REGULAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL LIMIAR

Documentos relacionados
REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

Por todo isto, esta consellería,

Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia

Consello Escolar de Galicia, Consellos Escolares Territoriais e Municipais.

A Consellería encargou a AFIPRODEL a elección dos 5 representantes, da rede de AEDL, acordándose a reserva dun deles para un membro desta asociación.

Lei 8/1983, do 8 de xullo, do Consello da Cultura Galega

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

Consello Galego de Participación das Mulleres no Ámbito do Emprego e as Relacións Laborais

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

X PREMIO DIARIO CULTURAL DE TEATRO RADIOFÓNICO OBXECTO:

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE TURISMO E CIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CRITERIOS DE XESTIÓN DE LISTAS DE AGARDA E DE PROVISIÓN DE POSTOS

CONSELLOS ESCOLARES DE CENTRO

ACORDAN. A incorporación do persoal do Consorcio ao Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia realizarase do seguinte xeito:

NORMATIVA REGULADORA DOS CONCURSOS DE ACCESO AOS CORPOS DOCENTES UNIVERSITARIOS E DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

JOSÉ RIESGO BOLUDA, SECRETARIO XERAL DO PLENO DO CONCELLO DE VIGO,

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

Orde do...de.. de 2016, pola que se regula a organización, funcionamento e composición da Mesa da Madeira

Decreto /, do de, polo que se regula a composición e funcionamento do Consello de Arquivos de Galicia.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Criterios para a promoción e titulación na ESO. IES Xunqueira I.

ORDENANZA FISCAL I4. Reguladora do Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras. Artigo 1. Fundamento legal

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Edificio Administrativo San Caetano, 1-2º SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono Fax

BASES DO XLIII PREMIO DE POESÍA DO CERTAME LITERARIO DO CONCELLO DE VILALBA 2017

Ordenanzas fiscais Páxina 1

REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ DO CONCELLO DE FENE

PROCEDEMENTO DE COORDINACIÓN DA DOCENCIA DE GRAO DA FACULTADE DE CC. EMPRESARIAIS E TURISMO DE OURENSE

REUNIDOS. Ambos interveñen en nome e representación das institucións anteditas EXPOÑEN

Comisións de Servizo por conciliación da vida laboral e familiar

PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE CREA A COMISIÓN INTERDEPARTAMENTAL DO CAMIÑO DE SANTIAGO

Decreto ----/----, do -- de , polo que se crea a Mesa de coordinación do control da cadea alimentaria

HORARIO DO PROFESORADO DAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS (E.O.I)

Orde do.de xullo de 2017 pola que se desenvolve o Decreto 60/2017, do 22 de xuño, de reorganización de centros docentes de determinadas localidades.

Ordenanzas fiscais Páxina 1

(Aprobado en consello de goberno de 12 de febreiro de 2014) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Aprobado en Consello de Goberno do 10 de outubro de 2016 EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Dereitos e deberes. Co financiamento de:

Edificio Administrativo San Caetano, 1-2º SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono Fax

ACORDO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS. PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PLAN DE ESTABILIDADE NO EMPREGO DOS SERVIZOS PÚBLICOS

DECRETO 84/2012, do 16 de febreiro, polo que se establecen os prezos públicos polas prestacións das residencias de tempo libre.

Nº 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2011 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 1.169

DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO

As retribucións percibidas polos traballadores/as contratados/as estarán axustadas á disponibilidade orzamentaria.

2ª.- Número de Prazas: unha.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016 R E U N I D O S

Curso Traballo Social e Demencias

por Resolución do 25 de abril de 2016 e pola Orde XUS/704/2016 (Diario Oficial de

O punto de partida do proxecto, o Plan Nacional de Bandas de Música:

REXISTRO DE CLUBS E EQUIPOS DE FÚTBOL SALA

ACTIVIDADES MÓDULO II

TU987B - Inicio de actividade de albergues turísticos ou dos albergues de peregrinos do Camiño de Santiago.

Sistema de Notificacións de Galicia Notifica.gal. Elaborado por : Área de Modernización Versión 02.02

Orde do... de... de 2016, pola que se crea a Mesa da Castaña e se regula a súa organización, funcionamento e composición.

REGULAMENTO PARA A UTILIZACION DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS

CONCELLO DE SANTISO (A CORUÑA)

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

CONVENO DE COLABORACIÓN ENTRE A FEDERACIÓN GALEGA DE SURF, O CONCELLO DE E O CLUB

CONCELLERÍA DE DEPORTES EVENTOS DEPORTIVOS CALENDARIO, INSTRUCIÓNS, SOLICITUDE E TRAMITACIÓN

N o 16 L Martes, 26 de xaneiro de 1999 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 877

En consecuencia, como director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, RESOLVO:

BASES DO CONCURSO DE DISFRACES XUVENIL E ADULTO ENTROIDO 2018

O Real decreto 662/1997, do 12 de maio, polo que se establecen os requisitos mínimos para exerce-la

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Información e instrucións para realizar solicitudes web

PROGRAMA DE MEDIDAS DE ACTIVACIÓN DO EMPREGO PARA PARADOS DE LONGA DURACIÓN

DOG Núm. 120 Luns, 27 de xuño de 2016 Páx

instalacións, profesorado e alumnos que mellor asegure a consecución de obxectivos. Artigo 5º

Dª. OLGA ALONSO SUÁREZ, CONCELLEIRA-SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO CONCELLO DE VIGO

O SALARIO. O salario ou remuneración salarial é o pago que recibe en forma periódica un

DOLORES SANZ LOBO. 29 de outubro de Convivencia e diversidade. O traballo en rede.

Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (Decreto 324/1996, do 26 de xullo. DOG ).

DOG Núm. 131 Venres, 8 de xullo de 2011 Páx

1. CATÁLOGO DE MEDIOS E RECURSOS ADSCRITOS AO PLAN CAMGAL

MR437A - Inscrición no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA).

CONCELLO DE OUTES (A Coruña)

III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA GALICIA, AUGA E LITERATURA PROGRAMA PRENSA-ESCUELA - VIAQUA 2016/2017

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Asistente web para a solicitude

TÍTULO I. MEDIDAS HORIZONTALES. CAPÍTULO II. SERVICIOS PROFESIONALES.

2.- A utilización das pistas axustarase ás condicións da autorización e ós horarios aprobados.

ORDENDANZA FISCAL REGULADORA DEL IMPUESTO SOBRE EL INCREMENTO DE VALOR DE TERRENOS DE NATURALEZA URBANA (PLUSVALÍA MUNCIPAL) AÑO 2017

REGULAMENTO DE CENTROS ADSCRITOS

CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL. Letras Galegas Convocatoria Local -

5. O Xurado entregará un PRIMEIRO, SEGUNDO E TERCEIRO PREMIO en forma de AGASALLOS.

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa SUMARIO:

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello:

MANUAL DE PUBLICIDADE

BASES XERAIS PARA AUTORIZACIÓN DE REPRODUCCIÓNS DE IMAXES DO ARQUIVO FOTOGRÁFICO PACHECO DO CONCELLO DE VIGO.

CONVOCATORIA DUNS CURSOS DO PLAN AGRUPADO DE FORMACIÓN CONTINUA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO PARA O ANO 2014

O PLAN DE EMPRESA PLAN DE RECURSOS HUMANOS... 2

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Subvencións e axudas CONVOCATORIA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS PARA O ANO 2017

Transcripción:

REGULAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL LIMIAR A Lei 3/1986, do 18 de decembro, dos Consellos Escolares de Galicia establece no seu artigo 15.2 que: Os Municipios que dispoñan polo menos dun Colexio de E.X.B., deberán constituí-lo Consello Escolar Municipal. No artigo 17.2 establécese tamén que: Os Concellos poderán toma-la iniciativa da constitución dos seus respectivos Consellos Escolares Municipais, fixando as normas regulamentarias de procedemento e comunicándolle á Consellería de Educación o acordo Municipal adoptado. Así como na Disposición Adicional terceira posibilitarase que: Transcurrido o prazo, ó que se refire a Disposición Adicional anterior (de tres meses a partir da publicación da Lei no Diario Oficial de Galicia), os que acordasen poderán toma-la iniciativa de constitución dos respectivos Consellos Escolares Municipais de acordo co establecido no apartado 2 do artigo 17 da presente Lei, e co Decreto 44/1988 do 11 de febreiro polo que se regulan os Consellos Escolares Municipais. Polo tanto, desde as disposicións legais e da propia capacidade municipal procedente da súa autonomía, e vistos os artigos 27.5, 23.1 e 9.2 da Constitución Española, os artigos 27, 34 e 35 da LODE, 18.1.b) e 25.2.n) da Lei Reguladora das Bases de Réxime Local, é posible e conveniente a creación dun órgano municipal de carácter participativo-consultivo que designaremos co nome de CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE VILAGARCÍA DE AROUSA. Profesores, pais, alumnos, sindicatos, movementos de renovación pedagóxica, asociacións veciñais, titulares de centros privados e concertados, ó abeiro do disposto no artigo 16, apartado 1.b) da Lei de Consellos Escolares de Galicia, serán os sectores que formarán parte do C.E.M., segundo o seguinte Regulamento. REGULAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE VILAGARCÍA DE AROUSA Artigo 1.- CONSTITUCIÓN O C.E.M. constitúese como órgano de consulta e participación cidadá na planificación e intervención educativa do Concello de Vilagarcía de Arousa, coas finalidades e competencias que de seguido se desenvolven. Artigo 2.- FINALIDADES As finalidades sobranceiras do C.E.M. serán as de estudio, asesoramento e emisión de propostas á Corporación Municipal e á Administración Educativa sobre tódolos aspectos do ensino non universitario que indican na nosa poboación, buscando a máxima participación de tódolos cidadáns, entidades e organismos interesados no feito educativo. O C.E.M. é polo tanto un órgano de consulta e participación dos sectores afectados na programación do ensino non universitario e na planificación dos Centros escolares no ámbito municipal. 1

Artigo 3.- FUNCIÓNS O carácter de organismo participativo na planificación e intervención educativa non universitaria realizarase por medio das funcións que lle son propias ó C.E.M.: asesoramento, consulta, proposta e información nas cuestións seguintes: a) Convenios e acordos de colaboración coa Consellería de Educación ou calquera outra Administración Pública, que afecten ó ensino dentro do ámbito municipal. b) Actuacións e normas municipais que afecten ós servicios educativos complementarios e extraescolares con incidencia no funcionamento dos centros docentes, tales como transporte escolar, comedores, servicios de limpeza e conservación. c) Actuacións e normas municipais que afecten ou favorezan á ocupación real das prazas escolares coa finalidade de mellora-lo rendemento educativo e, no seu caso, facer efectiva a obrigatoriedade do ensino. d) Emprazamento dos Centros docentes dentro da demarcación municipal. e) Prioridade nos programas e actuacións municipais que afecten á conservación, vixilancia e mantemento axeitado dos Centros docentes, de acordo coas competencias que a lexislación outorgue ós Concellos en cada momento, e especial atención á supresión de barreiras arquitectónicas. f) Fomento de actividades que tendan a mellora-la calidade educativa, a renovación pedagóxica, os principios da escola activa, e a integración escolar, especialmente no que respecta á adaptación da programación ó medio, para chegar a unha escola democrática, científica, libre, galega e non discriminatoria. g) Competencias educativas que afecten ó ensino non universitario e que a lexislación outorgue ós municipios. h) Na programación de investimentos en materia educativa. i) Calquera outro asunto que pola súa importancia para a vida escolar do Consello lle sexa consultado. Artigo 4.- COMPETENCIAS Os concellos e a administración educativa deberán consultar ó Consello Escolar Municipal sobre as cuestións contidas no artigo 3 deste Regulamento. Artigo 5.- COMPOSICIÓN Ó abeiro do disposto no artigo 16, apartado b) da Lei 3/86 e do artigo 31 do Decreto 44/88 dos Consellos Escolares de Galicia, o Consello Escolar Municipal de Vilagarcía de Arousa, do ensino non universitario, estará composto polos seguintes membros: a) Presidente: O Alcalde ou membro da Corporación en quen delegue. b) Vicepresidente: elixido polo Pleno do C.E.M. entre os seus membros de dereito. c) Secretario: O Secretario Xeral de Concello, ou funcionario do mesmo en quen delegue. 2

d) Vocais: - Dez profesores dos niveis educativos correspondentes ó ámbito do ensino non universitario de Galicia propostos por sindicatos ou asociacións profesionais proporcionalmente á representación obtida nas eleccións sindicais do sector, no municipio, distribuidos da seguinte forma: Seis do ensino público Catro do ensino privado - Seis pais de alumnos propostos pola Federación, ou no seu caso polas Federacións, de Asociacións de Pais de Alumnos. - Catro alumnos elixidos polos representantes dos alumnos en Consellos Escolares dos centros existentes no municipio. - Dez membros elixidos segundo o que dispoña a Corporación Municipal de entre directores, representantes dos sindicatos, asociacións de empresarios, movementos de renovación pedagóxica, titulares de centros privados e concertados, especialistas en temas educativos, e asociacións de veciños. - Un funcionario en representación da administración educativa, designado pola Delegación Provincial de Educación. Artigo 6.- Organización O C.E.M. estructúrase en Pleno, Comisión Permanente e Comisión de Traballo. Artigo 7.- PLENO DO C.E.M. O Pleno do C.E.M. estará constituído por tódolos membros do mesmo. Para a súa constitución inicial será necesario que asistan, alomenos, os dous tercios dos membros que compoñan o Pleno. De non acadarse o quórum establecido, procederíase a unha nova convocatoria nun prazo máximo de 7 días, rexéndose para a súa constitución polo establecido no artigo 10 deste Regulamento. Artigo 8. O Pleno do C.E.M. haberá de xuntarse, como mínimo, unha vez por trimestre, en sesión ordinaria, e preceptivamente ó comenzo e final de cada curso escolar. Poderá xuntarse en sesión extraordinaria se o considera oportuno o Presidente, ou ben se o solicitan por escrito, como mínimo unha terceira parte dos vocais do Pleno do C.E.M. Artigo 9. A convocatoria das sesións ordinarias e extraordinarias do Pleno do C.E.M. haberá de realizarse cunha antelación mínima de 72 horas, acompañada da Orde do Día, na que se fixarán os puntos a tratar. 3

Artigo 10. As sesións do Pleno do C.E.M. celebraranse en primeira convocatoria, sempre que concorra a maioría absoluta dos membros de dereito, e en segunda convocatoria, media hora despois de anunciada, se asisten, alomenos, o Presidente ou Vicepresidente ou vocal en quen deleguen, o Secretario, e un tercio dos vocais. Os acordos adoptaranse por maioría dos votos dos asistentes, podendo formularse votos particulares. Calquera membro do Pleno do C.E.M., ten dereito a examinar e recibir, se así o solicitara, copia das actas e da documentación das Comisións de Traballo, do Pleno e da Comisión Permanente. Artigo 11. Serán competencias do Pleno do C.E.M.: a) Debater e aproba-los informes e dictames referidos ós puntos explicitados no artigo 4 deste Regulamento. b) Elixi-lo Vicepresidente do C.E.M. c) Elixi-los membros da Comisión Permanente. d) Ratificar ós Presidentes de cada unha das Comisións de Traballo. e) Aproba-la creación das novas Comisións de Traballo. f) Aproba-la memoria anual de actuación do C.E.M g) Aproba-lo informe anual sobre a situación do ensino non universitario no municipio. Artigo 12.- COMISIÓN PERMANENTE DO C.E.M. A Comisión Permanente do C.E.M. será elixida polo Pleno do C.E.M. e asegurará a representación de tódolos sectores. Estará formada por: o Presidente, o Vicepresidente, o Secretario, os Presidentes de cada unha das Comisións de Traballo, un ensinante, un pai de alumnos, e un alumno. Xuntarase, como mínimo, unha vez cada mes, e cando o considere pertinente o Presidente ou os dous tercios dos seus membros. Artigo 13. As funcións da Comisión Permanente do C.E.M. serán: a) Prepara-la orde do día das sesións ordinarias e extraordinarias do Pleno do C.E.M. b) Prepara-los temas, os informes, as propostas e os dictames para seren debatidos polo Pleno do C.E.M. c) Xestiona-los asuntos e acordos que lle encomende o Pleno. d) Coordina-lo labor das Comisións de Traballo. e) Elabora-la memoria anual da actuación do C.E.M. f) Elabora-lo informe anual sobre a situación do ensino non universitario no municipio. 4

Artigo 14.- AS COMISIÓNS DE TRABALLO Dentro do C.E.M. estableceranse Comisións de Traballo, que se poderán xuntar cantas veces o consideren oportuno os seus membros. En cada Comisión de Traballo haberá un Presidente, un Secretario, e alomenos, cinco vocais. O Presidente de cada Comisión será elixido no seu seo, e ratificado polo Pleno do C.E.M. Será membro da Comisión Permanente, e portavoz da Comisión diante do Pleno. O Secretario da Comisión, que será designado polo Presidente da mesma, realizará a acta de cada unha das reunións e a orde do día de cada unha delas. Artigo 15. No C.E.M. funcionarán, alomenos, tres Comisións de Traballo: 1ª.- Comisión Pedagóxica. 2ª.- Comisión de Equipamento Escolar. 3ª.- Comisión de Planificación Educativa. As súas propostas serán elevadas á Comisión Permanente. Artigo 16. O pleno de C.E.M. poderá establecer outras Comisións de Traballo, se o considera necesario. Artigo 17. O C.E.M. para tratar temas específicos e puntuais poderá solicita-la asistencia de persoas de recoñecida valía ou coñecementos nunha materia, ou de entidades afectadas nun problema, con voz pero sen voto. Artigo 18.- O PRESIDENTE O Presidente do C.E.M. terá as seguintes funcións: a) Ostenta-la representación oficial do C.E.M. b) Convocar, presidi-las sesións e modera-los debates do Pleno e da Comisión Permanente do C.E.M. c) Autorizar coa súa sinatura os acordos do Pleno do C.E.M. Artigo 19.- O VICEPRESIDENTE O Vicepresidente asume as atribucións do Presidente en caso de ausencia, vacante ou doenza. 5

Artigo 20.- O SECRETARIO Serán funcións do Secretario: a) Cita-las sesións do Pleno do C.E.M., que convocará o Presidente, cando menos con 72 horas de antelación, segundo a orde do día que prepare a Comisión Permanente do C.E.M. b) Redacta-las actas das sesións do Pleno e da Comisión Permanente do C.E.M., que serán aprobadas na seguinte reunión. c) Calquera outra tarefa, relativa a funcións xenéricas da Secretaría, que lle encomende o C.E.M. d) Custodia-las actas. Artigo 21.- MEMORIAS ANUAIS O C.E.M. ó remate de cada curso escolar elaborará unha memoria da súa actuación. Igualmente e como dispón o artigo 18, apartado 2 da Lei 3/1986 de Consellos Escolares de Galicia, e o Decreto 44/1988, de 11-2, o C.E.M. elaborará ó remate de cada curso académico un informe sobre o estado do ensino no municipio que enviará, para o seu coñecemento, á Corporación Municipal, ó Consello Escolar Territorial, e ó Consello Escolar de Galicia. Artigo 22.- RENOVACIÓN DO C.E.M. a) O mandato dos membros do C.E.M. será de catro cursos académicos. Serán revogados ou ratificados por metades cada dous cursos, en cada un dos grupos polos que foron elixidos. b) Os membros do C.E.M. que o sexan en virtude de representación que ostenten perderán a condición de tales no momento de cesen como representantes dos seus colectivos. c) Os membros do C.E.M. que o sexan por colectivos ou entidades poderán ser revogados se os que fixeron a designación o consideran oportuno. d) No caso de producirse algunha vacante, deberá ser cuberta nun prazo máximo de dous meses. O novo membro seráo polo tempo que resta completa-lo mandato. Artigo 23.- SEDES DO C.E.M. A sede e lugar de reunións do C.E.M. e das súas Comisións, será nos locais municipais. 6