CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

Documentos relacionados
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 Martes, 23 de xuño de 2009

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

Segundo apelido Segundo apellido Outros Otros. Número Número. Primeiro apelido Primer apellido Segundo apelido Segundo apellido NIE NIE

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

DOG Núm. 63 Luns, 4 de abril de 2016 Páx

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

NORMAS XERAIS E CONVOCATORIA... 2 PROGRAMA I ASOCIACIÓNS DE COOPERATIVAS E SOCIEDADES LABORAIS... 4

Estas vantaxes e/ou descontos serán aplicados a toda a clientela que sexa titular dunha tarxeta benvida, sen ningún requisito a maiores.

ANEXO II PROGRAMA DE COMUNICACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOCIAL ANO 2010 DATOS DO/A SOLICITANTE

Consellería de Traballo e Benestar

INFORMACIÓN AUTOLIQUIDACIÓN DE TAXAS

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

MR437A - Inscrición no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA).

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Subvencións e axudas CONVOCATORIA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS PARA O ANO 2017

PE627A - Autorización de venda de produtos pesqueiros que non sexan obxecto de primeria venda en lonxa.

Comisións de Servizo por conciliación da vida laboral e familiar

DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx

TU987B - Inicio de actividade de albergues turísticos ou dos albergues de peregrinos do Camiño de Santiago.

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

PR460A - Subvencións ás agrupacións de persoal voluntario de protección civil.

ACORDA. Vivendas de promoción pública cualificadas en núcleo rural. TERCEIRO.- Réxime de adxudicación das vivendas da promoción

Edificio Administrativo de San Caetano,s/n SANTIAGO DE COMPOSTELA

V I C E P R E S I D E N C I A

RESOLVO: Artigo 1. Obxecto

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Convocatoria de cursos de formación en linguaxe xurídica galega

DOG Núm. 21 Luns, 2 de febreiro de 2015 Páx. 4670

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN DE AUXILIAR-ASESOR DE CORREDOR DE SEGUROS

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2017 Páx. 4263

DOG Núm. 112 Martes, 14 de xuño de 2016 Páx

Programa I. Promoción do emprego autónomo (TR341J)

MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO

DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2012 Páx. 4712

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016 R E U N I D O S

ANEXO I: SOLICITUDE / SOLICITUD [ DOCUMENTO Bilingüe: Galego / Castellano] PROCEDEMENTO /PROCEDIMIENTO UNIS: PROGRAMA:

Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello:

DECRETO 84/2012, do 16 de febreiro, polo que se establecen os prezos públicos polas prestacións das residencias de tempo libre.

REXISTRO DE CERTIFICADOS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA DE EDIFICIOS EXISTENTES.

ANEXO A BASES DA CONVOCATORIA. I.1. O obxecto do proceso selectivo será a cobertura de cinco (5) prazas de marisqueo a pé na confraría de Vilaxoán.

Sistema de Notificacións de Galicia Notifica.gal. Elaborado por : Área de Modernización Versión 02.02

SEGUNDA. Orzamento O orzamento inicial ascende a ,00 euros para o curso escolar 2016/17, con cargo á partida orzamentaria 2016/0/23100/48008/01

DECLARACIÓN RESPONSABLE PARA A ACTUACIÓN DE AXENCIAS DE COLOCACIÓN

2.786 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 41 Martes, 2 de marzo de 2010

CONVOCATORIA DO CONCURSO DE ENTROIDO 2018

DOG Núm. 149 Luns, 8 de agosto de 2016 Páx

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2013 Páx. 6322

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2018 Páx. 4669

Ordenanzas fiscais Páxina 1

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

Ordenanza Nº 40: Ordenanza Reguladora dos. Prezos Públicos das escolas municipais. de musica e artes escénicas. Ano 2017

RECIBO DE PRESENTACIÓN NO REXISTRO ELECTRÓNICO DA XUNTA DE GALICIA

Nº / /05/2016 dicoruna.es/valdoc?c=db6ddf734e3a7badf6d36d36d37d 1fd7c77ad79e7471eeb9d9b7b5ddde9c

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS. Nº 157 Xoves, 14 de agosto de 2008 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Instrucións para a presentación electrónica de solicitudes do procedemento IN408A

DOG Núm. 150 Martes, 9 de agosto de 2016 Páx

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

III CURSO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

Enderezo particular:... Rúa... Concello:... Provincia:...

INSTRUCIÓNS COMPLEMENTARIAS PARA A REALIZACIÓN DA AVALIACIÓN DO PLAN CONCERTADO 2010

Ed.01 16/07/2015 Páx. 1 de 8 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

IN412B - Axuda do Plan Renove de Fiestras.

INSTRUCIÓNS PARA A XUSTIFICACIÓN DO PROGRAMA CONECTA PEME 2016 XUSTIFICACIÓN DA SEGUNDA ANUALIDADE

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2017/2018

DOG Núm. 137 Mércores, 22 de xullo de 2015 Páx

DOG Núm. 58 Martes, 25 de marzo de 2014 Páx

MANUAL APLICACIÓN SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN PÚBLICA EXTERIOR (ILE) 2015

Axudas aos traballadores autónomos para que accedan á Sociedade da Información

X PREMIO DIARIO CULTURAL DE TEATRO RADIOFÓNICO OBXECTO:

DOG Núm. 120 Luns, 27 de xuño de 2016 Páx

DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 2015 Páx. 3160

Ordenanzas fiscais Páxina 1

Información e instrucións para realizar solicitudes web

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

Consello Galego de Participación das Mulleres no Ámbito do Emprego e as Relacións Laborais

11.- ESTATUTO DA CAPITALIDADE

DIRECCIÓN PARA EFECTOS DE NOTIFICACIÓN (non é necesario se coincide coa anterior) TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ PISO PORTA

A Consellería encargou a AFIPRODEL a elección dos 5 representantes, da rede de AEDL, acordándose a reserva dun deles para un membro desta asociación.

DOG Núm. 158 Xoves, 21 de agosto de 2014 Páx

Sistema de Indicadores. da Sociedade da Información de Galicia: Servizos públicos da administración electrónica

O Real decreto 662/1997, do 12 de maio, polo que se establecen os requisitos mínimos para exerce-la

Artigo 48. Imposto sobre actividades de xogo (Lei 13/2011, do 27 de maio, de regulación do xogo)

DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2016 Páx

DOG Núm. 120 Luns, 27 de xuño de 2016 Páx

DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx

SERVIZO DE XESTIÓN RECADACIÓN E INSPECCIÓN TRIBUTARIA. Solicitude de beneficios fiscais

COTIZACIÓN RECUPERACIÓN SALARIAL CON EFECTOS RETROACTIVOS

DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2018 Páx. 5161

DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2012 Páx. 3842

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Transcripción:

DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2013 Páx. 24624 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS ORDE do 11 de xuño de 2013 pola que se convoca a concesión de subvencións para as persoas adquirentes, adxudicatarias ou promotoras individuais para uso propio de vivenda, que conten co financiamento cualificado do Plan de vivenda e rehabilitación 2009-2012. O Decreto 402/2009, do 22 de outubro, constitúe o marco normativo polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a xestión das previstas no Real decreto 2066/2008, do 12 de decembro, para o período 2009-2012. O seu artigo 4, punto 2, establece que as subvencións deste decreto, con cargo a fondos finalistas do Estado xestionadas pola Comunidade Autónoma de Galicia e que figuren nos seus orzamentos xerais, así como as que se financian con fondos propios da Comunidade Autónoma, estarán sometidas á normativa reguladora das subvencións públicas e, en concreto, á Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Este decreto establece as bases reguladoras destas subvencións de acordo co procedemento do artigo 19, número 2 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. Á vista do anterior, para darlle cumprimento ao disposto no artigo 4, punto 3, do Decreto 402/2009, en canto que dispón que o importe das axudas se establecerá mediante ordes de convocatoria anuais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e en virtude do disposto no artigo 4 do Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, DISPOÑO: Artigo 1. Obxecto Esta orde ten por obxecto aprobar a convocatoria correspondente ás bases reguladoras aprobadas mediante o Decreto 402/2009, do 22 de outubro (Diario Oficial de Galicia do 5 de novembro), para o procedemento de concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a axudar a afrontar os gastos derivados da adquisición, da adxudicación ou da promoción individual de vivenda para uso propio por parte de persoas que conten co financiamento cualificado do Plan de vivenda e rehabilitación 2009-2012.

DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2013 Páx. 24625 Artigo 2. Persoas beneficiarias 1. Poderán ser beneficiarias das ditas subvencións aquelas persoas adquirentes, adxudicatarias ou promotoras individuais para uso propio de vivendas de protección autonómica de réxime especial ou xeral, ou adquirentes de vivendas usadas ou vivendas de prezo limitado acollidas ao sistema de financiamento para o primeiro acceso á vivenda en propiedade do Plan de vivenda e rehabilitación 2009-2012. 2. As circunstancias persoais do solicitante e da súa unidade familiar, que serán tidas en conta para resolver sobre estas subvencións, serán as acreditadas no expediente polo que se outorgou o financiamento estatal, así como as acreditadas pola documentación indicada no artigo 6, punto 1, desta orde. Para tal fin, para a tramitación destas solicitudes, terase en conta a documentación xa presentada coa solicitude de financiamento estatal, sen que sexa preciso volver presentala para a tramitación desta subvención. Artigo 3. Requisitos Para a concesión das subvencións é preciso que o solicitante formalizase o préstamo convido do Plan de vivenda e rehabilitación 2009-2012 entre o 26 de febreiro de 2011 e o 31 de agosto de 2011, e ademais: a) Cando se trate de promotor individual para uso propio de vivenda protexida, que conte coa cualificación definitiva da vivenda. b) No caso de persoas adquirentes ou adxudicatarias, que conte coa escritura pública inscrita no Rexistro da Propiedade que acredite a transmisión da vivenda e na cal conste separadamente o prezo da vivenda e de cada un dos anexos, se os tiver. c) Que non obtivese con anterioridade as mesmas axudas que se convocan nesta orde. Artigo 4. Contía das subvencións 1. Para as persoas beneficiarias con dereito á protección preferente de acordo co establecido no artigo 1 número 2 do Real decreto 2066/2008, excepto a sinalada na letra l), correspóndenlles 2.000 euros. As familias numerosas de cinco ou máis fillos terán unha axuda adicional de 2.000 euros. De se acreditar a pertenza a máis dun colectivo dos establecidos neste número, a subvención será de 2.000 euros por cada un deles.

DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2013 Páx. 24626 2. Ás persoas solicitantes con ingresos familiares que non excedan 1,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples e se atopen na circunstancia sinalada na letra l) do artigo 1 número 2 do Real decreto 2066/2008, e ás persoas emigrantes retornadas nos dous anos anteriores ao momento da solicitude en especial situación de necesidade, corresponderalles como subvención o 25 por 100 do prezo total da vivenda que figura na correspondente escritura de compravenda ou adxudicación ou, no caso de promoción individual para uso propio, da suma dos valores da edificación e do solo que constarán na escritura de obra nova. A contía desta subvención terá un límite absoluto de 17.000 euros. As circunstancias acreditaranse mediante informe social do concello e por certificación do organismo competente en materia de emigración. Estes colectivos non poderán acollerse ás axudas recollidas no número 1 deste artigo. Artigo 5. Crédito orzamentario e contía total máxima da convocatoria As subvencións que se convocan mediante esta orde concederanse con cargo ao crédito que figura consignado para esta finalidade na aplicación 07.81.451B.780.1 do orzamento de gastos do IGVS para o ano 2013, a cal está dotada adecuada e suficientemente e na cal se reserva o importe total de 250.000 euros para atender as concesións que procedan. Artigo 6. Solicitudes 1. As solicitudes deberán dirixirse á xefatura da área provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) que corresponda pola situación da vivenda, seguindo o modelo que se recolle no anexo I a esta orde, debidamente cuberto pola persoa solicitante e xuntando os documentos seguintes: a) No suposto de non dar a autorización ao IGVS para obter os datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas: fotocopia compulsada do DNI. b) Certificación da entidade de crédito conforme o solicitante obtivo o préstamo convido ao abeiro do Plan de vivenda e rehabilitación 2009-2012, no cal se indique a data de formalización e o seu importe. c) No caso de persoas adquirentes ou adxudicatarias, copia cotexada ou compulsada da escritura pública inscrita no Rexistro da Propiedade que acredite a transmisión da vivenda.

DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2013 Páx. 24627 d) No caso de persoas sen fogar ou procedentes de operacións de erradicación do chabolismo, o informe social e económico do concello sobre a familia afectada así como sobre a súa situación legal de residencia e capacidade de integración. e) Declaración responsable de ser emigrantes galegos retornados nos dous anos anteriores ao momento da solicitude en especial situación de necesidade, para efectos da solicitude de informe da Secretaría Xeral de Emigración. Non será necesario volver presentar a documentación no suposto de que xa se presentasen os mesmos documentos xunto coas solicitudes de convocatorias anteriores, deberán especificar en tal caso a data en que se presentaron os ditos documentos e o órgano a que se dirixiu. 2. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dependentes dela. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia. Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria. 3. A presentación da solicitude comportará a autorización do solicitante para que o órgano concedente solicite de forma directa a acreditación do cumprimento das súas obrigas tributarias co Estado, coa Comunidade Autónoma e coa Seguridade Social, a través de certificados telemáticos. No caso de que non se puidesen obter de oficio, requirirase o interesado para a súa presentación.

DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2013 Páx. 24628 Sen prexuízo do anterior, o solicitante poderá denegar expresamente o consentimento, para o cal deberá presentar as certificacións indicadas. Artigo 7. Prazo de solicitude O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. Artigo 8. Procedemento de tramitación das subvencións 1. O procedemento iniciarase mediante a presentación, por parte do interesado, da solicitude que se incorpora como anexo I a esta orde, debidamente cuberta, á cal se lle deberá xuntar a documentación que nela se indica consonte o artigo 6 número 1 desta orde. Se a solicitude ou documentación presentadas non reunisen os requisitos exixidos, requirirase a persoa interesada para que, no prazo de dez días hábiles, emende ou xunte os documentos preceptivos, advertíndolle que, no caso de non completar o citado requirimento, se dará por desistida da súa petición, de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Sen prexuízo do anterior, o IGVS poderá solicitar cantos documentos considere necesarios para ditar resolución. 2. Unha vez completado o expediente e analizado este, así como feitas as comprobacións oportunas, o/a xefe/a da área provincial do IGVS elevará a proposta de resolución de cada expediente ao/á director/a xeral do IGVS, quen, á vista delas e tendo en conta o límite orzamentario establecido no artigo 5 desta orde, resolverá o que segundo o dereito proceda. 3. Se o orzamento establecido para esta axuda non for suficiente para proceder ao pagamento de todas as solicitudes, aplicarase o criterio de prioridade pola entrada das solicitudes, tendo en conta a data e a hora de entrada no rexistro da área provincial do IGVS

DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2013 Páx. 24629 competente para a súa tramitación e, en caso de empate, priorizaranse aqueles que teñan os menores ingresos en número de veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM), tomando como referencia aqueles tidos en conta para os efectos do cálculo das subvencións. Artigo 9. Resolución das subvencións 1. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución será de dous meses de acordo co artigo 7 do Decreto 402/2009. Transcorrido este prazo sen que se ditase e notificase resolución expresa, os interesados que solicitasen as subvencións convocadas por esta orde poderán entender rexeitada a súa solicitude tal e como se establece na disposición adicional primeira do Decreto 402/2009. 2. Contra a resolución de concesión ou denegación da subvención da Dirección Xeral do IGVS poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co previsto no artigo 7 do Decreto 402/2009. Artigo 10. Pagamento das subvencións Ditada a resolución de concesión, tramitarase o correspondente expediente de pagamento e as subvencións aos beneficiarios serán aboadas mediante transferencia bancaria. Artigo 11. Compatibilidade e incompatibilidade 1. Esta subvención é compatible con outras formas de axuda ou subvención que o beneficiario poida obter de calquera Administración ou entidade pública ou privada. Non obstante, a suma das axudas financeiras estatais e as que se recollen nesta orde, así como as doutras administracións ou organismos públicos, que correspondan, non poderá superar o prezo máximo de venda da vivenda obxecto de axudas por esta convocatoria. 2. No caso de que a adquisición, adxudicación ou promoción individual para uso propio dunha vivenda se fixer en réxime de cotitularidade, só se concederá unha subvención por vivenda.

DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2013 Páx. 24630 Artigo 12. Reintegro da subvención 1. O incumprimento ou falsidade nas condicións requiridas para o outorgamento da subvención comportará, ademais das sancións que puidesen corresponder, o reintegro da subvención percibida incrementada co xuro legal correspondente desde o seu pagamento máis o 25 %, segundo establece o artigo 34 da Lei de subvencións de Galicia, salvo que a Lei de orzamentos xerais do Estado estableza outro diferente. 2. Tamén serán motivo de reintegro os supostos previstos no artigo 33 da Lei de subvencións de Galicia e 39 do Decreto 402/2009. 3. O procedemento para o reintegro será o establecido no artigo 38 da Lei de subvencións de Galicia. Artigo 13. Modificación da resolución 1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente doutras subvencións, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión. 2. O/A director/a xeral do IGVS, ou persoa en quen delegue, por proposta da área provincial ditará resolución expresa, debidamente motivada, na cal figure o motivo da modificación da resolución de concesión ou da perda do dereito á subvención, comunicándolle ao interesado a obriga de devolver as cantidades anteriormente percibidas en concepto de subvención. 3. Contra a resolución da Dirección Xeral do IGVS poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co previsto no artigo 7 do Decreto 402/2009. Artigo 14. Publicidade 1. De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da subvención consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas no dito rexistro, así como as sancións impostas, de ser o caso.

DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2013 Páx. 24631 2. De conformidade co artigo 13 número 4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co artigo 15 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, este organismo publicará na súa páxina web oficial e no Diario Oficial de Galicia a relación dos beneficiarios e o importe das subvencións concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e da súa publicación na citada páxina web. 3. Os datos de carácter persoal relacionados coa solicitude, e solicitados no correspondente impreso de solicitude de subvencións, integraranse nun programa informático de carácter permanente, á disposición do IGVS, para os únicos efectos da tramitación da solicitude, extracción de informes estatísticos e do cumprimento das obrigas recollidas no presente artigo. A negativa a cubrir calquera dos datos solicitados no impreso de solicitude suporá a imposibilidade de continuar coa tramitación da solicitude. Artigo 15. Deber de colaboración e facultade de inspección 1. As persoas beneficiarias, ademais de cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, están obrigadas a facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas ou o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas. 2. Desde o momento da presentación da solicitude poderanse realizar todas as inspeccións ou comprobacións que se consideren oportunas para verificar a exactitude dos datos achegados ou o destino da subvención concedida. Disposición adicional Delégase no director xeral do IGVS a facultade para que, mediante resolución que se publique no Diario Oficial de Galicia, incremente ou reaxuste o orzamento nesta ou noutras aplicacións orzamentarias, tal e como permiten os artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2013 Agustín Hernández Fernández de Rojas Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2013 Páx. 24632 ANEXO I PROCEDEMENTO ADQUISICIÓN OU PROMOCIÓN PARA USO PROPIO DE VIVENDA CON FINANCIAMENTO DO PLAN DE VIVENDA 2009-2012. SUBVENCIÓN COMUNIDADE AUTÓNOMA. CÓDIGO DO PROCEDEMENTO VI435A DOCUMENTO SOLICITUDE DATOS DA PERSOA SOLICITANTE NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF DOMICILIO LOCALIDADE CÓDIGO POSTAL PROVINCIA CONCELLO TELÉFONO FAX TELÉFONO MÓBIL CORREO ELECTRÓNICO NA SÚA REPRESENTACIÓN NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF ENDEREZO PARA OS EFECTOS DE NOTIFICACIÓN (non é necesario se coincide co anterior) ENDEREZO LOCALIDADE CÓDIGO POSTAL PROVINCIA CONCELLO TELÉFONO FAX CORREO ELECTRÓNICO DATOS DA PERSOA COPROPIETARIA DA VIVENDA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF DOMICILIO LOCALIDADE CÓDIGO POSTAL PROVINCIA CONCELLO TELÉFONO FAX TELÉFONO MÓBIL CORREO ELECTRÓNICO DATOS BANCARIOS DECLARO BAIXO A MIÑA RESPONSABILIDADE QUE SON CERTOS OS DATOS CONSIGNADOS RELATIVOS Á CONTA BANCARIA INDICADA TITULAR DA CONTA EXPOÑO que adquirín/promovín para uso propio unha vivenda situada na localidade de NÚMERO DA CONTA BANCARIA (20 DÍXITOS) rúa, nº, andar, letra para a cal obtiven financiamento cualificado ao abeiro do expediente nº a subvención convocada pola Comunidade Autónoma. e que formalicei o préstamo convido do Plan de vivenda 2009-2012, polo que SOLICITO Autorizo o Instituto Galego da Vivenda e Solo, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009, que o desenvolve, para a consulta dos meus datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. SI NON (neste caso debe xuntarse copia do NIF ou NIE)

DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2013 Páx. 24633 En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, infórmase de que os datos persoais recollidos nesta solicitude se incorporarán a un ficheiro para o seu tratamento, coa finalidade da xestión deste procedemento. Vostede pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei, mediante un escrito dirixido a este centro directivo, como responsable do ficheiro. Autorizo o Instituto Galego da Vivenda e Solo, de conformidade co artigo 6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, para a obtención do certificado da Axencia Estatal de Administración Tributaria de estar ao día das obrigas tributarias. SI NON Autorizo o Instituto Galego da Vivenda e Solo, de conformidade co artigo 4 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009, que o desenvolve, para a obtención do certificado da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia de estar ao día das obrigas tributarias. SI NON Autorizo o Instituto Galego da Vivenda e Solo, de conformidade co artigo 6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, para a obtención do certificado da Tesouraría Xeral da Seguridade Social de estar ao día das obrigas fronte á Seguridade Social. SI NON De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, o Instituto Galego da Vivenda e Solo publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas ao abeiro desta orde. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a referida publicidade. DOCUMENTACIÓN QUE SE XUNTA (Indíquese cun X a documentación que se presenta) No suposto de non dar a autorización ao IGVS para obter os datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas: copia compulsada do DNI. Certificación da entidade de crédito conforme o solicitante obtivo o préstamo convido ao abeiro do Plan de vivenda e rehabilitación 2009-2012 na que se indique a data de formalización e o importe do mesmo. No caso de persoas adquirentes ou adxudicatarias, copia cotexada ou compulsada da escritura pública inscrita no Rexistro da Propiedade que acredite a transmisión da vivenda. No caso de persoas sen fogar ou procedentes de operacións de erradicación do chabolismo, o informe social e económico do concello sobre a familia afectada, así como sobre a súa situación legal de residencia e capacidade de integración. Declaración responsable de ser emigrantes galegos retornados nos dous anos anteriores ao momento da solicitude en especial situación de necesidade, para os efectos da solicitude de informe da Secretaría Xeral de Emigración. Declaración do conxunto de todas as subvencións solicitadas ou concedidas, para a actuación obxecto desta solicitude, doutras administracións ou organismos públicos. Non será necesario volver presentar a documentación no suposto de que xa se presentasen os mesmos documentos xunto coas solicitudes de convocatorias anteriores, debendo especificar en tal caso a data en que se presentaron os ditos documentos e o órgano a que se dirixiron. LEXISLACIÓN APLICABLE Orde do 11 de xuño de 2013 pola que se convoca a concesión de subvencións para as persoas adquirentes, adxudicatarias ou promotoras individuais para uso propio de vivenda, que conten co financiamento cualificado do Plan de vivenda e rehabilitación 2009-2012. SINATURA DA PERSOA SOLICITANTE OU REPRESENTANTE Lugar e data Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en, de de

DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2013 Páx. 24634 ANEXO II AUTORIZACIÓNS DA PERSOA COPROPIETARIA DA VIVENDA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF Autorizo o Instituto Galego da Vivenda e Solo, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009, que o desenvolve, para a consulta dos meus datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. SI NON (neste caso debe xuntarse copia do NIF ou NIE) Autorizo o Instituto Galego da Vivenda e Solo, de conformidade co artigo 6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, para a obtención do certificado da Axencia Estatal de Administración Tributaria de estar ao día das obrigas tributarias. SI NON Autorizo o Instituto Galego da Vivenda e Solo, de conformidade co artigo 4 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009, que o desenvolve, para a obtención do certificado da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia de estar ao día das obrigas tributarias. SI NON Autorizo o Instituto Galego da Vivenda e Solo, de conformidade co artigo 6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, para a obtención do certificado da Tesouraría Xeral da Seguridade Social de estar ao día das obrigas fronte á Seguridade Social. SI NON De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, o Instituto Galego da Vivenda e Solo publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas ao abeiro desta orde. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a referida publicidade. SINATURA DA PERSOA COPROPIETARIA DA VIVENDA Lugar e data, de de