REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DA FACULTADE DE HISTORIA DE OURENSE

Documentos relacionados
5. Estrutura organizativa e de responsabilidades

Normativa xeral Páxina 1

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

REGULAMENTO DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGOA DE COMPOSTELA

REGULAMENTO INTERNO DA FACULTADE DE FILOLOXÍA E TRADUCIÓN

Regulamento de Constitución e Funcionamento do Consello Municipal da Muller

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

(Aprobado en consello de goberno de 12 de febreiro de 2014) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

ESTATUTOS DA DELEGACIÓN DE ALUMNADO DA FACULTADE DE FILOLOXÍA E TRADUCIÓN DA UNIVERSIDADE DE VIGO

(LUGO) CAPÍTULO II. lexislativo. O Consello Local da. Igualdade loita. Artigo 2. Marco. Artigo 3. Ámbito. O ámbito. Funcións. Artigo 4.

Por todo isto, esta consellería,

Consello Galego de Participación das Mulleres no Ámbito do Emprego e as Relacións Laborais

Aprobado en Consello de Goberno do 10 de outubro de 2016 EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Proxecto de Orde do de de 2015, pola que se crea e se regulan as funcións, a composición e funcionamento do Consello de Bioética de Galicia.

COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE INTERCENTROS XUNTA DE GALICIA DA ADMINISTRACIÓN XERAL DA

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

NORMATIVA DE PERMANENCIA E PROGRESO DO ESTUDANTADO DAS TITULACIONS OFICIAIS DE GRAO E DE MASTER UNIVERSITARIOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

REGULAMENTO DE CENTROS ADSCRITOS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

NORMATIVA REGULADORA DOS CONCURSOS DE ACCESO AOS CORPOS DOCENTES UNIVERSITARIOS E DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

PROXECTO DE REGULAMENTO DA FACULTADE DE ECONOMÍA E EMPRESA DE CAMBIO DE GRUPO

Instrucións e procedemento para racionalizar os horarios dos estudos do Grao en Dereito

En base ó establecido con anterioridade DISPOÑO: Artigo 1.- Obxecto

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

HORARIO DO PROFESORADO DAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS (E.O.I)

AGRUPACIÓN DE AVOGADOS NOVOS

DISPOÑO: Primeiro.- Obxecto.

A Consellería encargou a AFIPRODEL a elección dos 5 representantes, da rede de AEDL, acordándose a reserva dun deles para un membro desta asociación.

Por unha parte, inclúense as fundacións que estivesen constituídas maioritariamente ou na súa totalidade

Santiago de Compostela, dezasete de marzo de dous mil dezasete REUNIDOS

PROCEDEMENTO P-PRL 17

INFORME ANUAL 2017 DO GRAO DE CUMPRIMENTO DOS ACORDOS APROBADOS NO PARLAMENTO DE GALICIA NA X LEXISLATURA

DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx

Convocatoria de cursos de formación en linguaxe xurídica galega

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE IGUALDADE

Santiago de Compostela, cinco de decembro de dous mil doce REUNIDOS

ACORDAN. A incorporación do persoal do Consorcio ao Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia realizarase do seguinte xeito:

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE DO CEIP ESTEIRO DE FERROL CAPÍTULO I DENOMINACIÓN, FINS, ACTIVIDADES, DOMICILIO E ÁMBITO

CONVOCATORIA DOS PROGRAMAS DE TECNIFICACIÓN E RENDEMENTO DEPORTIVO NO CENTRO GALEGO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA CURSO 2012/13

REGULAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL LIMIAR

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de dous mil dezasete

HORARIO DO PROFESORADO DAS ESCOLAS DE ARTE E SUPERIORES DE DESEÑO (EART)

Decreto /, do de, polo que se regula a composición e funcionamento do Consello de Arquivos de Galicia.

BAREMO APLICABLE PARA AS LISTAS ABERTAS DE INTERINIDADES/SUBSTITUCIÓNS. Baremo para a valoración de méritos: sistema xeral de ingreso

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

Nº 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2011 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 1.169

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

Informe da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación relativo á transparencia no Sector público autonómico de Galicia. Ano 2016.

REGULAMENTO DO CONSELLO DAS MAREAS

2) INFORME ACREDITATIVO DA INSERCIÓN SOCIAL DO/DA TRABALLADOR/A ESTRANXEIRO/A: 2.1. Tempo de permanencia en España do/da estranxeiro/a interesado/a:

PROCEDEMENTO PARA A ELECCIÓN DE REITOR/A DA

Lei 1/2008, do 17 de abril, de creación do Colexio Profesional de Detectives Privados e Privadas de Galicia.

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DO ANO 2018 PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS Á INVESTIGACIÓN

R/ Canicouva, VIGO E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Tfno e fax: ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR Renovación parcial CEIP CANICOUVA VIGO

REGULAMENTO DE XUICES,OFICIAIS E ÁRBITROS DE REGATAS A VELA 2015 FEDERACIÓN GALEGA DE VELA

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE TURISMO E CIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

REFERENCIAS NORMATIVAS AVALIACIÓNS: PROMOCIÓN, TITULACIÓN

RÉXIME DO SERVIZO DE EMPRESTIMO GRATUITO DE EQUIPOS INFORMÁTICOS PORTÁTILES AOS ALUMNOS/AS DO EDIFICIO XURÍDICO- EMPRESARIAL DO CAMPUS DE OURENSE

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A SELECCIÓN, TRANSFERENCIA DA CUSTODIA E O ACCESO AOS DOCUMENTOS

PROCEDEMENTO DE COORDINACIÓN DA DOCENCIA DE GRAO DA FACULTADE DE CC. EMPRESARIAIS E TURISMO DE OURENSE

Nº 211 Xoves, 30 de outubro de 2008 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

Guía para a coordinación do Grao en Ciencias do Mar

Informe da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación relativo á transparencia no Sector público autonómico de Galicia.

MÁSTER EN ENXEÑERÍA INFORMÁTICA PLAN DE COORDINACIÓN DOCENTE INFORME DE ACCIÓNS ACADÉMICAS E DE COORDINACIÓN VERTICAL E HORIZONTAL EMPRENDIDAS

DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx

Normativa para a elección de membros das Xuntas de Centro

Día: Hora: 16:00

DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx

1 - DETERMINACIÓN DO NUMERO DE UNIDADES DO CENTRO

REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DA XUNTA DE FACULTADE, DAS COMISIÓNS DELEGADAS E DOUTROS ÓRGANOS COLEXIADOS DA FACULTADE DE DEREITO

Criterios para a promoción e titulación na ESO. IES Xunqueira I.

Art. 3.- O domicilio do Comité Galego de Xuíces será o mesmo que o da Federación Galega de Atletismo.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA 1

NORMATIVA SOBRE PROGRAMAS DE MOBILIDADE DO ALUMNADO NA FACULTADE DE DEREITO

Portal de transparencia local de Galicia ÍNDICE DE CONTIDOS

Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública

CONSELLOS ESCOLARES DE CENTRO

NORMATIVA DE USO DOS RECURSOS INFORMÁTICOS E REDES DA UNIVERSIDADE DE VIGO. Aprobada en Consello de Goberno de data 16 de marzo de 2006

O contratao será a xornada completa e polo tempo que dure o permiso e as retribucións son as establecidas para o posto, 1.174,28 brutos mensuais.

REGULAMENTO DE XUÍCES,OFICIAIS E ÁRBITROS DE REGATAS A VELA FEDERACIÓN GALEGA DE VELA

Lei 7/1988, do 12 de xullo, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais

Facultade de Fisioterapia REGULAMENTO DO TRABALLO DE FIN DE GRAO

ACORDAN Capítulo I Réxime de prestación de servizos

Estas vantaxes e/ou descontos serán aplicados a toda a clientela que sexa titular dunha tarxeta benvida, sen ningún requisito a maiores.

Reclamante: Expediente. Nº RSCTG 035/2018. Correo electrónico:

REGULAMENTO DAS FIGURAS HONORÍFICAS DE PROFESOR E INVESTIGADOR AD HONOREM DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Avda. do Concello, s/n.- Tlfno.: / Fax: FENE

JOSÉ RIESGO BOLUDA, SECRETARIO XERAL DO PLENO DO CONCELLO DE VIGO,

REGULAMENTO DE COLABORACIÓN DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVICIOS DESTA UNIVERSIDADE EN CURSOS E CONVENIOS DE INVESTIGACIÓN

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

Transcripción:

REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DA FACULTADE DE HISTORIA DE OURENSE TÍTULO PRELIMINAR Artigo 1. A Facultade de Historia de Ourense rexerá o seu funcionamento interno e mais os seus órganos de goberno dentro do marco sinalado pola Lei orgánica de universidades, os Estatutos da Universidade de Vigo e o resto da normativa vixente. Artigo 2. O funcionamento da facultade estará ordenado polos principios de toma de decisións por maioría e respecto ás minorías. Os órganos de goberno velarán polo exercicio e cumprimento dos dereitos e deberes dos membros da facultade. Artigo 3. Na procura dunha vinculación coa situación social e cultural de Galicia entenden como unha das súas obrigas a defensa e fomento de cantas actividades potencien o coñecemento e toma de conciencia dos valores culturais e caracteres que lles son propios como tal comunidade. En consecuencia promoverán o uso do idioma galego en todas as súas manifestacións oficiais e en todo tipo de actividades organizadas pola Facultade. 1

TÍTULO I. DOS ÓRGANOS DE GOBERNO Artigo 4. Son órganos de goberno da facultade: a) xunta de centro b) decano/a c) vicedecano/a ou vicedecanos/as d) secretario/a TÍTULO II. DA XUNTA DE CENTRO Artigo 5. 1. A xunta de centro é o órgano colexiado de representación e decisión do centro. Está composta polo decano, que a preside, e polo seguintes membros: a) O equipo decanal. b) Todo o profesorado funcionario, que constituirá o 51% da xunta de centro. c) Unha representación do persoal docente e investigador non funcionario, que corresponderá ao 9% da xunta de centro. En calquera caso, polo menos o 80% corresponderá ao persoal docente e investigador con dedicación a tempo completo. d) Unha representación do estudantado que constituirá o 30% da xunta. e) Unha representación do persoal de administración e servizos que constituirá o 10% da xunta. 2. A elección de decano/a da facultade e a asignación de vicedecanos/as e secretario/a da facultade rexeranse polos Estatutos da Universidade de Vigo e pola Normativa para a elección de decanos/as e directores/as de centro aprobada polo Consello de Goberno da Universidade de Vigo. A votación para a elección de decano/a será nominal e secreta. O decano/a debe ser elixido por sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto. Non se admitirá a delegación de voto, o voto anticipado nin o voto por correo. 3. A elección de membros da xunta de centro terá lugar cada dous anos e rexerase polos Estatutos da Universidade de Vigo e pola correspondente Normativa para a elección de membros das xuntas de centro aprobada polo consello de goberno da Universidade de Vigo. Os 2

membros da xunta de centro deben ser elixidos por sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto. Non se admitirá a delegación de voto, o voto anticipado nin o voto por correo. Artigo 6. Son funcións da xunta de centro: a) Elaboración, aprobación e modificación da proposta do seu regulamento de réxime interno. b) Elección e revogación do decano/a. c) Aprobación da distribución da asignación orzamentaria do centro. d) Establecemento dos obxectivos educativos das titulacións ao seu cargo e elaboración e aprobación das propostas dos correspondentes plans de estudo. e) Coidado do bo funcionamento de todos os órganos e servizos do centro. f) Resolución de conflitos que se poidan producir no seo do centro. g) Promoción e ordenamento da realización de proxectos de fin de carreira, teses de licenciatura e de ensinanzas e actividades complementarias esixidas para a obtención de títulos. h) Proposición e aplicacións das normas de selección de estudantes e valoración do seu rendemento e aproveitamento. i) Preparación e coordinación, de modo eficaz e adecuado, do horario das distintas materias, cursos monográficos, cursos de especialización, probas parciais e finais, distribución de aulas e servizos e ensinanzas complementarias, así como habilitación de medidas de control e cumprimento das obrigas docentes. j) Coordinación con outros centros para facilitar a elección por parte dos estudantes das materias de libre configuración do seu currículo. k) Aprobación anual dos programas de cada materia presentados polos departamentos respectivos. l) Distribución dos espazos que lle sexan asignados. m) Calquera outra atribuída nos Estatutos da Universidade de Vigo e na lexislación vixente. TÍTULO III. FUNCIONAMENTO DA XUNTA DE CENTRO Artigo 7. 1. A xunta de centro poderase reunir con carácter ordinario ou extraordinario. 2. A xunta de centro reunirase con carácter ordinario unha vez ao trimestre e con carácter extraordinario a iniciativa de: a) O decano/a ou vicedecano/a no que delegue. b) Cando o soliciten un 30% dos membros da xunta de centro. 3

3. A instancia para a convocatoria dunha reunión extraordinaria da xunta de facultade terase que dirixir ao decano/a, coas sinaturas correspondentes e coa proposta dunha orde do día determinada. O decano/a está obrigado a convocar a xunta para unha data non posterior aos 10 días hábiles contados dende a entrada da solicitude no rexistro da facultade. Artigo 8. 1. Na convocatoria da xunta de centro deberá constar a orde do día, a data e o lugar da reunión. A convocatoria deberá ser entregada cando menos, con 48 horas de antelación, salvo no caso de xunta extraordinaria, que será de 24 horas. 2. A convocatoria remitirase soamente por correo electrónico. 3. A orde do día será elaborada polo decano/a asistido polo secretario/a e vicedecano/a, incluíndo, no seu caso, as peticións presentadas por, polo menos, un 25% dos seus membros. 4. Na orde do día deberán figurar as mencións de aprobación da acta da sesión anterior, asuntos de trámite, xestións realizadas polo decano/a dende a última xunta e peticións e preguntas. Cando a xunta teña carácter extraordinario para debater un só tema ou para proceder á elección de decano/a ou a súa revogación non deberá contar con outros puntos na orde do día. Artigo 9. 1. O secretario/a da xunta, que será o secretario/a da facultade, levantará acta de todas as sesións, caso de que non puidese asistir, o decano/a designará quen faga as súas veces. 2. En cada acta deberán figurar as seguintes mencións: a) Membros da xunta de facultade asistentes á sesión, salientando as ausencias xustificadas. b) Orde do día. c) Acordos e recomendacións, especificando se foron adoptados por asentimento ou votación e, no seu caso, se foron por maioría ou unanimidade, facendo constar o número exacto de votos emitidos, o sentido de cada un deles e as abstencións. 4

3. Na acta teñense que incluír os textos literais dos acordos e un resumo dos debates coas diferentes posicións, así como calquera mención que os membros da xunta, individual ou colectivamente, desexen que figure expresamente. 4. Cada acta será asinada polo secretario/a, ou por quen fixese as súas veces, co visto e prace do decano/a ou do presidente/a efectivo da sesión que se reflicte. 5. As actas aprobaranse na sesión ordinaria seguinte da xunta de centro incorporando as modificacións que resulten aprobadas. Artigo.10. Os membros da xunta de facultade teñen todos os dereitos recollidos nas disposicións xerais dos Estatutos da Universidade. Especialmente tamén teñen os deberes de cumprir as súas obrigas académicas, laborais e institucionais, participando das reunións convocadas e cooperando na consecución dos fins e obxectivos aprobados pola xunta de facultade. Artigo 11. 1. Na facultade levarase un libro de actas no que se transcribirán os acordos e debates habidos en cada sesión. 2. O libro de actas estará baixo custodia do secretario/a da facultade que permitirá a súa consulta por parte de calquera membro da xunta de centro, depositando na secretaría do decanato unha copia da acta despois de redactada. 3. Só darán fe dos acordos e recomendacións da xunta as certificacións expedidas polo secretario/a da facultade por orde do decano/a. 4. As certificacións poderanse expedir: a) De oficio, por requirimento de órganos das administracións públicas, incluída a propia Universidade de Vigo, ou de órganos xudiciais no exercicio da súa competencia. b) A instancia dos membros da xunta de centro. c) A instancia de calquera interesado/a. Nestes dous últimos casos, o contido das certificacións versará só sobre a parte decisoria dos acordos ou recomendacións. Artigo 12. 1. A xunta de centro poderase constituír en primeira convocatoria coa asistencia da maioría absoluta dos seus membros, incluídos o decano/a e o secretario/a da facultade. 2. De non acadar esa asistencia, constituirase en segunda convocatoria transcorrida media hora de contar coa presenza da terceira parte dos seus 5

membros. 3. Transcorrido outro cuarto de hora, de non acadar o quórum necesario para a segunda convocatoria, procederase a convocala para outro día. Artigo 13. 1. Os acordos da xunta de centro adoptaranse por asentimento coa proposta do decano/a, ou en votación por maioria simple dos asistentes. En caso de empate, o decano/a decidirá co seu voto de calidade. 2. Non poderán adoptar acordos validamente se no momento da votación non estivesen presentes, polo menos, un terzo dos membros da xunta. 3. No caso de existir máis de dúas propostas sen que ningunha delas acade a maioría, procederase a realizar unha segunda votación entre as dúas máis votadas. 4. Non se admite a delegación de voto nin o voto anticipado. 5. Non poderá ser obxecto de acordo ningún asunto que non figure na orde do día, a non ser que estean presentes todos os membros da xunta e sexa declarada a urxencia do asunto polo voto favorable da maioría dos presentes. Artigo 14. As votacións efectuaranse polo sistema de man alzada, e será secreto cando o solicite algún membro da xunta ou os asuntos afecten a persoas concretas. Artigo 15. Ás sesións da xunta de centro poden asistir persoas invitadas para informar dalgún asunto concreto, así como membros da facultade que o soliciten previamente ao decano/a. TÍTULO IV. DA ELECCIÓN E REVOGACIÓN DO DECANO/A Capítulo I. Da elección do decano/a. Artigo 16. Transcorrido o prazo da campaña electoral nos termos sinalados na normativa aprobada polo consello de goberno da universidade, o decano/a en funcións convocará unha sesión extraordinaria do pleno da xunta de facultade que teña 6

como único punto da orde do día a elección do decano/a. Artigo 17. 1. Os candidatos/as disporán dun tempo máximo de 30 minutos para expoñer, se o desexan, a súa proposta de liñas xerais de actuación e responderán durante un prazo máximo de 30 minutos ás preguntas que os membros da xunta lles formulen. 2. Concluídos os debates, procederase á votación, que será nominal e secreta por todos os membros da xunta, non podendo figurar papeletas nada máis que o nome e os apelidos do candidato/a. No caso de que o decano/a sexa candidato/a, a xunta de centro será presidida polo profesor/a de maior idade segundo prelación de corpos. 3. Rematado o escrutinio resultará elixido aquel dos candidatos/as que obteña a maioría absoluta dos asistentes, no caso de non ser acadada a devandita maioría, celebrarase unha segunda votación na que resultará elixido aquel dos candidatos/as que obteña maior número de votos: no suposto de que nesta segunda votación resultasen empatados dous candidatos/as será elixido o que pertenza ao corpo de catedráticos/as de universidade e se o empate se producise entre profesores/as do mesmo corpo ou entre profesores/as titulares de universidade e catedráticos/as de escola universitaria resultaría elixido o que posúa máis antigüidade no corpo respectivo. 4. Finalizada a votación, o secretario/a do centro levantará a correspondente acta, na que se recollerán todas as incidencias e o resultado do escrutinio, resultado que o presidente/a da sesión elevará ao reitor/a para que se dite a resolución de nomeamento correspondente. 5. Os titulares dos órganos unipersoais, agás os que o sexan por designación, deben ser elixidos por sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto. Para a elección de titulares de órganos unipersoais non se admitirá a delegación de voto nin o voto por correo. No caso de ser candidato/a único ten que acadar maior número de votos a favor que en contra. 6. O decano/a será elixido por 3 anos, e non se poderá exercer este cargo máis de seis anos seguidos. nas Capítulo II. Da revogación do decano/a. Artigo 18. 1. O decano/a poderá ser revogado mediante moción de censura. 2. A moción de censura, para poder ser tramitada, deberá ir asinada por un terzo dos membros da xunta, e incluír o nome do profesor/a que se 7

propoña como novo decano/a. 3. Se a moción de censura reunira os requisitos anteriores, o decano/a ou quen faga as súas veces, terá que convocar unha xunta extraordinaria con este único punto da orde do día nun prazo máximo de quince días hábiles. Artigo 19. Tanto o candidato/a proposto como o decano/a disporán dun prazo máximo de trinta minutos para expoñer as súas posicións e liñas xerais de actuación. De seguido, abrirase unha quenda de preguntas por parte dos membros da xunta, cun prazo máximo de duración dunha hora e media. Rematado a quenda de preguntas e intervencións, procederase á votación nos mesmos termos que os sinalados polo artigo 16.2 deste regulamento. Artigo 20. 1. Se a moción de censura obtivese o voto favorable da maioría absoluta dos asistentes, será proclamado decano/a electo o que figuraba proposto na moción de censura. O antigo decano/a actuará a partir deste momento como decano/a en funcións, e procederá a elevar de contado a proposta de nomeamento do novo decano/a ao reitor/a da universidade. 2. De non acadar os votos necesarios, a moción de censura considerarase refugada, e os asinantes da mesma non poderán presentar outra ata transcorrido un ano dende a data da presentación da anterior. TÍTULO V. DAS COMISIÓNS DELEGADAS DA XUNTA DE FACULTADE. Capítulo I. Normas Xerais. Artigo 21. 1. As comisións defínense como instancias de asesoramento técnico actuando por delegación da xunta de centro. 2. Pola súa propia natureza, as comisións asesoras non toman decisións, a non ser por mandato expreso da xunta de centro ou informando dos seus traballos e resolucións a esta última. 3. As comisións asesoras poden ser permanentes ou ocasionais. As comisións estables responden a cometidos fixos, as ocasionais constitúense para resolver asuntos concretos e deixan de existir ao remataren estes. 4. Ademais das comisións delegadas, funcionará unha comisión permanente da xunta de centro. 8

5. A xunta de centro poderá crear cantas comisións delegadas estime necesarias. Capítulo II. A Comisión Permanente. Artigo 22. A composición da comisión permanente será decidida por acordo da xunta de centro. Formarán parte dela como membros natos o decano/a, o vicedecano/a ou vicedecanos/as e o secretario/a da facultade, que será secretario/a da comisión, e o número total dos seus integrantes completarase de xeito que se respecten as porcentaxes de representación dos distintos sectores da comunidade universitaria que rexan para a xunta de centro. Artigo 23. 1. A comisión permanente será competente para coñecer e decidir sobre os seguintes asuntos: a) Solicitudes de validacións e adaptacións académicas. b) Solicitudes de trámite de avaliación curricular. c) Aprobación de realización de actividades culturais. d) Aprobación de tribunais de teses de licenciatura. e) Gastos de pequena contía. f) Solicitudes para a convocatoria Sócrates-Erasmus. g) Solicitudes para a convocatoria de SICUE-Séneca. Exercerá, así mesmo, cantas competencias lle delegue expresamente a xunta de centro ou lle atribúan este regulamento e normas de superior rango. Artigo 24. Funcionamento. A comisión permanente reunirase con carácter ordinario ou con carácter extraordinario, sempre que o decano/a o considere oportuno ou a pedimento dun terzo dos membros da mesma. Os membros da comisión permanente cesarán nas súas atribucións cando finalice o mandato ordinario do decano/a, incluídos os procedentes daqueles sectores que, estatutariamente, teñan que ser renovados en períodos de tempo inferiores a tres anos. O decano/a informará á xunta de centro das actuacións e decisións tomadas pola comisión permanente, con excepción das referidas aos asuntos de trámite. O secretario/a da facultade elaborará unha relación dos acordos adoptados pola comisión permanente, que se xuntará ás convocatorias das sesións ordinarias da xunta de centro. 9

Capítulo III. A Comisión de Calidade. Artigo 25. 1. A comision de calidade é un órgano colexiado do centro no que terán representación os distintos grupos de interese e persoas implicadas na actividade docente das titulacións do centro, así como representantes da sociedade. Entre as súas funcións destacan debater e validar a proposta da política e obxectivos de calidade así como o manual de calidade e os procedementos. Propoñer e realizar o seguimento das accións de mellora de calidade e participar activamente en todos aqueles procesos académicos relativos á oferta formative do centro. 2. A composición da comisión de calidade deberá ser equilibrada entre mulleres e homes e estará integrada, polo menos, polos seguintes membros: Decano/a do centro, que a preside Coordinador/a de calidade Coordinador/a ou persona en quen delegue de cada unha das titulacións de grado do centro Coordinador/a ou persona en quen delegue de cada unha das titulacións de máster do centro Enlace de igualdade Representante do profesorado Representante do estudantado Representante do estudantado egresado Administrador/a do centro ou persona en quen delegue Representante da sociedade 3. A comisión se reunirá, polo menos, dúas veces ó ano no marco da revisión de resultados. TÍTULO VI. DA REFORMA DO REGULAMENTO Artigo 25. A iniciativa para reformar este regulamento pode ser adoptada pola comisión permanente ou mediante proposta asinada por ¼ dos membros da xunta de centro. Artigo 26. A proposta da reforma do regulamento deberá estar debidamente articulada e razoada. O decano/a, recibida a proposta, terá que sometela a votación para a súa toma en consideración no pleno. Se a proposta recibise os votos favorables de 2/3 dos presentes será aceptada. 10

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS Primeira. O presente regulamento debe ser integrado no marco do disposto nos Estatutos da Universidade de Vigo e das normas legais e regulamentarias sobre ensino universitario. Segunda. Para o que non estea disposto no presente regulamento nin nos Estatutos da Universidade, aplicarase o que dispón a Lei de réxime xurídico para as administracións públicas e do procedemento administrativo común e outras leis de rango superior. DISPOSICIÓN FINAL Todos os membros da Facultade de Historia de Ourense quedan obrigados a acatar este regulamento, que entrará en vigor o día seguinte da súa aprobación polo Claustro Universitario. (Aprobado en Consello de Goberno de 27 de xuño de 2005) 11