a: TD99_PLIEGO_TECNICO, b:

Documentos relacionados
PROGRAMA DE BOLSAS HIGH SCHOOL UN ANO ACADÉMICO NOS ESTADOS UNIDOS

SERVIZO DE INFORMÁTICA

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

Dereitos e deberes. Co financiamento de:

NORMATIVA SOBRE PROGRAMAS DE MOBILIDADE DO ALUMNADO NA FACULTADE DE DEREITO

NORMATIVA DE PERMANENCIA E PROGRESO DO ESTUDANTADO DAS TITULACIONS OFICIAIS DE GRAO E DE MASTER UNIVERSITARIOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Ordenanza Nº 40: Ordenanza Reguladora dos. Prezos Públicos das escolas municipais. de musica e artes escénicas. Ano 2017

BASES PARA A SELECCIÓN DE TÉCNICOS/AS MEDIOS EN F.P. ESPECÍFICA PARA A SÚA PARTICIPACIÓN NA PRIMEIRA CONVOCATORIA

2) INFORME ACREDITATIVO DA INSERCIÓN SOCIAL DO/DA TRABALLADOR/A ESTRANXEIRO/A: 2.1. Tempo de permanencia en España do/da estranxeiro/a interesado/a:

ADMISIÓN DE ALUMNOS CURSO 2017/2018 ED. INFANTIL ED. PRIMARIA E.S.O.

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2017/2018

PROGRAMA DE MEDIDAS DE ACTIVACIÓN DO EMPREGO PARA PARADOS DE LONGA DURACIÓN

INSTRUCIÓNS COMPLEMENTARIAS PARA A REALIZACIÓN DA AVALIACIÓN DO PLAN CONCERTADO 2010

C O N C E L L O A G U A R D A

REQUISITOS DAS PERSOAS SOLICITANTES

Descrición do programa

SOLICITUDES BOLSAS DE AXUDA DE COMEDOR CURSO ESCOLAR

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx

DEREITOS LABORAIS, DE. AXUDAS para fomentar o SEGURIDADE SOCIAL E. emprego das vítimas de violencia de xénero NIPO: X

INFORMACIÓN AUTOLIQUIDACIÓN DE TAXAS

Bono social eléctrico

DECLARACIÓN RESPONSABLE PARA A ACTUACIÓN DE AXENCIAS DE COLOCACIÓN

Programa I. Promoción do emprego autónomo (TR341J)

Tipos e bases de cotización da Seguridade Social

MODELO DE CONVENIO DE ADHESIÓN

AUTONOMÍA PARA A VIDA MEDIDAS ALTERNATIVAS Á CONTRATACIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE

NORMAS PARA A TRAMITACIÓN DA INCORPORACIÓN DE PERSOAL CON CARGO A PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN - PROGRAMAS - SUBVENCIÓNS

SEGUNDA CONVOCATORIA DE BOLSAS DE COLABORACIÓN PARA FORMACIÓN COMPLEMENTARIA DO ESTUDANTADO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA.

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

LICENCIA DE APERTURA DE ESTABLECIMIENTO.

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Subvencións

A Axencia Galega de Innovación

Medidas municipais de conciliación de promoción autonómica

FACULTADE DE MATEMÁTICAS CONVOCATORIA PRÁCTICAS CURSO

PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN E ACREDITACIÓN DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS CUESTIONARIO DE AUTOAVALIACIÓN PARA AS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

En Santiago de Compostela, once de xaneiro de dous mil trece REUNIDOS

viaxes especializada que realice a súa actividade a través de internet.

Actividades formativas desenvolvidas polo CAFI

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Valorarase a puntuación obtida neste exercicio correspondente á última oposición da categoría.

1.- VALORACIÓN DA PUNTUACIÓN DA ÚLTIMA OPOSICIÓN: 60% DA PUNTUACIÓN TOTAL DO BAREMO (60,000 PUNTOS)

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Subvencións e axudas CONVOCATORIA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS PARA O ANO 2017

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

Ocupada: Si Non Ocupante: Propietario Inquilino Teléfono: Ocupada: Si Non Ocupante: Propietario Inquilino Teléfono:

TU987B - Inicio de actividade de albergues turísticos ou dos albergues de peregrinos do Camiño de Santiago.

PROCEDEMENTO P-PRL 17

Guía de procedementos e servizos

Ordenanzas fiscais Páxina 1

"OBRADOIROS DE INGLÉS PARA O TURISMO RURAL, TERMAL E HOSTALEIRO

LABORATORIOS COOPERATIVOS. Subvencións

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Proxecto de Orde do de de 2015, pola que se crea e se regulan as funcións, a composición e funcionamento do Consello de Bioética de Galicia.

NUM-CONSULTA: V ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO DATA DE SAIDA: 12/05/2014 NORMATIVA:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Ordenanzas fiscais Páxina 1

BOPPO B O L E T Í N O F I C I A L

CONVOCATORIA DE ACCESO AO VIVEIRO DE EMPRESAS INNOVADORAS DA UDC

ORGANIZACIÓN DE COMPETICIÓNS DE NATACIÓN POLOS CLUBES E CAMPIONATOS GALEGOS

NORMATIVA DA UNIVERSIDADE DE VIGO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL CON CARGO A ACTIVIDADES DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E INNOVACIÓN (I+D+i)

As propostas deberán incluír como mínimo 10 enclaves significativos.

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA INSTALACION DE QUIOSCOS NA VIA PUBLICA

Admisión a ciclos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional

UNIVERSIDADE DA CORUÑA UNIVERSITAS XXI ECONÓMICO XESTIÓN DA PRO RATA MANUAL DE USUARIO

5. Estrutura organizativa e de responsabilidades

Programa de Educación Familiar I

Nº 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2011 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 1.169

REGULAMENTO DE XUÍCES,OFICIAIS E ÁRBITROS DE REGATAS A VELA FEDERACIÓN GALEGA DE VELA

DISPOÑO: Primeiro.- Obxecto.

Orde do.de xullo de 2017 pola que se desenvolve o Decreto 60/2017, do 22 de xuño, de reorganización de centros docentes de determinadas localidades.

Formación PAS: Resultados Decembro 2009

Guía para a coordinación do Grao en Ciencias do Mar

NORMAS XERAIS E CONVOCATORIA... 2 PROGRAMA I ASOCIACIÓNS DE COOPERATIVAS E SOCIEDADES LABORAIS... 4

REUNIDOS. Da outra, Don Severino Rodríguez Díaz, con DNI G, en calidade de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos.

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Subvencións e axudas

ADAPTACIÓN POR BLOQUE: CON 60 CRÉDITOS SUPERADOS Diplomatura en Ciencias Empresariais Campus de Lugo (971P01) Código. Carácter. Créditos.

Programa de Educación Familiar I

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

Nº 127 Mércores, 1 de xullo de 2009 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

Bases das axudas á promoción internacional de música: xiras e actuacións 2ª Convocatoria 2017

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A SELECCIÓN, TRANSFERENCIA DA CUSTODIA E O ACCESO AOS DOCUMENTOS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Orde do 17 de marzo de 2004 pola que se regulan os prezos privados dos productos de difusión do Instituto Galego de Estatística.

RÉXIME DO SERVIZO DE EMPRESTIMO GRATUITO DE EQUIPOS INFORMÁTICOS PORTÁTILES AOS ALUMNOS/AS DO EDIFICIO XURÍDICO- EMPRESARIAL DO CAMPUS DE OURENSE

B o l e t í n M a r z o A P E G a l i c i a

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Acollemento do persoal

REGULAMENTO DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGOA DE COMPOSTELA

REGULAMENTO DE REXIME INTERNO DA ASOCIACION CLUSTER ALIMENTARIO DE GALICIA

PROGRAMA VOLUNTARIADO VOCES DE APOIO: ILLAS CÍES PATRIMONIO DA HUMANIDADE

REGULAMENTO DAS FIGURAS HONORÍFICAS DE PROFESOR E INVESTIGADOR AD HONOREM DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

NOTA INFORMATIVA SOBRE A CAPACIDADE FINANCEIRA DOS MEDIADORES DE SEGUROS

Transcripción:

Página 1 de 6 PREGO DE CONDICIÓNS TÉCNICAS QUE HA REXER A LICITACIÓN DA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN DO PROGRAMA EDUCATIVO MUNICIPAL BOLSAS USA 16-17 E BOLSAS USA 17-18 IMPORTE 400.000,00 (IVE EXENTO) 1.- Obxecto: Organización e xestión do programa educativo municipal "A CORUÑA NO MUNDO: BOLSAS USA 16-17" e "A CORUÑA NO MUNDO: BOLSAS USA 17-18", no que se ofrece a oportunidade ao alumnado de 4º da ESO matriculado en centros sostidos con fondos públicos que imparten educación secundaria obrigatoria no termo municipal, de cursar o Grao 11 nos EEUU, equivalente a 1º de bacharelato, así como de adquirir un dominio avanzado da lingua inglesa e un coñecemento real da vida e a cultura norteamericanas. 2.- Obrigacións do prestador do servizo: O prestador do servizo será responsable de: a) Organizar e realizar, nas datas que estableza o Servizo Municipal de Educación (SME), xornadas de información e preparación sobre as características deste programa para o alumnado participante e as súas familias. b) Preparación do dossier para o seu envío á administración americana e asesorar ás familias no proceso. c) Reunirse, cando menos unha vez ao mes, co responsable do programa no SME para informar do desenvolvemento do mesmo. d) Preparación, realización e avaliación da proba de inglés que terán que facer os/as solicitantes do programa. e) Establecer a relación contractual necesaria con algunha das axencias ou compañías recoñecidas polo Goberno Norteamericano para xestionar o programa federal de estancia do alumnado estranxeiro en High School públicos. f) Responsabilizarse da selección do High School público e da localidade para cada participante de acordo coas seguintes condicións: O High School garantirá unha calidade contrastada na súa educación e ensino así como un clima pacífico de convivencia entre o alumnado, as familias e o profesorado. Estarán situados en localidades historicamente exentas de risco de violencia social e escolar. 1

Página 2 de 6 g) Seleccionar a cada unha das familias de acollida e acordar con cada unha delas as condicións da estancia do participante asignado mentres dure o seu tempo de permanencia en USA. Esta selección será realizada baixo as seguintes condicións: A familia de acollida estará legalmente constituída e, preferentemente, terán algún fillo/a de idade similar á do participante que acolla. A familia de acollida deberá acreditar unha ética e un comportamento moral recoñecidos e aceptados pola comunidade na que residan. A familia de acollida deberá responsabilizarse dunha atención permanente e dilixente ante as necesidades habituais na vida do participante, tanto desde o punto de vista afectivo como material, e nun réxime de pensión completa. A familia de acollida deberá garantir e respectar a liberdade relixiosa do participante. h) O prestador do servizo supervisará o proceso de adaptación dos participantes nos fogares nos que sexan acomodados, mediante visitas mensuais do profesional responsable contratado para a xestión do programa. En consecuencia, cada participante terá asignado un titor responsable coas seguintes funcións: Organizar a chegada e recepción do participante á localidade de destino en USA e á familia norteamericana correspondente, así como a súa despedida e volta a España, garantindo en todo momento a súa seguridade persoal. Supervisar a vida persoal, familiar e social do participante. Supervisar o seu rendemento académico e evolución escolar. Orientar, asesorar e intervir na resolución dos seus conflitos persoais, familiares, sociais e académicos. Informar puntual e dilixentemente ao prestador do servizo sobre estes aspectos. i) No caso de se producir algún conflito de convivencia entre o participante e a familia de acollida ou no High School, o prestador do servizo deberá facer un seguimento puntual das accións do titor e adoptar a decisión correspondente de común acordo co participante e a súa familia. En todo este proceso, o prestador do servizo manterá en permanente estado de información ao SME e á familia de orixe do participante. j) O prestador do servizo esixirá ao titor o cambio dunha familia de acollida a outra nos supostos en que o participante: Sufra algunha situación de violencia contra a súa integridade física ou psíquica. Sexa testemuña dunha situación similar entre membros da familia de acollida. Este inmerso nun contexto familiar, educativo ou social que a xuízo do seu titor e de acordo co prestador do servizo, puidese pór en risco a consecución dos obxectivos formativos, tanto persoais como académicos, que este programa establece. 2

Página 3 de 6 k) Organizar e pagar as viaxes de ida e volta de cada participante desde A Coruña até as súas localidades de destino en USA, garantindo en todo momento a seguridade do participante así como a entrega e recibimento por parte da familia de acollida e de orixe respectivamente. l) No caso de que un participante decidise abandonar o programa por calquera razón, antes da finalización do curso académico en USA, o abono do billete de volta correrá ao seu cargo. No entanto, o prestador do servizo organizará a súa viaxe de volta completa garantíndolle a súa seguridade durante o tempo de duración do mesmo e a entrega á súa familia de orixe. m) Tramitación e obtención de visados e permisos de entrada e estancia en USA para o tempo establecido neste programa. Esta obriga inclúe: Establecer e organizar a cita dos participantes na embaixada norteamericana. Aboar as taxas por expedición dos documentos prescritivos. Organizar, facer acompañamento e asumir o gasto do traslado e estancia dos participantes para realizar esta xestión. n) O prestador do servizo garantirá a asistencia sanitaria adecuada fóra do territorio español así como a cobertura dun seguro de responsabilidade civil a cada un dos participantes neste programa. o) O prestador do servizo tramitará e obterá da Administración competente as solicitudes de validación dos estudos superados polos participantes en USA, unha vez finalizado o curso académico e previa a presentación en prazo da documentación necesaria por parte dos mesmos. p) O prestador do servizo disporá de, polo menos, unha persoa de contacto na cidade da Coruña que establecerá unha comunicación permanente co SME nos termos establecidos por este servizo. q) En toda a documentación editada e publicada en calquera medio de comunicación polo prestador do servizo, así como a entregada aos participantes, familias de orixe e acollida e, se fose o caso, á entidade ou persoa responsable do seguimento do programa en USA, constarán os logotipos que se facilitarán desde o SME así como o lugar onde serán colocados previo acordo co prestador do servizo. r) Recadar dos titulares das prazas de bolsa parcial a porcentaxe que se indica na táboa que figura de seguido. O importe que recade por riba do 10% será descontado na primeira factura que se emita ao Concello. 3

Página 4 de 6 Renda per cápita anual Achega das familias < 8.387,15 10%* 8.387,15-10.250,94 20% 10.250,95-12.114.73 30% 12.114.74-13.978.52 40% >13.978.52 50% * Non afecta aos beneficiarios de bolsa total. Para o cálculo da renda per cápita anual o Servizo Municipal de Educación operará do seguinte xeito: 1. A renda familiar para os efectos de bolsa ou axuda obterase por agregación das rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, calculadas segundo se indica nos apartados seguintes e de conformidade coa normativa reguladora do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF). Computarase o exercicio 2014. 2. Para a determinación da renda dos membros computables que presentasen declaración polo IRPF, procederase do modo seguinte: a) Sumarase a base impoñíbel xeral coa base impoñíbel do aforro, excluíndo todos os saldos netos negativos de ganancias e perdas patrimoniais correspondentes a exercicios anteriores a 2013 e o saldo neto negativo de rendementos do capital mobiliario de 2010 a 2013 a integrar na base impoñíbel do aforro. b) Deste resultado restarase a cota resultante da autoliquidación. 3. Para a determinación da renda dos demais membros computables que obteñan ingresos propios e non presentasen declaración de IRPF seguirase o procedemento descrito na letra a) anterior e do resultado obtido restaranse os pagamentos a conta efectuados. 4. No caso de se ter establecida pensión de alimentos en favor de fillos e fillas integrantes da unidade familiar, a contía efectivamente percibida da mesma no ano 2014 incluirase no cómputo na renda familiar. 5. A renda familiar determinada segundo os números anteriores dividirase entre o número de integrantes da unidade familiar. O Servizo Municipal de Educación comunicará ao prestador do servizo a porcentaxe a recadar de cada beneficiario de bolsa parcial. 4

Página 5 de 6 3.- Dereitos do prestador do servizo: a) O concello entregará ao prestador do servizo, con antelación abondo ao comezo da viaxe a USA, a relación de participantes seleccionados. b) O prestador percibirá do Concello o custe íntegro das prazas con bolsa total e o 90% do custe das prazas con bolsa parcial. Para tal efecto terase en conta a compensación polo exceso recadado por parte do prestador do servizo, ao que se fai referencia no apartado 2.r) [achega das familias]. Así, no caso dunha praza con dereito a bolsa parcial do 70% o prestador percibirá do beneficiario da praza o 30% do seu custe total [achega das familias] pero na primeira factura que emita deberá descontarse o 20% percibido en exceso. Quedando para si o 10 % da achega das familias. O custe da praza será o resultado de dividir o prezo de adxudicación do contrato entre 50 (número de prazas ofertadas). 4.- Recursos humanos do prestador do servizo. a) O prestador do servizo incrementará ou diminuirá o persoal necesario para a correcta prestación do servizo, adoptando medidas que favorezan a estabilidade no emprego e asumindo os gastos derivados da súa contratación e mantemento. b) O prestador do servizo obrígase a proporcionar ao persoal empregado unha formación permanente e adecuada ao eficaz desempeño das tarefas encomendadas. c) O prestador do servizo designará un responsable do programa que será o interlocutor do Concello. d) O persoal a empregar estará capacitado parar atender con amabilidade, paciencia, educación e o debido respecto e dilixencia ao participante no programa, ás súas familias así como aos coordinadores en USA. Este persoal informará e asesorará de forma precisa e co debido coñecemento aos participantes e ás súas familias, para entre todos atopar a mellor solución ás situacións que se presenten. e) O prestador do servizo terá os dereitos e obrigacións inherentes á súa condición de empresario do persoal a empregar, de acordo co marco xurídico laboral e social aplicable, sen que en ningún caso o Concello da Coruña sexa responsable das relacións entre o contratista e os seus traballadores, aínda cando os despedimentos ou medidas que se adopten sexan consecuencia directa ou indirecta do incumprimento ou interpretación do contrato. 5

Página 6 de 6 f) O Concello non establecerá nin relación xurídica, nin laboral co persoal do prestador do servizo, debendo este informar os seus posibles traballadores sobre este punto e facéndoo constar expresamente en cada un dos contratos de persoal que subscriba. 6.- Protección de datos de carácter persoal O prestador do servizo e o persoal a empregar obríganse a garantir e gardar o máximo celo no cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal, e das súas normas de desenvolvemento, en particular respecto dos datos achegados durante o proceso de admisión de alumnos, así como outros que sexan confidenciais pola súa natureza. 6