BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Documentos relacionados
BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Orden ESS/484/2013, de 26 de Marzo, por la que se regula el sistema de Remisión Electrónica de Datos en el ámbito de la Seguridad Social SISTEMA RED

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

DOG Núm. 117 Luns, 20 de xuño de 2011 Páx

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 229 Mércores, 30 de novembro de 2011 Páx

DOG Núm. 73 Luns, 20 de abril de 2015 Páx CORRECCIÓN de erros. Decreto 52/2015, do 5 de marzo, polo que se regula o transporte sanitario.

DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx

DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2013 Páx. 1349

DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx

Guía de procedementos e servizos

DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2012 Páx. 4712

DOG Núm. 217 Mércores, 13 de novembro de 2013 Páx

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

COTIZACIÓN RECUPERACIÓN SALARIAL CON EFECTOS RETROACTIVOS

Por unha parte, inclúense as fundacións que estivesen constituídas maioritariamente ou na súa totalidade

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A SELECCIÓN, TRANSFERENCIA DA CUSTODIA E O ACCESO AOS DOCUMENTOS

NUM-CONSULTA: V ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO DATA DE SAIDA: 12/05/2014 NORMATIVA:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA INSTALACION DE QUIOSCOS NA VIA PUBLICA

Exemplar para a Administración EUROS I. Modelo

Artigo 48. Imposto sobre actividades de xogo (Lei 13/2011, do 27 de maio, de regulación do xogo)

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Proxecto de Orde do de de 2015, pola que se crea e se regulan as funcións, a composición e funcionamento do Consello de Bioética de Galicia.

Así na reunión deste órgano, celebrada o 20 de decembro de 2016, acordouse levar a cabo a modificación da devandita Orde do 20 de maio de 2008.

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDENDANZA FISCAL REGULADORA DEL IMPUESTO SOBRE EL INCREMENTO DE VALOR DE TERRENOS DE NATURALEZA URBANA (PLUSVALÍA MUNCIPAL) AÑO 2017

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

PROPOSTA DO COMITÉ DE EMPRESA DE PONTEVEDRA DA CARREIRA PROFESIONAL PARA O PAS LABORAL DA UNIVERSIDADE DE VIGO

2) INFORME ACREDITATIVO DA INSERCIÓN SOCIAL DO/DA TRABALLADOR/A ESTRANXEIRO/A: 2.1. Tempo de permanencia en España do/da estranxeiro/a interesado/a:

Estas vantaxes e/ou descontos serán aplicados a toda a clientela que sexa titular dunha tarxeta benvida, sen ningún requisito a maiores.

MODELO DE CONVENIO DE ADHESIÓN

DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3387

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

Nº 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2011 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 1.169

Lei 1/2008, do 17 de abril, de creación do Colexio Profesional de Detectives Privados e Privadas de Galicia.

DECLARACIÓN RESPONSABLE PARA A ACTUACIÓN DE AXENCIAS DE COLOCACIÓN

Nº 251 Venres, 31 de decembro de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

CLAUSULADO DA ENCOMENDA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA E DEPORTE

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016 R E U N I D O S

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO XEFATURA DO ESTADO

Reclamante: Expediente. Nº RSCTG 041/2018. Correo electrónico:

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

NOTA INFORMATIVA SOBRE A CAPACIDADE FINANCEIRA DOS MEDIADORES DE SEGUROS

Sistema de Notificacións de Galicia Notifica.gal. Elaborado por : Área de Modernización Versión 02.02

DOG Núm. 171 Venres, 7 de setembro de 2012 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DISPOÑO: Primeiro.- Obxecto.

NORMATIVA DA UNIVERSIDADE DE VIGO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL CON CARGO A ACTIVIDADES DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E INNOVACIÓN (I+D+i)

Edificio Administrativo San Lázaro SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: Fax:

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO XEFATURA DO ESTADO

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

6.978 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 84 L Mércores, 3 de maio de 2006

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

REGULAMENTO DAS FIGURAS HONORÍFICAS DE PROFESOR E INVESTIGADOR AD HONOREM DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Normativa xeral Páxina 1

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx

Orde de 29 de decembro de 2000 pola que se regula o procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de minusvalidez.

III CURSO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

ACORDAN Capítulo I Réxime de prestación de servizos

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ORDENANZA REGULADORA DA TAXA

DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE IGUALDADE

Orde do.de xullo de 2017 pola que se desenvolve o Decreto 60/2017, do 22 de xuño, de reorganización de centros docentes de determinadas localidades.

DOG Núm. 229 Venres, 29 de novembro de 2013 Páx

Gases fluorados: certificacións persoais

PROCEDEMENTO PARA A SELECCIÓN TEMPORAL PERSOAL FACULTATIVO ESPECIALISTA DE ÁREA BASES

En base ó establecido con anterioridade DISPOÑO: Artigo 1.- Obxecto

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx

Asdo.: Lourdes Buxaderas Juega

Ordenanza Nº 40: Ordenanza Reguladora dos. Prezos Públicos das escolas municipais. de musica e artes escénicas. Ano 2017

programas de incentivos ao autoemprego colectivo garantía xuvenil SUBVENCIÓNS 2015 BASES E CONVOCATORIA

Orde do 17 de marzo de 2004 pola que se regulan os prezos privados dos productos de difusión do Instituto Galego de Estatística.

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

INSTRUCCIÓN DA SECRETARÍA XERAL 2/2004 SOBRE A DECLARACIÓN DE INTERESES DOS ALTOS CARGOS DA USC

LICENCIA DE APERTURA DE ESTABLECIMIENTO.

Transcripción:

Suplemento en lingua galega ao núm. 75 Xoves 28 de marzo de 2013 Sec. I. Páx. 1 I. DISPOSICIÓNS XERAIS MINISTERIO DE EMPREGO E SEGURIDADE SOCIAL 3362 Orde ESS/484/2013, do 26 de marzo, pola que se regula o Sistema de remisión electrónica de datos no ámbito da Seguridade Social. A Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, insta, no seu artigo 45.1, as administracións públicas a impulsar o uso e a aplicación das técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos para o desenvolvemento da súa actividade e o exercicio das súas competencias, coas limitacións que á utilización dos ditos medios establecen a Constitución e as leis. Pola súa parte, o dereito dos cidadáns a se comunicaren coas administracións por medios electrónicos conságrase coa promulgación da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, na cal se regula a actuación das administracións públicas para xeneralizar a sociedade da información a través dos ditos medios. En desenvolvemento desta última lei, o Real decreto 1671/2009, do 6 de novembro, establece un marco flexible para facilitar a adaptación de organizacións, funcións e procedementos á comunicación por medios electrónicos, garantindo ao mesmo tempo que non resulten afectados outros bens constitucionalmente protexidos, como son a protección de datos, os dereitos de acceso á información administrativa ou a preservación de intereses de terceiros. Dentro do ámbito específico da Administración da Seguridade Social o uso e aplicación de técnicas e medios electrónicos para o desenvolvemento da súa actividade e o exercicio das súas competencias regulouse na Orde do 3 de abril de 1995, sobre uso de medios electrónicos, informáticos e telemáticos en relación coa inscrición de empresas, a afiliación, as altas e baixas de traballadores, a cotización e a recadación. Estes medios e procedementos, baixo a denominación «Sistema de remisión electrónica de datos (Sistema RED)», foron obxecto de implantación e desenvolvemento progresivo a través de sucesivas resolucións da Dirección Xeral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, ditadas en aplicación da referida orde ministerial. O alcance e as condicións de utilización do Sistema RED fóronse perfilando, así mesmo, ao abeiro do previsto no artigo 30 da Lei 50/1998, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, en aplicación do cal, por unha parte, a Orde TAS/399/2004, do 12 de febreiro, sobre presentación en soporte informático dos partes médicos de baixa, confirmación da baixa e alta correspondentes a procesos de incapacidade temporal, estendeu o seu ámbito de aplicación á presentación de partes médicos de baixa, confirmación de baixa e alta correspondentes a procesos de incapacidade temporal e, por outra parte, mediante a Orde TAS/1562/2005, do 25 de maio, pola que se establecen normas para a aplicación e desenvolvemento do Regulamento xeral de recadación da Seguridade Social, determináronse os supostos de incorporación obrigatoria ao dito sistema, tras a súa reforma pola Orde TIN/2777/2010, do 29 de outubro, e recentemente no ámbito do réxime especial do mar ampliáronse eses supostos mediante a Orde ESS/229/2012, do 9 de febreiro, pola que se establecen para o ano 2012 as bases de cotización á Seguridade Social dos traballadores do réxime especial do mar incluídos nos grupos segundo e terceiro. Pola súa vez, diversas normas regulamentarias de seguridade social, tales como a disposición adicional quinta do Regulamento xeral da xestión financeira da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto 1391/1995, do 4 de agosto; a disposición adicional sexta do Regulamento xeral sobre cotización e liquidación doutros dereitos da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto 2064/1995, do 22 de decembro; o artigo 38 do Regulamento xeral sobre inscrición de empresas e afiliación, altas, baixas e variacións de datos de traballadores na Seguridade Social, aprobado polo Real decreto 84/1996, do 26

Suplemento en lingua galega ao núm. 75 Xoves 28 de marzo de 2013 Sec. I. Páx. 2 de xaneiro, e as disposicións adicionais cuarta e quinta do Regulamento xeral de recadación da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto 1415/2004, do 11 de xuño, tamén recollen a posibilidade de utilizar os procedementos e medios que conforman o Sistema RED para a realización de actuacións administrativas e a subministración de datos ou documentos relativos ás materias reguladas por tales regulamentos, quedando habilitada a ministra de Emprego e Seguridade Social para determinar as condicións de uso do citado sistema, ben de forma expresa neses mesmos preceptos ou ben mediante as correspondentes disposicións derradeiras sobre facultades de aplicación e desenvolvemento dos respectivos regulamentos. Finalmente, a disposición adicional quincuaxésima do texto refundido da Lei xeral da seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, introduciu a obrigatoriedade de notificación por medios electrónicos, informáticos ou telemáticos dos actos administrativos que deriven ou se diten como consecuencia dos datos transmitidos electronicamente a través do Sistema RED. Con base nas referidas previsións legais e co obxectivo de sistematizar os criterios nelas establecidos, así como prever a extensión da obrigatoriedade de incorporar ao dito sistema o resto das empresas, agrupacións de empresas e demais suxeitos responsables do cumprimento da obriga de cotizar encadrados en calquera dos réximes do sistema da Seguridade Social, con independencia do número de traballadores que manteñan en alta, considérase conveniente regular nun texto único a utilización de medios electrónicos, informáticos e telemáticos nas actuacións de inscrición de empresas, afiliación, altas, baixas e variacións de datos de traballadores, cotización e recadación de empresas e traballadores, comunicación de partes médicos de baixa, de confirmación da baixa e alta correspondente a procesos de incapacidade temporal, así como calquera outra actuación que se determine no ámbito da Seguridade Social a través do Sistema RED. Esta orde recibiu o informe favorable da Comisión Ministerial de Administración Electrónica do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, ao abeiro do previsto polo artigo 2.2.e) da Orde TIN/3155/2011, do 8 de novembro, pola que se regula a composición e funcións do citado órgano colexiado. Na súa virtude, coa aprobación previa do ministro de Facenda e Administracións Públicas e de acordo co Consello de Estado, dispoño: Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación obxectivo. 1. Esta orde ten por obxecto regular o Sistema de remisión electrónica de datos (en diante, Sistema RED), como un servizo xestionado pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social para o intercambio electrónico de datos ou documentos, así como para a comunicación de actuacións administrativas entre esta e os autorizados para isto, co fin de facilitar o cumprimento das obrigas de seguridade social por parte dos suxeitos responsables nas seguintes materias: a) Inscrición de empresas, afiliación, altas, baixas e variacións de datos de traballadores, cotización e recadación de empresas e traballadores no ámbito da Seguridade Social nos termos e condicións previstos en cada momento pola normativa aplicable a estas materias. b) Comunicación de partes médicos de baixa, de confirmación da baixa e de alta correspondente a procesos de incapacidade temporal cuxa xestión estea encomendada á entidade xestora ou á mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social, nos termos establecidos na Orde TAS/399/2004, do 12 de febreiro, sobre presentación en soporte informático dos partes médicos de baixa, confirmación da baixa e alta correspondentes a procesos de incapacidade temporal. c) Calquera outra actuación que veña exixida na normativa da Seguridade Social, cuxa xestión veña atribuída á Tesouraría Xeral da Seguridade Social na forma e coas especificacións técnicas que estableza por resolución do seu director xeral.

Suplemento en lingua galega ao núm. 75 Xoves 28 de marzo de 2013 Sec. I. Páx. 3 2. As notificacións dos actos administrativos que deriven ou se diten como consecuencia dos datos que se deban comunicar electronicamente a través do Sistema RED efectuaranse na sede electrónica da Secretaría de Estado da Seguridade Social, de acordo co previsto na disposición adicional quincuaxésima do texto refundido da Lei xeral da seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, así como na Orde ESS/485/2013, do 26 de marzo, pola que se regulan as notificacións e comunicacións por medios electrónicos no ámbito da Seguridade Social. Artigo 2. Ámbito de aplicación subxectivo. 1. A incorporación ao Sistema RED será obrigatoria para os suxeitos responsables da obriga de cotizar a que se refire o número 2 deste artigo. Os restantes suxeitos responsables poderanse incorporar voluntariamente para a realización dos trámites administrativos que en cada momento permita o dito sistema para estes colectivos. En todo caso, precisarase para a incorporación a autorización previa outorgada pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social. 2. Para os efectos indicados, as empresas, agrupacións de empresas e demais suxeitos responsables do cumprimento da obriga de cotizar encadrados en calquera dos réximes do sistema da Seguridade Social, con independencia do número de traballadores que manteñan en alta, estarán obrigados á súa incorporación ao Sistema RED, sen prexuízo do establecido nos parágrafos seguintes. No caso dos traballadores incluídos no réxime especial da Seguridade Social dos traballadores por conta propia ou autónomos, con excepción dos correspondentes ao sistema especial de traballadores por conta propia agrarios, só estarán obrigados á súa incorporación efectiva ao Sistema RED os que, ao mesmo tempo, teñan a condición de empresarios obrigados a transmitir polo dito sistema os datos relativos aos seus traballadores, caso en que tamén estarán obrigados a transmitir polo mesmo sistema os seus propios datos como traballadores autónomos. A incorporación ao Sistema RED non será obrigatoria para as empresas, agrupacións de empresas e demais suxeitos responsables do cumprimento da obriga de cotizar encadrados no réxime xeral, polo que respecta aos colectivos de profesionais taurinos e representantes de comercio e aos sistemas especiais para empregados de fogar e da industria resineira, así como no réxime especial dos traballadores do mar, respecto aos traballadores por conta propia. 3. As actuacións administrativas para o intercambio de datos ou documentos no Sistema RED poderán levalas a cabo os suxeitos responsables do cumprimento das obrigas a que se refire o artigo 1, ben en nome propio ou ben por medio de representante. Artigo 3. Incidencia da incorporación efectiva ao Sistema RED na adquisición e mantemento de beneficios na cotización á Seguridade Social. 1. Conforme o previsto no parágrafo primeiro do artigo 29 da Lei 50/1998, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, no caso de que as empresas, agrupacións de empresas e demais suxeitos responsables do cumprimento da obriga de cotizar que solicitasen ou obtivesen reducións, bonificacións ou calquera outro beneficio nas bases, tipos e cotas da Seguridade Social e conceptos de recadación conxunta, non se incorporen de maneira efectiva ao Sistema RED, non poderán obter os citados beneficios e quedarán suspendidos, sen máis trámite, os que tivesen concedidos, respecto de todos os seus traballadores por conta allea ou asimilados e respecto de todos os seus códigos de conta de cotización, tanto principais como secundarios, desde a data en que tal incorporación se debeu realizar. A dita suspensión aplicarase, así mesmo, aos suxeitos responsables que deixen de utilizar de forma efectiva o Sistema RED nas actuacións relativas ao encadramento, cotización e recadación. A obtención dos beneficios indicados rexerase pola normativa vixente no período de liquidación correspondente á incorporación efectiva ao Sistema RED e producirá efectos desde o día primeiro do dito período, sen prexuízo da perda dos beneficios polo tempo

Suplemento en lingua galega ao núm. 75 Xoves 28 de marzo de 2013 Sec. I. Páx. 4 transcorrido desde o nacemento do dereito ata tal incorporación efectiva. Así mesmo, a suspensión daqueles beneficios quedará sen efecto e volverán ser aplicables a partir da liquidación correspondente á nova incorporación ao dito sistema, sen que sexa posible a recuperación dos beneficios perdidos. Tanto nun caso coma noutro, considerarase que os beneficios se aplicaron, para efectos do cómputo da súa duración, durante o período transcorrido entre a data inicial en que se puidesen obter, se obtivesen ou se suspendesen, e a de incorporación efectiva ao Sistema RED. Non dará lugar á perda de reducións, bonificacións ou calquera outro beneficio que tivesen concedido a falta de transmisión de datos a través do Sistema RED por causas de carácter técnico imputables á Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sen prexuízo da obriga de presentar os documentos de cotización e os de afiliación, altas, baixas e variacións de datos dentro dos prazos establecidos. 2. Para os efectos previstos no número anterior, enténdese por incorporación efectiva ao Sistema RED a utilización do dito sistema para a realización das actuacións previstas no artigo 1 con plena validez e eficacia, xerando os dereitos e obrigas establecidos pola normativa en vigor en relación cos ditos actos, así como de calquera outra exixida na normativa de seguridade social, na forma e cos requirimentos que fixe a Tesouraría Xeral da Seguridade Social. 3. O cumprimento da obriga de incorporación ao Sistema RED non se verá afectado cando as actuacións de encadramento, cotización e recadación se poidan realizar a través doutros medios electrónicos distintos do citado sistema, nos termos e condicións que fixe a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, co fin de facilitar a prestación dos servizos electrónicos en aplicación da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Artigo 4. Características do Sistema RED. 1. O Sistema RED comprenderá as aplicacións informáticas e telemáticas que en cada momento resulten precisas para o cumprimento da finalidade antes indicada, e autorizarase, para tal efecto, a utilización de redes públicas e privadas de transmisión de datos, combinacións dunhas e doutras e calquera outro medio que determine a Tesouraría Xeral da Seguridade Social. 2. O Sistema RED garante os seguintes principios xerais: a) Autenticación. O sistema identificará de maneira inequívoca o emisor e o receptor da información que sexa distinto da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, asegurando a súa identidade. A identificación dos interesados efectuarase, necesariamente, mediante sistemas de sinatura electrónica determinados conforme o establecido na Lei 59/2003, do 19 de decembro, de sinatura electrónica, así como nos artigos 13 e seguintes da Lei 11/2007, do 22 de xuño, e no Real decreto 1671/2009, do 6 de novembro, polo que se desenvolve parcialmente a citada lei, que resulten adecuados para garantir a súa identificación, así como a autenticidade dos documentos electrónicos. b) Constancia. O sistema disporá dun servizo en que se faga constar a data e a hora de envío de cada unha das comunicacións realizadas entre os usuarios e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social. c) Confidencialidade. O sistema garantirá que só o usuario acreditado debidamente teña acceso ás comunicacións que conteñan datos de carácter persoal, de acordo co establecido na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal. Para tal efecto, o sistema incluirá as pertinentes medidas de seguridade nas transmisións mediante o cifrado de datos ou a través de calquera outro mecanismo que garanta que a información non é intelixible nin manipulable por terceiros. d) Integridade. O sistema garantirá que a información e os documentos serán transmitidos sen alteración ningunha do seu contido orixinal e que calquera anomalía poderá ser detectada polo seu receptor.

Suplemento en lingua galega ao núm. 75 Xoves 28 de marzo de 2013 Sec. I. Páx. 5 e) Conservación. O sistema garantirá a conservación da información e dos documentos transmitidos durante o tempo exixido pola normativa aplicable en función dos datos transmitidos. f) Non repudio. O sistema instrumentarase de forma que o receptor da información ou documento non poida rexeitar un envío validamente efectuado e que o remitente teña constancia da súa recepción. Artigo 5. Autorización para actuar a través do Sistema RED. 1. Para operar no ámbito de actuación definido no artigo 1 será necesario contar con autorización outorgada pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social. Esta autorización poderá ser de dous tipos: a) Autorización para actuar en nome propio. b) Autorización para actuar en nome doutros. A Tesouraría Xeral da Seguridade Social determinará, mediante resolución do director xeral, os requisitos que se deben cumprir para a obtención de cada tipo de autorización. 2. As solicitudes de autorización serán resoltas polos directores provinciais da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e o autorizado será informado das condicións de utilización da autorización no caso de resolucións estimatorias. O prazo máximo en que se debe notificar a resolución expresa será de tres meses. Transcorrido este prazo poderá entenderse desestimada a solicitude por silencio administrativo. Esta resolución poderá ser obxecto de recurso de alzada ante a Dirección Xeral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, de acordo co establecido nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cuxa interposición suspenderá a execución do acto impugnado. O prazo para a interposición do dito recurso será dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación. Transcorrido o prazo de tres meses desde a interposición do dito recurso de alzada sen que recaia resolución expresa, este poderá entenderse desestimado, segundo dispón o artigo 115 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. As autorizacións concedidas deixarán de ter efectos tanto por incumprimento das súas condicións de utilización como polo seu uso abusivo ou fraudulento, mediante resolución motivada da Tesouraría Xeral da Seguridade Social. 3. Concedida unha autorización para actuar a través do Sistema RED, o autorizado quedará habilitado tanto para a transmisión electrónica dos datos ou documentos a través do referido sistema como para a recepción das comunicacións e notificacións das actuacións administrativas que se realicen ao respecto. Esta autorización implica a obriga do autorizado de xestionar con carácter exclusivo mediante o dito sistema, salvo imposibilidade do servizo por causa debida á Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o cumprimento das obrigas e actuacións nas materias a que se refire o artigo 1 respecto de todos os suxeitos responsables vinculados á dita autorización, entendéndose realizadas directamente por estes últimos. 4. As actuacións para as cales habilita a autorización RED para a transmisión electrónica de datos ou documentos e recepción das comunicacións e notificacións das actuacións administrativas consecuencia da dita transmisión poderán ser realizadas tanto polo autorizado como polos usuarios que este designe a través do correspondente servizo establecido para o efecto pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e garantirase, conforme o artigo 4.2.a), a identificación do emisor ou receptor e a autenticidade e integridade dos datos e documentos obxecto de transmisión. En todo caso, as transmisións de datos ou documentos realizadas polos usuarios a través do Sistema RED, así como as comunicacións e as notificacións das actuacións administrativas que estes reciban da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, entenderanse transmitidas e recibidas polo autorizado.

Suplemento en lingua galega ao núm. 75 Xoves 28 de marzo de 2013 Sec. I. Páx. 6 Artigo 6. Requisitos para o exercicio efectivo das autorizacións RED. Para o intercambio efectivo dos datos ou documentos e a recepción das comunicacións e notificacións das actuacións administrativas que deriven ou se diten como consecuencia dos datos que se deban comunicar a través do Sistema RED correspondentes a suxeitos responsables, requírese: a) No caso de autorizacións para actuar en nome propio, a comunicación polo medio que estableza para o efecto a Tesouraría Xeral da Seguridade Social dos códigos de conta de cotización ou números de afiliación cuxos datos deban ser transmitidos a través do Sistema RED. b) No caso de autorizacións para actuar en nome de terceiros, ademais da comunicación a que se refire o parágrafo anterior, será necesaria a acreditación da representación outorgada polos suxeitos responsables en cuxo nome se actúe, a favor do autorizado e dos seus usuarios, polo medio que estableza a Tesouraría Xeral da Seguridade Social. Artigo 7. Responsabilidade dos autorizados. A responsabilidade das actuacións realizadas recae, en todo caso, sobre o autorizado, con independencia de quen as efectúe, e sen prexuízo da responsabilidade que este poida exixir aos usuarios responsables da actuación. Prohíbese expresamente ao autorizado RED e aos usuarios designados por este o tratamento automatizado dos datos aos cales teñan acceso mediante a creación de ficheiros informáticos para fins distintos dos estritamente propios do Sistema RED. Será responsabilidade do autorizado manter actualizada a relación de usuarios acreditados para operar no sistema, no marco da súa autorización. Artigo 8. Efectos da transmisión electrónica de datos ou documentos a través do Sistema RED. 1. A remisión electrónica de datos ou documentos relativos a actuacións de inscrición de empresas, afiliación, altas, baixas e variacións de datos de traballadores, cotización e recadación de empresas e traballadores no ámbito da Seguridade Social e a comunicación de partes médicos de baixa, de confirmación da baixa e de alta correspondentes a procesos de incapacidade temporal a través do Sistema RED, así como a transmisión das actuacións administrativas realizadas pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou entidade xestora correspondente, que deriven da citada transmisión, gozarán de plena validez e eficacia e xerarán os dereitos e obrigas establecidos pola normativa en vigor en relación cos ditos actos. 2. A obriga de informar sobre os datos que figuran nas relacións nominais de traballadores (documentos serie TC-2) que se transmitan polo Sistema RED, prevista no artigo 25.4 do Regulamento xeral de recadación da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto 1415/2004, do 11 de xuño, considerarase cumprida de acordo co disposto no dito artigo, mediante a colocación ou posta á disposición dos traballadores, a través da presentación en pantalla de ordenador ou terminal informático, dos datos dos seus arquivos que, para tales efectos, serán considerados como copia autorizada das citadas relacións nominais de traballadores sempre que, neste último caso, se mostren acompañados da súa correspondente pegada electrónica. 3. No suposto de falta de ingreso das obrigas de pagamento correspondentes, a achega en soporte informático dos datos das relacións nominais de traballadores efectuada en prazo regulamentario considerarase como presentación de documentos de cotización para os efectos previstos no artigo 26 do texto refundido da Lei xeral da seguridade social. 4. A utilización do Sistema RED para a subministración de datos entenderase sen prexuízo do cumprimento, por parte das empresas e demais suxeitos responsables, das demais obrigas previstas no Regulamento xeral sobre inscrición de empresas e afiliación, altas, baixas e variacións de datos de traballadores na Seguridade Social, aprobado polo Real decreto 84/1996, do 26 de xaneiro.

Suplemento en lingua galega ao núm. 75 Xoves 28 de marzo de 2013 Sec. I. Páx. 7 Artigo 9. Validez dos documentos xerados por impresión autorizada das actuacións tramitadas electronicamente a través do Sistema RED. Os documentos xerados por impresión autorizada das actuacións tramitadas electronicamente a través do Sistema RED incluirán elementos de contraste/cotexo e gozarán da mesma validez e eficacia fronte a terceiros que as certificacións expedidas ao respecto polos órganos competentes da Tesouraría Xeral da Seguridade Social. A Tesouraría Xeral da Seguridade Social poderá realizar a impresión dos datos e documentos recibidos, producidos e emitidos polo Sistema RED, a cal se considerará como impresión de contraste e gozará da mesma validez que os orixinais tramitados. A autenticidade e integridade dos documentos xerados poderase verificar mediante os sistemas dispostos para tal efecto, consistentes na verificación mediante o código electrónico de autenticidade (CEA), mediante pegada dixital ou calquera outro sistema que permita contrastar a información dos ditos documentos coa existente nas correspondentes bases de datos corporativas. Artigo 10. Conexión e modalidades de traballo. 1. A conexión para o intercambio electrónico de datos ou documentos realizarase a través da internet. Excepcionalmente, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social poderá autorizar determinados suxeitos responsables cun elevado número de traballadores para optar por unha modalidade de intercambio electrónico de datos baixo protocolo «ad hoc». Así mesmo, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social poderá determinar, igualmente, en función doutros criterios obxectivos, qué autorizados utilizarán un determinado protocolo para o intercambio de datos. 2. As modalidades de traballo utilizadas polo Sistema RED son dúas: a) Conexión directa coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social. b) Envío e recepción de ficheiros cunha estrutura determinada, segundo instrucións técnicas que figuran na páxina web da Seguridade Social. A Tesouraría Xeral da Seguridade Social poderá incluír calquera outro protocolo ou modalidade de traballo que a evolución tecnolóxica aconselle, así como a supresión dos utilizados ata o momento. Disposición adicional primeira. Exención da obriga de presentación da relación nominal de traballadores. Naqueles supostos en que, existindo transmisión electrónica da relación nominal de traballadores a través do Sistema RED e, por razóns técnicas, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social non poida calcular a liquidación correspondente, non será necesario xuntar, para a súa selaxe e validación, a dita relación nominal de traballadores (documentos serie TC-2) ao boletín de cotización (serie TC-1) no momento do ingreso das cotas en calquera das oficinas recadadoras autorizadas. Ao respecto, na casa do boletín de cotización (serie TC-1) reservada para a sinatura e o selo do empresario indicarase: «Non xunta TC-2 Autorización TXSS número... de data do...» Disposición adicional segunda. Servizo de asistencia e orientación para a cumprimento das actuacións de encadramento, cotización e recadación por medios electrónicos. No marco do previsto polo artigo 8 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social porá á disposición das empresas, agrupacións de empresas e demais suxeitos responsables obrigados a se incorporaren de maneira efectiva ao

Suplemento en lingua galega ao núm. 75 Xoves 28 de marzo de 2013 Sec. I. Páx. 8 Sistema RED, que polas súas dificultades persoais ou a súa reducida dimensión e localización xeográfica así o requiran, un servizo de asistencia técnica e asesoramento que incluirá os medios necesarios para garantir a efectividade do cumprimento da obriga de transmisión electrónica dos datos de encadramento, cotización e recadación imposta polo artigo 1.1. Este servizo prestarase sempre que o suxeito responsable non dispoña da correspondente autorización para transmitir polo Sistema RED, nos termos e condicións que determine a Tesouraría Xeral da Seguridade Social. Disposición transitoria única. Autorizacións para actuar a través do Sistema RED outorgadas con anterioridade á data de entrada en vigor desta orde. Respecto ás autorizacións para actuar a través do Sistema RED outorgadas con anterioridade á data de entrada en vigor desta orde a profesionais colexiados e terceiros que viñesen transmitindo electronicamente a través do Sistema RED datos relativos a unha ou a varias empresas, agrupacións de empresas e demais suxeitos responsables, serán válidas, salvo manifestación expresa en contrario, e sen prexuízo de que a Tesouraría Xeral da Seguridade Social poida, en calquera momento, solicitar a acreditación da representación e proceder a deixar sen efecto a autorización respecto das empresas ou suxeitos obrigados no caso de que esta non se acredite suficientemente. Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa. 1. Quedan derrogadas todas as disposicións de igual ou inferior rango naquilo que contradigan ou se opoñan ao establecido nesta orde. 2. Quedan derrogadas expresamente as seguintes disposicións: a) A Orde do 3 de abril de 1995, sobre uso de medios electrónicos, informáticos e telemáticos en relación coa inscrición de empresas, a afiliación, as altas e baixas de traballadores, a cotización e a recadación no ámbito da Seguridade Social. b) Da Orde TAS/1562/2005, do 25 de maio, pola que se establecen normas para a aplicación e desenvolvemento do Regulamento xeral de recadación da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto 1415/2004, do 11 de xuño, o artigo 28 e as disposicións adicionais cuarta e quinta. c) Da Orde ESS/229/2012, do 9 de febreiro, pola que se establecen para o ano 2012 as bases de cotización á Seguridade Social dos traballadores do réxime especial do mar incluídos nos grupos segundo e terceiro, os números 1 e 2 da súa disposición adicional única. Disposición derradeira primeira. Título competencial. Esta orde dítase ao abeiro do disposto no artigo 149.1.17.ª da Constitución española, que atribúe ao Estado a competencia exclusiva en materia de lexislación básica e réxime económico da Seguridade Social. Disposición derradeira segunda. Facultades de aplicación e desenvolvemento. Facúltase o director xeral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social para ditar cantas resolucións resulten necesarias para a aplicación do disposto nesta orde. Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor. Esta orde entrará en vigor o día 1 do mes seguinte ao da súa publicación no «Boletín Oficial del Estado». Madrid, 26 de marzo de 2013. A ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez García. http://www.boe.es BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO D. L.: M-1/1958 - ISSN: 0212-033X