DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx

Documentos relacionados
DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2012 Páx. 4712

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS. Nº 157 Xoves, 14 de agosto de 2008 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 Martes, 23 de xuño de 2009

DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

REUNIDOS. Ambos interveñen en nome e representación das institucións anteditas EXPOÑEN

ANEXO II PROGRAMA DE COMUNICACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOCIAL ANO 2010 DATOS DO/A SOLICITANTE

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx

RESOLVO: Artigo 1. Obxecto

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN DE AUXILIAR-ASESOR DE CORREDOR DE SEGUROS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

TU987B - Inicio de actividade de albergues turísticos ou dos albergues de peregrinos do Camiño de Santiago.

Estas vantaxes e/ou descontos serán aplicados a toda a clientela que sexa titular dunha tarxeta benvida, sen ningún requisito a maiores.

(Aprobado en consello de goberno de 12 de febreiro de 2014) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Edificio Administrativo de San Caetano,s/n SANTIAGO DE COMPOSTELA

PE627A - Autorización de venda de produtos pesqueiros que non sexan obxecto de primeria venda en lonxa.

MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO

Nº 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2011 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 1.169

Capítulo X: EDUCACIÓN ESPECIAL ATENCIÓN Á DIVERSIDADE e ORIENTACIÓN EDUCATIVA

III CURSO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2013 Páx. 6322

ACORDO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS. PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PLAN DE ESTABILIDADE NO EMPREGO DOS SERVIZOS PÚBLICOS

REUNIDOS. Da outra, Don Severino Rodríguez Díaz, con DNI G, en calidade de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos.

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN E XESTIÓN FORESTAL PARA GALICIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONVOCATORIA E BASES DA III EDICIÓN DO PREMIO GALICIA SPIN-OFF

Dereitos e deberes. Co financiamento de:

ACORDAN. A incorporación do persoal do Consorcio ao Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia realizarase do seguinte xeito:

TÍTULO I. MEDIDAS HORIZONTALES. CAPÍTULO II. SERVICIOS PROFESIONALES.

Aprobado en Consello de Goberno do 10 de outubro de 2016 EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

FACTURACIÓN ELECTRÓNICA OBRIGATORIA ANTE O CONCELLO DE LUGO A PARTIR DO 30 DE XANEIRO DE 2017

Regulamento e tarifas dos Servizos xurídicos

En consecuencia, como director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, RESOLVO:

Convocatoria de cursos de formación en linguaxe xurídica galega

Ed.01 16/07/2015 Páx. 1 de 8 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública

DOG Núm. 125 Xoves, 30 de xuño de 2011 Páx

DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2016 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Edificio Administrativo San Caetano, 1-2º SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono Fax

DIRECCIÓN PARA EFECTOS DE NOTIFICACIÓN (non é necesario se coincide coa anterior) TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ PISO PORTA

DOG Núm. 131 Venres, 8 de xullo de 2011 Páx

X PREMIO DIARIO CULTURAL DE TEATRO RADIOFÓNICO OBXECTO:

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Por todo isto, esta consellería,

FAMILIA NUMEROSA BONIFICACIÓN DO 90% OU 50% NO IMPOSTO DE BENS INMOBLES (IBI)

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2017/2018

PROCEDEMENTO DE COORDINACIÓN DA DOCENCIA DE GRAO DA FACULTADE DE CC. EMPRESARIAIS E TURISMO DE OURENSE

Comisións de Servizo por conciliación da vida laboral e familiar

MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO ELECTORAL XERAL DA USC. Consello de Goberno de 21 de febreiro de 2014

III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA GALICIA, AUGA E LITERATURA PROGRAMA PRENSA-ESCUELA - VIAQUA 2016/2017

MR437A - Inscrición no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA).

NORMAS XERAIS E CONVOCATORIA... 2 PROGRAMA I ASOCIACIÓNS DE COOPERATIVAS E SOCIEDADES LABORAIS... 4

por Resolución do 25 de abril de 2016 e pola Orde XUS/704/2016 (Diario Oficial de

Curso Traballo Social e Demencias

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

UNIVERSIDADE DA CORUÑA UNIVERSITAS XXI ECONÓMICO XESTIÓN DA PRO RATA MANUAL DE USUARIO

DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx

DOG Núm. 120 Luns, 27 de xuño de 2016 Páx

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECLARACIÓN RESPONSABLE PARA A ACTUACIÓN DE AXENCIAS DE COLOCACIÓN

2/16. Lei de creación do Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia D I T A M E. Ditame. sobre o anteproxecto de

11.- ESTATUTO DA CAPITALIDADE

DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2017 Páx. 5699

DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2013 Páx

Consellería de Traballo e Benestar

Decreto /, do de, polo que se regula a composición e funcionamento do Consello de Arquivos de Galicia.

CONCELLO DE SANTISO (A CORUÑA)

INFORMACIÓN AUTOLIQUIDACIÓN DE TAXAS

ÍNDICE TALENTO FEMININO NA ECONOMÍA SOCIAL DE GALICIA TRABALLADORAS. MEDRANDO socias e traballadoras ESTRUTURA DO PROGRAMA CADRO DOCENTE

Plan de traballo para a elaboración do III Plan Director da Cooperación Galega ( ) Outubro-Decembro 2013

provincia de ourense n.º 46 venres, 24 febreiro 2017 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

DOG Núm. 70 Xoves, 10 de abril de 2014 Páx RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2014 pola que se convocan as actividades

DOG Núm. 133 Xoves, 14 de xullo de 2016 Páx

Segundo apelido Segundo apellido Outros Otros. Número Número. Primeiro apelido Primer apellido Segundo apelido Segundo apellido NIE NIE

O Real decreto 662/1997, do 12 de maio, polo que se establecen os requisitos mínimos para exerce-la

ANÁLISE DAS CARGAS DE TRABALLO: ESTUDO PILOTO

ORZAMENTO 2018 Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

IV CERTAME DE RELATO CURTO

DISTRIBUCIÓN POR SEXOS NOS ÓRGANOS DE GOBERNO DA UNIVERSIDADE DE VIGO. Ano Unidade de Igualdade Ano

NORMATIVA DE PERMANENCIA E PROGRESO DO ESTUDANTADO DAS TITULACIONS OFICIAIS DE GRAO E DE MASTER UNIVERSITARIOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Proxecto ORZAMENTO EN TERMOS DE CONTABILIDADE NACIONAL. Memoria I

CONCURSO DE IDEAS EMPRESARIAIS INNOVADORAS, BASEADAS NO COÑECEMENTO CIENTÍFICO

ORDENANZA DE CREACIÓN, MODIFICACIÓN Y SUPRESIÓN DE FICHEROS CON DATOS DE CARÁCTER PERSONAL

Transcripción:

DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx. 20958 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2014 pola que se crean e regulan os ficheiros de datos de carácter persoal denominados Xestión do Rexistro de Mediadores/as do Ciarcus e Xestión de usuarios/as do CIARCUS. A disposición adicional segunda, 2 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (Boletín Oficial del Estado núm. 298, do 14 de decembro), especifica que a creación ou modificación dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse mediante a disposición xeral correspondente. A Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a regulación dos seus ficheiros para a súa adecuación á LOPD mediante a Resolución do 24 de xuño de 2002 e resolucións posteriores. Tal e como establece o preámbulo da Lei 5/2012, do 6 de xullo, de mediación en asuntos civís e mercantís, unha das funcións esenciais do Estado de dereito é a garantía da tutela xudicial dos dereitos dos cidadáns. Esta función implica o reto da implantación dunha xustiza de calidade capaz de resolver os diversos conflitos que xorden nunha sociedade moderna e, á vez, complexa. Neste contexto, desde a década dos anos setenta do pasado século, recorreuse a novos sistemas alternativos de resolución de conflitos, entre os cales destaca a mediación, que foi cobrando unha importancia crecente como instrumento complementario da Administración de xustiza. Entre as vantaxes da mediación destaca a súa capacidade para dar solucións prácticas, efectivas e rendibles a determinados conflitos entre partes e iso configúraa como unha alternativa ao proceso xudicial ou á vía arbitral, dos cales se debe deslindar con claridade. A mediación está construída arredor da intervención dun profesional neutral que facilita a resolución do conflito polas propias partes, dunha forma equitativa, e permite o mantemento das relacións subxacentes e conserva o control sobre o final do conflito. Para tal fin aprobouse por Acordo do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) do 3 de outubro de 2013 a creación do Centro Integral de Análise e Resolución de Conflitos da USC (CIARCUS), en virtude da posibilidade de existencia de institucións de mediacións que se deduce do artigo 5.1 da Lei 5/2012, do 6 de xullo, de mediación en asuntos civís e mercantís. O seu obxectivo principal serán a resolución daqueles

DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx. 20959 conflitos que xurdan dentro da USC e tamén poderá mediar en aqueles procedementos que presenten persoas ou institucións alleas á propia institución universitaria. Por outra banda, a disposición derradeira oitava da Lei 5/2012 establece a posibilidade da creación do Rexistro de Mediadores e Institucións de Mediación, dependente do Ministerio de Xustiza, así como a creación de rexistros de mediación nas comunidades autónomas. O dito rexistro foi regulado máis especificamente no Real decreto 980/2013, do 13 de decembro, polo que se desenvolven determinados aspectos da Lei 5/2012, do 6 de xullo, de mediación en asuntos civís e mercantís, e estableceu no seu artigo 24 o principio de coordinación como principio rexedor das relacións entre o Rexistro de Mediadores e Institucións de Mediación e os demais rexistros de mediadores que poidan existir nas comunidades autónomas, co fin de asegurar a unidade de datos, a economía das actuacións e a eficacia administrativa. Coa finalidade de crear un rexistro de mediadores no CIARCUS, así como de asegurar a especial protección dos datos de carácter persoal que establece a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, cómpre a creación de dous novos ficheiros de protección de datos de carácter persoal, que abrangue a totalidade da xestión da información contida no Rexistro de Mediadores/as, así como da xestión de usuarios do CIARCUS. Na súa virtude, e co fin de dar cumprimento ao mandato legal do artigo 20 da LOPD, sobre creación ou modificación de ficheiros que conteñan datos de carácter persoal xestionados pola Universidade de Santiago de Compostela, e de asegurarlles aos administrados o exercicio dos seus lexítimos dereitos, DISPOÑO: Primeiro. Créanse os ficheiros de Xestión do Rexistro de Mediadores/as do CIARCUS e de Xestión de usuarios/as do CIARCUS. A súa descrición contense nos anexos I e II contidos nesta resolución, onde se indica o nivel de medidas de seguridade, en aplicación do Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal. Segundo. Os ficheiros que se indican nos anexos I e II rexeranse polas disposicións xerais e instrucións que se detallen e estará sometido, en todo caso, ás normas legais e aos regulamentos de superior rango que lles sexan aplicables.

DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx. 20960 Terceiro. A aprobación desta resolución non supón a supresión de ningún ficheiro de datos de carácter persoal, polo que non é necesaria a aplicación do disposto no artigo 20.3º da LOPD. Cuarto. Ademais das cesións previstas para cada un dos ficheiros, poderanse realizar cesións sempre que así se recolla nunha norma ou para os efectos de remitir datos aos servizos estatísticos, tanto estatais como da comunidade autónoma, para o desenvolvemento das funcións propias destes servizos ou entidades e cos límites establecidos na lei. Quinto. Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 24 de abril de 2014 Juan J. Casares Long Reitor da Universidade de Santiago de Compostela ANEXO I Ficheiro nº 34 [Xestión do Rexistro de Mediadores/as]. a) Identificación do ficheiro: Ficheiro para a xestión do Rexistro de Mediadores/as. b) Órgano, ente ou autoridade administrativa responsable do ficheiro: Vicerreitoría de Investigación e Innovación. Universidade de Santiago de Compostela. Praza do Obradoiro (Colexio de San Xerome), s/n, 15782 Santiago de Compostela, A Coruña. c) Órgano, servizo ou unidade en que se deberán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: Secretaría do CIARCUS (Centro Integral de Análise e Resolución de Conflitos). Facultade de Dereito. Campus Vida, 15782 Santiago de Compostela, A Coruña. d) Carácter informatizado ou manual do ficheiro: Ficheiro de carácter mixto.

DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx. 20961 e) Medidas de seguridade: Medidas de nivel básico. f) Tipos de datos de carácter persoal que se incluirán no ficheiro: Datos de carácter identificativo: DNI ou NIF, nome e apelidos, enderezo postal e electrónico, teléfono, sinatura/pegada, imaxe/voz. Outro tipo de datos: académicos e profesionais, transaccións de bens e servizos. g) Descrición detallada da finalidade do ficheiro e usos previstos: Xestión dos datos dos mediadores/as que presten o seus servizos no CIARCUS. h) Tipificación da finalidade e usos previstos: Recursos humanos, xustiza, servizos sociais. i) Persoas ou colectivos sobre os cales se pretenden obter datos ou que resultan obrigados a subministralos: Solicitantes. j) Procedencia ou procedemento de recolla dos datos: Achega de datos polo propio interesado ou polo seu representante. k) Órganos e entidades destinatarios das cesións previstas, indicando as transferencias internacionais: Non se prevén cesións. ANEXO II Ficheiro nº 35 [Xestión de usuarios/as do CIARCUS]. a) Identificación do ficheiro: Ficheiro para a xestión de usuarios/as do CIARCUS.

DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx. 20962 b) Órgano, ente ou autoridade administrativa responsable do ficheiro: Vicerreitoría de Investigación e Innovación. Universidade de Santiago de Compostela. Praza do Obradoiro (Colexio de San Xerome) s/n, 15782 Santiago de Compostela, A Coruña. c) Órgano, servizo ou unidade en que se deberán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: Secretaría do CIARCUS (Centro Integral de Análise e Resolución de Conflitos). Facultade de Dereito. Campus Vida. 15782 Santiago de Compostela, A Coruña. d) Carácter informatizado ou manual do ficheiro: Ficheiro de carácter mixto. e) Medidas de seguridade: Medidas de nivel básico. f) Tipos de datos de carácter persoal que se incluirán no ficheiro: Datos de carácter identificativo: DNI ou NIF, nome e apelidos, enderezo postal e electrónico, teléfono, sinatura/pegada, imaxe/voz. Outros tipos de datos: características persoais, circunstancias sociais, transaccións de bens e servizos. g) Descrición detallada da finalidade do ficheiro e usos previstos: Xestión de datos relativos á xestión de conflitos de usuarios e das tarefas de xestión e de investigación do CIARCUS. h) Tipificación da finalidade e usos previstos: Xustiza, servizos sociais, fins históricos, estatísticos ou científicos.

DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx. 20963 i) Persoas ou colectivos sobre os cales se pretenden obter datos ou que resultan obrigados a subministralos: Solicitantes. j) Procedencia ou procedemento de recolla dos datos: Achega de datos polo propio interesado ou polo seu representante. k) Órganos e entidades destinatarios das cesións previstas, indicando as transferencias internacionais: Non se prevén cesións.