ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Documentos relacionados
ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Anexo III. Modelo de programación de proba libre de módulos profesionais

ANEXO II. La nota final del examen se obtiene de la suma del test (A) + imágenes (B).

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Anexo III. Modelo de programación de proba libre de módulos profesionais

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Decreto 40/2010 Técnico en farmacia e parafarmacia

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA BIOLOXÍA E XEOLOXÍA CURSO 3º ESO CURSO ACADÉMICO 2017/2018 PROFESOR PABLO FERNÁNDEZ ZAPATA

Modulo de Desenvolvemento Web en Contorno Servidor.

PROGRAMACIÓN NORMATIVA

1º BAC MATERIAS OPTATIVAS

ACTIVIDADES MÓDULO II

PROGRAMACIÓN ANUAL DEL MÓDULO ANATOMIA Y FISIOLOGÍA CICLO FORMATIVO DE GRADO MEDIO: TÉCNICO EN FARMACIA Y PARAFARMACIA CURSO

CRITERIOS DE EVALUACIÓN

2.9 Bioloxía Contidos

EXTRACTO DE LA PROGRAMACIÓN ANATOMOFISIOLOGÍA Y PATOLOGÍA BÁSICAS

MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO

CONCELLO DE SANTISO (A CORUÑA)

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

PROGRAMA FORMATIVO Módulo de creación de empresas

PROGRAMACIÓN CURSO:

Criterios para a promoción e titulación na ESO. IES Xunqueira I.

Plasma intersticial. Linfa

PROCEDEMENTO DE ENQUISA DE SATISFACCIÓN DO ALUMNADO COA DOCENCIA RECIBIDA

Meditación de atención plena no proceso de ensino-aprendizaxe (Campus de Ourense)

RESUMO DA PROGRAMACIÓN PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES 1º ESO. CURSO 2015/16

CONCURSO DE IDEAS EMPRESARIAIS INNOVADORAS, BASEADAS NO COÑECEMENTO CIENTÍFICO

MANUAL da PÁXINA WEB DE CONSULTA DE COBERTURA Versión Móbil

PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

OBXECTIVOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN CIENCIAS NATURAIS 1º ESO

Para cada colectivo, os criterios de selección específicos son os seguintes:

G U Í A D O A L U M N A D O

MAPA DE RECURSOS: Oficinas de Emprego, Puntos de Información Multimedia e Entidades Colaboradoras en Captación de Ofertas

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior Curso 2017

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

Convocatoria ordinaria de 2012

Información e instrucións para realizar solicitudes web

N: TRANSPORTE NOS ANIMAIS

ACORDO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS. PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PLAN DE ESTABILIDADE NO EMPREGO DOS SERVIZOS PÚBLICOS

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

MEMORIA PARA O PROGRAMA CONXUNTO DE ESTUDOS OFICIAIS DO GRAO (PCEO) DO GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS E O GRAO EN INFORMÁTICA (Campus

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Denominación do Mestrado. Mestrado Universitario en Intervención Logopédica na infancia e na adolescencia. Duración en ECTS 60. Presentación breve

CSI F U.A de Galicia Concurso Traslados Lei 17/1989

Plasma intersticial. Linfa

Pequena guia de acollida na Facultade

PROCEDEMENTO DE COORDINACIÓN DA DOCENCIA DE GRAO DA FACULTADE DE CC. EMPRESARIAIS E TURISMO DE OURENSE

Curso Traballo Social e Demencias

ESCUELA UNIVERSITARIA DE CIENCIAS DE LA SALUD DE LA UNIVERSIDAD PUBLICA DE NAVARRA PROGAMA CURSO ACADÉMICO

Mestrado Interuniversitario Política lingüística e planificación da lingua galega. Universidades da Coruña, Santiago e Vigo

DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx

TÁBOA DE RECOÑECEMENTOS PARA O GRAO DE ENFERMARÍA DA UDC

AFONDAMENTO EN INGLÉS

Instrucións do proceso de admisión para o alumnado do réxime de adultos

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Ao mesmo tempo, pretende valorar o esforzo demostrado polos centros públicos en potenciar accións que os dinamicen.

En que consiste a clonación terapéutica e a reproductiva? Que ten que ver a clonación coas células nai?

Guía docente Título superior de deseño

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

Convocatoria de cursos de formación en linguaxe xurídica galega

DATOS IDENTIFICATIVOS 2015/16. Asignatura Técnicas de Comunicación e de Promoción Turísticas Código 662G01005

DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2017 Páx. 5699

Instituto de Educación Secundaria Leixa. Bacharelatos Ciclos formativos de Artes Gráficas e Sanidade

INFORMACIÓN AUTOLIQUIDACIÓN DE TAXAS

REUNIDOS. Da outra, Don Severino Rodríguez Díaz, con DNI G, en calidade de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos.

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA UNIVERSITAS XXI ECONÓMICO XESTIÓN DA PRO RATA MANUAL DE USUARIO

SOPORTE VITAL AVANZADO

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

PLAN ESTRATÉXICO DA FACULTADE DE PSICOLOXÍA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA,

EmpregoUDC TESTS DE PERSONALIDADE QUE SON, TIPOS, QUE AVALÍAN E CONSELLOS QUE SON?

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016 R E U N I D O S

Programa de Cidadanía Activa: Promoción de Vida Independente

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DE A OPE 2008/2009

Programa de Benestar en balnearios 2017

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

MAPA DE RECURSOS: Oficinas da Seguridade Social e da Axencia Tributaria

Se tes pensado facer unha estadía de mobilidade internacional no curso 2015/2016.ten presentes os requisitos lingüísticos e prepárate!!

ANÁLISE DAS CARGAS DE TRABALLO: ESTUDO PILOTO

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

NORMATIVA DE PERMANENCIA E PROGRESO DO ESTUDANTADO DAS TITULACIONS OFICIAIS DE GRAO E DE MASTER UNIVERSITARIOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

INICIO DE ESTUDOS ESTUDOS CONVOCATORIA DATAS

Programa docente en créditos ECTS

RESUMO PROGRAMACIÓN INSTALACIÓN E MANTEMENTO CICLO MEDIO DE MANTEMENTO ELECTROMECÁNICO AUTOMATISMOS PNEUMÁTICOS E HIDRÁULICOS ANO ACADÉMICO 2015/2016

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio CMPC001. Código. Proba de. Ciencias da natureza. Páxina 1 de 8

5. O Xurado entregará un PRIMEIRO, SEGUNDO E TERCEIRO PREMIO en forma de AGASALLOS.

GUÍA DOCENTE TRABALLO FIN DE GRAO

Neste manual de imaxe desenvólvense os pasos fundamentais para a aplicación da marca CAMPUS VIDA, integrándose coa marca USC, seguindo as bases do

Duración: 9 horas Datas: 8, 15 e 22 de xuño Horario: Lugar de impartición: Campus de Vigo OBXECTIVOS XERAIS

CONVOCATORIA DE CURSOS DA INTERNATIONAL SUMMER SCHOOL NO ESTRANXEIRO

Facultade de Fisioterapia REGULAMENTO DO TRABALLO DE FIN DE GRAO

LITERATURA GALEGA CONTEMPORÁNEA: NARRATIVA

Estas vantaxes e/ou descontos serán aplicados a toda a clientela que sexa titular dunha tarxeta benvida, sen ningún requisito a maiores.

PODER LOCAL E UNIÓN EUROPEA

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DA OPE 2008/2009

ASOCIACIÓN DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL DE ARTEIXO SERVICIO DE SALVAMENTO 2013

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

INSTRUCIÓNS XERAIS PARA A FERRAMENTA DE AXUDA A CUMPRIMENTACIÓN DE SOLICITUDES.

Transcripción:

1. Identificación da programación Centro educativo Código Centro Concello Ano académico 15023466 Lamas de Abade Santiago de Compostela 2017/2018 Ciclo formativo Código da familia profesional Familia profesional Código do ciclo formativo Ciclo formativo Grao Réxime SAN Sanidade CMSAN01 Emerxencias sanitarias Ciclos formativos de grao medio Réxime de proba libre Módulo profesional e unidades formativas de menor duración (*) Código MP/UF Nome Curso Sesións semanais Horas anuais MP0061 Anatomofisioloxía e patoloxía básicas 2017/2018 0 107 0 (*) No caso de que o módulo profesional estea organizado en unidades formativas de menor duración Sesións anuais Profesorado responsable Profesorado asignado ao módulo CARMEN OTERO PÉREZ Outro profesorado Estado: Pendente de supervisión inspector - 1 -

2. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación 2.1. Primeira parte da proba 2.1.1. Resultados de aprendizaxe do currículo que se tratan Resultados de aprendizaxe do currículo RA1 - Describe a organización xeral do corpo humano e identifica as unidades estruturais que o conforman en relación coa súa especialización. RA2 - Localiza estruturas anatómicas en función dos sistemas convencionais de topografía corporal. RA3 - Identifica e describe os elementos da doenza en relación coas manifestacións clínicas. RA4 - Describe a estrutura do sistema nervioso e do aparello locomotor en relación coa súa función e coas doenzas máis frecuentes. RA5 - Describe a estrutura dos aparellos cardiocirculatorio, respiratorio e do sangue en relación coa súa función e coas doenzas máis frecuentes. RA6 - Describe a estrutura dos aparellos dixestivo e renal en relación coa súa función e coas doenzas máis frecuentes. RA7 - Describe a estrutura dos sistemas inmunolóxico e endócrino, así como do aparello reprodutor, en relación coa súa función e coas doenzas máis habituais. 2.1.2. Criterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos resultados de aprendizaxe por parte do alumnado CA1.1 Detallouse a xerarquía desde a célula ao sistema. CA1.2 Describíronse a estrutura e a fisioloxía celulares. CA1.3 Clasificáronse os tipos de tecidos. CA1.4 Detalláronse as características xerais dos tipos de tecidos. CA1.5 Enunciáronse os sistemas do organismo e a súa composición. CA2.1 Definiuse a posición anatómica. CA2.2 Describíronse os planos anatómicos. CA2.3 Aplicouse a terminoloxía de posición e dirección. CA2.4 Enumeráronse e localizáronse as rexións corporais. CA2.5 Detalláronse e localizáronse as cavidades corporais. CA2.6 Relacionáronse as estruturas anatómicas, os órganos e os sistemas, coa cavidade en que estean situados. CA2.7 Indicáronse os compoñentes das rexións anatómicas. CA3.1 Definíronse os conceptos de saúde e doenza. CA3.2 Describiuse o proceso dinámico da saúde á doenza. CA3.3 Detalláronse os fundamentos da patoloxía xeral. CA3.4 Citáronse as fases da doenza. - 2 -

CA3.5 Describíronse os cambios básicos das fases da doenza. CA3.6 Describíronse as actividades clínicas relacionadas coa patoloxía. CA3.7 Utilizouse con precisión a terminoloxía específica. CA4.1 Detalláronse as bases anatomofisiolóxicas do sistema nervioso. CA4.2 Relacionáronse as actividades nerviosa, muscular e sensorial. CA4.3 Describíronse as bases anatomofisiolóxicas dos órganos dos sentidos. CA4.4 Definíronse as manifestacións e as doenzas neurolóxicas máis frecuentes. CA4.5 Describiuse a estrutura dos ósos. CA4.6 Clasificáronse os ósos. CA4.8 Describíronse os tipos e as características das articulacións. CA4.10 Describíronse a estrutura e os tipos dos de músculos esqueléticos. CA4.12 Detalláronse as lesións e as doenzas osteoarticulares e musculares máis frecuentes. CA5.1 Detalláronse as bases anatomofisiolóxicas do sistema cardiocirculatorio. CA5.3 Detalláronse os parámetros funcionais do corazón e da circulación. CA5.4 Describíronse as doenzas cardíacas e vasculares máis frecuentes. CA5.5 Definíronse as características anatomofisiolóxicas do aparello respiratorio. CA5.6 Describíronse as manifestacións patolóxicas e as doenzas respiratorias máis frecuentes. CA5.7 Enumeráronse os compoñentes sanguíneos e a súa función. CA5.8 Describíronse os trastornos sanguíneos máis frecuentes. CA6.1 Describíronse as bases anatomofisiolóxicas do aparello dixestivo. CA6.2 Detalláronse as características da dixestión e do metabolismo. CA6.3 Definíronse as manifestacións patolóxicas e as doenzas dixestivas máis frecuentes. CA6.4 Describíronse as bases anatomofisiolóxicas do aparello renal. CA6.5 Analizouse o proceso de formación dos ouriños. CA6.6 Describíronse as doenzas renais e os trastornos urinarios máis frecuentes. CA7.1 Describíronse as bases anatomofisiolóxicas do sistema endócrino. CA7.2 Clasificáronse as alteracións endócrinas máis frecuentes. - 3 -

CA7.3 Describíronse as características anatómicas do aparello xenital feminino. CA7.4 Relacionouse o ciclo ovárico co ciclo endometrial. CA7.5 Describiuse o proceso da reprodución. CA7.6 Citáronse as alteracións patolóxicas máis frecuentes do aparello xenital feminino. CA7.7 Describíronse as características anatómicas e funcionais do aparello xenital masculino. CA7.8 Citáronse as alteracións patolóxicas máis frecuentes do aparello xenital masculino. CA7.9 Analizáronse as características do sistema inmunolóxico. CA7.10 Citáronse as alteracións da inmunidade. 2.2. Segunda parte da proba 2.2.1. Resultados de aprendizaxe do currículo que se tratan Resultados de aprendizaxe do currículo RA2 - Localiza estruturas anatómicas en función dos sistemas convencionais de topografía corporal. RA3 - Identifica e describe os elementos da doenza en relación coas manifestacións clínicas. RA4 - Describe a estrutura do sistema nervioso e do aparello locomotor en relación coa súa función e coas doenzas máis frecuentes. RA5 - Describe a estrutura dos aparellos cardiocirculatorio, respiratorio e do sangue en relación coa súa función e coas doenzas máis frecuentes. 2.2.2. Criterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos resultados de aprendizaxe por parte do alumnado CA2.1 Definiuse a posición anatómica. CA2.3 Aplicouse a terminoloxía de posición e dirección. CA2.4 Enumeráronse e localizáronse as rexións corporais. CA3.7 Utilizouse con precisión a terminoloxía específica. CA4.6 Clasificáronse os ósos. CA4.7 Localizáronse os ósos no esqueleto. CA4.9 Distinguíronse os movementos das articulacións. CA4.11 Identificáronse os músculos da anatomía. CA5.2 Localizáronse os principais vasos sanguíneos e linfáticos. - 4 -

3. Mínimos exixibles para alcanzar a avaliación positiva e os criterios de cualificación Serán a totalidade de resultados de aprendizaxe (RA) e de contidos (BC) indicados no currículo do ciclo medio de Emerxencias sanitarias (Decreto 216/2008 e Decreto 38/2010) para o módulo de Anatomofisioloxía e patoloxía básicas RA1 - Describe a organización xeral do corpo humano e identifica as unidades estruturais que o conforman en relación coa súa especialización. BC1. Recoñecemento da organización xeral do organismo humano Análise da estrutura xerárquica do organismo. Estrutura e función da célula. Concepto, clasificación e función dos tecidos. Clasificación dos sistemas e dos aparellos do organismo. Relación entre estrutura e función. RA2 - Localiza estruturas anatómicas en función dos sistemas convencionais de topografía corporal. estruturas anatómicas do corpo humano Anatomía topográfica e funcional. Posición anatómica. Planos e eixes. Terminoloxía anatómica. Localización das rexións e das cavidades corporais BC2. Identificación e localización das RA3 - Identifica e describe os elementos da doenza en relación coas manifestacións clínicas. BC3. Identificación dos aspectos xerais da patoloxía Concepto de saúde e doenza. Análise da etioloxía, a patoxenia, a fisiopatoloxía e a semioloxía da doenza. Fases e evolución da doenza. Cambios básicos no curso da doenza. Clínica da doenza: diagnóstico, prognóstico e terapéutica. RA4 - Describe a estrutura do sistema nervioso e do aparello locomotor en relación coa súa función e coas doenzas máis frecuentes. BC4. Recoñecemento da estrutura, o funcionamento e as doenzas do sistema nervioso, dos órganos dos sentidos e do aparello locomotor Anatomía topográfica e funcional do sistema nervioso. Relacións entre a actividade nerviosa, a muscular e a sensorial. Identificación dos órganos dos sentidos. Clasificación das manifestacións e das doenzas neurolóxicas máis frecuentes. Identificación da estrutura do óso. Disposición e nomenclatura dos ósos do esqueleto. Estudo das articulacións e dos movementos articulares. Estudo dos músculos e da actividade motora. Clasificación das lesións e das doenzas osteoarticulares e musculares. RA5 - Describe a estrutura dos aparellos cardiocirculatorio, respiratorio e do sangue en relación coa súa función e coas doenzas máis frecuentes. BC5. Recoñecemento da estrutura, o funcionamento e as doenzas dos aparellos cardiocirculatorio e respiratorio, así como do sangue Bases anatomofisiolóxicas do corazón. Distribución anatómica dos principais vasos sanguíneos e linfáticos. Análise da circulación arterial e venosa. - 5 -

Pulso arterial e transmisión da onda do pulso. Determinación dos parámetros funcionais do corazón e da circulación. Estudo da patoloxía cardíaca e vascular. Anatomía do aparello respiratorio. Fisioloxía da respiración e ventilación pulmonar. Clasificación das manifestacións patolóxicas e das doenzas respiratorias. Estudo do sangue. Grupos sanguíneos. Hemostasia. Clasificación dos trastornos sanguíneos. RA6 - Describe a estrutura dos aparellos dixestivo e renal en relación coa súa función e coas doenzas máis frecuentes. BC6. Recoñecemento da estrutura, o funcionamento e as doenzas dos aparellos dixestivo e renal Anatomofisioloxía dixestiva. Análise do proceso de dixestión e metabolismo. Clasificación das manifestacións patolóxicas e das doenzas dixestivas. Anatomofisioloxía renal e urinaria. Análise do proceso de formación dos ouriños. Clasificación das manifestacións patolóxicas e das doenzas renais e urinarias. RA7 - Describe a estrutura dos sistemas inmunolóxico e endócrino, así como do aparello reprodutor, en relación coa súa función e coas doenzas máis habituais. BC7. Recoñecemento da estrutura, o funcionamento e as doenzas dos sistemas endócrino e inmunolóxico, así como do aparello reprodutor Análise da acción hormonal. Bases anatomofisiolóxicas do sistema endócrino. Estudo da patoloxía endócrina. Bases anatomofisiolóxicas dos aparellos xenitais feminino e masculino. Reprodución humana. Clasificación das manifestacións patolóxicas e das doenzas dos aparellos xenitais masculino e feminino. Bases anatomofisiolóxicas do sistema inmunitario. Clasificación das alteracións do sistema inmunitario. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN A primeira parte da proba consistirá na resolución dun cuestionario con 80 preguntas tipo test con 4 posibles respostas das cales so unha e a correcta e 5 preguntas de reserva que serán contestadas na mesma forma que o resto das preguntas en previsión de posibles anulacións (elaboradas a partires dos contidos do módulo e tendo en conta os resultados de aprendizaxe cuxa adquisición será motivo de avaliación). As preguntas test mal contestadas puntuarán negativo, cunha proporción de 3:1 (é dicir, cada 3 preguntas test mal contestadas, computará un punto negativo). Para a superación desta proba, o alumnado deberá acadar o 60% das preguntas correctamente contestadas unha vez realizados os descontos dos negativos e que corresponderá a un 5. A segunda parte da proba consistirá na resolución dunha serie de supostos prácticos (maquetas anatómicas, esqueleto, láminas de estruturas corporais ou no seu propio corpo) nos que alumno/a debe resolver correctamente as cuestións que se lle formulen en relación á materia. Para a superación da proba, que ten carácter eliminatorio, o alumnado deberá acadar o 60% da proba correctamente realizada, o que equivale a un 5, o resto de puntos prorratearanse proporcionalmente. - 6 -

4. Caracteríticas da proba e instrumentos para o seu desenvolvemento 4.a) Primeira parte da proba Esta parte da proba consistirá na resolución dun cuestionario con 80 preguntas tipo test con 4 posibles respostas das cales so unha e a correcta e 5 preguntas de reserva que serán contestadas na mesma forma que o resto das preguntas en previsión de posibles anulacións (elaboradas a partires dos contidos do módulo e tendo en conta os resultados de aprendizaxe cuxa adquisición será motivo de avaliación). Dito cuestionario será entregado ó alumnado nun documento impreso que non poderá ser desgrapado nin se lle poderán incorporar ao mesmo documentos alleos ao proceso. As preguntas test mal contestadas puntuarán negativo, cunha proporción de 3:1 (é dicir, cada 3 preguntas test mal contestadas, computará un punto negativo). Para a superación desta proba, o alumnado deberá acadar o 50% das preguntas correctamente contestadas unha vez realizados os descontos dos negativos e que corresponderá a un 5. A duración da proba teórica será de 2:00 h. Para a realización da proba será necesario o uso de bolígrafo azul ou negro de tinta indeleble. Non se permitirá o acceso á aula da proba de móbiles nin de ningún outro dispositivo electrónico. Será necesaria a identificación mediante o DNI ou pasaporte, que deberá estar a disposición do profesorado, enriba da mesa. Non se permitirá o acceso á proba unha vez finalizado o proceso de chamamento público do/a alumno/a. Non se permitirá o abandono da aula ata transcorridos 30 minutos do inicio do exame. Ao remate do exame o alumno ou a alumna entregará o cuestionario de preguntas no que deben constar os seus datos, a folla de respostas asinada e calquera outro papel utilizado. Calquera irregularidade durante a realización da proba por parte do alumno ou alumna, pode implicar a súa expulsión da mesma. 4.b) Segunda parte da proba Consistirá na resolución dunha serie de supostos prácticos (maquetas anatómicas, esqueleto, láminas de estruturas corporais ou no seu propio corpo) nos que alumno/a debe resolver correctamente as cuestións que se lle formulen en relación á materia. A duración da proba dependerá do número de aspirantes que accedan a ela, pero non excederá os 20 minutos por cada alumno ou alumna. Para a superación da proba, que ten carácter eliminatorio, o alumnado deberá acadar o 60% da proba correctamente realizada, o que equivale a un 5, o resto de puntos prorratearanse proporcionalmente. Será necesaria a identificación mediante o DNI ou pasaporte, que deberá estar sobre a mesa a disposición do profesorado. Non se permitirá o uso de móbiles nin de ningún outro dispositivo electrónico. Non se permitirá o acceso á proba unha vez finalizado o proceso de chamamento público do/a alumno/a. Calquera irregularidade durante a realización da proba por parte do alumno ou alumna, pode implicar a súa expulsión da mesma.. - 7 -