V CARREIRA SOLIDARIA

Documentos relacionados
VI CARREIRA SOLIDARIA

IIIª CARREIRA E ANDAINA CONTRA EL CANCER A RÚA DE VALDEORRAS 2018

OENACH ATLANTICO SEDES 30 DE XULLO DE CARREIRA POPULAR AO CASTRO 2017 REGULAMENTO

VII MEMORIAL MANUEL BERGUEIRO

REGULAMENTO VI NOCTURNA ESTRADENSE 2017

ORGANIZAN PARTICIPANTES

V SAN SILVESTRE PONTESA 2015

REGULAMENTO VII NOCTURNA ESTRADENSE 2018

REGULAMENTO. A competición estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo e formará parte do seu calendario oficial.

II Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple

X CARREIRA POLULAR DO SAN SALVADOR - CONCELLO DE BAÑOS DE MOLGAS

Control técnico: Comité Gallego de Jueces. de la Federación Gallega de Atletismo. Cronometraje: Cronotec

IV Carreira Popular de Mondariz

REGULAMENTO: DESAFÍO SAN MAMEDE DESAFIO SOLIDARIO 20/05/2018

1.- REGULAMENTO DA VI SAN SILVESTRE SOLIDARIA DE PONTEAREAS e da IV SAN SILVESTRE SOLIDARIA INFANTIL 2017 PREVIO Á CARREIRA

VI CARREIRA SOLIDARIA DA PISCINA MUNICIPAL DE MUROS - REGULAMENTO -

BENQUERENCIA TERRA - MAR

REGULAMENTO CARREIRA - ANDAINA NOCTURNA SOLIDARIA CASTELO DA LÚA

MEMORIA 5ª BTT DOS CALLOS

BENQUERENCIA TERRA - MAR

XI Carreira Popular Concello de Redondela

II CARREIRA NOCTURNA RINLO-RIBADEO SÁBADO 18 DE AGOSTO DE 2018 ÁS 21:45

VIII Milla San Roque, Sada

A V I A M A N

XV CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE MOAÑA. Un Atleta unha Arbore.. Moaña 22 de Setembro de 2018

REGULAMENTO V CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MOECHE

REGULAMENTO 3ª VOLTA Ó MAZANTEU (CONCELLO DE CARIÑO)

III CARREIRA POPULAR FESTA DA AUGARDENTE DE PORTOMARÍN. a carón do río

XXIXª MILLA URBANA O BARCO DE VALDEORRAS

REGULAMENTO. 1. Nome e data: I MAR DE MUROS TRÍATLON Sábado, 2 de xuño do 2018

1. - ORGANIZACIÓN DATA E HORA DE CELEBRACIÓN LUGAR DA PROBA CATEGORÍAS

REGULAMENTO. 10 de Abril de ARTIGO 1: Data e horario

III CARREIRA-ANDAINA SAN SILVESTRE VILALBESA 31 DE DECEMBRO 2017

Bases II Circuíto de carreiras populares Arousa Norte

V RUTA DA MERLUZA DE BURELA (XIII RUTA BTT DE BURELA)

Regulamento I Marcha BTT CONCELLO DE ORTIGUEIRA. A I Marcha BTT CONCELLO DE ORTIGUEIRA terá lugar o domingo 22 de Outubro de 2017.

Duatlón Cros de Reis Concello de Vimianzo

III CIRCUITO DE CARREIRAS AROUSA NORTE 2018

CONVOCATORIA DOS V PREMIOS BIOGA

REGULAMENTO 2ª CARREIRA POPULAR

XXXV CARREIRA PEDESTRE POPULAR DA AMAÍA - BRIÓN "V Circuito Carreiras Populares Deputación da Coruña" Sábado 7 de Outubro a partir das 17:00 h

NORMATIVA. Campionato Galego de Remo Indoor Ferrol, 22 de Xaneiro de 2017 (Domingo)

II CARREIRA-ANDAINA SAN SILVESTRE VILALBESA 31 DE DECEMBRO 2016

V CARREIRA POPULAR DOLMEN DE DOMBATE

Invitación-Regulamento - II Duatlón Cross RIBADUMIA 2014

III TRAVESÍA VILA DO TEA

REGULAMENTO. 8 de xullo de a) Realizaranse ONLINE a través da páxina web onde se. ARTIGO 1: Data e horario

XXXIX CARREIRA POPULAR DE PASCUA

INSCRIPCIONS: Na Web da RFEA mediante o sistema online ata as 23:00 horas do martes 10 de xaneiro de 2017.

VIII TRIATLON PONTENAFONSO MEMORIAL MICHEL 2016 REGULAMENTO E RUTOMETRO Sábado 1 de Outubro do 2016

III CARREIRA DE NADAL de Camariñas Domingo 3 de xaneiro de OBXECTIVO DA I CARREIRA DE NADAL DE CAMARIÑAS domingo 3 de XANEIRO

IX TRIATLON PONTENAFONSO MEMORIAL MICHEL 2017 REGULAMENTO E RUTOMETRO Sábado 7 de Outubro do 2017

EDICIÓN I SAN RAMÓN 2015 CARREIRA POPULAR NOCTURNA- VILALBA

CIRCULAR 60/2011 CAMPIONATO GALEGO DE 10 KM EN RUTA V CARREIRA URBANA DE 10 KM CIDADE DA CORUÑA (A CORUÑA 10)

VI TRAIL DE VILATUXE

X CARREIRA POPULAR CONCELLO DE PADRÓN 2012 REGULAMENTO

IV CARREIRA POPULAR FESTA DA AUGARDENTE DE PORTOMARÍN. a carón do río

CARREIRA PEDESTRE BATALLA DE CACHEIRAS 2016 CONCELLO DE TEO

CAMPIONATO GALEGO DE TRÍATLON DE RELEVOS MIXTOS- NIGRÁN 2018

III TRAVESÍA VILA DO TEA

TORNEO DE NADAL CONCELLO DE VIGO 2016

CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS CIRCUITO PRAIA CABÍO A POBRA DO CARAMIÑAL 17/02/2018 REGULAMENTO COMPETICIÓN CAMPO A TRAVÉS

- Listado de participantes no que apareza a data de nacemento do maior e do menor

CIRCULAR Nº 31/2007 CAMPIONATO GALEGO DE MEDIA MARATON ABSOLUTO E VETERANOS

5ª CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE FISTERRA 2018

X TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE BUEU UDRA- PESCADOIRA (POLA REXENERACIÓN DA PRAIA DE PESCADOIRA) 2018

I TRIVOLTA A GALICIA.

A Consellería encargou a AFIPRODEL a elección dos 5 representantes, da rede de AEDL, acordándose a reserva dun deles para un membro desta asociación.

CIRCULAR 109/2017. Art. 2).- Poderán participar todos aqueles atletas que o desexen e se atopen en calquera das seguintes condicións:

Concello de FRADES Cimadevila, FRADES (A Coruña) Teléfs: y Fax:

REUNIÓN TÉCNICA. Arteixo-Riveira-Cedeira- 29 de abril a 1 de maio

DUATLÓN RIBADUMIA de xaneiro de 2018 REGULAMENTO E RUTÓMETRO

V TRAIL DE VILATUXE 2017

REGULAMENTO VIIIº DÚATLON CROSS CONCELLO DE MASIDE

DESFILE DE DISFRACES E CARROZAS MARTES 28 DE FEBREIRO ÁS 17:00 HS. VILAGARCÍA DE AROUSA

Concello de FRADES Cimadevila, FRADES (A Coruña) Teléfs: y Fax:

SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN DESTINADA AO FOMENTO DO DEPORTE FEDERADO. ANO 2017

CAMPIONATO GALEGO DE DUATLÓN CONTRARELOXO POR EQUIPOS 4º DUATLÓN CONCELLO DE VEDRA SÁBADO 18 DE FEBREIRO DE 2017

CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO E PROMESA DE PISTA CUBERTA CAMPIONATO DE GALICIA JUNIOR 1500 E 3000 PISTA CUBERTA. A Coruña, 4 de Febreiro do 2017

Iº TRAIL E ANDAINA TREVINCA-A VEIGA IIº CAMPIONATO DE GALICIA DE TRAIL 03/04/2016 A Veiga

REGULAMENTO DA CARREIRA POPULAR XXXI MEMORIAL ADOLFO ROS VOLTA Á RÍA

BASES DO III PREMIO UNIVERSITARIO DE COMUNICACIÓN CIENTÍFICA

XXXVI CARREIRA PEDESTRE POPULAR DA AMAÍA BRIÓN "VI Circuito Carreiras Populares Deputación da Coruña" Sábado 6 de Outubro de 2018 a partir das 17:00 h

Natación. 15 de marzo de 2017 Piscina universitaria - Campus Vida Santiago de Compostela

REGULAMENTO PIRAGUA-CROSS PARA INFANTÍS 18/12/2016

IV CERTAME DE RELATO CURTO

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

III MIÑO RADIKAL. CCNORTE organiza o III MIÑO RADIKAL en colaboración co CONSELLO MUNICIPAL DE DEPORTES DE OURENSE

Proba Súper-Sprint: Infantil/Cadete, júnior/sub23, absoluta, V1,V2. Proba Sprint: Absoluta -única-

REGULAMENTO I TRíATLON BOAMORTE-BIKES SANXENXO 2016

ORGANIZACIÓN DE COMPETICIÓNS DE NATACIÓN POLOS CLUBES E CAMPIONATOS GALEGOS

4ª CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE CEE 2017

Transcripción:

V CARREIRA SOLIDARIA POLA ESCLEROSE MÚLTIPLE 29 DE OUTUBRO DE 2017 11:00 HORAS QUE É AVEMPO? A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (AVEMPO) naceu o 16 de Outubro de 1996 coa misión de axudar, informar e mellorar a calidade de vida dos afectados de esclerose múltiple e o seu entorno. Dende os seus comezos, AVEMPO configurouse como unha organización sen ánimo de lucro e adherida á Asociación Española de Esclerosis Múltiple (AEDEM). Como socios de AVEMPO, tódolos afectados de esclerose múltiple da provincia contan cun espazo onde centra-la busca de solucións e compartir as súas preocupacións con outras persoas coa mesma enfermidade. Na sede da asociación, eixo da nosa labor, tódolos socios que o precisan e desexan poden obter información e beneficiarse dos servizos que ofrece AVEMPO: fisioterapia, logopedia, psicoloxía, terapia ocupacional, traballo social,, ioga, pilates e pintura. Tras moitos anos de loita, a redución de axudas que vimos sufrindo por mor da crise económica nos últimos tempos, fai que a participación social e solidaria con entidades como a nosa sexa máis importante e necesaria ca nunca. Precisamos axuda, a túa axuda. eumovomepolaem

REGULAMENTO ORGANIZACIÓN A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (AVEMPO), baixo o control técnico de Laptime Cronometraxe de Eventos Deportivos, organiza a V Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple. DATA A proba celebrarase o domingo 29 de Outubro, ás 11:00 horas. PERCORRIDO E DISTANCIA O circuíto terá o seguinte trazado: Rúa Pescadores Rúa Eduardo Cabello - Av. Beiramar Rúa Jacinto Benavente - Rúa Coruña - Rúa Tomás A. Alonso. A saída e a meta situaranse no mesmo lugar, a Alameda Suárez Llanos( Bouzas). Dúas modalidades opcionais: ANDAINA (Non competitiva, non cronometrada): Unha volta ao percorrido. Total: 5050 m. CARREIRA (Competitiva, cronometrada): Dúas modalidades opcionais: 5K: Unha volta ao percorrido. Total: 5050 m. 10K: Dúas voltas ao percorrido. Total: 10100 m. AVITUALLAMENTO A organización ofrecerá a tódolos participantes un avituallamento líquido e sólido ao finalizar as probas, na Alameda Suárez Llanos. Ademais, os participantes da 10K terán un avituallamento líquido ao inicio da segunda volta. PECHE DE CONTROL O tempo máximo para realizar a proba será de 1 hora 30 minutos para tódalas modalidades. Transcorrido este tempo, os participantes que sigan en carreira deberán retirarse do circuíto. PARTICIPACIÓN Poderán tomar parte na carreira todas aquelas persoas maiores de idade (18 anos cumpridos ou máis) que o desexen, sempre e cando estean correctamente inscritas, tanto en tempo como nas formas establecidas para elo. Como caso excepcional e sempre baixo a responsabilidade dos pais e/ou representantes legais, permitirase a participación de menores de idade: Andaina: sen límite de idade. Carreira (5K e 10K): na categoría SUB 24 permitirase a participación dos corredores a partir de 15 anos cumpridos. Dorsal 0: No caso das persoas que non estean interesadas na participación activa na carreira pero si queiran contribuír a que AVEMPO poida seguir loitando polos seus obxectivos, tamén é posible realizar na propia plataforma de inscrición un donativo para a asociación. INSCRICIÓN A cota de inscrición será de: ANDAINA: Menores de 9 anos: 3. A partir dos 9 anos: 5 CARREIRA: 5K: 8 para tódalas categorías. 10K: 10 para tódalas categorías.

A inscrición farase efectiva cubrindo o Formulario de Inscrición que se atopa a disposición dos interesados en: Sede de AVEMPO: sita en Rúa Camilo Veiga, nº44- Planta Baixa (Bouzas), Vigo. En efectivo. www.laptime.es A través das opcións de pago que ofrece a propia web. * Especificacións sobre a inscrición de menores de idade: A participación dun menor na carreira esixirá, ademais, que os seus representantes legais presten o seu consentimento escrito. Dito documento poderá ser lido e asinado: - Na sede de AVEMPO. - Na recollida do dorsal o día da carreira. Prazo de inscrición: do 15 de Septembro ao 25 de Outubro ás 19:00 h (na sede) / 23:59 h (na web). * INSCRICIÓN DE ÚLTIMA HORA: Excepcionalmente, prorrogarase o prazo ata o 26 de Outubro ás 19:00 h (na sede) /23:59 (na web) cun sobrecusto adicional de 2 por inscrición. En todo momento, os participantes poderán consultar o estado da súa inscrición no apartado correspondente de www.laptime.es. Os participantes que non finalicen o proceso de pago dentro do prazo, non quedarán inscritos. Os 300 primeiras persoas en tramitar a inscrición NA MODALIDADE DE CARREIRA (independentemente da distancia que vaian correr e de se se tramitou on-line ou no local), recibirán como agasallo unha camiseta técnica da carreira, que se lle entregará no momento da recollida do dorsal. DORSAIS E CHIPS Tódolos participantes deberán estar identificados co seu dorsal (andaina) ou dorsal+chip (carreira) ben fixados, en calquera parte do corpo que sexa visible frontalmente. A recollida de dorsais e chips poderá realizarse: O 28 de Outubro, entre as 11:00 e as 19:00 horas, na sede de AVEMPO. O 29 de Outubro, entre as 9:00 e as 10:30, ao lado da liña de meta, na Alameda Suárez Llanos (Bouzas). Aconséllase a tódolos participantes que retiren o seu dorsal coa maior anticipación posible. Para a recollida, será preciso presentar o DNI co cal se realizou a inscrición. No caso de menores, deberán ir acompañados do seu representante legal. Todo corredor que chegue á liña de meta sen o seu dorsal/chip ou non o leve colocado de xeito correcto poderá ser descalificado. Non se descalificará a ningún atleta por levar auriculares durante a proba. SISTEMA DE CRONOMETRAXE O sistema de cronometraxe, mediante chip de dorsal dun so uso, será facilitado por Laptime (Homologado pola RFEA). O seu uso incorrecto será considerado motivo de descalificación. * Os participantes na modalidade de andaina terán a obriga de cedelo paso aos participantes das distancias cronometradas durante todo o percorrido e, moi especialmente, no momento da saída; situándose cara o final do grupo.

CATEGORÍAS ANDAINA: Unha única categoría para tódolos participantes. CARREIRA: Haberá unha soa clasificación conxunta para cada distancia (5K e 10k), distinguindo na mesma as seguintes categorías: Sub 24 15 a 24 anos. Sénior 25 a 34 anos. Veterán A 35 a 44 anos. Veterán B 45 anos ou máis. Será necesario un mínimo de 3 participantes do mesmo sexo en cada categoría en liña de saída para a constitución da mesma. Os atletas das categorías non constituídas pasarán a formar parte da categoría inmediatamente anterior á que lle correspondía. PREMIOS Os premios da modalidade cronometrada, tanto na distancia 5K coma na 10 K, serán os seguintes: Categorías Sub 24, Sénior, Veterán A e Veterán B Medalla aos tres primeiros clasificados de cada categoría (masculino e feminino). Os tres primeiros clasificados na carreira absoluta (masculino e feminino) Recibirán unha medalla acompañada dun agasallo. * A organización descarta a duplicidade de premios: os participantes que resulten premiados na carreira absoluta, quedarán excluídos de selo nas categorías Sub 24, Sénior, Veterán A e Veterán B. SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Servizo de Gardarroupa: a organización porá á disposición dos corredores un emprazamento onde deixar as súas pertenzas controladas durante a duración da proba. Servizo de Duchas: pendente de confirmación. Informarase do resultado da solicitude e, no seu caso, a ubicación final do servizo en www.facebook.com/eumovomepolaem Servizo de Fisioterapia: os atletas que o desexen poderán acceder a unha sesión no stand que a Facultade de Fisioterapia da Universidade de Vigo colocará no evento. (Pendente de confirmación) Dispositivo sanitario de emerxencias: unha unidade móbil e un hospital de campaña de Protección Civil do Concello de Vigo estará a disposición de aqueles corredores que presenten algún tipo de molestia dende media hora antes de dar comezo a proba ata media hora despois do peche de control.

RESPONSABILIDADE Este evento está amparado por unha póliza de seguro de Responsabilidade Civil. Os participantes (ou os seus representantes legais no caso de menores) aceptan participar no mesmo baixo a súa responsabilidade e propio risco. No momento da inscrición, manifestan atoparse fisicamente aptos para completar o percorrido da proba con seguridade e se comprometen a colaborar coa organización na prevención de accidentes persoais na medida das súas posibilidades. Os representantes legais dos participantes menores de idade comprométense a estar presentes durante todo o desenvolvemento da proba, dende a recollida do dorsal ata que o menor cruce a liña de meta e faga uso dos diferentes servizos. DISPOSICIÓNS ADICIONAIS 1. A organización resérvase o dereito de retirar durante a carreira a calquera participante que, entre outros aspectos, falsifique os seus datos persoais, reflicta mal estado físico, non realice o percorrido completo, vaia acompañado de animais, cometa algunha infracción de este regulamento, ou manifeste un comportamento antideportivo. 2. As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao comité organizador, non máis tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados. 3. Ao cumplimentar a inscrición e en conformidade coa Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro, os participantes (ou os seus representantes legais no caso de menores) autorizan expresamente a que os datos persoais contidos no formulario de inscrición, facilitados de xeito voluntario, sexan incluídos nun ficheiro baixo a responsabilidade de Laptime coa única finalidade de asegurar a correcta organización da carreira (identificación de inscritos, xestións administrativas, clasificación e premios ) Concluída a proba, este ficheiro será eliminado. 4. Ao cumplimentar a inscrición, os participantes (ou os seus representantes legais no caso de menores) aceptan e autorizan expresamente a publicación das fotografías nas que aparezan, durante todo o proceso da proba, con fins publicitarios e divulgativos. 5. A organización garante o reintegro das cotas de participación no caso de cancelación do evento, por causas propias ou alleas. En tal suposto, este reintegro se fará efectivo na sede de AVEMPO, sita na Rúa Camilo Veiga, 44- Planta Baixa (Bouzas); no prazo de 30 días naturais dende a data prevista para a carreira. 6. Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.