II CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE MUXÍA

Documentos relacionados
V CARREIRA POPULAR DOLMEN DE DOMBATE

III CARREIRA DE NADAL de Camariñas Domingo 3 de xaneiro de OBXECTIVO DA I CARREIRA DE NADAL DE CAMARIÑAS domingo 3 de XANEIRO

REGULAMENTO 2ª CARREIRA POPULAR

1.- IDEOLOXÍA. Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as como adultos (dende os 3 anos).

Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as como adultos (dende os 3 anos).

5ª CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE FISTERRA 2018

Bases II Circuíto de carreiras populares Arousa Norte

4ª CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE CEE 2017

Proba Oficial da Federación Galega de Atletismo

REGULAMENTO VI NOCTURNA ESTRADENSE 2017

XXXV CARREIRA PEDESTRE POPULAR DA AMAÍA - BRIÓN "V Circuito Carreiras Populares Deputación da Coruña" Sábado 7 de Outubro a partir das 17:00 h

REGULAMENTO VII NOCTURNA ESTRADENSE 2018

BENQUERENCIA TERRA - MAR

VII MEMORIAL MANUEL BERGUEIRO

1. Ideoloxía Probas Categorías, distancias e horarios Percorridos Normativa xeral e de seguridade...

REGULAMENTO VI CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE CAMARIÑAS RERE1

II CARREIRA NOCTURNA RINLO-RIBADEO SÁBADO 18 DE AGOSTO DE 2018 ÁS 21:45

OENACH ATLANTICO SEDES 30 DE XULLO DE CARREIRA POPULAR AO CASTRO 2017 REGULAMENTO

X CARREIRA POLULAR DO SAN SALVADOR - CONCELLO DE BAÑOS DE MOLGAS

BENQUERENCIA TERRA - MAR

IV Circuito de carreiras populares Correndo pola Costa da Morte Regulamento 0

Duatlón Cros de Reis Concello de Vimianzo

IV Circuito de carreiras populares Correndo pola Costa da Morte Regulamento 0

IV Carreira Popular de Mondariz

REGULAMENTO CARREIRA - ANDAINA NOCTURNA SOLIDARIA CASTELO DA LÚA

1. IDEOLOXÍA PROBAS CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS PERCORRIDOS... 5

REGULAMENTO. A competición estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo e formará parte do seu calendario oficial.

XXXIX CARREIRA POPULAR DE PASCUA

ORGANIZAN PARTICIPANTES

XI Carreira Popular Concello de Redondela

XV CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE MOAÑA. Un Atleta unha Arbore.. Moaña 22 de Setembro de 2018

V SAN SILVESTRE PONTESA 2015

1. IDEOLOXÍA PROBAS CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS PERCORRIDOS... 5

1. IDEOLOXÍA PROBAS CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS PERCORRIDOS... 5

III CARREIRA POPULAR FESTA DA AUGARDENTE DE PORTOMARÍN. a carón do río

VI CARREIRA SOLIDARIA DA PISCINA MUNICIPAL DE MUROS - REGULAMENTO -

1.- REGULAMENTO DA VI SAN SILVESTRE SOLIDARIA DE PONTEAREAS e da IV SAN SILVESTRE SOLIDARIA INFANTIL 2017 PREVIO Á CARREIRA

CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS CIRCUITO PRAIA CABÍO A POBRA DO CARAMIÑAL 17/02/2018 REGULAMENTO COMPETICIÓN CAMPO A TRAVÉS

III CARREIRA-ANDAINA SAN SILVESTRE VILALBESA 31 DE DECEMBRO 2017

1. - ORGANIZACIÓN DATA E HORA DE CELEBRACIÓN LUGAR DA PROBA CATEGORÍAS

XXXVI CARREIRA PEDESTRE POPULAR DA AMAÍA BRIÓN "VI Circuito Carreiras Populares Deputación da Coruña" Sábado 6 de Outubro de 2018 a partir das 17:00 h

Control técnico: Comité Gallego de Jueces. de la Federación Gallega de Atletismo. Cronometraje: Cronotec

II CARREIRA-ANDAINA SAN SILVESTRE VILALBESA 31 DE DECEMBRO 2016

REGULAMENTO V CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MOECHE

EDICIÓN I SAN RAMÓN 2015 CARREIRA POPULAR NOCTURNA- VILALBA

X CARREIRA POPULAR CONCELLO DE PADRÓN 2012 REGULAMENTO

IV CARREIRA POPULAR FESTA DA AUGARDENTE DE PORTOMARÍN. a carón do río

IIIª CARREIRA E ANDAINA CONTRA EL CANCER A RÚA DE VALDEORRAS 2018

XXIXª MILLA URBANA O BARCO DE VALDEORRAS

XXIX CARREIRA POPULAR - VOLTA Á RÍA MEMORIAL ADOLFO ROS

CORRENDO POR OURENSE 2012

INSCRIPCIONS: Na Web da RFEA mediante o sistema online ata as 23:00 horas do martes 10 de xaneiro de 2017.

CARREIRA PEDESTRE BATALLA DE CACHEIRAS 2016 CONCELLO DE TEO

III TRAVESÍA VILA DO TEA

Proba Súper-Sprint: Infantil/Cadete, júnior/sub23, absoluta, V1,V2. Proba Sprint: Absoluta -única-

III CIRCUITO DE CARREIRAS AROUSA NORTE 2018

CAMPIONATO GALEGO DE TRÍATLON DE RELEVOS MIXTOS- NIGRÁN 2018

REGULAMENTO. 1. Nome e data: I MAR DE MUROS TRÍATLON Sábado, 2 de xuño do 2018

A V I A M A N

Concello de FRADES Cimadevila, FRADES (A Coruña) Teléfs: y Fax:

II Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple

REGULAMENTO 3ª VOLTA Ó MAZANTEU (CONCELLO DE CARIÑO)

ANEXO I XXXV CARREIRA POPULAR SAN XIAO

CIRCULAR 60/2011 CAMPIONATO GALEGO DE 10 KM EN RUTA V CARREIRA URBANA DE 10 KM CIDADE DA CORUÑA (A CORUÑA 10)

III TRAVESÍA VILA DO TEA

ORGANIZACIÓN DE COMPETICIÓNS DE NATACIÓN POLOS CLUBES E CAMPIONATOS GALEGOS

VIII Milla San Roque, Sada

MEMORIA 5ª BTT DOS CALLOS

Concello de FRADES Cimadevila, FRADES (A Coruña) Teléfs: y Fax:

REGULAMENTO XERAL 7ª CARREIRA PEDESTRE POPULAR COSTA DA MORTE

REGULAMENTO DA IX CARREIRA PEDESTRE SAN BRAIS 2017

REGULAMENTO OFICIAL XV EDICIÓN DA CARREIRA POPULAR LUGO MONUMENTAL 2017 GRAN PREMIO CAIXABANK

REGULAMENTO OFICIAL XVI EDICIÓN DA CARREIRA POPULAR LUGO MONUMENTAL 2018 GRAN PREMIO CAIXABANK

V PEDESTRE DO ANLLÓNS TROFEO DE NADAL. EN CARBALLO, O 30 DE DECEMBRO DE 2017.

REGULAMENTO. 8 de xullo de a) Realizaranse ONLINE a través da páxina web onde se. ARTIGO 1: Data e horario

ANEXO I XXXV CARREIRA POPULAR SAN XIAO

REGULAMENTO. 10 de Abril de ARTIGO 1: Data e horario

REGULAMENTO I TRíATLON BOAMORTE-BIKES SANXENXO 2016

III TRIATLÓN DE MENORES DE SADA 18/06/2017

NORMATIVA. Campionato Galego de Remo Indoor Ferrol, 22 de Xaneiro de 2017 (Domingo)

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS PARQUE DE SALGUEIRIÑOS (SANTIAGO DE COMPOSTELA) SÁBADO, 15 DE FEBREIRO/2014

REGULAMENTO: DESAFÍO SAN MAMEDE DESAFIO SOLIDARIO 20/05/2018

CIRCULAR Nº 31/2007 CAMPIONATO GALEGO DE MEDIA MARATON ABSOLUTO E VETERANOS

REGULAMENTOS CARREIRA SAN MARTIÑO

REGULAMENTOS CARREIRA SAN MARTIÑO

REGULAMENTO DA CARREIRA POPULAR XXXI MEMORIAL ADOLFO ROS VOLTA Á RÍA

CONCELLO DE SANTISO (A CORUÑA)

V TRAIL DE VILATUXE 2017

XXIX CARREIRA POPULAR - VOLTA Á RÍA MEMORIAL ADOLFO ROS

ANEXO: X BAIXADA POPULAR DE CROSS SAN PEDRO DE VISMA - 2/07/2017

DESFILE DE DISFRACES E CARROZAS MARTES 28 DE FEBREIRO ÁS 17:00 HS. VILAGARCÍA DE AROUSA

REGULAMENTO XXXII CARREIRA POPULAR SAN XIAO - UDC 25

Transcripción:

II CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE MUXÍA 22-11-2015

IDEOLOXÍA DA II CARREIRA PEDESTRE DE MUXÍA A ideloxía da II Carreira Pedestre de Muxía e a mesma que a do Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte do que forma parte, correspondendo a derradeira proba do mesmo. Ten por obxectivo fomentar a práctica de actividade física e deportiva como medio para alcanzar unha vida máis saudable. Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as como adultos (dende os 3 anos). CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS CATEGORÍA IDADES DISTANCIAS HORARIOS Pitufo Mixto 2008-2011 350 m aprox. 13:00 H Benxamín 2006-2007 740 m aprox. 12:45 H Alevín 2004-2005 740 m aprox. 12:45 H Infantil 2002-2003 2.390 m aprox. 10:00 H Cadete 2000-2001 2.390 m aprox. 10:00 H Xuvenil 1998-1999 5 km aprox. 10:30 H Absoluta 5k Contra o Cancro 1997 (incluído) e anteriores 10 km aprox. 10:30 H Senior 10k 1976-1997 10 km aprox. 11:15 H M40 1966-1975 10 km aprox. 11:15 H M50 1965 (incluído) e anteriores 10 mk aprox. 11:15 H

NORMATIVA XERAL E DE SEGURIDADE 1. A II Carreira Pedestre Concello de Muxía rexerase pola regulamentación de Seguridade Vial do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, que establece os requisitos esixidos para a celebración de probas deportivas na vía urbana (Real Decreto 1428/2003 do 21 de novembro, publicado no BOE nº 306 do 23 de decembro de 2003 sobre a ocupación da vía pública; e o Real Decreto 849/1993 do 4 de xuño de 2003, sobre a contratación do seguro de responsabilidade civil e de accidentes). 2. A proba estará subscrita ao seguro de responsabilidade civil do Concello de Muxía. Tamén contará cun seguro de accidentes que terá as coberturas mínimas esixidas no Real Decreto 849/1993. 3. A proba contará cun servizo médico-sanitario, que constará dunha ambulancia e un médico se a proba non supera os 750 participantes. 4. A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios, aprazar ou suspender a carreira se así o estima oportuno por razóns de seguridade. 5. No caso de que para o día de celebración da proba se decrete unha alerta laranxa a proba será suspendida automaticamente. Buscarase unha data axeitada para desenvolvela e non se devolverán os cartos dea inscrición. 6. Os atletas que durante o transcurso da proba, circulen por fóra do espazo delimitado polos vehículos de sinalización de inicio e fin de carreira, considéranse a todos os efectos usuarios normais da vía. 7. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá participar de trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da proba. 8. Poderanse efectuar reclamacións ante o Xuiz Árbitro da proba. A participación é libre e leva implícito a aceptación do Regulamento Xeral da proba. O non recollido no mesmo resolverase de acordo, por esta orde, as norma da FGA, RFEA e IAAF en vigor. 9. A organización pon a disposición dos participantes na carreira o Pavillón Polideportivo Municipal de Muxía para que se podan cambiar e duchar. 10. Haberá servizo de garda roupa que estará sito no Pavillón Municipal para @s que decidan cambiarse nesta instalación. 11. A organización da proba pon a disposición dos atletas das probas 10k e 5k Contra o Cancro, un servizo de masaxes para aqueles deportistas que o precisen. 12. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola organización. 13. Descualificacións:

O servizo médico da competición está facultado para retirar durante a proba a calquera atleta que manifeste un mal estado físico. Todo atleta que non realice o percorrido completo. O atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere en protestas ante a Organización DEREITOS DE IMAXE, USO DE DATOS E AUTORIZACIÓNS Os deportistas inscritos comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación. A solicitude de inscrición para os deportistas menores de idade deberá ir acompañada dunha autorización paterna segundo o modelo establecido pola organización. Dito modelo poderase descargar da páxina web do Concello de Muxía así como de www.championchipnorte.com. A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen: O atleta inscrito declara que está en bo estado físico e ten pasado os pertinentes recoñecementos de saúde. Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións especiais,...) deberá facelo constar no reverso do dorsal da proba. O atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e internet,( ) para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito. SISTEMA DE CRONOMETRAXE / CHIPS E DORSAIS Para controlar as probas estableceranse controis de cronometraxe por chip (deberá ir suxeito aos cordóns das zapatillas). Todas as probas, agás a de categoría pitufo, serán cronometradas por Championchipnorte. Será obrigatorio o uso de chip para todas as categorías (facilitado pola organización), agás pitufo. Será obrigatorio o uso de dorsal para todas as categorías (facilitado pola organización). O atleta que non porte o chip non poderá entrar na clasificación da proba nin lle computará na clasificación do circuíto.

O atleta que non porte dorsal poderá ser descualificado se así o estima a dirección de carreira. O horario de apertura das mesa de recollida de dorsais e chips será as 9:00 h e estará ubicada na Casa do Concello. Os corredores de circuíto 10k e 5k Conta o cancro que participan na liga deberán usar obrigatoriamente o chip amarelo. Do mesmo xeito empregarán un único dorsal para todas as probas do circuíto. No caso da perda do chip o atleta deberá mercar outro a través da páxina de Championchip. No caso da perda ou rotura do dorsal, poderá solicitar outro á organización. Non haberá posibilidade de solicitar un terceiro dorsal. Os corredores de carreira e os corredores de categorías base usarán o chip de carreira, que deberán devolver á organización ao remate da mesma. Estes corredores deberán recoller o seu dorsal e chip antes da carreira nas oficinas da planta baixa da Casa do Concello ata 30 minutos antes do inicio de cada proba dende as 9:00h. Os chips son persoais e intransferibles polo que a suplantación da personalidade dos atletas, sancionarase coa expulsión do circuíto do portador e do/a atleta suplantado, anulando todos os dereitos adquiridos coa inscrición no circuíto. INSCRICIÓNS O prazo de inscrición para todas as categorías pecharase o mércores 18 de novembro ás 23:59 h, e non se aceptará ningunha inscrición unha vez rematado dito prazo. As inscricións para os atletas de categorías sénior e veteranos realizaranse a través da páxina web www.championchipnorte.com. Para optar ao diploma conmemorativo do Circuíto en categorías inferiores, é preciso que nas inscricións das diferentes probas o nome, apelidos e data de nacemento coincidan exactamente. É dicir, se non están inscritos exactamente igual, por exemplo unha vez con til e outra sen ela, o sistema considerará que son inscricións diferentes. Así mesmo, deberán achegar a autorización paterna no momento de realizar a inscrición

Existen dous tipos de inscrición para @s atletas adultos: Corredores de circuíto: son os atletas que participan na liga. Os atletas poderán participar no circuíto 10k e 5k Contra o Cancro (deberán especificalo no momento de realizar a inscrición) Teñen que asistir a un mínimo de seis (6) probas do total do circuíto. Deben usar obrigatoriamente chip amarelo e usarán un dorsal único para todo o circuíto. Realizarán a inscrición e o pago unha única vez. As inscricións para os corredores de circuíto pecharanse antes da celebración da cuarta proba puntuable. Corredores de carreira: son atletas (adultos) que só participan de maneira puntual nalgunha das probas do circuíto. Os corredores de carreira poderán inscribirse na proba 10k ou 5k Contra o Cancro (deberán especificalo no momento de realizar a inscrición) Non participan na liga. Deberán realizar a inscrición para aquelas probas nas que queiran participar. Deberán correr cun chip que se lles facilitará no momento da recollida do dorsal e que deberán devolver ao remate da proba. Cotas de inscrición para adultos: A inscrición para os atletas adultos (sénior e veteranos) para unha proba determinada terá un custo de 5 para aqueles corredores que posúan chip, e de 6 para aqueles corredores que deban alugar o chip. Inscricións de Categorías Base: A inscrición para os atletas de categorías base, dende pitufo a xuvenil, serán gratuítas. As inscricións para os atletas benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil poderán realizarse a través de: 1) Plataforma championchip ( www.championchipnorte.com. ) A autorización paterna deberá imprimirse e ser presentada debidamente cuberta e asinada á hora de recoller os dorsais. Dita autorización poderá ser descargada en www.championchipnorte.com ou na páxina do Concello de Muxía.

2) Presentando a autorización paterna asinada no Departamento de Deportes do Concello de Muxía. @s atletas de categoría Pitufo poderán facer a inscrición do seguinte xeito: 1) Enviando un email a diego.castineira@muxia.es coa autorización paterna cuberta e asinada. Á hora de recoller o dorsal deberán presentala impresa e asinada. Dita autorización paterna, poderá descargarse na páxina do Concello de Muxía. 2) Presentando a autorización paterna asinada no Departamento de Deportes do Concello de Muxía CARREIRA 5K CONTRA O CANCRO Unha das novidades da 2ª edición do Circuíto é que este ano na carreira 5K imos colaborar coa Asociación Provincial Contra o Cancro. Deste xeito todo o que se recade coas inscricións desta proba (agás o correspondente ao aluguer ou compra de chips) irá destinado a ese fin e será entregado a dita asociación cando remate o circuíto, na gala de entrega de trofeos. Así mesmo todas aquelas persoas que desexen colaborar coa Asociación Provincial contra o Cancro, sen participar en ningunha competición, poderán facelo inscribíndose no apartado Fila 0 que aparecerá na web www.championchipnorte.com, dentro de cada unha das probas que compoñen o circuíto.

PERCORRIDOS E PERFIL DAS CARREIRAS DAS DIFERENTES CATEGORÍAS CARREIRA PITUFOS: 350 metros aprox. - Saída dende a Rúa Marina (Fronte Raxaría A Marina), en dirección a Berdoias. - Volta na mesma rúa no Paso de Peóns (situado fronte o Banco Popular) e regreso ao lugar de saída (Meta). CARREIRA BENXAMÍN E ALEVÍN: 740 metros aprox. - Saída dende a Rúa Marina (Fronte Raxaría A Marina), en dirección a Berdoias. - Volta na rotonda situada entre a Rúa Marina e a Avda. López Abente e regreso ao lugar de saída (Meta).

CARREIRA INFANTIL E CADETE: 2.390 metros aprox. Farase dando 2 voltas a un circuito circular. - Saída dende a Rúa Marina (Fronte Raxaría A Marina), en dirección a Berdoias. - Xiro a dereita na Avda. López Abente fronte a entrada a Peirao Deportivo. - Circulación pola Avda. López Abente e Rúa Real. - Circulación pola Rúa Real ata a Casa Ramoneu. Xiro a dereita hacia Rúa Marina. - Circulación pola Rúa Marina. Paso pola saída. Dar outra volta. - Xiro a dereita na Avda. López Abente fronte a entrada a Peirao Deportivo. - Circulación pola Avda. López Abente e Rúa Real. - Circulación pola Rúa Real ata a Casa Ramoneu. Xiro a dereita hacia Rúa Marina. - Xiro a dereita en dirección a Saída e Meta. - Chegada a Meta (lugar de saída).

CARREIRA DE XUVENÍS, ADULTOS 5K E 10K: Esta última farase dando 2 voltas a un circuito circular. - Saída dende a Rúa Marina (Fronte Raxaría A Marina), en dirección a Berdoias. - Xiro a dereita na Rúa Manuel Lastres. - Circulación pola Rúa Manuel Lastres hacia as Rúas Castelao e Saúde. - Xirar a esquerda e incorporarse o carril esquerdo da Avda. Doctor Toba (DP-5201). - Xirar e volta polo mesmo carril da mencionada Avda. Doctor Toba (DP-5201), punto indicado máis adiante do campo de fútbol. - Xiro a esquerda no Coído e circulación pola Rúa Ramón Caamaño. - Xiro a esquerda e circulación pola Rúa Atalaia, ata Santuario da Virxe da Barca. - Xiro a dereita pola Estrada Provincial DP-5202 (Rúa Virxe da Barca). - Circulación pola Rúa Virxe da Barca e xiro a esquerda fronte a Casa de Ramoneu, para incorporarse a Rúa Marina. - Xiro a dereita en dirección a Saída e Meta. - Paso polo lugar de Saída e Meta. - Circulación pola Rúa Marina hacia a Rúa Manuel Lastres.

- Xiro a dereita na Rúa Manuel Lastres. - Circulación pola Rúa Manuel Lastres hacia as Rúas Castelao e Saúde. - Xirar a esquerda e incorporarse o carril esquerdo da Avda. Doctor Toba (DP-5201). - Xirar e volta polo mesmo carril da mencionada Avda. Doctor Toba (DP-5201), punto indicado máis adiante do campo de fútbol. - Xiro a esquerda no Coído e circulación pola Rúa Ramón Caamaño. - Xiro a esquerda e circulación pola Rúa Atalaia, ata Santuario da Virxe da Barca. - Xiro a dereita pola Estrada Provincial DP-5202 (Rúa Virxe da Barca). - Circulación pola Rúa Virxe da Barca e xiro a esquerda fronte a Casa de Ramoneu, para incorporarse a Rúa Marina. - Xiro a dereita en dirección a Saída e Meta. - Chegada a Meta. CLASIFICACIÓNS E TROFEOS/MEDALLAS E A SÚA ENTREGA Clasificacións da proba 10K: Optan a esta clasificación tod@s atletas participantes na proba. Recibirán trofeo ou medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as na categorías xeral (os tres primeiros/as que entran en meta) Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ao podio os tres primeir@s clasificad@s en cada unha das categorías, independentemente da súa condición de corredores de carreira ou de corredores de circuíto. Recibiran trofeo e/ou medalla o primeiro e primeira clasificad@ empadroad@ do Concello de Muxía. Clasificacións da proba 5K Contra o Cancro: Optan a esta clasificación tod@s atletas participantes na proba. Recibirán trofeo ou medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as na categoría absoluta (os tres primeiros/as que entran en meta) independientemente da súa condición de corredores de carreira ou corredores de circuíto

Clasificacións das probas de base: Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ao podio os tres primeir@s clasificad@s en cada unha das categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil. Nas categoría pitufo, benxamín e alevín recibirán medalla conmemorativa todos os participantes na proba. A entrega de trofeos farase ao remate da carreira de pitufos, se o tempo o permite, no exterior e no suposto que non fose así, no salón de actos do Edificio de Usos Múltiples. A Organzación desta carreira aproveita a ocasión para agradecer a súa participación.