BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Documentos relacionados
DISPOSICIÓN ADICIONAL ÚNICA.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Modificación del Reglamento de los Servicios de Prevención en materia de trabajadora embarazada

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

RECOMENDACIONES PARA LAS TRABAJADORAS EMBARAZADAS O EN PERIODO DE LACTANCIA. SITUACIONES DE RIESGO LABORAL DURANTE EL EMBARAZO

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Dereitos e deberes. Co financiamento de:

INSTRUCCIÓN PARA SOLICITAR UN ESTUDIO DEL RIESGO POR SITUACIÓN DE EMBARAZO O LACTANCIA NATURAL

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx

N o 177 L Mércores, 13 de setembro de 2006 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Así na reunión deste órgano, celebrada o 20 de decembro de 2016, acordouse levar a cabo a modificación da devandita Orde do 20 de maio de 2008.

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

PROCEDIMIENTO DE PROTECCIÓN DE LA TRABAJADORA EMBARAZADA, QUE HAYA DADO A LUZ O EN PERIODO DE LACTANCIA

Anexo normativo actualizado do. Manual para Seguridade e Saúde na Minería Galega

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Guía de procedementos e servizos

DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx ORDE do 11 de maio de 2015 pola que se crea o Rexistro Galego do Infarto Agudo de Miocardio.

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

Cales son as principais consecuencias da aplicación do CLP no momento actual?

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO BANCO DE ESPAÑA

INSTRUCCIÓN SOBRE LA MANERA DE PROCEDER EN CASO DE EMBARAZADA Y/O EN PERIODO DE LACTANCIA NATURAL

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2017 Páx. 5699

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

PROPOSTA DO COMITÉ DE EMPRESA DE PONTEVEDRA DA CARREIRA PROFESIONAL PARA O PAS LABORAL DA UNIVERSIDADE DE VIGO

DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx

Lei 1/2008, do 17 de abril, de creación do Colexio Profesional de Detectives Privados e Privadas de Galicia.

MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA E DEPORTE

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2013 Páx. 1349

SERVIZO DE PREVECIÓN DE RISCOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 117 Luns, 20 de xuño de 2011 Páx

DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

Por unha parte, inclúense as fundacións que estivesen constituídas maioritariamente ou na súa totalidade

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

PROCEDEMENTO P-PRL 17

NORMATIVA DA UNIVERSIDADE DE VIGO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL CON CARGO A ACTIVIDADES DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E INNOVACIÓN (I+D+i)

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A SELECCIÓN, TRANSFERENCIA DA CUSTODIA E O ACCESO AOS DOCUMENTOS

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

FACTURACIÓN ELECTRÓNICA OBRIGATORIA ANTE O CONCELLO DE LUGO A PARTIR DO 30 DE XANEIRO DE 2017

Nº 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2011 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 1.169

DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Por todo isto, esta consellería,

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

Orde do 17 de marzo de 2004 pola que se regulan os prezos privados dos productos de difusión do Instituto Galego de Estatística.

6/08. Lei do turismo de Galicia. Ditame. sobre o anteproxecto de APROBADO POLO PLENO O 19 DE XUÑO

DOG Núm. 217 Mércores, 13 de novembro de 2013 Páx

DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2012 Páx. 4712

DECRETO 84/2012, do 16 de febreiro, polo que se establecen os prezos públicos polas prestacións das residencias de tempo libre.

6.978 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 84 L Mércores, 3 de maio de 2006

Nº 251 Venres, 31 de decembro de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

B o l e t í n M a r z o A P E G a l i c i a

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

1. LICENZA PARA ASUNTOS PROPIOS 3. LICENZA EXTRAORDINARIA POR NOMEAMENTO COMO FUNCIONARIO/A EN PRÁCTICAS 4. LICENZA PARA FORMACIÓN E PERFECCIONAMENTO

NORMATIVA DE PERMANENCIA E PROGRESO DO ESTUDANTADO DAS TITULACIONS OFICIAIS DE GRAO E DE MASTER UNIVERSITARIOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

- Exclusión da tributación de todas as herdanzas inferiores a

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

Proxecto de Orde do de de 2015, pola que se crea e se regulan as funcións, a composición e funcionamento do Consello de Bioética de Galicia.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE FOMENTO

Decreto 405/2001, do 29 de novembro, polo que se regula o Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria de Galicia.

DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

REGULAMENTO DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGOA DE COMPOSTELA

Gases fluorados: certificacións persoais

MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Comisións de Servizo por conciliación da vida laboral e familiar

DOG Núm. 229 Mércores, 30 de novembro de 2011 Páx

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA. X lexislatura Número de decembro de 2018

DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2016 Páx

Estas vantaxes e/ou descontos serán aplicados a toda a clientela que sexa titular dunha tarxeta benvida, sen ningún requisito a maiores.

En consecuencia, como director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, RESOLVO:

Campacontos Campacontos Obxectivos Persoas destinatarias Campacontos Características dos campacontos 1 Compoñentes: 2 Extensión e temática:

LICENCIA DE APERTURA DE ESTABLECIMIENTO.

DOG Núm. 133 Xoves, 14 de xullo de 2016 Páx

Primeira. Base de datos para a constitución dos grupos e, no seu caso, categorías.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

MINISTERIO DA PRESIDENCIA

NOTA INFORMATIVA SOBRE A CAPACIDADE FINANCEIRA DOS MEDIADORES DE SEGUROS

Transcripción:

Suplemento en lingua galega ao núm. 57 Sábado 7 de marzo de 2009 Sec. I. Páx. 1 I. DISPOSICIÓNS XERAIS MINISTERIO DA PRESIDENCIA 3905 Real decreto 298/2009, do 6 de marzo, polo que se modifica o Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención, en relación coa aplicación de medidas para promover a mellora da seguranza e da saúde no traballo da traballadora embarazada, que deu a luz ou en período de lactación. A Directiva 92/85/CEE do Consello, do 19 de outubro de 1992, relativa á aplicación de medidas para promover a mellora da seguranza e da saúde no traballo da traballadora embarazada, que dese a luz ou en período de lactación, estableceu, no ámbito comunitario, unha serie de disposicións cuxo obxectivo era a protección deste colectivo de traballadoras especialmente sensibles a determinados riscos. No noso país, a incorporación da directiva efectuouse mediante a Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, que no seu artigo 26, modificado posteriormente pola Lei 39/1999, do 5 de novembro, para promover a conciliación da vida familiar e laboral das persoas traballadoras e, recentemente, pola Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, recolle a práctica totalidade das disposicións da directiva. Hai, porén, un punto da directiva que non tivo unha correspondencia exacta na lei, como é o relativo aos dous anexos da norma comunitaria: tanto o I, que contén a lista non exhaustiva dos axentes, procedementos e condicións de traballo a que se debe prestar especial atención na avaliación de riscos porque poden influír negativamente na saúde das traballadoras embarazadas ou do feto, como o II, que inclúe a lista non exhaustiva dos axentes e condicións de traballo respecto aos cales nin a traballadora embarazada nin a traballadora en período de lactación se poderán ver obrigadas, en ningún caso, a realizar actividades que, de acordo coa avaliación de riscos, supoñan o risco de exposición a estes, cando se poña en perigo a súa seguranza ou a súa saúde. A razón para que estes anexos non tivesen unha plasmación literal nas normas españolas é porque ambos inclúen relacións non exhaustivas, de tal maneira que, no momento da transposición, se considerou que incluír esas listaxes podía inducir a pensar erroneamente que só se debían avaliar os riscos e adoptar medidas respecto dos axentes, procedementos e condicións de traballo incluídos neses anexos. Non obstante o anterior, a experiencia adquirida nestes anos puxo de manifesto a necesidade de facilitar a identificación deses axentes, procedementos e condicións de traballo, así como de garantir unha aplicación máis efectiva das disposicións de protección da maternidade, sen que iso supoña limitar os axentes, procedementos ou condicións de traballo que fan desencadear as medidas previstas no artigo 26 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais. Así se reflectiu na Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, que considerou a necesidade de adoptar medidas neste ámbito como parte integrante do dereito da muller á igualdade efectiva no traballo. Para iso outorgou un mandato ao Goberno para que regulamentariamente integrase o contido dos anexos da Directiva 92/85/CEE no ordenamento xurídico español. Por iso, esta modificación normativa non reduce o nivel de protección xa establecido no noso país respecto ás traballadoras embarazadas e nais en período de lactación, senón que pretende facilitar a realización da avaliación de riscos sen que iso supoña unha regresión respecto ás cotas de seguranza xa alcanzadas, xa que as dúas listas que agora se incorporan manteñen o carácter non exhaustivo que predica a directiva. Para realizar o desenvolvemento regulamentario necesario para incorporar os dous anexos optouse por modificar o Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención, por considerala a norma máis idónea

Suplemento en lingua galega ao núm. 57 Sábado 7 de marzo de 2009 Sec. I. Páx. 2 para iso, xa que contén as disposicións de carácter xeral relativas á avaliación de riscos no traballo. O número un do artigo único modifica o artigo 4.1.b) do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, para especificar que, na avaliación de riscos, se terá en conta a posibilidade de que o traballador que o ocupe ou o vaia ocupar sexa especialmente sensible, polas súas características persoais ou estado biolóxico coñecido, a algunha desas condicións. É a continuación deste punto onde se inclúe unha nova epígrafe relativa á avaliación dos riscos respecto ás traballadoras embarazadas ou nais en período de lactación. Nun caso faise referencia ao novo anexo VII do Regulamento dos servizos de prevención, que inclúe unha lista non exhaustiva de axentes, procedementos e condicións de traballo que poden influír negativamente na saúde das traballadoras embarazadas ou en período de lactación natural, do feto ou do neno durante o período de lactación natural, en calquera actividade susceptible de presentar un risco específico de exposición, mentres que no outro caso se refire ao novo anexo VIII do propio regulamento, dividido en dúas partes. A parte A inclúe unha lista non exhaustiva dos axentes e condicións de traballo respecto aos cales o empresario, unha vez que coñeza o estado de embarazo, deberá impedir á traballadora embarazada realizar actividades que, de acordo coa avaliación de riscos, supoñan o risco de exposición a estes, cando se poña en perigo a súa seguranza ou a súa saúde ou a do feto; ademais, a traballadora en período de lactación non poderá, en ningún caso, realizar actividades que, de acordo coa avaliación de riscos, supoñan o risco dunha exposición aos axentes ou condicións de traballo enumerados na parte B do mesmo anexo, cando se poña en perigo a súa seguranza ou a súa saúde ou a do neno durante o período de lactación natural. Os números dous e tres do artigo único incorporan ao Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, os dous novos anexos, como anexos VII e VIII, respectivamente. Na elaboración deste real decreto consultáronse as organizacións empresariais e sindicais máis representativas e oíuse a Comisión Nacional de Seguranza e Saúde no Traballo. Na súa virtude, por proposta dos ministros de Traballo e Inmigración e de Sanidade e Consumo e da ministra de Igualdade, coa aprobación previa da ministra de Administracións Públicas, de acordo co Consello de Estado e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día 6 de marzo de 2009, DISPOÑO: Artigo único. Modificación do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención. O Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención, queda modificado como segue: Un. A alínea b) do artigo 4.1 queda redactada da seguinte maneira: «b) A posibilidade de que o traballador que o ocupe ou o vaia ocupar sexa especialmente sensible, polas súas características persoais ou estado biolóxico coñecido, a algunha desas condicións. En particular, para efectos do disposto sobre a avaliación de riscos no artigo 26.1 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, o anexo VII deste real decreto inclúe unha lista non exhaustiva de axentes, procedementos e condicións de traballo que poden influír negativamente na saúde das traballadoras embarazadas ou en período de lactación natural, do feto ou do neno durante o período de lactación natural, en calquera actividade susceptible de presentar un risco específico de exposición. En todo caso, a traballadora embarazada non poderá realizar actividades que supoñan risco de exposición aos axentes ou condicións de traballo incluídos na lista non exhaustiva da parte A do anexo VIII, cando, de acordo coas conclusións obtidas da avaliación de riscos, iso poida pór en perigo a súa seguranza ou a súa saúde ou a do

Suplemento en lingua galega ao núm. 57 Sábado 7 de marzo de 2009 Sec. I. Páx. 3 feto. Igualmente, a traballadora en período de lactación non poderá realizar actividades que supoñan o risco dunha exposición aos axentes ou condicións de traballo enumerados na lista non exhaustiva do anexo VIII, parte B, cando da avaliación se desprenda que iso poida pór en perigo a súa seguranza ou a súa saúde ou a do neno durante o período de lactación natural. Nos casos previstos nesta alínea adoptaranse as medidas previstas no artigo 26 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, co fin de evitar a exposición aos riscos indicados.» Dous. Incorpórase un novo anexo VII coa seguinte redacción: «ANEXO VII Lista non exhaustiva de axentes, procedementos e condicións de traballo que poden influír negativamente na saúde das traballadoras embarazadas ou en período de lactación natural, do feto ou do neno durante o período de lactación natural A. Axentes. 1. Axentes físicos, cando se considere que poidan implicar lesións fetais ou provocar un desprendemento da placenta, en particular: a) Choques, vibracións ou movementos. b) Manipulación manual de cargas pesadas que supoñan riscos, en particular dorsolumbares. c) Ruído. d) Radiacións non ionizantes. e) Frío e calor extremos. f) Movementos e posturas, desprazamentos, tanto no interior coma no exterior do centro de traballo, fatiga mental e física e outras cargas físicas vinculadas á actividade da traballadora embarazada, que dese a luz ou en período de lactación. 2. Axentes biolóxicos. Axentes biolóxicos dos grupos de risco 2, 3 e 4, segundo a clasificación dos axentes biolóxicos establecida no Real decreto 664/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes biolóxicos durante o traballo, na medida en que se saiba que eses axentes ou as medidas terapéuticas que necesariamente traen consigo poñen en perigo a saúde das traballadoras embarazadas ou do feto e sempre que non figuren no anexo VIII. 3. Axentes químicos. Os seguintes axentes químicos, na medida en que se saiba que poñen en perigo a saúde das traballadoras embarazadas ou en período de lactación, do feto ou do neno durante o período de lactación natural e sempre que non figuren no anexo VIII: a) As substancias etiquetadas R 40, R 45, R 46, R 49, R 68, R 62 e R63 polo Regulamento sobre clasificación, envasado e etiquetaxe de substancias perigosas, aprobado polo Real decreto 363/1995, do 10 de marzo, ou etiquetadas como H351, H350, H340, H350i, H341, H361f, H361d e H361fd polo Regulamento (CE) n.º 1272/2008 do Parlamento Europeo e do Consello, do 16 de decembro de 2008, sobre clasificación, etiquetaxe e envasado de substancias e mesturas, na medida en que non figuren aínda no anexo VIII. b) Os axentes químicos que figuran nos anexos I e III do Real decreto 665/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos durante o traballo. c) Mercurio e derivados. d) Medicamentos antimitóticos. e) Monóxido de carbono.

Suplemento en lingua galega ao núm. 57 Sábado 7 de marzo de 2009 Sec. I. Páx. 4 f) Axentes químicos perigosos de recoñecida penetración cutánea. B. Procedementos. Procedementos industriais que figuran no anexo I do Real decreto 665/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos durante o traballo.» Tres. Incorpórase un novo anexo VIII, coa seguinte redacción: «ANEXO VIII Lista non exhaustiva de axentes e condicións de traballo aos cales non poderá haber risco de exposición por parte de traballadoras embarazadas ou en período de lactación natural A. Traballadoras embarazadas. 1. Axentes. a) Axentes físicos: Radiacións ionizantes. Traballos en atmosferas de sobrepresión elevada, por exemplo, en locais á presión, submarinismo. b) Axentes biolóxicos: Toxoplasma. Virus da rubéola. Salvo se existen probas de que a traballadora embarazada está suficientemente protexida contra estes axentes polo seu estado de inmunización. c) Axentes químicos: As substancias etiquetadas R60 e R61 polo Regulamento sobre clasificación, envasado e etiquetaxe de substancias perigosas, aprobado polo Real decreto 363/1995, do 10 de marzo, ou etiquetadas como H360F, H360D, H360FD, H360Fd e H360Df polo Regulamento (CE) n.º 1272/2008 do Parlamento Europeo e do Consello, do 16 de decembro de 2008, sobre clasificación, etiquetaxe e envasado de substancias e mesturas. As substancias canceríxenas e mutáxenas incluídas na táboa 2 relacionadas no Documento sobre límites de exposición profesional para axentes químicos en España publicado polo Instituto Nacional de Seguranza e Hixiene no Traballo para as que non haxa valor límite de exposición asignado, conforme a táboa III do citado documento. Chumbo e derivados, na medida en que estes axentes sexan susceptibles de seren absorbidos polo organismo humano. 2. Condicións de traballo. Traballos de minaría subterráneos. B. Traballadoras en período de lactación. 1. Axentes químicos: As substancias etiquetadas R 64 polo Regulamento sobre clasificación, envasado e etiquetaxe de substancias perigosas, aprobado polo Real decreto 363/1995, do 10 de marzo, ou H362 polo Regulamento (CE) n.º 1272/2008 do Parlamento Europeo e do Consello, do 16 de decembro de 2008, sobre clasificación, etiquetaxe e envasado de substancias e mesturas. As substancias canceríxenas e mutáxenas incluídas na táboa 2 relacionadas no Documento sobre límites de exposición profesional para axentes químicos en España publicado polo Instituto Nacional de Seguranza e Hixiene no Traballo para as que non haxa valor límite de exposición asignado, conforme a táboa III do citado documento.

Suplemento en lingua galega ao núm. 57 Sábado 7 de marzo de 2009 Sec. I. Páx. 5 Chumbo e derivados, na medida en que estes axentes sexan susceptibles de seren absorbidos polo organismo humano. 2. Condicións de traballo. Traballos de minaría subterráneos.» Disposición adicional única. Avaliación das disposicións contidas no artigo único. No prazo de tres anos desde a entrada en vigor deste real decreto, o Ministerio de Traballo e Inmigración avaliará o funcionamento das disposicións contidas no artigo único co obxecto de valorar a necesidade de actualizar ou modificar os axentes, substancias ou procedementos de traballo recollidos nos anexos VII e VIII do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, así como de lles incorporar as modificacións que se poidan producir na normativa comunitaria sobre a materia. A avaliación realizarase logo de informe dos ministerios de Traballo e Inmigración e de Sanidade e Consumo, dándose traslado desa información á Comisión Nacional de Seguranza e Saúde no Traballo. Disposición derrogatoria única. Alcance da derrogación normativa. Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto neste real decreto. Disposición derradeira primeira. Habilitación regulamentaria. Autorízase o ministro de Traballo e Inmigración, logo de informe da Comisión Nacional de Seguranza e Saúde no Traballo, para ditar cantas disposicións sexan necesarias para a aplicación do establecido neste real decreto. Disposición derradeira segunda. Incorporación de dereito da Unión Europea. Mediante este real decreto incorpóranse ao dereito español os anexos da Directiva 92/85/CEE do Consello, do 19 de outubro de 1992, relativa á aplicación de medidas para promover a mellora da seguranza e da saúde no traballo da traballadora embarazada, que dese a luz ou en período de lactación. Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor Este real decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no «Boletín Oficial del Estado». Dado en Madrid o 6 de marzo de 2009. JUAN CARLOS R. A vicepresidenta primeira do Goberno e ministra da Presidencia, MARÍA TERESA FERNÁNDEZ DE LA VEGA SANZ http://www.boe.es BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO D. L.: M-1/1958 - ISSN: 0212-033X