XEOGRAFÍA OPCIÓN 1 OPCIÓN 2

Documentos relacionados
PAU XUÑO 2010 XEOGRAFÍA

ESTUDIO DEMOGRÁFICO DE ESPAÑA, GALICIA E A POBRA DO CARAMIÑAL

O RELEVO DE GALICI C A I

INFORME SOBRE A POBREZA EN GALICIA

GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS

UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE LA COMUNIDAD DE MADRID PRUEBA DE ACCESO A LAS ENSEÑANZAS UNIVERSITARIAS OFICIALES DE GRADO.

CODIFICADORES CIRCUÍTOS COMBINACIONAIS

TEMA 1: A POBOACIÓN NO MUNDO

Tema 14.- A poboación de España e de Galicia.

INFORME CLIMATOLÓXICO

NORMATIVA SOCIAL MEDIA

Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

2.4. Os seres vivos e a paisaxe

MATEMÁTICAS. PRIMEIRA PARTE (Parte Común)

UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE LA COMUNIDAD DE MADRID PRUEBA DE ACCESO A LAS ENSEÑANZAS UNIVERSITARIAS OFICIALES DE GRADO

UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE LA COMUNIDAD DE MADRID PRUEBA DE ACCESO A LAS ENSEÑANZAS UNIVERSITARIAS OFICIALES DE GRADO Curso

ÍNDICE 1 MANUAL BÁSICO 2 TONS DE CHAMADA 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACION INTERNA? 2 COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACION EXTERNA?

COMENTARIO DE UN CLIMODIAGRAMA

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

VIAXAR POLO UNIVERSO Un programa de Astronía en Galego

PROGRAMA DE MEDIDAS DE ACTIVACIÓN DO EMPREGO PARA PARADOS DE LONGA DURACIÓN

30 junio - 2 julio de xuno - 2 xullo IV MONOGRÁFICO FORESTAL INTERNACIONAL PARA EL SUR DE EUROPA

DE HORECA AO RETAIL E TENDENCIAS CONVENIENCE

A CARTA DE PRESENTACIÓN

2. A codia oceánica e a codia continental A plataforma continental galega

INSTRUCIÓNS DE PUBLICIDADE

UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE LA COMUNIDAD DE MADRID PRUEBA DE ACCESO A LAS ENSEÑANZAS UNIVERSITARIAS OFICIALES DE GRADO Curso

ROCHAS SEDIMENTARIAS

INSTRUCCIONES GENERALES Y VALORACIÓN

5. LOS DOMINIOS CLIMÁTICOS EN ESPAÑA

G EOGRAFÍA F ÍSICA P RÁCTICAS S ELECTIVIDAD RELIEVE CLIMAS HIDROLOGÍA VEGETACIÓN GEOGRAFÍA DE ESPAÑA 2º BACHILLERATO

Información e instrucións para realizar solicitudes web

PAU XUÑO 2014 TECNOLOXÍA INDUSTRIAL II

CRITERIOS DE EVALUACIÓN/CORRECCIÓN DE FÍSICA

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPC003. Código. Proba de. Matemáticas. Páxina 1 de 11

GEOGRAFÍA 2º Bat. Tema 2º Tiempo y Clima

viaxes especializada que realice a súa actividade a través de internet.

EmpregoUDC TESTS DE PERSONALIDADE QUE SON, TIPOS, QUE AVALÍAN E CONSELLOS QUE SON?

A PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS EN GRANDES INFRAESTRUTURAS E NÚCLEOS RURAIS

UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE LA COMUNIDAD DE MADRID. PRUEBAS DE ACCESO A LOS ESTUDIOS UNIVERSITARIOS (LOGSE) Curso

CMUS Profesional de Viveiro

XESTUR PLATAFORMAS LOXÍSTICAS

6.1. Sinalización. Normas xerais

SITUACIÓN. Zona de Sar. Situada ao leste a carón do río Sar. Zona de Sar. Situada hacia el este a las orillas del río Sar.

ESTADO DE TRAMITACIÓN HUMANIZACIÓNS 2012

ECONOMÍA E ORGANIZACIÓN DE EMPRESAS

O RELEVO INSULAR. Mapa litolóxico de España. (España volcánica) Debuxos e gráficos con tipos de modelado: granítico, cárstico, glaciar ou volcánico.

O libro e a edición en Galicia (2016)

UNIVERSIDADES DE ANDALUCÍA PRUEBA DE ACCESO A LA UNIVERSIDAD

UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE LA COMUNIDAD DE MADRID PRUEBA DE ACCESO A LAS ENSEÑANZAS UNIVERSITARIAS OFICIALES DE GRADO

Crear un Blog. Primeiros pasos. XX Semana da Educación. Pontevedra

Proxecto ORZAMENTO EN TERMOS DE CONTABILIDADE NACIONAL. Memoria I

ECONOMÍA E ORGANIZACIÓN DE EMPRESAS

UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE LA COMUNIDAD DE MADRID PRUEBA DE ACCESO A LAS ENSEÑANZAS UNIVERSITARIAS OFICIALES DE GRADO

1º exame, 3ª avaliación

PRUEBA DE ACCESO A LA UNIVERSIDAD

PAU XUÑO 2015 CIENCIAS DA TERRA E AMBIENTAIS

Prueba de acceso a la Universidad de Extremadura Curso

Esquema. 1. Introducción: el clima de la Península Ibérica. 2. Los factores del clima en la Península Ibérica

Tema 5 LOS CLIMAS DE ESPAÑA

Audio e vídeo en Ardora 7

UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE LA COMUNIDAD DE MADRID. PRUEBA DE ACCESO A ESTUDIOS UNIVERSITARIOS (LOGSE) Curso

VIII OLIMPÍADA GALEGA DE ECONOMÍA La Caixa Bases

ACLARACIONS DEPORTE BASE GALICIA

UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE LA COMUNIDAD DE MADRID. PRUEBA DE ACCESO A ESTUDIOS UNIVERSITARIOS (LOGSE) Curso GEOGRAFÍA OPCIÓN A

X PREMIO DIARIO CULTURAL DE TEATRO RADIOFÓNICO OBXECTO:

Programa. Examen. Criterios de evaluación

ACORDAN. A incorporación do persoal do Consorcio ao Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia realizarase do seguinte xeito:

INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN E XESTIÓN FORESTAL PARA GALICIA

PROXECTO RUNAS REQUIRIMENTOS DE PARTICIPACIÓN. Son requirimentos de participación os seguintes:

Normas de presentación dos traballos

UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE LA COMUNIDAD DE MADRID PRUEBA DE ACCESO A LAS ENSEÑANZAS UNIVERSITARIAS OFICIALES DE GRADO

Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia

UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE LA COMUNIDAD DE MADRID. PRUEBAS DE ACCESO A LOS ESTUDIOS UNIVERSITARIOS (LOGSE) Curso

PAU XUÑO 2014 CIENCIAS DA TERRA E AMBIENTAIS

TEMA 4. O coñecemento científico

PAU XUÑO 2015 ECONOMÍA DA EMPRESA

a: TD99_PLIEGO_TECNICO, b:

PROCEDEMENTO DE ENQUISA DE SATISFACCIÓN DO ALUMNADO COA DOCENCIA RECIBIDA

AFORRO ENERXÉTICO NOS FOGARES MANUAL DE BOAS PRÁCTICAS

UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE LA COMUNIDAD DE MADRID PRUEBA DE ACCESO A LAS ENSEÑANZAS UNIVERSITARIAS OFICIALES DE GRADO Curso

Curso COTSG. Casos Prácticos nos Servizos Sociais Comunitarios: Por que cambian as persoas?

Fundamentos de Administración e Xestión

MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS

Tema 5. Salida del sistema climático: distribución de las temperaturas y las precipitaciones

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

AXENDA PARA O EMPREGO. Emprego para un novo modelo produtivo baseado no crecemento

PLAN DE INTEGRACIÓN das TIC

Convocatoria ordinaria de 2012

UN AMOR POR DESCUBRIR

ACTIVIDAD 1. COMENTE siguiendo el guión de comentario de un mapa del tiempo.

PLAN PARA A DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA DE GALICIA , HORIZONTE 2020

PAU XUÑO 2010 ECONOMÍA DA EMPRESA

1.- VALORACIÓN DA PUNTUACIÓN DA ÚLTIMA OPOSICIÓN: 60% DA PUNTUACIÓN TOTAL DO BAREMO (60,000 PUNTOS)

RECOMENDACIÓNS XERAIS

A proba constará de 20 cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas, das que soamente unha é correcta.

Esquema. 1. Introducción. 1. Introducción: el clima de la Península Ibérica. 3. Los elementos del clima en la Península Ibérica

BASES XIV CONCURSO MELLOR XORNALISTA INFANTIL E XUVENIL (CURSO )

UNIDADE 2 O RELEVO. CONTINENTE: é unha grande extensión de terra que presenta algunha diferenza salientable respecto das veciñas.

Transcripción:

VALORACIÓN: A primeira pregunta ten unha puntuación máxima de 2 puntos: requírese unha breve definición en termos xeográficos. A segunda pregunta ten unha puntuación máxima de 2 puntos: solicítase unicamente citar os elementos. A terceira pregunta ten unha puntuación máxima de 3 puntos: valorarase a organización e a exposición de contidos. A cuarta pregunta ten unha puntuación máxima de 3 puntos: pídese a correcta interpretación e explicación do documento, analizando as causas e consecuencias dos feitos expostos. 1.1. Defina brevemente: COTA LÁCTEA, SOTAVENTO, ÁREA PERIURBANA, PREGAMENTO, LATITUDE. 1.2. Na Figura A-1 aparece a trama das Comunidades Autónomas españolas. Cite vostede o nome e a capital das atravesadas pola liña, de forma ordenada de NE a SW. 1.3. Desenvolva a cuestión: A variedade das paisaxes vexetais en España. Orientacións para o desenvolvemento: a variedade do medio físico como fundamento da variedade de paisaxes naturais, os diversos dominios bioclimáticos, a extensión por áreas, as transformacións pola acción antrópica, etc. 1.4. Comente vostede a Figura B-1. Orientacións para o desenvolvemento: tipo de mapa e de información, relación co reparto da actividade industrial en España, a evolución recente da industria, o peso da poboación activa no sector, a variedade rexional do fenómeno, etc. 2.1. Defina brevemente: GARRIGA, TAXA DE PARO, CRECEMENTO VEXETATIVO, CONCENTRACIÓN PARCELARIA, I+D. 2.2. Na Figura A-2 aparece a rede fluvial española. Cite vostede os ríos que aparecen sinalados cun número. 2.3. Desenvolva a cuestión: Os caracteres xerais da rede urbana española. Orientacións para o desenvolvemento: o reparto das principais cidades, relación co reparto das densidades de poboación, caracteres da xerarquía de cidades, causas e consecuencias do reparto, etc. 2.4. Comente vostede a Figura B-2. Orientacións para o desenvolvemento: tipoloxía da imaxe (sistema de representación, tipo de información), características da distribución dos feitos representados, localización espacial e nas variedades climáticas españolas, consecuencias na paisaxe, etc. 189

FIGURA A-1 Área da sobreira (Quercus suber) na Península Ibérica (Font Quer, P., 1956). FIGURA B-1 190

FIGURA A-2 30 25 20 15 10 5 0 TºC E F M A M X P mm. X A S O N D 260 250 240 230 220 210 200 190 180 170 160 150 140 130 120 110 100 90 80 70 60 50 40 30 20 10 0 Temperaturas ºC Precipitacións mm. Temperatura media anual: 15,0º. Precipitacións anuais: 1.708 mm. Amplitude térmica: 10,9º. FIGURA B-2 191

VALORACIÓN: La primera pregunta tiene una puntuación máxima de 2 puntos: se requiere una breve definición en términos geográficos. La segunda pregunta tiene una puntuación máxima de 2 puntos: se solicita únicamente citar los elementos. La tercera pregunta tiene una puntuación máxima de 3 puntos: se valorará la organización y exposición de contenidos. La cuarta pregunta tiene una puntuación máxima de 3 puntos: se pide la correcta interpretación y explicación del documento, analizando causas y consecuencias de los hechos expuestos. 1.1.- Defina brevemente: AMPLITUD TÉRMICA, TASA DE ACTIVIDAD, VEGETACIÓN CLÍMAX, MARISQUEO, MONOPOLIO. 1.2.- En la Figura A-1 aparece la trama de las provincias españolas. Cite el nombre de las que aparecen señaladas con un número. 1.3.- Desarrolle la cuestión: La disposición general del roquedo peninsular y su relación con las unidades de relieve. Orientaciones para el desarrollo: las tres Españas litológicas, ubicación de los principales tipos de roquedo, relación con las principales unidades del relieve peninsular, reparto de las alturas, relación con los tipos de suelo, etc. 1.4.- Comente la Figura B-1. Orientaciones para el comentario: tipología de la imagen (sistema de representación, tipo de información), características del hecho representado, causas y consecuencias de la distribución, relación con las densidades de población y la dinámica demográfica, relación con la dinámica económica, etc. 2.1.- Defina brevemente: MATERIA PRIMA, ISOYETA, CRECIMIENTO REAL, BIOMASA, ESPECIE XERÓFILA. 2.2.- En la Figura A-2 aparece la trama de las Comunidades Autónomas españolas. Cite el nombre y la capital de las atravesadas por la línea, de forma ordenada de NW a SE. 2.3.- Desarrolle la cuestión: La evolución del proceso de industrialización español. Orientaciones para el desarrollo: orígenes de la industrialización, regiones pioneras, desequilibrios espaciales, instrumentos de corrección de desequilibrios, áreas industriales, problemas actuales de la industria, etc. 2.4.- Comente la Figura B-2. Orientaciones para el comentario: tipología de la imagen (sistema de representación, tipo de información), características de la distribución de los hechos representados, ubicación espacial y en las variedades climáticas españolas, consecuencias en el paisaje, etc. 192

FIGURA A-1 FIGURA B-1 193

FIGURA A-2 30 TºC P mm. 60 25 50 20 40 15 30 10 20 5 10 0 E F M A M X X A S O N D 0 Temperaturas ºC Precipitacións mm. Temperatura media anual: 14,5º. Precipitacións anuais: 400 mm. Amplitude térmica: 20,1º. FIGURA B-2 194

CONVOCATORIA DE XUÑO 1.1.- Esta primeira pregunta terá unha puntuación máxima de 2 puntos, de maneira que cada termo ou concepto definido correctamente obterá 0,4 puntos. Requísese unha resposta breve e concreta que utilice termos con significado xeográfico e que cumpra o criterio fundamental de toda definición, é dicir, non repetir o concepto que se debe definir nesta. A xeito de orientación preséntanse as definicións dos termos e conceptos propostos: COTA LÁCTEA: límite imposto á produción leiteira dun país por un organismo supranacional, no caso de España, a Unión Europea, para adaptarse ás directrices xerais da P.A.C. SOTAVENTO: ladeira ou vertente dun relevo ó resgardo do lugar de procedencia dos ventos, oposta a barlovento. ÁREA PERIURBANA: área rural situada na periferia dunha cidade onde teñen lugar profundas transformacións dos aspectos demográficos, económicos e sociais, transformando tamén os seus usos rurais tradicionais. PREGA: deformación tectónica do terreo que se produce pola acción de forzas de sentido contrario e que se traduce nunca ondulación dos estratos. É propio das rochas sedimentarias plásticas. LATITUDE: distancia angular de calquera punto do globo con respecto ó Ecuador, ó norte ou ó sur, medida en graos, minutos e segundos sobre un arco de meridiano. Todos os puntos situados sobre un mesmo paralelo teñen a mesma latitude. 1.2.- Esta segunda pregunta terá unha puntuación máxima de 2 puntos, a razón de 0,4 puntos por resposta correcta. Requísese a cita correcta dos elementos que se indican no mapa. A resposta adecuada é: 1, CATALUÑA (Barcelona); 2, ARAGÓN (Zaragoza); 3, CASTILLA-LA MANCHA (Toledo); 4, MADRID (Madrid); e 5, EXTREMADURA (Mérida). 1.3.- Esta terceira pregunta terá unha puntuación máxima de 3 puntos. Solicítase que o alumnado responda á cuestión proposta da forma máis completa posible, é dicir, formulando a resposta baseándose nos caracteres xeográficos máis relevantes do tema; valorarase a organización dos contidos, o nivel explicativo do seu desenvolvemento e a capacidade de establecer relacións comparativas. Requírese boa redacción sen erros ortográficos. A modo de orientación algúns dos aspectos clave deste tema son a variedade do medio físico español como fundamento da variedade das paisaxes naturais, os diversos dominios bioclimáticos e as súas características e extensión, as transformacións pola acción antrópica, as consecuencias da aridez, os problemas da perda de solo, etc. 1.4.- Esta cuarta pregunta terá unha puntuación máxima de 3 puntos. Requírese a correcta interpretación do documento, valorando tanto a súa comprensión (lectura) como a súa explicación (análise) en termos, sempre que sexa procedente, de causas e consecuencias posibles. Como criterios orientadores poden citarse os seguintes: tipoloxía da imaxe (mapa temático sintético cuantitativo, de escala pequena por canto representa un país), relación do reparto espacial do emprego co reparto da actividade industrial en España, principais áreas industriais e as súas características (áreas en declive, áreas dinámicas, áreas emerxentes), a evolución recente das pautas industriais, os retos e oportunidades da globalización, etc. 2.1.- Esta primeira pregunta terá unha puntuación máxima de 2 puntos, de maneira que cada termo ou concepto definido correctamente obterá 0,4 puntos. Requísese unha resposta breve e concreta que utilice termos con significado xeográfico e que cumpra o criterio fundamental de toda definición, é dicir, non repetir o concepto que se debe definir nesta. A xeito de orientación preséntanse as definicións dos termos e conceptos propostos: GARRIGA: tipo de formación vexetal arbustiva pouco densa, característica do dominio climático mediterráneo, que se desenvolve preferentemente sobre solos calcarios. TAXA DE PARO: taxa que expresa a relación entre a xerarquía parada ou desocupada e a xerarquía activa, en porcentaxe, para unha sociedade determinada. CRECEMIENTO VEXETATIVO: diferenza entre a taxa de natalidade e a taxa de mortalidade dun grupo humano, expresada en porcentaxe. CONCENTRACIÓN PARCELARIA: proceso de agrupamento de parcelas dispersas pertencentes a unha mesma explotación, no menor número posible de unidades, para racionalizar o aproveitamento agrario. I+D: siglas de Investigación e Desenvolvemento que fan alusión ao investimento que realizan os poderes públicos e á empresa privada en actividades de fomento da innovación e a competitividade produtiva. 195

2.2.- Esta segunda pregunta terá unha puntuación máxima de 2 puntos, a razón de 0,4 puntos por resposta correcta. Requísese a cita correcta dos elementos que se indican no mapa. A resposta adecuada es: 1, SIL; 2, SEGRE; 3, TORMES; 4, ALBERCHE; e 5, GUADIANA. 2.3.- Esta terceira pregunta terá unha puntuación máxima de 3 puntos. Solicítase que o alumnado responda á cuestión proposta da forma máis completa posible, é dicir, formulando a resposta baseándose nos caracteres xeográficos máis relevantes do tema; valorarase a organización dos contidos, o nivel explicativo do seu desenvolvemento, e a capacidade de establecer relacións comparativas. Requírese boa redacción sen erros ortográficos. A modo de orientación algúns dos aspectos clave deste tema son: definición de rede urbana, características do reparto das grandes cidades españolas, relación co reparto das densidades de poboación e coa dinámica demográfica e migratoria, caracteres da xerarquía urbana, causas e consecuencias do reparto etc. 2.4.- Esta cuarta pregunta terá unha puntuación máxima de 3 puntos. Requírese a correcta interpretación do documento, valorando tanto a súa comprensión (lectura) como a súa explicación (análise) en termos, sempre que sexa procedente, de causas e consecuencias posibles. Como criterios orientadores poden citarse os seguintes: tipoloxía da imaxe (diagrama termopluviométrico que representa as temperaturas mediante puntos unidos cunha liña e as precipitacións mediante barras verticais, cunha escala vertical dobre das precipitacións con respecto ás temperaturas); temperatura media anual suave, amplitude térmica baixa, verán non excesivamente caloroso e inverno suave, con influencia do océano; precipitacións elevadas propias da España húmida, bastante regulares aínda que con descenso estival que propicia incluso dous meses áridos segundo o índice de Gaussen, aínda que non moi marcados; trátase do dominio oceánico aínda que en posición de transición cara ó ámbito mediterráneo, como pode se-lo caso do sur de Galicia, en que empezan a manifestarse matices de aridez estival; caracteres da paisaxe bioclimática do dominio oceánico etc. CONVOCATORIA DE SETEMBRO 1.1.- Esta primeira pregunta terá unha puntuación máxima de 2 puntos, de maneira que cada termo ou concepto definido correctamente obterá 0,4 puntos. Requísese unha resposta breve e concreta que utilice termos con significado xeográfico e que cumpra o criterio fundamental de toda definición, é dicir, non repetir o concepto que se debe definir nesta. A xeito de orientación preséntanse as definicións dos termos e conceptos propostos: AMPLITUDE TÉRMICA: diferenza entre a temperatura máis alta e a máis baixa dun lugar nun período de tempo determinado (día, mes, ano). TAXA DE ACTIVIDADE: índice que relaciona a poboación activa coa poboación total nun lugar, en porcentaxe. VEXETACIÓN CLÍMAX: é aquela vexetación que está en equilibrio coas condicións ambientais dun lugar, é dicir, a vexetación potencial que debería existir nun lugar de non mediaren outros factores cós meramente ambientais. MARISQUEO: actividade de recolección de moluscos bivalvos nos bancos naturais das proximidades da costa, aproveitando a sucesión do proceso de mareas. MONOPOLIO: situación de competencia imperfecta no mercado, onde se produce o dominio dunha empresa sobre a produción, a comercialización e os prezos de un produto determinado. 1.2.- Esta segunda pregunta terá unha puntuación máxima de 2 puntos, a razón de 0,4 puntos por resposta correcta. Requísese a cita correcta dos elementos que se indican no mapa. A resposta adecuada é: 1, BISCAIA; 2, CÓRDOBA; 3, MURCIA; 4, TOLEDO e 5, HUESCA. 1.3.- Esta terceira pregunta terá unha puntuación máxima de 3 puntos. Solicítase que o alumno responda á cuestión proposta da forma máis completa posible, é dicir, formulando a resposta baseándose nos caracteres xeográficos máis relevantes do tema; valorarase a organización dos contidos, o nivel explicativo do seu desenvolvemento e a capacidade de establecer relacións comparativas. Requírese boa redacción sen erros ortográficos. A modo de orientación algúns dos aspectos clave deste tema son as tres Españas litolóxicas (silícea, arxilosa, calcaria), a situación dos distintos tipos de rochedo, a relación coas distintas unidades estruturais e co relevo peninsular e o reparto das altitudes, a relación cos tipos de solo e as variedades de ocupación agrícola etc. 196

1.4.- Esta cuarta pregunta terá unha puntuación máxima de 3 puntos. Requírese a correcta interpretación do documento, valorando tanto a súa comprensión (lectura) como a súa explicación (análise) en termos, sempre que sexa procedente, de causas e consecuencias posibles. Como criterios orientadores poden citarse os seguintes: tipoloxía da imaxe (mapa temático sintético cuantitativo, de escala pequena por canto representa un país), características do reparto das cidades de máis de 100.000 habitantes en España, relación coas densidades de poboación e a dinámica demográfica, trazos da rede e xerarquía urbanas, relación coa dinámica económica, os desequilibrios na distribución etc. 2.1.- Esta primeira pregunta terá unha puntuación máxima de 2 puntos, de maneira que cada termo ou concepto definido correctamente obterá 0,4 puntos. Requísese unha resposta breve e concreta que utilice termos con significado xeográfico e que cumpra o criterio fundamental de toda definición, é dicir, non repetir o concepto que se debe definir nesta. A xeito de orientación preséntanse as definicións dos termos e conceptos propostos: MATERIA PRIMA: todos aqueles produtos naturais utilizados para a súa transformación industrial. ISOHIETA: isoliña que une puntos de igual cantidade de precipitación recollida nun período de tempo determinado. CRECEMENTO REAL: crecemento ou decrecemento dunha poboación tras ponderar el crecemento natural co valor do saldo migratorio. BIOMASA: cantidade de materia orgánica, vexetal e animal, por unidade de superficie: a vexetal (fitomasa) exprésase en peso de materia seca por unidade de superficie, e a animal (zoomasa), en peso vivo por unidade de superficie. ESPECIE XERÓFILA: especie vexetal que resiste a aridez, por estar adaptada na súa constitución á sequidade e ó déficit de humidade. 2.2.- Esta segunda pregunta terá unha puntuación máxima de 2 puntos, a razón de 0,4 puntos por resposta correcta. Requísese a cita correcta dos elementos que se indican no mapa na orde solicitada. A resposta adecuada é: 1, PRINCIPADO DE ASTURIAS (Oviedo); CASTILLA Y LEÓN (Valladolid); MADRID (Madrid); CASTILLA LA MANCHA (Toledo); e MURCIA (Murcia). Se alguén indica tamén que o Parlamento está en Cartagena, e non acertou algunha das outras, pódense engadir 0,2 puntos ó total). 2.3.- Esta terceira pregunta terá unha puntuación máxima de 3 puntos. Solicítase que o alumno responda á cuestión proposta da forma máis completa posible, é dicir, formulando a resposta baseándose nos caracteres xeográficos máis relevantes do tema; valorarase a organización dos contidos, o nivel explicativo do seu desenvolvemento e a capacidade de establecer relacións comparativas. Requírese boa redacción sen erros ortográficos. A modo de orientación algúns dos aspectos clave deste tema son: orixes e rexións pioneiras da industrialización, fases da industrialización española e xeración dos desequilibrios territoriais, as políticas de industrialización, as rexións industriais actuais (rexións en declive, rexións en expansión, especialización rexional), as políticas territoriais e a industria, a industria española e a UE, as tendencias actuais (reconversión, deslocalización), etc. 2.4.- Esta cuarta pregunta terá unha puntuación máxima de 3 puntos. Requírese a correcta interpretación do documento, valorando tanto a súa comprensión (lectura) como a súa explicación (análise) en termos, sempre que sexa procedente, de causas e consecuencias posibles. Como criterios orientadores poden citarse os seguintes: tipoloxía da imaxe (diagrama termopluviométrico que representa as temperaturas mediante puntos unidos cunha liña e as precipitacións mediante barras verticais, cunha escala vertical dobre das precipitacións con respecto ás temperaturas); temperatura media anual suave, amplitude térmica elevada, verán caloroso e inverno frío, o que indica a perda de influencia do océano; precipitacións escasas propias da España seca, irregulares e concentradas nos meses equinocciais, con catro meses áridos segundo o índice de Gaussen; trátase do dominio temperado mediterráneo aínda que nunha posición interior que introduce matices de continentalización; pola escaseza das precipitacións e unha temperatura media suave, pode pensarse na Submeseta Sur; caracteres da paisaxe bioclimática do dominio mediterráneo continentalizado etc. 197