Concello de Boiro. Severino Abalo Chouza, EN CALIDADE DE SECRETARIO DESTE ÓRGANO, CERTIFICO:

Documentos relacionados
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

CONCELLO DE OUTES (A Coruña)

BASES QUE REXERÁN O PROCESO DE CONTRATACIÓN DE 1 AUXILIAR ADMINISTRATI VO.

CRITERIOS DE XESTIÓN DE LISTAS DE AGARDA E DE PROVISIÓN DE POSTOS

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

Decreto 364/1995, de 10 de marzo, que aproba o regulamento xeral de ingreso na administración.

ANUNCIO Por resolución da Alcaldía de 30 de maio de 2012, procedeuse a aprobación das seguintes Bases:

BASES PARA A SELECCIÓN DE 16 PRAZAS DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL DE SOCORRISTA ACUÁTICO EN ESPACIOS NATURAIS.

ANUNCIO. A Xunta de Goberno Local do Concello de Muros na sesión do día 5 de maio de 2015 adoptou o seguinte acordo

(...) I. NORMAS XERAIS

A Consellería encargou a AFIPRODEL a elección dos 5 representantes, da rede de AEDL, acordándose a reserva dun deles para un membro desta asociación.

As retribucións percibidas polos traballadores/as contratados/as estarán axustadas á disponibilidade orzamentaria.

BASES QUE REXERAN A CONTRATACIÓN DUN/HA AUXILIAR DA BIBLIOTECA, OFICINA DE INFORMACIÓN XUVENIL E ARQUIVO.

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

ANUNCIO. O cometido funcional do posto versará sobre as tarefas propias da praza, consistentes na realización de funcións auxiliares administrativas.

1.- VALORACIÓN DA PUNTUACIÓN DA ÚLTIMA OPOSICIÓN: 60% DA PUNTUACIÓN TOTAL DO BAREMO (60,000 PUNTOS)

CONCELLO DE BARBADÁS. RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA Barbadás, 9 de marzo de 2016

BASES DA CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN CON CARÁCTER LABORAL TEMPORAL POR CONCURSO DUNHA PRAZA DE SOCORRISTA MUNICIPAL

CONCELLO DE NEGREIRA (A CORUÑA)

Comisións de Servizo por conciliación da vida laboral e familiar

2ª.- Número de Prazas: unha.

Por todo isto, esta consellería,

provincia de ourense n.º 239 sábado, 17 outubro 2015 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

ANUNCIO APROBAR AS BASES PARA A CONTRATACIÓN INTERINA DUN PROFESOR DE CANTO PARA A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DO CONCELLO DE MUROS

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

D) Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo.

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DA OPE 2008/2009

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

TU987B - Inicio de actividade de albergues turísticos ou dos albergues de peregrinos do Camiño de Santiago.

DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx

ACORDO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS. PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PLAN DE ESTABILIDADE NO EMPREGO DOS SERVIZOS PÚBLICOS

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

CONCELLO DE OUTES (A Coruña)

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

BASES QUE REXERÁN O CONCURSO PUBLICO PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL PARA O PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA (PAI) DO CONCELLO DE VILAR DE SANTOS:

BASES DA CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL PARA A XXIV EDICIÓN DA FEIRA DO VIÑO DO ROSAL

BASES REGULADORAS DO PROCESO SELECTIVO PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN/DUNHA SEPULTUREIRO/A.

CONCELLO A LAMA. Avda. do Concello Pontevedra. Tfno Fax:

SEGUNDA CONVOCATORIA DE BOLSAS DE COLABORACIÓN PARA FORMACIÓN COMPLEMENTARIA DO ESTUDANTADO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA.

Resultando que obra no expediente o Informe conxunto de Secretaría e de Intervención emitido o día 25 de setembro de 2017.

ANUNCIO 1ª.- OBXECTO DA CONVOCATORIA.

ANUNCIO. Convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal de vinte peóns de limpeza de praias durante a tempada do verán 2015.

Dª. OLGA ALONSO SUÁREZ, CONCELLEIRA-SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO CONCELLO DE VIGO

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

Consello Galego de Participación das Mulleres no Ámbito do Emprego e as Relacións Laborais

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANUNCIO. Xefe da Brigada Municipal contra incendios Páxina 1 de 6

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Subvencións e axudas CONVOCATORIA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS PARA O ANO 2017

ANUNCIO. Convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal de dezaseis (16) peóns de limpeza de praias nos meses de

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

BASES PARA A CONTRATACIÓN EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL A MEDIA XORNADA DE UN/UNHA AUXILIAR DE BIBLIOTECA POR SUSTITUCIÓN DA TITULAR DA PRAZA.

A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 5 de xullo de 2013, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Criterios para a promoción e titulación na ESO. IES Xunqueira I.

por Resolución do 25 de abril de 2016 e pola Orde XUS/704/2016 (Diario Oficial de

MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO

BASES ESPECÍFICAS PARA A SELECCIÓN E CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN PEÓN DE OBRAS DO CONCELLO DE ZAS, E A FORMACIÓN DUNHA LISTA DE SUBSTITUCIÓN.

Nº 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2011 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 1.169

CONCURSOS DE TRASLADOS

ANUNCIO. Convocatoria do proceso selectivo para a creación dunha BOLSA DE EMPREGO para a contratación laboral temporal dun/dunha TRABALLADOR/A SOCIAL.

CONCELLO DE SANTISO (A CORUÑA)

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

CURSO CONVOCATORIA XERAL ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO

1ª.- OBXECTO DA CONVOCATORIA

BASES PARA A SELECCIÓN DE TÉCNICOS/AS MEDIOS EN F.P. ESPECÍFICA PARA A SÚA PARTICIPACIÓN NA PRIMEIRA CONVOCATORIA

LISTAS CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA. Fonte: páxina web da Xunta de Galicia e elaboración propia

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

BASES PARA A CONTRATACION LABORAL TEMPORAL, A XORNADA COMPLETA, MEDIANTE O SISTEMA DE OPOSICIÓN, DE TRES OPERARIOS DE SERVIZOS VARIOS.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016 R E U N I D O S

1ª. OBXECTO DA CONVOCATORIA

Edificio Administrativo San Caetano, 1-2º SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono Fax

DECRETO DA ALCALDÍA. Visto o informe de procedemento, así como a proposta emitida dende a Secretaría municipal.

CSI F U.A de Galicia Concurso Traslados Lei 17/1989

DECLARACIÓN RESPONSABLE PARA A ACTUACIÓN DE AXENCIAS DE COLOCACIÓN

REUNIDOS. Da outra, Don Severino Rodríguez Díaz, con DNI G, en calidade de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos.

BASES DA CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE DOUS AUXILIARES DE POLICIA LOCAL

DECRETO NÚMERO DO 20/04/2016

PREMIOS JULES VERNE ( ) DE ENSINO

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

ANEXO II PROGRAMA DE COMUNICACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOCIAL ANO 2010 DATOS DO/A SOLICITANTE

BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL CON CARÁCTER TEMPORAL DE DOUS (2) SOCORRISTAS ACUÁTICOS PARA AS PISCINAS DE BAIO E ZAS.

X PREMIO DIARIO CULTURAL DE TEATRO RADIOFÓNICO OBXECTO:

NORMATIVA REGULADORA DOS CONCURSOS DE ACCESO AOS CORPOS DOCENTES UNIVERSITARIOS E DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

BASES REGULADORAS DA BOLSA DE EMPREGO DO PERSOAL DE MANTEMENTO DO CONCELLO DE ARZÚA.

Tipos e bases de cotización da Seguridade Social

Decreto /, do de, polo que se regula a composición e funcionamento do Consello de Arquivos de Galicia.

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Orde do.de xullo de 2017 pola que se desenvolve o Decreto 60/2017, do 22 de xuño, de reorganización de centros docentes de determinadas localidades.

RESOLUCiÓN DEALCALDíA

ANUNCIO. A Xunta de Goberno Local do Concello de Muros na sesión do día 21 de abril de 2015 adoptou o seguinte acordo

Obxecto da convocatoria. Sistema selectivo...2. Requisitos dos aspirantes...2. Presentación de solicitudes e admisión de aspirantes...

ACORDAN. A incorporación do persoal do Consorcio ao Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia realizarase do seguinte xeito:

ALEGACIONS Á PROPOSTA DE FUNCIÓN PÚBLICA SOBRE BAREMOS PARA CONCURSOS DE TRASLADOS DE PERSOAL FUNCIONARIO DA XUNTA DE GALICIA

DECRETO NÚMERO 584/2008 DO LIBRO DE RESOLUCIÓNS EN MATERIA DE PERSOAL Ó SERVIZO DA CORPORACIÓN, DITADAS POLO TENENTE DE ALCALDE DELEGADO DE ÁREA.

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

BASES PARA LA CONTRATACIÓN TEMPORAL, A TIEMPO PARCIAL, DE DOS SOCORRISTAS Y CONSTITUCIÓN DE BOLSA DE TRABAJO. TEMPORADA DE VERANO 2016

CONVOCATORIA DUNS CURSOS DO PLAN AGRUPADO DE FORMACIÓN CONTINUA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO PARA O ANO 2014

Transcripción:

CERTIFICADO Expediente núm.: Órgano colexiado: 2037/2018 A Xunta de Goberno Local Severino Abalo Chouza, EN CALIDADE DE SECRETARIO DESTE ÓRGANO, CERTIFICO: Que, na sesión desenvolvida o 10 de abril de 2018 se adoptou o seguinte acordo: Expediente 2037/2018. Selección de Persoal listaxe cobertura laboral temporal técnicos turismo grupo C1 Sobre a mesa o expediente tramitado para a aprobación das bases de selección destinadas á confección dunha listaxe para a cobertura temporal de prazas de técnico de turismo, ó abeiro da concesión definitiva dunha subvención por importe de 20.000 euros dentro do programa DP0029 aprobada pola Resolución de Presidencia 11261/2018 dirixido ós concello e agrupacións de concellos da Coruña de menos de 50.000 habitantes para o financiamento do gasto de persoal das oficinas de turismo durante o exercizo 2018 (BOP nº 63 de 04/04/2018). Consta o informe emitido pola técnico municipal de recursos humanos, coa proposta de bases, así como a fiscalización favorable do interventor municipal. A Xunta de Goberno Local, no uso das atribucións conferidas pola Alcaldía por medio dunha resolución do 15/06/2015, por unanimidade dos membros presentes, acorda: PRIMEIRO. Aproba-las bases reguladoras do proceso selectivo para a confección dunha listaxe destinada á cobertura temporal de prazas de técnicos de turismo grupo C1, segundo o texto que se inclúe ó final deste acordo. SEGUNDO. Que se tramite o expediente de selección de conformidade co previsto nas bases aprobadas e na lexislación vixente. BASES REGULADORAS DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONFECCIÓN DUNHA LISTAXE PARA A COBERTURA TEMPORAL DE PRAZAS DE TÉCNICO/A DE TURISMO (GRUPO C1). 1º.-OBXECTO: A regulación do procedemento para a cobertura con carácter laboral temporal de postos de técnico/s de turismo (grupo C1). 2º.- MODALIDADE DE CONTRATACIÓN: Os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal correspondente segundo se necesite no momento de realiza-la contratación ó abeiro do Real Decreto 2720/1998 de 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos Traballadores en materia de duración determinada.

En canto a regulación das condicións do contrato laboral temporal estarase ó disposto no Texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro e resto de disposicións normativas aplicables a esta materia. 3º.- SISTEMA DE ACCESO: Oposición libre. 4º.- PUBLICIDADE: Para darlle publicidade a este proceso de selección, inserirase un anuncio nun dos diarios de maior tirada de Galicia e exporase un anuncio na páxina web do concello (www.boiro.gal), no taboleiro municipal de anuncios e en todos aqueles lugares onde se considere oportuno. 5º.- REQUISITOS DOS CANDIDATOS. Para poder tomar parte no proceso selectivo será necesario que os aspirantes reúnan, na data de finalización do prazo de presentación de instancias, os seguintes requisitos segundo o establecido no artigo 56 do RDLex. 5/2015 texto refundido do Estatuto Básico do Empregado Público: A) Ter nacionalidade española ou algunha outra que, de acordo ao disposto no artigo 52 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia, permita o acceso ao emprego público. B) Ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder de aquela para a xubilación forzosa por idade. C) Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo. A condición de minusvalía ou incapacidade e a súa compatibilidade co posto a ocupar acreditarase conforme á normativa vixente e referida ó día de formalización do contrato mediante certificado médico oficial, caso de ser seleccionado. D) Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade para contratar co concello de Boiro. E) Non ser despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin estar inhabilitado para o desempeño de empregos ou cargos públicos. F) Deberán acreditar estar en posesión do título de Técnico Superior en Guía, Información e Asistencia Turística ou Técnico en Empresas e Actividades Turísticas (ou equivalentes de ambas). Asemade, e de acordo coa Resolución da Presidencia nº 39241/2017, de data de 07/12/2017, onde se aproban as bases específicas da convocatoria desta subvención (BOP nº 235 de 13/12/2017) tamén se considerará acreditado

este requisito coas seguintes titulacións: - Grao ou diplomatura en Turismo ou equivalente homologado. - Grao ou licenciatura en Historia da Arte. - Grao ou licenciatura en Humanidades. - Grao ou licenciatura en Xeografía e Ordenación do Territorio. - Grao ou Licenciatura en Historia. 6º.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Os aspirantes que desexen tomar parte neste proceso selectivo deberán presentar as súas instancias dirixidas ó señor Alcalde-Presidente no Rexistro Xeral do en horario de atención ó público durante o prazo de dez días hábiles a partir do día seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no diario correspondente. No caso de ser presentadas por correo ou noutros rexistros, e a efectos de poder realiza-lo seu seguimento, as persoas solicitantes deberán remitir unha copia da instancia xa rexistrada mediante algunha das seguintes opcións: 1.- Por fax dentro deste prazo (nº de fax 981.84.40.08) 2.- Correo electrónico dirixido a persoal@boiro.org As instancias irán acompañadas da seguinte documentación (copias cotexadas ou orixinais): - DNI. - Certificado que acredite, como mínimo, CELGA 4 ou equivalente. - Titulación. Coa presentación da instancia para tomar parte no proceso selectivo entenderase que os/as interesados/as aceptan e acatan todas e cada unha das bases desta convocatoria. 7º.- NÚMERO MÁXIMO DE INTEGRANTES DA LISTA: Atendendo á previsión de mobilidade de persoal establécese un número máximo de 10 candidatos. 8º.- OPOSICIÓN: 1º exercizo: Proba de avaliación de coñecementos. De carácter obrigatorio, consistente na realización dun cuestionario de 50 preguntas tipo test relativas á historia de Boiro e a súa comarca, á realidade física e xeográfica do termo municipal e aos recursos patrimoniais e turísticos que posúe.

Este exercizo valorarase ata un máximo de 10 puntos, e se realizará nun máximo dunha hora. 2º exercizo: Suposto práctico. De carácter obrigatorio, consistente na realización dunha proba oral sobre o coñecemento do termo municipal e dos seus recursos turísticos mediante unha conversa de cada aspirante con membros do tribunal cualificador e que terá unha duración máxima de 10 minutos. Este exercizo será cualificado entre 0 e 10 puntos. 3º exercizo: A proba de coñecemento da lingua galega está dirixida á comprobación, por parte do tribunal, de que as/os aspirantes comprenden, falan e escriben correctamente o galego, someténdoos ás probas que consideren máis adecuadas para tal comprobación. Esta proba cualificarase como apto ou no apto. Sen embargo, as persoas aspirantes que acrediten o coñecemento da lingua galega, con carácter previo e da maneira normativamente establecida de acordo co previsto na Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 16 de xullo de 2007, mediante a presentación do certificado que acredite ter, como mínimo o CELGA 4, daráselles por superada esta proba coa cualificación de apto. 9º.- TRIBUNAL CUALIFICADOR: Estará formado por un Presidente e un secretario e por tres vogais designados pola Alcaldía na mesma Resolución pola que se aproba a lista definitiva de candidatos admitidos e excluídos. Todos os vogais deberán posuír nivel de titulación igual ou superior ás esixidas para o acceso ás prazas convocadas. Este tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente, sendo sempre necesaria a presenza do Presidente e do Secretario. Este tribunal, por medio do seu Presidente, poderá dispoñe-la incorporación ó mesmo de Técnicos cualificados para colaborar nas tarefas de puntuación, baixo a dirección do tribunal, actuando con voz pero sen voto. 10º.- CONTIDO, DESENVOLVEMENTO E CUALIFICACIÓN DAS PROBAS SELECTIVAS: A resolución da Alcaldía aprobatoria da lista definitiva de candidatos admitidos e a composición do tribunal, que se publicará no taboleiro de anuncios do Concello, fixará tamén a data, hora e lugar na que deberá constituírse o tribunal, así como data, hora e lugar para o comezo das probas selectivas. As persoas aspirantes concorrerán provistas do seu DNI, documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e tamén dos medios materiais adecuados que sexan necesarios para a práctica daqueles.

Serán convocados en chamamento único, quedando excluídos da oposición os que non comparezan, agás nos casos de forza maior debidamente xustificados e apreciados libremente polo tribunal. Por non ser obrigatoria a súa publicación, os anuncios de celebración das sucesivas probas ou exercicios, si iso procedese, con indicación do lugar e hora en que tivesen lugar, exporanse no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial, ó menos con 48 horas de antelación. 11.- FORMALIZACIÓN DA LISTAXE PARA A REALIZACIÓN DAS CONTRATACIÓNS: Concluída a cualificación final do proceso selectivo, o tribunal elevará proposta de listaxe de contratación por orde decrecente da puntuación total final (suma de puntuacións do primeiro e segundo exercicio), que determinará a orde de prelación para a súa contratación. Esta listaxe aprobarase e quedará definitivamente constituída por Resolución de Alcaldía. Os integrantes da mesma unicamente serán titulares dunha expectativa de dereito a ser contratados temporalmente por orde de puntuación. En caso de empate na puntuación final do proceso selectivo establécese a seguinte orde de prioridade: - Mellor puntuación obtida no primeiro exercizo. De persisti-lo empate, dirimirase por sorteo público a celebrar ante o Tribunal Cualificador, do que se levantará a acta correspondente. 12.- LISTAXE DE CONTRATACIÓN. PROCEDEMENTO PARA O SEU CHAMAMENTO: 1. Producida a necesidade de contratación laboral temporal dun posto de traballo de técnico/a de turismo, o departamento de persoal avisará á persoa que, segundo a orde de prelación que figura na listaxe lle corresponda ser contratada. No caso de que esta persoa non estea dispoñible ou renuncie a ocupar o posto de traballo seguirase o chamamento segundo o orde de prelación establecido na listaxe. 2. As comunicacións realizaranse polo medio máis urxente, que permita a constancia da recepción destes. O chamamento poderase facer telefonicamente en supostos de urxencia, cando a súa non cobertura por esta forma puidese orixinar graves prexuízos no funcionamento e/ou prestación do servizo público. Os chamamentos telefónicos faranse entre as 8 horas e as 15 horas, e o funcionario que os realice fará constar mediante dilixencia a realización de

tales chamamentos, e se tiveron ou non resposta. Estes chamamentos poderán realizarse en presenza dunha testemuña. Os integrantes das listas que, sendo chamados para facer efectiva a contratación ou nomeamento, segundo o disposto neste artigo, non se presentaran ou renunciaran a esta, perderán, agás que se trate de causa de forza maior, os seus dereitos quedando excluídos da lista. A mesma consecuencia terá a renuncia á continuidade no desempeño dun posto de traballo, agás que fose para atender outro chamamento para unha vacante. Procederá a suspensión dos chamamentos sen penalización algunha á petición do interesado e sempre que o xustifique suficientemente nos seguintes casos: -Maternidade ou adopción legal -Exercicio de representación sindical ou cargo público electo. -Matrimonio -Falecemento de familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade. -Coidado de fillos menores de 3 anos ou dun familiar ata o 2º grao consanguinidade ou afinidade que non poida valerse por si mesmo e non desempeñe actividades retribuídas. -Calquera outra que a Comisión de Selección considere de forza maior. 3.-Se unha vez contratado temporalmente un integrante da listaxe de contratación e continuando vixente na súa relación interina ou temporal, se producise nova necesidade de nomeamento interino para outro posto, procederá nomear ao seguinte da listaxe por orde de puntuación, e así sucesivamente. No caso de que a contratación (ou suma de contratacións dentro desta listaxe) non supere a duración de seis meses, o aspirante considérase que mantén a súa puntuación e posición na listaxe de contratación a efectos de ser incluído en novos chamamentos. Se a contratación superase o prazo de seis meses, o aspirante pasará a integrarse no último posto da listaxe de contratación. 13.- NORMAS FINAIS: Primeira: O tribunal queda facultado para resolver tódalas cuestións que puideran suscitarse durante o desenvolvemento das probas ou na cualificación das mesmas, podendo adoptar cantas medidas estimen oportunas para a debida orde de selección, así coma os acordos precisos para a resolución de cantos litixios se susciten e cando a súa resolución non

este prevista nestas bases. Segunda: Para todo o non previsto nestas Bases, ou naquilo que as contradigan, será de aplicación supletoria o establecido no Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, na Lei Reguladora das Bases de Réxime Local, na Lei de Administración Local de Galicia, na Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia, no Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e demais lexislación vixente de aplicación. Terceira: Agás a convocatoria (que se publicará segundo se establece no apartado 4º destas bases), os sucesivos actos e comunicacións que se deriven da celebración deste proceso faranse públicos, exclusivamente, a través do Taboleiro de Anuncios da Casa do Concello. Cuarta: Tódolos actos administrativos derivados desta convocatoria, así como da actuación do Tribunal, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos pola Lei de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e normas vixentes concordantes. A presentación de reclamacións non suspenderá a prosecución do proceso selectivo, salvo que así o decida o órgano convocante do mesmo. Quinta: Contra as presentes Bases e a resolución que as aproba, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer RECURSO CONTENCIOSO- ADMINISTRATIVO ante o Xulgado Contencioso Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses (contado dende o día seguinte ó da publicación da convocatoria). Con carácter potestativo e previo, poderá interpoñer RECURSO DE REPOSICIÓN ante o mesmo órgano que adoptou o acordo de aprobación, no prazo dun mes (contado dende o día seguinte ó da publicación da convocatoria). Neste caso non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso administrativo ata que se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto. Neste último suposto, o prazo para a interposición do recurso contencioso-administrativo será de seis meses contado dende o día seguinte a aquel no que se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto. E para que conste, para os efectos oportunos no expediente da súa razón, de orde e co V.º B.º do Sr. Alcalde, coa excepción prevista no artigo 206 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais aprobado por Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, expídese a presente. DOCUMENTO ASINADO ELECTRONICAMENTE