MEDIDAS PREVENTIVAS E CORRECTORAS NO SECTOR NAVAL.

Documentos relacionados
Dereitos e deberes. Co financiamento de:

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

Nº 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2011 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 1.169

Esta obra está dispoñible para a súa consulta e descarga na seguinte ligazón:

centros especiais de emprego CONSELLERÍA DE TRABALLO Dirección Xeral de Relacións Laborais

DIRECCIÓN PARA EFECTOS DE NOTIFICACIÓN (non é necesario se coincide coa anterior) TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ PISO PORTA

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

CSI F U.A de Galicia Concurso Traslados Lei 17/1989

Comisións de Servizo por conciliación da vida laboral e familiar

DECLARACIÓN RESPONSABLE PARA A ACTUACIÓN DE AXENCIAS DE COLOCACIÓN

A ENTRADA EN VIGOR DA LEI REGULADORA DA SUBCONTRATACIÓN NO SECTOR DA CONSTRUCCIÓN

CRITERIOS DE XESTIÓN DE LISTAS DE AGARDA E DE PROVISIÓN DE POSTOS

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

ANÁLISE DAS CARGAS DE TRABALLO: ESTUDO PILOTO

LIBRO DE SUBCONTRATACIÓN

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO

GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS

Cales son as principais consecuencias da aplicación do CLP no momento actual?

INSTRUCIÓNS COMPLEMENTARIAS PARA A REALIZACIÓN DA AVALIACIÓN DO PLAN CONCERTADO 2010

ACORDAN. A incorporación do persoal do Consorcio ao Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia realizarase do seguinte xeito:

COMISIÓN PARITARIA DE SEGUIMENTO DO ACORDO DE PRL

TU987B - Inicio de actividade de albergues turísticos ou dos albergues de peregrinos do Camiño de Santiago.

REGULAMENTO PARA A UTILIZACION DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS

DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx

UNIVERSIDADE DA CORUÑA UNIVERSITAS XXI ECONÓMICO XESTIÓN DA PRO RATA MANUAL DE USUARIO

Orde do.de xullo de 2017 pola que se desenvolve o Decreto 60/2017, do 22 de xuño, de reorganización de centros docentes de determinadas localidades.

5. PROGRAMA DE MANTEMENTO DE INSTALACIÓNS

Por todo isto, esta consellería,

INFORME ECONÓMICO-FINANCEIRO ORZAMENTO 2011

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

Regulamento e tarifas dos Servizos xurídicos

BASES XERAIS PARA AUTORIZACIÓN DE REPRODUCCIÓNS DE IMAXES DO ARQUIVO FOTOGRÁFICO PACHECO DO CONCELLO DE VIGO.

NOTA INFORMATIVA REUNIÓN ENTRE A DIRECCIÓN XERAL DE FUNCIÓN PÚBLICA, A XERENCIA DO CONSORCIO E AS OO.SS. 29 de xuño de 2016

DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx

INSTRUCIÓNS XERAIS PARA A FERRAMENTA DE AXUDA A CUMPRIMENTACIÓN DE SOLICITUDES.

DOG Núm. 131 Venres, 8 de xullo de 2011 Páx

Criterios para a promoción e titulación na ESO. IES Xunqueira I.

2.- A utilización das pistas axustarase ás condicións da autorización e ós horarios aprobados.

Rexistro de vacinas en centros non pertencentes á rede do Servizo Galego de Saúde

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

DOG Núm. 120 Luns, 27 de xuño de 2016 Páx

Rexistro de vacinas en centros non pertencentes á rede do Servizo Galego de Saúde

REUNIDOS. Ambos interveñen en nome e representación das institucións anteditas EXPOÑEN

IV CERTAME DE RELATO CURTO

NORMATIVA DE ACEPTACIÓN DE DOAZÓNS BIBLIOGRÁFICAS

HORARIO DO PROFESORADO DAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS (E.O.I)

DECLARACIÓN MEDIOAMBIENTAL 2016

PROCEDEMENTOS ADMINISTRATIVOS DE AUTORIZACIÓN DE CENTROS E PROGRAMAS DE SERVIZOS SOCIAIS

INFORME ECONÓMICO-FINANCEIRO ORZAMENTO 2013

ACORDO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS. PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PLAN DE ESTABILIDADE NO EMPREGO DOS SERVIZOS PÚBLICOS

REUNIDOS. Da outra, Don Severino Rodríguez Díaz, con DNI G, en calidade de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos.

Información e instrucións para realizar solicitudes web

por Resolución do 25 de abril de 2016 e pola Orde XUS/704/2016 (Diario Oficial de

Convocatoria ordinaria de 2012

CONCELLERÍA DE DEPORTES EVENTOS DEPORTIVOS CALENDARIO, INSTRUCIÓNS, SOLICITUDE E TRAMITACIÓN

ACORDA. Vivendas de promoción pública cualificadas en núcleo rural. TERCEIRO.- Réxime de adxudicación das vivendas da promoción

Edificio Administrativo San Caetano, 1-2º SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono Fax

MANUAL DE PUBLICIDADE

PE627A - Autorización de venda de produtos pesqueiros que non sexan obxecto de primeria venda en lonxa.

ANEXO II PROGRAMA DE COMUNICACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOCIAL ANO 2010 DATOS DO/A SOLICITANTE

1.- VALORACIÓN DA PUNTUACIÓN DA ÚLTIMA OPOSICIÓN: 60% DA PUNTUACIÓN TOTAL DO BAREMO (60,000 PUNTOS)

Aprobado en Consello de Goberno do 10 de outubro de 2016 EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

(Aprobado en consello de goberno de 12 de febreiro de 2014) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONVOCATORIA DUNS CURSOS DO PLAN AGRUPADO DE FORMACIÓN CONTINUA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO PARA O ANO 2014

En consecuencia, como director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, RESOLVO:

PROGRAMA DE MEDIDAS DE ACTIVACIÓN DO EMPREGO PARA PARADOS DE LONGA DURACIÓN

COTIZACIÓN RECUPERACIÓN SALARIAL CON EFECTOS RETROACTIVOS

DOCUMENTO BÁSICO DE XESTIÓN INTRACENTRO DE RESIDUOS SANITARIOS

V I C E P R E S I D E N C I A

A Consellería encargou a AFIPRODEL a elección dos 5 representantes, da rede de AEDL, acordándose a reserva dun deles para un membro desta asociación.

INFORME ECONÓMICO-FINANCEIRO ORZAMENTO 2015

MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO ELECTORAL XERAL DA USC. Consello de Goberno de 21 de febreiro de 2014

Asistente web para a solicitude

ANTEPROXECTO DE EXPLOTACIÓN DO SERVIZO PÚBLICO CONSISTENTE NA XESTIÓN INDIRECTA DA RESIDENCIA E CENTRO DE DÍA DA TERCEIRA IDADE

Unidade de análises e programas INFORME 2016

O PLAN DE EMPRESA PLAN DE RECURSOS HUMANOS... 2

C O N C E L L O D E O R D E S

1. O ámbito de aplicación

MR437A - Inscrición no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA).

Ordenanzas fiscais Páxina 1

MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA E ALIMENTACIÓN

MAPA DE RECURSOS: Oficinas de Emprego, Puntos de Información Multimedia e Entidades Colaboradoras en Captación de Ofertas

CONCELLO DE SANTISO (A CORUÑA)

ta: 7 de novembro de 2007 Modelo: 2a Data: 25 de maio de 2008 Modelo: C4/2008/A

Segundo apelido Segundo apellido Outros Otros. Número Número. Primeiro apelido Primer apellido Segundo apelido Segundo apellido NIE NIE

ACTIVIDADE DE PROMOCION DE VENDAS

Sistema de Notificacións de Galicia Notifica.gal. Elaborado por : Área de Modernización Versión 02.02

IN412B - Axuda do Plan Renove de Fiestras.

Rexistro de Empresas Acreditadas de Galicia (REA) icono REA

ESTADO DE TRAMITACIÓN HUMANIZACIÓNS 2012

(...) I. NORMAS XERAIS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Transcripción:

Follas de www.issga.es N.º 19 ABRIL 2010 RISCOS ELÉCTRICOS NO SECTOR NAVAL (II) MEDIDAS PREVENTIVAS E CORRECTORAS NO SECTOR NAVAL. Autoría: Victor Eiroa Bermúdez Técnico superior de PRL e enxeñeiro técnico químico industrial SPM ASIME. Dolores Gómez Nistal Técnico superior de PRL e licenciada en Filoloxía Hispánica SPM ASIME. Roberto Martínez Vidal Técnico superior de PRL e enxeñeiro técnico químico industrial SPM ASIME. Cristóbal Martínez Villaverde Técnico superior de PRL e licenciado en Química Analítica SPM ASIME. MEDIDAS PREVENTIVAS E CORRECTORAS NO SECTOR NAVAL SINALIZACIÓN DOS EQUIPOS DE TRABALLO ELÉCTRICOS Este requisito forma parte das medidas preventivas clasificadas como medidas de información, que en ningún caso poderán considerarse como medidas substitutorias das medidas técnicas e organizativas. Segundo o Real decreto 485/1997, a sinalización de advertencia ante risco eléctrico é a seguinte: Aínda que non elimine o risco, a sinalización é importante porque indica, en último termo, o risco que está presente. 1

IDENTIFICACIÓN DOS ELEMENTOS DE MANDO-MANOBRA-PROTECCIÓN DOS CADROS ELÉCTRICOS De acordo coa ITC-BT-19 do R.E.B.T. os dispositivos de desconexión situaranse e actuarán nun mesmo punto da instalación, e cando esta condición resulte de difícil cumprimento, colocaranse instrucións ou avisos aclaratorios. Os dispositivos deberán ser accesibles e estarán dispostos de xeito que permitan a doada identificación da parte da instalación que separan. Foto 1: identificación dos elementos de mando-manobra UTILIZACIÓN DE APARATOS DE ILUMINACIÓN PORTÁTILES ALIMENTADOS A UNHA TENSIÓN INFERIOR A 24 V Segundo o REBT, no seu ITC-BT-44 nas caldeirarías, grandes depósitos metálicos, cascos navais, etc. e, en xeral, en lugares análogos, os aparatos de iluminación portátiles serán alimentados cunha tensión de seguridade non superior a 24 V, agás se son alimentados por medio de transformadores de separación. Este punto aplícase no sector naval, salvo en contadas excepcións, en todo o proceso produtivo. PROTECCIÓN DOS CADROS ELÉCTRICOS CONTRA CONTACTOS ELÉCTRICOS DIRECTOS As partes activas dos cadros eléctricos están protexidas contra contactos directos. Neste caso, na foto 2 podemos observar un cadro eléctrico coas partes activas situadas no interior das envolventes e detrás de barreiras de protección. Ademais, o cadro eléctrico da foto 3 está pechado con chave, impedindo que ningún traballador que non sexa autorizado ou cualificado teña acceso a el. Os cadros eléctricos protexeranse para evitar posibles contactos eléctricos directos e indirectos. Esta protección consiste en tomar as medidas destinadas a protexer as persoas contra os perigos que poidan derivarse dun contacto coas partes activas dos materiais eléctricos. Fotos 2 e 3: cadros eléctrico protexidos É importante manter os cadros eléctricos en bo estado, ademais de utilizalos na forma e para a finalidade que foron fabricados. Tomaranse as medidas necesarias para realizar un mantemento axeitado e que se conserven durante todo o tempo de uso nunhas condicións que, garantan a seguridade e a saúde dos traballadores. As operacións de mantemento, instalación, reparación ou transformación dos cadros eléctricos serán feitas por persoal especialmente capacitado (traballador autorizado). Foto 4: cadro eléctrico deteriorado 2

SELECCIÓN AXEITADA DOS EQUIPOS Os equipos eléctricos deberanse seleccionar e instalar en función das influencias externas ás que os seus materiais poidan estar sometidos, de xeito que garantan o seu funcionamento e a fiabilidade das medidas de protección. Cando un equipo non posúa, pola súa construción, as características correspondentes ás influencias externas, poderanse utilizar coa condición de que se lle proporcione, durante a realización da instalación, unha protección complementaria adecuada. Esta protección non prexudicará as condicións de funcionamento do material así protexido. As envolventes, a aparellaxe, as tomas de corrente e os elementos da instalación que estean ao aire libre, deberán ter como mínimo un grao de protección IP45, segundo a UNE 20324. súa perigosidade, estes cadros serán do grupo II apartado 2, é dicir, destinados a ser utilizados nun ambiente no que sexa probable a formación de atmosferas explosivas debido a gases, vapores ou po en suspensión. Os demáis cadros eléctricos, para funcionar en condicións normais, é dicir, en ambientes nos que sexa pouco probable a formación de atmosferas explosivas, a categoría será 3. CONEXIÓNS ELÉCTRICAS EN BO ESTADO DE USO Este é un dos puntos críticos no sector naval, xa que a práctica totalidade dos traballadores son usuarios de equipos eléctricos e unhas posibles fontes de contactos directos serán as conducións e conexións eléctricas dos devanditos equipos. Illaranse ou separaranse as máquinas e cables eléctricos das pozas e zonas con auga. Evitarase especialmente que os operarios usen equipos eléctricos con partes do corpo molladas (máquinas de soldar). Cando se teña que traballar en lugares húmidos, como adegas e sumidoiros, ou á intemperie en días chuviosos, os cables e conexións han ser antihumidade. cubriranse con toldos os equipos de traballo e seguiranse as prescricións dadas pola ITC-BT-30 de REBT. De todos os xeitos, este punto está intimamente relacionado co mantemento. Por iso, nas empresas debe existir unha boa xestión do mantemento dos equipos para eliminar ou reducir este risco. Foto 5 e 6: Equipos eléctricos en presencia de humidade En lugares onde se poidan formar atmosferas explosivas, a instalación eléctrica deberá cumprir os requisitos da ITC-BT-29 do Regulamento electrotécnico de baixa tensión, así como o Real decreto. 400/1996 sobre aparatos e sistemas de protección para uso en atmosferas potencialmente explosivas. En función da É habitual nas conducións que, aínda estando protexidas provisionalmente contra contactos directos, esta protección non sexa a que se axusta ao descrito na ITC-BT-19 do REBT, é dicir, en ningún caso se permitirá a unión de condutores mediante conexións e/ou derivacións por simple retorcemento ou bobina entre si dos condutores, senón que deberá realizarse sempre utilizando bornes de conexión montados individualmente ou constituíndo bloques ou regretas de conexión e deberán realizarse no interior de caixas de empalme. Nas seguintes fotos pódense apreciar diversos exemplos de conducións en mal estado. 3

USO DE CASCO DE SEGURIDADE CON ILLAMENTO ELÉCTRICO Un dos equipos de protección individual obrigatorios en moitas fases do sistema produtivo do sector naval é o casco de seguridade. Debido ao uso continuo de equipos eléctricos e que moitos traballos se realizan en zonas con elevado risco (húmidas/molladas...) requírese que este EPI sexa illante, como así aparece no Real decreto 773/1997 (anexo IV). No mercado existen cascos de protección para a industria, segundo a norma UNE-EN 397, que, opcionalmente, teñen propiedades eléctricas para así poder asegurar a protección do usuario durante un curto período de tempo contra contactos accidentais con condutores eléctricos activos; exteriormente levarán o marcado 440 VAC. RESTRICIÓNS DO ACCESO AOS CENTROS DE TRANSFORMACIÓN Os Centros de transformación permanecerán pechados en todo momento e non se permitirá o acceso a persoal sen autorización. Os traballos nos centros de transformación deben ser executados por traballadores cualificados. Nas instalacións de alta tensión, as operacións deben ser obxecto dun procedemento escrito que inclúea notificación ao responsable da instalación do tipo de traballo que se vai realizar, a localización e as repercusións para a instalación. Polo tanto, débese realizar un correcto uso e mantemento dos cables de conexión dos diferentes equipos que se utilizan. Os cables eléctricos han estar correctamente recubertos así como as ferramentas e máquinas illadas para traballos en tensión. Co fin de evitar a deterioración dos cables, estes non deben estar tendidos en pasos para peóns ou vehículos. Se o tendido é necesario, débese dispor de protección especial contra os danos mecánicos e contra contactos con elementos do propio centro. Emendaranse todos os defectos para controlar os riscos na súa orixe. Por suposto, deberanse efectuar comprobacións cada vez que se produzan acontecementos excepcionais tales como transformacións, accidentes, fenómenos naturais, falta prolongada de uso e sobre todo, caso común no sector, cando se procede a utilizar equipos propiedade doutras empresas concorrentes. O traballador cualificado que leva a cabo estes traballos, unha vez rematados, deixará constancia por escrito do remate do proceso e de que a zona se encontra apta para o traballo. CUMPRIR OS REQUISITOS OBRIGATORIOS REFERENTES A SEGURIDADE INDUS- TRIAL A teor do ditado no Real decreto 486/1997 segundo o cal as instalacións de servizo e protección dos lugares de traballo deberán cumprir as disposicións mínimas establecidas neste Real decreto así como as que deriven das regulamentacións específicas de seguridade que resulten de aplicación, e tendo en conta que as instalacións eléctricas tanto en baixa como en alta tensión considéranse instalacións de servizo (ver a Guía técnica para a avaliación e prevención dos riscos relativos á utilización de lugares de traballo) é, pois, de carácter obrigatorio que cumpran cos regulamentos que apliquen en cada caso. 4

Baixa tensión ( 1000 V) En baixa tensión a regulamentación actual está determinada polo Regulamento electrotécnico de baixa tensión aprobado polo Real decreto 842/2002, do 2 de agosto. Este regulamento só é aplicable ás novas instalacións, ás súas modificacións e ás súas ampliacións a partir da súa entrada en vigor, é dicir, a partir do 19 de setembro de 2003. Para todas aquelas instalacións anteriores a esa data aplícase o regulamento anterior (aprobado polo Decreto 2413/1973, do 20 de setembro). Proxecto inicial da instalación eléctrica De acordo coa ITC-BT-04 do REBT actualmente en vigor, precisan elaboración de proxecto as novas instalacións correspondentes a industrias, en xeral, cunha potencia superior a 20 kw. Para aquelas empresas ás que se aplique o REBT do ano 1973, cabe dicir que, na ITB-BT-041 deste, establécese que necesitan a aprobación previa do proxecto pola Delegación Provincial correspondente do Ministerio de Industria as instalacións que pertenzan a novas industrias ou establecementos que polas disposicións vixentes requiran como tales a autorización previa ou a inscrición no rexistro industrial. Inspección inicial da instalación eléctrica En cumprimento do artigo 21 do REBT e o establecido na ITC-BT-05 deste serán obxecto de inspección, unha vez executadas as instalacións, as súas ampliacións ou modificacións de importancia e previamente a ser documentadas ante o órgano competente da ccomunidade autónoma, as seguintes instalacións: a. Instalacións industriais que precisen proxecto, cunha potencia instalada superior a 100 kw. b. Ás instalacións que non se regulan polo actual REBT non se lles aplica esta inspección inicial. Inspección periódica da instalación eléctrica A ITC-BT-05 do actual REBT establece que serán obxecto de inspeccións periódicas, cada 5 anos, todas as instalacións eléctricas en baixa tensión que precisaron inspección inicial (...). Segundo a Orde da Consellería de Innovación e Industria do 18 de agosto de 2008 pola que se regula o réxime de inspeccións das instalacións eléctricas en baixa tensión: As instalacións anteriores á entrada en vigor do Real decreto 842/2002 rexeranse polo indicado no novo regulamento no referente ao réxime de inspeccións, aínda que deberán ser inspeccionadas seguindo os criterios técnicos que lles foron de aplicación no seu momento. Desta forma, todas as instalacións industriais cunha potencia instalada superior a 100 kw están obrigadas a pasar unha inspección periódica quinquenal tomando como data inicial ben a indicada na citada orde, o 18 de setembro de 2008, ben a correspondente ao prazo máximo de 5 anos contados a partir da data en que se realizase a inspección inicial se a posta en servizo se realizase despois do 19 de setembro de 2008. 5

Revisión da instalación de posta a terra A ITC-BT-18 do REBT marca que persoal tecnicamente competente efectuará a comprobación da instalación de posta a terra, polo menos anualmente, na época na que o terreo estea máis seco. Para iso, medirase a resistencia de terra e repararanse con carácter urxente os defectos que se atopen. Mantemento periódico da instalación eléctrica En cumprimento do artigo 20 do REBT: Os titulares das instalacións deberán manter en bo estado de funcionamento as súas instalacións, utilizándoas de acordo coas súas características e absténdose de intervir nestas para modificalas (...) ; do Real decreto 486/1997 (anexo I): A instalación eléctrica non deberá entrañar riscos de incendio ou explosión. Os traballadores terán que estar debidamente protexidos contra os riscos de accidente causados por contactos directos ou indirectos. ; do artigo 3 do Real decreto 614/2001: As instalacións eléctricas dos lugares de traballo utilizaranse e manteranse na forma axeitada e o funcionamento dos sistemas de protección controlarase periodicamente, de acordo coas instrucións dos seus fabricantes e instaladores, se existen, e á propia experiencia do explotador. ; do Real decreto 1215/1997 (anexo I): Todo equipo de traballo deberá ser adecuado para protexer os traballadores expostos contra o risco de contacto directo e indirecto coa electricidade. e do artigo 10 da Orde do 18 de agosto de 2008 da Consellería de Innovación e Industria: Os titulares das instalacións son responsables do correcto mantemento destas e deben requirir a actuación de empresas instaladoras autorizadas cando sexa necesario., é esixible un bo estado de funcionamento da instalación eléctrica, pero sen especificar a periodicidade do mantemento, rexistrando os resultados das ditas comprobacións para dar cumprimento ao artigo 4 do Real decreto 1215/1997: Os resultados das comprobacións deberán documentarse e estar a disposición da autoridade laboral. Os devanditos resultados deberán conservarse durante toda a vida útil dos equipos. Alta tensión ( 1000 V) Proxecto do Centro de Transformación No artigo 9 do R.S.C.E.C.T. establécese que será obrigatoria a presentación de proxecto subscrito por Técnico competente e visado polo Colexio Oficial correspondente, para a realización de toda clase de instalacións eléctricas de máis de 1000 V. acta de todas as inspeccións que realice e entregará unha copia ao propietario ou arrendatario. Os traballos nos centros de transformación deben ser executados por traballadores cualificados, seguindo o establecido no RD 614/2001 sobre disposicións mínimas para a protección da saúde e a seguridade dos traballadores fronte ao risco eléctrico. Contrato con persoa física/xurídica competente para realizar o mantemento da Instalación De acordo ao artigo 12 do R.S.C.E.C.T.: Os propietarios, antes da súa posta en marcha, deben presentar un contrato subscrito con persoa física ou xurídica competente. Inspección regulamentaria da instalación No artigo 13 do RSCECT recóllese: Efectuaranse inspeccións periódicas das instalacións, polo menos, cada tres anos. e O Órgano inspector conservará 6

LEMBRE As operacións de mantemento, instalación, reparación ou transformación dos cadros eléctricos deben ser feitas por persoal especialmente capacitado (traballador autorizado). Os cadros eléctricos protexeranse para evitar posibles contactos eléctricos directos e indirectos. As partes activas deben estar situadas no interior das envolventes ou detrás de barreiras que posúan o grao de protección adecuado, recubertas dun illamento que non poida ser eliminado máis que destruíndoo. Os cadros eléctricos deben estar identificados cun sinal de advertencia ante o risco eléctrico. Anualmente medirase a resistencia de terra das instalacións eléctricas. As instalacións eléctricas con máis de 100 KV de potencia contratada deben ser revisados cada 5 anos por un mantedor autorizado. A iluminación portátil estará alimentada cunha tensión inferior a 24 V. As empresas con centros de transformación deben ter un contrato de mantemento cunha empresa mantedora autorizada, realizar una inspección periódica cada 3 anos por unha OCA e levar un libro de mantemento. LEXISLACIÓN APLICABLE - Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais. - Real decreto 614/2001, do 8 de xuño, sobre disposicións mínimas para a protección da saúde e a seguridade dos traballadores fronte ao risco eléctrico. - Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipos de traballo - Real decreto 486/1997, do 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo. - Real decreto 3275/1982, do 12 de novembro, sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en centrais eléctricas, subestacións e centros de transformación. - Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión. - Orde do 18 de agosto de 2008 da Consellería de Innovación e Industria pola que se regula o réxime de inspeccións das instalacións eléctricas de baixa tensión. - Real decreto 681/2003, do 12 de xuño, sobre a protección da saúde e a seguridade dos traballadores expostos aos riscos derivados de atmosferas explosivas no lugar de traballo. - Real decreto 400/1996, do 1 de marzo, polo que se ditan as disposicións de aplicación da Directiva do Parlamento Europeo e do Consello 94/9/CE, relativa aos aparatos e sistemas de protección para o uso en atmosferas potencialmente explosivas. 7

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS - Análisis de la seguridad laboral. Estudio de los riesgos eléctricos. González de la Viuda, Javier. Universidade de Burgos. - Medidas de prevención para los trabajadores frente al risco eléctrico, en las instalaciones de alta e baja tensión. Centro de Seguridade e Saúde no Traballo do Goberno de Cantabria. - Notas técnicas de prevención. Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo. - Guía técnica para a avaliación e a prevención dos riscos relativos á utilización de lugares de traballo. Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo. - Guía técnica para a avaliación e a prevención dos riscos relativos á utilización dos equipos de traballo. Primeira parte. Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo - Guía técnica sobre sinalización de seguridade e saude no traballo. Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo. Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo. - Guía técnica para a avaliación e prevención dos riscos para a utilización polos traballadores no traballo de equipos de protección individual. Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo. - Guía técnica para a avaliación e a prevención dos riscos relacionados coa protección fronte o risco eléctrico. Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo. - Atmosferas explosivas. Guía Técnica para a avaliación e prevención dos riscos derivados de atmósferas explosivas no lugar de traballo. Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo. - Guía Técnica para a avaliación e prevención dos riscos para a utilización polos traballadores no traballo de equipos de protección individual. Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo. - Procedemento de coordinación de actividades para a construción e reparación naval (Aprobado pola Mesa de seguimento de riscos laborais no sector naval). - Prontuarios de prevención de riscos laborais no sector do metal. FEMETAL, 2004. - Procedementos de prevención de riscos laborais no sector do metal. FEMETAL, 2005. - Guías de prevención de riscos laborais no sector do metal. FEMETAL, 2006. - Normas e condicións de traballo no sector naval. Federación do metal, 2003. - Estudo previo par a homologación dos equipos de protección individual no sector naval. ASIME 2007. - Estudo de riscos eléctricos no sector naval. ASIME, 2008 8