Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia

Documentos relacionados
REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

Consello Escolar de Galicia, Consellos Escolares Territoriais e Municipais.

REGULAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL LIMIAR

Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública

Lei 8/1983, do 8 de xullo, do Consello da Cultura Galega

Por todo isto, esta consellería,

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Consello Galego de Participación das Mulleres no Ámbito do Emprego e as Relacións Laborais

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

Decreto /, do de, polo que se regula a composición e funcionamento do Consello de Arquivos de Galicia.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

JOSÉ RIESGO BOLUDA, SECRETARIO XERAL DO PLENO DO CONCELLO DE VIGO,

Nº 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2011 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 1.169

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE TURISMO E CIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ACORDO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS. PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PLAN DE ESTABILIDADE NO EMPREGO DOS SERVIZOS PÚBLICOS

Dereitos e deberes. Co financiamento de:

O SALARIO. O salario ou remuneración salarial é o pago que recibe en forma periódica un

CRITERIOS DE XESTIÓN DE LISTAS DE AGARDA E DE PROVISIÓN DE POSTOS

CONSELLOS ESCOLARES DE CENTRO

A Consellería encargou a AFIPRODEL a elección dos 5 representantes, da rede de AEDL, acordándose a reserva dun deles para un membro desta asociación.

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Subvencións e axudas CONVOCATORIA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS PARA O ANO 2017

Edificio Administrativo San Caetano, 1-2º SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono Fax

ACORDAN. A incorporación do persoal do Consorcio ao Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia realizarase do seguinte xeito:

TU987B - Inicio de actividade de albergues turísticos ou dos albergues de peregrinos do Camiño de Santiago.

PROGRAMA FORMATIVO Módulo de creación de empresas

Comisións de Servizo por conciliación da vida laboral e familiar

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Edificio Administrativo San Caetano, 1-2º SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono Fax

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

NORMATIVA REGULADORA DOS CONCURSOS DE ACCESO AOS CORPOS DOCENTES UNIVERSITARIOS E DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

DOG Núm. 125 Xoves, 30 de xuño de 2011 Páx

TÍTULO I. MEDIDAS HORIZONTALES. CAPÍTULO II. SERVICIOS PROFESIONALES.

MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

ORDENANZA FISCAL I4. Reguladora do Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras. Artigo 1. Fundamento legal

DECRETO NÚMERO 584/2008 DO LIBRO DE RESOLUCIÓNS EN MATERIA DE PERSOAL Ó SERVIZO DA CORPORACIÓN, DITADAS POLO TENENTE DE ALCALDE DELEGADO DE ÁREA.

REGULAMENTO DE CENTROS ADSCRITOS

(Aprobado en consello de goberno de 12 de febreiro de 2014) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Decreto ----/----, do -- de , polo que se crea a Mesa de coordinación do control da cadea alimentaria

REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ DO CONCELLO DE FENE

O punto de partida do proxecto, o Plan Nacional de Bandas de Música:

DOG Núm. 35 Luns, 22 de febreiro de 2016 Páx. 6502

O PLAN DE EMPRESA PLAN DE RECURSOS HUMANOS... 2

Aprobado en Consello de Goberno do 10 de outubro de 2016 EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O Real decreto 662/1997, do 12 de maio, polo que se establecen os requisitos mínimos para exerce-la

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016 R E U N I D O S

Criterios para a promoción e titulación na ESO. IES Xunqueira I.

INSTRUCIÓNS COMPLEMENTARIAS PARA A REALIZACIÓN DA AVALIACIÓN DO PLAN CONCERTADO 2010

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

Orde do.de xullo de 2017 pola que se desenvolve o Decreto 60/2017, do 22 de xuño, de reorganización de centros docentes de determinadas localidades.

CONCELLERÍA DE DEPORTES EVENTOS DEPORTIVOS CALENDARIO, INSTRUCIÓNS, SOLICITUDE E TRAMITACIÓN

MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO ELECTORAL XERAL DA USC. Consello de Goberno de 21 de febreiro de 2014

X PREMIO DIARIO CULTURAL DE TEATRO RADIOFÓNICO OBXECTO:

Orde do...de.. de 2016, pola que se regula a organización, funcionamento e composición da Mesa da Madeira

laboral. de seguridae e saude

1. CATÁLOGO DE MEDIOS E RECURSOS ADSCRITOS AO PLAN CAMGAL

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2017/2018

Lei 9/1995, do 10 de novembro, do Consello Consultivo de Galicia

2/16. Lei de creación do Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia D I T A M E. Ditame. sobre o anteproxecto de

TR802O - Certame Cooperativismo no Ensino.

Lei 6/1999, do 1 de setembro, do audiovisual de Galicia

ANÁLISE DAS CARGAS DE TRABALLO: ESTUDO PILOTO

En consecuencia, como director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, RESOLVO:

DOG Núm. 120 Luns, 27 de xuño de 2016 Páx

DECRETO 84/2012, do 16 de febreiro, polo que se establecen os prezos públicos polas prestacións das residencias de tempo libre.

Ordenanzas fiscais Páxina 1

CSI F U.A de Galicia Concurso Traslados Lei 17/1989

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PROCEDEMENTO DE COORDINACIÓN DA DOCENCIA DE GRAO DA FACULTADE DE CC. EMPRESARIAIS E TURISMO DE OURENSE

Servizo de Guía Laboral

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

As retribucións percibidas polos traballadores/as contratados/as estarán axustadas á disponibilidade orzamentaria.

11.- ESTATUTO DA CAPITALIDADE

NORMATIVA DE CENTROS DE APOIO Á INVESTIGACIÓN DA UNIVERSIDADE DE VIGO VICERREITORÍA DE INVESTIGACIÓN

Tipos e bases de cotización da Seguridade Social

Información e instrucións para realizar solicitudes web

A Lei da Dependencia. Cara onde imos?

CONVOCATORIA E BASES DA III EDICIÓN DO PREMIO GALICIA SPIN-OFF

Ordenanza Nº 40: Ordenanza Reguladora dos. Prezos Públicos das escolas municipais. de musica e artes escénicas. Ano 2017

PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE CREA A COMISIÓN INTERDEPARTAMENTAL DO CAMIÑO DE SANTIAGO

DOG Núm. 131 Venres, 8 de xullo de 2011 Páx

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

FACTURACIÓN ELECTRÓNICA OBRIGATORIA ANTE O CONCELLO DE LUGO A PARTIR DO 30 DE XANEIRO DE 2017

Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto Galego da Vivenda e Solo. (1), (2), (3). (DOG 10/05/88)

ACTIVIDADES MÓDULO II

Convocatoria ordinaria de 2012

REGULAMENTO PARA A UTILIZACION DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS

HORARIO DO PROFESORADO DAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS (E.O.I)

ANEXO II PROGRAMA DE COMUNICACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOCIAL ANO 2010 DATOS DO/A SOLICITANTE

Sistema de Notificacións de Galicia Notifica.gal. Elaborado por : Área de Modernización Versión 02.02

REUNIDOS. Da outra, Don Severino Rodríguez Díaz, con DNI G, en calidade de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos.

BASES DO PREMIO SOLIDARIO CIDADE DE FERROL 2017

Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello:

DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx

Edificio Administrativo de San Caetano,s/n SANTIAGO DE COMPOSTELA

Transcripción:

Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia Tramitación parlamentaria: Proposición de lei, BOPG núm. 17, do 17.4.1986. Debate e toma en consideración polo Pleno, DSPG núm. 15, do 13.5.1986. Emendas, BOPG núm. 55, do 24.9.1986. Informe da Ponencia, BOPG núm. 78, 11.11.1986. Dictame da Comisión, BOPG núm. 85, do 27.11.1986. Debate e aprobación polo Pleno, DSPG núm. 34, do 2.12.1986. Publicación: Boletín Oficial do Parlamento de Galicia núm. 92, do 13.12.1986. Diario Oficial de Galicia núm. 251, do 26.12.1986. Boletín Oficial del Estado núm. 35, do 10.2.1987.

Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia A presente Lei ten por obxecto desenvolver no ámbito da Comunidade Autónoma o dereito constitucional á participación na programación xeral do ensino. Para tal efecto créase o Consello Escolar de Galicia, como un foro de reflexión, expresión e aportación de ideas dos representantes de tódolos sectores sociais, que, a través do exercicio das funcións que a presente Lei lle atribúe ó Consello Escolar de Galicia, permitirá que as competencias que o Estatuto de Autonomía lle recoñece ó poder galego se vexan enriquecidas pola contribución institucionalizada no noso pobo. Pretende a Lei facer operativo o principio de participación, no convencemento de que o sistema educativo galego, alicerce fundamental da nosa identidade, verá incrementa-la súa eficacia e calidade unha vez acadada a súa total democratización. Este obxectivo só se pode acadar incorporando a presencia creativa de tódolos sectores sociais na definición e posterior aplicación dos grandes aliñamentos da política educativa de Galicia. Pero a concorrencia social na programación xeral do ensino non pode quedar limitada á instancia superior do autogoberno, senón que ha de animar e expanderse ós niveis comarcais e locais, porque é no ámbito da realidade máis próxima ó cidadán onde a urxencia das solucións se fai máis acuciante. Por iso a Lei crea os Consellos Territoriais e Municipais. Para a constitución e funcionamento dos primeiros requírese a vontade coincidente de varios Concellos dunha mesma comarca. Con isto procúrase axudar a conforma-la necesaria confluencia de esforzos para a solución de problemas comúns e estimular, xa que logo, a comarcalización e a superación do localismo. Os Consellos Escolares Municipais regulados no título III están concebidos como peza básica e fundamental para unha eficaz instrumentalización da participación da comunidade escolar. Do mesmo xeito que no Consello Escolar de Galicia se procura a máis extensa participación social a nivel municipal sulíñase a representatividade dos protagonistas directos da acción educativa para asegurala fluidez de comunicación cos Consellos Escolares de centros e acadar, por otra banda, un alto nivel de interlocución co poder municipal.

Finalmente, cómpre destacar que o marco xurídico no que se inscribe a presente Lei ten nos artigos 27.5 da Constitución e 31 do Estatuto de Autonomía de Galicia principais e obrigados referentes, e nos artigos 27, 34 e 35 da Lei Orgánica do Dereito á Educación faise reserva competencial expresa para regula-la materia da que se ocupa. Por todo o exposto, o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.2 do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente, promulgo, en nome de El- -Rei, a Lei de Consellos Escolares de Galicia. Título preliminar Disposicións xerais Artigo 1 1. A Comunidade Autónoma de Galicia garantiralles a tódolos sectores sociais afectados, e dentro do ámbito das súas competencias, o exercicio efectivo do dereito á participación na programación xeral do ensino, na determinación das necesidades prioritarias do mesmo, na fixación dos seus obxectivos, na asignación dos recursos necesarios, de acordo coa planificación económica xeral, así como na programación específica de postos escolares de nova creación nos niveis obrigatorios e gratuítos. Igualmente en cantas disposicións afecten á liberdade de ensino ou ó exercicio efectivo do dereito á educación. 2. A programación xeral do ensino non universitario comprenderá a programación específica das prazas escolares de nova creación, e deberá determina-las comarcas, municipios e zonas nas que se crearán as devanditas prazas. 3. En todo caso a programación específica de postos escolares deberá ter en conta a oferta existente de centros públicos e concertados. Artigo 2 Os sectores interesados no ensino non universitario participarán na súa programación xeral a través dos seguintes órganos: 1. Consello Escolar de Galicia. 2. Consellos Escolares Territoriais. 3. Consellos Escolares Municipais. Título I Do Consello Escolar de Galicia Artigo 3 O Consello Escolar de Galicia é o órgano superior de consulta, de participación dos sectores afectados na programación xeral do ensino e de asesoramento verbo

dos proxectos de lei ou dos regulamentos que haxan de ser propostos ou dictados pola Xunta no ámbito da Comunidade Autónoma. Artigo 4 1. O Consello Escolar de Galicia estará integrado por: a) Oito profesores dos niveis educativos correspondentes do ámbito non universitario de Galicia, propostos polos sindicatos ou asociacións profesionais, que, de acordo coa lexislación vixente, teñan a consideración de máis representativos. b) Cinco pais de alumnos, a proposta das Confederacións ou Federacións de Asociacións de Pais de Alumnos en proporción á súa representatividade. c) Tres alumnos, propostos polas Confederacións de Alumnos, de distintos niveis e especialidades, en proporción á súa representatividade. d) Dous representantes do persoal de administración e servicios dos centros docentes do ámbito non universitario, designados polas centrais sindicais que, de acordo coa lexislación vixente, teñan a consideración de máis representativas. e) Dous titulares de centros privados, designados polas organizacións correspondentes en proporción á súa representatividade. f) Tres representantes propostos polas centrais sindicais que, de acordo coa lexislación vixente, teñan a consideración de máis representativas. g) Dous representantes propostos polas organizacións empresariais que, de acordo coa lexislación vixente, teñan a consideración de máis representativas. h) Tres profesores, propostos polos movementos de renovación pedagóxica de Galicia legalmente recoñecidos e en atención á súa representatividade. i) Seis representantes da Administración educativa, propostos polo Conselleiro de Educación. l) Cinco en representación dos Consellos Escolares Territoriais. ll) Oito representantes da Administración Local, propostos polas Federacións ou Asociacións de Concellos. Mentres non funcionen estas Federacións ou Asociacións de Concellos a representación que se lles atribúe neste apartado distribuirase do seguinte xeito: Concellos de máis de cen mil habitantes, dous representantes. Concellos de máis de vinte mil ata cen mil habitantes, dous representantes. Concellos de dez mil a vinte mil habitantes, dous representantes. Concellos de menos de dez mil habitantes, dous representantes.

m) Dous representantes da Universidade propostos polo seu máximo órgano de goberno. n) Dúas personalidades de recoñecido prestixio no campo da educación, propostos polo Conselleiro de Educación. ñ) Un representante do Seminario de Estudios Galegos, proposto polo seu órgano de representación. o) Un representante do Consello da Xuventude de Galicia. 2. O Consello Escolar de Galicia estará presidido polo Conselleiro de Educación. Elixirá, de entre os seus membros, un Vicepresidente, que substituirá ó Presidente nos casos de vacantes ou ausencia coas súas mesmas funcións e prerrogativas. 3. O Consello Escolar de Galicia estará asistido por un Secretario, con voz, pero sen voto, nomeado polo Conselleiro de Educación. Das reunións celebradas extenderá a acta correspondente. 4. O Consello Escolar de Galicia disporá dun Secretariado permanente, vencellado á Consellería de Educación. Esta proverá a dotación dos medios materiais e persoais correspondentes para o cumprimento dos seus fins. Os membros do Secretariado asistirán ó Consello en Pleno ou ás súas Comisións ou Ponencias de traballo, pero non formarán parte do órgano consultivo. 5. A proposta dos dous tercios dos vocais do Consello Escolar de Galicia, este poderá incrementa-la súa representación con novos vocais, sen que o número total de membros exceda de 59. Artigo 5 Os membros do Consello Escolar de Galicia serán nomeados pola Xunta a proposta do Conselleiro de Educación, logo da designación dos representantes polas entidades enumeradas no artigo 4.1, que llo comunicarán á Consellería de Educación no prazo previsto polo Regulamento que desenvolva a presente Lei. Artigo 6 1. O mandato dos membros do Consello Escolar de Galicia será de 4 anos. 2. Os membros do Consello Escolar de Galicia serán renovados por metades cada dous anos en cada un dos grupos de conselleiros a que se refire o artigo 4.1, de acordo co procedemento que regulamentariamente se estableza. 3. Os membros do Consello Escolar de Galicia que o sexan en virtude da representación que ostenten perderán a condición de tales no momento de cesaren como representantes dos seus colectivos. No caso de se producir algunha vacante no Consello Escolar de Galicia, esta deberá ser cuberta de acordo en previsto nos artigos 4 e

5. O novo membro será polo tempo que resta para completa-lo mandato. 4. Sen prexuício do disposto nos apartados 1 e 2, os representantes das organizacións sindicais, colexiais ou empresariais deberán ser ratificados ou substituídos polas instancias que os propuxeron no caso de celebración de eleccións para os órganos rectores das mesmas. O período máximo para substituílos será de dous meses, que se contará dende o día seguinte ó anuncio dos resultados das eleccións ou da renovación dos órganos rectores aludidos. Artigo 7 1. O Consello Escolar de Galicia funcionará en Pleno e en Comisións. 2. As Comisións do Consello Escolar de Galicia serán: a) Permanente. b) De Programación, Construcción e Equipamento Escolar. c) De Financiamento do Ensino. d) De Ordenación do Sistema Educativo. 3. Serán membros da Comisión Permanente: a) O Presidente e mailo Vicepresidente do Consello Escolar de Galicia. b) Os Presidentes das Comisións, que serán designados polo Presidente do Consello. c) Un representante dos profesores. d) Un representante dos pais. e) Un representante dos Consellos Escolares Territoriais. f) Un representante da Administración Local. O Secretario do Consello Escolar de Galicia tamén o será da Comisión Permanente. 4. Poderanse crear subcomisións para o estudio específico dun asunto determinado. 5. O funcionamento da Comisión Permanente, así como das comisións e subcomisións, establecerase regulamentariamente. Artigo 8 Con carácter xeral o Consello Escolar de Galicia reunirase, como mínimo, tres veces ó ano e sempre que o solicite a terceira parte dos seus membros. Artigo 9 1. O Consello Escolar de Galicia será consultado preceptivamente, dentro do ámbito das súas competencias, sobre as seguintes cuestións: a) Anteproxectos de lei e proxectos de disposicións xerais de ámbito educativo que haxan de ser sometidos á aprobación do Consello da Xunta de Galicia. b) Programación xeral do ensino, especialmente nos aspectos

relativos á creación e distribución territorial dos centros docentes dos niveis educativos non universitarios. c) Creación de centros docentes de carácter experimental de rexime especial. d) Normas xerais verbo das construccións e equipamentos escolares. e) Plan de renovación educativa ou aqueloutros de innovacións. f) Orientación e programas educativos. g) Disposicións e actuacións xerais encamiñadas a mellora-la calidade do ensino e a súa adecuación á realidade social e cultural galega, así como aquelas accións destinadas a compensa-las desigualdades e as eivas sociais, territoriais ou individuais da poboación que hai que escolarizar. h) Criterios xerais para o financiamento dos centros públicos e para a concertación dos privados, dentro do marco competencial xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. i) Bases xerais que inspiren a política de bolsas e axudas ó estudio de conformidade coas competencias da Comunidade Autónoma. l) Convenios entre Administracións Públicas. 2. O Consello Escolar de Galicia poderá formularlle á Consellería de Educación propostas sobre os asuntos relacionados nos apartados anteriores deste artigo, ou sobre calquera outro concernente á mellora da calidade do ensino. 3. A Consellería de Educación poderá someter á consideración do Consello cantas cuestións estime pertinentes aínda que non figuren no apartado 1 do presente artigo. Artigo 10 O Consello Escolar de Galicia deberá elaborar anualmente un informe sobre a situación e estado do sistema educativo en Galicia así como unha memoria das súas actividades, na que se terán en conta os informes dos Consellos Territoriais da Comunidade. O dito informe e memoria enviaranse á Consellería de Educación antes de finaliza-lo curso e deberán facerse públicos. Título II Dos Consellos Escolares Territoriais Artigo 11 Os Consellos Escolares Territoriais son os organismos de consulta e participación dos sectores afectados pola programación xeral do ensino non universitario dentro do ámbito dos servicios territoriais nos que se estructure a Administración educativa galega de conformidade co que regule a futura Lei de Organización Territorial de Galicia.

Artigo 12 1. Os Consellos Escolares Territoriais de Galicia serán constituídos por Decreto do Goberno de Galicia, logo da consulta ó Consello Escolar da Comunidade Autónoma, e estarán integrados por: a) Dous representantes dos profesores: un do nivel básico e outro do nivel medio. b) Dous representantes dos pais de alumnos, designados un polas APAS dos colexios de EXB, e outro polas APAS de centros de Ensino Medio. c) Dous representantes dos alumnos, un por cada nivel educativo non universitario e propostos polas Confederacións de Alumnos en proporción á súa representatividade. d) Dous representantes do persoal administrativo e de servicios, un polos centros de Ensino Básico, e outro polos centros de Ensino Medio. e) Un representante por cada un dos sindicatos de ensinantes máis implantados no ámbito territorial de referencia. f) Un representante por cada unha das organizacións empresariais máis implantadas no territorio. g) Un representante da Administración educativa. h) Un representante do municipio de maior censo de poboación do territorio. Os demais municipios designarán de entre eles outro representante. i) Dous representantes dos centros do ensino non universitario, un por cada nivel. l) Un representante das asociacións de renovación pedagóxica presentes no territorio. 2. Os Presidentes e os Vicepresidentes dos devanditos Consellos serán elixidos de entre os seus membros e nomeados polo Conselleiro de Educación e deberán formar parte do Consello Escolar de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 4 da presente Lei. 3. Para os efectos do establecido no artigo 4.1, apartado l), os cinco representantes dos Consellos Escolares Territoriais serán elixidos de entre eles polos Presidentes dos Consellos Territoriais constituídos, cando o seu número sexa superior á representación fixada na presente Lei. No caso de non se constituíren máis de cinco Consellos Escolares Territoriais no prazo máximo dos seis meses posteriores á publicación desta Lei, a representación á que se fai referencia recaerá nos Presidentes dos Consellos Escolares Territoriais que estivesen constituídos. Artigo 13 1. Os Consellos Escolares Territoriais deberán elabora-los seus regulamentos de funcionamento de acordo coas súas características e as normas establecidas

na presente Lei. Presentaranse ó Consello da Xunta para a súa aprobación. 2. Cada Consello Escolar Territorial deberá reunirse, como mínimo, tres veces ó ano, e sempre que o solicite a terceira parte dos seus membros. Artigo 14 1. Os Consellos Escolares Territoriais deberán ser consultados preceptivamente sobre: a) A programación relativa á creación e distribución territorial dos centros docentes dos niveis educativos non universitarios do ámbito de actuación respectivo. b) As normas específicas das construccións escolares, equipamentos ou reformas de ampliación ou melloras de centros dos ámbitos territoriais respectivos. c) Os servicios educativos e demais prestacións no territorio respectivo relacionado co ensino. 2. No ámbito da súa demarcación a Administración educativa poderá consultar ós Consellos Escolares Territoriais sobre calquera aspecto non previsto nos apartados anteriores. 3. Os Consellos Escolares Territoriais poderán formularlle propostas á Administración educativa sobre cuestións relacionadas co ensino, aínda que non figuren expresamente enumeradas no apartado primeiro deste artigo. 4. Os Consellos Escolares Territoriais deberán elaborar un informe anual do estado do ensino no seu ámbito, no que se terán en conta os datos dos Consellos Escolares Municipais do seu territorio. O devandito informe será remitido ó Consello Escolar de Galicia, en cumprimento do artigo 10 da presente Lei, dándolle publicidade. Título III Dos Consellos Escolares Municipais Artigo 15 1. Os Consellos Escolares Municipais son os organismos de consulta e participación dos sectores afectados na programación do ensino non universitario no ámbito municipal. 2. Os municipios que dispoñan polo menos de un colexio de EXB deberán constituí-lo Consello Escolar Municipal. 3. Os municipios que non teñen colexio ou centro público de nivel obrigatorio tamén poderán constituír Consello Escolar Municipal a iniciativa do propio Concello. Artigo 16 1. Os Consellos Escolares Municipais constituiranse con arregro ós seguintes criterios: a) O Alcalde ou membro da Corporación en quen delegue, que será o Presidente.

b) Os demais membros do Consello estarán distribuídos de tal xeito que os dous tercios da totalidade sexan pais, profesores e alumnos de tódolos niveis educativos non universitarios do municipio. O tercio restante estará formado por directores, representantes dos sindicatos, asociacións de empresarios, movementos de renovación pedagóxica, titulares de centros privados e concertados, especialistas en temas educativos e asociacións de veciños, a teor do disposto pola Corporación Municipal. 2. A Administración educativa estará representada nos Consellos Escolares Municipais polo funcionario que designe para o efecto. 3. O número máximo de membros dos Consellos Municipais non poderá, en ningún caso, ser superior ó establecido na presente Lei para o Consello Escolar de Galicia. Artigo 17 1. Por medio de Decreto fixarase o prazo para a constitución dos Consellos Escolares Municipais e nel explicitarase a composición dos membros e os procedementos para a elección dos representantes dos distintos sectores interesados na participación da programación xeral do ensino tendo en conta, en todo caso, os criterios establecidos no artigo 16 da presente Lei. 2. Os Concellos poderán toma- -la iniciativa da constitución dos seus respectivos Consellos Escolares Municipais, fixando as normas regulamentarias de procedemento e comunicándolle á Consellería de Educación o acordo municipal adoptado. 3. Sen prexuício do disposto nos apartados anteriores, os Concellos poden proporlle á Xunta de Galicia, para a súa aprobación, fórmulas específicas de organización e de funcionamento dos Consellos Escolares Municipais correspondentes, tendo en conta as normas establecidas na presente Lei. Artigo 18 1. Os Consellos Escolares Municipais serán consultados pola Administración educativa e deberán ser consultados tamén polos respectivos Concellos sobre as seguintes cuestións: a) Convenios e acordos de colaboración coa Consellería de Educación ou calquera outra Administración Pública, que afecten ó ensino dentro do ámbito municipal. b) Actuacións e normas municipais que afecten ós servicios educativos complementarios e extraescolares con incidencia no funcionamento dos centros docentes, tales como transporte escolar, comedores, servicios de limpeza e conservación. c) Actuacións e normas municipais que afecten ou favorezan a ocupación real das prazas escolares coa finalidade de mellora-lo rendemento educativo e, no seu caso, facer efectiva a obrigatoriedade do ensino.

d) Emprazamento de centros docentes dentro da demarcación municipal. e) Prioridade nos programas e actuacións municipais que afecten á conservación, vixilancia e mantemento adecuado dos centros docentes. f) Fomento das actividades tendentes a mellora-la calidade educativa, especialmente no que respecta á adaptación da programación ó medio. g) Competencias educativas que afecten ó ensino non universitario e que a lexislación outorgue ós municipios. h) Calquera outro asunto que pola súa importancia para a vida escolar do concello lle sexa consultado. i) Na programación de investimentos en materia educativa. 2. O Consello Escolar Municipal elaborará, ó finaliza-lo curso escolar, un informe sobre o estado do ensino no municipio, que enviará á Corporación Municipal e ó Consello Escolar Territorial respectivo, se o houbese. No seu defecto, tal informe será remitido ó Consello Escolar de Galicia. 3. O Consello Escolar Municipal poderá elevar á Administración educativa ou ó Concello informes ou propostas para o mellor funcionamento do sistema educativo. Título IV Disposicións comúns Artigo 19 1. Os Consellos Escolares poderán solicitar información da Administración Pública educativa do nivel correspondente ó seu ámbito de actuación. 2. Se fose preciso, calquera Consello Escolar poderá dirixir peticións de información á Consellería de Educación, relativa ó seu ámbito de actuación. 3. Os Consellos Escolares Municipais poderán igualmente solicitar esta información ó Concello respectivo. Artigo 20 Os Consellos Escolares exercerán a súa función asesora ante a Administración correspondente e poderán elevar informes e propostas a calquera nivel relacionados con asuntos da súa competencia, especialmente sobre aspectos cualitativos do sistema educativo. Artigo 21 As Administracións Públicas en tódolos seus niveis prestaranlles ós Consellos Escolares a axuda precisa, fundamentalmente en materia de instalacións e medios persoais e materiais necesarios para o desenvolvemento da súa laboura, nos termos previstos na presente Lei.

Disposición transitoria Mentres non se desenvolva o previsto no artigo 11, no que fai referencia a servicios territoriais de ámbito comarcal conforme ó que dispoña a futura Lei de Organización Territorial de Galicia, poderán constituírse Consellos Escolares Comarcais sempre e cando os distintos Municipios dunha mesma comarca acorden solicitar da Consellería de Educación o Decreto de constitución correspondente. Neste Decreto regularanse, así mesmo, os procedementos de elección dos representantes dos profesores, alumnos e pais. A representación municipal, sindical e empresarial axustarase ó previsto no artigo 12. Se a Consellería de Educación adoptase unha estructura comarcalizada dos seus servicios antes da publicación da correspondente Lei de Organización Territorial de Galicia, a cada servicio comarcalizado creado corresponderíalle un Consello Escolar Comarcal de idéntico ámbito. Disposición adicional primeira O Consello Escolar de Galicia quedará validamente constituído cando se integren nel polo menos os dous tercios dos representantes que o compoñen. Disposición adicional segunda O prazo ó que se refire o apartado primeiro do artigo 17 da presente Lei, para a constitución dos Consellos Escolares Municipais, non será superior a tres meses a partir da publicación da mesma no Diario Oficial de Galicia. Disposición adicional terceira Transcorrido o prazo a que se refire a disposición adicional anterior, os Concellos que o acordasen poderán toma-la iniciativa de constitución dos respectivos Consellos Escolares Municipais de acordo co establecido no apartado 2 do artigo 17 da presente Lei. Disposición derradeira primeira O Consello Escolar de Galicia asume as funcións de tódolos órganos colexiados consultivos vixentes hoxe en día. Disposición derradeira segunda Autorízase á Xunta de Galicia para que dicte as disposicións precisas para o desenvolvemento e aplicación da presente Lei. Disposición derradeira terceira A presente Lei entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 18 de decembro de 1986 Xerardo Fernández Albor Presidente