CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Documentos relacionados
BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

DOG Núm. 125 Xoves, 30 de xuño de 2011 Páx

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

DECRETO 84/2012, do 16 de febreiro, polo que se establecen os prezos públicos polas prestacións das residencias de tempo libre.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

MODIFICACION PUNTUAL NUM.13 DO PXOM, NO AMBITO DEFINIDO NA AOD A-4-76 A SEARA, CONCELLO DE VIGO

TU987B - Inicio de actividade de albergues turísticos ou dos albergues de peregrinos do Camiño de Santiago.

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

Dª. OLGA ALONSO SUÁREZ, CONCELLEIRA-SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO CONCELLO DE VIGO

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

Comisións de Servizo por conciliación da vida laboral e familiar

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

REUNIDOS. Ambos interveñen en nome e representación das institucións anteditas EXPOÑEN

Aprobado en Consello de Goberno do 10 de outubro de 2016 EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

PE627A - Autorización de venda de produtos pesqueiros que non sexan obxecto de primeria venda en lonxa.

MR437A - Inscrición no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA).

(Aprobado en consello de goberno de 12 de febreiro de 2014) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDENANZA FISCAL I4. Reguladora do Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras. Artigo 1. Fundamento legal

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Por todo isto, esta consellería,

Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello:

O Real decreto 662/1997, do 12 de maio, polo que se establecen os requisitos mínimos para exerce-la

En consecuencia, como director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, RESOLVO:

por Resolución do 25 de abril de 2016 e pola Orde XUS/704/2016 (Diario Oficial de

Nº 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2011 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 1.169

Nº / /05/2016 dicoruna.es/valdoc?c=db6ddf734e3a7badf6d36d36d37d 1fd7c77ad79e7471eeb9d9b7b5ddde9c

Edificio Administrativo de San Caetano,s/n SANTIAGO DE COMPOSTELA

Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública

DOG Núm. 103 Mércores, 1 de xuño de 2016 Páx

ANEXO II PROGRAMA DE COMUNICACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOCIAL ANO 2010 DATOS DO/A SOLICITANTE

Ordenanzas fiscais Páxina 1

DOG Núm. 120 Luns, 27 de xuño de 2016 Páx

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016 R E U N I D O S

Lei 8/1983, do 8 de xullo, do Consello da Cultura Galega

NORMATIVA REGULADORA DOS CONCURSOS DE ACCESO AOS CORPOS DOCENTES UNIVERSITARIOS E DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

PR460A - Subvencións ás agrupacións de persoal voluntario de protección civil.

III CURSO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN E XESTIÓN FORESTAL PARA GALICIA

HORARIO DO PROFESORADO DAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS (E.O.I)

Así mesmo, de acordo co Real decreto 3318/1982, do 24 de xullo, de traspaso de funcións e servizos en materia de agricultura e gandaría,

Proxecto ORZAMENTO EN TERMOS DE CONTABILIDADE NACIONAL. Memoria I

REXISTRO DE CLUBS E EQUIPOS DE FÚTBOL SALA

CONVOCATORIA E BASES DA III EDICIÓN DO PREMIO GALICIA SPIN-OFF

DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 Martes, 23 de xuño de 2009

2/16. Lei de creación do Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia D I T A M E. Ditame. sobre o anteproxecto de

COTIZACIÓN RECUPERACIÓN SALARIAL CON EFECTOS RETROACTIVOS

A Consellería encargou a AFIPRODEL a elección dos 5 representantes, da rede de AEDL, acordándose a reserva dun deles para un membro desta asociación.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Ordenanzas fiscais Páxina 1

REGULAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL LIMIAR

CONCELLO DE SANTISO (A CORUÑA)

ACORDO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS. PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PLAN DE ESTABILIDADE NO EMPREGO DOS SERVIZOS PÚBLICOS

Rfª.-pr-19/08. Artigo 1.- Natureza e fundamento.

DOG Núm. 35 Luns, 22 de febreiro de 2016 Páx. 6502

CSI F U.A de Galicia Concurso Traslados Lei 17/1989

MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO

Orde do.de xullo de 2017 pola que se desenvolve o Decreto 60/2017, do 22 de xuño, de reorganización de centros docentes de determinadas localidades.

DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx

REUNIDOS. Da outra, Don Severino Rodríguez Díaz, con DNI G, en calidade de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos.

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Subvencións e axudas CONVOCATORIA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS PARA O ANO 2017

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN DE ARQUIVO Expte. RA-35/2010: ROUPA INFANTIL EN OURENSE.

ACORDA. Vivendas de promoción pública cualificadas en núcleo rural. TERCEIRO.- Réxime de adxudicación das vivendas da promoción

ACORDAN. A incorporación do persoal do Consorcio ao Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia realizarase do seguinte xeito:

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA

Regulamento e tarifas dos Servizos xurídicos

HISTORIAL DE CAMBIOS SIMBOLOXÍA. No seu caso, as modificacións puntuais do texto da ordenanza sinalaránse con esta icona.

CURSO CONVOCATORIA XERAL ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO

(...) I. NORMAS XERAIS

MAPA DE RECURSOS: Oficinas de Emprego, Puntos de Información Multimedia e Entidades Colaboradoras en Captación de Ofertas

Decreto /, do de, polo que se regula a composición e funcionamento do Consello de Arquivos de Galicia.

ÁREA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

V I C E P R E S I D E N C I A

Esta obra está dispoñible para a súa consulta e descarga na seguinte ligazón:

DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA

Aprobada por Consello de Goberno do 30/06/2011 Modificada por RR 25/05/2012 Modificada por RD 43/2015 (02/02/2015)

UNIVERSIDADE DA CORUÑA UNIVERSITAS XXI ECONÓMICO XESTIÓN DA PRO RATA MANUAL DE USUARIO

Dna. María Rozas Pérez D. Jorge Carlos Duarte Vázquez Dna. Branca Petra Novo Rey Dna. Concepción Fernández Fernández D. Xan Xesús Duro Fernández

EXEMPLO CONCENTRACION PARCELARIA PRIVADA DE CARÁCTER CTER AGRARIO. EXPERIENCIA A OURADA (PONTECESO-A A CORUÑA)

PREMIOS JULES VERNE ( ) DE ENSINO

TÍTULO I. MEDIDAS HORIZONTALES. CAPÍTULO II. SERVICIOS PROFESIONALES.

DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2017 Páx. 4263

Decreto ----/----, do -- de , polo que se crea a Mesa de coordinación do control da cadea alimentaria

Proxecto TÍTULO IV XESTIÓN ORZAMENTARIA. Lei I

Consello Galego de Participación das Mulleres no Ámbito do Emprego e as Relacións Laborais

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

expediente ce

Transcripción:

DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 46008 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DECRETO 247/2012, do 22 de novembro, polo que se aproba a delimitación do Camiño de Santiago, Camiño Francés, no concello de Santiago de Compostela. O Camiño de Santiago Francés, ao seu paso por Galicia, é un dos bens singulares máis sobranceiros, prezados e visitados dentro do conxunto do patrimonio cultural galego protexido. En virtude do Decreto 2224/1962, do 5 de setembro, está declarado ben de interese cultural, coa categoría de conxunto histórico. En 1993 foi incluído na lista dos bens recoñecidos como Patrimonio da Humanidade e no ano 1997 recibe por parte do Consello de Europa o recoñecemento de Primeiro Itinerario Cultural Europeo. O Parlamento de Galicia, ao ano seguinte da promulgación da Lei de patrimonio cultural de Galicia, aproba a Lei 3/1996, do 10 de maio, de protección dos Camiños de Santiago, que establece unha regulación específica para este ben e lle outorga a categoría de territorio histórico. Segundo a devandita Lei 3/1996, do 10 de maio, correspóndelle á Consellería de Cultura a delimitación dos tramos do Camiño de Santiago, de conformidade co procedemento que se regula no artigo 5 desta. Ao abeiro desa disposición, por Resolución do 30 de xullo de 2010 (DOG nº 162, do 24 de agosto), incóase o procedemento para a delimitación da ruta principal do Camiño de Santiago, Camiño Francés, coa excepción do tramo entre o lugar do Amenal e o límite do aeroporto da Lavacolla, no concello do Pino. Na mesma Resolución do 30 de xullo disponse a apertura do trámite de información pública por un período de dous meses, o sometemento da nova proposta de delimitación do devandito ben de interese cultural á consideración das comisións territoriais de Patrimonio Histórico das provincias da Coruña e de Lugo (nos tramos correspondentes aos municipios das respectivas provincias) e, polo menos, a dous dos órganos consultivos mencionados no artigo 7 da Lei do patrimonio cultural de Galicia. Unha vez realizados eses trámites, examinadas todas as alegacións presentadas durante o período de información pública e as recomendacións dos órganos consultivos e asesores, así como os informes dos seus servizos técnicos, a Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural redacta un novo documento que recolle, respecto a cada concello, as modificacións introducidas en canto ás características, pertenzas e accesorios do Camiño, e formula unha nova proposta de delimitación, da que se exclúe non só o tramo entre o lugar do Amenal e o límite do aeroporto da Lavacolla no concello

DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 46009 do Pino, senón tamén o tramo de Camiño que discorre polo termo municipal de Santiago de Compostela. As razóns desta exclusión atópanse explicadas no informe técnico do 21 de novembro de 2011, que apuntaba a conveniencia de realizar, con carácter previo á resolución que puxese fin ao expediente, un estudo específico que analizase, desde un punto de vista integral, a incidencia de todas as rutas xacobeas legalmente recoñecidas como Camiño de Santiago e os seus ámbitos de protección sobre o territorio do concello de Santiago, e sobre o seu planeamento urbanístico. Atendendo a esa recomendación, mediante resolución da Dirección Xeral da mesma data, acórdase a suspensión temporal do proceso de delimitación do tramo do Camiño de Santiago Francés no ámbito do concello de Santiago, ata que se conclúa o estudo arriba citado. Co data do 14 de decembro do 2011 publícase no Diario Oficial de Galicia o Decreto 227/2011, do 2 de decembro, polo que se aproba a delimitación da ruta principal do Camiño de Santiago, Camiño Francés, desde a entrada no municipio de Pedrafita do Cebreiro ata o límite do termo municipal do Pino, coa excepción do tramo entre o lugar do Amenal e o límite do aeroporto da Lavacolla, no concello do Pino. A delimitación ata o límite do termo municipal do Pino complétase co Decreto 144/2012, do 29 de xuño, publicado no DOG nº 133, do 12 de xullo. A través desas disposicións queda fixada a ruta principal do Camiño de Santiago, e delimitados o ámbito do Camiño Francés en canto territorio histórico declarado ben de interese cultural, e unha zona de influencia, tamén chamada de amortecemento, merecedora dunha protección adicional de tipo ambiental. De acordo co establecido na disposición cuarta do Decreto 227/2011 arriba indicado, co fin de garantir unha axeitada protección do Camiño de Santiago e preservar a interrelación global da ruta de peregrinación co territorio de acollida, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural aprobou unhas instrucións que recollen os criterios e determinacións básicas de ordenación e deseño referentes ás intervencións que afecten eses ámbitos delimitados, dispoñibles para todos os interesados no documento identificado como Guía de Protección do Camiño de Santiago. Por todo o cal, considerando que xa se rematou o estudo que analiza os ámbitos do Camiño no termo municipal de Santiago de Compostela e que o seu contido e conclusións foron expostas aos membros do Comité Asesor do Camiño de Santiago, na súa sesión do 15 de novembro de 2012, obtendo o seu informe favorable, cómpre proceder á resolución definitiva do procedemento incoado pola Resolución do 30 de xullo de 2010, aprobando a delimitación do Camiño ao seu paso polo territorio do concello de Santiago de Compostela.

DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 46010 Vista a necesidade de establecer un réxime provisional que garanta a protección dos terreos vinculados ao Camiño de Santiago obxecto deste decreto, mentres non se aprobe definitivamente o Plan Especial de Protección do Camiño Francés previsto na normativa, inclúese no decreto unha disposición transitoria. En consecuencia, de conformidade co disposto no artigo 5 da Lei de protección dos camiños de Santiago e na Lei de patrimonio cultural de Galicia, á vista do que antecede e dos documentos que constan no expediente, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e dous de novembro de dous mil doce, DISPOÑO: Primeiro. 1. Aprobar a delimitación da ruta principal do Camiño de Santiago, Camiño Francés, no concello de Santiago de Compostela, segundo os planos do anexo deste decreto, onde se fixan o trazado e os límites do territorio histórico que conforma o ben de interese cultural. 2. Establecer como medida protectora a obriga de someter a informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, con carácter previo á súa aprobación, as seguintes figuras de ordenación: O planeamento de desenvolvemento dos ámbitos polos que atravesa o trazado do Camiño Francés (SUNP 32.1 e SUND 33), os que se superpoñen co seu territorio histórico (SUND 26, SUNP 27, SUND 31 e SUND 39), aqueles outros respecto aos cales o propio PXOM de Santiago establece esa indicación pola súa relación directa co Camiño que son os SUND 25 e 32, e os ámbitos de planeamento que se relacionan a continuación, debido á súa potencial incidencia pola afección visual desde o Camiño: PE-2R, PERI-3R, SUD-2, SUND-23, SUND-24, SUNP-28 e SUND 32. A modificación dos planeamentos xa aprobados así como os proxectos de urbanización, se é o caso, dos seguintes ámbitos: PE-1, PERI-5, PERI-CCSL, PE-ZD2, PP-F, SUNP 5 e SUNP 6, e Os proxectos de obras con incidencia territorial relevante nas zonas do Monte do Gozo (PE-PR3) e do aeroporto (PD-AS), pola súa especial significación xacobea, proximidade e afección visual.

DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 46011 Segundo. Ordenar a inscrición da delimitación no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia e a notificación ao órgano competente do Ministerio de Cultura, para o seu coñecemento e para os efectos de inscrición no seu rexistro. Terceiro. Notificar este acordo ao concello afectado, comunicándolle que, ata a aprobación do plan especial de protección do Camiño Francés previsto na Lei 3/1996, do 10 de maio, de protección dos camiños de Santiago, calquera intervención legalmente permitida que pretenda realizarse dentro do ámbito do ben de interese cultural territorio histórico, deberá ser autorizada pola Consellería de Cultura con carácter previo á concesión da correspondente licenza municipal. Disposición transitoria No ámbito do PE-3 (Plan especial director de ordenación e rehabilitación do Camiño Francés), delimitado polo vixente Plan xeral de ordenación municipal de Santiago de Compostela, e mentres non se produza a aprobación definitiva do correspondente Plan Especial de Protección, será de aplicación o réxime derivado da ordenanza sinalada nos planos de ordenación do PXOM. Naqueles ámbitos que non teñen sinalada ordenanza, establécese a aplicación do seguinte réxime: nos terreos clasificados como solo urbano consolidado aplicarase a ordenanza 11 e nos terreos clasificados como solo de núcleo rural aplicarase a ordenanza 13. En ningún destes casos poderán autorizarse modificacións do parcelario, nin cambios de aliñacións e rasantes. En calquera caso, a concesión de licenzas polo Concello requirirá o previo informe do organismo competente en materia de protección do patrimonio cultural, que poderá establecer medidas máis protectoras en función da proximidade ao Camiño. Disposición derradeira Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, vinte e dous de novembro de dous mil doce Alberto Núñez Feijóo Presidente Jesús Vázquez Abad Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DELIMITACIÓN BIC TRAZADO DO CAMIÑO TRAZADO COMPLEMENTARIO TRAZADO CON VESTIXIOS HISTÓRICOS NÚCLEO DE POBOACIÓN DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 46012

DELIMITACIÓN BIC TRAZADO DO CAMIÑO TRAZADO COMPLEMENTARIO TRAZADO CON VESTIXIOS HISTÓRICOS NÚCLEO DE POBOACIÓN DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 46013

DOG Núm. 233 ^ĂŶ ĂĞƚĂŶŽ sŝɛƚă ůğőƌğ ^ĂŶ WĂŝŽ ^ĂŶ >ĄnjĂƌŽ ^ĂŶƚŝĂŐŽ ĚĞ ŽŵƉŽƐƚĞůĂ DELIMITACIÓN BIC TRAZADO DO CAMIÑO TRAZADO COMPLEMENTARIO W ZZKYh/ NÚCLEO DE POBOACIÓN TRAZADO CON VESTIXIOS HISTÓRICOS Páx. 46014 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia ƌşŷɛ Depósito legal C.494-1998 Venres, 7 de decembro de 2012 ISSN1130-9229 ĂŶĚŽ