Eficacia empresarial Central de balances Informe anual económico-financeiro da empresa galega

Documentos relacionados
ORZAMENTOS XERAIS DA XUNTA DE GALICIA 2010 ORZAMENTO DE EXPLOTACIÓN SOCIEDADES 412 E 499

BALANCE ABREVIADO NO PECHE DO EXERCICIO 200X FUNDACIÓN:.

Consellería de Vivenda e Solo

Como elaborar o plan financeiro da empresa. RELATOR: Paula Tenreiro 15 MAYO 2014

INFORME ECONÓMICO-FINANCEIRO ORZAMENTO 2011

PRESIDENCIA DA XUNTA FUNDACIÓN GALICIA EMIGRACIÓN

INFORME ECONÓMICO-FINANCEIRO ORZAMENTO 2015

XESGALICIA, SOCIEDADE XESTORA DE ENTIDADES CAPITAL RISCO, S.A. CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA. Sociedades mercantís

INFORME ECONÓMICO-FINANCEIRO ORZAMENTO 2013

Consellería de Sanidade

DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 2015 Páx. 6024

(NOMBRE DE LA EMPRESA)

DOG Núm. 150 Martes, 9 de agosto de 2016 Páx

Proxecto ORZAMENTO EN TERMOS DE CONTABILIDADE NACIONAL. Memoria I

A proba constará de 20 cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

As empresas culturais en Galicia

CENTRO INFORMATICO XESTION TRIBUTARIA ECONOMICA E CONTABLE

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

ORIENTACIÓNS DO GRUPO DE TRABALLO PARA AS PROBAS DE AVALIACIÓN DO BACHARELATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE

CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

Fundamentos de Administración e Xestión

INSTRUCIÓNS COMPLEMENTARIAS PARA A REALIZACIÓN DA AVALIACIÓN DO PLAN CONCERTADO 2010

UNHA ECONOMÍA GLOBALIZADA A ORGANIZACIÓN DA ECONOMÍA MUNDIAL

centros especiais de emprego CONSELLERÍA DE TRABALLO Dirección Xeral de Relacións Laborais

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

Ordenanzas fiscais Páxina 1

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE PRODUCIÓN INDUSTRIAL

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

Esta obra está dispoñible para a súa consulta e descarga na seguinte ligazón:

Índice de Confianza do Consumidor METODOLOXÍA

ESTADO DE PREVISIÓN DE INGRESOS E GASTOS PARA O EXERCICIO 2011

DOG Núm. 120 Luns, 27 de xuño de 2016 Páx

ORIENTACIÓNS DO GRUPO DE TRABALLO PARA AS PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE CORRESPONDENTES ÁS CONVOCATORIAS DE 2017

O Software Libre as empresas informáticas de Galicia Resumo executivo

Anexo II. DECLARACIÓN DE BENS E DEREITOS i

ECONOMÍA E ORGANIZACIÓN DE EMPRESAS

DEPÓSITO DE CUENTAS ANUALES

FUNDACIÓN CAMILO JOSÉ CELA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U. Fundacións

Edificio Administrativo San Caetano, 1-2º SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono Fax

INFORME DEFINITIVO DE LA FISCALIZACIÓN DE LA CUENTA GENERAL DEL EJERCICIO 2006 DEL AYUNTAMIENTO DE LAS PALMAS DE GRAN CANARIA

Regulamento e tarifas dos Servizos xurídicos

Consellería de Sanidade

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

Dereitos e deberes. Co financiamento de:

1. CATÁLOGO DE MEDIOS E RECURSOS ADSCRITOS AO PLAN CAMGAL

INFORME SOBRE A POBREZA EN GALICIA

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Subvencións e axudas CONVOCATORIA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS PARA O ANO 2017

ANEXO III. Diccionario de términos financieros

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

RENDAS PERCIBIDAS POLO PARLAMENTARIO/PARLAMENTARIA 2

A Responsabilidade Social Empresarial nas Empresas TIC de Galicia. Edición 2016

ACORDAN. A incorporación do persoal do Consorcio ao Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia realizarase do seguinte xeito:

ECONOMÍA E ORGANIZACIÓN DE EMPRESAS

DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 Martes, 23 de xuño de 2009

Tema 7: Procesos. Grado en Ingeniería Informática

ANTEPROXECTO DE EXPLOTACIÓN DO SERVIZO PÚBLICO CONSISTENTE NA XESTIÓN INDIRECTA DA RESIDENCIA E CENTRO DE DÍA DA TERCEIRA IDADE

Campus: Centro: Titulación: Plano: Vigo F.De Cc.Económicas E Empresariais Administración E Dirección De Empresas 23/06/2001

CUADRO DE CUENTAS DEL PLAN GENERAL DE CONTABILIDAD Fianzas recibidas a largo plazo Depósitos recibidos a largo plazo.

Facturación electrónica

ANÁLISE DAS CARGAS DE TRABALLO: ESTUDO PILOTO

CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Ordenanzas fiscais Páxina 1

especificar la unidad untilizada (euros, miles de euros o millones de euros): euros euros

1.- VALORACIÓN DA PUNTUACIÓN DA ÚLTIMA OPOSICIÓN: 60% DA PUNTUACIÓN TOTAL DO BAREMO (60,000 PUNTOS)

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE SANXENXO. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. decembro 2009

PROGRAMA DE EMPREGO AUTONOMO Patricia Mouro Técnico de autoempleo

XORNADA TÉCNICA: IGUALDADE DE XÉNERO NO ÁMBITO LABORAL: PLANS DE IGUALDADE.

FUNDACIÓN INSTITUTO GALEGO DE OFTALMOLOGÍA CONSELLERÍA DE SANIDADE. Fundacións

AYUNTAMIENTO DE JEREZ DE LA FRONTERA PRESUPUESTO GENERAL DE ACTIVIDADES ORDINARIAS PREVISION DE CONTABILIDAD R.D. 1514/2007 de 16 de noviembre

NOTA INSTRUCIÓNS PARA A ELABORACIÓN DA MEMORIA

O SALARIO. O salario ou remuneración salarial é o pago que recibe en forma periódica un

O punto de partida do proxecto, o Plan Nacional de Bandas de Música:

UNIVERSIDADE DA CORUÑA UNIVERSITAS XXI ECONÓMICO XESTIÓN DA PRO RATA MANUAL DE USUARIO

CONSELLO DA CULTURA GALEGA

CSI F U.A de Galicia Concurso Traslados Lei 17/1989

ORDENANZA FISCAL I4. Reguladora do Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras. Artigo 1. Fundamento legal

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

A Lei da Dependencia. Cara onde imos?

PR460A - Subvencións ás agrupacións de persoal voluntario de protección civil.

Repaso de operaciones del segundo semestre. Contabilidad Financiera y Analítica II. LOLITA y OLE, S.A.

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

PROGRAMA DE MEDIDAS DE ACTIVACIÓN DO EMPREGO PARA PARADOS DE LONGA DURACIÓN

FACTURACIÓN ELECTRÓNICA OBRIGATORIA ANTE O CONCELLO DE LUGO A PARTIR DO 30 DE XANEIRO DE 2017

INFORME DEFINITIVO DE LA FISCALIZACIÓN DE LA CUENTA GENERAL DEL EJERCICIO 2006 DEL CABILDO INSULAR DE EL HIERRO

CONVOCATORIA DUNS CURSOS DO PLAN AGRUPADO DE FORMACIÓN CONTINUA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO PARA O ANO 2014

DECLARACIÓN RESPONSABLE PARA A ACTUACIÓN DE AXENCIAS DE COLOCACIÓN

BASES PARA A SELECCIÓN DE TÉCNICOS/AS MEDIOS EN F.P. ESPECÍFICA PARA A SÚA PARTICIPACIÓN NA PRIMEIRA CONVOCATORIA

PROGRAMA FORMATIVO Módulo de creación de empresas

Sector servizos e o proceso de terciarización da economía en España.

Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello:

CUENTA GENERAL DEL ESTADO EJERCICIO 2010 RESUMEN

Artigo 48. Imposto sobre actividades de xogo (Lei 13/2011, do 27 de maio, de regulación do xogo)

INSTRUCIÓNS PARA A XUSTIFICACIÓN DO PROGRAMA CONECTA PEME 2016 XUSTIFICACIÓN DA SEGUNDA ANUALIDADE

Curso Traballo Social e Demencias

Diccionario de términos y definiciones. cba. Anexo. Anexo Diccionario de términos y definiciones

PROCEDEMENTO DE ENQUISA DE SATISFACCIÓN DO ALUMNADO COA DOCENCIA RECIBIDA

Acampada, S.A. VI. Tesorería TOTAL ACTIVO TOTAL PASIVO

CSIF sobre a Lei 1/2012 de medidas temporais e os orzamentos 2018

Transcripción:

Eficacia empresarial Central de balances Informe anual económico-financeiro da empresa galega METODOLOXÍA 1. Obxectivos e utilidades Obtención de información agregada sobre a estrutura empresarial a partir da recollida nas contas anuais depositadas nos Rexistros Mercantís de Galicia. 2. Ámbito de investigación Ámbito poboacional Sociedades mercantís con sede en Galicia que en cada ano de referencia e de acordo coa lexislación vixente deban depositar os seus estados financeiros no Rexistro Mercantil. O uso desta fonte implica na práctica restricións adicionais sobre o colectivo de empresas analizado, dado que algunhas incumpren a obriga de depósito e outras presentan declaracións incompletas ou inconsistentes. Para minimizar estes problemas e conseguir unha mostra non aleatoria pero coa máxima cobertura posible sobre a poboación obxectivo, utilízanse procedementos de depuración, que van desde os máis sinxelos de eliminación de incoherencias contables, ós máis complexos de filtrado con outras fontes ou de consulta directa coas empresas. Cobertura sectorial Outro criterio que delimita o colectivo de empresas analizado é o da súa actividade principal. O informe trata o sector de sociedades non financeiras que, segundo o SEC-95, comprende as unidades institucionais que teñen como función principal a produción de bens e servizos non financeiros destinados á venda e como recursos básicos os ingresos procedentes da venda da devandita produción. En termos da clasificación de actividades vixente (CNAE- 93), quedarían fora do ámbito da investigación as unidades das divisións das ramas financeira (65, 66 e 67), o sector público (75, 90, 99, 80p, 85p), e os fogares que empregan persoal doméstico (95). As sociedades financeiras non se inclúen pola dificultade de integrar a súa información contable nunha análise global.

A cobertura da mostra é distinta por rama de actividade. No gráfico seguinte represéntanse as porcentaxes de sociedades da mostra de 2003 calculadas sobre as contabilizadas no directorio de empresas para as seccións comúns da CNAE. C Industria extractiva 69% E Electricidade, gas e auga D Industria manufactureira I Transporte e comunicacións G Comercio F Construción K Servizos empresariais H Hostalería M Educación N Sanidade e servizos sociais O Servizos persoais Total 49% 49% 49% 45% 43% 33% 24% 21% 20% 19% 39% Na serie temporal agrúpanse as divisións da CNAE nos denominados grandes sectores de actividade: Sector Sección Texto CNAE Agricultura e pesca A Agricultura, gandería, caza e silvicultura B Pesca Industria C Industrias extractivas D Industria manufactureira E Produción e distribución de enerxía eléctrica, gas e auga Construción F Construción Servizos G Comercio, reparación de vehículos de motor, motocicletas e ciclomotores e artigos persoais de uso doméstico H Hostalaría I Transporte, almacenamento e comunicacións K Actividades inmobiliarias e de alugueiro; servizos empresariais M Educación N Actividades sanitarias e veterinarias, servizos sociais Outras actividades sociais e de servizos prestados á comunidade; servizos O persoais Ámbito xeográfico As empresas que se analizan teñen sede social nalgún concello galego. Son por tanto sociedades que se pode conxecturar toman decisións e adoptan estratexias empresariais desde Galicia. Ámbito temporal Os datos recollidos son os saldos contabilizados ó final de cada ano natural.

3. Definicións e aspectos metodolóxicos Accionistas (socios) por desembolsos non esixidos: Dereitos de cobro sobre os socios polo capital subscrito pendente de desembolso e correspondentes ás achegas monetarias e non monetarias (incluídas aquí as empresas do grupo ou asociadas). As empresas que non son sociedades anónimas rexistrarían neste apartado as achegas dos socios pendentes de desembolso. Accións propias: Títulos emitidos pola empresa que, transitoriamente ou por causas especiais, integran a súa carteira ó longo prazo. Acredores ó curto prazo: Recolle o financiamento alleo ó curto prazo, é dicir, os recursos vencellados ó ciclo de explotación ou activo circulante. Acredores ó longo prazo: Financiamento básico alleo integrado por recursos vencellados á estrutura produtiva fixa ou activo fixo. Actividade económica: Produción de bens e servizos a partir da utilización de capital, materias primas e traballo. Actividade principal: A empresa clasifícase segundo a súa actividade principal, entendida como a que máis contribúe ós seus resultados económicos. A codificación das actividades segue a Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE-93Rev.1). Activo circulante: Conxunto de elementos patrimoniais con permanencia esperada inferior ó exercicio contable. Son elementos pertencentes ó ciclo curto ou ciclo de explotación da empresa. Activo fixo: Conxunto de elementos patrimoniais de permanencia estimada superior á da duración do exercicio contable. Son elementos pertencentes ó ciclo estrutural da empresa, que se agrupan nas categorías de: Inmobilizado inmaterial, inmobilizado material e outro activo fixo. Beneficios por alleamento do inmobilizado inmaterial, material e carteira de control: Beneficios producidos polo alleamento do inmobilizado ou pola venda de participacións de capital ó longo prazo. Beneficios por operacións con accións e obrigacións propias: Beneficios xerados pola amortización de obrigacións ou polo alleamento de accións emitidas pola empresa. Consumos intermedios: Agregado das partidas consumos de explotación e outros gastos de explotación. Recolle o valor dos aprovisionamentos de mercadorías e materias primas que fai a empresa para a súa revenda ou transformación. Son os gastos propios do ciclo de explotación da empresa, é dicir, os correspondentes ós recursos consumidos para obter os ingresos de explotación, agás os de persoal, as dotacións para amortización do inmobilizado e as variacións de provisións de tráfico e perdas de créditos incobrables. Consumos de explotación: Importe das compras a provedores de bens e servizos (compras de mercadorías, materias primas e doutros aprovisionamentos; e importe dos traballos realizados por terceiros e que forman parte do proceso de produción propia),

mailo importe da variación de existencias de vendas e compras con saldo negativo, menos o valor das devolucións de compras, os descontos por volume de pedido e as variacións de existencias de vendas e compras con saldo positivo. Debedores por operacións de tráfico ó longo prazo: Detalle ó longo prazo de contas de clientes e debedores varios por operacións de tráfico, e contas coas administracións públicas que se corresponden con saldos de vencemento superior ó ano. Diferenzas negativas de cambio: Perdas producidas por modificacións do tipo de cambio en valores de renda fixa, créditos, débedas e efectivo, en moeda estranxeira. Diferenzas positivas de cambio: Beneficios producidos pola modificación do tipo de cambio en valores de renda fixa, créditos, débedas e efectivo, en moeda estranxeira. Dotacións para amortización do inmobilizado: Partida que recolle a imputación ó exercicio do gasto derivado da amortización de gastos de establecemento e dos inmobilizados material e inmaterial. Excedente bruto de explotación: Parte da renda xerada pola empresa que, diminuída a distribuída ó persoal, queda para remuneraren ós demais axentes: accionistas, estado, etc. Calcúlase como diferenza entre o valor engadido a custo de factores e os gastos de persoal. Tamén se denomina resultado bruto de explotación ó representaren os logros acadados pola empresa nos terreos industrial e comercial. Fondos alleos: Recursos que non pertencen á empresa, é dicir, que se terán que devolver a persoas que non son socios. Inclúen as partidas de acredores ó curto e longo prazo. Fondos propios: Agregado que recolle os recursos constitutivos do financiamento básico da empresa aportados polos socios ou propietarios. Gastos a distribuíren en varios exercicios: Gastos diferidos por teren proxección económica futura. Inclúen os gastos de formalización de débedas, os gastos por xuros diferidos de valores negociables (diferenza entre o importe de reembolso e o prezo de emisión de valores de renda fixa e outros pasivos análogos), e os gastos por xuros diferidos de débedas distintas das representadas por valores de renda fixa. Gastos de establecemento: Gastos xurídicos necesarios para a constitución da empresa e para que inicie a súa actividade. Tamén se inclúen aquí os gastos derivados das ampliacións de capital. Gastos de explotación: Conxunto de compras e gastos do exercicio que inclúe consumos de explotación, gastos de persoal, dotacións para amortizacións e inmobilizado, variación das provisións de tráfico e perdas de créditos incobrables e outros gastos de explotación. Gastos de persoal: Custos do cadro de persoal da empresa. Inclúe as remuneracións dos directivos, as cotizacións obrigatorias á seguridade social e os demais gastos de carácter social ó cargo da empresa. Gastos e perdas doutros exercicios: Partida contable que recolle os gastos e as perdas relevantes de exercicios anteriores.

Gastos extraordinarios: Gastos de volume significativo que non se producen normalmente e que quedan ó marxe da actividade ordinaria da empresa. Gastos financeiros: Suma dos apartados da conta de perdas e ganancias denominados gastos financeiros e gastos asimilados, variación das provisións de investimentos financeiros, e diferenzas negativas de cambio. Gastos financeiros e gastos asimilados: Custo no que incorre a empresa polo uso dos capitais financeiros nun período determinado. Comprende os xuros de débedas, os xuros devengados durante o exercicio e derivados do financiamento externo instrumentado en valores negociables, os xuros das operacións de desconto de letras e doutros efectos, os descontos concedidos ós clientes por pronto pago, as perdas polo alleamento de valores de renda fixa ou variable (agás as que se rexistran como de empresas do grupo ou asociadas), ou por insolvencias firmes de créditos. Nesta partida tamén se recollen tódolos gastos de natureza financeira que non se inclúan noutras. Importe neto da cifra de negocios: Calcúlase restando do importe das vendas de produtos e das prestacións de servizos correspondentes ás actividades ordinarias o importe das bonificacións e demais reducións sobre as vendas, o imposto sobre o valor engadido e outros impostos directamente relacionados coas mesmas. Impostos: Suma do importe do imposto sobre beneficios devengado no exercicio (imposto de sociedades) e dos correspondentes ós axustes sobre a imposición directa derivados da regularización no exercicio de impostos directos pagados en exercicios anteriores (outros impostos). Ingresos de explotación: Ingresos propios do ciclo de explotación e derivados da actividade ordinaria da empresa. Estes ingresos proceden das vendas de mercadorías na empresa comercial ou de produtos terminados na industrial. O agregado obtense como suma dos denominados importe neto da cifra de negocios e outros ingresos de explotación. En termos de macromagnitudes denomínase produción. Ingresos e beneficios doutros exercicios: Partida contable que recolle os ingresos e os beneficios relevantes de exercicios anteriores. Ingresos extraordinarios: Beneficios e ingresos que non se producen normalmente e que quedan ó marxe da actividade ordinaria da empresa. Ingresos financeiros: Suma das partidas da conta de perdas e ganancias denominadas ingresos financeiros e diferenzas negativas de cambio. A primeira inclúe as rendas a favor da empresa e devengadas no exercicio por participacións en capital, por xuros de valores negociables de renda fixa, por xuros de préstamos e outros créditos, por descontos que conceden os provedores por pronto pago, e por beneficios producidos polo alleamento de valores de renda fixa ou variable, agás os que se deban rexistrar como de empresas do grupo ou asociadas. Inmobilizacións financeiras: O inmobilizado financeiro está formado por activos propiedade da empresa que se corresponden con valores inmobiliarios emitidos por

terceiros, ou con préstamos concedidos a terceiros. Estes activos de ciclo de permanencia superior ó ano poden servir par controlar outras empresas, obter deducións ou garantir unha certa rendibilidade ó longo prazo. Inmobilizacións inmateriais: Elementos patrimoniais intanxibles constituídos por dereitos susceptibles de valoración económica e capaces de xerar ingresos futuros. Estes activos deben permanecer na empresa durante máis dun ano. Son inmobilizacións inmateriais os gastos en I+D, as concesións administrativas, a propiedade industrial, o fondo de comercio, os dereitos de traspaso, as aplicacións informáticas, os dereitos sobre bens en réxime de arrendamento financeiro, os anticipos e, con signo negativo, as correspondentes amortizacións e provisións. Inmobilizacións materiais: Elementos patrimoniais tanxibles que permanecen na empresa por un longo período de tempo, contribuíndo ó mantemento e aumento da súa capacidade produtiva. Neste segmento do activo fixo están incluídas contas coma as de terreos e bens materiais, construcións, instalacións técnicas, maquinaria, equipos, mobiliario, ordenadores, elementos de transporte, anticipos e inmobilizacións materiais en curso e, con signo negativo, as correspondentes provisións e amortizacións. Outro activo fixo: Suma das compoñentes do activo de accionistas por desembolsos non esixidos, gastos de establecemento, inmobilizacións financeiras, accións propias, debedores por operacións de tráfico ó longo prazo, e gastos a distribuíren en varios exercicios. Outro pasivo: Agregado das partidas de ingresos a distribuíren en varios exercicios e provisións para riscos e gastos. A primeira recolle os ingresos que a empresa incorpora a exercicios futuros e a segunda os dedicados a cubrir perdas seguras ou altamente probables orixinadas no mesmo exercicio ou noutro anterior, pero que á data de peche do exercicio teñen algún grao de indeterminación no tocante ó seu importe ou á data na que se producirán. Outros gastos: Suma da variación das provisións de inmobilizado inmaterial, material e carteira de control, das perdas procedentes do inmobilizado inmaterial, material e carteira de control, das perdas por operacións con accións e obrigacións propias, dos gastos extraordinarios, e dos gastos e perdas doutros exercicios. Outros gastos de explotación: Servizos diversos adquiridos pola empresa que non se rexistran como compras nin como parte do prezo de adquisición do inmobilizado ou dos investimentos financeiros temporais. Este agregado tamén inclúe, co signo correspondente ó seu saldo, outros tributos distintos do de sociedades e dos recollidos na partida denominada outros impostos, así como os resultados de operacións en común, as outras perdas na xestión corrente e a dotación ó fondo de reversión. Outros ingresos: Suma dos beneficios por alleamento do inmobilizado inmaterial, material e carteira de control, dos beneficios por operacións con accións e obrigacións propias, as

subvencións de capital transferidas ó resultado do exercicio, os ingresos extraordinarios, e os ingresos e beneficios doutros exercicios. Outros ingresos de explotación: Diferenza entre os ingresos de explotación e o importe neto da cifra de negocios. Forman parte deste agregado os ingresos derivados da actividade ordinaria da empresa pero de natureza accesoria (por arrendamentos, comisións ou servizos ó persoal), os traballos realizados para o inmobilizado, as subvencións de explotación, e o exceso de provisión para riscos e gastos. Perdas por operacións con accións e obrigacións propias: Perdas producidas pola amortización de obrigacións ou polo alleamento de accións e obrigacións emitidas pola empresa. Perdas procedentes do inmobilizado inmaterial, material e carteira de control: Perdas producidas polo alleamento de inmobilizado, pola participación no capital ó longo prazo en empresas do grupo ou asociadas, e pola doazón de inmobilizado material. Persoal ocupado: Persoas que participan na actividade económica da empresa a cambio dunha remuneración en metálico ou en especie, ou dunha participación nos beneficios. Resultados antes de impostos: Suma dos resultados das actividades ordinarias e dos resultados extraordinarios. Resultados das actividades ordinarias: Suma dos resultados de explotación e dos resultados financeiros. Resultados de explotación: Diferenza entre os ingresos de explotación e os gastos de explotación da conta de perdas e ganancias. Coincide co excedente bruto de explotación diminuído das partidas de dotacións para amortizacións do inmobilizado e variación das provisións de tráfico e perdas de créditos incobrables. Resultados extraordinarios: Son os xerados na empresa por actividades atípicas. Calcúlanse como diferenza entre as partidas contables outros ingresos e outros gastos. Resultados financeiros: Total de ingresos e beneficios financeiros menos total de gastos e perdas financeiras. Resultados totais do exercicio: Miden o resultado total da actividade empresarial e calcúlanse restando ós resultados antes de impostos o valor dos impostos (de sociedades e outros). Subvencións de capital transferidas ó resultado do exercicio: Importe imputado ó resultado do exercicio das subvencións de capital. Valor engadido bruto ó custo de factores (VEBcf): Recursos xerados pola actividade dos factores produtivos internos da empresa, capital e traballo. Calcúlase restando ós ingresos de explotación os consumos de explotación e a partida contable denominada outros gastos de explotación. Representa o valor novo creado no proceso produtivo. Variación das provisións de inmobilizado inmaterial, material e carteira de control: Dotación á provisión do inmobilizado e dotación á provisión para participacións en capital ó

longo prazo en empresas do grupo ou asociadas, diminuídas polo exceso de provisión contabilizado nos devanditos conceptos. Variación das provisións de investimentos financeiros: Saldo neto das provisións dotadas en investimentos financeiros do exercicio. 4. Fontes de información Xunto cos do rexistro mercantil utilizáronse datos doutros rexistros administrativos con información de empresas de Galicia e os recollidos no Directorio de Empresas e Unidades Locais do IGE. O informe trimestral económico-financeiro, que se fai mediante enquisa directa nun subconxunto de empresas, é outra operación que xera información útil para esta. A base de datos SABI (Sistema de Análise de Balances Ibéricos) foi a ferramenta utilizada para o acceso á información en soporte magnético dos modelos normalizados de contas. 5. Presentación de resultados Na presentación de resultados utilízanse como variables de clasificación o territorio, a actividade principal e o tamaño da empresa. No detalle xeográfico chégase ata nivel de concello (Nuts5), pasando polos agregados intermedios de comarca (Nuts4) e provincia (Nuts3). Para a desagregación por ramas de actividade utilízanse as divisións da CNAE. Na clasificación das empresas por tamaño considéranse os seguintes estratos de emprego: - Microempresa: menos de 10 persoas - Pequena empresa: entre 10 e 49 persoas - Mediana empresa: entre 50 e 249 persoas - Gran empresa: 250 persoas ou máis Con cada literal das táboas figuran os códigos dos modelos de contas anuais abreviadas do Plan Xeral de Contabilidade:

MODELOS DE CONTAS ANUAIS ABREVIADAS CONTA DE PERDAS E GANANCIAS Nº CONTAS DEBE Nº CONTAS HABER A) GASTOS B) INGRESOS 60,61*,71* 1 Consumos de explotación 1 Ingresos de explotación 2 Gastos de persoal 70 a) Importe neto da cifra de negocios 640,641 a) Soldos, salarios e asimilados 73,74,75,790 b) Outros ingresos de explotación 642,643,649 b) Cargas sociais 68 3 Dotacións para amortización de inmobilizado 650,693,694 4 Variacións das provisións de tráfico e perdas 695,(793),(794) de créditos incobrables (795) 62 5 Outros gastos de explotación 631,634,(636) (639),651,659 690 I. BENEFICIOS DE EXPLOTACIÓN I. PERDAS DE EXPLOTACIÓN (B1-A1-A2-A3-A4-A5) (A1+A2+A3+A4+A5-B1) 6 Gastos financeiros e gastos asimilados 2 Ingresos financeiros 6610,6615,6620 a) Por débedas con empresas do grupo 7600,7610,7620 a) En empresas do grupo 6630,6640,6650 7630,7650 6611,6616,6621 b) Por débedas con empresas asociadas 7601,7611,7621 b) Outros ingresos de explotación 6631,6641,6651 7631,7651 6613,6618,6622 c) por outras débedas 7603,7613,7623 c) Outros 6623,6632,6633 7633,7635,769 6643,6653,669 766 d) Beneficios en investimentos financeiros 666,667 d) Perdas de investimentos financeiros 768 3 Diferenzas positivas de cambio 6963,6965,6966 7 Variación das provisións de investimentos 697,698,699 financeiros (7963),(7965) (7966),(797) (798),(799) 668 8 Diferenzas negativas de cambio II. RESULTADOS FINANCEIROS POSITIVOS II. RESULTADOS FINANCEIROS NEGATIVOS (B2+B3-A6-A7-A8) (A6+A7+A8-B2-B3) III. BENEFICIOS DAS ACTIVIDADES ORDINARIAS III. PERDAS DAS ACTIVIDADES ORDINARIAS (AI+AII-BI-BII) (BI+BII-AI-AII) 691,692,6960 9 Variación das provisións de inmobilizado 770,771,772 4 Beneficios por alleamento do inmobilizado 6961,(791),(792) inmaterial, material e carteira de control 773 inmaterial, material e carteira de control (7960),(7961) 774 5 Beneficios por operacións con accións e 670,671,672 10 Perdas procedentes do inmobilizado obrigacións propias 673 inmaterial, material e carteira de control 775 6 Subvencións de capital transferidas ó resultado 674 11 Perdas por operacións con accións e do exercicio obrigacións propias 778 7 Ingresos extraordinarios 678 12 Gastos extraordinarios 779 8 Ingresos e beneficios doutros exercicios 679 13 Gastos e perdas doutros exercicios IV. RESULTADOS EXTRAORDINARIOS POSITIVOS IV. RESULTADOS EXTRAORDINARIOS NEGATIVOS (B4+B5+B6+B7+B8-A9-A10-A11-A12-A13) (A9+A10+A11+A12+A13-B4-B5-B6-B7-B8) V. BENEFICIOS ANTES DE IMPOSTOS V. PERDAS ANTES DE IMPOSTOS (AIII+AIV-BIII-BIV) (BIII+BIV-AIII-AIV) 630*,633,(638) 14 Imposto sobre sociedades 15 Outros impostos VI. RESULTADOS DO EXERCICIO (BENEFICIOS) VI. RESULTADOS DO EXERCICIO (PERDAS) (AV-A14-A15) (BV+A14+A15) BALANCE

Nº DE CONTAS ACTIVO PASIVO Nº DE CONTAS 190,191,192,193,194 A) Accionistas (socios) por desembolsos A) Fondos propios 195,196 non esixidos I. Capital subscrito 10 II. Prima de emisión 110 B) Inmobilizado III. Reserva de revalorización 111 20 I. Gastos de establecemento IV. Reservas 112,113,114,115,116 21,(281),(291) II. Inmobilizacións inmateriais 117,118 22,23,(282),(292) III. Inmobilizacións materiais V. Resultados de exercicios anteriores 120,(121),122 240,241,242,243,244 IV. Inmobilizacións financeiras VI. Perdas e ganancias (Beneficio ou perda) 129 245,246,247,250,251 VII. Dividendo á conta entregado no exercicio (557) 252,253,254,256,257 258,25,(293),(294) B) Ingresos a distribuíren en varios exercicios 13 (295),(296),(297),(298) 198 V. Accións propias C) Provisións para riscos e gastos 14 27 C) Gastos a distribuíren en varios exercicios D) Acredores ó longo prazo 15,16,17,18,248,249 259 D) Activo Circulante 558 I. Accionistas por desembolsos esixidose) Acredores ó curto prazo 400,401,402,403,(406) 30,31,32,33,34,35,36 II. Existencias 41,437,465,475,476 (39),407 477,479,485,499,50 430,431,432,433,435 III. Debedores 51,52,551,552,553 (436),44,460,470,471 555,556,560,561,585 472,474,(490),(493) TOTAL XERAL (A+B+C+D+E)... (494),544,551,552,553 53,540,541,542,543 IV. Investimentos financeiros 545,546,547,548,(549) temporais 565,566,(59) V. Accións propias ó curto prazo 57 VI. Tesourería 480,58 VII. Axustes por periodificación TOTAL XERAL (A+B+C+D)...