Aprobada por Consello de Goberno do 30/06/2011 Modificada por RR 25/05/2012 Modificada por RD 43/2015 (02/02/2015)

Documentos relacionados
NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

(Aprobado en consello de goberno de 12 de febreiro de 2014) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Aprobado en Consello de Goberno do 10 de outubro de 2016 EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

NORMATIVA DE PERMANENCIA E PROGRESO DO ESTUDANTADO DAS TITULACIONS OFICIAIS DE GRAO E DE MASTER UNIVERSITARIOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

ADAPTACIÓN POR BLOQUE: CON 60 CRÉDITOS SUPERADOS Diplomatura en Ciencias Empresariais Campus de Lugo (971P01) Código. Carácter. Créditos.

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO

DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

1.- VALORACIÓN DA PUNTUACIÓN DA ÚLTIMA OPOSICIÓN: 60% DA PUNTUACIÓN TOTAL DO BAREMO (60,000 PUNTOS)

REUNIDOS. Da outra, Don Severino Rodríguez Díaz, con DNI G, en calidade de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

INICIO DE ESTUDOS ESTUDOS CONVOCATORIA DATAS

Se tes pensado facer unha estadía de mobilidade internacional no curso 2015/2016.ten presentes os requisitos lingüísticos e prepárate!!

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DE A OPE 2008/2009

MEMORIA PARA O PROGRAMA CONXUNTO DE ESTUDOS OFICIAIS DO GRAO (PCEO) DO GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS E O GRAO EN INFORMÁTICA (Campus

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

d. Los que ya fuesen declarados equivalentes por otra Universidad española.

Para cada colectivo, os criterios de selección específicos son os seguintes:

TU987B - Inicio de actividade de albergues turísticos ou dos albergues de peregrinos do Camiño de Santiago.

CSI F U.A de Galicia Concurso Traslados Lei 17/1989

SEGUNDA CONVOCATORIA DE BOLSAS DE COLABORACIÓN PARA FORMACIÓN COMPLEMENTARIA DO ESTUDANTADO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA.

CONCURSO DE IDEAS EMPRESARIAIS INNOVADORAS, BASEADAS NO COÑECEMENTO CIENTÍFICO

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

Información e instrucións para realizar solicitudes web

(...) I. NORMAS XERAIS

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DA OPE 2008/2009

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

NORMATIVA REGULADORA DOS CONCURSOS DE ACCESO AOS CORPOS DOCENTES UNIVERSITARIOS E DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

REGULAMENTO PARA A REALIZACIÓN DO TRABALLO DE FIN DE GRAO

Criterios para a promoción e titulación na ESO. IES Xunqueira I.

Asistente web para a solicitude

MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO ELECTORAL XERAL DA USC. Consello de Goberno de 21 de febreiro de 2014

REGULAMENTO PARA A REALIZACIÓN DO TRABALLO DE FIN DE GRAO

Convocatoria ordinaria de 2012

Instrucións e procedemento para racionalizar os horarios dos estudos do Grao en Dereito

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Artigo 48. Imposto sobre actividades de xogo (Lei 13/2011, do 27 de maio, de regulación do xogo)

PROCEDEMENTO DE COORDINACIÓN DA DOCENCIA DE GRAO DA FACULTADE DE CC. EMPRESARIAIS E TURISMO DE OURENSE

CONVOCATORIA DE CURSOS DA INTERNATIONAL SUMMER SCHOOL NO ESTRANXEIRO

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

Normativa Transferencia y Reconocimiento de créditos Centro Universitario EDEM

PROCEDEMENTO DE ENQUISA DE SATISFACCIÓN DO ALUMNADO COA DOCENCIA RECIBIDA

DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx

O Real decreto 662/1997, do 12 de maio, polo que se establecen os requisitos mínimos para exerce-la

ACORDO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS. PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PLAN DE ESTABILIDADE NO EMPREGO DOS SERVIZOS PÚBLICOS

NORMATIVA SOCIAL MEDIA

ACORDAN. A incorporación do persoal do Consorcio ao Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia realizarase do seguinte xeito:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 Martes, 23 de xuño de 2009

DECRETO 84/2012, do 16 de febreiro, polo que se establecen os prezos públicos polas prestacións das residencias de tempo libre.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CRITERIOS DE EVALUACIÓN

PROGRAMA FORMATIVO MF1442_3 PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE ACCIÓNS FORMATIVAS PARA O EMPREGO

CONCURSOS DE TRASLADOS

NORMATIVA DE RECONOCIMIENTO Y TRANSFERENCIA DE CRÉDITOS DE LOS TÍTULOS OFICIALES DE GRADO Y MÁSTER DE LA UNIVERSIDAD MIGUEL HERNÁNDEZ DE ELCHE

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

DOG Núm. 131 Venres, 8 de xullo de 2011 Páx

ANEXO II NORMATIVA, PROCEDEMENTO E EFECTOS DA AVALIACIÓN DA ACTIVIDADE DOCENTE

INFORME ECONÓMICO-FINANCEIRO ORZAMENTO 2011

Por todo isto, esta consellería,

CONCELLO DE SANTISO (A CORUÑA)

DOG Núm. 125 Xoves, 30 de xuño de 2011 Páx

G U Í A D O A L U M N A D O

INSTRUCIÓNS PARA A XUSTIFICACIÓN DO PROGRAMA CONECTA PEME 2016 XUSTIFICACIÓN DA SEGUNDA ANUALIDADE

ALEGACIONS Á PROPOSTA DE FUNCIÓN PÚBLICA SOBRE BAREMOS PARA CONCURSOS DE TRASLADOS DE PERSOAL FUNCIONARIO DA XUNTA DE GALICIA

HORARIO DO PROFESORADO DAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS (E.O.I)

PROGRAMA DE BOLSAS HIGH SCHOOL UN ANO ACADÉMICO NOS ESTADOS UNIDOS

V I C E P R E S I D E N C I A

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior Curso 2017

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016 R E U N I D O S

Convocatoria de cursos de formación en linguaxe xurídica galega

REGULAMENTO DE CENTROS ADSCRITOS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO BANCO DE ESPAÑA

INSTRUCIÓNS XERAIS PARA A FERRAMENTA DE AXUDA A CUMPRIMENTACIÓN DE SOLICITUDES.

DOG Núm. 103 Mércores, 1 de xuño de 2016 Páx

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2012 Páx. 3842

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

X PREMIO DIARIO CULTURAL DE TEATRO RADIOFÓNICO OBXECTO:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DIRECTRICES PROPIAS DA UNIVERSIDADE DE VIGO SOBRE ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN ACADÉMICA DOS PLANS DE ESTUDOS DE GRAO

INFORME ECONÓMICO-FINANCEIRO ORZAMENTO 2015

INFORME ECONÓMICO-FINANCEIRO ORZAMENTO 2013

Orde do.de xullo de 2017 pola que se desenvolve o Decreto 60/2017, do 22 de xuño, de reorganización de centros docentes de determinadas localidades.

ANÁLISE DAS CARGAS DE TRABALLO: ESTUDO PILOTO

Edificio Administrativo San Caetano, 1-2º SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono Fax

REGLAMENTO 1/2017 DE LA UNIVERSIDAD SAN PABLO-CEU PARA EL RECONOCIMIENTO Y TRANSFERENCIA DE CRÉDITOS EN GRADOS Y MÁSTERES UNIVERSITARIOS

Estas vantaxes e/ou descontos serán aplicados a toda a clientela que sexa titular dunha tarxeta benvida, sen ningún requisito a maiores.

Regulamento e tarifas dos Servizos xurídicos

Facturación electrónica

REGULAMENTO DE PRÁCTICAS ACADÉMICAS EXTERNAS DO ESTUDANTADO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA.

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

REGLAMENTO 1/2017 DE LA UNIVERSIDAD SAN PABLO-CEU PARA EL RECONOCIMIENTO Y TRANSFERENCIA DE CRÉDITOS EN GRADOS Y MÁSTERES UNIVERSITARIOS

Transcripción:

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO E TRANSFERENCIA DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES) MEDIANTE A QUE SE DESENVOLVE O RD 1393/2007, DO 29 DE OUTUBRO, MODIFICADO POLO RD 861/2010, DO 2 DE XULLO, POLO QUE SE ESTABLECE A ORDENACIÓN DAS ENSINANZAS UNIVERSITARIAS OFICIAIS Aprobada por Consello de Goberno do 30/06/2011 Modificada por RR 25/05/2012 Modificada por RD 43/2015 (02/02/2015) (Texto consolidado) Preámbulo A Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que modifica a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (BOE 13 de abril) dálle nova redacción ao artigo 36 da LOU, para pasar a titularse Validación ou adaptación de estudos, validación de experiencia, equivalencia de títulos e homologación de títulos estranxeiros. Na nova configuración da LOU séguese mantendo a existencia de criterios a que se deben axustar as universidades, pero neste caso estes criterios van ser fixados polo Goberno, a diferenza do sistema actual, en que a competencia lle corresponde ao Consello de Coordinación Universitaria. A LOU introduce tamén como importante novidade a posibilidade de validar, para efectos académicos, a experiencia laboral ou profesional, seguindo os criterios e as recomendacións das declaracións europeas para dar adecuada resposta ás necesidades de formación ao longo de toda a vida e abrirse a quen, a calquera idade, desexen acceder á súa oferta cultural ou educativa, como sinala a súa exposición de motivos. En desenvolvemento da LOU no Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, que establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, modificado polo RD 861/2010, do 2 de xullo, aparece un novo sistema denominado recoñecemento e transferencia de créditos. Este Real decreto na súa introdución e no artigo 6, no artigo 12.8, no artigo 13 e na disposición adicional cuarta desenvolve estes conceptos. Así mesmo di que, co obxecto de facer efectiva a mobilidade dos estudantes, as universidades elaborarán e publicarán a súa normativa de recoñecemento e transferencia de créditos, con suxeición aos criterios xerais do devandito Real decreto. Na memoria para solicitar a verificación de títulos oficiais (anexo I do Real decreto 1393/2007) deberá constar o sistema existente na Universidade da Coruña (UDC) de transferencia e recoñecemento de créditos. Por todo o anterior, é necesario regular o procedemento que se debe seguir na UDC. A definición do modelo de recoñecemento non só é de importancia capital para os alumnos que desexan acceder a cada titulación, senón que ten as súas raíces na propia definición da titulación, que debe ter en conta os posibles accesos desde outras titulacións tanto españolas como estranxeiras. A proposta de regulación ten as seguintes bases: Un sistema de recoñecemento baseado en créditos (non en disciplinas) e na acreditación de competencias. A posibilidade de establecer, con carácter previo á solicitude dos alumnos, táboas de recoñecemento globais entre titulacións, que permitan unha rápida resolución Páx. 1 de 7

das peticións sen necesidade de informes técnicos para cada solicitude e disciplinas. A posibilidade de especificar estudos estranxeiros susceptibles de obter recoñecemento, toda vez que se acceda aos estudos de grao, mestrado ou doutoramento. A posibilidade de recoñecer outros estudos e competencias profesionais acreditadas. Artigo 1: recoñecemento e transferencia de créditos A unidade de recoñecemento e de transferencia serán os créditos, que integran disciplinas, materias ou módulos completos. No expediente do alumno figurarán como créditos recoñecidos ou transferidos. Os créditos recoñecidos teranse en conta para os efectos de considerar realizados os créditos da titulación. O recoñecemento de créditos supón a aceptación pola UDC dos créditos que, de ser obtidos en ensinanzas oficiais, na UDC ou noutra universidade, son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial. Así mesmo, poderán ser obxecto de recoñecemento os créditos cursados noutras ensinanzas superiores oficiais ou en ensinanzas universitarias conducentes á obtención doutros títulos a que se refire o artigo 34.1 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades. A experiencia laboral e profesional acreditada poderá tamén ser recoñecida en forma de créditos que computarán para os efectos da obtención dun título oficial, sempre que esta experiencia estea relacionada coas competencias inherentes ao referido título. En todo caso non poderán ser obxecto de recoñecemento os créditos correspondentes aos traballos de fin de grao e mestrado. O número de créditos que sexan obxecto de recoñecemento a partir de experiencia profesional ou laboral e de ensinanzas universitarias non oficiais non poderá ser superior, no seu conxunto, ao 15 por cento do total de créditos que constitúen o plan de estudos. O recoñecemento destes créditos non incorporará a súa cualificación polo que non computarán para os efectos de baremación do expediente. Non obstante o anterior, os créditos procedentes de títulos propios poderán, excepcionalmente, ser obxecto de recoñecemento nunha porcentaxe superior á sinalada no parágrafo anterior ou, se é o caso, ser obxecto de recoñecementos na súa totalidade sempre que o correspondente título propio se extinguise e fose substituído por un título oficial. Para estes efectos, a memoria de verificación do novo plan de estudos cumprirá os requisitos que están establecidos nos apartados 4 e 5 do artigo 6 do RD 1393/2007, modificado polo RD 861/2010, do 2 de xullo. A transferencia de créditos supón que, nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante, se incluirá a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na UDC ou noutra universidade e que non conduciran á obtención dun título oficial. Todos os créditos que obteña o estudante en ensinanzas oficiais cursadas en calquera universidade: os que supere para a obtención do correspondente título, os recoñecidos e os transferidos, serán incluídos no seu expediente académico e reflectidos no Suplemento Europeo ao Título. Páx. 2 de 7

Artigo 2: criterios de recoñecemento de créditos Os criterios xerais de recoñecemento de créditos son aqueles que fixe o Goberno. A UDC, mediante esta normativa e as resolucións reitorais que a desenvolvan, establecerá o sistema para o recoñecemento destes créditos. As titulacións poderán propoñer criterios específicos adecuados a cada titulación que serán aprobados por resolución reitoral. En todo caso deberán respectarse as seguintes regras básicas para as ensinanzas de grao: a) Sempre que a titulación a que se pretende acceder pertenza á mesma rama de coñecemento serán obxecto de recoñecemento, polo menos, o 15 por cento da totalidade dos créditos do título correspondentes ás materias de formación básica da devandita rama. b) Serán tamén obxecto de recoñecemento os créditos obtidos naqueloutras materias de formación básica pertencentes á rama de coñecemento do título a que se pretende acceder. c) O resto dos créditos: os cursados noutras ensinanzas superiores oficiais ou en ensinanzas universitarias conducentes á obtención doutros títulos, a que se refire o artigo 34.1 da Lei orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de universidades, poderán ser recoñecidos pola UDC tendo en conta a adecuación entre as competencias e os coñecementos adquiridos, ben noutras materias ou ensinanzas cursadas polo estudante ou ben asociados a unha experiencia profesional previa e os previstos no plan de estudos ou que teñan carácter transversal. d) O recoñecemento de créditos pola participación en actividades universitarias culturais, deportivas, de representación estudantil, solidarias e de cooperación, a que fai mención o artigo 12.8 do Real decreto 1393/2007 seguirá o procedemento establecido polo acordo do Consello de Goberno do 13 de novembro de 2008. Artigo 3: sistema e procedemento para o recoñecemento e a transferencia de créditos 3.1. Para determinar o recoñecemento de créditos correspondentes a materias non recollidas nos apartados a) e b) do artigo 2 teranse en conta os estudos cursados, a experiencia laboral e profesional acreditada e a súa correspondencia cos obxectivos e competencias que establece o plan de estudos para cada módulo, materia ou disciplina. A universidade dará validez, mediante o acto de recoñecemento, a que o alumno ten acreditadas competencias da titulación e o cumprimento de parte dos obxectivos desta nos termos definidos no EEES. 3.2. Para estes efectos, cada centro establecerá táboas de equivalencia entre estudos cursados noutras universidades e aqueles que lle poderán ser recoñecidos no plan de estudos da propia universidade. Nestas táboas especificaranse os créditos que se recoñecen e, de ser o caso, as disciplinas, as materias ou os módulos equivalentes. Se o recoñecemento non é total, indicaranse os requisitos necesarios para establecer a súa superación completa. Igualmente estableceranse táboas de equivalencia entre titulacións correspondentes a ordenacións de ensinanzas anteriores ao Real decreto 1393/2007 e as titulacións correspondentes a esta nova ordenación. Páx. 3 de 7

As táboas de equivalencia entre titulacións, que poderán ser aprobadas de forma parcial ou na súa totalidade, segundo o caso, aprobaranse por resolución reitoral por proposta da Xunta de Centro ou comisión en que delegue. Deberase ter en conta que no caso de seren aprobadas de forma parcial poderán seguir sendo desenvolvidas para cada caso concreto; pero calquera modificación deberá ser aprobada por resolución reitoral seguindo o procedemento establecido de forma xeral. Para o recoñecemento de créditos cursados noutras ensinanzas superiores oficiais, ou en ensinanzas universitarias conducentes á obtención doutros títulos e por unha experiencia laboral ou profesional acreditada, estarase ao que estableza cada memoria verificada de cadanseu plan de estudos ou, se é o caso, ás normas aprobadas pola Comunidade Autónoma ou pola Universidade. 3.3. A UDC poderá recoñecer directamente ou mediante convenios, titulacións estranxeiras que dean acceso a titulacións oficiais da UDC ou establecer neses convenios o recoñecemento en parte de estudos estranxeiros. A UDC dará adecuada difusión destes convenios. 3.4. Ao alumno comunicaránselle os créditos recoñecidos e as disciplina/s ou materia/s a que correspondan, se é o caso, así como o número de créditos necesarios e as disciplina/s ou materia/s que lle restan para a obtención do título, segundo as competencias acreditadas e segundo os estudos de procedencia do alumnado. Tamén poderá especificarse a necesidade de realizar créditos de formación adicional con carácter previo ao recoñecemento completo de módulos, materias ou disciplinas. Os créditos recoñecidos consignaranse no expediente xunto coa cualificación obtida na orixe. Esta cualificación de orixe poderá incorporarse a unha disciplina/materia ou disciplinas/materias de destino no expediente do alumno; porén tamén poderá optarse por consignar o termo recoñecida naquela materia/s ou disciplina/s nos casos que así corresponda, ben por non existir cualificación de orixe, ben por tratarse dun recoñecemento de créditos asociados a materias ou disciplinas sen relación entre as competencias inherentes a estas, así como noutros casos que quedan a criterio dos órganos competentes na resolución destes procedementos. Cando se recoñezan créditos correspondentes a varias materias con notas numéricas por créditos correspondentes a unha materia, consignaráselle á materia recoñecida a nota numérica resultante de aplicar a fórmula prevista no apartado 3 do artigo 5 do Real Decreto 1125/2003: suma dos créditos obtidos polo alumno multiplicados cada un deles polo valor das cualificacións que correspondan, e dividida polo número de créditos totais obtidos polo alumno. 3.5. O procedemento iniciarase por instancia de parte, salvo o previsto no parágrafo 3.3, no centro en que o alumno vai iniciar ou continuar os estudos en que pretende recoñecer créditos, mediante a presentación dunha instancia, dirixida ao decano/a, director/a do centro, en que figurarán os seus datos persoais, así como os estudos de que procede e aqueles que desexa recoñecer. 3.6. Desconcéntrase nos decanos/as, directores/as de centro as seguintes competencias: a) O recoñecemento dos créditos de materias recollidas nos apartados a) e b) do artigo 2 desta normativa ou aqueloutros que consten nas táboas de equivalencia. A solicitude, unha vez revisada pola Administración do centro, Páx. 4 de 7

resolverase no prazo establecido na Normativa de xestión académica correspondente a cada curso. b) No resto dos casos o decano/a, director/a, tras a revisión da solicitude pola Administración do centro e co informe vinculante da Xunta de Centro (ou da Comisión en que teña delegadas esas competencias), resolverá as solicitudes no prazo establecido na Normativa de xestión académica correspondente a cada curso. 3.7. No que corresponde á transferencia de créditos, todos os créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas na UDC ou noutra universidade do EEES serán obxecto de incorporación ao expediente do alumno, tras a petición deste, mediante a presentación dunha instancia dirixida ao decano/a ou director/a do centro, en que figurarán os seus datos persoais, así como os estudos de que procede e aqueles que desexa transferir. A solicitude de transferencia de créditos resolverase polo mesmo procedemento establecido na letra b) do apartado anterior. 3.8. A instancia a que se refiren os puntos 3.5 e 3.7 virá acompañada da documentación que proceda, segundo os seguintes casos: Estudos cursados en centros universitarios españois ou noutros centros que impartan ensinanzas superiores oficiais: Para estudos universitarios: - Certificación académica oficial, en que consten as materias/disciplinas aprobadas e as cualificacións obtidas en cada unha delas, así como o plan de estudos realizado. Así mesmo deberá figurar o número de créditos correspondente a cada materia/disciplina ou no seu defecto deberá presentarse unha fotocopia do plan de estudos cursado, debidamente asinada e selada polo centro de que proceda o alumno. Para estudos correspondentes a ensinanzas superiores oficiais: - Certificación académica oficial, en que consten as materias/disciplinas aprobadas e as cualificacións obtidas en cada unha delas, así como o plan de estudos realizado. Estudos cursados en centros estranxeiros: - Certificación acreditativa do nivel e clase de estudos que se pretende recoñecer. - Así mesmo, deberá figurar o número de créditos correspondente a cada materia/disciplina ou no seu defecto deberá presentarse unha fotocopia do plan de estudos cursado, debidamente asinada e selada polo centro de que proceda o alumno. - DNI ou pasaporte. - Todos os documentos deberán ser oficiais, traducidos ao galego ou castelán, expedidos polas autoridades competentes e legalizados por vía diplomática se for o caso (será suficiente con que conste a Apostila da Haia naqueles casos pertencentes a países que teñan subscrito o correspondente convenio). 3.9. Contra as resolucións de recoñecemento ou transferencia de créditos previstas nos puntos anteriores poderase interpoñer un recurso de alzada ante o reitor no prazo dun mes, que contará a partir de que se efectúe a súa notificación, quen Páx. 5 de 7

resolverá tras o informe da Comisión de Plan de Estudos delegada do Consello de Goberno da UDC, que terá carácter vinculante. Experiencia laboral ou profesional acreditada: - Deberá estar relacionada coas competencias inherentes a cada título. Acreditarase conforme ao procedemento previsto en cada memoria verificada correspondente a cada plan de estudos e mediante a entrega da documentación que se requira. Artigo 4: recoñecemento doutros estudos 4.1. O procedemento e os criterios para o recoñecemento parcial de estudos correspondentes a ordenacións académicas anteriores á establecida no Real decreto 1393/2007 (diplomado, licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalentes) en titulacións adaptadas ao EEES seguirán o que establece esta normativa. Artigo 5: Prezos por servizos académicos Polo recoñecemento de créditos de estudos realizados aboaranse, se for o caso, os prezos que para cada curso académico sexan fixados polo correspondente Decreto da Xunta de Galicia. Os prezos faranse efectivos nos centros en que o alumno vaia iniciar ou continuar os estudos segundo o procedemento vixente en materia de pagamento de prezos por servizos académicos universitarios, no prazo máximo de dez días que contan a partir da recepción da notificación da correspondente resolución. Disposición adicional Facúltase o reitor ou o vicerreitor/a en quen delegue para o desenvolvemento desta normativa. Disposición transitoria A validación de estudos e a adaptación de plans estudos para titulacións non adaptadas ao EEES seguirán rexéndose pola normativa destes estudos. Disposición derrogatoria Queda derrogada a Normativa de recoñecemento e transferencia de créditos para titulacións adaptadas ao espazo europeo de educación superior (EESS) aprobada polo Consello de Goberno da UDC na súa sesión do 22 de maio de 2008. Disposición final A presente normativa entrará en vigor ao día seguinte da súa aprobación polo Consello de Goberno da Universidade. Páx. 6 de 7