ANEXO I XXXV CARREIRA POPULAR SAN XIAO

Documentos relacionados
ANEXO I XXXV CARREIRA POPULAR SAN XIAO

XXIX CARREIRA POPULAR - VOLTA Á RÍA MEMORIAL ADOLFO ROS

REGULAMENTO CARREIRA - ANDAINA NOCTURNA SOLIDARIA CASTELO DA LÚA

BENQUERENCIA TERRA - MAR

ORGANIZAN PARTICIPANTES

II CARREIRA NOCTURNA RINLO-RIBADEO SÁBADO 18 DE AGOSTO DE 2018 ÁS 21:45

VI CARREIRA SOLIDARIA DA PISCINA MUNICIPAL DE MUROS - REGULAMENTO -

III CARREIRA POPULAR FESTA DA AUGARDENTE DE PORTOMARÍN. a carón do río

Control técnico: Comité Gallego de Jueces. de la Federación Gallega de Atletismo. Cronometraje: Cronotec

IIIª CARREIRA E ANDAINA CONTRA EL CANCER A RÚA DE VALDEORRAS 2018

A V I A M A N

CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS CIRCUITO PRAIA CABÍO A POBRA DO CARAMIÑAL 17/02/2018 REGULAMENTO COMPETICIÓN CAMPO A TRAVÉS

INSCRIPCIONS: Na Web da RFEA mediante o sistema online ata as 23:00 horas do martes 10 de xaneiro de 2017.

II Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple

REGULAMENTO DA CARREIRA POPULAR XXXI MEMORIAL ADOLFO ROS VOLTA Á RÍA

Duatlón Cros de Reis Concello de Vimianzo

III CARREIRA-ANDAINA SAN SILVESTRE VILALBESA 31 DE DECEMBRO 2017

XXIXª MILLA URBANA O BARCO DE VALDEORRAS

REGULAMENTO 3ª VOLTA Ó MAZANTEU (CONCELLO DE CARIÑO)

REGULAMENTO. 1. Nome e data: I MAR DE MUROS TRÍATLON Sábado, 2 de xuño do 2018

CAMPIONATO GALEGO DE TRÍATLON DE RELEVOS MIXTOS- NIGRÁN 2018

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS PARQUE DE SALGUEIRIÑOS (SANTIAGO DE COMPOSTELA) SÁBADO, 15 DE FEBREIRO/2014

REGULAMENTO XERAL 7ª CARREIRA PEDESTRE POPULAR COSTA DA MORTE

NORMATIVA XERAL DA MODALIDADE DE ATLETISMO PISTA INDIVIDUAL DAS SEIS XORNADAS PROGRAMADAS CURSO 2017/2018 ZONAS: CORUÑA - FERROL

1.- REGULAMENTO DA VI SAN SILVESTRE SOLIDARIA DE PONTEAREAS e da IV SAN SILVESTRE SOLIDARIA INFANTIL 2017 PREVIO Á CARREIRA

CIRCULAR 5/2017(Inclúe caixóns de saída)

V PEDESTRE DO ANLLÓNS TROFEO DE NADAL. EN CARBALLO, O 30 DE DECEMBRO DE 2017.

4ª CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE CEE 2017

REGULAMENTO OFICIAL XV EDICIÓN DA CARREIRA POPULAR LUGO MONUMENTAL 2017 GRAN PREMIO CAIXABANK

ORGANIZACIÓN DE COMPETICIÓNS DE NATACIÓN POLOS CLUBES E CAMPIONATOS GALEGOS

V TRAIL DE VILATUXE 2017

XII CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE O PINO

Deporte de Orientación

CIRCULAR 109/2017. Art. 2).- Poderán participar todos aqueles atletas que o desexen e se atopen en calquera das seguintes condicións:

REUNIÓN TÉCNICA. Arteixo-Riveira-Cedeira- 29 de abril a 1 de maio

ESCENARIO DE PRÁCTICAS Celebraranse as probas nas Pistas de Atletismo ao aire libre, de Elviña (A Coruña), e da Malata (Ferrol)

DUATLÓN RIBADUMIA de xaneiro de 2018 REGULAMENTO E RUTÓMETRO

CONCELLO DE SANTISO (A CORUÑA)

VI TRAIL DE VILATUXE

CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO E PROMESA DE PISTA CUBERTA CAMPIONATO DE GALICIA JUNIOR 1500 E 3000 PISTA CUBERTA. A Coruña, 4 de Febreiro do 2017

CAMPIONATO DE GALICIA CADETE E XUVENIL DE PISTA AIRE LIBRE Ferrol, 4 de Xuño do 2017

III CARRERA POPULAR AECC en marcha - Contra el cáncer, corre por Ferrol

V Milla San Roque Sada 2015 Reglamento

1.- IDEOLOXÍA. Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as como adultos (dende os 3 anos).

VI Milla de San Roque. Reglamento. 1- Organización.

CAMPIONATO DE GALICIA CADETE DE PISTA AIRE LIBRE. Ferrol, 4 de Xuño do 2016

Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as como adultos (dende os 3 anos).

REGULAMENTO COPA DEPUTACIÓN LUGO TEMPADA 2018

II Carreira Popular Empresarios de Bergondo EMPRESAS SALUDABLES CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN SAÚDE NO TRABALLO Sábado 21 octubre 2017

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

VIII TRIATLON PONTENAFONSO MEMORIAL MICHEL 2016 REGULAMENTO E RUTOMETRO Sábado 1 de Outubro do 2016

I PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN

Iº TRAIL E ANDAINA TREVINCA-A VEIGA IIº CAMPIONATO DE GALICIA DE TRAIL 03/04/2016 A Veiga

BASES QUE REXERÁN NO XVII FESTIVAL DO ENTROIDO 2017 NO CONCELLO DE VALDOVIÑO

XOGAJUDO 2018: Deporte Fácil e Divertido:

NORMATIVA UTILIZACIÓN 2017 INSTALACIÓN COMPLEXO DEPORTIVO David Cal

REXISTRO DE CLUBS E EQUIPOS DE FÚTBOL SALA

NORMATIVA UTILIZACIÓN 2016 INSTALACIÓN COMPLEXO DEPORTIVO

CIRCULAR 7/2017 (Inclúe caixóns de saída)

I CARRERA SOLIDARIA PARQUE OLEIROS

MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO

CONCURSO DE IDEAS EMPRESARIAIS INNOVADORAS, BASEADAS NO COÑECEMENTO CIENTÍFICO

XVI DUATLON CIDADE DE SANTIAGO CLASIFICATORIO CAMPIONATO GALEGO DE DUATLON DE MARZO

REGULAMENTO XERAL. Art. 1. DATA

WE ARE READY EL CORTE INGLÉS - UNIVERSIDADE SANTIAGO DE COMPOSTELA

V CARREIRA SOLIDARIA

Sistema de Notificacións de Galicia Notifica.gal. Elaborado por : Área de Modernización Versión 02.02

Información e instrucións para realizar solicitudes web

deporte de Orientación

Dereitos e deberes. Co financiamento de:

CONCELLERÍA DE DEPORTES EVENTOS DEPORTIVOS CALENDARIO, INSTRUCIÓNS, SOLICITUDE E TRAMITACIÓN

Criterios para a promoción e titulación na ESO. IES Xunqueira I.

REGULAMENTO I TRIATLÓN ATLÁNTICO BAIONA 2015 (ITAB)

Estas vantaxes e/ou descontos serán aplicados a toda a clientela que sexa titular dunha tarxeta benvida, sen ningún requisito a maiores.

II Gran Premio Tríatlon Pobra do Caramiñal - 20 Maio Regulamento. REGULAMENTO E RUTOMETRO Domingo 20 de Maio do 2018

Cidade da Ciencia e a Innovación 2012 IX CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

2.- A utilización das pistas axustarase ás condicións da autorización e ós horarios aprobados.

XIMNASIA RÍTMICA XOGOS GALEGOS DEPORTIVOS EN IDADE ESCOLAR

BASES DO VII CONCURSO DE DISFRACES E COMPARSAS ENTROIDO BEGONTE 2018

5. O Xurado entregará un PRIMEIRO, SEGUNDO E TERCEIRO PREMIO en forma de AGASALLOS.

X PREMIO DIARIO CULTURAL DE TEATRO RADIOFÓNICO OBXECTO:

TORNEO DE NADAL CONCELLO DE VIGO 2016

Ordenanzas fiscais Páxina 1

REGULAMENTO PARTICULAR XVI KARTING SERRA DE OUTES

BASES PARA A SELECCIÓN DE TÉCNICOS/AS MEDIOS EN F.P. ESPECÍFICA PARA A SÚA PARTICIPACIÓN NA PRIMEIRA CONVOCATORIA

Programa de Vacacións IMSERSO - FADEMGA Plena inclusión Galicia

ASOCIACIÓN DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL DE ARTEIXO SERVICIO DE SALVAMENTO 2013

I CHALLENGE JUNIOR CARBALLO TROFEO CONCELLO DE CARBALLO

REGULAMENTO DA VII TRAVESÍA A NADO DENDE CABO UDRA A PRAIA DE PESCADOIRA

MODALIDADE BÁSICA PLUS BÁSICA PLUS BÁSICA PLUS

10K CARBALLO VIII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CARBALLO REGULAMENTO

Asistente web para a solicitude

DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 Martes, 23 de xuño de 2009

Aprobado en Consello de Goberno do 10 de outubro de 2016 EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A Consellería encargou a AFIPRODEL a elección dos 5 representantes, da rede de AEDL, acordándose a reserva dun deles para un membro desta asociación.

PROXECTO RUNAS REQUIRIMENTOS DE PARTICIPACIÓN. Son requirimentos de participación os seguintes:

CIRCULAR 6/2017(Inclúe caixóns de saída)

Transcripción:

ANEXO I XXXV CARREIRA POPULAR SAN XIAO A XXXV CARREIRA POPULAR SAN XIAO, organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Ferrol co control técnico da Delegación en Ferrol da Federación Galega de Atletismo, terá lugar o domingo 14 de xaneiro de 2018 a partir das 11.00 h da mañá. A proba está suxeita ás seguintes normas: 1. A saída e a chegada situaranse nas proximidades do Pavillón Municipal de Esteiro. 2. A proba discorrerá por un circuíto de acordo co plano deseñado anexo a este regulamento. 3. A organización contará coa axuda da Policía Local, Protección Civil, persoal do Servizo de Deportes e voluntarios, que regularan o tránsito o longo do percorrido. 4. Prohíbese o acompañamento dos participantes e o uso de coches de apoio. O incumprimento desta norma implicará a inmediata descualificación dos corredores que a infrinxisen. Os únicos vehículos autorizados que poderán seguir a proba serán os das forzas de seguridade e os de apoio a organización, que irán debidamente identificados. 5. A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces, que establecerá os correspondentes controis ao longo do circuíto 6. O percorrido estará sinalizado como mínimo cada quilómetro. 7. No percorrido estableceranse controis, así como un posto de avituallamento. 8. O control de chegada pecharase unha hora despois de que entre en meta o primeiro clasificado. Cando un participante exceda o tempo previsto de peche de control (unha hora dende que entre o primeiro clasificado), será avisado pola organización e deberá subir ao coche oficial que pecha a carreira e abandonar a proba coa fin de non entorpecer o tráfico automobilístico e o desenvolvemento da propia actividade. No caso de continuar, farao baixo a súa responsabilidade, debendo cumprir as normas e sinais, e considerarase un usuario máis da vía, e quedará eximida a organización de toda responsabilidade do que puidese acontecer (Regulamento xeral de circulación R.D. 1428/2003). 9. A Organización ten subscrito un seguro colectivo de accidentes e responsabilidade civil. De todos os xeitos, a Organización recoméndalles aos participantes que, con anterioridade á proba, efectúen un recoñecemento médico específico e que realicen un adestramento axeitado para as características desta competición. PÁXINA 1 DE 6

10. CATEGORÍAS: 10.1.- CATEGORIAS ABSOLUTAS: Establécense as seguintes categorías masculinas e femininas: Xuvenil mulleres e homes nados nos anos 2001 e 2002 Júnior mulleres e homes nados nos anos 1999 e 2000 Promesa mulleres e homes nados nos anos 1996, 1997 e 1998 Sénior de 1995 a 1983 Veterano 1 de 1978 a 1982 Veterano 2 de 1976 a 1968 Veterano 3 de 1967 a 1958 Veterano 4 de 1957 a 1903 Cadeira de rodas* Handbike* Discapacitados visuais*. * Considéranse categorías non oficiais da F.G.A. O percorrido será de 10.000 metros aproximadamente, e discorrerá polo Concello de Ferrol. Inscricións. As inscricións das categorías absolutas poderán efectuarse a partir do día 19 de decembro ata as 22.00 h do día 10 de xaneiro a través da páxina web habilitada pola organización ou ata o fin de dorsais. Poránse a disposición das persoas interesadas un máximo de 1.200 dorsais. Non se admitirá outra vía de inscrición que a sinalada anteriormente. A retirada de chips e dorsais poderase efectuar ao longo do sábado 13 (de 9.30 a 13.30) no Pavillón polideportivo da Malata así como o domingo 14 de xaneiro, dende as 8.00 ata as 10:30 horas no pavillón de Esteiro. O acto de recollida de dorsal e chips entenderase como confirmación da participación. A organización non se fai responsable das consecuencias derivadas dunha inscrición defectuosa ou errónea por parte dos corredores ou a persoa na que deleguen. No caso dos atletas discapacitados, deberán facer constar a circunstancia no momento da inscrición así como entregar copia da licenza coa valoración da discapacidade recoñecida. PÁXINA 2 DE 6

CADEIRAS DE RODAS E HANDBIKE As cadeiras deberán ter un mínimo de 2 rodas grandes e 1 pequena. Non se permitirá a participación en cadeiras de rodas de paseo, que non foran deseñadas para a actividade de atletismo. Os atletas aseguraranse que ningunha parte dos seus membros inferiores toquen o chan durante a carreira. Será responsabilidade do competidor que a cadeira de rodas estea conforme ás regras enriba indicadas e de non demorar a carreira mentres fai os axustes á cadeira. Todos os atletas en cadeiras de rodas levarán obrigatoriamente casco durante toda a carreira. O desprazamento mediante algún método, excepto o empuxe do corredor sobre as rodas ou aros de impulsión suporía a descualificación. DISCAPACIDADE VISUAL Todos os atletas deberán obrigatoriamente participar cun guía. Este guía identificarase cun peto de cor brillante facilitado pola organización. Se algún atleta con discapacidade visual non ten guía, a organización non permitirá participar na proba, por motivos de seguridade. Cando o corredor con discapacidade visual cruce a liña de chegada o guía deberá estar por detrás del. O método de guía poderá ser elixido polo atleta. Poderá escoller entre ser dirixido por un guía que lle suxeite o cóbado, ou por medio de atadura ou ben correr sen suxeición. Non se permitirá soster o atleta, suxeitarase da súa roupa ou atar as mans do atleta coas dos guía. A atadura deberá deixar un espazo de polo menos 5 cm entre as mans do atleta e as do guía. Ademais o corredor poderá recibir instrucións verbais do guía. Os guías non poderán usar bicicleta ou outros medios mecánicos de transporte. O guía non poderá en ningún momento tirar do atleta ou empurralo para darlle impulso. A infracción suporá a descualificación. Independentemente de que se empregue atadura ou non, entre o atleta e o guía non poderá haber en ningún momento unha distancia maior de 0,50 m PÁXINA 3 DE 6

10. 2.- CATEGORÍAS ESCOLARES Establécense as seguintes categorías masculinas e femininas: Benxamín Nados/as nos anos 2009 e 2010 Alevín Nados/as nos anos 2007 e 2008 Infantil Nados/as nos anos 2005 e 2006 Cadete Nados/as nos anos 2003 e 2004 As distancias para percorrer por categoría serán as seguintes: Horario Categorías Ano de nacemento 4ª xornada * Cadete masculino 2004 2003 3000 * Cadete feminino 2004 2003 3000 * Infantil masculino. 2005 2006 2000 * Infantil feminino 2005 2006 2000 * Alevín masculino 2007 2008 1000 * Alevín feminino 2007 2008 1000 * Benxamín masculino / feminino 2010 2009 800 * Pendente de confirmación a consultar na web da delegación ferrolá da Federación Galega de Atletismo www.fgatletismo.es/ferrol, Na categoría escolar son de aplicación as Bases do XVIII Circuíto Ferrolán de Carreiras Populares e de Campo a través (esta proba está incluída dentro do circuíto). INSCRICIÓNS. Para participar nesta proba, deberanse inscribir os participantes a través da seguinte dirección no formulario da páxina Web da delegación www.fgatletismo.es/ferrol, o máis tarde, o mércores anterior á carreira. Lembramos que a carreira popular XXXV CARREIRA POPULAR SAN XIAO é tamén unha proba do XVIII Circuíto Ferrolán de Carreiras Populares e Campo a Través, evento que forma parte do Programa Xogade, polo que será requisito indispensable de cara á participación e puntuación no citado circuito 1, inscribir os nenos no programa www.deporteescolargalego.com. Así mesmo lembramos que no caso dos colexios, tal e como describe o art. 4 do Regulamento do XVIII Circuíto Ferrolán de Carreiras Populares e Campo a Través, ademais de efectuar a inscrición de cada un dos participantes, deberase remitir un listado por categoría e sexo de todas as persoas participantes de cada centro, que deberá estar asinado polo/a director/a de cada 1 Só para nenos/as participantes co seus clubs ou colexios no XVI Circuíto Ferrolán de Carreiras Populares e de Campo a través PÁXINA 4 DE 6

centro, ao Negociado de Deportes do Concello de Ferrol o máis tarde o mércores anterior á xornada. 11.- Premios. A organización premiará as tres primeiras persoas clasificadas de cada categoría das absolutas e escolares. A entrega de trofeos realizarase ao finalizar a carreira. Estimase sobre ás 13:00 h. 12.- Dado o espírito estritamente deportivo e popular desta proba, non se admitirán reclamacións. 13.- O Concello de Deportes do Concello de Ferrol e a Federación Galega de Atletismo non se fan responsables dos danos morais ou materiais sufridos polas persoas participantes nesta proba ou que estas ocasionen a outras persoas. 14.- A organización poderá modificar este regulamento ou o circuíto polo que discorrerá a carreira sen aviso previo. Así mesmo, resérvase a facultade de decidir sobre calquera circunstancia ou aspecto que non se considere neste regulamento. 15.- Ao se inscribiren, todos os corredores aceptan a publicación do seu nome e a súa imaxe nas clasificacións, medios de comunicación ou en internet. De igual maneira, mediante a inscrición o/a corredor/a consente expresamente que os seus datos sexan empregados pola organización para comunicacións respecto da súa actividade. En calquera caso, tal e como establece a Lei de protección de datos de carácter persoal, as persoas interesadas poden exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición a través dun escrito ou correo electrónico dirixido ao Servizo de Deportes do Concello de Ferrol, praza de Armas s/n, 15402 Ferrol, <deportes@ferrol.es>. 16.- Coa inscrición na proba enténdense aceptadas todas as normas e demais consideracións reflectidas neste regulamento. 17.- Disporase de servizo de duchas e gardarroupa no Pavillón Municipal de Esteiro. PÁXINA 5 DE 6

PÁXINA 6 DE 6