JOSÉ RIESGO BOLUDA, SECRETARIO XERAL DO PLENO DO CONCELLO DE VIGO,

Documentos relacionados
Consello Galego de Participación das Mulleres no Ámbito do Emprego e as Relacións Laborais

Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

REGULAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL LIMIAR

Decreto /, do de, polo que se regula a composición e funcionamento do Consello de Arquivos de Galicia.

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE TURISMO E CIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

NORMATIVA REGULADORA DOS CONCURSOS DE ACCESO AOS CORPOS DOCENTES UNIVERSITARIOS E DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

CONCELLO DE OUTES (A Coruña)

MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO

ANEXO II PROGRAMA DE COMUNICACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOCIAL ANO 2010 DATOS DO/A SOLICITANTE

PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE CREA A COMISIÓN INTERDEPARTAMENTAL DO CAMIÑO DE SANTIAGO

Lei 8/1983, do 8 de xullo, do Consello da Cultura Galega

Edificio Administrativo San Caetano, 1-2º SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono Fax

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ACORDAN. A incorporación do persoal do Consorcio ao Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia realizarase do seguinte xeito:

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016 R E U N I D O S

Esta obra está dispoñible para a súa consulta e descarga na seguinte ligazón:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Aprobado en Consello de Goberno do 10 de outubro de 2016 EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

REUNIDOS. Ambos interveñen en nome e representación das institucións anteditas EXPOÑEN

REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ DO CONCELLO DE FENE

(Aprobado en consello de goberno de 12 de febreiro de 2014) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Dereitos e deberes. Co financiamento de:

Criterios para a promoción e titulación na ESO. IES Xunqueira I.

CONVOCATORIA E BASES DA III EDICIÓN DO PREMIO GALICIA SPIN-OFF

Por todo isto, esta consellería,

Convocatoria ordinaria de 2012

En consecuencia, como director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, RESOLVO:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

2/16. Lei de creación do Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia D I T A M E. Ditame. sobre o anteproxecto de

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx

Nº 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2011 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 1.169

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

centros especiais de emprego CONSELLERÍA DE TRABALLO Dirección Xeral de Relacións Laborais

REUNIDOS. Da outra, Don Severino Rodríguez Díaz, con DNI G, en calidade de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos.

Dª. OLGA ALONSO SUÁREZ, CONCELLEIRA-SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO CONCELLO DE VIGO

1. CATÁLOGO DE MEDIOS E RECURSOS ADSCRITOS AO PLAN CAMGAL

2ª.- Número de Prazas: unha.

HORARIO DO PROFESORADO DAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS (E.O.I)

Ordenanzas fiscais Páxina 1

RELACION DE ACORDOS ADOPTADOS POLO PLENO DA CORPORACION DO CONCELLO DE MOECHE NA SESIÓN EXTRAORDINARIA CELEBRADA O DIA 25 DE XUÑO DE 2015.

11.- ESTATUTO DA CAPITALIDADE

laboral. de seguridae e saude

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

CONVENO DE COLABORACIÓN ENTRE A FEDERACIÓN GALEGA DE SURF, O CONCELLO DE E O CLUB

DECRETO NÚMERO 584/2008 DO LIBRO DE RESOLUCIÓNS EN MATERIA DE PERSOAL Ó SERVIZO DA CORPORACIÓN, DITADAS POLO TENENTE DE ALCALDE DELEGADO DE ÁREA.

Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello:

ACORDO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS. PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PLAN DE ESTABILIDADE NO EMPREGO DOS SERVIZOS PÚBLICOS

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

...DON MANUEL JOSÉ DÍAZ SÁNCHEZ, secretario xeral do pleno do excelentísimo Concello da Coruña.

BASES DO XLIII PREMIO DE POESÍA DO CERTAME LITERARIO DO CONCELLO DE VILALBA 2017

Orde do... de... de 2016, pola que se crea a Mesa da Castaña e se regula a súa organización, funcionamento e composición.

ANUNCIO. A Xunta de Goberno Local do Concello de Muros na sesión do día 5 de maio de 2015 adoptou o seguinte acordo

Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia

BASES PARA A SELECCIÓN DE TÉCNICOS/AS MEDIOS EN F.P. ESPECÍFICA PARA A SÚA PARTICIPACIÓN NA PRIMEIRA CONVOCATORIA

Orde do...de.. de 2016, pola que se regula a organización, funcionamento e composición da Mesa da Madeira

Decreto ----/----, do -- de , polo que se crea a Mesa de coordinación do control da cadea alimentaria

PROCEDEMENTO DE COORDINACIÓN DA DOCENCIA DE GRAO DA FACULTADE DE CC. EMPRESARIAIS E TURISMO DE OURENSE

ORDENANZA MUNICIPAL DE NORMALIZACIÓN LINGÚÍSTICA DO CONCELLO DE FERROL

PREMIOS JULES VERNE ( ) DE ENSINO

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2017/2018

ANÁLISE DAS CARGAS DE TRABALLO: ESTUDO PILOTO

INSTRUCIÓNS PARA A XUSTIFICACIÓN DO PROGRAMA CONECTA PEME 2016 XUSTIFICACIÓN DA SEGUNDA ANUALIDADE

CONSELLO DE BIOÉTICA DE GALICIA. Regulamento de funcionamento interno do Consello de Bioética de Galicia

BASES DO PREMIO SOLIDARIO CIDADE DE FERROL 2017

Comisións de Servizo por conciliación da vida laboral e familiar

TÍTULO I. MEDIDAS HORIZONTALES. CAPÍTULO II. SERVICIOS PROFESIONALES.

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Subvencións e axudas CONVOCATORIA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS PARA O ANO 2017

REXISTRO DE CLUBS E EQUIPOS DE FÚTBOL SALA

DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx

A Consellería encargou a AFIPRODEL a elección dos 5 representantes, da rede de AEDL, acordándose a reserva dun deles para un membro desta asociación.

CRITERIOS DE XESTIÓN DE LISTAS DE AGARDA E DE PROVISIÓN DE POSTOS

TR802O - Certame Cooperativismo no Ensino.

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

X PREMIO DIARIO CULTURAL DE TEATRO RADIOFÓNICO OBXECTO:

Campo de San Antonio s/n Monforte de Lemos (Lugo) INDICE

DON MANUEL JOSÉ DÍAZ SÁNCHEZ, SECRETARIO DEL CONSEJO RECTOR DEL INSTITUTO MUNICIPAL CORUÑA ESPECTÁCULOS (IMCE),

expediente ce

CONCELLERÍA DE DEPORTES EVENTOS DEPORTIVOS CALENDARIO, INSTRUCIÓNS, SOLICITUDE E TRAMITACIÓN

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

REGULAMENTO DE CENTROS ADSCRITOS

COTIZACIÓN RECUPERACIÓN SALARIAL CON EFECTOS RETROACTIVOS

Ordenanzas fiscais Páxina 1

Decreto 364/1995, de 10 de marzo, que aproba o regulamento xeral de ingreso na administración.

PROGRAMA DE BOLSAS HIGH SCHOOL UN ANO ACADÉMICO NOS ESTADOS UNIDOS

IV CERTAME DE RELATO CURTO

Edificio Administrativo San Caetano, 1-2º SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono Fax

COMISIÓN PARITARIA DE SEGUIMENTO DO ACORDO DE PRL

As retribucións percibidas polos traballadores/as contratados/as estarán axustadas á disponibilidade orzamentaria.

ACTIVIDADES MÓDULO II

PROXECTO RUNAS REQUIRIMENTOS DE PARTICIPACIÓN. Son requirimentos de participación os seguintes:

DOG Núm. 120 Luns, 27 de xuño de 2016 Páx

Consello Escolar de Galicia, Consellos Escolares Territoriais e Municipais.

DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 Martes, 23 de xuño de 2009

Transcripción:

JOSÉ RIESGO BOLUDA, SECRETARIO XERAL DO PLENO DO CONCELLO DE VIGO, CERTIFICA: Que o Pleno do Concello, en sesión ordinaria do día 27 de decembro de 2004, adoptou o seguinte acordo: 7.- APROBACIÓN DEFINITIVA DO REGULAMENTO DO CONSELLO SOCIAL DA LÍNGUA GALEGA. ANTECEDENTES.- O Pleno do Concello, en sesión do día 29 de decembro de 2003, aprobou inicialmente o texto proposto polo voceiro do Grupo Municipal do Partido Galeguista (daquela Democracia Progresista Galega), co texto que se transcribe no devandito acordo e así como sometelo ao trámite regulamentario de información pública para a presentación de emendas e alegacións. Durante o prazo sinalado no edicto do Concello publicado no Boletín Oficial da Provincia núm. 35, correspondente ao día 20 de febreiro de 2004, non se presentou no Rexistro Xeral deste Concello ningunha reclamación nin suxestión. No expediente figuran informes de data 12 de abril, emitido pola técnica de Normalización Lingüística, Sra. Souto González, e mais de data 4 de xuño, emitido polo titular do Órgano de apoio á Xunta de Goberno Local, Sr. Lorenzo Penela. Polo exposto, con data 16 de decembro de 2004, o concelleiro delegado da área de Asuntos Sociais, emite a proposta que se contén na parte dispositiva deste acordo. A comisión informativa de Asuntos Sociais, en sesión do 20 de decembro de 2004, dáse por enterada do expediente. (No momento da votación está ausente o Sr. Toba Girón). VOTACIÓN E ACORDO.- Por unanimidade dos vintetrés membros presentes da Corporación, dos vintesete que a constitúen de dereito e de feito, ACÓRDASE: Aprobar definitivamente a creación do Consello Social da Língua e do seu regulamento, aprobado inicialmente en sesión plenaria do 29 de decembro de 2003, co texto que se transcribe de seguido. O CONSELLO SOCIAL DA LINGUA GALEGA DE VIGO ARTIGO 1.- A finalidade do Consello Páxina 1 de 6

O Consello Social da Lingua Galega de Vigo (en adiante CSLGV) é o órgano que o Concello de Vigo ten pra o seu asesoramento, consulta e participación na política lingüística, ata conseguir que o galego sexa usado decote pola práctica totalidade da poboación viguesa. ARTIGO 2.- As funcións Son funcións do Consello: a) Avaliar os obxectivos e os resultados da política lingüística do Concello. Para acadar eses fins, o Consello elaborará anualmente un ditame sobre todas as actuacións impulsadas, ou realizadas por instancia do Concello. b) Estudar e analizar, por instancia da Comisión Especial de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, as cuestións relacionadas co fomento e mais a promoción da lingua galega en todos os ámbitos da sociedade. c) Ditaminar sobre os proxectos de instrumentos de planificación lingüística xeral que teñan que ser aprobados polo Concello. d) Propoñerlle ao Concello a elaboración de estudos ou ditames, cara a adopción de medidas axeitadas pra normalizar a lingua galega. ARTIGO 3.- A composición O Consello terá a composición seguinte: a) A Presidencia, que será exercida polo alcalde de Vigo. b) Unha Vicepresidencia Primeira, que será exercida polo concelleiro/a de Normalización Lingüística. c) Unha Vicepresidencia Segunda que será exercida por un membro da Real Academia Galega. d) Unha persoa responsable da Secretaría, nomeada polo alcalde. e) Un membro de cada Grupo Político Municipal. f) Tres persoas de recoñecida competencia na normalización lingüística, nomeadas polo alcalde. g) E polos seguintes vogais: O Sr. presidente da Fundación Penzol, ou persoa en quen delegue. O Sr. xerente da Fundación ProVigo Un por proposta da Dir. Xeral Política Lingüística da Xunta de Galicia. Un por proposta do Sr. Rector da Universidade de Vigo. Un por proposta do Sr. xuíz decano de Vigo. Un por proposta do Sr. delegado da Zona Franca de Vigo. Un por proposta do Sr. presidente da Autoridade Portuaria de Vigo. Un por proposta do Sr. presidente da Cámara de Comercio de Vigo. Un por proposta da Confederación de Empresarios. Un por proposta do Club Financeiro de Vigo. Un por proposta do Sr. presidente do Instituto de Estudos Vigueses. Páxina 2 de 6

Un por proposta de Caixanova. Un por proposta do R.C. Celta. Un por proposta do Bispado de Vigo. Un por proposta de CCOO. Un por proposta da CIG. Un por proposta da UXT. Un por proposta das organizacións veciñais. Un por proposta das asociacións de inmigrantes de Vigo. ARTIGO 4.- As persoas vogais 4.1. As persoas vogais do CSLGV serán nomeadas por decreto do Alcalde de Vigo por un período de catro anos e, de ser o caso, serán membros das institucións que os nomean. 4.2. O cesamento como vogais do CSLGV farase tamén mediante un decreto, que estará determinado por algunha das causas seguintes: a) Por renuncia persoal dalgún dos seus membros. b) Cando se trate de persoas que representen a institucións ou corporacións, por acordo expreso do órgano que as propuxo, que terá que facer a oportuna proposta de substitución para que poida acadar eficacia. c) Se se trata das persoas vogais de libre designación do alcalde, será este o que cubra a vacante con outro nomeamento alternativo inmediato. 4.3. A condición de vogal do CSLGV é indelegable. 4.4. As persoas que asuman a condición de vogais están obrígadas a asistir normalmente ás reunións para as que sexan convocadas, co gallo de realizaren as tarefas que se lles poidan encomendar. ARTIGO 5.- Os órganos do Consello Os órganos colexiados do CSLGV son: a) O Pleno. b) A Comisión Permanente. c) Os Relatorios Sectoriais e os Relatorios Especiais. ARTIGO 6.- O Pleno 6.1 Compoñen o Pleno as persoas que posúan a titularidade da Presidencia, das Vicepresidencias, os vogais e a persoa responsable da Secretaría. 6.2. Son funcións do Pleno: Páxina 3 de 6

a) Aprobar os informes sobre os proxectos de instrumentos de planificación lingüística xeral que teñan que ser aprobados polo Concello. b) Aprobar o ditame que avalíe as actuacións de política lingüística realizada cada ano polo Concello. c) Aprobar os traballos a que se refire o art. 8.3. d) Coñecer e tomar conta das propostas ou recomendacións da Comisión Permanente. e) Elaborar e aprobar as normas de réxime interno do CSLGV. f) Constituír os Relatorios Sectoriais e os Especiais que se consideren convenientes. g) Aprobar a memoria anual de actividades do CSLGV. 6.3. O Pleno reunirase cando menos dúas veces no ano e sempre que o determine a Presidencia ou o solicite unha terceira parte dos seus membros. 6.4. A orde do día dos plenos será fixada polos vicepresidentes, co visto e prace da Presidencia, e a convocatoria será expedida pola Secretaría do CSLGV. 6.5. No caso de que a convocatoria se faga por petición de máis dun terzo dos seus membros, estes remitiranlle á Secretaría a orde do día que se deberá tratar no Pleno. ARTIGO 7.- A Comisión Permanente 7.1. Será presidida polo concelleiro ou concelleira responsable de Normalización Lingüística no Concello. 7.2. Compoñen a Comisión Permanente os dous vicepresidentes, os membros nomeados directamente polo alcalde, dúas persoas vogais designadas polo Pleno, dous vogais da cota de representación institucional e mais a persoa responsable da Secretaría. 7.3 Son funcións da Comisión Permanente: a) Elaborar o dictame que avalíe as actuacións de política lingüística realizadas cada ano polo Concello, pra sometelas á aprobación do Pleno do CSLGV. b) Asesorar ao concelleiro/a de Política Lingüística nas cuestións que este considere convenientes. c) Coñecer e valorar os estudos que realice ou obteña a Concellaría de Normalización Lingüística referidos á evolución do coñecemento e uso do galego nos diversos sectores institucionais ou de sectores da poboación. d) Propoñerlle ó Pleno a creación de relatorios sectoriais ou especiais. e) Facer o seguimento do estado do cumprimento dos acordos do Pleno e propoñerlle á Comisión Especial de Normalización Lingüística do Concello as medidas axeitadas para realizalo. f) Elaborar a memoria anual de actividades do CSLGV para lla presentar ao Pleno. g) As outras de carácter ordinario non reservadas ao Pleno. Páxina 4 de 6

7.4 A Comisión Permanente reunirase cando menos unha vez cada tres meses, e sempre que o determine a súa Presidencia ou o solicite como mínimo un terzo das persoas que a integran. 7.5 A Comisión Permanente elixe as persoas máis idóneas para actuaren como relatores, para que expoñan e defendan perante o Pleno a proposta de ditame avaliativo da memoria do CSLGV, as dos Relatorios Sectoriais ou Especiais, e calquera outro documento que se lle presente. 7.6 A perda da condición de membro do Pleno do CSLGV comporta a perda da de membro da Comisión Permanente. ARTIGO 8.- Os Relatorios Sectoriais e os Relatorios Especiais 8.1. Os Relatorios Sectoriais e os Especiais son instrumentos de traballo do CSLGV que se crean por acordo do Pleno, que é quen determina o obxecto, o funcionamento e a súa composición. 8.2. Compoñen os Relatorios Sectoriais e os Especiais un mínimo de tres persoas vogais designadas polo Pleno. Cando a compoñan máis de tres persoas, poderán formar parte deles persoas que non sexan membros do CSLGV, sempre que se teñan distinguido no campo científico ou profesional co que estea relacionado o obxecto do traballo do relatorio. O número de persoas nomeadas polo Pleno non pode ser superior ao número de vogais do CSLGV que compoñen o relatorio. 8.3. Será función xenérica dos Relatorios Sectoriais e dos Especiais a de auxiliaren ó Pleno ou á Comisión Permanente no cumprimento das súas funcións, así como a realización de estudos, ditames ou planos de actuación específicos en relación coa situación e o fomento do uso e a presenza do galego nun sector de actividade, en relación cun territorio, ou con actuacións ou situacións concretas de diverso tipo. ARTIGO 9.- Participación externa 9.1. Se así o dispón a Presidencia a pedimento dalgunha persoa membro do CSLGV, poderán participar nas sesións do Pleno e da Comisión Permanente e nos Relatorios, con voz e sen voto, persoas ou técnicos doutras institucións, para informaren de cuestións ou feitos concretos relacionados coa política lingüística. 9.2. Así mesmo, a Presidencia poderá solicitar a presenza e a colaboración doutras administracións, institucións, organizacións, personalidades ou técnicos, co obxectivo de obter información sobre cuestións específicas. ARTIGO 10.- A Secretaría Páxina 5 de 6

10.1 A persoa que teña ao seu cargo a Secretaría poderá ser nomeada, e de ser o caso substituída, cando o estime conveniente o concelleiro/a responsable da Vicepresidencia Primeira. 10.2 Son funcións da persoa titular da Secretaría do Consello: a) Organizar as reunións do Pleno, da Comisión Permanente e dos Relatorios, así como de preparar a documentación que se lle remita. b) Coordinar as persoas que sexan membros e colaboradores do CSLGV entre eles, con outras institucións ou cos organismos pertinentes. c) Coordinar tecnicamente os traballos do CSLGV cos órganos administrativos do Concello pertinentes en materia de política lingüística. d) Redactar as actas das reunións. e) Levar un rexistro de entrada e saída de documentos. ARTIGO 11.- Os medios humanos e materiais A Concellaría de Normalización Lingüística, a través da súa propia estrutura, garantirá os medios humanos e materiais necesarios para o bo funcionamento do CSLGV e procurará a difusión na sociedade, do mellor xeito posible, dos seus ditames e traballos. E para que así conste e para os efectos, expide esta certificación de orde e co visto e prace da Excma. Sra. alcaldesa, coa salvidade do artigo 206 do Regulamento de organización, funcionamiento e réxime xurídico das entidades locais, en Vigo a dez de xaneiro do ano dous mil cinco. kv. Vº e Prace A ALCALDESA Corina Porro Martínez Páxina 6 de 6