ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Documentos relacionados
PROGRAMA FORMATIVO Módulo de creación de empresas

Fundamentos de Administración e Xestión

Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial

PROCEDEMENTO DE COORDINACIÓN DA DOCENCIA DE GRAO DA FACULTADE DE CC. EMPRESARIAIS E TURISMO DE OURENSE

Criterios para a promoción e titulación na ESO. IES Xunqueira I.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Curso Traballo Social e Demencias

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ANEXO II PROGRAMA DE COMUNICACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOCIAL ANO 2010 DATOS DO/A SOLICITANTE

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Instituto de Educación Secundaria Leixa. Bacharelatos Ciclos formativos de Artes Gráficas e Sanidade

CONCURSO DE IDEAS EMPRESARIAIS INNOVADORAS, BASEADAS NO COÑECEMENTO CIENTÍFICO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Guía docente Título superior de deseño

CURSOS DO CONTRATO PROGRAMA AUTONÓMICO (PF 2013/000007) DE UGACOTA

AXENDA PARA O EMPREGO. Emprego para un novo modelo produtivo baseado no crecemento

RESUMO DA PROGRAMACIÓN PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES 1º ESO. CURSO 2015/16

Dereitos e deberes. Co financiamento de:

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

En consecuencia, como director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, RESOLVO:

AXENDA PARA O EMPREGO. Emprego para un novo modelo produtivo baseado no crecemento

Plan de impulso e coordinación de servizos de apoio a emprendedores (Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol) DOSSIER PRESENTACIÓN

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

DECLARACIÓN MEDIOAMBIENTAL 2016

PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

Unidade de análises e programas INFORME 2016

COMERCIO ELECTRÓNICO GUÍA DIDÁCTICA

1. CATÁLOGO DE MEDIOS E RECURSOS ADSCRITOS AO PLAN CAMGAL

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública

Nº 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2011 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 1.169

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

A Formación Profesional dual

Convocatoria ordinaria de 2012

III CURSO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

laboral. de seguridae e saude

Regulamento e tarifas dos Servizos xurídicos

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016 R E U N I D O S

UNIDADE DE ATENCIÓN TEMPERÁ TRASTORNOS DO DESENVOLVEMENTO E INTERVENCIÓN FAMILIAR MEMORIA 2014

Consello Galego de Participación das Mulleres no Ámbito do Emprego e as Relacións Laborais

DECLARACIÓN RESPONSABLE PARA A ACTUACIÓN DE AXENCIAS DE COLOCACIÓN

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior Curso 2017

DATOS IDENTIFICATIVOS 2015/16. Asignatura Técnicas de Comunicación e de Promoción Turísticas Código 662G01005

Programación Específica de Frauta da Sección Bilingüe

REGULAMENTO PARA A ADMISIÓN E PERMANENCIA DE INICIATIVAS EMPRESARIAIS NO VIVEIRO DE EMPRESAS INNOVADORAS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

MANUAL DE PUBLICIDADE

DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx

PROGRAMA DE MEDIDAS DE ACTIVACIÓN DO EMPREGO PARA PARADOS DE LONGA DURACIÓN

PROGRAMA DE BOLSAS HIGH SCHOOL UN ANO ACADÉMICO NOS ESTADOS UNIDOS

A proba constará de 20 cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

Esta obra está dispoñible para a súa consulta e descarga na seguinte ligazón:

Plans de igualdade de oportunidades e de trato entre as mulleres e homes, nas empresas

Escola no río Os ollos do Loña

INSTRUCIÓNS COMPLEMENTARIAS PARA A REALIZACIÓN DA AVALIACIÓN DO PLAN CONCERTADO 2010

CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

TRABALLANDO COA PUBLICIDADE NA AULA GUIA DIDÁCTICA

1.- VALORACIÓN DA PUNTUACIÓN DA ÚLTIMA OPOSICIÓN: 60% DA PUNTUACIÓN TOTAL DO BAREMO (60,000 PUNTOS)

centros especiais de emprego CONSELLERÍA DE TRABALLO Dirección Xeral de Relacións Laborais

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

ACORDAN. A incorporación do persoal do Consorcio ao Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia realizarase do seguinte xeito:

A Consellería encargou a AFIPRODEL a elección dos 5 representantes, da rede de AEDL, acordándose a reserva dun deles para un membro desta asociación.

SENSIBILIZACIÓN - CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO NATURAL Entidade de Custodia do territorio

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DA OPE 2008/2009

Emprendemento no sistema educativo

ASIGNATURA DE CIENCIAS APLICADAS Á ACTIVIDADE PROFESIONAL 4º ESO CURSO 16-17

PLAN DE INTEGRACIÓN das TIC

PROCEDEMENTO DE ENQUISA DE SATISFACCIÓN DO ALUMNADO COA DOCENCIA RECIBIDA

Modulo de Desenvolvemento Web en Contorno Servidor.

Segundo apelido Segundo apellido Outros Otros. Número Número. Primeiro apelido Primer apellido Segundo apelido Segundo apellido NIE NIE

GUÍA DO ALUMNADO PLAN DE TELEFORMACIÓN

QUINTO INFORME DE SEGUIMENTO DO GRAO EN DEREITO (COORDINADOR DE GRAO)

TR802O - Certame Cooperativismo no Ensino.

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

Decreto 67/2010 Técnico superior en patronaxe e moda

Aprobado en Consello de Goberno do 10 de outubro de 2016 EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

FACTURACIÓN ELECTRÓNICA OBRIGATORIA ANTE O CONCELLO DE LUGO A PARTIR DO 30 DE XANEIRO DE 2017

NORMATIVA DE ACEPTACIÓN DE DOAZÓNS BIBLIOGRÁFICAS

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Subvencións e axudas CONVOCATORIA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS PARA O ANO 2017

Duración: 9 horas Datas: 8, 15 e 22 de xuño Horario: Lugar de impartición: Campus de Vigo OBXECTIVOS XERAIS

REUNIDOS. Ambos interveñen en nome e representación das institucións anteditas EXPOÑEN

Proxecto do Decreto /2015 Técnico superior en Xestión de Vendas e Espazos Comerciais

Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas

CONVENO DE COLABORACIÓN ENTRE A FEDERACIÓN GALEGA DE SURF, O CONCELLO DE E O CLUB

INTRODUCIÓN... 2 PERSOAS DESTINATARIAS DO PLAN DE FORMACIÓN:... 3 INFORMACIÓN ADICIONAL:... 3 CURSO 1: TRABALLAR A PARENTALIDADE POSITIVA...

AULA DE CONVIVENCIA INCLUSIVA

REUNIDOS. Da outra, Don Severino Rodríguez Díaz, con DNI G, en calidade de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos.

CONVOCATORIA E BASES DA III EDICIÓN DO PREMIO GALICIA SPIN-OFF

Como elaborar o plan financeiro da empresa. RELATOR: Paula Tenreiro 15 MAYO 2014

REGULAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL LIMIAR

BASES PARA A SELECCIÓN DE TÉCNICOS/AS MEDIOS EN F.P. ESPECÍFICA PARA A SÚA PARTICIPACIÓN NA PRIMEIRA CONVOCATORIA

DISTRIBUCIÓN POR SEXOS NOS ÓRGANOS DE GOBERNO DA UNIVERSIDADE DE VIGO. Ano Unidade de Igualdade Ano

O Software Libre as empresas informáticas de Galicia Resumo executivo

CSI F U.A de Galicia Concurso Traslados Lei 17/1989

Obradoiros. de Verán 2017

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

GUÍA DE BOAS PRÁCTICAS PARA A DIRECCIÓN DE TESES DE DOUTORAMENTO

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Transcripción:

1. Identificación da programación Centro educativo Código Centro Concello Ano académico 36019751 de Tomiño Tomiño 2014/2015 Ciclo formativo Código da familia profesional Familia profesional Código do ciclo formativo Ciclo formativo Grao Réxime ELE Electricidade e electrónica CMELE02 Instalacións de telecomunicacións Ciclos formativos de grao medio Réxime xeralordinario Módulo profesional e unidades formativas de menor duración (*) Código MP/UF Nome Curso Sesións semanais Horas anuais MP0367 Empresa e iniciativa emprendedora 2014/2015 3 53 63 (*) No caso de que o módulo profesional estea organizado en unidades formativas de menor duración Sesións anuais Profesorado responsable Elaboración Impartición FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, MARÍA JESÚS FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, MARÍA JESÚS Estado: Pendente de supervisión departamento - 1 -

2. Concreción do currículo en relación coa súa adecuación ás características do ámbito produtivo A presente Programación Didáctica, dentro das directrices xerais do Regulamento Orgánico dos Institutos de Educación Secundaria no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, fai referencia ao módulo de Empresa e Iniciativa Emprendedora do Ciclo Formativo de Grao Medio de Instalacións de Telecomunicacións no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. O Decreto que establece o seu título, os ensinos mínimos e o seu currículo é o: Decreto 178/2010, do 1 de outubro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de Técnico en Instalacións de Telecomunicacións. O módulo profesional de Empresa e Iniciativa Emprendedora, que se imparte durante tres sesións semanais de cincuenta minutos ao longo dos dous primeiros trimestres do curso, vai dirixido aos alumnos matriculados no segundo curso do ciclo de Instalacións de Telecomunicacións que se ofrece no IES de Tomiño. CARACTERÍSTICAS DO ALUMNADO E DO CENTRO O alumnado procede fundamentalmente do concello de Tomiño, así como dos restantes concellos do Baixo Miño, especialmente da Guarda e de Tui. Algúns alumnos completaron a E.S.O. para acceder ó ciclo, e outros fixérono sen titular a través da proba de acceso a ciclos de grao medio. Polo tanto, podemos concluír que o grupo de alumnos non presenta dificultades significativas de aprendizaxe. O IES de Tomiño atópase enclavado no concello do mesmo nome e na Comarca do Baixo Miño. Atópase a unha distancia de 15 kilómetros do concello da Garda, a 12 kilómetros do concello de Tui (e polo tanto de Portugal) e a tan só 40 kilómetros da cidade de Vigo. Dadas estas curtas distancias, existe nese radio de 40 kilómetros unha gran concentración demográfica, coexistindo empresas de todos os sectores, destacando o sector da pesca (concello da Garda e Vigo) e o sector de automoción (Grupo PSA). Esta alta densidade poboacional na área metropolitana de Vigo determina que exista un gran número de empresas relacionadas coa electrónica: telefonía, reparación de equipos electrónicos, empresas de instalacións eléctricas, de reparación e instalación de antenas, mantemento industrial, empresas de instalación de televisión terrestre e satélite, electrónica naval, CONTORNO PROFESIONAL Este profesional exerce a súa actividade en microempresas e en empresas pequenas e medianas, maioritariamente privadas, por conta propia ou allea, nas áreas de montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicación, instalacións de circuíto pechado de televisión e seguridade electrónica, centrais telefónicas e infraestruturas de redes de voz e datos, sonorización e megafonía, instalacións de radiocomunicacións, sistemas domóticos e equipamentos informáticos. As ocupacións e os postos de traballo más salientables son os seguintes: Instalador/ora de telecomunicacións en edificios de vivendas. Instalador/ora de antenas. Instalador/ora de sistemas de seguridade. Técnico/a en redes locais e telemática. Técnico/a en instalación e mantemento de redes locais. Instalador/ora de telefonía. Instalador/ora montador/ora de equipamentos telefónicos e telemáticos. Técnico/a en instalacións de son. Instalador/ora de megafonía. Instalador/ora mantedor/ora de sistemas domóticos. Técnico/a instalador/ora mantedor/ora de equipamentos informáticos. Técnico/a en montaxe e mantemento de sistemas de radiodifusión. PROSPECTIVA DO TÍTULO NO SECTOR O perfil profesional deste título, dentro do sector terciario, evoluciona cara a un persoal técnico con grande especialización na instalación e no - 2 -

mantemento de infraestruturas de telecomunicacións, sistemas de seguridade, redes, domótica, telefonía, son e equipamentos informáticos, e cun incremento no desempeño de funcións de planificación, calidade e prevención de riscos laborais. A evolución tecnolóxica está a consolidarse sobre as redes de telecomunicación de banda larga, baseadas principalmente en fibra óptica, para o tránsito de calquera tipo de información. Cumprirá a utilización de técnicas e procedementos concretos para a manipulación destes materiais, así como o uso de equipamentos de comprobación e medida específicos (identificadores de fibras, microscopios, reflectómetros ópticos, e medidores de continuidade e de potencia). As estruturas organizativas tenden a configurarse sobre a base de decisións descentralizadas e equipos participativos de xestión, potenciando a autonomía e a capacidade de decisión. As características do mercado de traballo, a mobilidade laboral e a apertura económica obrigan a formar profesionais polivalentes, capaces de adaptarse ás novas situacións socioeconómicas, laborais e organizativas do sector. A adaptación ás directivas europeas e estatais sobre a xestión de residuos implicará a posta en marcha de procedementos que permitan o aproveitamento dos recursos en condicións de seguridade, calidade e respecto ambiental. ADECUACIÓN DA PROGRAMACIÓN A ESTAS CARACTERÍSTICAS Por iso é fundamental cara ao futuro profesional do alumno ter en conta na programación este contexto socio-económico e as diferentes áreas profesionais nas que poden desenvolver o seu traballo, para que o alumno teña un maior campo de xestión no momento de incorporarse á vida laboral. Co módulo de Empresa e Iniciativa Emprendedora perséguese precisamente animar ós estudantes e facilitarlles as habilidades e coñecementos necesarios que lles permitan constituír as súas propias empresas, que sexan a base da creación de riqueza colectiva para a sociedade en que vivimos. Préstase especial atención á diversidade, xa que a aplicación eminentemente práctica dos contidos permite satisfacer as diferentes demandas do alumnado ao que vai dirixido, xa sexan relacionadas co autoemprego, coas cuestións fiscais, laborais ou mercantís da actividade empresarial ou coa situación da economía xeral e do sector de actividade. - 3 -

3. Relación de unidades didácticas que a integran, que contribuirán ao desenvolvemento do módulo profesional, xunto coa secuencia e o tempo asignado para o desenvolvemento de cada unha U.D. Título Descrición Duración (sesións) 1 Emprendemento A iniciativa emprendedora. Ideas de negocio. Proxecto empresarial. 7 empresarial 2 A empresa e o Contorno xeral e específico. Responsabilidade social corporativa. Localización. Plan de produción. 18 contorno empresarial 3 Creación de empresas Constitución da empresa. Elección da forma xurídica: responsabilidade legal e fiscalidade 18 4 Xestión administrativa Fundamentos de contabilidade. Obrifas fiscais e contables. Documentación administrativa, comercial e fiscal. e financeira da PeME 20-4 -

4. Por cada unidade didáctica 4.1.a) Identificación da unidade didáctica N.º Título da UD Duración 1 Emprendemento empresarial 7 4.1.b) Resultados de aprendizaxe do currículo que se tratan Resultado de aprendizaxe do currículo RA1 - Desenvolve o seu espírito emprendedor identificando as capacidades asociadas a el e definindo ideas emprendedoras caracterizadas pola innovación e a creatividade. Completo SI 4.1.d) Criterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos obxectivos por parte do alumnado Criterios de avaliación CA1.1 Identificouse o concepto de innovación e a súa relación co progreso da sociedade e o aumento no benestar dos individuos. CA1.2 Analizouse o concepto de cultura emprendedora e a súa importancia como dinamizador do mercado laboral e fonte de benestar social. CA1.3 Valorouse a importancia da iniciativa individual, a creatividade, a formación, a responsabilidade e a colaboración como requisitos indispensables para ter éxito na actividade emprendedora. CA1.4 Analizáronse as características das actividades emprendedoras no sector das instalacións de telecomunicacións. CA1.5 Valorouse o concepto de risco como elemento inevitable de toda actividade emprendedora. CA1.6 Valoráronse ideas emprendedoras caracterizadas pola innovación, pola creatividade e pola súa factibilidade. CA1.7 Decidiuse a partir das ideas emprendedoras unha determinada idea de negocio do ámbito das instalacións de telecomunicacións, que ha servir de punto de partida para a elaboración do proxecto empresarial. CA1.8 Analizouse a estrutura dun proxecto empresarial e valorouse a súa importancia como paso previo á creación dunha pequena empresa. 4.1.e) Contidos Contidos Innovación e desenvolvemento económico. Principais características da innovación na actividade de instalacións de telecomunicacións (materiais, tecnoloxía, organización da produción, etc.). Cultura emprendedora na Unión Europea, en España e en Galicia. Factores clave das persoas emprendedoras: iniciativa, creatividade, formación, responsabilidade e colaboración. Actuación das persoas emprendedoras no sector das telecomunicacións. O risco como factor inherente á actividade emprendedora. Valoración do traballo por conta propia como fonte de realización persoal e social. Ideas emprendedoras: fontes de ideas, maduración e avaliación destas. Proxecto empresarial: importancia e utilidade, estrutura e aplicación no ámbito das telecomunicacións. - 5 -

4.2.a) Identificación da unidade didáctica N.º Título da UD Duración 2 A empresa e o contorno empresarial 18 4.2.b) Resultados de aprendizaxe do currículo que se tratan Resultado de aprendizaxe do currículo RA2 - Decide a oportunidade de creación dunha pequena empresa para o desenvolvemento da idea emprendedora, tras a análise da relación entre a empresa e o contorno, do proceso produtivo, da organización dos recursos humanos e dos valores culturais e éticos. Completo SI 4.2.d) Criterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos obxectivos por parte do alumnado Criterios de avaliación CA2.1 Valorouse a importancia das pequenas e medianas empresas no tecido empresarial galego. CA2.2 Analizouse o impacto ambiental da actividade empresarial e a necesidade de introducir criterios de sustentabilidade nos principios de actuación das empresas. CA2.3 Identificáronse os principais compoñentes do contorno xeral que rodea a empresa e, en especial, nos aspectos tecnolóxico, económico, social, ambiental, demográfico e cultural. CA2.4 Apreciouse a influencia na actividade empresarial das relacións coa clientela, con provedores, coas administracións públicas, coas entidades financeiras e coa competencia como principais integrantes do contorno específico. CA2.5 Determináronse os elementos do contorno xeral e específico dunha pequena ou mediana empresa instaladora de telecomunicacións en función da súa posible localización. CA2.6 Analizouse o fenómeno da responsabilidade social das empresas e a súa importancia como un elemento da estratexia empresarial. CA2.7 Valorouse a importancia do balance social dunha empresa relacionada coas telecomunicacións e describíronse os principais custos sociais en que incorren estas empresas, así como os beneficios sociais que producen. CA2.8 Identificáronse, en empresas de telecomunicacións, prácticas que incorporen valores éticos e sociais. CA2.9 Definíronse os obxectivos empresariais incorporando valores éticos e sociais. CA2.10 Analizáronse os conceptos de cultura empresarial, e de comunicación e imaxe corporativas, así como a súa relación cos obxectivos empresariais. CA2.11 Describíronse as actividades e os procesos básicos que se realizan nunha empresa de telecomunicacións, e delimitáronse as relacións de coordinación e dependencia dentro do sistema empresarial. CA2.12 Elaborouse un plan de empresa que inclúa a idea de negocio, a localización, a organización do proceso produtivo e dos recursos necesarios, a responsabilidade social e o plan de márketing. 4.2.e) Contidos A empresa como sistema: concepto, funcións e clasificacións. Contidos Análise do contorno xeral dunha pequena ou mediana empresa de telecomunicacións: aspectos tecnolóxico, económico, social, ambiental, demográfico e cultural. Análise do contorno específico dunha pequena ou mediana empresa de telecomunicacións: clientes, provedores, administracións públicas, entidades financeiras e competencia. Localización da empresa. A persoa empresaria. Requisitos para o exercicio da actividade empresarial. Responsabilidade social da empresa e compromiso co desenvolvemento sustentable. Cultura empresarial, e comunicación e imaxe corporativas. - 6 -

Contidos Actividades e procesos básicos na empresa. Organización dos recursos dispoñibles. Externalización de actividades da empresa. Descrición dos elementos e estratexias do plan de produción e do plan de márketing. - 7 -

4.3.a) Identificación da unidade didáctica N.º Título da UD Duración 3 Creación de empresas 18 4.3.b) Resultados de aprendizaxe do currículo que se tratan Resultado de aprendizaxe do currículo RA3 - Selecciona a forma xurídica tendo en conta as implicacións legais asociadas e o proceso para a súa constitución e posta en marcha. Completo SI 4.3.d) Criterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos obxectivos por parte do alumnado Criterios de avaliación CA3.1 Analizouse o concepto de persoa empresaria, así como os requisitos que cómpren para desenvolver a actividade empresarial. CA3.2 Analizáronse as formas xurídicas da empresa e determinándose as vantaxes e as desvantaxes de cada unha en relación coa súa idea de negocio. CA3.3 Valorouse a importancia das empresas de economía social no sector das telecomunicacións. CA3.4 Especificouse o grao de responsabilidade legal das persoas propietarias da empresa en función da forma xurídica elixida. CA3.5 Diferenciouse o tratamento fiscal establecido para cada forma xurídica de empresa. CA3.6 Identificáronse os trámites esixidos pola lexislación para a constitución dunha pequena ou mediana empresa en función da súa forma xurídica. CA3.7 Identificáronse as vías de asesoramento e xestión administrativa externas á hora de pór en marcha unha pequena ou mediana empresa. CA3.8 Analizáronse as axudas e subvencións para a creación e posta en marcha de empresas instaladoras de telecomunicacións tendo en conta a súa localización. CA3.9 Incluíuse no plan de empresa información relativa á elección da forma xurídica, os trámites administrativos, as axudas e as subvencións. 4.3.e) Contidos Formas xurídicas das empresas. Contidos Responsabilidade legal do empresario. A fiscalidade da empresa como variable para a elección da forma xurídica. Proceso administrativo de constitución e posta en marcha dunha empresa. Vías de asesoramento para a elaboración dun proxecto empresarial e para a posta en marcha da empresa. Axudas e subvencións para a creación dunha empresa de telecomunicacións. Plan de empresa: elección da forma xurídica, trámites administrativos, e xestión de axudas e subvencións. - 8 -

4.4.a) Identificación da unidade didáctica N.º Título da UD Duración 4 Xestión administrativa e financeira da PeME 20 4.4.b) Resultados de aprendizaxe do currículo que se tratan Resultado de aprendizaxe do currículo RA4 - Realiza actividades de xestión administrativa e financeira básica dunha pequena ou mediana empresa, identifica as principais obrigas contables e fiscais, e formaliza a documentación. Completo SI 4.4.d) Criterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos obxectivos por parte do alumnado Criterios de avaliación CA4.1 Analizáronse os conceptos básicos de contabilidade, así como as técnicas de rexistro da información contable: activo, pasivo, patrimonio neto, ingresos, gastos e contas anuais. CA4.2 Describíronse as técnicas básicas de análise da información contable, en especial no referente ao equilibrio da estrutura financeira e á solvencia, á liquidez e á rendibilidade da empresa. CA4.3 Definíronse as obrigas fiscais (declaración censual, IAE, liquidacións trimestrais, resumes anuais, etc.) dunha pequena e dunha mediana empresa relacionadas con instalacións de telecomunicacións, e diferenciáronse os tipos de impostos no calendario fiscal CA4.4 Formalizouse con corrección, mediante procesos informáticos, a documentación básica de carácter comercial e contable (notas de pedido, albarás, facturas, recibos, cheques, obrigas de pagamento e letras de cambio) para unha pequena e unha mediana empresa d CA4.5 Elaborouse o plan financeiro e analizouse a viabilidade económica e financeira do proxecto empresarial. 4.4.e) Contidos Contidos Análise das necesidades de investimento e das fontes de financiamento dunha pequena e dunha mediana empresa no sector das telecomunicacións. Concepto e nocións básicas de contabilidade: activo, pasivo, patrimonio neto, ingresos, gastos e contas anuais. Análise da información contable: equilibrio da estrutura financeira e ratios financeiras de solvencia, liquidez e rendibilidade da empresa. Plan financeiro: estudo da viabilidade económica e financeira. Obrigas fiscais dunha pequena e dunha mediana empresa. Ciclo de xestión administrativa nunha empresa de telecomunicacións: documentos administrativos e documentos de pagamento. Coidado na elaboración da documentación administrativo-financeira. - 9 -

5. Mínimos exixibles para alcanzar a avaliación positiva e os criterios de cualificación MÍNIMOS ESIXIBLES Os mínimos esixibles serán os indicados como tales para cada unidade no apartado 4.c. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN Consideramos que o alumnado debe acadar as seguintes capacidades terminais: - Identificar as funcións básicas dunha empresa e os elementos do seu contorno - Distinguir os distintos tipos de mercado e a súa segmentación - Diferenciar os distintos tipos de formas xurídicas e a responsabilidade dos socios - Levar a cabo un estudo de viabilidade económica e financeira dunha peme do sector. - Definir as obrigas fiscais e diferenciar os tipos de impostos aplicables no calendario fiscal - Identificar a documentación básica de carácter comercial e contable para unha peme do sector, e describir os circuítos que percorre na empresa. - Elaborar un plan de empresa Os elementos a considerar para a avaliación positiva dos alumnos son o seguintes: - Actitude e asistencia do alumno na clase (valor de 10%). Neste apartado valórase a asistencia e puntualidade, a participación, a iniciativa, o interese pola materia e o comportamento xeral do alumno en relación coa clase, cos compañeiros e co profesorado - Traballo diario realizado no aula (valor de 20%). Valorarase neste apartado a claridade e a orde, o dominio dos contidos, a calidade, o esforzo, etc, dos traballos e exercicios individuais, dos foros de discusión/debate e do traballo en grupo - Exame de cada parte da materia (valor de 70%). Esta proba consistirá nun cuestionario con afirmacións para identificar se son verdadeiras ou falsas ou con preguntas test con elección da alternativa correcta, preguntas breves e, de ser o caso, casos prácticos similares aos realizados na clase. Superarán o exame todos aqueles alumnos que superen a proba cun 5. Entre todas as probas escritas feitas no trimestre, calcularase a media aritmética das mesmas, sempre que se obteña un mínimo de 4 puntos nos distintos exames escritos. Para poder considerarse a materia superada o alumnado deberá obter un mínimo de cinco puntos como nota final, aplicando os tres elementos de avaliación mencionados, en cada unha das avaliacións do curso. 6. Procedemento para a recuperación das partes non superadas 6.a) Procedemento para definir as actividades de recuperación * Os alumnos que non logren superar positivamente unha avaliación serán orientados, en función dos mínimos esixibles, para realizar tarefas, exercicios ou traballos e superar unha proba ou control obxectivo. Serán unha prioridade na atención recuperadora aqueles alumnos dos que podamos intuír que non lograrán cumprir os obxectivos do módulo. A avaliación correspondente á observación directa e á revisión de tarefas recuperarase amosando unha evolución positiva ó longo do curso e/ou repetindo aquelas actividades nas que non se acade avaliación positiva. Ademais, o profesor proporá, como actividades preparatorias, outros supostos prácticos e aclarará as dúbidas que se lle presenten ao alumno. * Nos casos dos alumnos que non acaden cualificación positiva durante o período de avaliación ordinaria, o profesor emitirá un informe individualizado sobre as deficiencias polas que a cualificación é negativa. Nunha primeira fase da avaliación extraordinaria, o profesor proporá as actividades a desenvolver durante o período extraordinario. Estas - 10 -

actividades propostas serán avaliadas cos mesmos criterios indicados para a avaliación ordinaria. O profesor responsable orientará, nos días fixados de mutuo acordo con cada alumno, sobre a forma de realizar o traballo proposto e resolverán as dúbidas expostas. Nunha segunda fase da avaliación extraordinaria, o alumno realizará unha ou varias probas escritas, nas datas fixadas segundo acordo entre este e o profesor. Para superar o módulo será necesario superar positivamente ambas as fases. 6.b) Procedemento para definir a proba de avaliación extraordinaria para o alumnado con perda de dereito a avaliación continua Neste caso, ao ser este un módulo de 53 horas e como as sesións de clase diarias son de 50 minutos, correspóndelle un máximo de 7 faltas. Para o alumnado que perda o dereito á avaliación continua está prevista a realización dunha proba final extraordinaria que terá lugar antes da sesión de avaliación final do módulo. A proba final constará de cuestións teóricas e supostos prácticos que permitan a comprobación da consecución dos mínimos esixibles que se expoñen nesta programación. En todo caso, o alumnado que teña perdido o dereito á avaliación continua pode recabar o asesoramento do profesor para a preparación da devandita proba final extraordinaria. 7. Procedemento sobre o seguimento da programación e a avaliación da propia práctica docente Para promover a mellora do proceso de ensino e da práctica docente, someterase a un proceso de avaliación no que se examinarán os seguintes aspectos: a. Cumprimento dos obxectivos polo grupo de alumnos. b. Organización e planificación das clases. c. Planificación das tarefas. d. Distribución de medios e tempos. e. Implicación do grupo de alumnos. f. Relación entre os alumnos e entre os alumnos e os profesores. g. Adecuada progresión dos contidos. h. Idoneidade dos materiais empregados. i. Capacidade motivadora das actividades. j. Cumprimento da secuenciación da Programación Didáctica. k. Adecuación de obxectivos e contidos coas necesidades reais. l. Adecuación de medios e metodoloxía coas necesidades reais. Para levar a cabo esta avaliación da práctica docente, poderanse empregar os seguintes instrumentos: - Autoevaluación por parte do profesor - Cuestionarios aos alumnos, anónimos ou persoais - Entrevistas cos alumnos - Resultados do proceso de aprendizaxe dos alumnos - 11 -

8. Medidas de atención á diversidade 8.a) Procedemento para a realización da avaliación inicial Empregaranse distintos procedementos para coñecer e valorar a situación de partida dos alumnos e empezar desde o principio cunha intervención axustada ás necesidades, intereses e posibilidades dos mesmos. Neste sentido, realizarase unha recollida de datos persoais e familiares de cada alumno e dos relativos ao historial escolar. Durante o primeiro mes de clase, realizarase un seguimento dos alumnos, empregando os distintos instrumentos e técnicas de avaliación habituais que se recollen nesta programación, para analizar as capacidades e posibilidades de cada alumno e os coñecementos previos, así como para detectar as posibles dificultades que xurdan nos alumnos e orientalos nas medidas que deben tomar para seguir o curso coas garantías necesarias. 8.b) Medidas de reforzo educativo para o alumnado que non responda globalmente aos obxectivos programados De conformidade co establecido nos artigos 71 e ss da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, daremos resposta á atención dos alumnos con necesidade específica de apoio educativo baseándonos nos principios de normalización e inclusión. Tratarase de ofrecer unha docencia integradora, sabendo das diferentes capacidades e niveis do alumnado e da súa interacción particular coa formación específica. En función das circunstancias particulares, e sempre en coordinación co Departamento de Orientación, poderán adoptarse diversas medidas, entre as que cabe destacar: - Reforzos educativos individualizados na aula. - Adaptacións (non significativas) na secuencia de contidos, na metodoloxía, nos instrumentos de avaliación,... para aqueles alumnos/as que o precisasen. - Levar adiante actividades diferentes para un mesmo contido, en diferentes niveis de dificultade. - Combinar agrupamentos homoxéneos e heteroxéneos, actuando intencionalmente na súa constitución, para que esta flexibilidade permita unha mellor aprendizaxe en grupo. - Organizar e distribuír espazos e tempos respectando as n.e.a.e. 9. Aspectos transversais 9.a) Programación da educación en valores O módulo de Empresa e Iniciativa Emprendedora ten unha función de promoción das habilidades e actitudes emprendedoras, de tal xeito que resulta crucial desenvolver, ó longo das distintas unidades didácticas e especialmente na súa vertente actitudinal, determinados contidos transversais: - Respecto e promoción da igualdade efectiva entre home e muller: tanto no ámbito profesional da electrónica como no grupo concreto de clase se constata un predominio numérico dos homes; é importante neste sentido concienciar ós alumnos da importancia do respecto mutuo entre ambos xéneros e do principio de igualdade retributiva por traballo de igual valor. - Dentro da educación para a saúde, farase especial fincapé na seguridade e hixiene no traballo: trátase de concienciar ós alumnos de que as técnicas de prevención de riscos son de vital importancia tanto no desenvolvemento dos restantes módulos como no desempeño da súa futura actividade profesional. Tratarase por tanto de traballar conxuntamente cos restantes docentes para promover esta consciencia. 9.b) Actividades complementarias e extraescolares Para a mellor consecución dos obxectivos do módulo ou para ampliar e afondar nos contidos do mesmo, prevese a realización de determinadas actividades, en coordinación co resto dos profesores que imparten docencia no ciclo. Recurrirase por exemplo ao visionado de cine de temática - 12 -

socioeconómica e empresarial: ao longo do curso proxectaranse longametraxes con perspectivas alternativas sobre a actividade empresarial. A elección realizarase entre os seguintes títulos: "Obsolescencia programada", "Roger y yo", "Sicko", "Inside Job", "Capitalismo: una historia de amor", "Wall Street", "Michael Clayton"... Estas actividades poderíanse realizar conxunta e simultaneamente co alumnado do ciclo formativo de Forestais e do PCPI. 10.Outros apartados 10.1) Libro de texto O libro a empregar é o manual "Empresa e iniciativa emprendedora" da editorial "Tu libro de FP". - 13 -