Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

Documentos relacionados
Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

Proxecto de Orde do de de 2015, pola que se crea e se regulan as funcións, a composición e funcionamento do Consello de Bioética de Galicia.

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Decreto /, do de, polo que se regula a composición e funcionamento do Consello de Arquivos de Galicia.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Normativa xeral Páxina 1

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE INTERCENTROS XUNTA DE GALICIA DA ADMINISTRACIÓN XERAL DA

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

DISPOÑO: Primeiro.- Obxecto.

Decreto 39/2007, de 8 marzo. Regula la composición y funcionamiento de las comisiones territoriales del Patrimonio Histórico Gallego

Así na reunión deste órgano, celebrada o 20 de decembro de 2016, acordouse levar a cabo a modificación da devandita Orde do 20 de maio de 2008.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE IGUALDADE

NORMATIVA REGULADORA DOS CONCURSOS DE ACCESO AOS CORPOS DOCENTES UNIVERSITARIOS E DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

Guía de procedementos e servizos

Consello Galego de Participación das Mulleres no Ámbito do Emprego e as Relacións Laborais

Lei 1/2008, do 17 de abril, de creación do Colexio Profesional de Detectives Privados e Privadas de Galicia.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2013 Páx. 1349

LICENCIA DE APERTURA DE ESTABLECIMIENTO.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Por unha parte, inclúense as fundacións que estivesen constituídas maioritariamente ou na súa totalidade

CONVOCATORIA DOS PROGRAMAS DE TECNIFICACIÓN E RENDEMENTO DEPORTIVO NO CENTRO GALEGO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA CURSO 2012/13

Regulamento de Constitución e Funcionamento do Consello Municipal da Muller

En base ó establecido con anterioridade DISPOÑO: Artigo 1.- Obxecto

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE FOMENTO

6.978 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 84 L Mércores, 3 de maio de 2006

DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx

ACORDAN Capítulo I Réxime de prestación de servizos

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

DOG Núm. 229 Mércores, 30 de novembro de 2011 Páx

5. Estrutura organizativa e de responsabilidades

DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx

REGULAMENTO DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGOA DE COMPOSTELA

Nº 251 Venres, 31 de decembro de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

(LUGO) CAPÍTULO II. lexislativo. O Consello Local da. Igualdade loita. Artigo 2. Marco. Artigo 3. Ámbito. O ámbito. Funcións. Artigo 4.

Comisións de Servizo por conciliación da vida laboral e familiar

Decreto 46/2007, de 8 marzo. Regula la composición y funcionamiento del Comité Asesor del Camino de Santiago

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Emprego público. Artigo x. Modificación da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A SELECCIÓN, TRANSFERENCIA DA CUSTODIA E O ACCESO AOS DOCUMENTOS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

1. LICENZA PARA ASUNTOS PROPIOS 3. LICENZA EXTRAORDINARIA POR NOMEAMENTO COMO FUNCIONARIO/A EN PRÁCTICAS 4. LICENZA PARA FORMACIÓN E PERFECCIONAMENTO

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

Por todo isto, esta consellería,

A Consellería encargou a AFIPRODEL a elección dos 5 representantes, da rede de AEDL, acordándose a reserva dun deles para un membro desta asociación.

Informe da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación relativo á transparencia no Sector público autonómico de Galicia. Ano 2016.

HORARIO DO PROFESORADO DAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS (E.O.I)

Programa I. Promoción do emprego autónomo (TR341J)

Estas vantaxes e/ou descontos serán aplicados a toda a clientela que sexa titular dunha tarxeta benvida, sen ningún requisito a maiores.

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

Instrucións e procedemento para racionalizar os horarios dos estudos do Grao en Dereito

DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx

DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2018 Páx

Nº 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2011 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 1.169

INFORME DE LEGALIDADE SOBRE O PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN DA OFICINA XUDICIAL EN GALICIA

INFORME ANUAL 2017 DO GRAO DE CUMPRIMENTO DOS ACORDOS APROBADOS NO PARLAMENTO DE GALICIA NA X LEXISLATURA

Decreto 132/1984, do 6 de setembro, polo que se establece o procedemento para a fixación ou recuperación da toponimia de Galicia (DOG do ).

Convocatoria de cursos de formación en linguaxe xurídica galega

por Resolución do 25 de abril de 2016 e pola Orde XUS/704/2016 (Diario Oficial de

Orde do.de xullo de 2017 pola que se desenvolve o Decreto 60/2017, do 22 de xuño, de reorganización de centros docentes de determinadas localidades.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA 1

ACORDO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS. PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PLAN DE ESTABILIDADE NO EMPREGO DOS SERVIZOS PÚBLICOS

Edificio Administrativo San Caetano, 1-2º SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono Fax

DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2016 Páx

Orixe: Dirección Xeral da División de Recursos Humanos do Sergas.

NUM-CONSULTA: V ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO DATA DE SAIDA: 12/05/2014 NORMATIVA:

TU987B - Inicio de actividade de albergues turísticos ou dos albergues de peregrinos do Camiño de Santiago.

Proxecto TÍTULO IV: MEDIDAS PROVISIONAIS DE ORDENACIÓN URBANÍSTICA. Lei de acompañamento

B o l e t í n M a r z o A P E G a l i c i a

Informe da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación relativo á transparencia no Sector público autonómico de Galicia.

HORARIO DO PROFESORADO DAS ESCOLAS DE ARTE E SUPERIORES DE DESEÑO (EART)

Lei 7/1988, do 12 de xullo, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais

Orde do...de.. de 2016, pola que se regula a organización, funcionamento e composición da Mesa da Madeira

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA INSTALACION DE QUIOSCOS NA VIA PUBLICA

PROCEDEMENTO PARA A SELECCIÓN TEMPORAL PERSOAL FACULTATIVO ESPECIALISTA DE ÁREA BASES

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 117 Luns, 20 de xuño de 2011 Páx

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

NORMATIVA DA UNIVERSIDADE DE VIGO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL CON CARGO A ACTIVIDADES DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E INNOVACIÓN (I+D+i)

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Santiago de Compostela, dezasete de marzo de dous mil dezasete REUNIDOS

PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE CREA A COMISIÓN INTERDEPARTAMENTAL DO CAMIÑO DE SANTIAGO

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Transcripción:

Proxecto de decreto.../2017, do... de..., polo que se regula a composición e funcionamento dos Consellos Territoriais de Patrimonio Cultural de Galicia, do Consello Asesor dos Camiños de Santiago e da Comisión Técnica de Arqueoloxía. A Comunidade Autónoma de Galicia ten competencia exclusiva en materia de patrimonio histórico, artístico, arquitectónico e arqueolóxico de interese para a comunidade, sen prexuízo do que dispón o artigo 149.1º.28 da Constitución, o que implica a potestade lexislativa, regulamentaria e a función executiva, segundo o disposto nos artigos 27.18º e 37 do seu Estatuto de autonomía. En exercicio desa competencia, aprobouse a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia. O seu artigo 7 dispoñía que regulamentariamente se establecería a composición e o funcionamento dos órganos asesores da Consellería de Cultura, entre os cales se incluían as comisións territoriais do patrimonio histórico e a Comisión Técnica de Arqueoloxía. Posteriormente, a Lei 3/1996, do 10 de maio, de protección dos camiños de Santiago creou no seu artigo 30 o Comité Asesor do Camiño de Santiago, como órgano consultivo da Consellería de Cultura. En desenvolvemento destas previsións normativas, foron aprobándose diversos decretos que regulaban a composición e funcionamento destes órganos asesores e consultivos. O Decreto 39/2007, do 8 de marzo, polo que se regula a composición e o funcionamento das comisións territoriais do Patrimonio Histórico Galego, estableceu o réxime de funcionamento das ditas comisións territoriais, e o Decreto 46/2007, do 8 de marzo, regulou a composición e o funcionamento do Comité Asesor do Camiño de Santiago. A Comisión Técnica de Arqueoloxía contaba xa cunha regulación previa, a través da Orde do 12 de abril de 1983, pola que se creou o dito órgano e se estableceu a súa composición e o seu réxime de funcionamento. O transcurso do tempo dende a súa aprobación, os cambios normativos xerais, así como a experiencia acadada nestes anos na xestión do patrimonio cultural provocaron unha modificación deste marco normativo, aprobándose a nova Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, que derrogou as anteriores leis 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia e 3/1996, do 10 de maio, de protección dos camiños de Santiago, creando un novo marco normativo na protección do patrimonio cultural.

O artigo 7 da dita Lei 5/2016, do 4 de maio, regula os órganos asesores en materia de patrimonio cultural de Galicia, recollendo entre os ditos órganos os Consellos Territoriais de Patrimonio Cultural de Galicia, o Consello Asesor dos Camiños de Santiago e a Comisión Técnica de Arqueoloxía. Estes tres órganos veñen a substituír, respectivamente, ás comisións territoriais do patrimonio histórico, ao Comité Asesor do Camiño de Santiago, e á antiga Comisión Técnica de Arqueoloxía. Porén, para adaptar os ditos órganos a actual normativa en materia de patrimonio cultural, así como a nova normativa existente en materia de organización, actuación e racionalización administrativa, resulta necesario proceder a unha nova regulación da súa composición e funcións. Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, de acordo co/oído o ditame do Consello Consultivo e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do..., Artigo 1. Natureza DISPOÑO: TÍTULO I Consellos Territoriais de Patrimonio Cultural de Galicia 1. Os Consellos Territoriais de Patrimonio Cultural de Galicia son órganos asesores colexiados da consellería con competencias en materia de patrimonio cultural, que dependen organicamente da Dirección Xeral con competencias en materia de patrimonio cultural e funcionalmente de cada unha das xefaturas territoriais da consellería con competencias en materia de patrimonio cultural. 2. A consulta aos Consellos Territoriais de Patrimonio Cultural de Galicia será preceptiva cando unha norma así o prevea, e facultativa nos demais casos. Os seus acordos non serán vinculantes, salvo que a normativa vixente estableza expresamente o contrario. 3. As resolucións e demais actos da Dirección Xeral con competencias en materia de Patrimonio Cultural sobre asuntos en que teñan intervido os consellos territoriais expresarán se son acordados consonte o informe do Consello Territorial de Patrimonio Cultural ou se apartan del, mediante o uso das fórmulas «de acordo co Consello Territorial de Patrimonio Cultural» ou ben «oído o Consello Territorial de Patrimonio Cultural» respectivamente. Neste último caso, deberá motivarse suficientemente.

4. En todo o non regulado neste decreto será de aplicación o establecido na sección 3ª, do capítulo I, do título I da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e na sección 3ª, do capítulo II, do título preliminar da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. Artigo 2. Composición 1. Os Consellos Territoriais de Patrimonio Cultural estarán integrados polo/a presidente ou presidenta, o vicepresidente ou vicepresidenta e as persoas que ocupen as vogalías. 2. Actuará como presidente ou presidenta a persoa titular da Dirección Xeral competente en materia de patrimonio cultural. 3. Actuará como vicepresidente/a a persoa titular da xefatura territorial correspondente da Consellería competente en materia de patrimonio cultural. 4. Serán vogais de cada un dos Consellos Territoriais de Patrimonio Cultural: a) A persoa titular do Servizo con competencias en materia de patrimonio cultural da Xefatura Territorial correspondente. b) Unha persoa en representación da consellería competente en materia de urbanismo. c) Unha persoa en representación do Consello da Cultura Galega. d) Unha persoa en representación da Federación Galega de Municipios e Provincias. e) Unha persoa de recoñecido prestixio e coñecemento en materia de patrimonio cultural, designada pola persoa titular da Dirección Xeral competente en materia de patrimonio cultural. 5. Actuará como secretario ou secretaria a persoa titular do Servizo da Xefatura Territorial correspondente con competencias en materia de patrimonio cultural. En función das necesidades, poderá asistir ás reunións, sen voz e sen voto, unha persoa funcionaria nomeada pola presidencia para axudar nas funcións propias da secretaría. 6. En función das necesidades, poderá asistir ás reunións, con voz e sen voto, un/unha arqueólogo/a da Xefatura Territorial correspondente, designado pola presidencia. Artigo 3. Funcións Son funcións dos Consellos Territoriais de Patrimonio Cultural, con competencia dentro do ámbito territorial respectivo das provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra:

a) Emitir ditame sobre os expedientes de proxectos de obras e intervencións que afecten os bens inmobles incluídos no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, salvo os que refiran a intervencións de mantemento e conservación preventiva. Non se entenden incluídas aquelas intervencións ou obras que se leven a cabo no seu contorno de protección ou zona de amortecemento. Quedan excepcionados aqueles que promova directamente a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, os que afecten ao patrimonio artístico ou arqueolóxico ou ao patrimonio da Igrexa Católica, os conxuntos históricos declarados de interese cultural que teñan aprobado un plan especial de protección, e aqueles que correspondan ao Consello Asesor dos Camiños de Santiago. O consello territorial informará á Dirección Xeral competente en materia de patrimonio cultural de todas as intervencións e proxectos informados relativos a bens de interese cultural. b) Asesorar e emitir os informes ou ditames que, dentro do seu ámbito territorial, lles sexan solicitados pola Dirección Xeral competente en materia de Patrimonio Cultural sobre as avaliacións de impacto ambiental e o planeamento urbanístico, programas e plans que poidan afectar os bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia, así como calquera outro tipo de pronunciamentos, por requirimento da propia Dirección Xeral, nas materias que pola súa complexidade poidan precisar dun especial asesoramento. c) Elevar proposta razoada para a incoación de expedientes de declaración de ben de interese cultural, e de inclusión de bens no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia, así como informar sobre as propostas efectuadas a este respecto por outros organismos ou por particulares cando así llo solicite a Dirección Xeral competente en materia de patrimonio cultural. d) Emitir ditame sobre os expedientes de exclusión dun ben do Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia. e) Calquera outra función que lle veña atribuída pola lexislación vixente Artigo 4. Tramitación de expedientes 1. Para admitir un expediente para os efectos do seu exame ou ditame polos consellos territoriais, será necesaria a presentación da documentación que se determinará na normativa de desenvolvemento deste decreto. 2. As solicitudes deberán ser dirixidas á xefatura territorial correspondente da Consellería competente en materia de patrimonio cultural, para o seu exame e informe polos servizos técnicos competentes da xefatura territorial correspondente.

3. Cando a solicitude e a documentación que a acompaña non se presente por medios electrónicos, deberá remitirse igualmente unha copia da documentación técnica en soporte electrónico. 4. Se os servizos técnicos da Xefatura Territorial entenden que a solicitude non reúne os requisitos a que se refire este artigo ou os exixidos na normativa vixente, requirirase o interesado para que corrixa a falta ou achegue os documentos preceptivos, no prazo máximo dun mes desde a súa notificación, coa advertencia de que, de non facelo así, entenderase por desistido da súa solicitude, logo da correspondente resolución. 5. Unha vez recibida unha solicitude de autorización que deba ser informada polos consellos territoriais, os servizos técnicos da xefatura territorial da consellería competente en materia de patrimonio cultural, elaborarán un informe técnico que se pronuncie sobre o proxecto. O pronunciamento do consello territorial concretarase nun ditame favorable ou desfavorable á intervención desde a perspectiva da súa compatibilidade cos valores culturais do ben. Artigo 5. Natureza TÍTULO II Consello Asesor dos Camiños de Santiago 1. O Consello Asesor dos Camiños de Santiago é un órgano asesor colexiado adscrito á consellería con competencias en materia de patrimonio cultural, que depende funcionalmente da Dirección Xeral con competencias en materia de patrimonio cultural. 2. A consulta ao Consello Asesor dos Camiños de Santiago será preceptiva cando unha norma así o prevea, e facultativa nos demais casos. Os seus acordos non serán vinculantes, salvo que a normativa vixente estableza expresamente o contrario. 3. As resolucións e demais actos da Dirección Xeral con competencias en materia de Patrimonio Cultural sobre asuntos en que teña intervido o Consello Asesor dos Camiños de Santiago expresarán se son acordados consonte o seu informe ou se apartan del, mediante o uso das fórmulas «de acordo co Consello Asesor dos Camiños de Santiago» ou ben «oído o Consello Asesor dos Camiños de Santiago» respectivamente. Neste último caso, deberá motivarse suficientemente. 4. En todo o non regulado neste decreto será de aplicación o establecido na sección 3ª, do capítulo I, do título I da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e

funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e na sección 3ª, do capítulo II, do título preliminar da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. Artigo 6. Composición O Consello Asesor dos Camiños de Santiago estará integrado polo/a presidente ou presidenta, o vicepresidente ou vicepresidenta e as persoas que ocupen as vogalías. a) Actuará como presidente ou presidenta a persoa titular da Dirección Xeral competente en materia de patrimonio cultural. b) Actuará como vicepresidente/a a persoa titular da subdirección xeral competente en materia de protección dos Camiños de Santiago. Nos casos de vacante, ausencia, imposibilidade ou outra causa legal, o vicepresidente ou vicepresidenta do consello será substituído pola persoa titular da Subdirección Xeral competente en Conservación e Restauración de Bens Culturais. c) Ocuparán as vogalías: 1º. A persoa titular da Subdirección Xeral competente en Conservación e Restauración de Bens Culturais. 2º. A persoa titular do Servizo correspondente de Planeamento e Inventario da Dirección Xeral competente en materia de patrimonio cultural. 3º. Unha persoa en representación da consellería competente en materia de urbanismo. 4º. Unha persoa en representación do Consello da Cultura Galega. 5º. Dúas persoas de recoñecido prestixio e coñecemento en materia dos Camiños de Santiago, designadas pola persoa titular da Dirección Xeral competente en materia de patrimonio cultural. 6º. Unha persoa en representación da Federación Galega de Municipios e Provincias. 7º. Unha persoa en representación do centro directivo da Xunta de Galicia competente en materia de turismo. d) Actuará como secretario ou secretaria, con voz pero sen voto, a persoa titular do Servizo de Protección e Fomento da Dirección Xeral competente en materia de patrimonio cultural. En función das necesidades, poderá asistir ás reunións, sen voz e sen voto, unha persoa funcionaria nomeada pola presidencia para axudar nas funcións propias da secretaría.

Artigo 7. Funcións 1. Emisión de ditames e calquera outro tipo de pronunciamentos, a requirimento da consellería con competencias en materia de patrimonio cultural, nas materias da súa competencia, previstas na normativa reguladora do patrimonio cultural de Galicia. 2. Emitir ditame sobre a proposta do Plan territorial integrado dos Camiños de Santiago ao que se refire a normativa reguladora do patrimonio cultural de Galicia. 3. A emisión de ditame con carácter previo e preceptivo nos seguintes supostos: a) Procedementos de autorización pola consellería con competencias en materia de patrimonio cultural de proxectos de obras de infraestruturas, instalacións e construcións que pretendan ubicarse no territorio histórico do Camiño de Santiago. b) Procedementos de autorización pola consellería con competencias en materia de patrimonio cultural de proxectos de obras e intervencións que afecten os bens inmobles incluídos no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, de xeito individualizado, salvo os que refiran a intervencións de mantemento e conservación preventiva. Non se entenden incluídas aquelas intervencións ou obras que se leven a cabo no seu contorno de protección ou zona de amortecemento. Quedan excepcionados aqueles que promova directamente a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, os que afecten ao patrimonio artístico ou arqueolóxico ou ao patrimonio da Igrexa Católica, e aos conxuntos históricos declarados de interese cultural que teñan aprobado un plan especial de protección. c) Procedementos de delimitación e deslinde dos tramos do Camiño de Santiago, así como de modificación dos trazados. d) Procedementos de declaración de ben de interese cultural de rutas do Camiño de Santiago. 4. Calquera outra función que lle veña atribuída pola lexislación vixente. Artigo 8. Tramitación de expedientes 1. Para admitir un expediente para os efectos do seu exame ou ditame polo consello asesor, será necesaria a presentación da documentación que se determinará na normativa de desenvolvemento deste decreto. 2. As solicitudes deberán ser dirixidas á Dirección Xeral competente en materia de patrimonio cultural, para o seu exame e informe polos seus servizos técnicos.

3. Cando a solicitude e a documentación que a acompaña non se presente por medios electrónicos, deberá remitirse igualmente unha copia da documentación técnica en soporte electrónico. 4. Se os servizos técnicos entenden que a solicitude non reúne os requisitos a que se refire este artigo ou os exixidos na normativa vixente, requirirase o interesado para que corrixa a falta ou achegue os documentos preceptivos, no prazo máximo dun mes desde a súa notificación, coa advertencia de que, de non facelo así, entenderase por desistido da súa solicitude, logo da correspondente resolución. 5. Unha vez recibida unha solicitude de autorización que deba ser informada polo consello asesor, os servizos técnicos da Dirección Xeral competente en materia de patrimonio cultural, elaborarán un informe técnico que se pronuncie sobre o proxecto. O pronunciamento do consello asesor concretarase nun ditame favorable ou desfavorable á intervención desde a perspectiva da súa compatibilidade cos valores culturais do ben. Artigo 9. Natureza TÍTULO III Comisión Técnica de Arqueoloxía 1. A Comisión Técnica de Arqueoloxía é un órgano asesor colexiado adscrito á consellería con competencias en materia de patrimonio cultural, que depende funcionalmente da Dirección Xeral con competencias en materia de patrimonio cultural. 2. A consulta á Comisión Técnica de Arqueoloxía será preceptiva cando unha norma así o prevea, e facultativa nos demais casos. Os seus acordos non serán vinculantes, salvo que a normativa vixente estableza expresamente o contrario. 3. As resolucións e demais actos da Dirección Xeral con competencias en materia de Patrimonio Cultural sobre asuntos en que teña intervido a Comisión Técnica de Arqueoloxía expresarán se son acordados consonte o seu informe ou se apartan del, mediante o uso das fórmulas «de acordo coa Comisión Técnica de Arqueoloxía» ou ben «oída a Comisión Técnica de Arqueoloxía» respectivamente. Neste último caso, deberá motivarse suficientemente. 4. En todo o non regulado neste decreto será de aplicación o establecido na sección 3ª, do capítulo I, do título I da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e na

sección 3ª, do capítulo II, do título preliminar da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. Artigo 10. Composición 1. A Comisión Técnica de Arqueoloxía estará presidida pola persoa titular do Servizo competente en materia de Arqueoloxía da Dirección Xeral competente en materia de patrimonio cultural. 2. Ocuparán as vogalías: a) Un/unha arqueólogo/a de cada unha das xefaturas territoriais da Consellería competente en materia de patrimonio cultural. b) U/unha arquitecto/a designado pola persoa titular da Dirección Xeral competente en materia de patrimonio cultural. c) Un/unha enxeñeiro/a en representación do centro directivo da Xunta de Galicia con competencias en materia de infraestruturas. d) Unha persoa con recoñecida competencia na área de conservación e restauración designada pola persoa titular da Dirección Xeral competente en materia de patrimonio cultural. e) Unha persoa de recoñecido prestixio e coñecemento en materia de patrimonio cultural, designada pola persoa titular da Dirección Xeral competente en materia de patrimonio cultural. 3. Actuará como secretario/a, con voz e sen voto, unha persoa funcionaria designada pola persoa titular da Dirección Xeral competente en materia de patrimonio cultural, de entre persoal funcionario da Dirección xeral competente en materia de patrimonio cultural. Artigo 11. Funcións A Comisión Técnica de Arqueoloxía exercerá as seguintes funcións: a) Emitir informe nos procedementos de declaración de ben de interese cultural de zonas arqueolóxicas. b) Emitir de informes, ditames e calquera outro tipo de pronunciamentos, a requirimento da dirección xeral competente en materia de patrimonio cultural.

Artigo 12. Tramitación de expedientes 1. Para admitir un expediente para os efectos do seu exame, informe ou ditame pola Comisión Técnica de Arqueoloxía, será necesaria a presentación da documentación que se determinará na normativa de desenvolvemento deste decreto. 2. As solicitudes deberán ser dirixidas á Dirección Xeral competente en materia de patrimonio cultural, para o seu exame e informe polos seus servizos técnicos. 3. Cando a solicitude e a documentación que a acompaña non se presente por medios electrónicos, deberá remitirse igualmente unha copia da documentación técnica en soporte electrónico. 4. Se os servizos técnicos entenden que a solicitude non reúne os requisitos a que se refire este artigo ou os exixidos na normativa vixente, requirirase o interesado para que corrixa a falta ou achegue os documentos preceptivos, no prazo máximo dun mes desde a súa notificación, coa advertencia de que, de non facelo así, entenderase por desistido da súa solicitude, logo da correspondente resolución. 5. Unha vez recibida unha solicitude de autorización que deba ser informada pola Comisión Técnica de Arqueoloxía, os servizos técnicos da Dirección Xeral competente en materia de patrimonio cultural, elaborarán un informe técnico que se pronuncie sobre o proxecto. O pronunciamento da comisión técnica concretarase nun ditame favorable ou desfavorable á intervención desde a perspectiva da súa compatibilidade cos valores culturais do ben. Artigo 13. Nomeamentos e cesamentos TÍTULO IV Normas comúns de funcionamento 1. Os nomeamentos dos membros dos órganos regulados neste decreto, que non o sexan por razón do seu cargo, terán unha duración de catro anos non sendo posible a súa prórroga. 2. O nomeamento e o cesamento dos membros dos órganos regulados neste decreto que non o sexan por razón dos seus cargos, e os seus respectivos suplentes, corresponde persoa titular da Dirección Xeral competente en materia de patrimonio cultural, por proposta das entidades e órganos citados. A designación farase procurando acadar unha presenza equilibrada de mulleres e homes na composición total de cada órgano.

3. A persoa titular da Dirección Xeral competente en materia de patrimonio cultural poderá cesar os membros dos órganos regulados neste decreto polas seguintes causas: a) Renuncia. b) Transcurso do prazo de nomeamento. c) Condena por delito en virtude de sentenza firme. d) Incapacidade declarada por decisión xudicial firme. e) Petición da entidade ou órgano que propuxo o nomeamento. f) Incumprimento grave dos seus deberes. 4. Nos casos de producirse vacantes na composición dos órganos, serán postas en coñecemento da entidade ou organismo a quen representen, para que propoña a designación doutra persoa polo período que restase, se fora o caso, ao vogal inicialmente designado, dentro do prazo dun mes desde que se producise o feito causante. Artigo 14. Presidencia 1. Correspóndelle á presidencia, ademais das funcións enumeradas na normativa de réxime xurídico do sector público, a de dirimir co seu voto os empates, para os efectos de adoptar acordos. 2. En caso de vacante, ausencia, imposibilidade ou outra causa legal, o presidente ou presidenta será substituído/a polo vicepresidente ou vicepresidenta. Nos supostos de ausencia da persoa que ocupe a vicepresidencia, ou nos órganos que non conten con vicepresidencia, será substituído polo membro do órgano de maior xerarquía, antigüidade e idade, por esta orde, dos representantes da Consellería competente en materia de patrimonio cultural. Artigo 15. Vicepresidencia Corresponde á vicepresidencia auxiliar a presidencia no exercicio das súas funcións e realizar cantas outras lle sexan especificamente encomendadas por aquela. Artigo 16. Membros 1. Os membros dos órganos colexiados regulados neste decreto rexeranse, no relativo aos seus dereitos e obrigas, polo disposto na normativa reguladora do réxime do sector público.

2. As persoas que ocupen as vogalías dos órganos colexiados regulados neste decreto non poderán atribuírse as funcións de representación deles, salvo que se lles outorgasen expresamente mediante acordo validamente adoptado, para cada caso concreto, polo propio órgano. 3. Serán motivos de abstención e recusación dos membros dos órganos colexiados regulados neste decreto, os previstos con carácter xeral na normativa de réxime xurídico do sector público. 4. Os membros dos órganos colexiados regulados neste decreto, incluída a persoa que, de ser o caso, axude ao titular da secretaría, terán dereito a percibir unha indemnización en concepto de axudas de custo de acordo coa normativa xeral da Xunta de Galicia. Artigo 17. Secretaría 1. Corresponden á secretaría dos órganos colexiados regulados neste decreto as funcións establecidas na normativa reguladora do réxime do sector público. 2. Nos casos de vacante, ausencia, imposibilidade ou outra causa legal, a secretaría será substituído pola persoa funcionaria designada como suplente no momento do nomeamento, ou, no seu defecto, polo funcionario/a que designe a presidencia. Artigo 18. Réxime de substitucións 1. Os membros dos órganos regulados neste decreto poderán ser substituídos nas reunións polas persoas que cada un deles designen para unha reunión concreta, sempre que o comuniquen á secretaría do órgano antes da súa celebración. A dita comunicación poderá realizarse por medios electrónicos. 2. Nos supostos dos membros dos órganos que non o sexan por razón dos seus cargos, senón por designación, na resolución de designación dos membros titulares do órgano, poderá preverse expresamente a persoa que ocupará a suplencia. 3. No suposto de existir suplentes, tanto por razón do seu cargo como por designación, no caso de que a persoa suplente tamén se atope ausente, o membro titular do órgano poderá proceder conforme ao sinalado no apartado primeiro deste artigo, facendo constar na comunicación á secretaría do órgano a imposibilidade de asistir da persoa suplente.

Artigo 19. Desenvolvemento das sesións 1. Os órganos regulados neste decreto reuniranse en sesións ordinarias e extraordinarias, en primeira ou segunda convocatoria. As sesións ordinarias celebraranse, de existir asuntos que fagan precisa a súa celebración, unha vez ao mes, agás en agosto. As sesións extraordinarias serán convocadas polo presidente ou presidenta do órgano, por propia iniciativa ou por solicitude da metade dos seus membros, caso en que os asuntos que motivaron a dita petición serán incluídos preceptivamente na orde do día da reunión. 2. Para a válida constitución dos órganos regulados neste decreto requirirase, en primeira convocatoria, a asistencia de todos os seus membros, e en segunda convocatoria, a presenza de, polo menos, a metade deles. Entre eles, necesariamente, deberá asistir o presidente ou presidenta ou, se fora o caso, quen o substitúa. Asemade, será precisa a presenza do secretario ou secretaria ou de quen o substitúa. Entenderase producida con carácter automático a segunda convocatoria transcorrida media hora despois da primeira. 3. A adopción de acordos levarase a cabo por votación. Para a válida adopción de acordos requirirase a maioría simple dos votos dos asistentes á sesión con dereito a voto. 4. As convocatorias das sesións cursaranse, salvo que non resulte posible, por medios electrónicos, cunha anticipación mínima de corenta e oito horas, e irán acompañadas da orde do día correspondente e da acta da sesión anterior para os efectos da súa aprobación, se procede. Non poderá ser obxecto de deliberación ou acordo ningún asunto que non figure incluído na orde do día, a non ser que estean presentes todos os membros do órgano, e sexa declarada a urxencia do asunto polo voto favorable da maioría. Artigo 20. Prazo para a emisión de ditames Os ditames dos órganos regulados neste decreto, que se pronunciarán sobre o informe técnico presentado polos técnicos da Dirección Xeral competente en materia de patrimonio cultural ou da Xefatura Territorial correspondente, deberán ditarse no prazo máximo de un mes desde a súa inclusión na orde do día do órgano. Transcorrido o dito prazo sen que se emitise ditame polo órgano, entenderase que este é desfavorable.

Disposicións adicional única. Constitución 1. Os órganos regulados neste decreto constituiranse coa configuración establecida polo presente decreto no prazo dun mes contado desde a súa entrada en vigor. 2. As entidades e organismos a quen corresponda propoñer a designación de representantes nos órganos regulados neste decreto deberán comunicar a súa proposta á dirección xeral competente en materia de patrimonio cultural no prazo de 15 días naturais desde o día de entrada en vigor do presente decreto. Disposición transitoria única. Comisións territoriais do Patrimonio Histórico, o Comité Asesor do Camiño de Santiago e a Comisión Técnica de Arqueoloxía As comisións territoriais do Patrimonio Histórico, o Comité Asesor do Camiño de Santiago e a Comisión Técnica de Arqueoloxía, coa súa actual composición, continuarán coas funcións que tiñan encomendadas ata constitución dos novos órganos regulados neste decreto. Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa Quedan derrogados o Decreto 39/2007, do 8 de marzo, polo que se regula a composición e o funcionamento das comisións territoriais do Patrimonio Histórico Galego, o Decreto 46/2007, do 8 de marzo, polo que se regula a composición e o funcionamento do Comité Asesor do Camiño de Santiago, a Orde do 12 de abril de 1983 pola que se crea a Comisión Técnica de Arqueoloxía, e cantas disposicións de inferior ou igual rango se opoñan ao disposto no presente decreto. Disposición derradeira primeira. Habilitación normativa Facúltase o titular da consellería competente en materia de patrimonio cultural para ditar cantas disposicións sexan necesarias para a execución do disposto no presente decreto. Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor O presente decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.