En consecuencia, como director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, RESOLVO:

Documentos relacionados
En consecuencia, como director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, RESOLVO:

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Orde do.de xullo de 2017 pola que se desenvolve o Decreto 60/2017, do 22 de xuño, de reorganización de centros docentes de determinadas localidades.

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

En Santiago de Compostela, a 23 de maio de dous mil dezaseis REUNIDOS

Comisións de Servizo por conciliación da vida laboral e familiar

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

ANÁLISE DAS CARGAS DE TRABALLO: ESTUDO PILOTO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

AS REVÁLIDAS DE ED. PRIMARIA Curso 16-17

III CURSO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

HORARIO DO PROFESORADO DAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS (E.O.I)

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ACORDO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS. PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PLAN DE ESTABILIDADE NO EMPREGO DOS SERVIZOS PÚBLICOS

Consello Galego de Participación das Mulleres no Ámbito do Emprego e as Relacións Laborais

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

ACORDAN. A incorporación do persoal do Consorcio ao Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia realizarase do seguinte xeito:

Por todo isto, esta consellería,

Criterios para a promoción e titulación na ESO. IES Xunqueira I.

DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 Martes, 23 de xuño de 2009

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

REGULAMENTO PARA A REALIZACIÓN DO TRABALLO DE FIN DE GRAO

PROCEDEMENTO DE COORDINACIÓN DA DOCENCIA DE GRAO DA FACULTADE DE CC. EMPRESARIAIS E TURISMO DE OURENSE

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Convocatoria ordinaria de 2012

DECLARACIÓN RESPONSABLE PARA A ACTUACIÓN DE AXENCIAS DE COLOCACIÓN

ANEXO II PROGRAMA DE COMUNICACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOCIAL ANO 2010 DATOS DO/A SOLICITANTE

(Aprobado en consello de goberno de 12 de febreiro de 2014) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx

REUNIDOS. Ambos interveñen en nome e representación das institucións anteditas EXPOÑEN

PREMIOS JULES VERNE ( ) DE ENSINO

Programación Específica de Frauta da Sección Bilingüe

AS REVÁLIDAS da LOMCE Curso 15-16

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016 R E U N I D O S

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Aprobado en Consello de Goberno do 10 de outubro de 2016 EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Diario Oficial de Galicia xoves, 28 de novembro de 1996

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

Mestrado Interuniversitario Política lingüística e planificación da lingua galega. Universidades da Coruña, Santiago e Vigo

RESOLVO: Artigo 1. Obxecto

DOG Núm. 125 Xoves, 30 de xuño de 2011 Páx

Dereitos e deberes. Co financiamento de:

Nº 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2011 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 1.169

DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA

PROGRAMA DE BOLSAS HIGH SCHOOL UN ANO ACADÉMICO NOS ESTADOS UNIDOS

Ordenanzas fiscais Páxina 1

BASES XIV CONCURSO MELLOR XORNALISTA INFANTIL E XUVENIL (CURSO )

CONCELLO DE SANTISO (A CORUÑA)

MAPA DE RECURSOS: Oficinas de Emprego, Puntos de Información Multimedia e Entidades Colaboradoras en Captación de Ofertas

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación

PROGRAMA DE MEDIDAS DE ACTIVACIÓN DO EMPREGO PARA PARADOS DE LONGA DURACIÓN

ACTIVIDADES MÓDULO II

Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

INFORMACIÓN SOBRE A SOLICITUDE DE ACREDITACIÓN DA HABILITACIÓN PARA IMPARTIR DOCENCIA NOS CENTROS PRIVADOS DO MES DE FEBREIRO DE 2012

DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA

Decreto /, do de, polo que se regula a composición e funcionamento do Consello de Arquivos de Galicia.

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2017/2018

1.- VALORACIÓN DA PUNTUACIÓN DA ÚLTIMA OPOSICIÓN: 60% DA PUNTUACIÓN TOTAL DO BAREMO (60,000 PUNTOS)

DUBIDO SE O MEU FILLO/A TEN ALTAS CAPACIDADES INTELECTUAIS

PROTOCOLO DE CONCERTO FIN DE CARREIRA E TITORÍA.

DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx

Órganos de coordinación didáctica

MR437A - Inscrición no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA).

NORMATIVA REGULADORA DOS CONCURSOS DE ACCESO AOS CORPOS DOCENTES UNIVERSITARIOS E DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

ORGANIZAN PARTICIPANTES

TR802O - Certame Cooperativismo no Ensino.

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DA OPE 2008/2009

A Consellería encargou a AFIPRODEL a elección dos 5 representantes, da rede de AEDL, acordándose a reserva dun deles para un membro desta asociación.

CONVOCATORIA E BASES DA III EDICIÓN DO PREMIO GALICIA SPIN-OFF

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa SUMARIO:

IV CERTAME DE RELATO CURTO

V I C E P R E S I D E N C I A

COMERCIO ELECTRÓNICO GUÍA DIDÁCTICA

PE627A - Autorización de venda de produtos pesqueiros que non sexan obxecto de primeria venda en lonxa.

PROGRAMA FORMATIVO Módulo de creación de empresas

TU987B - Inicio de actividade de albergues turísticos ou dos albergues de peregrinos do Camiño de Santiago.

Orde do... de... de 2016, pola que se crea a Mesa da Castaña e se regula a súa organización, funcionamento e composición.

Segundo apelido Segundo apellido Outros Otros. Número Número. Primeiro apelido Primer apellido Segundo apelido Segundo apellido NIE NIE

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA 1. Organismo: DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

por Resolución do 25 de abril de 2016 e pola Orde XUS/704/2016 (Diario Oficial de

PROCEDEMENTO DE ENQUISA DE SATISFACCIÓN DO ALUMNADO COA DOCENCIA RECIBIDA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANUNCIO Por resolución da Alcaldía de 30 de maio de 2012, procedeuse a aprobación das seguintes Bases:

RESUMO DA PROGRAMACIÓN PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES 1º ESO. CURSO 2015/16

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Guía docente Título superior de deseño

DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2011 Páx. 8548

Regulamento e tarifas dos Servizos xurídicos

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BASES QUE REXERÁN O PROCESO DE CONTRATACIÓN DE 1 AUXILIAR ADMINISTRATI VO.

Transcripción:

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación final de educación secundaria obrigatoria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2016-17. A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, prevé no seu artigo 29 a realización dunha avaliación individualizada ao finalizar a educación secundaria obrigatoria. O Real decreto 310/2016, do 29 de xullo, polo que se regulan as avaliacións finais de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato, establece que o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte determinará mediante orde ministerial, para cada curso escolar, as características, o deseño e o contido das probas da avaliación final de educación secundaria obrigatoria, establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación e que a realización material das probas corresponde ás administracións educativas. O Real decreto lei 5/2016, do 9 de decembro, de medidas urxentes para a ampliación do calendario de implantación da Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, no seu artigo 1 modifica a disposición derradeira quinta da citada lei e no artigo 2 adecúa o réxime xurídico da avaliación final de educación secundaria obrigatoria ao novo calendario de implantación, establecendo que ata a entrada en vigor da normativa resultante do Pacto de Estado social e político pola educación, a avaliación final de educación secundaria obrigatoria recollida no artigo 29 da Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación non terá efectos académicos, será considerada mostral e terá finalidade diagnóstica. Ademais, o citado Real Decreto establece que a selección de alumnos e centros será suficiente para obter datos representativos e as Administracións Educativas poderán elevar o número de centros participantes por riba das necesidades mostrais ou facela con carácter censual. Avaliará o grao de adquisición da competencia matemática, a competencia lingüística, a competencia social e cívica e terá como referencia principal as materias xerais do bloque das disciplinas troncais cursadas en cuarto de educación secundaria obrigatoria. 1

Posteriormente a Orde ECD/393/2017, do 4 de maio, regula, para todos os centros docentes do Sistema Educativo Español, e para o curso 2016/17, as probas da avaliación final de educación secundaria obrigatoria de conformidade co disposto no Real Decreto-lei 5/2016, do 9 de decembro, de medidas urxentes para a ampliación do calendario de implantación da Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa. O Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no artigo 22 atribúelle á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, entre outras competencias e funcións, a organización de probas específicas que deriven da normativa xeral ou específica, nos niveis educativos non universitarios de Galicia. En consecuencia, como director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, RESOLVO: Primeiro. Obxecto e ámbito de aplicación A presente Resolución ten por obxecto ditar as instrucións para o desenvolvemento da avaliación final de educación secundaria obrigatoria, regulada pola Orde ECD/393/2017, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2016-17. Esta avaliación terá carácter mostral. Aplicarase ao alumnado matriculado no 2016-2017 en cuarto curso de educación secundaria obrigatoria nos centros docentes seleccionados para formar a mostra. Segundo. Finalidade A avaliación final de educación secundaria obrigatoria terá finalidade diagnóstica, con vistas á mellora da calidade e equidade do sistema educativo. Valorará o grao de adquisición da competencia matemática, da competencia lingüística e da competencia social e cívica, tendo como referencia principal as materias xerais do bloque de materias troncais cursadas en cuarto curso de educación secundaria obrigatoria. 2

Terceiro. Competencias obxecto de avaliación 1. Na avaliación final de educación secundaria obrigatoria avaliaranse a competencia matemática, a competencia lingüística e a competencia social e cívica. 2. Os referentes para a valoración do grao de adquisición das devanditas competencias serán os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe avaliables de cuarto curso de educación secundaria obrigatoria recollidos nos anexos I e III do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. 3. As materias de lingua castelá e literatura, lingua galega e literatura e primeira lingua estranxeira, serán a referencia principal para a determinación do grao de adquisición da competencia lingüística; as materias de matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas e matemáticas orientadas ás ensinanzas aplicadas serán a referencia principal para a determinación do grao de adquisición da competencia matemática; e a materia de xeografía e historia será a referencia principal para a determinación do grao de adquisición da competencia social e cívica. Cuarto. Características xerais das probas 1. A Administración educativa proporcionará aos centros docentes os materiais necesarios e o soporte informático para que poidan realizar a avaliación. 2. As probas estarán constituídas por cadernos de alumnado para cada unha das competencias obxecto de avaliación e cuestionarios de contexto dirixidos ás persoas titoras, á dirección do centro, ao alumnado e ás súas familias. Estes cuestionarios permitirán obter información sobre as condicións socioeconómicas e culturais dos centros para a contextualización dos resultados obtidos. Os cuestionarios de contexto realizaranse preferentemente en formato dixital, sen prexuízo de que as familias o poidan realizar en formato papel. 3. Os estándares de aprendizaxe utilizados nas probas da avaliación final de educación secundaria obrigatoria seleccionaranse entre os enumerados na matriz de especificacións da materia correspondente, incluída no anexo II da Orde ECD/393/2017, do 4 de maio. Os estándares de aprendizaxe utilizados na proba de lingua galega e literatura seleccionaranse entre os enumerados na matriz de especificacións do anexo I desta resolución. 3

4. O alumnado que teña concedida no presente curso escolar unha exención temporal da cualificación das probas de avaliación na materia de lingua galega e literatura estará exento nesta avaliación da realización da proba de competencia en comunicación lingüística en lingua galega e literatura. Quinto. Aplicación e corrección das probas 1. As probas aplicaranse conforme as instrucións que dite a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. 2. As probas, con carácter xeral, serán aplicadas e corrixidas por profesorado que non imparta docencia ao alumnado avaliado. 3. No proceso de corrección aplicaranse os criterios establecidos para cada competencia avaliada. Sexto. Datas da avaliación 1. A aplicación das probas realizarase os días 23 e 24 de maio de 2017. 2. No caso de que algún centro docente non poida realizar algunha das probas nas datas establecidas no punto anterior, por coincidir cun día non lectivo no centro docente ou por circunstancias sobrevidas que imposibiliten a súa realización, a dirección do centro comunicarao á inspección educativa e á comisión local establecida no punto noveno desta resolución, cunha antelación mínima de tres días hábiles ao inicio da proba. A comisión, oída a inspección do centro, adoptará as medidas necesarias para que se realicen as probas nunha data inmediatamente posterior. Sétimo. Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo 1. Estableceranse as medidas máis axeitadas para que as condicións de realización das probas se adapten ás necesidades do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. 4

2. Con carácter xeral, o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que requira unha atención educativa diferente á ordinaria por presentar necesidades educativas especiais, dificultades específicas de aprendizaxe, trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH), altas capacidades intelectuais, por se incorporar tarde ao sistema educativo ou por condicións persoais ou de historia escolar, realizará a mesma proba que o resto do alumnado, e estableceranse as medidas necesarias para que as condicións de realización da avaliación se adapten ás súas necesidades. As medidas poderán consistir na adaptación de tempos para a realización da proba, a presentación da proba en formatos adaptados e a posta á disposición do alumnado de medios materiais e axudas técnicas que precisen. O alumnado que leve escolarizado no sistema educativo galego menos dun curso escolar completo e cuxa competencia lingüística non sexa suficiente para a comprensión da proba contará co asesoramento lingüístico necesario do seu profesorado, e os seus resultados non computarán para o cálculo dos datos globais. 3. O alumnado que teña autorizada unha adaptación curricular será avaliado de acordo con esa adaptación, polo que os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe que figuren na súa adaptación curricular serán os referentes para a dita avaliación e os seus resultados non computarán para o cálculo dos datos globais. 4. A elaboración, aplicación e corrección das probas adaptadas a cada alumno ou alumna a que se refire o punto anterior, será responsabilidade do titor ou titora, contando co asesoramento do resto do equipo docente, da persoa responsable da orientación educativa no centro docente e coa colaboración do profesorado especialista en pedagoxía terapéutica e en audición e linguaxe. 5. Para aquelas situacións extraordinarias en que se formule dúbida sobre a aplicación da proba de avaliación ao alumno ou alumna, correspóndelle á comisión de coordinación da avaliación no centro docente, establecida no punto décimo desta resolución, oído o titor ou titora do alumno ou da alumna, resolver se se debe aplicar a proba xeral establecida para todo o alumnado ou procede a elaboración e aplicación dunha proba adaptada. De ser o caso, esa decisión farase constar no informe do dito alumno ou alumna. 5

Oitavo. Comisións de coordinación da avaliación Para o desenvolvemento da avaliación estableceranse dous niveis de coordinación vinculados ás actuacións que se deben desenvolver: unha comisión local de avaliación en cada unha das sedes territoriais de Inspección Educativa e unha comisión de coordinación da avaliación no centro docente. Noveno. Comisións locais de avaliación 1. Constituirase unha comisión local de avaliación final de educación secundaria obrigatoria en cada unha das sedes territoriais de Inspección Educativa formada por tres funcionarios ou funcionarias de carreira do corpo de inspectores de educación e, cando menos, dous directores ou directoras de centros públicos de educación secundaria ou, de ser o caso, dous profesores ou profesoras funcionarios, todos eles designados pola persoa titular da xefatura territorial de educación correspondente. 2. Corresponde a cada comisión local de avaliación no seu ámbito territorial respectivo: a) Facilitar toda a información necesaria aos centros docentes do seu ámbito para a realización da avaliación. b) Coordinar a realización da avaliación nos centros docentes. c) Coordinar os procesos de corrección, rexistro de resultados e cualificación das probas de avaliación. 3. As comisións locais de avaliación constituiranse coa entrada en vigor da presente resolución e comunicarase súa constitución á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. 4. As comisións locais de avaliación estarán auxiliadas polos inspectores e inspectoras da sede territorial de inspección correspondente e polo persoal docente dos centros nos que se realice esta avaliación. 5. Para os efectos de colaboración coas comisións locais, poderanse constituír subcomisións de avaliación integradas por funcionarios e funcionarias dos corpos de catedráticos de ensinanza secundaria e/ou de profesores de ensinanza secundaria, especialistas nas distintas materias que compoñen as probas. 6

A percepción de asistencias dos membros das comisións locais de avaliación e das subcomisións aterase á categoría correspondente que determine a Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda, segundo o disposto no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración Autonómica de Galicia. Décimo. Comisión de coordinación da avaliación nos centros docentes 1. Constituirase unha comisión de coordinación da avaliación final de educación secundaria obrigatoria en cada centro docente que participe na avaliación, formada polo director ou directora do centro, que a presidirá, o xefe ou xefa de estudos, de ser o caso, o xefe ou xefa do departamento de orientación, de ser o caso, e un profesor titor ou profesora titora de cuarto curso de educación secundaria obrigatoria, segundo corresponda, nomeados pola dirección do centro. 2. Esta comisión será a encargada no centro docente de: a) Informar á comunidade educativa do centro docente sobre o sentido e a finalidade da avaliación final de educación secundaria obrigatoria. b) Planificar e facilitar as condicións e medios materiais para a correcta realización da avaliación. c) Planificar e coordinar todo o proceso da avaliación no centro docente e garantir que se realiza de modo adecuado. d) Seleccionar o persoal docente responsable da aplicación das probas, de acordo ao disposto no punto quinto desta resolución. e) Comunicar á comisión local correspondente o persoal docente seleccionado que auxiliará á dita comisión. f) Adoptar todas as medidas necesarias para a realización da avaliación ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo e, para aquelas situacións extraordinarias para as cales se formule dúbida, resolver se ao alumno ou alumna se lle debe aplicar a proba xeral establecida para todo o alumnado ou procede a elaboración e aplicación dunha proba adaptada. g) Custodiar os materiais da avaliación e garantir a debida confidencialidade. 7

h) Garantir o rigor e a obxectividade no desenvolvemento de todo o proceso da avaliación. i) Colaborar coa Administración educativa e coa comisión local correspondente naqueles aspectos do proceso para os cales sexa requirida. 3. A comisión de coordinación da avaliación no centro docente constituirase coa entrada en vigor da presente resolución e comunicarase á inspección educativa correspondente. Décimo primeiro. Informes 1. Elaborarase un informe no que se reflectirán os resultados obtidos, expresándoos en seis niveis de desenvolvemento competencial, que se nomearán de nivel 1 ao 6. Os resultados poñeranse en coñecemento da comunidade educativa mediante un resumo dos indicadores recollidos no anexo IV da Orde ECD/393/2017, do 4 de maio, considerando os factores socioeconómicos e socioculturais do contexto. 2. Os centros docentes obterán un informe de centro incluíndo os indicadores recollidos no anexo IV da Orde ECD/393/2017, do 4 de maio. Décimo segundo. Control do proceso A Administración educativa, a través da inspección educativa, requirirá dunha mostra significativa de centros docentes, os materiais das probas da avaliación, co fin de realizar unha segunda corrección que contribúa ao control da calidade do proceso. Correspóndelle á inspección educativa supervisar e velar polo correcto desenvolvemento da avaliación nos centros docentes do seu ámbito e participar na corrección de contraste. Décimo terceiro. Participación do profesorado De acordo co establecido no artigo 142 da Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, os equipos directivos e o profesorado dos centros docentes participarán e colaborarán coas Administracións educativas nas avaliacións que se realicen nos seus centros. 8

Décimo cuarto. Datos de carácter persoal Para o tratamento dos datos de carácter persoal aplicarase o disposto na disposición adicional vixésimo terceira da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, e ao disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal. Os datos de carácter persoal serán incluídos nun ficheiro denominado avaliación do sistema educativo cuxa finalidade é xestionar os plans e probas que se realizan para contribuír a mellorar a calidade e equidade da educación. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 2, 15781 Santiago de Compostela ou a través dun correo electrónico a: sxt.cultura.educacion@xunta.gal Disposición derradeira Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 8 de maio de 2017 Manuel Corredoira López Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa 9

ANEXO I Matriz de especificacións de lingua galega e literatura Bloque de contidos Comunicación escrita: ler e escribir 30% Estándar de aprendizaxe LGB2.1.1. Emprega pautas e estratexias que facilitan a análise do contido (resumos, cadros, esquemas e mapas conceptuais). LGB2.1.3. Elabora o esquema xerarquizado de ideas dun texto. LGB2.1.4. Deduce información global do texto a partir de contidos explícitos e implícitos. LGB2.2.1. Identifica a intención comunicativa, o tema e os subtemas de escritos propios da vida cotiá relacionados co ámbito laboral, administrativo e comercial. LGB2.5.1. Diferencia os trazos característicos dos textos xornalísticos de opinión: carta ao director, editorial, columna e artigo de opinión. LGB2.13.3. Sintetiza a información e resume textos argumentativos sen repetir nin parafrasear o texto de partida. LGB3.10.1. Identifica a estrutura do texto, en construcións propias e alleas. LGB3.10.4. Elabora textos cunha estrutura apropiada, divididos en parágrafos e empregando os mecanicismos de progresión temática. LG3.11.1. Identifica e describe a estrutura e os trazos lingüísticos dos diferentes xéneros textuais, especialmente nos argumentativos, e aplícaos nas producións propias. 10

Bloque de contidos Funcionamento da lingua 30% Lingua e sociedade 15% Educación literaria 25% Estándar de aprendizaxe LGB3.1.1. Recoñece, explica e usa un léxico amplo e preciso de diferentes categorías gramaticais. LGB3.3.1. Recoñece e explica os procedementos de creación de palabras. LGB3.3.3. Recoñece os valores de prefixos e sufixos e as súas posibilidades combinatorias para crear novas palabras. LGB3.6.1. Aplica correctamente as normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega nos discursos orais e escritos. LGB3.8.1. Recoñece enunciados e identifica a palabra nuclear que o organiza sintáctica e semanticamente. LGB3.12.2. Elabora producións lingüísticas cunha adecuación apropiada ao contexto, ao tema e ao xénero textual. LGB4.2.1. Coñece e describe a lexislación estatal e autonómica básica en materia lingüística. LGB4.2.2. Describe acertadamente con criterios sociolingüísticos a situación galega actual. LGB4.3.2. Distingue normativización e normalización e explica axeitadamente cada fenómeno. LGB4.6.1. Sinala os prexuízos lingüísticos atribuíbles a calquera lingua e especialmente á galega e rebáteos cunha argumentación axeitada. LGLB5.1.2. Comprende e explica razoadamente os distintos períodos da literatura galega de 1916 ata a actualidade sinalando os seus principais trazos característicos. LGB5.2.3. Comenta, de forma guiada ou libre, textos de obras da Literatura galega desde 1916 ata a actualidade, sinala os seus trazos característicos definitorios e relaciónaos co contexto histórico, cultural e sociolingüístico do período da literatura galega correspondente. 11