BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Documentos relacionados
BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Así na reunión deste órgano, celebrada o 20 de decembro de 2016, acordouse levar a cabo a modificación da devandita Orde do 20 de maio de 2008.

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

N o 177 L Mércores, 13 de setembro de 2006 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 117 Luns, 20 de xuño de 2011 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Primeira. Base de datos para a constitución dos grupos e, no seu caso, categorías.

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

LICENCIA DE APERTURA DE ESTABLECIMIENTO.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Nº 251 Venres, 31 de decembro de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3387

Ordenanzas fiscais Páxina 1

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

6.978 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 84 L Mércores, 3 de maio de 2006

DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2013 Páx. 1349

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

Guía de procedementos e servizos

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO BANCO DE ESPAÑA

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Lei 1/2008, do 17 de abril, de creación do Colexio Profesional de Detectives Privados e Privadas de Galicia.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2012 Páx. 4500

C O N C E L L O A G U A R D A

DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx

Proxecto de Orde do de de 2015, pola que se crea e se regulan as funcións, a composición e funcionamento do Consello de Bioética de Galicia.

Estas vantaxes e/ou descontos serán aplicados a toda a clientela que sexa titular dunha tarxeta benvida, sen ningún requisito a maiores.

INFORME DE LEGALIDADE SOBRE O PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN DA OFICINA XUDICIAL EN GALICIA

DECRETO 84/2012, do 16 de febreiro, polo que se establecen os prezos públicos polas prestacións das residencias de tempo libre.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO

MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA E DEPORTE

Por unha parte, inclúense as fundacións que estivesen constituídas maioritariamente ou na súa totalidade

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A SELECCIÓN, TRANSFERENCIA DA CUSTODIA E O ACCESO AOS DOCUMENTOS

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

ACORDAN Capítulo I Réxime de prestación de servizos

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 73 Luns, 20 de abril de 2015 Páx CORRECCIÓN de erros. Decreto 52/2015, do 5 de marzo, polo que se regula o transporte sanitario.

DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx

Por todo isto, esta consellería,

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA INSTALACION DE QUIOSCOS NA VIA PUBLICA

MINISTERIO DA PRESIDENCIA

DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2012 Páx. 5494

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DISPOÑO: Primeiro.- Obxecto.

Este proxecto técnico foi aprobado no Pleno do Consello Galego de Estatística do día 21 de decembro de 2012

JAM JOSE ANTONIO MONTERO RODRÍGUEZ

TÍTULO I. MEDIDAS HORIZONTALES. CAPÍTULO II. SERVICIOS PROFESIONALES.

6/06. Ditame. Lei do libro e da lectura. sobre o anteproxecto de. de Galicia APROBADO POLO PLENO O 7 DE XUÑO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

BAREMO APLICABLE PARA AS LISTAS ABERTAS DE INTERINIDADES/SUBSTITUCIÓNS. Baremo para a valoración de méritos: sistema xeral de ingreso

Os código do órgano responsable é o da Subdirección Xeral de Inclusión e Integración Social:

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

Ordenanzas fiscais Páxina 1

FORSU: RETOS E OPORTUNIDADES MARCO NORMATIVO FORSU: RETOS E OPORTUNIDADES. Verónica Tellado Barcia Subdirectora Xeral de Residuos 9 de maio de 2018

Edificio Administrativo San Caetano, 1-2º SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono Fax

DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx ORDE do 11 de maio de 2015 pola que se crea o Rexistro Galego do Infarto Agudo de Miocardio.

DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2018 Páx

INFORME ANUAL 2017 DO GRAO DE CUMPRIMENTO DOS ACORDOS APROBADOS NO PARLAMENTO DE GALICIA NA X LEXISLATURA

A Coruña 26/09/2017. POS Adicional por maior achega provincial ( )

Santiago de Compostela, dezasete de marzo de dous mil dezasete REUNIDOS

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Santiago de Compostela, cinco de decembro de dous mil doce REUNIDOS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE FOMENTO

DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2013 Páx. 6322

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2017 Páx. 4263

Enerxía solar fotovoltaica illada

NORMATIVA DA UNIVERSIDADE DE VIGO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL CON CARGO A ACTIVIDADES DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E INNOVACIÓN (I+D+i)

REGULAMENTO DE COLABORACIÓN DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVICIOS DESTA UNIVERSIDADE EN CURSOS E CONVENIOS DE INVESTIGACIÓN

Transcripción:

Suplemento en lingua galega ao núm. 262 Luns 31 de outubro de 2011 Sec. I. Páx. 1 I. DISPOSICIÓNS XERAIS MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO 17070 Orde ITC/2914/2011, do 27 de outubro, pola que se modifica a Orde ITC/1522/2007, do 24 de maio, pola que se establece a regulación da garantía da orixe da electricidade procedente de fontes de enerxía renovables e de coxeración de alta eficiencia. A Orde ITC/1522/2007, do 24 de maio, establece a regulación da garantía da orixe da electricidade procedente de fontes de enerxía renovables e de coxeración de alta eficiencia. A citada Orde ITC/1522/2007, do 24 de maio, incorporaba ao ordenamento xurídico español o sistema de garantía de orixe previsto na Directiva 2001/77/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de setembro de 2001, relativa á promoción de electricidade xerada a partir de fontes de enerxía renovables no mercado interior da electricidade, e na Directiva 2004/8/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de febreiro de 2004, relativa ao fomento da coxeración sobre a base da demanda de calor útil no mercado interior da enerxía e pola que se modifica a Directiva 92/42/CEE. No ano 2009 promulgouse a Directiva 2009/28/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de abril de 2009, relativa ao fomento do uso de enerxía procedente de fontes renovables e pola que se modifican e se derrogan as directivas 2001/77/CE e 2003/30/CE. Na dita directiva especifícase un novo tratamento concreto que se lles debe dar ás garantías de orixe da electricidade, da calefacción e da refrixeración producidas a partir de fontes de enerxías renovables. Na actualidade faise necesario adaptar a mencionada Orde ITC/1522/2007, do 24 de maio, ao disposto na citada Directiva 2009/28/CE en relación coas garantías de orixe da electricidade, tendo en conta, así mesmo, o previsto no artigo 3.9 da Directiva 2009/72/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 13 de xullo de 2009, sobre normas comúns para o mercado interior da electricidade e pola que se derroga a Directiva 2003/54/CE no referente á información ao consumidor. Mediante esta orde incorpórase ao dereito español o contido do artigo 15 da Directiva 2009/28/CE, no relativo ao sistema de garantía de orixe da electricidade procedente de fontes de enerxía renovables. De acordo co prescrito na disposición adicional décimo primeira da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, a Comisión Nacional de Enerxía emitiu o seu preceptivo informe sobre o proxecto desta orde. O dito informe ten en consideración as alegacións formuladas no trámite de audiencia cumprido mediante consulta aos representantes no Consello Consultivo de Electricidade. Na súa virtude, de acordo co Consello de Estado, dispoño: Artigo único. Modificación da Orde ITC/1522/2007, do 24 de maio, pola que se establece a regulación da garantía da orixe da electricidade procedente de fontes de enerxía renovables e de coxeración de alta eficiencia. Introdúcense as seguintes modificacións na Orde ITC/1522/2007, do 24 de maio, pola que se establece a regulación da garantía da orixe da electricidade procedente de fontes de enerxía renovables e de coxeración de alta eficiencia: Un. Modifícase o primeiro parágrafo do artigo 1, que queda redactado da seguinte maneira:

Suplemento en lingua galega ao núm. 262 Luns 31 de outubro de 2011 Sec. I. Páx. 2 «A presente orde ten por obxecto regular a garantía de orixe da electricidade xerada a partir de fontes de enerxía renovables e de coxeración de alta eficiencia, con obxecto de fomentar a súa contribución á produción de electricidade e poder demostrar ante os consumidores finais que unha cota ou cantidade determinada de enerxía se obtivo a partir das ditas fontes, así como facilitar o comercio de electricidade producida a partir de fontes de enerxía renovables e de coxeración de alta eficiencia.» Dous. Engádese un segundo parágrafo ao artigo 2, coa seguinte redacción: «A electricidade producida en unidades de acumulación por bombeo que utilizan auga que se bombeou augas arriba non se debe considerar electricidade producida a partir de fontes renovables.» Tres. Modifícase o artigo 3, que queda redactado da seguinte forma: «Para os efectos desta orde, serán de aplicación as seguintes definicións: a) Enerxía eléctrica procedente de fontes renovables: a enerxía eléctrica procedente de fontes renovables non fósiles, é dicir, enerxía eólica, solar, aerotérmica, xeotérmica, hidrotérmica e oceánica, hidráulica, biomasa, gases de vertedoiro, gases de plantas de depuración e biogás. b) Biomasa: a fracción biodegradable dos produtos, refugallos e residuos de orixe biolóxica procedentes de actividades agrarias (incluídas as substancias de orixe vexetal e de orixe animal), da silvicultura e das industrias conexas, incluídas a pesca e a acuicultura, así como a fracción biodegradable dos residuos industriais e municipais. c) Produción eléctrica neta: a produción eléctrica bruta menos o consumo eléctrico dos equipamentos auxiliares menos as perdas ata o punto de conexión coa rede eléctrica. d) Coxeración: a xeración simultánea nun proceso de enerxía térmica, eléctrica e mecánica ou térmica e eléctrica. e) Coxeración de alta eficiencia: a coxeración que cumpra os criterios establecidos no anexo III do Real decreto 616/2007, do 11 de maio, sobre fomento da coxeración. f) Sistema de apoio: calquera instrumento, sistema ou mecanismo que promove o uso de enerxía procedente de fontes renovables grazas á redución do custo desta enerxía, aumentando o seu prezo de venda ou o volume de enerxía renovable adquirida, mediante unha obriga de utilizar enerxías renovables ou mediante outras medidas. Iso inclúe, sen limitarse a estes, as axudas ao investimento, as exencións ou desgravacións fiscais, as devolucións de impostos, os sistemas de apoio á obriga de utilizar enerxías renovables incluídos os que empregan os certificados verdes, e os sistemas de apoio directo aos prezos, incluídas as tarifas reguladas e as primas.» Catro. Modifícase o punto 1 do artigo 4, que queda redactado do seguinte modo: «1. A garantía de orixe é unha acreditación, en formato electrónico, expedida por solicitude do interesado, que asegura que un número determinado de megawatts-hora de enerxía eléctrica producidos nunha central, nun período temporal determinado, foron xerados a partir de fontes de enerxía renovables ou de coxeración de alta eficiencia. As garantías de orixe contabilizaranse con tres cifras decimais. Así mesmo, as garantías de orixe incluirán, polo menos, os datos relativos á identificación, situación, data de posta en servizo, tipo de enerxía, capacidade da instalación, período de funcionamento e sistema de apoio, sen prexuízo de que esta información

Suplemento en lingua galega ao núm. 262 Luns 31 de outubro de 2011 Sec. I. Páx. 3 se poida detallar con maior precisión por circular da Comisión Nacional de Enerxía, que se deberá publicar no «Boletín Oficial del Estado».» Cinco. Modifícase o punto 1 do artigo 5, que queda redactado como segue: «1. Desígnase a Comisión Nacional de Enerxía como organismo responsable, en todo o territorio español, para a expedición da garantía de orixe da electricidade xerada a partir de fontes de enerxía renovables e de coxeración de alta eficiencia, así como para a súa xestión, que poderá realizar os ditos labores ben directamente ou a través dun terceiro, logo de autorización por parte da Secretaría de Estado de Enerxía do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, que deberá ser independente das actividades de xeración, distribución e comercialización e ser designado conforme o establecido pola lexislación de contratos do sector público.» Seis. Modifícase o artigo 6.1, que queda redactado da seguinte maneira: «1. A Comisión Nacional de Enerxía establecerá un sistema de anotacións en conta da garantía de orixe da electricidade xerada a partir de fontes de enerxía renovables e de coxeración de alta eficiencia, que terá como obxectivo o rexistro da información e a xestión das citadas garantías de orixe. Conforme o previsto no artigo 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e no artigo 32 do Real decreto 1671/2009, do 6 de novembro, polo que se desenvolve parcialmente a dita lei, a xestión do sistema realizarase obrigatoriamente por procedementos e medios electrónicos a través do Rexistro Electrónico da Comisión Nacional de Enerxía. No devandito sistema de anotacións en conta manterase información sobre a cantidade de garantías de orixe expedidas, así como as transferencias destas.» Sete. Modifícase o artigo 8.1, que queda redactado da seguinte maneira: «1. O titular dunha instalación de xeración de enerxía eléctrica poderá solicitar, por vía electrónica obrigatoria, á Comisión Nacional de Enerxía, con carácter voluntario, a expedición das garantías de orixe da enerxía eléctrica xerada na instalación a partir de fontes de enerxía renovables ou de coxeración de alta eficiencia durante un período de tempo, que deberá ser múltiplo de meses naturais. A solicitude de garantías de orixe correspondentes ao mes de produción m será presentada antes do último día do mes m+8 e, en todo caso, antes do 31 de xaneiro de cada ano para as garantías correspondentes ao ano anterior.» Oito. Modifícase o primeiro parágrafo do artigo 8.2, que queda redactado do modo seguinte: «2. Xunto coa solicitude dunha garantía de orixe, o interesado presentará ante a Comisión Nacional de Enerxía a seguinte información especificada cunha desagregación mensual:» Nove. Modifícanse os parágrafos segundo e terceiro do artigo 9, que quedan redactados da seguinte maneira: «A expedición da garantía de orixe levarase a cabo pola produción neta mensual efectivamente xerada con fontes de enerxía renovables e coxeración de alta eficiencia, medida en MWh. A expedición das garantías de orixe correspondentes ao mes de produción m terá lugar antes do último día do mes m+10 e, en todo caso, antes do 28 de febreiro de cada ano para as garantías correspondentes ao ano anterior e entenderase realizada a favor do titular da instalación, que será o seu tedor inicial.» Dez. Modifícase o artigo 11.1, que queda redactado do modo seguinte:

Suplemento en lingua galega ao núm. 262 Luns 31 de outubro de 2011 Sec. I. Páx. 4 «1. A importación de garantías de orixe será considerada de forma análoga á súa expedición. As acreditacións de garantías de orixe expedidas noutro Estado membro poderán ser presentadas polos comercializadores ante a Comisión Nacional de Enerxía para que obteñan o mesmo recoñecemento que as expedidas polo sistema de garantía de orixe en España, sempre que sexan expedidas de acordo cos requisitos exixidos polas directivas 2004/8/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de febreiro de 2004, relativa ao fomento da coxeración sobre a base da demanda de calor útil no mercado interior da enerxía e pola que modifica a Directiva 92/42/CEE e 2009/28/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de abril de 2009, relativa ao fomento do uso de enerxía procedente de fontes renovables e pola que se modifican e se derrogan as directivas 2001/77/CE e 2003/30/CE. A garantía de orixe deberá ser expedida polo órgano expedidor designado por un Estado membro da Unión Europea. Cando existan dúbidas fundadas sobre a exactitude, fiabilidade ou veracidade dunha garantía de orixe expedida por outro Estado membro, a Comisión Nacional de Enerxía poderá negar o recoñecemento dela, e deberá pólo en coñecemento da Secretaría de Estado de Enerxía para a súa notificación á Comisión Europea. Once. Modifícase o artigo 12.4, cuxo teor pasa a ser o seguinte: «4. As garantías de orixe expedidas correspondentes a enerxía xerada no mes de produción m que non fosen previamente canceladas cancelaranse de forma automática por caducidade o primeiro día do mes m+12. A partir do día 31 de marzo non poderán ser redimidas garantías de orixe que correspondan a enerxía producida no ano anterior.» Doce. Engádese unha disposición adicional única, co seguinte teor: «Disposición adicional única. Detalle das garantías de orixe nas facturas dos comercializadores aos clientes finais, de acordo co artigo 110 bis do Real Decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica. 1. A información que, de acordo co punto 2 do artigo 110 bis do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, debe reflectir toda empresa comercializadora que venda electricidade a clientes finais nas súas facturas calcularase a partir da mestura global de xeración indicada na alínea a) do punto 1 do citado artigo 110 bis e tendo en conta as garantías de orixe relativas á enerxía do ano anterior. Para estes efectos, deducirase, da mestura global de xeración indicada, a parte correspondente ás garantías de orixe totais emitidas e, de ser o caso, incluirase a correspondente ás garantías de orixe que con data do 31 de marzo do ano posterior ao de produción da enerxía constasen na conta da dita empresa e deduciranse as que fosen redimidas aos seus clientes ata a citada data. Igualmente, na dita información debe reflectir para cada cliente, de ser o caso, o número de garantías de orixe que se redimisen ao seu favor ata a citada data, relativas á enerxía do ano anterior. 2. As informacións a que se fai referencia nos puntos 1 e 2 do artigo 110 bis citado, relativas á produción enerxética do ano anterior, serán reflectidas nas facturas dos clientes desde o mes de abril. Durante os meses de xaneiro a marzo, ambos inclusive, reproducirase a mesma información que nos meses precedentes do ano anterior.

Suplemento en lingua galega ao núm. 262 Luns 31 de outubro de 2011 Sec. I. Páx. 5 3. No caso dos comercializadores de último recurso, as garantías de orixe que puidesen ser adquiridas ou redimidas serán imputadas, exclusivamente, á actividade de subministración distinta da de último recurso.» Disposición adicional única. Habilitación á Comisión Nacional de Enerxía. Habilítase a Comisión Nacional de Enerxía para establecer convenios cos reguladores non pertencentes á Unión Europea de cara a facilitar a implantación do artigo 9 da Directiva 2009/28/CE, do 23 de abril de 2009, relativa ao fomento do uso de enerxía procedente de fontes renovables e pola que se modifican e se derrogan as directivas 2001/77/CE e 2003/30/CE. Disposición transitoria única. Aplicación das modificacións na regulación e funcionamento do sistema de garantía de orixe da electricidade procedente de fontes de enerxía renovables. As modificacións na regulación e funcións do sistema de garantía de orixe da electricidade procedente de fontes de enerxía renovables que se introducen mediante esta orde serán de aplicación a partir do primeiro día do cuarto mes natural posterior á data de entrada en vigor desta. Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa. Quedan derrogados o artigo 15 e a disposición derradeira única da Orde ITC/1522/2007, do 24 de maio, pola que se establece a regulación da garantía da orixe da electricidade procedente de fontes de enerxía renovables e de coxeración de alta eficiencia, así como en xeral cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao establecido nesta orde. Disposición derradeira primeira. Título competencial. Esta orde dítase ao abeiro do disposto nas regras 13.ª e 25.ª do artigo 149.1 da Constitución, que lle atribúen ao Estado a competencia sobre bases e coordinación da planificación xeral da actividade económica e sobre bases do réxime enerxético e mineiro, respectivamente. Disposición derradeira segunda. Incorporación de dereito da Unión Europea. Mediante esta orde incorpórase ao dereito español o contido do artigo 15 da Directiva 2009/28/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de abril de 2009, relativa ao fomento do uso de enerxía procedente de fontes renovables e pola que se modifican e se derrogan as directivas 2001/77/CE e 2003/30/CE, no relativo ao sistema de garantía de orixe da electricidade procedente de fontes de enerxía renovables, tendo en conta o artigo 3.9 da Directiva 2009/72/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 13 de xullo de 2009, sobre normas comúns para o mercado interior da electricidade e pola que se derroga a Directiva 2003/54/CE. Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor. Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no «Boletín Oficial del Estado». Madrid, 27 de outubro de 2011. O ministro de Industria, Turismo e Comercio, Miguel Sebastián Gascón. http://www.boe.es BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO D. L.: M-1/1958 - ISSN: 0212-033X