BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE FOMENTO

Documentos relacionados
BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE FOMENTO

Normativa xeral Páxina 1

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

Proxecto de Orde do de de 2015, pola que se crea e se regulan as funcións, a composición e funcionamento do Consello de Bioética de Galicia.

Decreto /, do de, polo que se regula a composición e funcionamento do Consello de Arquivos de Galicia.

Consello Galego de Participación das Mulleres no Ámbito do Emprego e as Relacións Laborais

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE IGUALDADE

DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

REGULAMENTO DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGOA DE COMPOSTELA

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Por todo isto, esta consellería,

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE INTERCENTROS XUNTA DE GALICIA DA ADMINISTRACIÓN XERAL DA

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Lei 1/2008, do 17 de abril, de creación do Colexio Profesional de Detectives Privados e Privadas de Galicia.

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx

(LUGO) CAPÍTULO II. lexislativo. O Consello Local da. Igualdade loita. Artigo 2. Marco. Artigo 3. Ámbito. O ámbito. Funcións. Artigo 4.

Regulamento de Constitución e Funcionamento do Consello Municipal da Muller

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

Guía de procedementos e servizos

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

Lei 7/1988, do 12 de xullo, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2018 Páx

DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2013 Páx. 1349

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

B o l e t í n M a r z o A P E G a l i c i a

INFORME DE LEGALIDADE SOBRE O PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN DA OFICINA XUDICIAL EN GALICIA

Día: Hora: 16:00

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

JOSÉ RIESGO BOLUDA, SECRETARIO XERAL DO PLENO DO CONCELLO DE VIGO,

Así na reunión deste órgano, celebrada o 20 de decembro de 2016, acordouse levar a cabo a modificación da devandita Orde do 20 de maio de 2008.

DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx

Primeira. Base de datos para a constitución dos grupos e, no seu caso, categorías.

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

Estas vantaxes e/ou descontos serán aplicados a toda a clientela que sexa titular dunha tarxeta benvida, sen ningún requisito a maiores.

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

5. Estrutura organizativa e de responsabilidades

ACORDO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS. PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PLAN DE ESTABILIDADE NO EMPREGO DOS SERVIZOS PÚBLICOS

DISPOÑO: Primeiro.- Obxecto.

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

Orde do...de.. de 2016, pola que se regula a organización, funcionamento e composición da Mesa da Madeira

REGULAMENTO DE COLABORACIÓN DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVICIOS DESTA UNIVERSIDADE EN CURSOS E CONVENIOS DE INVESTIGACIÓN

6.978 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 84 L Mércores, 3 de maio de 2006

DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

Avda. do Concello, s/n.- Tlfno.: / Fax: FENE

Edificio Administrativo San Caetano, 1-2º SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono Fax

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE DO CEIP ESTEIRO DE FERROL CAPÍTULO I DENOMINACIÓN, FINS, ACTIVIDADES, DOMICILIO E ÁMBITO

En base ó establecido con anterioridade DISPOÑO: Artigo 1.- Obxecto

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

Por unha parte, inclúense as fundacións que estivesen constituídas maioritariamente ou na súa totalidade

Reclamante: Expedientes: RSCTG 0117/2017

PROCEDEMENTO PARA A SELECCIÓN TEMPORAL PERSOAL FACULTATIVO ESPECIALISTA DE ÁREA BASES

Orde do 17 de marzo de 2004 pola que se regulan os prezos privados dos productos de difusión do Instituto Galego de Estatística.

2) INFORME ACREDITATIVO DA INSERCIÓN SOCIAL DO/DA TRABALLADOR/A ESTRANXEIRO/A: 2.1. Tempo de permanencia en España do/da estranxeiro/a interesado/a:

DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2016 Páx

Nº 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2011 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 1.169

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Nº 251 Venres, 31 de decembro de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

Orde do.de xullo de 2017 pola que se desenvolve o Decreto 60/2017, do 22 de xuño, de reorganización de centros docentes de determinadas localidades.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE TURISMO E CIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

INFORME ANUAL 2017 DO GRAO DE CUMPRIMENTO DOS ACORDOS APROBADOS NO PARLAMENTO DE GALICIA NA X LEXISLATURA

CONVOCATORIA DE PROXECTOS DE PROGRAMAS DE RADIO OUTUBRO-DECEMBRO DE 2017 DE AMES RADIO

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública

Regulamento de funcionamento da Mesa Xeral de Negociación do Persoal de Administración e Servizos (PAS) da Universidade de Santiago de Compostela

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

Valorarase a puntuación obtida neste exercicio correspondente á última oposición da categoría.

ACORDAN Capítulo I Réxime de prestación de servizos

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

REGULAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL LIMIAR

2. Se adscribe, sin perjuicio de su independencia funcional, al Ministerio de Fomento, a través de la Secretaría General de Comunicaciones.

DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx

MODELO DE CONVENIO DE ADHESIÓN

DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx

DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx ORDE do 11 de maio de 2015 pola que se crea o Rexistro Galego do Infarto Agudo de Miocardio.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO BANCO DE ESPAÑA

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A SELECCIÓN, TRANSFERENCIA DA CUSTODIA E O ACCESO AOS DOCUMENTOS

Reclamante: Expediente. Nº RSCTG 035/2018. Correo electrónico:

PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE CREA A COMISIÓN INTERDEPARTAMENTAL DO CAMIÑO DE SANTIAGO

NORMATIVA REGULADORA DOS CONCURSOS DE ACCESO AOS CORPOS DOCENTES UNIVERSITARIOS E DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

Transcripción:

Suplemento en lingua galega ao núm. 218 Sábado 10 de setembro de 2011 Sec. I. Páx. 1 I. DISPOSICIÓNS XERAIS MINISTERIO DE FOMENTO 14557 Real decreto 1188/2011, do 19 de agosto, polo que se establecen as funcións, composición e funcionamento do Consello Superior Postal. A Lei 43/2010, do 30 de decembro, do servizo postal universal, dos dereitos dos usuarios e do mercado postal, pola que se traspón a Directiva 2008/6/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 20 de febreiro de 2008, pola que se modifica a Directiva 97/67/ CE en relación coa plena realización do mercado interior de servizos postais comunitarios, establece un novo marco xurídico da actividade postal en España. Neste marco, o artigo 51 da Lei 43/2010, do 30 de decembro, crea o Consello Superior Postal como máximo órgano de participación das administracións públicas, dos usuarios, dos prestadores de servizos postais, dos sindicatos máis representativos nos niveis estatal e autonómico e das asociacións filatélicas. Este consello, que sucede o extinto Consello Asesor Postal previsto no artigo 38 da Lei 24/1998, do 13 de xullo, do servizo postal universal e de liberalización dos servizos postais, derrogada pola Lei 43/2010, do 30 de decembro, dótase dunha composición que reforza a representación sindical nel a través da participación dos sindicatos máis representativos nas comunidades autónomas, o que redunda nunha máis ampla presenza dos representantes dos traballadores neste consello. En segundo lugar, e en comparación co seu antecesor, o Consello Superior Postal ve ampliadas as súas competencias co incremento das funcións que lle corresponden como órgano informador en materias clave para o sector postal español e, en particular, para o servizo postal universal. Entre estas novas competencias destacan o informe previo do plan de prestación e do contrato regulador do servizo postal universal, conforme o previsto no artigo 22.3 da Lei 43/2010, do 30 de decembro, e o informe sobre as regras da contabilidade analítica que van permitir o posterior cálculo da carga financeira inxusta que deba ser compensada ao operador designado para prestar o servizo postal universal, de acordo co establecido no artigo 26.5 desa mesma lei. Cabe sinalar, en terceiro lugar, que o Consello Superior Postal se dota dunha estrutura no Pleno e na Comisión Permanente dirixida a unha maior racionalidade, axilidade e flexibilidade no seu funcionamento, na medida en que achega a presidencia e as vicepresidencias do Consello aos centros directivos do departamento que son directamente responsables da definición e execución da política postal. Nesta mesma liña, destaca o establecemento de procedementos alternativos de funcionamento deste órgano colexiado que, indo máis alá da tradicional exixencia de presenza física dos seus membros nas deliberacións e toma de decisións, introduce a posibilidade de adoptar acordos a través do procedemento escrito, ou por medios electrónicos, o que insire plenamente o novo Consello na realidade do século XXI. En uso da habilitación normativa contida na disposición derradeira sexta da Lei 43/2010, do 30 de decembro, pola que se autoriza o Goberno para ditar cantas normas regulamentarias sexan necesarias para o seu desenvolvemento, este real decreto ten por obxecto regular a composición e funcionamento do Consello Superior Postal. Na súa virtude, por proposta do ministro de Fomento, coa aprobación previa do ministro de Política Territorial e Administración Pública, de acordo co Consello de Estado e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día 19 de agosto de 2011,

Suplemento en lingua galega ao núm. 218 Sábado 10 de setembro de 2011 Sec. I. Páx. 2 DISPOÑO: Artigo 1. Natureza e adscrición. CAPÍTULO I Disposicións xerais 1. O Consello Superior Postal é o órgano de participación das administracións públicas, os usuarios, os prestadores de servizos postais, os sindicatos máis representativos a nivel estatal e autonómico e as asociacións filatélicas en materia postal, creado polo artigo 51 da Lei 43/2010, do 30 de decembro, do servizo postal universal, dos dereitos dos usuarios e do mercado postal. 2. O Consello Superior Postal é un órgano colexiado integrado, sen prexuízo da súa independencia funcional, no Ministerio de Fomento a través da Subsecretaría do departamento. Artigo 2. Funcións. 1. Son funcións do Consello Superior Postal: a) Propoñer ao ministro de Fomento cantas medidas considere oportunas en materia de servizos postais. b) Emitir informe sobre o proxecto de plan de prestación e o contrato regulador do servizo postal universal, de conformidade co establecido no artigo 22.3 da Lei 43/2010, do 30 de decembro. c) Emitir informe, ao abeiro do previsto no artigo 26.5 da Lei 43/2010, do 30 de decembro, sobre os principios, criterios e sistema de imputación de custos que deba observar a contabilidade analítica do operador designado polo Estado para prestar o servizo postal universal. d) Informar sobre cantas cuestións en materia de servizos postais lle someta a consulta o Goberno, o ministro de Fomento ou o presidente do consello. e) Calquera outra que, en materia postal, lle atribúa a normativa vixente. 2. As funcións atribuídas ao Consello Superior Postal exerceraas de maneira ordinaria a súa Comisión Permanente, salvo que o seu presidente acorde sometelas ao Pleno. CAPÍTULO II Artigo 3. Membros do Consello. Composición O Consello Superior Postal está constituído polo presidente, dous vicepresidentes, un número de vogais que non exceda os vinte e oito e o secretario. Artigo 4. Presidente e vicepresidentes. A Presidencia do Consello Superior Postal correspóndelle ao subsecretario de Fomento, a Vicepresidencia Primeira, ao secretario xeral técnico de Fomento, e a Vicepresidencia Segunda, ao subdirector xeral de Réxime Postal do Ministerio de Fomento. Artigo 5. Vogais. 1. Os vogais do Consello Superior Postal, designados polo presidente do Consello serán: a) En representación da Administración xeral do Estado, por proposta dos titulares dos departamentos respectivos, con categoría, cando menos, de subdirector xeral ou asimilado: 1.º Dous representantes do Ministerio de Fomento, dos que un corresponderá á Subsecretaría.

Suplemento en lingua galega ao núm. 218 Sábado 10 de setembro de 2011 Sec. I. Páx. 3 2.º Dous representantes do Ministerio de Economía e Facenda, dos que un deles corresponderá á Dirección Xeral do Patrimonio do Estado. 3.º Un representante do Ministerio do Interior. 4.º Un representante do Ministerio de Política Territorial e Administración Pública. 5.º Un representante do Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade, pertencente á Secretaría Xeral de Política Social e Consumo. 6.º Un representante do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. b) En representación das administracións autonómica e local: 1.º Un representante das comunidades autónomas, por proposta da Conferencia Sectorial de Consumo. 2.º Un representante das entidades locais, por proposta da Federación Española de Municipios e Provincias. c) Dous representantes do operador que teña encomendada a prestación do servizo postal universal, por proposta deste. d) Catro representantes das asociacións empresariais de prestadores de servizos postais, dos que, cando menos, un debe representar os prestadores de servizos postais incluídos no ámbito do servizo postal universal, por proposta das asociacións empresariais do sector postal. e) En representación das organizacións sindicais: 1.º Dous en representación dos sindicatos que teñan a consideración de máis representativos a nivel estatal, por proposta destes. 2.º Dous en representación dos sindicatos que teñan a condición de máis representativos a nivel autonómico, por proposta destes. f) En representación dos usuarios: 1.º Un representante das asociacións de consumidores e usuarios, por proposta do Consello de Consumidores e Usuarios. 2.º Un representante das asociacións de grandes usuarios dos servizos postais, por proposta destas. g) En representación das asociacións de comerciantes e de coleccionistas filatélicos: 1.º Un representante das asociacións de comerciantes filatélicos, por proposta destas. 2.º Un representante das asociacións de coleccionistas filatélicos, por proposta destas. h) Ata un máximo de catro vogais, designados polo presidente do Consello, entre persoas de recoñecido prestixio no sector dos servizos postais ou no ámbito da protección dos usuarios, sempre que non manteñan ningún tipo de vinculación con algún operador postal. 2. O funcionamento do Consello Superior Postal non suporá aumento do gasto público, e será atendido cos medios persoais, técnicos e orzamentarios asignados á Subsecretaría do Ministerio de Fomento. Artigo 6. Secretaría do Consello. 1. A Secretaría do Consello Superior Postal é o órgano permanente de asistencia e apoio ao Consello. O seu titular será designado polo presidente do Consello entre o persoal da Subdirección Xeral de Réxime Postal. 2. Corresponde ao secretario o exercicio das seguintes funcións: a) Asistir o presidente, os vicepresidentes e os vogais na tramitación dos asuntos e na preparación das reunións do Pleno e da Comisión Permanente.

Suplemento en lingua galega ao núm. 218 Sábado 10 de setembro de 2011 Sec. I. Páx. 4 b) Organizar os servizos de apoio técnico e administrativo aos órganos do Consello e dirixir o rexistro, arquivo e demais servizos similares que sexan precisos para o normal desenvolvemento do Consello, así como custodiar os seus expedientes e documentos. c) Preparar os traballos do Pleno e da Comisión Permanente, convocar as súas sesións por orde do presidente e redactar e asinar as actas correspondentes. d) Expedir as certificacións das consultas, ditames e acordos adoptados polo Pleno e a Comisión Permanente. e) Elaborar os estudos e informes requiridos para a toma de decisións polo Consello. f) Tramitar e, se é o caso, executar os acordos do Consello. g) Exercer cantas outras funcións sexan inherentes á súa condición de secretario do órgano colexiado, de conformidade co artigo 25 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. 3. O secretario é membro do Consello Superior Postal e asistirá con voz e voto ao Pleno e á Comisión Permanente. Artigo 7. Suplentes dos vogais e do secretario. 1. O presidente do Consello Superior Postal poderá designar suplentes dos vogais e do secretario polo mesmo procedemento que os titulares e entre persoas que reúnan os mesmos requisitos. 2. Os vogais suplentes soamente poderán asistir ás sesións do Consello nos casos previstos no artigo 24 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. 3. Os vogais titulares soamente poderán ser substituídos polo seu respectivo suplente. Artigo 8. Asistencia ao presidente e aos vogais do Consello. 1. O presidente poderá acordar a participación nas reunións do Consello de expertos independentes en atención á especificidade das cuestións que se teñan que tratar. 2. Os vogais poderán ser asistidos no desempeño das súas funcións por un asesor da súa elección. Os asesores soamente poderán asistir acompañando o vogal titular que os propuxo ou o seu suplente. A asistencia dos asesores á reunión deberá ser comunicada á Secretaría do Consello cando menos vinte e catro horas antes da realización daquela. 3. Os expertos e asesores terán voz pero non voto. Artigo 9. Cesamento dos vogais. 1. O presidente acordará o cesamento dos vogais do Consello polas seguintes causas: a) Por renuncia. b) Por solicitude de quen propuxer o vogal. c) Por incapacidade permanente ou condena firme por delito doloso. d) Pola falta ou perda de concorrencia dos requisitos que determinaron a súa designación. 2. No caso de cesamento dalgún dos vogais dos referidos nas letras a) a g) do punto 1 do artigo 5 deste real decreto, deberase efectuar a proposta de nomeamento dun novo vogal ao presidente do Consello, e asumirá o vogal suplente as súas funcións ata o seu nomeamento. Artigo 10. Pleno e Comisión Permanente. CAPÍTULO III Funcionamento 1. O Consello Superior Postal poderase constituír en Pleno ou en Comisión Permanente.

Suplemento en lingua galega ao núm. 218 Sábado 10 de setembro de 2011 Sec. I. Páx. 5 2. O presidente poderá acordar que as sesións se realicen de forma presencial, por escrito ou por medios electrónicos. No procedemento escrito o secretario remitirá, seguindo instrucións do presidente, a documentación sobre a que os membros do Pleno ou da Comisión Permanente deberán expresar o seu acordo ou realizar as alegacións que consideren pertinentes. En caso de que a maioría dos membros do Consello manifesten o seu acordo a proposta entenderase aprobada. Se se formulasen alegacións, o presidente, unha vez valoradas estas, poderá optar entre dar por finalizado o procedemento escrito e convocar unha sesión presencial do Pleno ou da Comisión Permanente ou facer circular unha proposta e continuar co procedemento escrito e sometela a votación. Neste último suposto a proposta será aprobada co voto favorable da maioría dos membros do Pleno ou da Comisión Permanente. O presidente dirimirá os empates co seu voto de calidade. O secretario, seguindo instrucións do presidente, concretará ao inicio do procedemento o prazo para manifestar a conformidade coa proposta ou formular as alegacións que se consideren pertinentes. No caso de que o presidente acorde a utilización do procedemento de reunión por medios electrónicos, previsto na disposición adicional primeira da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, deberase garantir unha comunicación confidencial multidireccional en tempo real, a identificación recíproca do respectivo membro e a autenticidade do seu voto. En particular, asegurarase o cumprimento das seguintes especialidades: a) A realización efectiva da convocatoria, o acceso á información e a comunicación da orde do día, con especificación dos tempos en que se organizarán os debates, a formulación e coñecemento das propostas e a adopción de acordos. b) O réxime de constitución e adopción de acordos garantirá a participación dos membros do Consello de acordo coas súas normas de funcionamento. c) As actas recollerán a constancia das comunicacións producidas, así como o acceso dos membros ao contido dos acordos adoptados. 3. O Consello Superior Postal rexerase polo disposto no capítulo II do título II da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e polas súas propias normas internas de funcionamento. Artigo 11. O Pleno. 1. Compoñen o Pleno do Consello Superior Postal o presidente, os vicepresidentes, os vogais e o secretario. 2. O Pleno do Consello reunirase unha vez ao ano en sesión ordinaria para ser informado sobre a evolución do sector postal español e, particularmente, sobre a prestación do servizo postal universal. Así mesmo, reunirase, en sesión extraordinaria, cando así o decida o seu presidente ou cando o soliciten, cando menos, a metade máis un dos seus membros. 3. A falta de designación expresa do presidente, en caso de vacancia, ausencia ou enfermidade, o presidente será substituído polo vicepresidente primeiro e, no seu defecto, polo vicepresidente segundo. 4. A convocatoria do Pleno efectuarase cunha antelación mínima de corenta e oito horas á prevista para o inicio da sesión, e expresaranse nela os asuntos que se van tratar e o lugar, a forma, a data e a hora da realización. 5. O presidente dirixirá as deliberacións, moderará os debates, concedendo e retirando o uso da palabra, e garantirá a participación de todos os membros en condicións de igualdade, mediante o respecto ao principio de contradición e ás quendas de réplica razoablemente necesarias. Así mesmo, poderá acordar a suspensión da sesión, facendo constar as causas que a determinan e a data e hora da súa continuación. 6. Cando o Pleno se reúna de forma presencial ou por medios electrónicos, quedará validamente constituído para efectos da realización de sesións, deliberacións e adopción

Suplemento en lingua galega ao núm. 218 Sábado 10 de setembro de 2011 Sec. I. Páx. 6 de acordos, cando estean presentes o presidente e o secretario ou, se é o caso, os que os substitúan, e a metade, cando menos, dos seus vogais. 7. Cando o Pleno se reúna de forma presencial ou por medios electrónicos, adoptará os seus acordos por maioría de votos dos membros presentes. O presidente dirimirá os empates, se é o caso, co seu voto de calidade. Artigo 12. A Comisión Permanente. 1. A Comisión Permanente estará presidida polo vicepresidente do Consello que determine o presidente deste e integrada por catro vogais do grupo da letra a), tres vogais do grupo da letra e), dous vogais por cada un dos grupos das letras d) e f), e un por cada un dos grupos das restantes letras do punto 1 do artigo 5 deste real decreto todos eles nomeados polo presidente, así como polo secretario do Consello, que actuará de secretario da Comisión Permanente. 2. Os representantes na Comisión Permanente dos vogais a que se refiren as letras a) e h) do punto 1 do artigo 5 deste real decreto serán designados polo presidente do Consello. Dos representantes dos vogais a que se refire a letra d), cando menos un será o que desempeñe a representación dos prestadores de servizos postais incluídos no ámbito do servizo postal universal, e o outro representante será designado polo resto de vogais que compoñen ese grupo. Os representantes dos vogais a que se refire a letra e) serán os dos que desempeñen a representación dos sindicatos que teñan a consideración de máis representativos a nivel estatal e un dos que teñan a condición de máis representativos a nivel autonómico. Os vogais a que se refiren as restantes letras do punto 1 do artigo 5 deste real decreto designarán, dentro do seu grupo respectivo, o seu representante na Comisión Permanente. 3. A Comisión Permanente reunirase en sesión ordinaria logo de convocatoria efectuada cunha antelación mínima de corenta e oito horas á prevista para o inicio da sesión. 4. Cando a Comisión Permanente se reúna de forma presencial ou por medios electrónicos quedará validamente constituída cando estean presentes o presidente e o secretario ou, se é o caso, os que os substitúan, e a metade, cando menos, dos seus membros. 5. O presidente da Comisión Permanente terá as mesmas facultades que se atribúen ao presidente do Pleno no punto 5 do artigo anterior en canto á dirección e suspensión dos debates e sesións. 6. Cando a Comisión Permanente se reúna de forma presencial ou por medios electrónicos adoptará as súas decisións por maioría de votos dos membros presentes. O presidente dirimirá os empates, se é o caso, co seu voto de calidade. Artigo 13. Grupos de traballo. 1. O Consello poderá acordar a constitución de grupos de traballo especializados de carácter temporal que quedarán automaticamente disoltos unha vez que cumpran a específica función que se lles encomende. 2. O acordo de constitución do grupo de traballo fixará a composición deste, os seus obxectivos, prazos de execución e, se é o caso, metodoloxía. 3. Os membros serán elixidos polo órgano do Consello que acorde a constitución do grupo e adoptarán internamente o seu propio sistema de traballo para a mellor consecución dos obxectivos asignados. Artigo 14. Deber de sixilo. Os membros do Consello, os asesores e os expertos que participen nas súas reunións ou grupos de traballo, estarán obrigados a gardar reserva, sixilo ou segredo sobre cantos aspectos estean protexidos pola normativa aplicable sen menoscabo do cumprimento do deber de información coas entidades que representen.

Suplemento en lingua galega ao núm. 218 Sábado 10 de setembro de 2011 Sec. I. Páx. 7 Disposición derradeira primeira. Título competencial. Esta norma dítase ao abeiro do disposto no artigo 149.1.21.ª da Constitución, que atribúe ao Estado a competencia exclusiva en materia de correos. Disposición derradeira segunda. Habilitación para o desenvolvemento normativo. Autorízase o ministro de Fomento, logo de informe do Consello Superior Postal, para ditar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento deste real decreto. Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor. Este real decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no «Boletín Oficial del Estado». Dado en Madrid o 19 de agosto de 2011. JUAN CARLOS R. O ministro de Fomento, JOSÉ BLANCO LÓPEZ http://www.boe.es BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO D. L.: M-1/1958 - ISSN: 0212-033X