PREMIO SOLIDARIO CIDADE DE FERROL 2015

Documentos relacionados
TALLER DE PRESENTACIÓN. necesidades innovadoras

VIVENDA DE ESTANCIA TEMPORAL PARA PACIENTES ONCOLÓXICOS E FAMILIARES

- -& - -# - ) -3 ;<3

Saúde Mental e Incorporación social, ollada dende as iniciativas de Saúde Mental Feafes Galicia

INSTRUCIÓNS COMPLEMENTARIAS PARA A REALIZACIÓN DA AVALIACIÓN DO PLAN CONCERTADO 2010

DOSSIER Rúa República Checa 52, oficina Santiago de Compostela

XORNADAS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

A ENTIDADE: ALCER CORUÑA..1 BULE CON ALCER: Programa de Exercicio Físico e Psicosocial para persoas con enfermidade crónica e familiares..

O CAMIÑO DE DOWN GALICIA

Actividades formativas desenvolvidas polo CAFI

Dereitos e deberes. Co financiamento de:

NORMATIVA DA UNIVERSIDADE DE VIGO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL CON CARGO A ACTIVIDADES DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E INNOVACIÓN (I+D+i)

XUNTA DIRECTIVA e EQUIPO TÉCNICO

e actuacións, introducindo a reflexión fundamentada e apoiada nos coñecementos teóricos.

Rúa Atalaia nº Porto do Son (A Coruña) CIF: P B Tlfno: Fax: ADHESIÓN REDE EUSUMO CONCELLO DE PORTO DO SON

PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN E ACREDITACIÓN DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS CUESTIONARIO DE AUTOAVALIACIÓN PARA AS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

Título: Cómo intervenir en personas mayores? Autor: Gloria Pérez Serrano (Coord.) Editorial: Dykinson, Madrid, 2004 Núm. pp.: 266 Tamaño: 24 x 17 cm.

FORMACIÓN EN CENTROS DE TRABALLO

Bases e procedemento para a selección do alumnado da acción formativa Asistente persoal Ferrol punto de emprego

Servizo de información, asesoramento e orientación sobre recursos e servizos dispoñibles: Apoio na xestión e tramitación de recursos

Descrición do programa

LIÑA INNOVA MODELO DE PLAN DE NEGOCIO EMPRESARIAL

O PLAN DE EMPRESA PLAN DE RECURSOS HUMANOS... 2

Plan de impulso e coordinación de servizos de apoio a emprendedores (Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol) DOSSIER PRESENTACIÓN

viaxes especializada que realice a súa actividade a través de internet.

Proxectos de Alimentación na Comunidade Ias Xornadas Concellos Saudables

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Curso Traballo Social e Demencias

BASES PARA A SELECCIÓN DE TÉCNICOS/AS MEDIOS EN F.P. ESPECÍFICA PARA A SÚA PARTICIPACIÓN NA PRIMEIRA CONVOCATORIA

C.- OS FACTORES DE PRODUCIÓN (páx )

Guía para a coordinación do Grao en Ciencias do Mar

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

OE 1.4. Atención ao benestar social

CONVOCATORIA DE ACCESO AO VIVEIRO DE EMPRESAS INNOVADORAS DA UDC

XESTIÓN DOS RISCOS PSICOSOCIAIS.

Escola no río Os ollos do Loña

PROCEDEMENTO P-PRL 17

5. Estrutura organizativa e de responsabilidades

PROXECTO DE LECER NO VERAN PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE. Xullo e Agosto 2012

MANUAL da PÁXINA WEB DE CONSULTA DE COBERTURA Versión Móbil

I a Xornada de Cidades e Concellos Saudables de Galicia

CURSOS DO CONTRATO PROGRAMA AUTONÓMICO (PF 2013/000007) DE UGACOTA

ACTUACIÓNS DO ISSGA SOBRE OS FACTORES DE RISCO PSICOSOCIAL. María Jesús Copa Arias 10 de novembro de 2017 Santiago de Compostela 1

Artigo 4. Lugar e Data. Desenvolverase os días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro no Ceip de A Escardia

LABORATORIOS COOPERATIVOS. Subvencións

2 de outubro do Casa das asociacións, Santiago de Compostela. Horario de 10:15-14:00 h. SUBVENCIONA COLABORAN. Que é o DUELO?

O artigo 28.2 da Constitución Española recoñece, como dereito fundamental da persoa, o dereito á folga.

Catálogo de servizos ÍNDICE DE CONTIDOS

Medidas municipais de conciliación de promoción autonómica

A DEDICACIÓN EXCLUSIVA AO SERVIZO PÚBLICO DOS PROFESIONAIS SANITARIOS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE.

A Lei da Dependencia. Cara onde imos?

PROGRAMA FORMATIVO Módulo de creación de empresas

INFORME ANUAL 2017 DO GRAO DE CUMPRIMENTO DOS ACORDOS APROBADOS NO PARLAMENTO DE GALICIA NA X LEXISLATURA

BOLSAS DE XERENCIA EN ENTIDADES DE ECONOMÍA SOCIAL

A. Obxecto. B. Alcance. Sinatura. Elaborado por. Revisado por. Aprobado por. Servizo de Prevención de Riscos Laborais

ACOLLEMENTO FAMILIAR En familia, por dereito. Dossier Informativo 2015

CATALOGO de formación VOLUNTARIADO

SOLICITUDE ALTA/BAIXA DE ESPECIALIDADE EN e-interconsulta

PROXECTO DE REGULAMENTO DA FACULTADE DE ECONOMÍA E EMPRESA DE CAMBIO DE GRUPO

ESTRUTURA ORGANIZATIVA DE XESTIÓN INTEGRADA DA ASISTENCIA SANITARIA NO SERGAS

Programa de Cidadanía Activa: Promoción de Vida Independente

Proxecto Imos Traballar. Proxecto Imos Traballar. Expediente nº12. Proxecto Cofinanciado polo Fondo Social Europeo e o MAP.

Curso COTSG. Casos Prácticos nos Servizos Sociais Comunitarios: Por que cambian as persoas?

CONCELLO DE SANTISO (A CORUÑA)

BASES DA CONVOCATORIA

Plan de traballo para a elaboración do III Plan Director da Cooperación Galega ( ) Outubro-Decembro 2013

Recomendacións para cursar un ciclo formativo polo réxime de persoas adultas nas modalidades presencial e a distancia

Normas para la asignación, desempeño y evaluación de las Prácticas Externas. Master de Salud Pública. Curso

A Lei de Dependencia como oportunidade para a xeración de emprego

Esquema explicativo do cálculo das puntuacións obtidas no Informe de resultados no programa Docentia Quinquenal

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

PROGRAMA DE AXUDAS 2010: CONCELLO DE MUROS SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS

E DAS PERSOAS RESIDENTES NO CONCELLO DA CORUÑA

INDUSTRIA 4.0. PROXECTO DE CAPACITACIÓN EN TECNOLOXÍAS, METODOLOXÍAS OU TÉCNICAS RELACIONADAS COA. Organiza:

Bases do concurso. Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO:

A Consellería encargou a AFIPRODEL a elección dos 5 representantes, da rede de AEDL, acordándose a reserva dun deles para un membro desta asociación.

Seminario de Planificación Empresarial

TRABALLANDO COA PUBLICIDADE NA AULA GUIA DIDÁCTICA

MEMORIA ANUAL Misión, valores e principios da nosa asociación.

IV CAMPIONATO GALEGO DA FORMACIÓN PROFESIONAL. Peiteado. Convoca: Empresa patrocinadora:

AVELLENTAMENTO ACTIVO

UNIDADE DE ATENCIÓN TEMPERÁ TRASTORNOS DO DESENVOLVEMENTO E INTERVENCIÓN FAMILIAR MEMORIA 2014

Bases do concurso. Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO:

CONVOCATORIA DOS V PREMIOS BIOGA

MAPA DE RECURSOS: Recursos para a Atención de Persoas con Discapacidade/Diversidade Funcional

Estudo das necesidades das persoas maiores de 65 anos que viven soas

Os certificados de profesionalidade

Xuntanza Seguimento Actuacións para o impulso ao Software libre en Galicia

Mutua colaboradora coa Seguridade Social n.º 274. Ibermutuamur Presentación institucional. Datos segundo contas anuais 2015

DECLARACIÓN MEDIOAMBIENTAL 2016

Fundamentos de Administración e Xestión

PROTOCOLO DE ATENCIÓN AO PACIENTE INMOBILIZADO

AUTISMO GALICIA celebra a súa primeira ASEMBLEA XERAL do 2018

SERVIZO DE INFORMÁTICA

E D ESCOLA DE DIRECTIVOS SANITARIOS DE GALICIA

AXENDA PARA O EMPREGO. Emprego para un novo modelo produtivo baseado no crecemento

1. CATÁLOGO DE MEDIOS E RECURSOS ADSCRITOS AO PLAN CAMGAL

Criterios para a promoción e titulación na ESO. IES Xunqueira I.

Transcripción:

PREMIO SOLIDARIO CIDADE DE FERROL 2015 ALCER NO FOGAR: Servizo de Atención no Fogar Específico para persoas con Enfermidade Renal Crónica con Tratamento de Diálise Domiciliaria 981 29 87 59 www.alcercoruna.org infoalcercoruna@gmail.com

ÍNDICE DATOS DA ENTIDADE E OBXECTO DA SOLICITUDE... 1 1. DESCRICIÓN TÉCNICA: A ERC E O TRATAMENTO RENAL SUBSTITUTIVO... 1 2. OBXECTIVOS... 3 3. LOCALIZACIÓN XEOGRÁFICA... 3 4. CONTORNO INTERNO E EXTERNO... 4 5. POBOACIÓN DESTINATARIA... 5 6. PROCESO DE EXECUCIÓN... 6 7. ORZAMENTO... 6 8. AVALIACIÓN... 6 ANEXO I: PROCESO ESTANDARIZADO DE EXECUCIÓN DO SERVIZO ANEXO II: FORMACIÓN ESPECIALIZADA

DATOS DA ENTIDADE E OBXECTO DA SOLICITUDE ENTIDADE Alcer Coruña Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril CIF G 15058647 OBXECTO DA SOLICITUDE Premio Solidario Cidade de Ferrol 2015 PROXECTO FINALIDADE ALCER NO FOGAR: Servizo de Atención no Fogar Específico para Persoas con ERC con Tratamento de Diálise Domiciliaria Proporcionar un servizo de acompañamento específico, que permita que as necesidades sociais non condicionen a elección do tratamento de diálise, mellorando a calidade de vida da persoa con enfermidade renal, promovendo deste xeito a súa autonomía 1. DESCRICIÓN TÉCNICA: A ERC E O TRATAMENTO RENAL SUBSTITUTIVO Alcer Coruña proporciona servizos e actividades a persoas con Enfermidade Renal Crónica (ERC), transplantados/as e familiares, na procura da maior autonomía e calidade de vida posíbel. A Enfermidade Renal prodúcese cando os riles deixan de realizar as súas funcións, é dicir, non eliminan as substancias tóxicas do noso organismo. O resultado é a acumulación de líquidos e refugallos no corpo que, se non se resolve con algún tratamento alternativo, causa a morte. Na ERC os riles deixan de funcionar paulatinamente nun proceso irreversíbel. Os dous tratamentos fundamentais na terapéutica substitutiva da ERC son a diálise e o transplante. A diálise é o termo médico utilizado para definir o proceso artificial de filtración dos produtos de refugallo e a eliminación do exceso de líquidos do 1

organismo, no momento en que os riles non poden realizalo normalmente. A diálise é unha técnica baseada nun principio fisicoquímico denominado osmose, que consiste nun intercambio de substancias, a través dunha membrana. Este transvasamento dependerá do grao de concentración das substancias e das características da membrana, fundamentalmente da súa superficie e da súa permeabilidade. Basicamente, e baseándose no tipo de membranas semipermeábeis utilizadas, pódense distinguir dous tipos de diálises: A Hemodiálise caracterizase pola utilización dunha membrana artificial; pode realizarse no centro hospitalario (en xeral, tres veces por semana e catro horas ao día) ou no fogar (hemodiálise domiciliaria). A Diálise Peritoneal baséase na utilización dunha membrana peritoneal (peritoneo), que se atopa no interior do abdome e un líquido especial (dializante). O líquido dializante introdúcese no abdome, onde atrae o exceso de auga, os refugallos e os compostos químicos que atravesan o peritoneo, para extraerse despois por drenaxe. Esta técnica, logo da preparación previa por parte do persoal do centro hospitalario, realízase no fogar, xeralmente 3 veces no día, no caso da Diálise Peritoneal Continua Ambulatoria (DPCA); e durante a noite, no caso da Diálise Peritoneal Automatizada (DPA) A maioría dos enfermos/as renais en xeral poden optar por calquera dos sistemas de diálise. A diálise peritoneal está especialmente recomendada para os pacientes, porque lles permite manter o seu estilo de vida con maior facilidade. Non hai unha técnica mellor que a outra, senón que é o propio paciente quen, en función das características do seu organismo, as circunstancias persoais e/ou laborais, decidirá, sempre coas recomendacións do seu nefrólogo/a, cal dos sistemas adopta. Esta decisión do doente vese condicionada pola capacidade de autonomía no tratamento e outras necesidades sociais, vendo minguadas as súas posibilidades de recibir o tratamento na propia vivenda. Desde a entidade detéctase unha importante demanda de acompañamento no fogar, nos casos de persoas en tratamento de diálise peritoneal ou hemodiálise 2

domiciliaria, principalmente no proceso inicial de adaptación ao tratamento. Nese proceso, o doente atópase nunha situación de desamparo. No caso das persoas que viven con familiares, este servizo pode proporcionar un respiro á familia; e, no caso de persoas que viven soas, un apoio ao doente nesa etapa inicial. Alcer Coruña quere avanzar máis aló das necesidades que se cobren de xeito estandarizado polos concellos, promovendo un proxecto pioneiro, que permite desenvolver un servizo específico, que mellora a calidade de vida das persoas con ERC e as súas familias, coa firme pretensión de que as necesidades sociais non condicionen a elección do tratamento de diálise. 2. OBXECTIVOS Obxectivo 1: Incrementar a autonomía da persoa e familia en tratamento de diálise peritoneal e hemodiálise domiciliaria. Actividade 1: Presenza de persoal técnico no proceso de acompañamento que permita proporcionarlle ao doente as ferramentas necesarias para realizar o tratamento coa maior autonomía posíbel a medio prazo (media de 25 días con 3 visitas diarias de 1,5 horas cada unha). Obxectivo 2: Provocar no doente a menor dependencia posíbel da familia Actividade 1: Servizo complementario/substitutivo do apoio familiar (respiro familiar), colaborando nas tarefas de auto coidado e acompañando ao doente temporalmente 3. LOCALIZACIÓN XEOGRÁFICA O proxecto Alcer no Fogar, levarase a cabo na área sanitaria de Ferrolterra, que comprende dous dos centros sanitarios con consulta de nefroloxía e unidades de 3

diálise. Estes son, o CHUF (Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol) e o Hospital Xeral Juan Cardona. 4. CONTORNO INTERNO E EXTERNO O servizo Alcer non Fogar será desenvolto por persoal formado previamente na diálise no domicilio, a problemática derivada e as necesidades do enfermo/a en tratamento. Concretamente, contrataranse técnicos/as de coidados auxiliares de enfermaría e de axuda a domicilio, que realizarán as tarefas específicas no fogar de acompañamento especializado en diálise domiciliaria e servizo complementario en tarefas de auto coidado. O educador social da entidade será o encargado de realizar as valoracións sociais que permitirán a entrada no servizo, así como o seguimento do proceso. COORDINACIÓN EXTERNA Alcer traballará cos Servizos de Nefroloxía, como parte fundamental do proceso, converténdose nunha das vías de derivación dos potenciais usuarios/as do servizo. As relacións da entidade cos centros hospitalarios desde a década dos 80, fanse patentes, dada a disposición de ambas partes para traballar conxuntamente nestes anos pola mellora da calidade de vida do paciente renal. O persoal técnico de Alcer entra periodicamente nas Unidades de Hemodiálise, mantendo un contacto fluído cos profesionais do servizo de nefroloxía e outros servizos relacionados coa Enfermidade Renal Crónica, ademais de posuír convenios cos centros da provincia da Coruña, que nos permite unha presenza constante e unha boa relación coa administración do centro. Por outra banda, os servizos de nefroloxía son só unha das vías de derivación posíbeis ao servizo de Alcer no Fogar. Os usuarios/as poden acceder por iniciativa propia, a través doutras entidades sociosanitarias, dos traballadores/as sociais dos centros de saúde, centros hospitalarios, servizos sociais, etc 4

PROMOCIÓN E DIFUSIÓN Alcer incluirá o servizo Alcer non Fogar na súa oferta de servizos e actividades, sinalando o traballo conxunto co Concello de Ferrol, en todas as súas publicacións ou outros medios de difusión. A principal estratexia de difusión da entidade é a publicidade racional, é dicir, transmitir información, a través, por unha banda, dos medios propios da entidade, páxina web, material de difusión de Alcer, grupo de voluntariado e outros socios/as e/ou usuarios/as (boca a boca), etc.; e, doutra banda, mediante os medios de comunicación (prensa escrita, radio, televisión, redes sociais, etc.) 5. POBOACIÓN DESTINATARIA Beneficiarios/as directos Persoas con Enfermidade Renal Crónica en tratamento de diálise domiciliaria (diálise peritoneal ou hemodiálise domiciliaria). Familiares Beneficios indirectos Maior número de persoas canalizadas cara a diálise nos domicilios (en detrimento do centro hospitalario) Servizo temporal, que evita un uso dependente dos servizos sociais e promove a autonomía dos usuarios/as 5

6. PROCESO DE EXECUCIÓN FASE ACTUACIÓN ACTIVIDADES RESPONS. 1ª Implantación do servizo 1.1 Presentación nos medios de comunicación Equipo 1.2 Xuntanzas de coordinación cos centros sanitarios Equipo 1.3 Selección de persoal técnico Equipo 1.4 Formación dos técnicos/as Equipo x f m a ma x 2ª Desenvolvemento do servizo 2.1 Acompañamento durante o tratamento Técnico 2.2 Servizo complementario en tarefas auto coidado Técnico 3ª Avaliación 3.1 Avaliación de resultados Equipo 7. ORZAMENTO ORZAMENTO GASTOS INGRESOS I. Persoal 1.1. Persoal xestión e valoración social 1.898,97 Premio Solidario Concello de Ferrol 5.000 1.2. Persoal técnico domicilios (11,21 /h) 10.089,00 Aportacións propias Alcer 7.187,97 II. Materiais 2.1. Productos hixiene e seguridade sanitaria 100,00 III. Outros 3.1. Fotocopias e reprografía 100,00 TOTAL GASTOS 12.187,97 TOTAL INGRESOS 12.187,97 8. AVALIACIÓN OBXECTIVO INDICADOR RESULTADO % de persoas que poden realizar con autonomía o tratamento finalizado o servizo 75 % Incrementar a autonomía da persoa en tratamento de diálise peritoneal Incremento da % na elección do tratamento de diálise domiciliaria 25 % Provocar no doente a menor dependencia posíbel da familia % de familias con respiro familiar con respecto ao doente en, polo menos 2 horas ao día 75 % 6

ANEXO I: PROCESO ESTANDARIZADO DE EXECUCIÓN DO SERVIZO Acceso ao servizo dos potenciais usuarios/as, tanto por iniciativa propia ou derivación doutro servizo SOLICITUDE DE INSCRICIÓN DERIVACIÓN AO SERVIZO ALCER NO FOGAR VALORACIÓN SOCIAL SAÍDA DO PROCESO Aprobada Presentación do Servizo PRESTACIÓN DO SERVIZO NARRATIVA (1) Pode accederse ao servizo por iniciativa propia ou por derivación doutro servizo (2) A persoa solicitante, familiar, titor/a, ou persoa que realiza a derivación, cobre a solicitude de inscrición, remitíndoa á administración da entidade RESPONSÁBEL (1) Derivación doutros SS: servizos de nefroloxía, traballadores/as sociais dos centros de saúde, hospitais ou de Servizos Sociais, entidades sociosanitarias, etc. (2) Auxiliar administrativo Alcer (3) Derivación ao Servizo Alcer no Fogar (3) Auxiliar administrativo Alcer (4) Alcer realiza una valoración social do caso, emitindo un informe para determinar a necesidade do servizo (5) Apróbase o servizo e se comunica resolución ao usuario/a e ao Servizo de Nefroloxía (4) Traballadora social Alcer (5) Servizos Alcer (6) Prestación do servizo (6) Técnico/a

ANEXO II: FORMACIÓN ESPECIALIZADA TEMA RESPONSÁBEL HORAS Enfermidade Renal Crónica Nefrólogo/a 3 Tratamento en ERC: diálise peritoneal e hemodiálise domiciliaria Problemática psicosocial derivada da ERC, individual e familiar Enfermeiro/a de diálise e persoa con ERC ou transplantado/a Persoal de Alcer (do Servizo de Información e Orientación social e do Servizo de Atención Psicolóxica), persoas con ERC e transplantados/as 3 3