Por todo isto, esta consellería,

Documentos relacionados
CONSELLOS ESCOLARES DE CENTRO

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

REGULAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL LIMIAR

Orde do.de xullo de 2017 pola que se desenvolve o Decreto 60/2017, do 22 de xuño, de reorganización de centros docentes de determinadas localidades.

HORARIO DO PROFESORADO DAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS (E.O.I)

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

Consello Galego de Participación das Mulleres no Ámbito do Emprego e as Relacións Laborais

A Consellería encargou a AFIPRODEL a elección dos 5 representantes, da rede de AEDL, acordándose a reserva dun deles para un membro desta asociación.

Comisións de Servizo por conciliación da vida laboral e familiar

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

Consello Escolar de Galicia, Consellos Escolares Territoriais e Municipais.

DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx

CRITERIOS DE XESTIÓN DE LISTAS DE AGARDA E DE PROVISIÓN DE POSTOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Nº 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2011 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 1.169

Criterios para a promoción e titulación na ESO. IES Xunqueira I.

VOTO POR CORREO - ELECCIÓNS SINDICAIS 2015

Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (Decreto 324/1996, do 26 de xullo. DOG ).

ACORDAN. A incorporación do persoal do Consorcio ao Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia realizarase do seguinte xeito:

N o 16 L Martes, 26 de xaneiro de 1999 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 877

Diario Oficial de Galicia xoves, 28 de novembro de 1996

O Real decreto 662/1997, do 12 de maio, polo que se establecen os requisitos mínimos para exerce-la

Decreto /, do de, polo que se regula a composición e funcionamento do Consello de Arquivos de Galicia.

ACORDO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS. PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PLAN DE ESTABILIDADE NO EMPREGO DOS SERVIZOS PÚBLICOS

Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública

MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO ELECTORAL XERAL DA USC. Consello de Goberno de 21 de febreiro de 2014

DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2012 Páx. 3842

DOG Núm. 120 Luns, 27 de xuño de 2016 Páx

Lei 8/1983, do 8 de xullo, do Consello da Cultura Galega

Dª. OLGA ALONSO SUÁREZ, CONCELLEIRA-SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO CONCELLO DE VIGO

(Aprobado en consello de goberno de 12 de febreiro de 2014) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

instalacións, profesorado e alumnos que mellor asegure a consecución de obxectivos. Artigo 5º

Aprobado en Consello de Goberno do 10 de outubro de 2016 EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

En consecuencia, como director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, RESOLVO:

Edificio Administrativo San Caetano, 1-2º SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono Fax

Ordenanza Nº 40: Ordenanza Reguladora dos. Prezos Públicos das escolas municipais. de musica e artes escénicas. Ano 2017

DECRETO 84/2012, do 16 de febreiro, polo que se establecen os prezos públicos polas prestacións das residencias de tempo libre.

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación

CONCELLO DE SANTISO (A CORUÑA)

X PREMIO DIARIO CULTURAL DE TEATRO RADIOFÓNICO OBXECTO:

DOG Núm. 125 Xoves, 30 de xuño de 2011 Páx

NORMATIVA REGULADORA DOS CONCURSOS DE ACCESO AOS CORPOS DOCENTES UNIVERSITARIOS E DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

ACORDA. Vivendas de promoción pública cualificadas en núcleo rural. TERCEIRO.- Réxime de adxudicación das vivendas da promoción

Ordenanzas fiscais Páxina 1

O SALARIO. O salario ou remuneración salarial é o pago que recibe en forma periódica un

Asistente web para a solicitude

REUNIDOS. Ambos interveñen en nome e representación das institucións anteditas EXPOÑEN

DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSEJERÍA DE EDUCACIÓN Y CULTURA

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Subvencións e axudas CONVOCATORIA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS PARA O ANO 2017

Tipos e bases de cotización da Seguridade Social

PE627A - Autorización de venda de produtos pesqueiros que non sexan obxecto de primeria venda en lonxa.

(DOG do 2 de novembro de 2000) 91. Os horarios individuais de cada profesor forman parte do documento de organización do centro (DOC).

19 de octubre LUNES 20 de octubre MARTES 22 de octubre MIÉRCOLES

Regulamento e tarifas dos Servizos xurídicos

TU987B - Inicio de actividade de albergues turísticos ou dos albergues de peregrinos do Camiño de Santiago.

Información e instrucións para realizar solicitudes web

MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

CONVOCATORIA E BASES DA III EDICIÓN DO PREMIO GALICIA SPIN-OFF

CSI F U.A de Galicia Concurso Traslados Lei 17/1989

Orde do...de.. de 2016, pola que se regula a organización, funcionamento e composición da Mesa da Madeira

CONCELLO DE OUTES (A Coruña)

ALEGACIONS Á PROPOSTA DE FUNCIÓN PÚBLICA SOBRE BAREMOS PARA CONCURSOS DE TRASLADOS DE PERSOAL FUNCIONARIO DA XUNTA DE GALICIA

DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx

DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA

por Resolución do 25 de abril de 2016 e pola Orde XUS/704/2016 (Diario Oficial de

MR437A - Inscrición no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA).

5. O Xurado entregará un PRIMEIRO, SEGUNDO E TERCEIRO PREMIO en forma de AGASALLOS.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE TURISMO E CIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CONCURSO DE IDEAS EMPRESARIAIS INNOVADORAS, BASEADAS NO COÑECEMENTO CIENTÍFICO

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

DECRETO /2010 de de, polo que se aproba o Regulamento Orgánico das Escolas oficiais de idiomas de Galicia.

CONCURSOS DE TRASLADOS

TR802O - Certame Cooperativismo no Ensino.

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

AULA DE CONVIVENCIA INCLUSIVA

TÍTULO I. MEDIDAS HORIZONTALES. CAPÍTULO II. SERVICIOS PROFESIONALES.

IV CERTAME DE RELATO CURTO

DOG Núm. 35 Luns, 22 de febreiro de 2016 Páx. 6502

BASES XERAIS PARA AUTORIZACIÓN DE REPRODUCCIÓNS DE IMAXES DO ARQUIVO FOTOGRÁFICO PACHECO DO CONCELLO DE VIGO.

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

DISTRIBUCIÓN POR SEXOS NOS ÓRGANOS DE GOBERNO DA UNIVERSIDADE DE VIGO. Ano Unidade de Igualdade Ano

Convocatoria ordinaria de 2012

BASES DO XLIII PREMIO DE POESÍA DO CERTAME LITERARIO DO CONCELLO DE VILALBA 2017

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016 R E U N I D O S

PREMIOS JULES VERNE ( ) DE ENSINO

SEGUNDA CONVOCATORIA DE BOLSAS DE COLABORACIÓN PARA FORMACIÓN COMPLEMENTARIA DO ESTUDANTADO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA.

Transcripción:

Orde do 28 de agosto de 1996 pola que se regula o procedemento de elección dos órganos de goberno dos centros privados concertados. (DOG do 26 de setembro) A Lei orgánica 9/1995, do 20 de novembro, da participación, avaliación e goberno dos centros docentes, derroga expresamente o título III (Dos órganos de goberno nos centros públicos) da Lei orgánica 8/1985, reguladora do dereito á educación, e determina no apartado 4 da súa disposición derradeira primeira a composición dos consellos escolares dos centros concertados. Pola súa parte, esta comunidade autónoma mediante o Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico de institutos de educación secundaria modifica o Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos de goberno dos centros públicos de ensino non universitario. Sobre estas bases e atendendo ó sinalado na disposición derradeira quinta da citada Lei orgánica 9/1995, procede que esta administración educativa estableza as regras concretas que deberán rexe-la elección, constitución e renovación dos consellos escolares, así como a designación e duración do mandato do director dos centros privados concertados, adaptándoa ó establecido na nova normativa. Por todo isto, esta consellería, DISPON: Primeiro. O procedemento electoral para os distintos sectores con representación no consello escolar dos centros docentes privados concertados realizarase de acordo co regulamentado nesta orde e nos aspectos non previstos nesta haberá que aterse ó establecido para os centros públicos no Decreto 92/1988, do 28 de abril, modificado polo Decreto 324 /1996, do 26 de xullo. Segundo. Nos centros de formación profesional constituirase necesariamente o consello escolar se teñen, cando menos, cinco unidades concertadas. Terceiro. 1. Os centros concertados con máis dun nivel ou etapa financiado con fondos públicos poderán ter un único director, consello escolar e claustro de profesores para todo o centro. 2. No suposto previsto no apartado anterior, nos órganos colexiados de goberno participarán os pais e profesores de tódolas etapas ou niveis educativos, sostidos con fondos públicos. Cuarto. O consello escolar dos centros concertados estará constituído por: -O director. -Tres representantes do titular do centro. -Catro representantes dos profesores. -Catro representantes dos pais ou titores dos alumnos.

-Dous representantes dos alumnos, a partir do primeiro ciclo da educación secundaria obrigatoria. -Un representante do persoal de administración e servicios. Nos centros específicos de educación especial considerarase incluído no persoal de administración e servicios o persoal de atención educativa complementaria. Quinto. Dos representantes que lles corresponden ós pais no consello escolar un será proposto pola asociación de pais máis representativa, os outros serán elixidos por votación ante a mesa electoral polos pais, nais ou titores de acordo co procedemento establecido no Decreto 92/1988, do 28 de abril. Sexto. Nos centros que impartan formación profesional específica poderase incorporar ó consello escolar, con voz pero sen voto, un representante proposto polas organizacións empresariais ou institucións laborais presentes no ámbito de acción do centro. Sétimo. 1. A organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do consello escolar correrá por conta da xunta electoral que se constituirá en cada centro e que estará integrada por: o director do centro, un representante do titular do centro, un pai, nai ou titor legal, un representante do profesorado, un alumno ou alumna a partir do primeiro ciclo da educación secundaria obrigatoria e un representante do persoal de administración e servicios, designados, os catro últimos, por sorteo. 2. A xunta electoral terá as seguintes competencias: a) Aprobar e publica-los censos electorais que deberán reflectir, en todo caso, nome e apelidos dos electores. b) Concreta-lo calendario electoral. c) Ordena-lo proceso electoral. d) Admitir e proclamar candidaturas. e) Promove-la constitución das distintas mesas electorais. f) Resolve-las reclamacións presentadas contra as resolucións das mesas electorais. g) Proclama-las candidaturas elixidas e remiti-las correspondentes actas á delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. h) Reclamar do titular do centro a designación dos seus tres representantes no consello escolar. i) Reclamar da asociación de pais de alumnos o seu representante no consello escolar. j) Reclamar, de se-lo caso, das asociacións empresariais un representante que actuará con voz e sen voto. Oitavo. 1. Para efectos do contemplado no punto quinto, a xunta electoral solicitará, cando proceda, á asociación de pais de alumnos do centro, legalmente constituída, que teña maior número de asociados por proposta dun representante para o consello escolar, dando un prazo de 10 días para o efecto.

2. No caso de non existir proposta da asociación de pais de alumnos para ocupa-la praza que lle corresponde a esta, esa vacante cubrirase conxuntamente e co mesmo procedemento cos outros representantes dos pais. Para efectos de futura renovación parcial, asignarase a praza correspondente á proposta da asociación de pais de alumnos ó candidato máis votado. Noveno. 1. Para efectos do contemplado no punto sexto a xunta electoral solicitaralles ás organizacións empresariais ou institucións laborais que prestan a súa colaboración para a realización do módulo de formación en centros de traballo a proposta dun representante para o consello escolar, con 15 días de antelación á constitución deste. Presentará nova petición cada dous anos, coincidindo coa renovación da metade dos membros do consello escolar. 2. As organizacións empresariais ou institucións laborais presentarán a súa proposta polo menos cinco días antes da constitución do consello escolar. Décimo. No consello escolar dos centros de nova creación, e na primeira convocatoria de eleccións ó consello escolar que se realice con posterioridade á publicación desta orde, cada sector da comunidade educativa elixirá a totalidade dos seus representantes. Undécimo. 1. A elección dos membros do consello escolar e a constitución deste nos centros de nova creación efectuarase no mes de outubro. 2. A primeira renovación do consello escolar nos centros de nova creación producirase ó cabo dun ano ou dous, de maneira que coincida coa renovación do resto dos consellos escolares no ámbito da Comunidade Autónoma. Duodécimo. 1. Sen prexuízo do establecido no punto anterior, dous anos despois de constituído o consello escolar de acordo co punto décimo, levarase a cabo a primeira renovación parcial de acordo co artigo 55 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, na nova redacción dada polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo, e serán substituídos os seguintes membros: dous profesores, dous pais e un alumno. 2. Dous anos despois desta primeira renovación parcial, substituiranse os membros non recollidos anteriormente, isto é: dous profesores, un alumno, o representante do persoal de administración e servicios e dous pais, un destes proposto pola asociación de pais de alumnos. 3. Na primeira renovación parcial do consello escolar á que fai referencia o apartado 1 deste punto, para efectos de determinar que membros do consello escolar deben continuar e cales deben ser substituídos, terase en conta a súa relación co centro nos anos seguintes; permanecerán no consello escolar os profesores, pais e alumnos que sigan vinculados a estes nos dous próximos cursos, e no seu defecto, os que continúen un curso. De ser varios profesores, pais ou alumnos que reúnen estas condicións, valoraranse como criterios para permanecer no consello escolar:

a) Maior número de votos alcanzado no último proceso electoral. b) Maior antigüidade no centro. c) Maior idade. Décimo terceiro. Na primeria constitución e sempre que se produza unha renovación parcial a xunta electoral solicitará do titular a designación dos seus tres representantes para formar parte do consello escolar, sen prexuízo de que o titular designe as persoas que viñan obstentando esta representación anteriormente. Décimo cuarto. O quórum para a válida constitución dos órganos colexiados, para os efectos da celebración de sesións, deliberacións e toma de acordos, requirirá a presencia do presidente e do secretario ou, se é o caso, dos que os substitúan, e da metade polo menos, dos seus membros. Se non existise quórum, o órgano constituirase en segunda convocatoria no seguinte día lectivo, no mesmo lugar e na mesma hora; neste caso será suficiente coa asistencia de tres membros dos relacionados na disposición cuarta desta orde. Décimo quinto. 1. As reunións do consello escolar celebraranse en día e hora que posibiliten a asistencia de tódolos membros. 2. Os órganos colexiados reuniranse preceptivamente en sesión ordinaria unha vez por trimestre e sempre que os convoque o seu presidente ou o solicite un tercio, polo menos, dos seus membros. Neste último caso, o presidente realizará a convocatoria no prazo máximo de 20 días contados desde o seguinte día a aquel no que se presente a petición. A sesión celebrarase como máximo no prazo dun mes contado desde o día seguinte á entrega da petición de convocatoria. En todo caso, reuniranse ó inicio e remate de curso. 3. Os profesores pertencentes ós órganos colexiados están obrigados a asistir ás reunións destes. Décimo sexto. A designación do director realizarase de acordo coas normas establecidas no artigo 59 da Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito a educación. 2. Dentro dos dez días seguintes á designación, o titular do centro deberá comunicar ó delegado provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria o nome do novo director. 3. A toma de posesión terá efectos do 1 de xullo do ano no que se efectúa o proceso electoral. 4. A duración do mandato do director será de catro anos.

Disposición adicional Única.-Aplicarase con carácter supletorio o disposto no capítulo II, sobre réxime xurídico dos órganos colexiados, do título II da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Disposición transitoria Única.-Para efectos da maioría absoluta do consello escolar prevista no artigo cincuenta e nove da LODE non serán computados os alumnos de primeiro ciclo de secundaria obrigatoria, dado que non participan no proceso de designación do director. Disposicións finais Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros para dictalas normas necesarias para a aplicación e desenvolvemento do establecido nesta orde. Segunda.-Esta orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 28 de agosto de 1996. Celso Currás Fernández Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria