de Jaén Manual Usuario 1(19) Índice de contenido 1.- Introducción... 3 2.- Descarga e instalación del cliente IOS... 3 3.- Instalación de certificado IOS... 4 4.- Descarga e instalación del cliente Android...

Más detalles

Pan-Tilt MJPEG Cámara para conexión en red Guía de instalación rápida

Pan-Tilt MJPEG Cámara para conexión en red Guía de instalación rápida Pan-Tilt MJPEG Cámara para conexión en red Guía de instalación rápida Version 1.0 1 Primeros pasos Contenido del paquete Compruebe minuciosamente los artículos que contiene el paquete. Éste debe contener

Más detalles

MANUAL INSTALACIÓN Y USO CERTIFICADO DÍGITAL EN OUTLOOK 2003.

MANUAL INSTALACIÓN Y USO CERTIFICADO DÍGITAL EN OUTLOOK 2003. MANUAL INSTALACIÓN Y USO CERTIFICADO DÍGITAL EN OUTLOOK 2003. 1. Objetivo En el siguiente manual se presentan los diferentes pasos a seguir para la configuración del Certificado Digital en la aplicación

Más detalles

El programa POI Loader es compatible solo con ciertos modelos de navegadores GARMIN. ique M4, Quest 2, Nüvi, StreetPilot C-310, StreetPilot C-320, StreetPilot C-330, StreetPilot C-340 StreetPilot C-510,

Más detalles

Guía para la presentación electrónica de Certificados de Eficiencia Energética en la Comunidad Autónoma de Cantabria

Guía para la presentación electrónica de Certificados de Eficiencia Energética en la Comunidad Autónoma de Cantabria Guía para la presentación electrónica de Certificados de Eficiencia Energética en la Comunidad Autónoma de Cantabria Acceda a la presentación electrónica de certificados de eficiencia energética desde

Más detalles

Previo al uso del sistema SAT, se deben verificar las máquinas de los usuarios, y realizar los siguientes pasos:

Previo al uso del sistema SAT, se deben verificar las máquinas de los usuarios, y realizar los siguientes pasos: Pasos para la instalación en estaciones. Previo al uso del sistema SAT, se deben verificar las máquinas de los usuarios, y realizar los siguientes pasos: 1. Revisión de los requerimientos de hardware.

Más detalles

INSTRUCCIONES PRESENTACIÓN DE CUENTAS ANUALES EN EL REGISTRO MERCANTIL

INSTRUCCIONES PRESENTACIÓN DE CUENTAS ANUALES EN EL REGISTRO MERCANTIL INSTRUCCIONES PRESENTACIÓN DE CUENTAS ANUALES EN EL REGISTRO MERCANTIL ContaSOL te permite preparar las Cuentas Anuales para su depósito en el Registro Mercantil. Una vez creado el archivo, lo puedes abrir

Más detalles

Configuración de una cuenta en Outlook 2010

Configuración de una cuenta en Outlook 2010 Correo electrónico El servicio de correo electrónico que presta la Excma. Diputación Provincial de Cuenca a los Ayuntamientos de la provincia da las siguientes posibilidades: 1. Correo vía Web: utilizable

Más detalles

SISTEMA ELECTRÓNICO DE CONTRATACIONES MANUAL DE USUARIO FINAL MÓDULO DE PROVEEDORES Y CONTRATISTAS

SISTEMA ELECTRÓNICO DE CONTRATACIONES MANUAL DE USUARIO FINAL MÓDULO DE PROVEEDORES Y CONTRATISTAS HOJA 1 DE 32 SISTEMA ELECTRÓNICO DE CONTRATACIONES MANUAL DE USUARIO FINAL MÓDULO DE PROVEEDORES Y CONTRATISTAS Versión 1.0 HOJA 2 DE 32 1. Contenido 1. Requerimientos... 4 1.1. Instalación de Navegador

Más detalles

Cliente: Diputación Granada. Guía de uso del Perfil de Contratante para Proveedores

Cliente: Diputación Granada. Guía de uso del Perfil de Contratante para Proveedores Cliente: Diputación Granada Guía de uso del Perfil de Contratante Proveedores Fecha: Edición: Abril/2015 v02r00 HOJA DE CONTROL Documento: Denominación: Edición: Fecha: Modifica a: Realizado por: Aprobado

Más detalles

Noticias RED Remisión electrónica de documentos

Noticias RED Remisión electrónica de documentos Noticias RED Remisión electrónica de documentos Boletín de Noticias RED 2006/04 18 de mayo de 2006 Adaptación de las plataformas informáticas del Sistema RED para usuarios LINUX Se han adaptado todos los

Más detalles

Solicitud de Ayudas Primeros pasos con firma electro nica

Solicitud de Ayudas Primeros pasos con firma electro nica Solicitud de Ayudas Primeros pasos con firma electro nica Introducción A partir de la convocatoria de 2015 de ayudas de la OEPM para el fomento de solicitudes de patentes y modelos de utilidad, el sistema

Más detalles

Manual del servicio de Confirmación de asignación de CCCs o NAFs a un autorizado RED.

Manual del servicio de Confirmación de asignación de CCCs o NAFs a un autorizado RED. Manual del servicio de Confirmación de asignación de CCCs o NAFs a un autorizado RED. Septiembre 2016 Contenido 1 Introducción... 3 2 Acceso al servicio... 3 2.1 Acceso con Certificado Digital... 5 2.2

Más detalles

Guía de Firma Digital para Firmador de Hermes Soft. DIRECCIÓN DE CERTIFICADORES DE FIRMA DIGITAL

Guía de Firma Digital para Firmador de Hermes Soft. DIRECCIÓN DE CERTIFICADORES DE FIRMA DIGITAL Guía de Firma Digital para Firmador de Hermes Soft. DIRECCIÓN DE CERTIFICADORES DE FIRMA DIGITAL Fecha Versión Autor(es) Aprobado Descripción 14-10-2015 1.0 Mario Alvarez C. Alexander Barquero, Director

Más detalles

Pantalla optimizada para una resolución de 1280 X 1024

Pantalla optimizada para una resolución de 1280 X 1024 Formación Sanitaria Especializada Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad REQUISITOS TÉCNICOS Resolución de pantalla Pantalla optimizada para una resolución de 1280 X 1024 Acceso a las Opciones

Más detalles

DISTAFARMA: APLICACIÓN PARA LA VENTA A DISTANCIA DE MEDICAMENTOS DE USO HUMANO NO SUJETOS A PRESCRIPCIÓN MÉDICA MANUAL PARA LA OFICINA DE FARMACIA

DISTAFARMA: APLICACIÓN PARA LA VENTA A DISTANCIA DE MEDICAMENTOS DE USO HUMANO NO SUJETOS A PRESCRIPCIÓN MÉDICA MANUAL PARA LA OFICINA DE FARMACIA DEPARTAMENTO DE INSPECCIÓN Y CONTROL DE MEDICAMENTOS DISTAFARMA: APLICACIÓN PARA LA VENTA A DISTANCIA DE MEDICAMENTOS DE USO HUMANO NO SUJETOS A PRESCRIPCIÓN MÉDICA MANUAL PARA LA OFICINA DE FARMACIA VERSIÓN:

Más detalles

Sistema de Información de Reconocimiento de Validez Oficial de Estudios de Educación Media Superior (SIRVOEMS)

Sistema de Información de Reconocimiento de Validez Oficial de Estudios de Educación Media Superior (SIRVOEMS) Página 1 de 16 Sistema de Información de Reconocimiento de Validez Oficial de Estudios de Educación Media Superior (SIRVOEMS) ÍNDICE Página 2 de 16 1.- Objetivo... 3 2.- Introducción... 3 3.- Requerimientos

Más detalles

INSTRUCCIONES PARA EVITAR AVISO DE SEGURIDAD EN GOOGLE CHROME

INSTRUCCIONES PARA EVITAR AVISO DE SEGURIDAD EN GOOGLE CHROME INSTRUCCIONES PARA EVITAR AVISO DE SEGURIDAD EN GOOGLE CHROME Posible problema Si usted es usuario del navegador Google Chrome es posible que reciba un aviso de seguridad al acceder a la Plataforma de

Más detalles

Guía de Instalación de Imagen Android en VirtualBox

Guía de Instalación de Imagen Android en VirtualBox Guía de Instalación de Imagen Android en VirtualBox 1. Descargue el programa instalador de VirtualBox adecuado a su sistema operativo de la siguiente página de descarga: https://www.virtualbox.org/wiki/downloads

Más detalles

AYUNTAMIENTO DE SALAMANCA MANUAL DE USO DEL REGISTRO ELECTRÓNICO

AYUNTAMIENTO DE SALAMANCA MANUAL DE USO DEL REGISTRO ELECTRÓNICO AYUNTAMIENTO DE SALAMANCA MANUAL DE USO DEL REGISTRO ELECTRÓNICO TABLA DE CONTENIDOS 1 INTRODUCCIÓN... 4 1.1 PRESENTACIÓN... 4 2 EL REGISTRO ELECTRÓNICO... 5 2.1 ACCESO A LA APLICACIÓN... 5 2.2 PROCEDIMIENTOS

Más detalles

APP. MANUAL DE USO htg-express.com/login/ Seguimiento de vehículos

APP. MANUAL DE USO htg-express.com/login/ Seguimiento de vehículos MANUAL DE USO htg-express.com/login/ Seguimiento de vehículos 1.- REQUISITOS MÍNIMOS DEL DISPOSITIVO MÓVIL Versiones compatibles Android 4.0 y superiores IOS 8.0 y superiores Tarifa datos: Mínimo 1Gb en

Más detalles