Lei 8/1983, do 8 de xullo, do Consello da Cultura Galega

Documentos relacionados
Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

REGULAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL LIMIAR

Por todo isto, esta consellería,

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

NORMATIVA REGULADORA DOS CONCURSOS DE ACCESO AOS CORPOS DOCENTES UNIVERSITARIOS E DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

Consello Galego de Participación das Mulleres no Ámbito do Emprego e as Relacións Laborais

ORDENANZA FISCAL I4. Reguladora do Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras. Artigo 1. Fundamento legal

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

A Consellería encargou a AFIPRODEL a elección dos 5 representantes, da rede de AEDL, acordándose a reserva dun deles para un membro desta asociación.

Lei 9/1995, do 10 de novembro, do Consello Consultivo de Galicia

ACORDO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS. PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PLAN DE ESTABILIDADE NO EMPREGO DOS SERVIZOS PÚBLICOS

Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

Dª. OLGA ALONSO SUÁREZ, CONCELLEIRA-SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO CONCELLO DE VIGO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Aprobado en Consello de Goberno do 10 de outubro de 2016 EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

(Aprobado en consello de goberno de 12 de febreiro de 2014) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Consello Escolar de Galicia, Consellos Escolares Territoriais e Municipais.

DOG Núm. 125 Xoves, 30 de xuño de 2011 Páx

REUNIDOS. Ambos interveñen en nome e representación das institucións anteditas EXPOÑEN

TU987B - Inicio de actividade de albergues turísticos ou dos albergues de peregrinos do Camiño de Santiago.

Lei 5/1984, do 29 de maio, de símbolos de Galicia

Decreto /, do de, polo que se regula a composición e funcionamento do Consello de Arquivos de Galicia.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ESTATUTOS DO CLUB: MARINO DE MERA, C.F.

X PREMIO DIARIO CULTURAL DE TEATRO RADIOFÓNICO OBXECTO:

Texto do Estatuto do Consello da Avogacía Galega. Constitución, natureza, personalidade xurídica e domicilio

Decreto ----/----, do -- de , polo que se crea a Mesa de coordinación do control da cadea alimentaria

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE TURISMO E CIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

CONSELLOS ESCOLARES DE CENTRO

CONVOCATORIA E BASES DA III EDICIÓN DO PREMIO GALICIA SPIN-OFF

Lei 6/1999, do 1 de setembro, do audiovisual de Galicia

Criterios para a promoción e titulación na ESO. IES Xunqueira I.

Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto Galego da Vivenda e Solo. (1), (2), (3). (DOG 10/05/88)

DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 Martes, 23 de xuño de 2009

11.- ESTATUTO DA CAPITALIDADE

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

2/16. Lei de creación do Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia D I T A M E. Ditame. sobre o anteproxecto de

O punto de partida do proxecto, o Plan Nacional de Bandas de Música:

INFORME ECONÓMICO-FINANCEIRO ORZAMENTO 2011

Nº 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2011 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 1.169

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN DE AUXILIAR-ASESOR DE CORREDOR DE SEGUROS

En rede. O educativo e o comunitario no barrio de Fontiñas ( Santiago de Compostela ) 24 de NOVEMBRO de 2012 DOLORES SANZ LOBO

Ordenanza Nº 40: Ordenanza Reguladora dos. Prezos Públicos das escolas municipais. de musica e artes escénicas. Ano 2017

DISTRIBUCIÓN POR SEXOS NOS ÓRGANOS DE GOBERNO DA UNIVERSIDADE DE VIGO. Ano Unidade de Igualdade Ano

PROCEDEMENTO DE COORDINACIÓN DA DOCENCIA DE GRAO DA FACULTADE DE CC. EMPRESARIAIS E TURISMO DE OURENSE

MODIFICACION PUNTUAL NUM.13 DO PXOM, NO AMBITO DEFINIDO NA AOD A-4-76 A SEARA, CONCELLO DE VIGO

Regulamento e tarifas dos Servizos xurídicos

JOSÉ RIESGO BOLUDA, SECRETARIO XERAL DO PLENO DO CONCELLO DE VIGO,

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

Dereitos e deberes. Co financiamento de:

CONCELLO DE OUTES (A Coruña)

Lei de Normalización Lingüística de Galicia. (Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, publicada no DOG do 14 de xullo de 1983)

ANEXO II PROGRAMA DE COMUNICACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOCIAL ANO 2010 DATOS DO/A SOLICITANTE

HORARIO DO PROFESORADO DAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS (E.O.I)

DOG Núm. 150 Martes, 9 de agosto de 2016 Páx

DOLORES SANZ LOBO. 29 de outubro de Convivencia e diversidade. O traballo en rede.

PROGRAMA FORMATIVO Módulo de creación de empresas

Edificio Administrativo San Caetano, 1-2º SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono Fax

INFORME ECONÓMICO-FINANCEIRO ORZAMENTO 2013

DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 2015 Páx. 6024

centros especiais de emprego CONSELLERÍA DE TRABALLO Dirección Xeral de Relacións Laborais

A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 5 de xullo de 2013, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Proxecto ORZAMENTO EN TERMOS DE CONTABILIDADE NACIONAL. Memoria I

Diario Oficial de Galicia venres, 28 de setembro de 2001

DECRETO 84/2012, do 16 de febreiro, polo que se establecen os prezos públicos polas prestacións das residencias de tempo libre.

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

III Certame. CIDADANÍA ACTIVA

Sistema de Notificacións de Galicia Notifica.gal. Elaborado por : Área de Modernización Versión 02.02

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 120 Luns, 27 de xuño de 2016 Páx

REGULAMENTO DE CENTROS ADSCRITOS

ACORDAN. A incorporación do persoal do Consorcio ao Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia realizarase do seguinte xeito:

CSIF sobre a Lei 1/2012 de medidas temporais e os orzamentos 2018

Esta obra está dispoñible para a súa consulta e descarga na seguinte ligazón:

CRITERIOS DE XESTIÓN DE LISTAS DE AGARDA E DE PROVISIÓN DE POSTOS

PROGRAMA DE MEDIDAS DE ACTIVACIÓN DO EMPREGO PARA PARADOS DE LONGA DURACIÓN

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Subvencións e axudas CONVOCATORIA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS PARA O ANO 2017

Comisión Galega de Bioética

CONCURSO DE IDEAS EMPRESARIAIS INNOVADORAS, BASEADAS NO COÑECEMENTO CIENTÍFICO

REXISTRO DE CLUBS E EQUIPOS DE FÚTBOL SALA

INFORME ECONÓMICO-FINANCEIRO ORZAMENTO 2015

CSI F U.A de Galicia Concurso Traslados Lei 17/1989

BASES DO XLIII PREMIO DE POESÍA DO CERTAME LITERARIO DO CONCELLO DE VILALBA 2017

Edificio Administrativo San Caetano, 1-2º SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono Fax

IV CERTAME DE RELATO CURTO

Artigo 48. Imposto sobre actividades de xogo (Lei 13/2011, do 27 de maio, de regulación do xogo)

MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO

DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2017 Páx. 4263

5. O Xurado entregará un PRIMEIRO, SEGUNDO E TERCEIRO PREMIO en forma de AGASALLOS.

ACTIVIDADES MÓDULO II

DE HORECA AO RETAIL E TENDENCIAS CONVENIENCE

Transcripción:

Lei 8/1983, do 8 de xullo, do Consello da Cultura Galega Tramitación parlamentaria: Proxecto de lei, BOPG núm. 95, do 5.5.1983. Emendas, BOPG núm. 107, do 31.5.1983. Debate de totalidade, DSPG núm. 35, do 10.5.1983. Informe da Ponencia, BOPG núm. 124, do 21.6.1983. Dictame da Comisión, BOPG núm. 130, do 1.7.1983. Mantemento de emendas e votos particulares, BOPG núm. 130, do 1.7.1983. Debate e aprobación polo Pleno, DSPG núm. 44, do 8.7.1983. Publicación: Boletín Oficial do Parlamento de Galicia núm. 140, do 13.7.1983. Diario Oficial de Galicia núm. 102, do 9.8.1983. Boletín Oficial del Estado núm. 13, do 15.1.1985.

Lei 8/1983, do 8 de xullo, do Consello da Cultura Galega A existencia do «Consello da Cultura Galega» vén determinada polo artigo 32 do Estatuto de Galicia, e responde ás obrigas e facultades que, para a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego, corresponden á Comunidade Autónoma. Como os órganos análogos de Estados, Comunidades e Corporacións ha de ser entendido como un corpo asesor e consultivo, con capacidade de iniciativa, investigación e organización, dotado de personalidade xurídica e composto por membros respresentativos de entidades dos diversos campos da cultura e tamén por personalidades sobranceiras que contribuirán ó desenvolvemento da cultura As áreas de acción do Consello son moi variadas. A acción cultural atinxe ás múltiples facetas da vida do home e das sociedades. Por iso, as leis das nacións e os tratados e convenios defenden, a un tempo, o dereito de todos a seren parceiros do cultivo do espírito, a asumi-los seus valores vixentes, a gozar, xeración tras xeración, dos bens da memoria histórica e do acervo das creacións, a recibi-la benfeitoría do progreso das ciencias e das súas aplicacións e da protección e defensa de canto lles é propio nos campos da lingua, das letras e das artes. Un patrimonio cultural tan vizoso coma o que posúe e carácteriza a nosa nacionalidade e o programa, fondo e de alongados horizontes, que ten de ser desenrolado pola nosa Comunidade, requiren a formación dun órgano cualificado, tal como concibe o Estatuto. O Consello da Cultura Galega créase nunha etapa histórica na que os poderes públicos, lonxe de se afastar dos problemas culturais e de desatendelos, tenden a interesarse afincadamente neles. Por sorte, os procesos de rexurdimento das comunidades con personalidade histórica e a súa autonomía lexislativa e política, son unha forma de salvagarda, liberación e achego cultural frente ás nivelacións igualadoras e monopolizadoras dos poderes centralizados. No caso de Galicia, mercé ó Estatuto e ás transferencias xa recibidas, a case totalidade da acción cultural pode ser atinxida pola Comunidade Autónoma.

O Consello que esta Lei crea procura valiosas colaboracións para os órganos da comunidade para cumprimento de fins e desenrolo de facultades, nos campos da vida popular, no vizoso inzamento das institucións e dos movementos espontáneos e no cultivo de tódolos bens do espírito nos que se afinca a nosa identidade galega. Polas devanditas razóns, o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.2 do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente, promulgo, en nome de El-Rei, a Lei do Consello da Cultura Galega. Artigo 1 Título preliminar Coa finalidade de defender e promociona-los valores culturais do pobo galego, conforme co previsto no artigo 32 do Estatuto de autonomía de Galicia, constitúese o Consello da Cultura Galega, co carácter, composición, competencias e funcionamento que se establecen na presente Lei. Artigo 2 O Consello da Cultura Galega é un órgano con personalidade xurídica propia e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins. Título I Da composición do Consello Artigo 3 1. A composición do Consello da Cultura Galega estructurarase desta forma: a) O Presidente, que será elixido polo Consello en votación secreta, e nomeado por Decreto da Xunta b) O Vicepresidente ou Vicepresidentes, que serán elixidos polo Consello en votación secreta entre os seus membros. c) O Secretario, que será elixido en votación secreta entre os seus membros. d) O Conselleiro de Cultura. e) Os representantes das Entidades seguintes, por designación das mesmas: Un representante da Real Academia Galega. Un representante de Academia de Xurisprudencia e Lexislación Dous representantes da Universidade galega, elixidos entre os seus profesores. Un representante do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Galegos. Un representante do Seminario de Estudios Galegos. Un representante da Academia de Ciencias.

Un representante do Instituto da Lingua Galega. Un representante do Instituto de Estudios Xacobeos. Un representante dos museos Un representante do «Patronato de Rosalía de Castro». Dous representantes das fundacións culturais de interés galego, elixidos en votación secreta polo Consello. f) Personalidades destacadas nos campos da cultura, elixidas polo Consello en votación secreta en número de dez. 2. O Consello poderá invitar a representantes de centros de investigación, medios de comunicación social, asociacións culturais ou profesionais e outras institucións galegas, para ser ouvidas ou para participar nas Ponencias. 3. O Consello poderá incorporar novas entidades. Para isto será preciso abrir unha información na que se xustifique a conveniencia da incorporación. A incorporación requirirá a maioría absoluta dos membros do Consello. Artigo 4 O Presidente da Xunta de Galicia exercerá a Presidencia de Honor do Consello da Cultura Galega. Artigo 5 O mandato dos membros do Consello non será superior a catro anos. Os representantes adscritos nos párrafos e) e f) do artigo 3 serán renovados de por metades cada dous anos, podendo ser reelixidos. Os membros do Consello a que se refire o apartado e) do mesmo artigo, perderán a condición de tales no momento en que decida sustituílos a entidade que os designara. Artigo 6 Título II Competencias Compete ó Consello da Cultura Galega: a) Analizar cantas cuestións se refiran ó patrimonio cultural e fomenta-la lingua e a cultura galegas. b) Investigar e valora-las necesidades culturais do pobo galego. c) Organizar actuacións culturais adecuadas ós fins do Consello dentro ou fóra d) Asesorar e consultar ós poderes da Comunidade Autónoma no que xulgue preciso para a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego. e) Elevar ós poderes da Comunidade Autónoma informes e propostas a favor da defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego.

Artigo 7 Título III Do funcionamento O Consello funcionará en Pleno e a través da executiva, da que formarán parte, polo menos, o Presidente, un Vicepresidente e o Secretario; así mesmo, poderá funcionar en Ponencias, Comisións Técnicas, fixas ou circunstanciais, e en seccións. Artigo 8 O Pleno reunirase polo menos unha vez cada trimestre e sempre que o Presidente o convoque. As reunións plenarias serán convocadas e presididas polo Presidente. Artigo 9 1. As deliberacións e acordos do Consello en Pleno requiren a presencia da metade máis un dos seus membros, incluídos necesariamente o Presidente e o Secretario. Dado o carácter do Consello non se admiten votos delegados. 2. Os acordos adoptaranse por maioría de votos dos asistentes. O Presidente decidirá, co seu voto de calidade, os empates. Artigo 10 Título IV Financiación O Consello da Cultura Galega, de acordo coa Xunta de Galicia, elaborará o seu presuposto, que figurará como unha unidade orgánica dentro dos Presupostos Xerais da Comunidade Autónoma. Ó seu Presidente, de conformidade coa executiva, correspóndelle desenrola-la estructura presupostaria do Consello. Disposición transitoria No prazo dun mes a partir da entrada en vigor da presente Lei, o Consello da Cultura Galega será constituído provisionalmente, baixo a presidencia do Conselleiro de Cultura, polos membros que foran designados de acordo co apartado e) do artigo 3, que no prazo dun mes procederán a elixi-las personalidades que forman parte do apartado f) do artigo 3. No mes seguinte ó día no que se produza a elección á que se refire o apartado anterior, procederase á constitución formal do Consello baixo a presidencia de honor do Presidente da Xunta Disposición final primeira Previa consulta ó Consello da Cultura Galega, o Goberno de Galicia queda facultado para o desenvolvemento regulamentario da presente Lei.

Disposición final segunda Esta Lei entrará en vigor ós vinte días da súa publicación no Diario Oficial Santiago de Compostela, 8 de xullo de 1983 Gerardo Fernández Albor Presidente