REGULAMENTO INTERNO DA FACULTADE DE FILOLOXÍA E TRADUCIÓN

Documentos relacionados
Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

Normativa xeral Páxina 1

REGULAMENTO DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGOA DE COMPOSTELA

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

5. Estrutura organizativa e de responsabilidades

(LUGO) CAPÍTULO II. lexislativo. O Consello Local da. Igualdade loita. Artigo 2. Marco. Artigo 3. Ámbito. O ámbito. Funcións. Artigo 4.

Consello Galego de Participación das Mulleres no Ámbito do Emprego e as Relacións Laborais

COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE INTERCENTROS XUNTA DE GALICIA DA ADMINISTRACIÓN XERAL DA

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Regulamento de Constitución e Funcionamento do Consello Municipal da Muller

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DA FACULTADE DE HISTORIA DE OURENSE

AGRUPACIÓN DE AVOGADOS NOVOS

Normativa para a elección de membros das Xuntas de Centro

Por todo isto, esta consellería,

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

Instrucións e procedemento para racionalizar os horarios dos estudos do Grao en Dereito

PROXECTO DE REGULAMENTO DA FACULTADE DE ECONOMÍA E EMPRESA DE CAMBIO DE GRUPO

(Aprobado en consello de goberno de 12 de febreiro de 2014) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Aprobado en Consello de Goberno do 10 de outubro de 2016 EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Proxecto de Orde do de de 2015, pola que se crea e se regulan as funcións, a composición e funcionamento do Consello de Bioética de Galicia.

ESTATUTOS DA DELEGACIÓN DE ALUMNADO DA FACULTADE DE FILOLOXÍA E TRADUCIÓN DA UNIVERSIDADE DE VIGO

A Consellería encargou a AFIPRODEL a elección dos 5 representantes, da rede de AEDL, acordándose a reserva dun deles para un membro desta asociación.

HORARIO DO PROFESORADO DAS ESCOLAS DE ARTE E SUPERIORES DE DESEÑO (EART)

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

REGULAMENTO DE COLABORACIÓN DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVICIOS DESTA UNIVERSIDADE EN CURSOS E CONVENIOS DE INVESTIGACIÓN

PROPOSTA DO COMITÉ DE EMPRESA DE PONTEVEDRA DA CARREIRA PROFESIONAL PARA O PAS LABORAL DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

NORMATIVA DE PERMANENCIA E PROGRESO DO ESTUDANTADO DAS TITULACIONS OFICIAIS DE GRAO E DE MASTER UNIVERSITARIOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Criterios para a promoción e titulación na ESO. IES Xunqueira I.

ACORDAN. A incorporación do persoal do Consorcio ao Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia realizarase do seguinte xeito:

CONVOCATORIA DE ACCESO AO VIVEIRO DE EMPRESAS INNOVADORAS DA UDC

NORMATIVA REGULADORA DOS CONCURSOS DE ACCESO AOS CORPOS DOCENTES UNIVERSITARIOS E DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

MÁSTER EN ENXEÑERÍA INFORMÁTICA PLAN DE COORDINACIÓN DOCENTE INFORME DE ACCIÓNS ACADÉMICAS E DE COORDINACIÓN VERTICAL E HORIZONTAL EMPRENDIDAS

PROCEDEMENTO P-PRL 17

REGULAMENTO DE CENTROS ADSCRITOS

REGULAMENTO DO TRABALLO DE FIN DE GRAO FACULTADE DE FILOLOXÍA E TRADUCIÓN

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

ACORDAN Capítulo I Réxime de prestación de servizos

INSTRUCCIÓN DA SECRETARÍA XERAL 2/2004 SOBRE A DECLARACIÓN DE INTERESES DOS ALTOS CARGOS DA USC

Regulamento de funcionamento da Mesa Xeral de Negociación do Persoal de Administración e Servizos (PAS) da Universidade de Santiago de Compostela

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

1. LICENZA PARA ASUNTOS PROPIOS 3. LICENZA EXTRAORDINARIA POR NOMEAMENTO COMO FUNCIONARIO/A EN PRÁCTICAS 4. LICENZA PARA FORMACIÓN E PERFECCIONAMENTO

BASES CONVOCATORIA DE CURSOS PLAN DE FORMACIÓN 2018

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

INFORME ANUAL 2017 DO GRAO DE CUMPRIMENTO DOS ACORDOS APROBADOS NO PARLAMENTO DE GALICIA NA X LEXISLATURA

Acollemento do persoal

Admisión a ciclos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional

Por unha parte, inclúense as fundacións que estivesen constituídas maioritariamente ou na súa totalidade

Lei 1/2008, do 17 de abril, de creación do Colexio Profesional de Detectives Privados e Privadas de Galicia.

HORARIO DO PROFESORADO DAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS (E.O.I)

MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO ELECTORAL XERAL DA USC. Consello de Goberno de 21 de febreiro de 2014

Edificio Administrativo San Caetano, 1-2º SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono Fax

Dereitos e deberes. Co financiamento de:

NORMATIVA SOBRE PROGRAMAS DE MOBILIDADE DO ALUMNADO NA FACULTADE DE DEREITO

CONVOCATORIA DOS PROGRAMAS DE TECNIFICACIÓN E RENDEMENTO DEPORTIVO NO CENTRO GALEGO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA CURSO 2012/13

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

Lei 7/1988, do 12 de xullo, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais

CRITERIOS DE XESTIÓN DE LISTAS DE AGARDA E DE PROVISIÓN DE POSTOS

RÉXIME DO SERVIZO DE EMPRESTIMO GRATUITO DE EQUIPOS INFORMÁTICOS PORTÁTILES AOS ALUMNOS/AS DO EDIFICIO XURÍDICO- EMPRESARIAL DO CAMPUS DE OURENSE

MODELO DE CONVENIO DE ADHESIÓN

En base ó establecido con anterioridade DISPOÑO: Artigo 1.- Obxecto

REGULAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL LIMIAR

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

PROCEDEMENTO DE COORDINACIÓN DA DOCENCIA DE GRAO DA FACULTADE DE CC. EMPRESARIAIS E TURISMO DE OURENSE

Convocatoria de cursos de formación en linguaxe xurídica galega

REGULAMENTO DO CONSELLO DAS MAREAS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE IGUALDADE

DISPOÑO: Primeiro.- Obxecto.

TITULO PRELIMINAR. Artigo 2. Funcións da Escola

R/ Canicouva, VIGO E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Tfno e fax: ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR Renovación parcial CEIP CANICOUVA VIGO

CONCURSO DE IDEAS EMPRESARIAIS INNOVADORAS, BASEADAS NO COÑECEMENTO CIENTÍFICO

Información e instrucións para realizar solicitudes web

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE TURISMO E CIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO

ACORDO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS. PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PLAN DE ESTABILIDADE NO EMPREGO DOS SERVIZOS PÚBLICOS

Regulamento do Consello Municipal. de Infancia e Adolescencia. Concello de Carnota

COMITE TECNICO-SANITARIO DE COIDADOS PALIATIVOS DA ESTRUTURA ORGANIZATIVA DE XESTIÓN INTEGRADA (MODELO)

DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado

O contratao será a xornada completa e polo tempo que dure o permiso e as retribucións son as establecidas para o posto, 1.174,28 brutos mensuais.

Día: Hora: 16:00

REGULAMENTO PARA A REALIZACIÓN DO TRABALLO DE FIN DE GRAO

BASES DO III PREMIO UNIVERSITARIO DE COMUNICACIÓN CIENTÍFICA

ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE DO CEIP ESTEIRO DE FERROL CAPÍTULO I DENOMINACIÓN, FINS, ACTIVIDADES, DOMICILIO E ÁMBITO

REGULAMENTO PARA A REALIZACIÓN DO TRABALLO DE FIN DE GRAO

NUM-CONSULTA: V ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO DATA DE SAIDA: 12/05/2014 NORMATIVA:

MODIFICACIÓN PUNTUAL DAS NSP DE MELIDE, UA4

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx

Primeira. Base de datos para a constitución dos grupos e, no seu caso, categorías.

DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx

REGULAMENTO DE XUICES,OFICIAIS E ÁRBITROS DE REGATAS A VELA 2015 FEDERACIÓN GALEGA DE VELA

NORMATIVA DE CONCESIÓN DE LICENZAS POR SABÁTICO (Aprobada por acordo do Consello de Goberno do 5 de xuño de 2015)

Facultade de Fisioterapia REGULAMENTO DO TRABALLO DE FIN DE GRAO

Transcripción:

REGULAMENTO INTERNO DA FACULTADE DE FILOLOXÍA E TRADUCIÓN TÍTULO I: DA XUNTA DE CENTRO Art. 1: A Xunta de Centro é o órgano de goberno colexiado da Facultade e, como tal, aproba as directrices xerais de actuación desta, e supervisa o labor dos órganos de dirección e xestión do centro. Capítulo I: Composición da Xunta de Centro Art. 2: A composición da Xunta de Centro é a establecida nos Estatutos da Universidade de Vigo. Os membros do equipo decanal non computarán aos efectos de establecer as porcentaxes previstas para cada sector. A normativa electoral de aplicación será a que estea en vigor na Universidade de Vigo, no momento da votación. Art. 3: Os membros electos da Xunta de Centro serán renovados cada dous anos. Se algún destes membros perdera a súa condición de elixible ou renunciase ao seu posto durante o período representativo, este será ocupado, se procede, polo/a candidato/a do seu sector que, sen resultar elixido/a, obtivo máis votos. Capítulo II: Funcións da Xunta de Centro Art. 4: As funcións da Xunta de Centro son as recollidas nos Estatutos da Universidade de Vigo e calquera outra que a Xunta de Centro acorde e non se opoña ao establecido nos devanditos Estatutos e na lexislación vixente. Capítulo III: Funcionamento da Xunta de Centro Art. 5: A Xunta de Centro reunirase con carácter ordinario polo menos unha vez ao trimestre, e, con carácter extraordinario, á iniciativa do/a Decano/a, por acordo da Comisión Permanente, ou á petición de 1/3 dos membros da Xunta de Centro, mediante escrito dirixido ao/á Decano/a, con expresión do(s) asunto(s) que se vaia(n) tratar, achegando os documentos relacionados coa orde do día, de existiren e dispoñerse deles. Art. 6: O/A Secretario/a da Facultade, que o é da Xunta de Centro, convocará por orde do/a Decano/a á Xunta de Centro e enviará as citacións aos membros da mesma. A convocatoria terá que ser entregada alomenos con 48 horas de antelación, agás no caso de Xunta de Centro Extraordinaria, no que serán suficientes 24 horas. A Xunta de Centro será presidida polo/a Decano/a ou polo/a Vicedecano/a designado/a previamente ao efecto. O/A presidente dirixirá e ordenará o desenvolvemento dos debates. O/A Secretario/a levantará acta de cada sesión. Art. 7: A orde do día, nas reunións ordinarias, será establecida polo/a Decano/a, asistido/a polo equipo directivo, e figurarán inescusablemente as mencións de aprobación da acta da sesión anterior, informe do/a decano/a e rolda aberta de intervencións. Tamén deberán

ser incluídos na orde do día os puntos que se soliciten por acordo na sesión anterior e os que formulen con 7 días de antelación 1/3 dos membros da Xunta. Coa orde do día deberase facilitar copia da documentación necesaria, correspondente aos distintos asuntos; a estes efectos poderanse empregar medios electrónicos. En todo caso, os expedientes completos deberanse atopar no Negociado de Asuntos Xerais á disposición dos membros da Xunta de Centro, desde a data da convocatoria ata a celebración da sesión, para que poidan ser examinados. Art. 8: A Xunta de Centro constituirase en primeira convocatoria coa asistencia da maioría dos seus membros, e, en segunda convocatoria, sempre que asista 1/3 deles. Art. 9: Para cada proposta tomaranse os acordos por maioría de votos, agás o disposto expresamente neste Regulamento ou nos Estatutos da Universidade de Vigo para determinados asuntos. As votacións poden ser públicas ou secretas. Serán secretas cando así o determine o/a Decano/a ou sexa solicitado por un membro da Xunta de Centro. Iniciada a votación, ningún/a membro da Xunta poderá incorporarse ata a conclusión daquela. En ningún caso o voto será delegable nin se admitirá o voto anticipado nin por correo. As decisións da Xunta de Centro, como órgano colexiado, e segundo os Estatutos da Universidade de Vigo, son susceptibles de recurso de alzada ante o Consello de Goberno. Art. 10: Calquera membro da comunidade universitaria que traballe ou estudie na Facultade poderá asistir, libremente, ás sesións da Xunta de Centro. Asemade, poderá participar con voz pero sen voto naqueles puntos da orde do día que lle poidan afectar, solicitándoo mediante escrito, dirixido ao/á Decano/a, no que exprese o punto ou puntos nos que desexa intervir. A solicitude deberá rexistrarse, no Negociado de Asuntos Xerais, con anterioridade ao inicio da sesión, en primeira convocatoria. Art. 11: As sesións non durarán máis de 4 horas, e se non concluísen nese tempo volveranse comezar en data fixada polo/a presidente/a, sen necesidade de proceder a unha nova convocatoria en forma, ao se tratar da continuación da sesión anterior. Art. 12: Nos aspectos non previstos neste capítulo aplicarase o establecido na lexislación vixente no seu momento. TÍTULO II: DAS XUNTAS DE TITULACIÓN Art. 13: As Xuntas de Titulación, conforme os Estatutos da Universidade de Vigo, son os órganos encargados de elaborar, aprobar e modificar para cada titulación as propostas do plano de estudios. Art. 14: Cada titulación da Facultade terá a súa propia Xunta de Titulación Art. 15: As Xuntas de Titulación, segundo os Estatutos da Universidade de Vigo, terán a seguinte composición: 1. O/A Decano/a, que presidirá a Xunta, e mailo Secretario/a da Facultade, que levantará as actas e certificará os acordos correspondentes. 2. Todo o profesorado funcionario membro da Xunta de Centro con docencia na titulación, que constituirá o 51% da Xunta de Titulación.

3. Unha representación do persoal docente e investigador non funcionario incluído no censo do Centro con docencia na titulación, que corresponderá ao 9% da Xunta de Titulación. En calquera caso, polo menos o 80% corresponderá ao persoal docente e investigador con dedicación a tempo completo. 4. Unha representación dos/as estudantes que cursen a titulación, que constituirá o 30% da Xunta. 5. Unha representación do persoal de administración e servizos, que constituirá o 10% da Xunta. Art. 16: A normativa electoral de aplicación será a que estea en vigor na Universidade de Vigo para a elección de Xuntas de Centro, no momento da votación. Se algún destes membros perdera a súa condición de elixible ou renunciase ao seu posto durante o período representativo, este será ocupado, se procede, polo/a candidato/a do seu sector que, sen resultar elixido/a, obtivo máis votos. Art. 17: As funcións das Xuntas de Titulación son as previstas nos Estatutos da Universidade de Vigo. Art. 18: O funcionamento das Xuntas de Titulación será análogo ao da Xunta de Centro. TÍTULO III: DO EQUIPO DE GOBERNO Art. 19: A composición do equipo directivo e as súas funcións están recollidas nos Estatutos da Universidade de Vigo e na normativa correspondente. Ademais, o equipo directivo coordinará a distribución de horarios e espazos para as actividades académicas e culturais que se realicen no centro. Art. 20: A elección do equipo directivo rexerase pola normativa que ao respecto estea en vigor na Universidade de Vigo, no momento da mesma. En todo caso, cando o interesado/a presente a súa candidatura a Decano/a, deberá facer público o nome dos/as integrantes do seu equipo. Art. 21: a) Perderase a condición de Decano/a nos casos previstos nos Estatutos da Universidade de Vigo. Así mesmo, a duración do mandato e a posible reelección estará rexida polo disposto nos devanditos Estatutos. b) Tanto o/a Decano/a como o/a Secretario/a serán sustituidos/as nas súas ausencias polo/a Vicedecano/a máis antigo/a. De coincidir ambas ausencias, o/a máis antigo/a sustituiría ao/á Decano/a e o/a seguinte ao/á Secretario/a. Art. 22: O/A Decano/a pode ser revogado/a mediante moción de censura. A moción de censura, para poder tramitala, deberá ir asinada por un mínimo de 1/3 dos membros da Xunta de Centro, e deberá incluír o nome do/a profesor/a que se propoña como novo/a Decano/a, así como o dos/as integrantes do seu equipo. De ser aprobada por maioría absoluta dos membros da Xunta de Centro, será proclamado/a Decano/a electo/a quen figuraba na moción de censura. Se a moción de censura non acadase os votos precisos, ningún dos/as asinantes da mesma poderá formular outra durante un período dun ano. Art. 23: O/A Decano/a poderá someterse a unha moción de confianza. Se na votación da mesma os votos negativos superasen aos positivos, solicitarase do Reitor o cese inmediato do/a Decano/a e a súa substitución polo/a Vicedecano/a de maior xerarquía e antigüidade,

procedéndose á convocatoria de eleccións segundo a normativa da Universidade de Vigo vixente. TÍTULO IV: DA COMISIÓN PERMANENTE Art. 24: A Comisión Permanente é o órgano de representación e xestión delegado da Xunta de Centro. Resolverá os asuntos que expresamente lle atribúe o presente Regulamento e a propia Xunta de Centro, a quen dará conta das súas actuacións. Capítulo I: Da Composición da Comisión Permanente Art. 25: A Comisión Permanente estará formada polos seguintes membros: 1. O equipo decanal 2. Cinco profesores/as funcionarios/as, elixidos/as polo seu sector 3. Un/unha profesor/a non funcionario/a, elixido/a polos/as representantes do seu sector na Xunta de Centro, de entre eles. 4. Un membro do Persoal de Administración e Servizos, elixido/a polos/as representantes do seu sector na Xunta de Centro, de entre eles. 5. Tres estudantes, elixidos/as polos/as representantes do seu sector na Xunta de Centro, de entre eles. Os membros electos da Comisión Permanente serán elixidos na Xunta de Centro ao comezo de cada curso académico. Perderán a súa condición de membros da Comisión Permanente cando renuncien á mesma, deixen de ter as condicións necesarias para ser elixible ou falten a tres sesións consecutivas ou cinco alternas sen causa xustificada ao criterio da Comisión Permanente. Cando se produza unha baixa nun sector será cuberta polo/a candidato/a máis votado/a do mesmo que non resultara elixido/a. Capítulo II: Das funcións da Comisión Permanente Art. 26. Son competencias da Comisión Permanente as que se recollan no presente Regulamento e aquelas que nela delegue expresamente a Xunta de Centro. 1. Colaborar co/a Decano/a na xestión ordinaria do centro. 2. Adoptar acordos sobre asuntos que lle foran delegados pola Xunta de Centro. 3. Asesorar ao equipo decanal. 4. Coñecer e informar de cantas cuestións lle sexan sometidas polo/a Decano/a no exercicio das súas funcións. 5. Efectuar propostas para incluír puntos na orde do día da Xunta de Centro. 6. Estudiar a memoria económica e os orzamentos anuais do centro para ser aprobados pola Xunta de Centro. 7. Coñecer e avaliar a xestión e execución orzamentaria do centro. Capítulo III: Funcionamento da Comisión Permanente Art. 27: A Comisión Permanente reunirase polo menos unha vez ao mes ou de forma extraordinaria cando o considere de interese o/a Decano/a ou así o solicite 1/3 dos seus membros.

Art. 28: Os acordos da Comisión tomaranse por maioría simple, e, en caso de empate, utilizará o voto de calidade o/a Presidente. As votacións serán secretas, sempre que o pida algún dos seus membros. Art. 29: A orde do día será confeccionada polo/a Presidente tendo en conta as peticións dos demais membros, formuladas con suficiente antelación. Non poderá ser obxecto de deliberación ningún asunto que non figure incluído na orde do día, salvo que estean presentes a totalidade dos membros da Comisión Permanente e declaren de urxencia, por maioría, a súa inclusión. A convocatoria realizarase nominalmente, polo menos con 48 horas de antelación, agás cando se trate de convocatoria extraordinaria na que será suficiente con 24 horas, incluíndo a orde do día e aquela documentación que se considere oportuno. Art. 30: Para que as sesións se poidan celebrar, requírese, en primeira convocatoria, a maioría absoluta dos membros, e en segunda polo menos 1/3 dos mesmos. Art. 31: Cando circunstancias especiais o requiran, e por invitación maioritaria dos membros da Comisión, ou do/a Presidente, poderán asistir ás sesións persoas alleas á mesma, con voz pero sen voto. TÍTULO V: DAS COMISIÓNS DELEGADAS Art. 32: A Xunta de Centro poderá crear cantas Comisións Delegadas estime conveniente para o bo funcionamento do centro. As Comisións Delegadas poderán ser permanentes ou temporais. As Comisións Delegadas permanentes teñen a misión de estudio, asesoramento e toma de acordos en temas concretos. As Comisións Delegadas temporais teñen a misión de tratar temas específicos, elevando as súas conclusións á Xunta de Centro que tomará os acordos oportunos. Art. 33: As funcións e composición de cada Comisión Delegada serán establecidas pola Xunta de Centro, de acordo coa lexislación vixente, no momento da súa creación. Estará presidida polo/a Decano/a ou membro da Xunta de Centro en quen delegue. Renovarase ao comezo de cada curso académico. Art. 34: As comisións delegadas que se creen terán capacidade normativa para dotarse das súas propias regras de funcionamento interno. Art. 35: A asistencia ás sesións das comisións delegadas é obrigatoria para os seus membros. Perderán a súa condición de tales cando renuncien á mesma, deixen de ter as condicións necesarias para ser elixible ou falten a tres sesións consecutivas ou cinco alternas sen causa xustificada ao criterio da maioría da comisión delegada correspondente. Cando se produza unha baixa nun sector será cuberta polo/a candidato/a máis votado/a do mesmo que non resultara elixido/a, de non ser posible, procederase a unha nova elección no sector correspondente. TÍTULO VI: DA REFORMA DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO Art. 36: A iniciativa para a reforma de calquera artigo do presente regulamento poderá ser tomada polo/a Decano/a, ou mediante proposta de ¼ dos membros da Xunta de

Centro. As propostas de reforma deberán ir acompañadas dun texto articulado e da argumentación na que se fundamentan. Art. 37: A Xunta de Centro deberá pronunciarse sobre a conveniencia de proceder á reforma. En caso de que tome en consideración a reforma proposta, abrirase un prazo de presentación de emendas ao texto presentado. Art. 38: A reforma do Regulamento requirirá a aprobación por maioría absoluta da Xunta de Centro, en primeira votación, e polos tres quintos dos presentes, en segunda. Art. 39: Cando se trate de elaborar un novo Regulamento, a Xunta de Centro pronunciarase sobre a oportunidade de facelo e, se é o caso, elixirá unha Comisión Delegada temporal que redactará o novo texto, que será sometido a exposición pública e período de emendas. Concluído este procederase á votación nos termos previstos no artigo 38 deste Regulamento