En Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2017 REUNIDOS

Documentos relacionados
Santiago de Compostela, 3 de febreiro de dous mil dezasete

Santiago de Compostela, dezasete de marzo de dous mil dezasete REUNIDOS

En Santiago de Compostela, once de xaneiro de dous mil trece REUNIDOS

Santiago de Compostela, cinco de decembro de dous mil doce REUNIDOS

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

Santiago de Compostela, nove de marzo de dous mil quince

En Santiago de Compostela, seis de outubro de dous mil dezaseis REUNIDOS

En Santiago de Compostela, a seis de outubro de dous mil dezasete REUNIDOS

En Ferrol, 28 de xuño de dous mil dezaseis

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

Santiago de Compostela, dezanove de setembro de dous mil catorce

Santiago de Compostela, tres de febreiro de dous mil dezaseis

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

En Santiago de Compostela, catorce de setembro de dous mil doce REUNIDOS

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2012 Páx. 4712

DOG Núm. 217 Mércores, 13 de novembro de 2013 Páx

Guía de procedementos e servizos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

Proxecto de Orde do de de 2015, pola que se crea e se regulan as funcións, a composición e funcionamento do Consello de Bioética de Galicia.

Vigo, vintetrés de marzo de dous mil quince REUNIDOS

REUNIDOS. Ambos interveñen en nome e representación das institucións anteditas EXPOÑEN

DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

DOG Núm. 73 Luns, 20 de abril de 2015 Páx CORRECCIÓN de erros. Decreto 52/2015, do 5 de marzo, polo que se regula o transporte sanitario.

Ambos os comparecentes se recoñecen mutuamente plena capacidade para formalizar o presente protocolo de colaboración e, en consecuencia,

DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx

En base ó establecido con anterioridade DISPOÑO: Artigo 1.- Obxecto

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

III CURSO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

REUNIDOS. Da outra, Don Severino Rodríguez Díaz, con DNI G, en calidade de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Asdo.: Lourdes Buxaderas Juega

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

H CONSELLERíA DE SANIDADE

DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx

PROCEDEMENTO P-PRL 17

Nº 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2011 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 1.169

DECLARACIÓN RESPONSABLE PARA A ACTUACIÓN DE AXENCIAS DE COLOCACIÓN

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx ORDE do 11 de maio de 2015 pola que se crea o Rexistro Galego do Infarto Agudo de Miocardio.

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO,E A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA REUNIDOS

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

DOG Núm. 117 Luns, 20 de xuño de 2011 Páx

DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2013 Páx. 1349

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS. Nº 157 Xoves, 14 de agosto de 2008 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

Santiago de Compostela,... de... de... REUNIDOS

En Santiago de Compostela, trece de abril de dous mil dez REUNIDOS

Estas vantaxes e/ou descontos serán aplicados a toda a clientela que sexa titular dunha tarxeta benvida, sen ningún requisito a maiores.

MODELO DE CONVENIO DE ADHESIÓN

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

Valorarase a puntuación obtida neste exercicio correspondente á última oposición da categoría.

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

En consecuencia, como director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, RESOLVO:

Convocatoria de cursos de formación en linguaxe xurídica galega

DOG Núm. 120 Xoves, 23 de xuño de 2011 Páx CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

Estrada vella de Madrid 160. Tel: Fax:

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

ACORDO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS. PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PLAN DE ESTABILIDADE NO EMPREGO DOS SERVIZOS PÚBLICOS

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

FACULTADE DE MATEMÁTICAS CONVOCATORIA PRÁCTICAS CURSO

Así na reunión deste órgano, celebrada o 20 de decembro de 2016, acordouse levar a cabo a modificación da devandita Orde do 20 de maio de 2008.

DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2018 Páx

5. Estrutura organizativa e de responsabilidades

DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2012 Páx. 4500

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

Comisións de Servizo por conciliación da vida laboral e familiar

DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx

Nº 251 Venres, 31 de decembro de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

Lei 1/2008, do 17 de abril, de creación do Colexio Profesional de Detectives Privados e Privadas de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de maio de dous mil quince REUNIDOS

PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á PROMOCIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO DE CAMBADOS 2018

DISPOÑO: Primeiro.- Obxecto.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Por unha parte, inclúense as fundacións que estivesen constituídas maioritariamente ou na súa totalidade

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016 R E U N I D O S

INFORME ANUAL 2017 DO GRAO DE CUMPRIMENTO DOS ACORDOS APROBADOS NO PARLAMENTO DE GALICIA NA X LEXISLATURA

En Santiago de Compostela, a 23 de maio de dous mil dezaseis REUNIDOS

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

Santiago de Compostela, dous de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

CONCELLO DE BEGONTE 1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA

TU987B - Inicio de actividade de albergues turísticos ou dos albergues de peregrinos do Camiño de Santiago.

ACORDAN. A incorporación do persoal do Consorcio ao Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia realizarase do seguinte xeito:

Informe da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación relativo á transparencia no Sector público autonómico de Galicia. Ano 2016.

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

LICENCIA DE APERTURA DE ESTABLECIMIENTO.

Normativa xeral Páxina 1

2) INFORME ACREDITATIVO DA INSERCIÓN SOCIAL DO/DA TRABALLADOR/A ESTRANXEIRO/A: 2.1. Tempo de permanencia en España do/da estranxeiro/a interesado/a:

Orixe: Dirección Xeral da División de Recursos Humanos do Sergas.

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

DOG Núm. 109 Xoves, 9 de xuño de 2016 Páx

DOG Núm. 233 Xoves, 4 de decembro de 2014 Páx

Transcripción:

Acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Servizo Galego de Saúde para o desenvolvemento nos centros hospitalarios da Comunidade Autónoma de Galicia, dun programa formativo de prácticas complementarias destinado ao alumnado do Ciclo Medio de Farmacia e Parafarmacia En Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2017 REUNIDOS Dunha parte, D. Román Rodríguez González, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, en representación desta consellería, e de conformidade coas atribucións conferidas no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia e nos Decretos 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia e 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. E doutra, D. Jesús Vázquez Almuiña, conselleiro de Sanidade e presidente do Servizo Galego de Saúde, actuando en nome e representación deste, de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro; de conformidade co Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; así como co establecido na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno e a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. Ambas as dúas partes actuando coa representación que legal e regulamentariamente teñen conferida 1

EXPOÑEN I. Que a Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, modifica a redacción do apartado 2 do artigo 39 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e determina no seu punto 32 que a formación profesional, no sistema educativo, ten por finalidade preparar ao alumnado para a actividade nun campo profesional e facilitar a súa adaptación ás modificacións laborais que podan producirse ao longo da súa vida, contribuír ao seu desenvolvemento persoal e ao exercicio dunha cidadanía democrática, e permitir a súa progresión no sistema educativo e no sistema de formación para o emprego, así como a aprendizaxe ao longo da vida. II. De conformidade co previsto no artigo 92 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, o Servizo Galego de Saúde configúrase como organismo autónomo de natureza administrativa adscrito á Consellería de Sanidade, creado pola Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, con personalidade xurídica propia e plena capacidade para o adecuado desenvolvemento das competencias que no ámbito sanitario lle corresponden á Comunidade Autónoma de Galicia. O artigo 94 f) desa mesma lei establece como unha das funcións do Servizo Galego de Saúde a promoción da docencia e a investigación en ciencias da saúde no ámbito dos centros, servizos e establecementos sanitarios asistenciais. O artigo 125.1 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, prevé que a Xunta de Galicia velará pola coordinación entre os sistemas sanitario, educativo e investigador de Galicia, co fin de conseguir unha meirande adecuación da formación dos profesionais ás necesidades de saúde da poboación. A súa vez, o artigo 126.4 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, dispón que as consellerías competentes en materia de educación e sanidade promoverán a revisión e mellora continuada dos programas docentes das ensinanzas relacionadas coas ciencias da saúde, ao obxecto de conseguir a mellor adecuación da formación dos/as profesionais e as necesidades do Sistema Público de Saúde de Galicia. 2

III. A categoría de persoal técnico en farmacia está regulada polo Decreto 9/2010, de 21 de xaneiro, polo que se crea a categoría estatutaria de persoal técnico en farmacia no ámbito do Servizo Galego de Saúde. Exercerán as funcións correspondentes nos servizos de farmacia dos centros asistenciais dependentes do Servizo Galego de Saúde. Unha das funcións do persoal técnico en farmacia é a de colaborar, baixo a supervisión do persoal farmacéutico, na elaboración e control de calidade das preparacións farmacéuticas, segundo os procedementos establecidos de acordo coas normas de correcta elaboración e control da calidade. Esta función precisa dunha formación práctica adecuada ás necesidades da práctica farmacéutica na realidade asistencial dos servizos de farmacia dos centros hospitalarios. IV. Que ambas as dúas partes están de acordo en establecer as condicións para desenvolver un programa formativo complementario con actividades de farmacia hospitalaria, dirixido ao alumnado dos centros educativos, dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do Ciclo Medio de Farmacia e Parafarmacia e que se desenvolverá en centros sanitarios dependentes do Servizo Galego de Saúde. De conformidade co exposto, as partes asinantes formalizan este acordo de colaboración no campo da formación e da aprendizaxe de acordo coas seguintes CLÁUSULAS Primeira. O obxecto deste acordo é establecer un marco de colaboración no eido da formación profesional entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Servizo Galego de Saúde para o desenvolvemento dun programa formativo complementario, que se impartirá nos distintos centros sanitarios de Galicia e destinado ao alumnado do Ciclo Medio de Farmacia e Parafarmacia dos centros educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 3

Segunda. O programa formativo consiste na realización de actividades prácticas non laborais de farmacia hospitalaria por parte do alumnado do segundo curso do Ciclo Medio de Farmacia e Parafarmacia dos centros educativos enumerados no anexo e desenvolverase nas instalacións do servizo de farmacia hospitalaria do complexo hospitalario que corresponda, segundo se detalla no anexo. O programa formativo terá unha duración de 20 horas para cada alumno/a, realizándoo durante os 5 días laborables nunha mesma semana e en xornada de mañá. O centro sanitario comprométese ao desenvolvemento do programa formativo que incidirá nos contidos dos módulos de Operacións básicas de laboratorio e Formulación Maxistral, concretamente sobre as seguintes materias: - Instalacións, equipamento e normas de boa práctica de preparación de medicamentos nos servizos de farmacia dos centros hospitalarios. - Procedementos de preparacións farmacéuticas personalizadas e listas para o seu uso, con especial atención a aquelas preparacións estériles, de medicamentos perigosos e de especial control farmacéutico. - Control de calidade e requirimentos de xestión de riscos relacionados cos medicamentos e produtos farmacéuticos. Terceira. Cada centro educativo, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que imparta ensinanzas de formación profesional do Ciclo Medio de Farmacia e Parafarmacia, determinará, por escrito e para cada curso escolar, co xerente da Estrutura de Xestión Integrada do centro sanitario que lle corresponda ao alumnado que vaia a realizar o programa formativo nas instalacións do servizo de farmacia do centro sanitario. Nese documento tamén se determinará o seu calendario e o seu horario. O centro sanitario nomeará unha persoa para a coordinación e o seguimento das actividades formativas que se realicen. Así mesmo, o centro educativo tamén designará a unha persoa que colaborará no desenvolvemento do programa formativo e no apoio ao alumnado. 4

O programa formativo será previamente acordado entre o centro educativo e o centro sanitario e establecerán a programación das actividades a realizar. O centro sanitario realizará o seguimento e a valoración do progreso do alumnado, e, xunto co titor/a do centro educativo, á revisión da programación se fose necesario, unha vez iniciada a formación e á vista dos resultados. Cuarta. Cada alumno/a disporá dun documento de seguimento e avaliación das actividades realizadas, que será supervisado pola persoa responsable do centro sanitario en colaboración co/a titor/a do centro educativo. No devandito documento figurarán as actividades formativas máis significativas realizadas no centro sanitario, con rexistro de data e dos resultados semanais. Estes resultados semanais recolleranse nunha ficha de seguimento e avaliación, que cubrirá a persoa responsable do centro sanitario. O alumnado asistirá ao centro sanitario provisto da súa tarxeta de identificación ou D.N.I., cumprirá as disposicións vixentes sobre prevención de riscos laborais, así como a normativa interna do centro sanitario sobre condicións de seguridade. O alumnado non terá en ningún caso vinculación laboral co centro sanitario e non percibirá do centro sanitario ningunha cantidade pola realización das actividades formativas. Na realización das prácticas o alumnado está cuberto polo seguro escolar. Os riscos por accidentes e a responsabilidade civil, derivados da realización do programa formativo, quedan cubertos por unha póliza colectiva de seguro de accidentes e de responsabilidade civil que ten subscrita a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Quinta. A certificación das prácticas realizarase polo centro sanitario, facendo constar o centro educativo unha dilixencia referida a estas no expediente de cada alumno/a. Sexta. No caso de alumnado menor de idade o centro sanitario comprometese a exixir á persoa titora responsable do alumnado e, de ser o caso, aos/ás traballadores/as que vaian a ter un contacto habitual con este alumnado unha certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais, en aplicación do 5

artigo 13.5 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do código civil e da Lei de axuizamento civil. Asemade, cada centro sanitario exxirá ao alumnado que realice prácticas nas súas instalacións, a certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais nos mesmos termos que ao seu persoal. Correspóndelle a cada centro educativo como responsable dos estudantes en prácticas, recadar de cada alumno/a a citada certificación negativa. Sétima. Establecerase unha comisión de seguimento, control e supervisión, que se reunirá cando se considere oportuno por calquera das partes asinantes. Esta comisión estará constituída por: - Dúas persoas representantes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. - Dúas persoas representantes do Servizo Galego de Saúde. - Unha persoa funcionaria da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que actuará como secretaria. Oitava. O acordo entrará en vigor na data da súa sinatura e terá unha vixencia de catro anos, podendo prorrogarse por acordo das partes mediante a addenda correspondente, de conformidade co disposto na letra h) do artigo 49 da Lei 40/2015, do 1 de outubro. Novena. As persoas intervenientes neste acordo de colaboración, comprométense a cumprir o disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e a súa normativa de desenvolvemento, así como o disposto na Lei 41/2002, de 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e obrigas en materia de información e documentación clínica e na Lei 3/2001, do 28 de marzo, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes, garantindo en todo caso a confidencialidade dos datos persoais dos pacientes. Na Orden SSI/81/2017, de 19 de xaneiro, publicase o Acordo da Comisión de Recursos Humanos do Sistema Nacional de Saúde, polo que se aproba o protocolo 6

mediante o que se determinan pautas básicas destinadas a asegurar e protexer o dereito á intimidade do paciente polos alumnos e residentes en Ciencias da Saúde. Segundo o establecido no referido acordo, cada alumno/a debe de estar correctamente identificado. A dirección do centro sanitario facilitaralles un cartón identificativo que levarán nun lugar visible. O alumnado está sometido ao deber de confidencialidade/segredo, no só durante a estancia no centro sanitario senón tamén unha vez concluída a mesma, sen que o dito deber se extinga pola defunción do/a paciente. O deber de confidencialidade afecta tanto aos «datos íntimos» como aos datos biográficos do/a paciente e o seu contorno cuxo coñecemento por terceiras persoas poida afectar aos dereitos da persoa obxecto de tratamento. O deber de confidencialidade /segredo non só se refire aos datos contidos na historia clínica do/a paciente sino tamén aos que se teña acceso mediante comunicación verbal, gravacións, vídeos, os contidos en calquera tipo de arquivo informático, electrónico, telemático ou rexistro público ou privado, incluíndo os referidos ao grao de discapacidade e información xenética. O alumnado, salvo consentimento expreso do/a paciente, só poderá acceder á historia clínica previa disociación dos datos clínicos para garantir o seu anonimato, ou a historias clínicas simuladas pola persoa responsable de docencia a fin de garantir que a aprendizaxe derivada destas se realice respectando a intimidade e confidencialidade dos datos de saúde. No momento da súa incorporación, o alumnado deberá ser informado deste acordo de colaboración e asinar un compromiso de confidencialidade segundo o modelo establecido na Orde SSI/81/2017, do 19 de xaneiro. Os centros disporán dun libro rexistro de alumnos en formación que cumprirá os requisitos establecidos na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, para a creación de ficheiros que conteñen datos persoais. No devandito rexistro envorcaranse anualmente os datos citados e a anotación relativa a que se subscribiu o compromiso individual de confidencialidade. 7

Décima. Son causas de resolución deste acordo de colaboración: a) O incumprimento total ou parcial dalgunha das súas cláusulas. b) O mutuo acordo de ambas as dúas partes. c) O transcurso do tempo estipulado sen que se desenvolva este. d) A denuncia de calquera das partes asinantes, sempre que o notifique por escrito á outra con dous meses de antelación á finalización do prazo de vixencia do acordo. Décimo primeira. Este acordo de colaboración ten natureza administrativa, rexéndose polo establecido nas súas cláusulas e, no seu defecto, polo regulado no Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público. E en proba de conformidade co exposto, ambas as dúas partes firman o presente acordo por triplicado, no lugar e data indicados no encabezamento. O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria O presidente do Servizo Galego de Saúde Román Rodríguez González Jesús Vázquez Almuiña 8

ANEXO Relación de centros educativos que imparten o Ciclo Medio en Farmacia e Parafarmacia e o centro sanitario asignado para o desenvolvemento do programa formativo previsto para o alumnado que cursa o referido ciclo. LOCALIDADE CENTRO EDUCATIVO CON CICLO MEDIO EN FARMACIA E CENTRO SANITARIO PARAFARMACIA A Coruña CIFP Ánxel Casal - Monte Alto CHUAC Ferrol IES Leixa CHUF Santiago de Compostela IES Lamas de Abade CHUS Lugo CIFP Politécnico de Lugo HULA Ourense CIFP A Carballeira - Marcos Valcárcel CHOU Pontevedra IES Montecelo CHOP Redondela IES de Chapela CHUVI 9