SOLICITUDE DE USO DA SALA DE MUSCULACIÓN DO POLIDEPORTIVO DE SANTA ISABEL Tempada 2017/2018

Documentos relacionados
SOLICITUDE DE USO DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS Tempada 2017/2018

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 Martes, 23 de xuño de 2009

ORGANIZACIÓN DE COMPETICIÓNS DE NATACIÓN POLOS CLUBES E CAMPIONATOS GALEGOS

CONCELLO DE SANTISO (A CORUÑA)

CONCELLERÍA DE DEPORTES EVENTOS DEPORTIVOS CALENDARIO, INSTRUCIÓNS, SOLICITUDE E TRAMITACIÓN

MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO

ORGANIZAN PARTICIPANTES

SOLICITUDE DE ACEPTACIÓN DE MATRÍCULA

NORMAS PARA A INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA

Sistema de Notificacións de Galicia Notifica.gal. Elaborado por : Área de Modernización Versión 02.02

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello:

REGULAMENTO PARA A UTILIZACION DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS

MODALIDADE BÁSICA PLUS BÁSICA PLUS BÁSICA PLUS

BASES XERAIS PARA AUTORIZACIÓN DE REPRODUCCIÓNS DE IMAXES DO ARQUIVO FOTOGRÁFICO PACHECO DO CONCELLO DE VIGO.

5. O Xurado entregará un PRIMEIRO, SEGUNDO E TERCEIRO PREMIO en forma de AGASALLOS.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016 R E U N I D O S

REXISTRO DE CLUBS E EQUIPOS DE FÚTBOL SALA

MANUAL APLICACIÓN SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN PÚBLICA EXTERIOR (ILE) 2015

CONVOCATORIA E BASES DA III EDICIÓN DO PREMIO GALICIA SPIN-OFF

REGULAMENTO PARA O USO DO LOCAL DE ENSAIOS NORMAS DE USO DO LOCAL DE ENSAIOS DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

CIRCULAR A todas as Delegacións (*) - Aos clubes e adestradores (*) Para a súa distribución entre todos os estamentos da súa demarcación

CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE BOLSAS DE COMEDOR, ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.

Asistente web para a solicitude

ORGANISMO AUTÓNOMO MUNICIPAL DE CULTURA

BASES DO CONCURSO DE DISFRACES XUVENIL E ADULTO ENTROIDO 2018

Información e instrucións para realizar solicitudes web

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2017/2018

CONCURSO DE IDEAS EMPRESARIAIS INNOVADORAS, BASEADAS NO COÑECEMENTO CIENTÍFICO

ANEXO II PROGRAMA DE COMUNICACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOCIAL ANO 2010 DATOS DO/A SOLICITANTE

2.- A utilización das pistas axustarase ás condicións da autorización e ós horarios aprobados.

CONVENO DE COLABORACIÓN ENTRE A FEDERACIÓN GALEGA DE SURF, O CONCELLO DE E O CLUB

DATOS DO ALUMNO/A. DATOS ACADÉMICOS DO ALUMNO/A Centro no que estuda: Curso académico: Horario de saída:

TU987B - Inicio de actividade de albergues turísticos ou dos albergues de peregrinos do Camiño de Santiago.

BASES DO VII CONCURSO DE DISFRACES E COMPARSAS ENTROIDO BEGONTE 2018

Instrucións de entrada e saída

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

PROXECTO RUNAS REQUIRIMENTOS DE PARTICIPACIÓN. Son requirimentos de participación os seguintes:

A Consellería encargou a AFIPRODEL a elección dos 5 representantes, da rede de AEDL, acordándose a reserva dun deles para un membro desta asociación.

PE627A - Autorización de venda de produtos pesqueiros que non sexan obxecto de primeria venda en lonxa.

III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA GALICIA, AUGA E LITERATURA PROGRAMA PRENSA-ESCUELA - VIAQUA 2016/2017

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN DE AUXILIAR-ASESOR DE CORREDOR DE SEGUROS

MEMORIA DESCRITIVA DAS INSTALACIÓNS E DAS ACTIVIDADES

I PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN

REUNIDOS. Ambos interveñen en nome e representación das institucións anteditas EXPOÑEN

X PREMIO DIARIO CULTURAL DE TEATRO RADIOFÓNICO OBXECTO:

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

PROCEDEMENTO DE ENQUISA DE SATISFACCIÓN DO ALUMNADO COA DOCENCIA RECIBIDA

Estas vantaxes e/ou descontos serán aplicados a toda a clientela que sexa titular dunha tarxeta benvida, sen ningún requisito a maiores.

REGULAMENTO DE UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE CERVO

ASUNTO: CONVOCATORIA SOLICITUD USO LOCALES ENSAYO MARZO-OCTUBRE 2015

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS CIRCUITO PRAIA CABÍO A POBRA DO CARAMIÑAL 17/02/2018 REGULAMENTO COMPETICIÓN CAMPO A TRAVÉS

INSTRUCIÓNS XERAIS PARA A FERRAMENTA DE AXUDA A CUMPRIMENTACIÓN DE SOLICITUDES.

DEUTSCHE BANK: ES

CONVOCATORIA DO CONCURSO DE ENTROIDO 2018

IV CERTAME DE RELATO CURTO

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Subvencións e axudas CONVOCATORIA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS PARA O ANO 2017

Segundo apelido Segundo apellido Outros Otros. Número Número. Primeiro apelido Primer apellido Segundo apelido Segundo apellido NIE NIE

BASES QUE REXERÁN NO XVII FESTIVAL DO ENTROIDO 2017 NO CONCELLO DE VALDOVIÑO

DECLARACIÓN RESPONSABLE PARA A ACTUACIÓN DE AXENCIAS DE COLOCACIÓN

Dereitos e deberes. Co financiamento de:

Edificio Administrativo San Caetano, 1-2º SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono Fax

MR437A - Inscrición no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA).

INSTRUCIÓNS PARA A XUSTIFICACIÓN DO PROGRAMA CONECTA PEME 2016 XUSTIFICACIÓN DA SEGUNDA ANUALIDADE

REXISTRO DE CERTIFICADOS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA DE EDIFICIOS EXISTENTES.

Ordenanza Nº 40: Ordenanza Reguladora dos. Prezos Públicos das escolas municipais. de musica e artes escénicas. Ano 2017

CIRCULAR 109/2017. Art. 2).- Poderán participar todos aqueles atletas que o desexen e se atopen en calquera das seguintes condicións:

II Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple

DOCUMENTO BÁSICO DE XESTIÓN INTRACENTRO DE RESIDUOS SANITARIOS

Por todo isto, esta consellería,

X CERTAME GALEGO DE BANDAS DE MÚSICA

MAPA DE RECURSOS: Oficinas de Emprego, Puntos de Información Multimedia e Entidades Colaboradoras en Captación de Ofertas

ACORDAN. A incorporación do persoal do Consorcio ao Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia realizarase do seguinte xeito:

Rexistro de vacinas en centros non pertencentes á rede do Servizo Galego de Saúde

FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO Rúa Fotógrafo Luis Ksado 17, of. 10 Teléf Fax VIGO - CIF G

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

BASES DO XLIII PREMIO DE POESÍA DO CERTAME LITERARIO DO CONCELLO DE VILALBA 2017

BASES DO PREMIO SOLIDARIO CIDADE DE FERROL 2017

Rexistro de vacinas en centros non pertencentes á rede do Servizo Galego de Saúde

SIFO. Rexistro Telemático

PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN DE NADAL 2015

DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx

UNIVERSIDADE DA CORUÑA UNIVERSITAS XXI ECONÓMICO XESTIÓN DA PRO RATA MANUAL DE USUARIO

ACORDA. Vivendas de promoción pública cualificadas en núcleo rural. TERCEIRO.- Réxime de adxudicación das vivendas da promoción

CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO E PROMESA DE PISTA CUBERTA CAMPIONATO DE GALICIA JUNIOR 1500 E 3000 PISTA CUBERTA. A Coruña, 4 de Febreiro do 2017

RESOLUCIÓN POLA QUE SE ESTABLECEN DOUS PERIODOS DE PAGO EN PERIODO VOLUNTARIO PARA OS RECIBOS DO IBI URBANO DOS CONCELLOS DE AMES E BRIÓN

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

CAMPIONATO DE GALICIA CADETE DE PISTA AIRE LIBRE. Ferrol, 4 de Xuño do 2016

Consello Galego de Participación das Mulleres no Ámbito do Emprego e as Relacións Laborais

PROGRAMA MUNICIPAL DE ACTIVIDADES CULTURAIS

DIRECCIÓN PARA EFECTOS DE NOTIFICACIÓN (non é necesario se coincide coa anterior) TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ PISO PORTA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ACORDO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS. PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PLAN DE ESTABILIDADE NO EMPREGO DOS SERVIZOS PÚBLICOS

Convocatoria ordinaria de 2012

Transcripción:

Espazo reservado para o Rexistro Xeral do Concello SOLICITUDE DE USO DA SALA DE MUSCULACIÓN DO POLIDEPORTIVO DE SANTA ISABEL Tempada 2017/2018 "CLUBS FEDERADOS E ENTIDADES DEPORTIVAS" NOME DA ENTIDADE: REPRESENTANTE (Presidente ou membro da xunta directiva):. Cargo que ocupa na Xunta Directiva: DNI teléfono/-s SOLICITO o uso da Sala de Musculación do Polideportivo de Santa Isabel de acordo cos datos que se indican neste cuestinonario, comprometéndome ao bo uso da instalación, así coma, ao cumprimento das normas internas reguladoras da mesma e que coñezo. Santiago de Compostela, de de 2017 Sinatura do representante 1 1 Mediante a formalización voluntaria desta solicitude, o asinante autoriza que os datos contidos na mesma sexan incorporados a un ficheiro automatizado, e almacenados, para que os mesmos poidan ser utilizados con fins deportivos e outros actos de carácter protocolario e social. En calquera momento poderá exercitar os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición comunicándoo mediante escrito que deberá presentar no Rexistro Xeral do Concello (L.O.15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.)

CUESTIONARIO A FORMALIZAR POLO SOLICITANTE 1) ENTIDADE CIF TELÉFONO/S ENDEREZO COMPLETO A EFECTOS DE NOTIFICACIÓN (rúa, nº, CP): E-MAIL 2) Nº de REXISTRO MUNICIPAL DE ASOCIACIÓNS (*) (*) Será requisito obrigatorio para as entidades solicitantes estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións (coa excepción das Federacións Galegas). 3) PERÍODO DE UTILIZACIÓN QUE SOLICITA: Do de de 2017 ao de de 2018 4) DÍAS DA SEMANA PARA ADESTRAMENTOS: Luns Martes Mérc. Xoves Venres 5) HORAS DIARIAS: 16,00-17,00 h. 17,00-18,00 h. 18,00-19,00 h. TARDES 19,00-20,00 h. 20,00-21,00 h. 21,00-22,00 h. 22,00-23,00 h. 6) RELACIÓN NOMINAL DAS PERSOAS QUE VAN PARTICIPAR NA ACTIVIDADE: (Unha mesma entidade poderá tramitar, como máximo, unha solicitude para 2 equipos/colectivos distintos, establecendo a prioridade)

1ª prioridade: RESPONSABLE/-S DNI DNI PARTICIPANTES 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9. 10. 11. 12. 13. 14. 15. 16. 17. 18. 19. 20. 21. 22. 23. 24. Nome e apelidos Idade

DECLARACIÓN RESPONSABLE D./D.ª con DNI, como Representante da Entidade:, DECLARO que coñezo as Normas xerais internas de funcionamento e uso da Sala de Musculación do Polideportivo de Santa Isabel. Así mesmo, comprométome baixo a miña responsabilidade para que os menores de idade (de 16 e 17 anos), antes de acceder á sala, teñan entregada no club unha autorización escrita do pai/nai/titor legal que lles permita utilizar as máquinas de musculación. Os menores de 16 anos non poderán acceder á sala de musculación. Sinatura do representante da Entidade DOCUMENTACIÓN QUE SE ACHEGA COA SOLICITUDE: (Marque cun X os documentos que procedan) Fotocopia do DNI do representante da entidade que asina a solicitude Certificado da Federación correspondente no que se indique o número de equipos inscritos durante a pasada tempada 2016/17, así como, o número de licenzas tramitadas con independencia de ser deporte colectivo ou individual. Este certificado deberá ter data de finais de tempada (xuño/xullo 2017). Certificado do Secretario da entidade no que se indique a previsión do número de equipos que inscribirán para a tempada 2017/18, así como, o número de licencias que teñen previsto tramitar, con independencia de ser deporte colectivo ou individual. Certificación da compañía aseguradora respecto da póliza de responsabilidade civil da entidade solicitante, na que se se detalle obxecto, incluíndo coberturas e contías contratadas (R Civil de explotación, R Civil por danos ocasionados ó persoal contratado para a actividade, R Civil locativa por calquera tipo de dano que se poida producir na instalación como consecuencia da actividade, incluída a de competición, etc.) Dito certificado será valorado polo Concello de Santiago e poderá solicitarse, se se estima procedente, unha ampliación das coberturas contratadas. Se a entidade solicitante non ten seguro, compromiso de contratar, no caso de que se lle conceda instalación, un seguro de Reponsabilidade Civil que cubra a actividade para a que solicita a instalación. Aquelas entidades/clubs/asociacións,., que non participen en deporte federado ou Deporte Escolar deberán presentar, a maiores, un compromiso de contratar, no caso de que se lle conceda instalación, un seguro con cobertura de accidentes para todos os participantes na actividade para a que se solicita a instalación. Xustificante asinado de ter recibido unha copia da normativa de uso da instalación. Importante: Mentres non se teña entregada toda a documentación requirida non se procederá á resolución da solicitude.

(A cubrir por aquelas entidades que non dispoñan de Seguro de Responsabilidade Civil) DECLARACIÓN XURADA, presidente/a da entidade, con CIF.- e número de rexistro na Xunta de Galicia e no de asociacións do Concello, DECLARO BAIXO COMPROMISO DE VERACIDADE Que no suposto de ter concesión de uso de instalacións deportivas municipais para a tempada 2017/2018, concretamente para a actividade:, COMPROMÉTOME a contratar nos primeros 10 días de concesión un seguro de Responsabilidade Civil, en contía suficiente, que dea cobertura ás actividades que vai organizar a entidade á que represento (R Civil de explotación, R Civil por danos ocasionados ó persoal contratado para a actividade, R Civil locativa por calquera tipo de dano que se poida producir na instalación como consecuencia da actividade, incluída a de competición, etc.) Así mesmo, son coñecedor que dito seguro será valorado polo Concello de Santiago, o cal poderá solicitar, se o estima procedente, unha ampliación das coberturas contratadas. É canto teño que declarar aos efectos oportunos. Santiago de Compostela, de de 2017 Asdo.: PRESIDENTE O ESCRITO TEN QUE VIR SELADO CO CUÑO DA ENTIDADE SOLICITANTE E, DE EXISTIR, EN PAPEL SERIGRAFIADO DO CLUB.

(A cubrir por aquelas entidades/clubs/asociacións,, que non participen en deporte federado ou Deporte Escolar) DECLARACIÓN XURADA, presidente/a da entidade, con CIF.- e número de rexistro na Xunta de Galicia e no de asociacións do Concello, DECLARO BAIXO COMPROMISO DE VERACIDADE Que no suposto de ter concesión de uso de instalacións deportivas municipais para a tempada 2017/2018, concretamente para a actividade:, COMPROMÉTOME a contratar un seguro con cobertura de accidentes deportivos para todos os particitantes na actividade, coas seguintes coberturas: falecemento por accidente, invalidez por accidente e asistencia sanitaria ilimitada. Así mesmo, son coñecedor que dito seguro será valorado polo Concello de Santiago, o cal poderá solicitar, se o estima procedente, unha ampliación das coberturas contratadas. É canto teño que declarar aos efectos oportunos. Santiago de Compostela, de de 2017 Asdo.: PRESIDENTE O ESCRITO TEN QUE VIR SELADO CO CUÑO DA ENTIDADE SOLICITANTE E, DE EXISTIR, EN PAPEL SERIGRAFIADO DO CLUB.

SOLICITUDE DE USO DA SALA DE MUSCULACIÓN DO POLIDEPORTIVO DE SANTA ISABEL RESPONSABLE/-S 2ª prioridade: DNI DNI PARTICIPANTES 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9. 10. 11. 12. 13. 14. 15. 16. 17. 18. 19. 20. 21. 22. 23. 24. Nome e apelidos Idade Sinatura do representante da Entidade D./D.: Cargo na Xunta Directiva:

INFORMACIÓN A CONSIDERAR POLOS SOLICITANTES CESIÓN DE USO DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS TEMPADA 2017/2018 Sala de Musculación do Polideportivo de Santa Isabel 1. Prazo de solicitude: do 4 ao 21 de xullo 2. Lugar de presentación das solicitudes: - Rexistro Xeral : R/ Presidente Salvador Allende, 4 Baixo (Galeras) Horario: de 9.00 a 13.00 h. 3. As entidades deportivas solicitantes deberán estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións. As solicitudes doutras entidades e colectivos consideraranse, se procede, unha vez feita a distribución de uso dos equipamentos deportivos entre as entidades debidamente rexistradas. 4. As entidades deportivas solicitantes deberán dispoñer dun seguro de Responsabilidade Civil que cubra a actividade para a que solicita a instalación. Se non o teñen, deberán comprometerse a contratalo no caso de que se lle conceda a instalación. 5. Terán carácter preferente no uso das instalacións os programas deportivos municipais e as actividades e competicións de carácter federativo. Importante salientar que a concesión dunha franxa horaria unha tempada, en calquera instalación, non implica que esa mesma sexa concedida ao ano seguinte automaticamente polo feito de facer a solicitude; as concesións serán única e exclusivamente para a tempada concedida. 6. As entidades solicitantes deberán de contactar co Departamento de Deportes (981 528 730) entre o 20 e o 22 de setembro para coñecer a resolución da súa solicitude. 7. Con independencia ao proceso de solicitude oficial de instalacións para a tempada 2017/18, aquelas entidades que precisen por razóns de calendario de competición ou causas debidamente xustificadas, iniciar os seus adestramentos antes do 20 de setembro deberán de comunicar por escrito ao Departamento de Deportes as súas necesidades co fin de poder atendelas, en función das instalacións dispoñibles. 8. IMPORTANTE: Os datos presentados no certificado do secretario do Club e que se achegan coa presente solicitude, deberán de ser o máis exactos posibles xa que calquera variación pode afectar ao proceso de concesión e, polo tanto, a terceiras entidades. É un acto de responsabilidade co resto dos colectivos deportivos da cidade ser rigoroso coa información que se facilite. Nembargantes, de producirse un descenso no número de equipos ou licenzas ás incialmente previstas, as entidades deberán de comunicalo canto antes. En caso contrario, o Concello de Santiago poderá anular a concesión inicialmente prevista para esa entidade para a temporada 2017/18. 9. AVISOS IMPORTANTES: As solicitudes con documentación pendente, atenderanse unha vez completada toda a documentación. As presentadas fóra de prazo atenderanse unha vez se realice o reparto xeral, e dentro das dispoñibilidades existentes. 10. Por último, O Concello de Santiago recomenda a todos os deportistas das Entidades que pasen un recoñecemento médico previo co fin de garantir unha adecuada práctica deportiva.

NORMAS XERAIS INTERNAS DE FUNCIONAMENTO E USO DA SALA DE MUSCULACIÓN DO PAVILLÓN MUNICIPAL DE SANTA ISABEL Os destinarios deste espazo son as entidades deportivas da cidade que estean debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e que participen de forma regular en competición deportiva, en especial, de carácter federativo. As entidades interesadas deberán presentar unha solicitude debidamente cuberta no Rexistro Xeral do Concello, segundo modelo elaborado no Departamento de Deportes. As autorizacións poderán facerse mensuais, trimestrais e por tempada, segundo cada caso. A prioridade no uso será definida polo Departamento de Deportes en base a cuestións de carácter deportivo, tales como, nivel de competición do equipo solicitante, momento da tempada, tipo de deporte, etc. NORMAS XERAIS INTERNAS DE FUNCIONAMENTO E USO 1. O acceso ao recinto realizarase unha vez estea presente a persoa/s que a entidade solicitante nomea como responsable do colectivo (adestrador e/ou preparador físico) e que deberá identificarse ao conserxe da instalación. 2. É recomendable que a persoa responsable do colectivo teña coñecementos ao respecto da utilización e pautas de adestramento con máquinas de musculación co fin de preservar a seguridade e boa práctica dos deportistas. En todo caso, é a entidade solicitante a responsable última en garantir esta cuestión. 3. Só poderán acceder á sala as persoas autorizadas e os membros do grupo que figuren na relación que a entidade solicitante fai constar na solicitude oficial. 4. O número máximo de persoas que poderán acceder ao recinto será de 25 (incluído o responsable) 5. Non se permitirá a entrada e utilización de calquera máquina de musculación ás persoas menores de 16 anos. 6. As persoas con idades comprendidas entre os 16 e os 18 anos deberán ter autorización escrita do pai/nai ou titor legal que lle entregarán ao representante do Club, sendo a entidade solicitante a responsable a todos os efectos de que isto se cumpra. 7. Para un correcto funcionamento e comodidade para todos, logo da súa utilización o material da sala (mancuernas, discos, colchonetas, ) deberá de deixarse no mesmo lugar e estado no que se atopaba. 8. Prégase que se extreme o coidado na manipulación dos diferentes elementos da sala, en especial, dos discos e mancuernas co fin de evitar calquera incidencia.

9. O acceso á sala terá que facerse obrigatoriamente con roupa e calzado deportivo. Será obrigatorio o uso dunha toalla para utilizar as máquinas e as colchonetas. 10. Non se permitirá o acceso á sala con mochilas, comida e botellas ou recipientes de cristal. 11. Antes e despois do uso da sala de musculación, comprobarase por parte do conserxe da instalación acompañado polo responsable do grupo o estado no que se atopan, en xeral, as máquinas e demais elementos. Calquera incidencia que se produza na sala durante o seu uso deberá de ser comunicada inmediatamente ao conserxe, para que este comprobe o ocorrido. 12. A reserva de uso da Sala de musculación non inclúe necesariamente a utilización dos vestiarios do Pavillón de Santa Isabel, dado que a súa dispoñibilidade estará suxeita á actividade que exista na pista principal. En caso de competición, o uso da sala quedará anulada. 13. No caso de producirse furtos e/ou danos por neglixencia ou mala fe, a entidade solicitante deberá de repoñer integramente o material danado ou aboar o importe da súa reposición. 14. As entidades que non cumpran coas presentes normas xerais de uso, con indepencencia da responsabilidade que conleve o seu incumprimento, serán dadas de baixa no uso na sala de musculación. Recoméndase a todos os usuarios desta sala que realicen un recoñecemento médico ao efecto de garantir que a práctica deportiva a desenvolver a poden realizar con normalidade.

NORMAS XERAIS INTERNAS DE FUNCIONAMENTO E USO DA SALA DE MUSCULACIÓN DO PAVILLÓN MUNICIPAL DE SANTA ISABEL Os destinarios deste espazo son as entidades deportivas da cidade que estean debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e que participen de forma regular en competición deportiva, en especial, de carácter federativo. As entidades interesadas deberán presentar unha solicitude debidamente cuberta no Rexistro Xeral do Concello, segundo modelo elaborado no Departamento de Deportes. As autorizacións poderán facerse mensuais, trimestrais e por tempada, segundo cada caso. A prioridade no uso será definida polo Departamento de Deportes en base a cuestións de carácter deportivo, tales como, nivel de competición do equipo solicitante, momento da tempada, tipo de deporte, etc. NORMAS XERAIS INTERNAS DE FUNCIONAMENTO E USO 1. O acceso ao recinto realizarase unha vez estea presente a persoa/s que a entidade solicitante nomea como responsable do colectivo (adestrador e/ou preparador físico) e que deberá identificarse ao conserxe da instalación. 2. É recomendable que a persoa responsable do colectivo teña coñecementos ao respecto da utilización e pautas de adestramento con máquinas de musculación co fin de preservar a seguridade e boa práctica dos deportistas. En todo caso, é a entidade solicitante a responsable última en garantir esta cuestión. 3. Só poderán acceder á sala as persoas autorizadas e os membros do grupo que figuren na relación que a entidade solicitante fai constar na solicitude oficial. 4. O número máximo de persoas que poderán acceder ao recinto será de 25 (incluído o responsable) 5. Non se permitirá a entrada e utilización de calquera máquina de musculación ás persoas menores de 16 anos. 6. As persoas con idades comprendidas entre os 16 e os 18 anos deberán ter autorización escrita do pai/nai ou titor legal que lle entregarán ao representante do Club, sendo a entidade solicitante a responsable a todos os efectos de que isto se cumpra. 7. Para un correcto funcionamento e comodidade para todos, logo da súa utilización o material da sala (mancuernas, discos, colchonetas, ) deberá de deixarse no mesmo lugar e estado no que se atopaba.