RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE XULLO DE 2018

Documentos relacionados
RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE XUÑO DE 2018

RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE ABRIL DE 2018

RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE AGOSTO DE 2018

DESCRICIÓN SINÓPTICA DO MES...

INFORME CLIMATOLÓXICO

INFORME CLIMATOLÓXICO

INFORME CLIMATOLÓXICO

Avance do informe climatolóxico outono 2014 AVANCE INFORME CLIMATOLÓXICO OUTONO 2014

RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE DECEMBRO DE 2018

Informe climatolóxico Mes de maio 2008 INFORME CLIMATOLÓXICO

Informe climatolóxico Mes de xaneiro 2010 INFORME CLIMATOLÓXICO

Informe climatolóxico ano 2008 INFORME CLIMATOLÓXICO ANO 2008

Informe climatolóxico inverno INFORME CLIMATOLÓXICO INVERNO

Informe climatolóxico outono 2015 INFORME CLIMATOLÓXICO OUTONO 2015

Informe climatolóxico primavera 2013 INFORME CLIMATOLÓXICO PRIMAVERA 2013

Informe climatolóxico outono 2016 INFORME CLIMATOLÓXICO OUTONO 2016

Informe climatolóxico outono 2017 INFORME CLIMATOLÓXICO OUTONO 2017

Iinforme climatolóxico inverno INFORME CLIMATOLÓXICO INVERNO

Informe climatolóxico primavera 2014 INFORME CLIMATOLÓXICO PRIMAVERA 2014

INFORME SOBRE O EPISODIO DE SECA

Anuario de raios 2017 DATOS METEOROLÓXICOS 2017 RAIOS

Informe climatolóxico Mes de setembro 2010 INFORME CLIMATOLÓXICO

Informe climatolóxico primavera 2015 INFORME CLIMATOLÓXICO PRIMAVERA 2015

Informe climatolóxico xullo 2017 ÍNDICE

Informe climatolóxico xuño 2017 ÍNDICE

Informe climatolóxico xuño 2017 ÍNDICE

Informe climatolóxico abril 2018 ÍNDICE

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE XULLO DE 2016

Informe climatolóxico agosto 2017 ÍNDICE

Informe climatolóxico xaneiro 2018 ÍNDICE

Informe climatolóxico setembro 2017 ÍNDICE

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE OUTUBRO DE 2016

Informe climatolóxico novembro 2017 ÍNDICE

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE OUTUBRO DE 2016

Informe climatolóxico agosto 2011 INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE AGOSTO DE 2011

DESCRICIÓN SINÓPTICA DO MES...

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE AGOSTO DE 2016

Informe climatolóxico novembro 2018 ÍNDICE

Informe climatolóxico novembro 2018 ÍNDICE

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE XANEIRO DE 2016

Informe climatolóxico marzo 2017 ÍNDICE

Informe climatolóxico marzo 2011

Informe climatolóxico febreiro 2018 ÍNDICE

DESCRICIÓN SINÓPTICA DO MES...

Informe climatolóxico xuño 2011

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE XUÑO DE 2015

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE XUÑO DE 2014

INFORME SOBRE AFILIACIÓNS Á SEGURIDADE SOCIAL

O FENÓMENO DE CICLOXÉNESE EXPLOSIVA, QUE AFECTOU A GALICIA O PASADO VENRES, SUPEROU OS REXISTROS HISTÓRICOS DE REFACHOS DE VENTO NA NOSA COMUNIDADE

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE SETEMBRO DE 2013

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE SETEMBRO DE 2013

INFORME DO PARO REXISTRADO DECEMBRO DE 2009

a auga dos ríos, mares, lagos, da transpiración vexetal evapórase, facendo que as masas de aire teñan unha porcentaxe de humidade.

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE NOVEMBRO DE 2013

O RELEVO DE GALICI C A I

Informe climatolóxico maio 2012 INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE MAIO DE 2012

Os maiores e as TIC ANO 2011

Informe climatolóxico decembro 2011

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE MARZO DE 2016

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE AGOSTO DE 2012

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE SETEMBRO DE 2012

INFORME METEOROLÓXICO DÍAS 8-9/11/2010

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE FEBREIRO DE 2014

Maquetación: ocumodeseño

Informe climatológico del invierno

A SINIESTRALIDADE NAS ESTRADAS.

INFORME DE PRECIPITACIÓN EN GALICIA OS DÍAS 2/10/2010 e 3/10/2010.

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE MARZO DE 2013

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE XANEIRO DE 2014

Pacto Territorial de Emprego Costa da Morte

INFORME SOBRE O NIEPI (NÚMERO DE INTERRUPCIÓNS EQUIVALENTE Á POTENCIA INSTALADA) EN GALICIA NA ANUALIDADE 2011

Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia

Informe Climatológico Mes de julio 2010 INFORME CLIMATOLÓGICO

Informe sobre os fogares compostos por persoas maiores de 64 anos.

Informe climatológico Mes de octubre 2010 INFORME CLIMATOLÓGICO

PROGRAMAS DA ADMINISTRACIÓN DA XUNTA DE GALICIA PARA O FOMENTO DA EDUCACIÓN AMBIENTAL NA ETAPA DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

INFORME SOBRE O TIEPI (TEMPO DE INTERRUPCIÓN EQUIVALENTE Á POTENCIA INSTALADA) EN GALICIA NA ANUALIDADE 2011

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

Lixeiro crecemento da poboación no período , favorecido pola chegada de inmigrantes

COMENTARIO DUN MAPA DO TEMPO

Plan Banda Larga

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

OS FACTORES TERMODINÁMICOS

As empresas culturais en Galicia

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE CENTRO DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE METEOGALICIA ANUARIO CLIMATOLÓXICO 2002

INFORME SOBRE A POBREZA EN GALICIA

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

Informe climatológico Mes de septiembre de 2010 INFORME CLIMATOLÓGICO

PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO

Informe climatolóxico Mes de diciembre 2010 INFORME CLIMATOLÓGICO

Informe climatológico Mes de agosto 2010 INFORME CLIMATOLÓGICO

E DAS PERSOAS RESIDENTES NO CONCELLO DA CORUÑA

Pacto Territorial de Emprego do Salnés [INFORME DE SINISTRALIDADE LABORAL]

OS ELEMENTOS DO CLIMA. Selectividade: Exercicio práctico: Mapas de temperaturas e precipitacións medias.

Informe mensual do paro rexistrado

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

TEMA II- A DIVERSIDADE CLIMÁTICA

MANUAL DA APLICACIÓN MÓBIL DE MONDARIZ BALNEARIO

PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO

Transcripción:

RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE XULLO DE 2018

ÍNDICE 1 INTRODUCIÓN... 3 2 DESCRICIÓN SINÓPTICA DO MES... 4 3 RESUMO CLIMATOLÓXICO NAS PRINCIPAIS CIDADES DE GALICIA.... 6 4 TEMPERATURA... 10 4.1. Temperatura media das máximas.... 10 4.2. Temperatura media das mínimas.... 11 4.3. Anomalía de temperatura media con respecto ao período 1981-2010... 12 5 PRECIPITACIÓN... 13 5.1. Precipitación acumulada mensual Xullo 2017... 13 5.2. Porcentaxe de valor acumulado de precipitación con respecto ao valor normal.... 14 5.3. Evolución da temperatura media en xullo no período 1961-2017.... 15 5.4. Evolución da precipitación en xullo no período 1961-2017.... 16 Data edición: 19-09-2018. Corrección de la temperatura de Lourizán. Páxina 2 de 16

Mes cambiante, con tendencia xeral a seco e cálido. 1 INTRODUCIÓN Neste informe considérase o período climático de referencia 1981-2010. Así, as anomalías calculadas nas táboas, mapas e gráficos, e percentiles calcúlanse con respecto a este período de referencia. Para caracterizar o mes en función da temperatura considéranse os seguintes criterios: Percentil Categoría < mínimo en 1981-2010 Extremadamente frío Entre 5% e 20% Moi frío Entre 20% e 40% Frío Entre 40% e 60% Normal Entre 60% e 80% Cálido Entre 80% e 95% Moi cálido >máximo en 1981-2010 Extremadamente cálido. Táboa 0.1. Cualificación do mes en función da temperatura. Para caracterizar o mes en función da precipitación considéranse os seguintes criterios: Percentil Categoría < mínimo en 1981-2010 Extremadamente seco Entre 5% e 20% Moi seco Entre 20% e 40% Seco Entre 40% e 60% Normal Entre 60% e 80% Húmido Entre 80% e 95% Moi Húmido >máximo en 1981-2010 Extremadamente Húmido. Táboa 0.2. Cualificación do mes en función da precipitación. Páxina 3 de 16

2 DESCRICIÓN SINÓPTICA DO MES O mes de xullo quedou novamente determinado por unha alta variabilidade nas situación sinópticas, pero en xeral pódese dicir que a situación máis frecuente nesta época do ano, que sería aquela na que as altas presións están ao norte da península Ibérica, foi neste 2018 bastante escasa. As situación intermedias foron as máis predominantes, con influencias de baixas presións atlánticas ou de zonas de aire frío en altura e co anticiclón bastante debilitado ao oeste dos Azores. Así, o mes comezaba nas dúas primeiras xornadas cunha baixa relativa preto de Galicia que aportaba inestabilidade e aire fresco e húmido, de xeito que tivemos días de ceo moi anubrado, chuvias persistentes e bastante xeneralizadas e temperaturas escasas para a época do ano. A situación foi mellorando lentamente nas xornadas entre o 3 e o 5, aínda que predominaron os ceos anubrados e as temperaturas suaves. Non foi ata a xornada do 6 cando as altas presións tiveron a súa primeira entrada dende Azores. Aínda así o anticiclón non foi quen de eliminar completamente as zonas de aire frío en altura, polo que entre o 6 e o 8 tivemos 3 xornadas semellantes, con ceo despexado pola mañá, nubes de evolución no interior e posteriores tormentas, localmente fortes, como a que o sábado 7 afectaba ao concello de Xunqueira de Espadañedo. O período entre o 9 e o 11 caracterizouse en xeral pola escaseza destas tormentas, aínda que continuaron a formarse de xeito illado en puntos do interior. Tamén quedaron determinadas estas 3 xornadas polas néboas costeiras, que neste caso afectaron principalmente a puntos das Rías Baixas. Os días 12 e 13 as tormentas colleron forza pola presenza dunha nova bolsa de aire frío que chegaba en diagonal polo Atlántico dende o sur de Groenlandia. Estas tormentas continuaron o día 15 no extremo leste, pero desapareceron do oeste pola entrada dunha masa de aire máis fría en superficie que deixou unha xornada de ceos máis anubrados e algunhas chuvias febles no litoral. Entre os días 16 e 21 a situación foi relativamente tranquila na atmosfera, con situación intermedias entre altas e baixas presións que deixaron xornadas cun contraste entre o norte, Páxina 4 de 16

con máis nubes e menos temperatura, e o sur, onde o ceo quedaba máis despexado pola tarde. Nas xornadas do 22 e 23 esta influencia do anticiclón foi algo máis nítida, con situación de sol e temperatura normal para a época do ano, aínda que na xornada do 23 vimos de novo a entrada de néboas polo litoral atlántico. O 24 o anticiclón estivo algo máis débil, polo que o predominio foi para os ceos anubrados, quedando de novo máis abertos o 25. No período entre o 26 e o 28 regresamos a unha situación intermedia, con nubes pola mañá e apertura de grandes claros durante a tarde, claros que foron máis tímidos na tarde do 27. A borrasca localizada ao oeste de Irlanda tivo máis presenza os días 29 e 30, polo que as nubes, as temperaturas baixas para a época do ano e as chuvias febles foron protagonistas. Finalmente no derradeiro día do mes o anticiclón volveu a predominar e os ceos foron quedando despexados progresivamente. Páxina 5 de 16

3 RESUMO CLIMATOLÓXICO NAS PRINCIPAIS CIDADES DE GALICIA. Compáranse os valores rexistrados no mes en curso nas estacións da rede meteorolóxica de MeteoGalicia (A Coruña-Torre de Hércules (CTH), Santiago-EOAS, Campus Lugo, Lourizán e Ourense) cos valores climáticos, no período 1981-2010, para ese mes, obtidos a partir da serie histórica máis próxima (A Coruña-Estación Completa (CEC) / Santiago- Astronómico / Lugo-Fingoi / Ourense-granxa, estacións da AEMET e Lourizán, de MeteoGalicia). Debido á localización das estacións meteorolóxicas da cidade de A Coruña, CTH (costeira) e CEC (urbana), o comportamento en canto á temperatura difire en determinadas situacións meteorolóxicas, polo que na táboa de A Coruña inclúense os datos de ambas estacións e se compara a estación CEC contra si mesma no período de referencia climático 1981-2010. O valor climático corresponde á media destes 30 anos para o mes considerado. Móstranse tamén os valores extremos da serie e o ano no que se acadaron. No caso das temperaturas máximas (mínimas) absolutas, móstrase o valor máximo (mínimo) da serie histórica mensual e a data na que se acadou. As temperaturas danse en ºC e as precipitacións en mm (ou L/m 2 ). O número de días de chuvia corresponde á suma dos días nos que a precipitación rexistrada é igual ou superior a 1 mm. Páxina 6 de 16

A CORUÑA XULLO 2018 CTH/CEC VALORES CLIMÁTICOS * Resumo do Informe climatolóxico xullo 2018 valor máximo valor mínimo Tª media 19.3/19.7 18.9 21.0 (2006) 17.2 (1977) Tª mínima media 16.9/17.1 15.9 17.6 (2006) 13.8 (1954) Tª mínima absoluta 15.2/15.5 (día 21/6) 10.2 (08/07/1978) Tª mínima máis alta 19.0/19.1 (día 26) 21.0 (14/07/1969) Tª máxima media 21.7/22.3 21.9 24.5 (2006) 19.8 (2002) Tª máxima absoluta 25.0/25.9 (día 9) 34.5 (17/07/2006) Tª máxima máis baixa 19.2/19.8 (día 11) 14.0 (03/07/1958) Precipitación acumulada 15 22-34 100 (1971) 0 (2016) Días de chuvia ( 1mm) 3 5 22 (1936) 0 (2016) Comentario: O mes de xullo resultou moi cálido nas mínimas e lixeiramente cálido nas máximas. A precipitación acumulada foi inferior ao rango de valores normais, polo que se considera un mes seco. Isto reflíctese tamén no número de días de chuvia que inferior ao valor climático agardado... * Valores climáticos 1981-2010. Precipitación:1931-2018 Temperatura: 1948-2018 SANTIAGO XULLO 2018 VALORES CLIMÁTICOS * valor máximo valor mínimo Tª media 19.9 19.6 21.9 (1989) 17.6 (2009) Tª mínima media 15.6 14.4 16.0 (2013) 13.1 (1993) Tª mínima absoluta 12.9 (día 29) 7.0 (11/07/2002) Tª mínima máis alta 21.2 (día 9) 21.9 (22/07/1990) Tª máxima media 22.3 24.8 28.5 (1990) 22.1 (2009) Tª máxima absoluta 27.0 (día 9) 40.3 (20/07/1990) Tª máxima máis baixa 16.6 (día 1) 15.8 (02/07/1998) Precipitación acumulada 52 25-45 154 (2009) 1 (2016) Días de chuvia ( 1mm) 6 6 12 (1995) 1 (2016) Comentario: Mes normal na temperatura media, pero con mínimas moi cálidas e máximas moi frías, respecto aos valores climáticos. A precipitación acumulada foi superior ao rango de valores normais, considerándose polo tanto, o mes húmido. O número de días de chuvia coincide co valor climático. * Valores climáticos 1982-2010. Precipitación:1982-2018. Temperatura: 1982-2018 Páxina 7 de 16

LUGO XULLO 2018 VALORES CLIMÁTICOS * Resumo do Informe climatolóxico xullo 2018 valor máximo valor mínimo Tª media 20.1 18.8 21.6 (2013) 16.9 (1981) Tª mínima media 15.1 12.9 15.2 (2013) 11.0 (1993) Tª mínima absoluta 11.5 (día 21) 4.4 (11/07/2002) Tª mínima máis alta 18.5 (día 25) 20.0 (22/07/1990) Tª máxima media 25.1 24.7 29.1 (1990) 21.9 (1982) Tª máxima absoluta 32.6 (día 23) 41.2 (20/07/1990) Tª máxima máis baixa 19.6 (día 19) 15.0 (03/07/1985) Precipitación acumulada 21 21-29 77 (1983) 0 (1986) Días de chuvia ( 1mm) 4 4 8 (1983) 0 (1986) Comentario: Mes moi cálido nas temperaturas medias, sendo as máximas lixeiramente cálidas e as mínimas extremadamente cálidas. A precipitación rexistrada estivo en valores normais ao igual que o número de días de chuvia. * Valores climáticos 1981-2010. Precipitación:1981-2018. Temperatura: 1981-2018 PONTEVEDRA (LOURIZÁN) XULLO 2018 VALORES CLIMÁTICOS * valor máximo valor mínimo Tª media 19.7 20.3 22.9 (2006) 17.8 (1980) Tª mínima media 15.9 14.7 16.9 (2006) 12.2 (1980) Tª mínima absoluta 11.6 (día 29) 3.1 (28/07/1969) Tª mínima máis alta 18.9 (día 29) 23.5 (04/07/1961) Tª máxima media 23.6 25.9 29.4 (2016) 22.7 (1983) Tª máxima absoluta 29.6 (día 8) 39.0 (07/07/2013) Tª máxima máis baixa 19.7 (día 2) 16.2 (20/07/1980) Precipitación acumulada 32 22-37 166(1971) 0 (1981) Días de chuvia ( 1mm) 6 5 11 (1995) 0 (1993) Comentario: Mes normal para a temperatura media pero moi frío para as máximas e moi cálido para as mínimas.. A precipitación rexistrada estivo en valores normais ao igual que o número de días de chuvia.. * Valores climáticos 1981-2010. Precipitación:1958-2018. Temperatura: 1958-2018 Páxina 8 de 16

OURENSE XULLO 2018 VALORES CLIMÁTICOS * Resumo do Informe climatolóxico xullo 2018 valor máximo valor mínimo Tª media 22.9 22.5 25.0 (2013) 19.0 (1977) Tª mínima media 16.7 14.8 17.7 (1972) 13.0 (1974) Tª mínima absoluta 11.1 (día 21) 6.4 (08/07/1996) Tª mínima máis alta 19.6 (día 11) 22.6 (22/07/1990) Tª máxima media 29.1 30.2 33.8 (1989) 24.7 (1977) Tª máxima absoluta 34.5 (día 10) 42.6 (20/07/1990) Tª máxima máis baixa 23.0 (día 1) 18.0 (13/07/1982) Precipitación acumulada 25 9-19 69 (2009) 0 (2016) Días de chuvia ( 1mm) 4 3 15 (1983) 0 (2016) Comentario: Mes lixeiramente cálido para a temperatura media pero frío para as máximas e extremadamente cálido para as mínimas.. A precipitación rexistrada estivo por riba dos valores normais, polo que se considera un mes húmido, mentres que o número de días de chuvia foi semellante ao climático.., * Valores climáticos 1981-2010. Precipitación:1973-2018. Temperatura: 1972-2018 Páxina 9 de 16

4 TEMPERATURA As temperaturas estiveron en xeral algo por riba das normais dun mes de Xullo. A anomalía foi máis acusada nos valores máximos diúrnos (valores moi por debaixo do agardado), xa que tivemos escasas xornadas de sol e calor e moitas con situacións intermedias de nubes durante as mañás, o que explica que as temperaturas eran moi suaves na madrugada (mínimas en xeral moi cálidas) e ceos máis abertos polas tardes, pero sen acadar rexistros significativos de temperatura. 4.1. Temperatura media das máximas. Figura 1: Mapa de temperatura media das máximas do mes de xullo de 2018. Páxina 10 de 16

O valor medio das temperaturas máximas no mes de xullo para Galicia, a partir dos valores do mapa, foi de 23.4 ºC. Os valores máis baixos rexistráronse principalmente nas montañas do terzo norte e leste da Comunidade, con valores próximos aos 17 ºC e os valores máis altos nas comarcas limítrofes cos ríos Miño e Sil e na comarca de Verín, onde o valor medio de temperatura máxima estivo preto dos 30ºC. 4.2. Temperatura media das mínimas. O valor medio das temperaturas mínimas no mes de xullo para o territorio galego foi de 14ºC, sendo os valores máis baixos os rexistrados na comarca da Limia e zonas montañosas de Ourense e Lugo, onde se acadaron valores próximos aos 9ºC. Os valores máis altos déronse principalmente na comarca de Vigo, onde se acadaron os 17 ºC. Figura 2: Mapa de temperatura media das mínimas do mes de xullo de 2018. Páxina 11 de 16

4.3. Anomalía de temperatura media con respecto ao período 1981-2010. A anomalía da temperatura media no conxunto de Galicia neste mes de xullo, tendo en conta a media dos valores do mapa, foi de 0.4 ºC. En xeral as anomalías foron lixeiramente positivas, excepto na provincia de Ourense, onde na Baixa Limia, Terras de Caldelas e Trives, zonas altas de Valdeorras e Manzaneda foron negativas. Figura 3: Mapa de anomalía de temperatura media (ºC) de xullo respecto al período 1981-2010. Páxina 12 de 16

5 PRECIPITACIÓN As precipitacións estiveron en xeral algo por riba do normal en xullo. Esta anomalía na costa é debida principalmente ás chuvias rexistradas nos dous primeiros días do mes e tamén ao final do mesmo, principalmente o día 30. No interior as chuvias estiveron máis determinadas polos fenómenos tormentosos que tiveron lugar principalmente na primeira quincena, polo que a distribución das chuvias é máis irregular. A chuvia media no mes de xullo obtida a partir dos valores do mapa (figura 4) foi de 48.9 L/m 2, resultando un mes de xullo húmido en xeral. Os valores máis altos foron principalmente os rexistrados nas comarcas da Fonsagrada e Sarria e macizo de Manzaneda, por riba dos 100 L/m 2. Os valores máis baixos acadáronse principalmente en zonas de Ourense, con valores por debaixo dos 15 l/m 2. 5.1. Precipitación acumulada mensual xullo 2017 Figura 4: Mapa de precipitación acumulada no mes de xullo de 2018. Páxina 13 de 16

5.2. Porcentaxe de valor acumulado de precipitación con respecto ao valor normal. No mapa da figura 5 pódese ver a porcentaxe de precipitación no mes de xullo con respecto aos valores climáticos, sendo o 100% o valor normal. O valor medio para o conxunto do territorio galego foi un 15 % inferior ao período de referencia 1981-2010. Pódese observar, claramente, o exceso de precipitación que se produciu principalmente no norte e leste de Lugo e no macizo de Manzaneda. O resto da Comunidade presentou valores por debaixo do normal, destacando áreas da provincia de Ourense, con valores entre un 20 e un 40% do normal. Figura 5: Porcentaxe da precipitación acumulada con respecto aos valores normais do período 1981-2010 do mes de xullo de 2018. Páxina 14 de 16

5.3. Evolución da temperatura media en xullo no período 1961-2017. A anomalía da temperatura media para este mes de xullo en Galicia, obtida a partir das anomalías medias en once estacións meteorolóxicas representativas, foi de 0.32 ºC, o que fai que o mes poida considerarse no conxunto de Galicia como lixeiramente cálido. O contraste entre as máximas e as mínimas foi moi significativo. As máximas resultaron frías para a época do ano, mentres que as mínimas foron moi cálidas. No mes de xullo de 2014, acadouse xa, unha anomalía positiva inferior á deste ano. Figura 6: Evolución da anomalía de temperatura media en xullo, respecto ó período 1981-2010. Páxina 15 de 16

5.4. Evolución da precipitación en xullo no período 1961-2017. A anomalía media das precipitacións para este mes de xullo en Galicia, obtida a partir das anomalías medias en dezaseis estacións meteorolóxicas representativas, foi dun 24 % por riba do normal. Isto fai que o mes poida considerarse como húmido, tendo en conta a totalidade da Comunidade. O ano 2014 foi o ano precedente máis húmido. Figura 7: Evolución da anomalía de precipitación en xullo, respecto ó período 1981-2010. Esta información ampliarase no informe mensual que se publicará proximamente. MeteoGalicia Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Xunta de Galicia Páxina 16 de 16