INFORMACIÓN SOBRE A SOLICITUDE DE ACREDITACIÓN DA HABILITACIÓN PARA IMPARTIR DOCENCIA NOS CENTROS PRIVADOS DO MES DE FEBREIRO DE 2012

Documentos relacionados
Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

Orde do.de xullo de 2017 pola que se desenvolve o Decreto 60/2017, do 22 de xuño, de reorganización de centros docentes de determinadas localidades.

CALENDARIO DE EXAMES EXTRAORDINARIOS DE SETEMBRO

EQUIVALENCIAS DE ESTUDOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA 1. Organismo: DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS

Convocatoria ordinaria de 2012

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PE627A - Autorización de venda de produtos pesqueiros que non sexan obxecto de primeria venda en lonxa.

V I C E P R E S I D E N C I A

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior Curso 2017

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

MR437A - Inscrición no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA).

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Nº 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2011 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 1.169

NOTAS DE CORTE DO SUG DO ACCESO AO CURSO

DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 Martes, 23 de xuño de 2009

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

(Para cubrir no "Diario Oficial de Galicia) SUMARIO: Anuncio do 27 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx

(*) as materias sinaladas có asterisco son materias impartidas fora de Galicia que non son materias obxecto de exame nesta Comunidade autónoma.

ACORDA. Vivendas de promoción pública cualificadas en núcleo rural. TERCEIRO.- Réxime de adxudicación das vivendas da promoción

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

HORARIO DO PROFESORADO DAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS (E.O.I)

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

ACORDAN. A incorporación do persoal do Consorcio ao Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia realizarase do seguinte xeito:

En consecuencia, como director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, RESOLVO:

O Real decreto 662/1997, do 12 de maio, polo que se establecen os requisitos mínimos para exerce-la

Comisións de Servizo por conciliación da vida laboral e familiar

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO

Información e instrucións para realizar solicitudes web

Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional

Selección lexislativa. Orientación Profesional

LISTAS ABERTAS CORPOS E ESCALAS (PERSOAL FUNCIONARIO)

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

Ordenanza Nº 40: Ordenanza Reguladora dos. Prezos Públicos das escolas municipais. de musica e artes escénicas. Ano 2017

Asistente web para a solicitude

1.- VALORACIÓN DA PUNTUACIÓN DA ÚLTIMA OPOSICIÓN: 60% DA PUNTUACIÓN TOTAL DO BAREMO (60,000 PUNTOS)

BASES XERAIS PARA AUTORIZACIÓN DE REPRODUCCIÓNS DE IMAXES DO ARQUIVO FOTOGRÁFICO PACHECO DO CONCELLO DE VIGO.

III CURSO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

- Corpo de profesores de ensino secundario (590) 001 Filosofía

(Aprobado en consello de goberno de 12 de febreiro de 2014) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO CURSO: 1º ESO

DOG Núm. 131 Venres, 8 de xullo de 2011 Páx

(...) I. NORMAS XERAIS

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA 1

Regulamento e tarifas dos Servizos xurídicos

Curso Superior de Administración electrónica

ABAU 2017 Secretaría de Xuventude Federación de Ensino de CCOO Galicia

X PREMIO DIARIO CULTURAL DE TEATRO RADIOFÓNICO OBXECTO:

CONCELLO DE OUTES (A Coruña)

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN DE AUXILIAR-ASESOR DE CORREDOR DE SEGUROS

ANEXO II PROGRAMA DE COMUNICACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOCIAL ANO 2010 DATOS DO/A SOLICITANTE

PROCEDEMENTOS ADMINISTRATIVOS DE AUTORIZACIÓN DE CENTROS E PROGRAMAS DE SERVIZOS SOCIAIS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONVOCATORIA E BASES DA III EDICIÓN DO PREMIO GALICIA SPIN-OFF

Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello:

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DA OPE 2008/2009

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA 1

INSTRUCIÓNS PARA A XUSTIFICACIÓN DO PROGRAMA CONECTA PEME 2016 XUSTIFICACIÓN DA SEGUNDA ANUALIDADE

Edificio Administrativo San Caetano, 1-2º SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono Fax

IV CERTAME DE RELATO CURTO

Aprobado en Consello de Goberno do 10 de outubro de 2016 EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

por Resolución do 25 de abril de 2016 e pola Orde XUS/704/2016 (Diario Oficial de

ACORDO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS. PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PLAN DE ESTABILIDADE NO EMPREGO DOS SERVIZOS PÚBLICOS

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016 R E U N I D O S

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA 1. Organismo: DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS

Segundo apelido Segundo apellido Outros Otros. Número Número. Primeiro apelido Primer apellido Segundo apelido Segundo apellido NIE NIE

CONCURSOS DE TRASLADOS

Por todo isto, esta consellería,

Cidade da Ciencia e a Innovación 2012 IX CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA- PÁX.1

COTIZACIÓN RECUPERACIÓN SALARIAL CON EFECTOS RETROACTIVOS

Sistema de Notificacións de Galicia Notifica.gal. Elaborado por : Área de Modernización Versión 02.02

Edificio Administrativo de San Caetano,s/n SANTIAGO DE COMPOSTELA

REUNIDOS. Ambos interveñen en nome e representación das institucións anteditas EXPOÑEN

Probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

centros especiais de emprego CONSELLERÍA DE TRABALLO Dirección Xeral de Relacións Laborais

CONCELLO DE SANTISO (A CORUÑA)

CURSO CONVOCATORIA XERAL ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO

TÍTULO I. MEDIDAS HORIZONTALES. CAPÍTULO II. SERVICIOS PROFESIONALES.

Esta obra está dispoñible para a súa consulta e descarga na seguinte ligazón:

Criterios para a promoción e titulación na ESO. IES Xunqueira I.

IN412B - Axuda do Plan Renove de Fiestras.

CSI F U.A de Galicia Concurso Traslados Lei 17/1989

Anatomía Aplicada (*) Análise Musical II. Artes Escénicas Cultura Audiovisual (*)

PROGRAMA DE BOLSAS HIGH SCHOOL UN ANO ACADÉMICO NOS ESTADOS UNIDOS

TU987B - Inicio de actividade de albergues turísticos ou dos albergues de peregrinos do Camiño de Santiago.

Organismo: DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS SUMARIO: TEXTO:

RESOLVO: Artigo 1. Obxecto

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2017/2018

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación

A Consellería encargou a AFIPRODEL a elección dos 5 representantes, da rede de AEDL, acordándose a reserva dun deles para un membro desta asociación.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Transcripción:

INFORMACIÓN SOBRE A SOLICITUDE DE ACREDITACIÓN DA HABILITACIÓN PARA IMPARTIR DOCENCIA NOS CENTROS PRIVADOS DO MES DE FEBREIRO DE 2012 A disposición adicional oitava do Real decreto 132/2010, do 12 de febreiro, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten as ensinanzas do segundo ciclo da educación infantil, a educación primaria e a educación secundaria (BOE nº 62, do 12 de marzo) establece que Os profesionais que a data de entrada en vigor deste real decreto estiveran habilitados para a docencia da educación infantil, nos dous ciclos, da educación primaria, da educación secundaria obrigatoria, do bacharelato e da formación profesional manterán dita habilitación e a disposición transitoria segunda do mesmo real decreto prescribe que As administración educativas procederán no prazo de dous anos desde a entrada en vigor deste real decreto, á acreditación expresa do cumprimento dos requisitos aos que se refire o apartado primeiro da disposición adicional oitava. Estes preceptos desenvolvéronse para a Comunidade Autónoma de Galicia na disposición transitoria segunda da Orde do 3 de xuño de 2011, pola que se desenvolve a normativa para o exercicio da docencia nos centros privados nas ensinanzas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional e se establece o procedemento de habilitación (DOG nº 112, do 13 de xuño). Para a execución da disposición transitoria segunda da Orde do 3 de xuño de 2011 dítanse as seguintes instrucións informativas: Primeiro.- PRAZO DE SOLICITUDE PARA A ACREDITACIÓN DA HABILITACIÓN PARA O EXERCICIO DE DOCENCIA EN CENTROS PRIVADOS - A solicitude formularase durante o mes de febreiro de 2012 no enderezo www.edu.xunta.es/habilitacions. Non se admitirá ningunha solicitude efectuada por fóra da aplicación informática. Segundo.- QUE PERSOAS TEÑEN QUE REALIZAR A SOLICITUDE DE ACREDITACIÓN DA HABILITACIÓN PARA O EXERCICIO DE DOCENCIA EN CENTROS PRIVADOS NESTE MES DE FEBREIRO DE 2012?

a) PARA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA 1.º Aquelas persoas que non tiveran concedida expresamente unha habilitación pero que estiveran impartindo docencia en educación infantil e/ou primaria con anterioridade o día 20 de outubro de 1994 (Orde de 11 de outubro de 1994, BOE n.º 250, do 19 de outubro) e continuaban impartindo o día 13 de marzo de 2010 (ANEXO III), agás que conforme ao apartado terceiro e o anexo da Orde do 3 de xuño de 2011 están en posesión dunha titulación que exime da necesidade de ter unha certificación de habilitación para impartir docencia en centros privados. 2.º Todas as persoas que teñan concedida expresamente unha habilitación de carácter definitivo, con anterioridade ao 13 de marzo de 2010, para o exercicio da docencia na educación infantil e/ou primaria, en calquera especialidade, aínda que nunca prestara servizos en centros privados, agás aquelas persoas que conforme ao apartado terceiro e o anexo da Orde do 3 de xuño de 2011 están en posesión dunha titulación que exime da necesidade de ter unha certificación de habilitación para impartir docencia en centros privados. -En relación co anterior (apartados 1.º e 2.º), a modo de exemplo, recórdase que para impartir as áreas propias da educación primaria (lingua castelá, lingua galega, sociais, matemáticas) non necesita habilitación o persoal que posúa algunha das seguintes titulacións: o o o mestre, en calquera das súas especialidades profesor de EXB en calquera das súas especialidades mestre de ensino primario, en calquera das súas especialidades b) PARA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA, BACHARELATO E FORMACIÓN PROFESIONAL 1.º Aquelas persoas que non tiveran concedida expresamente unha habilitación pero estiveran impartindo docencia no bacharelato unificado polivalente e/ou curso de orientación universitaria, educación secundaria obrigatoria e/ou bacharelato ou formación profesional con anterioridade o día 5 de agosto de 1995 (Orde do 24 de xullo de 1995, BOE n.º 185, do 4 de agosto) e continuaban impartindo docencia o día 13 de marzo de 2010 (ANEXO IV). Estas persoas, en función da/s materia/s que impartían con anterioridade ao citado día 5 de agosto de 1995, serán habilitadas para as materias segundo o anexo V.

2.º Aquelas persoas que comezaran a prestar servizos a partir do día 5 de agosto de 1995 e estiveran impartindo unha ou varias materias nun centro privado o día 13 de marzo de 2010 (só para a/s materia/s que se estaban impartindo nesta última data), e non necesitasen solicitar no seu momento a certificación de habilitación para impartila/s na educación secundaria obrigatoria ou bacharelato, por estar en posesión dunha das titulacións establecidas no anexo I da Orde do 25 de novembro de 1997 (DOG nº 246, do 22 de decembro) (ANEXO I) Aquelas persoas que estiveran prestando servizos nun centro privado de FP o día 13 de marzo de 2010 e non necesitasen solicitar a certificación de habilitación para impartir docencia por estar en posesión dalgunha das titulacións establecidas nos currículos correspondentes aos ciclos formativos que imparten. 3.º Todas as persoas que teñan concedida expresamente unha habilitación de carácter definitivo, con anterioridade ao 13 de marzo de 2010, para o exercicio da docencia na educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional, aínda que nunca prestaran servizos en centros privados. Estas persoas, en función da/s materia/s que figuran na súa acreditación de habilitación, serán habilitadas para as materias segundo o anexo VI. c) PARA OS MESTRES QUE IMPARTAN OS DOUS PRIMEIROS CURSOS DA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA. Aqueles mestres que estiveran impartindo docencia o 13 de marzo de 2010 no primeiro e/ou segundo curso da educación secundaria obrigatoria e continúen impartíndoa ou deixaran de impartila no período comprendido entre a data sinalada e a data da solicitude de habilitación por razóns organizativas do centro (ANEXO II). Terceiro- QUE PERSOAS NON TEÑEN QUE EFECTUAR SOLICITUDE DE ACREDITACIÓN DE HABILITACIÓN PARA IMPARTIR DOCENCIA EN CENTROS PRIVADOS NESTE PRAZO DO MES DE FEBREIRO DE 2012? - Todas as persoas que impartan docencia nas etapas de educación infantil e primaria e para cada especialidade estean en posesión dunha das titulacións relacionadas no anexo I.2.a) da Orde do 25 de novembro de 1997 ou do anexo da Orde do 3 de xuño de 2011.

- Todas as persoas que teñan unha certificación de habilitación para o exercicio da docencia en centros privados con posterioridade ao 13 de marzo de 2010. - Todas as persoas que estean impartindo docencia nunha materia en calquera etapa educativa con anterioridade ao 13 de marzo de 2010, que necesitaran habilitación conforme á normativa recollida na Orde do 11 de outubro de 1994, do 24 de xullo de 1995 e do 25 de novembro de 1997 e nunca fixeran a solicitude. Estas persoas farán a solicitude de habilitación nos prazos ordinarios establecidos no apartado décimo cuarto da Orde do 3 de xuño de 2011. - Todas as persoas que estean impartindo docencia nun centro privado non terán que efectuar solicitude de acreditación de habilitación das materias que non impartían o 13 de marzo de 2010, agás cando teñan concedida expresamente a habilitación de carácter definitivo con anterioridade a dita data de 13 de marzo de 2010. Estas persoas farán a solicitude de habilitación nos prazos ordinarios establecidos no apartado décimo cuarto da Orde do 3 de xuño de 2011. - Todas as persoas que teñan unha habilitación excepcional, temporal ou provisional e que deberán regularizar a súa situación, se non o fixeron, a través dos prazos ordinarios establecidos no apartado décimo cuarto da Orde do 3 de xuño de 2011. - Todas aquelas persoas que estean impartindo docencia das linguas estranxeiras en educación secundaria obrigatoria ou bacharelato e desexen habilitarse excepcionalmente para impartir estas linguas na educación primaria, no mesmo centro ou centros do mesmo titular. Estas persoas farán a solicitude de habilitación nos prazos ordinarios establecidos no apartado décimo cuarto da Orde do 3 de xuño de 2011. - Todas as persoas que non están prestando servizos na actualidade nun centro privado e carecen dunha habilitación expresa. Estas persoas, se reúnen os requisitos actualmente esixibles, deberán efectuar a súa solicitude de acreditación de habilitación nos prazos ordinarios previstos no apartado décimo cuarto da Orde do 3 de xuño de 2011. Cuarto.- Documentación que se debe presentar coa solicitude de febreiro - Aquelas persoas que posúan unha habilitación definitiva expresa anterior o día 13 de marzo de 2010 unicamente presentarán copia compulsada de dita habilitación (Apartados a) 2.º y b) 3.º deste documento).

Aquelas persoas que extraviaran a resolución de habilitación definitiva expresa solicitarán previamente unha copia ou unha certificación de estar en posesión desta na xefatura territorial correspondente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. - Aquelas persoas que non necesitasen no seu momento solicitar a certificación de habilitación achegarán coa solicitude fotocopia compulsada da titulación que posúen e certificado da dirección do centro no que están prestando servizos, visado pola inspección educativa, conforme ao modelo que se publica como anexo I desta información (Apartado b) 2.º deste documento). - Aquelas persoas que non tiveran concedida expresamente unha habilitación pero que estiveran impartindo docencia en educación infantil e/ou primaria con anterioridade o día 20 de outubro de 1994 e continúan impartindo o día 13 de marzo de 2010 achegarán coa súa solicitude certificado da dirección do centro no que imparten docencia, visado pola inspección educativa, conforme o modelo que se publica como anexo III desta información (Apartado a) 1.º deste documento). - Aquelas persoas que non tiveran concedida expresamente unha habilitación pero estiveran impartindo docencia no bacharelato unificado polivalente e/ou curso de orientación universitaria, educación secundaria obrigatoria e/ou bacharelato ou formación profesional con anterioridade o día 5 de agosto de 1995 e continúan impartindo docencia o día 13 de marzo de 2010 achegarán coa súa solicitude certificado da dirección do centro no que imparten docencia, visado pola inspección educativa, conforme o modelo que se publica como anexo IV (Apartado b) 1.º deste documento). - Os mestres que estean impartindo o primeiro e/ou segundo curso da educación secundaria obrigatoria deberán achegar fotocopia compulsada da titulación académica, da acreditación da habilitación e certificación de servizos conforme ao anexo II (Apartado c deste documento). Quinto.- Lugares de presentación da solicitude As solicitudes poderanse presentar: a) No rexistro xeral da Xunta de Galicia

b) Nos rexistros provinciais dos departamentos territoriais da Xunta de Galicia c) En calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de acordo coas condicións establecidas no citado precepto. No caso de que se opte por presentar a solicitude nunha oficina de correos, farase en sobre aberto, para que a instancia sexa datada e selada polo persoal funcionario de correos antes de ser certificada Sexto.- Forma de efectuar a solicitude e resolución desta 1 Cando exista unha resolución expresa de habilitación a solicitude formularase pola materia ou materias especificadas en dita resolución, aínda no suposto de que agora se denominen doutra maneira. 2 A resolución destas axustarase ás novas denominación das áreas e materias nos plans de estudos vixentes. No caso dos módulos formativos de formación profesional establecéranse os criterios de equivalencias entre os módulos dos títulos do plan de estudos LOXSE e do plan de estudos LOE conforme aos criterios que se fixen pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2012 O director xeral de Centros e Recursos Humanos José Manuel Pinal Rodríguez

ANEXO I Don/Dona...Director/a do CPR...Localidade...Provincia... CERTIFICO que don/dona...con DNI... prestaba servizos neste centro o 13 de marzo de 2010 na etapa educativa... na/s área/s, materia/s, módulos profesionais seguintes... (*)..., a...de febreiro de 2012 Asdo: V.º e Prace Inspección educativa (*) Deberá achegar ademais copia compulsada da titulación.

ANEXO II Don/Dona...Director/a do CPR...Localidade...Provincia... CERTIFICO que don/dona...con DNI... prestaba servizos neste centro desde o día...de...de...no primeiro e/ou segundo curso da ESO e: continúa na actualidade deixou de impartir o día...de...de... (*)..., a...de febreiro de 2012 Asdo: V.º e Prace Inspección educativa (*) Deberá achegar ademais copia compulsada da titulación de mestre e copia compulsada da acreditación da habilitación.

ANEXO III Don/Dona...Director/a do CPR...Localidade...Provincia... CERTIFICO que don/dona...con DNI... impartía docencia na educación infantil e /ou primaria neste centro con anterioridade o día 20 de outubro de 1994 na/s área/s seguintes... e continuaba o día 13 de marzo de 2010...., a...de febreiro de 2012 Asdo: V.º e Prace Inspección educativa

ANEXO IV Don/Dona...Director/a do CPR...Localidade...Provincia... CERTIFICO que don/dona...con DNI... impartía docencia no bacharelato unificado polivalente e/ou curso de orientación universitaria, na educación secundaria obrigatoria e/ou bacharelato ou formación profesional neste centro con anterioridade o día 5 de agosto de 1995 na/s materia/s ou módulo/s profesionais seguintes...e continuaba o día 13 de marzo de 2010...., a...de febreiro de 2012 Asdo: V.º e Prace Inspección educativa

www.edu.xunta.es ANEXO V MATERIAS BUP/COU/FP Lingua española e literatura Literatura Lingua española MATERIAS LOE Lingua castelá e literatura Literatura universal Literatura hispánica Lingua galega e literatura Lingua galega Literatura galega Idioma estranxeiro Latín Grego Educación Física Lingua galega e literatura Literatura galega do século XX e actualidade Literatura universal Literatura hispánica Lingua estranxeira correspondente Latín Grego Cultura clásica Educación Física Filosofía e cidadanía Historia da Filosofía Filosofía e cidadanía Filosofía Ética Educación ético- cívica Ética e Filosofía do dereito Filosofía da ciencia e da tecnoloxía Historia e cultura das relixións Educación para a cidadanía e os dereitos humanos Música Música

www.edu.xunta.es Ciencias Sociais,Xeografía e Hª Xeografía Historia das civilizacións e do Arte Xeografía Historia de España Historia do mundo contemporáneo Historia da Arte Formación Humanística Historia de España Historia do mundo contemporáneo Historia da Arte Historia e cultura das relixións Xeografía e historia de Galicia Educación para a cidadanía e os dereitos humanos Antropoloxía Iniciativas emprendedoras Matemáticas Matemáticas Matemáticas I Matemáticas II Tecnoloxía de Informática de Xestión Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais Tecnoloxía Tecnoloxías Métodos estatísticos e numéricos Informática Tecnoloxías da información e da comunicación Bioloxía e Xeoloxía Bioloxía Ciencias Naturais Bioloxía Xeoloxía Tecnoloxía Agraria Tecnoloxía da Madeira Tecnoloxía do Metal Tecnoloxía Sanitaria Ciencias da Terra e Medioambientais Ciencias para o mundo contemporáneo Ciencias da Natureza Tecnoloxías Tecnoloxía Tecnoloxía industrial Filosofía da ciencia e da tecnoloxía Anatomía aplicada Xeoloxía

www.edu.xunta.es Física e Química Física Química Tecnoloxía Agraria Tecnoloxía informática de xestión Tecnoloxía de automoción Tecnoloxía de electricidade Tecnoloxía de electrónica Tecnoloxía química Ciencias da Natureza Física e Química Física Química Electrotecnia Tecnoloxías Tecnoloxía Tecnoloxía industrial Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía Educación plástica e visual Debuxo Debuxo técnico Tecnoloxía de Artes Gráficas Tecnoloxía de construción e obras Tecnoloxía de Delineación Tecnoloxía de imaxe e son Debuxo artístico Debuxo técnico Deseño Técnicas de expresión gráfico plástica Volume Tecnoloxías Tecnoloxía Economía Tecnoloxía administrativa e comercial Formación empresarial Economía da empresa Obradoiro da iniciativa empresarial Iniciativas emprendedoras

www.edu.xunta.es ANEXO VI MATERIAS LOXSE MATERIAS LOE Lingua castelá e literatura Área de lingua castelá e literatura Lingua castelá e literatura Literatura universal Literatura hispánica Lingua galega e literatura Lingua galega e literatura Área de lingua galega e literatura Literatura galega do século XX e actualidade Literatura universal Literatura hispánica Lingua estranxeira correspondente Área de lingua estranxeira Latín Grego Cultura clásica Educación Física Área de Educación Física Lingua estranxeira correspondente Latín Grego Cultura clásica Educación Física Filosofía e cidadanía Historia de Filosofía Filosofía e cidadanía Filosofía Historia da Filosofía Educación ético-cívica Historia e cultura das relixións Ética e Filosofía do dereito Educación para a cidadanía e os dereitos humanos Filosofía da ciencia e da tecnoloxía Música Área de música Música

www.edu.xunta.es Ciencias Sociais, Xeografía e Hª Xeografía Historia de España Área de ciencias sociais,xeografía e historia Historia e cultura das relixións Educación para a cidadanía e os dereitos humanos Iniciativas emprendedoras Antropoloxía Ciencias Sociais, Xeografía e Historia Xeografía Xeografía e Historia Historia de España Xeografía e historia de Galicia Historia e cultura das relixións Educación para a cidadanía e os dereitos humanos Historia do mundo contemporáneo Historia da arte Matemáticas Área de Matemáticas Historia do mundo contemporáneo Historia da Arte Matemáticas Métodos estatísticos e numéricos Informática Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais Métodos estatísticos e numéricos Informática Bioloxía e Xeoloxía, Bioloxía e Xeoloxía Ciencias da Terra e do Medio Ambiente Ciencias da Terra e Medioambientais Filosofía da ciencia e da tecnoloxía Ciencias para o mundo contemporáneo Bioloxía Bioloxía Ciencias para o mundo contemporáneo Filosofía da ciencia e da tecnoloxía Área de Ciencias da Natureza Ciencias Naturais

www.edu.xunta.es Xeoloxía Electrónica Mecánica Tecnoloxía Industrial Xeoloxía Tecnoloxía industrial Tecnoloxía Tecnoloxías Tecnoloxía Área de tecnoloxía Tecnoloxías Tecnoloxía industrial Informática Física e Química Física e Química Ciencias da natureza Filosofía da ciencia e da tecnoloxía Física Física Ciencias da natureza Electrotecnia Filosofía da ciencia e da tecnoloxía Química Química Ciencias da natureza Filosofía da ciencia e da tecnoloxía Debuxo artístico Técnicas de expresión gráfico -plásticas Fundamentos de deseño Volume Área de educación plástica e visual Debuxo Técnico Imaxe Debuxo artístico Técnicas de expresión gráfico -plásticas Volume Deseño Educación plástica e visual Debuxo Técnico Cultura audiovisual Economía Economía Economía e organización de empresas Economía da empresa Obradoiro da iniciativa empresarial Iniciativas emprendedoras