TURISMO EN GALICIA. Informe avaliación datos estatísticos. Acum. Xullo 2016

Documentos relacionados
CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Marzo Nº Var. Int. 18/17

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

Informe de avaliación de datos turísticos. Verán 2018

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Xullo Nº Var. Int. 17/16

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Agosto Nº Var. Int. 17/16

Balance do turismo en Galicia. Verán 2017

TURISMO RURAL EN GALICIA. Informe anual 2016

Turismo en Galicia. Balance anual 2017

Estudo dos Aeroportos de Galicia Fonte: AENA. 1º Cuadrimestre 2014

INFORME SOBRE AFILIACIÓNS Á SEGURIDADE SOCIAL

Estudo dos Aeroportos de Galicia Fonte: AENA

INFORME DO PARO REXISTRADO DECEMBRO DE 2009

economíasocial 2.4. As fontes estatísticas empregadas para a análise da economía social son, fundamentalmente,

Aumento dos viaxeiros e pernoitas en establecementos hoteleiros e casas de turismo rural no ano 2006

% -6,55% VARIACIÓN ANUAL OUTUBRO 2016 Absoluta Relativa Dato Absoluta Relativa Dato ,23% ,62% 77.

Pacto Territorial de Emprego Costa da Morte

INFORME SOBRE A POBREZA EN GALICIA

Os maiores e as TIC ANO 2011

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE COMERCIO POLO MIÚDO

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE MEAÑO. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. febreiro 2010

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE PRODUCIÓN INDUSTRIAL

Informe mensual do paro rexistrado. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xullo de 2009 PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO SALNÉS

Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE COMERCIO POLO MIÚDO

BALANCE TURÍSTICO COMUNITAT VALENCIANA ACUMULADO ABRIL 2018

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE VALGA. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. decembro 2009

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE RIBADUMIA. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. febreiro 2010

ESTRATEXIA DO TURISMO DE GALICIA Documento de partida para a análise

Informe sobre os fogares compostos por persoas maiores de 64 anos.

Lixeiro crecemento da poboación no período , favorecido pola chegada de inmigrantes

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE MEAÑO. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

BALANCE TURÍSTICO COMUNITAT VALENCIANA 2016 (ACUMULADO ENERO-NOVIEMBRE) CONTENIDO

Informe mensual do paro rexistrado. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. xaneiro 2010 PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO SALNÉS

DOCUMENTOS DE TRABALLO

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE PRODUCIÓN INDUSTRIAL

INFORME SOBRE O TIEPI (TEMPO DE INTERRUPCIÓN EQUIVALENTE Á POTENCIA INSTALADA) EN GALICIA NA ANUALIDADE 2011

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE SANXENXO. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. decembro 2009

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE PRODUCIÓN INDUSTRIAL

O ESTADO DA POBREZA SEGUIMENTO DO INDICADOR DE RISCO DE POBREZA E EXCLUSIÓN SOCIAL EN GALICIA

Informe mensual do paro rexistrado

INFORME SOBRE O NIEPI (NÚMERO DE INTERRUPCIÓNS EQUIVALENTE Á POTENCIA INSTALADA) EN GALICIA NA ANUALIDADE 2011

As empresas culturais en Galicia

O 93,1% dos galegos de 16 ou máis anos manifesta estar preocupado polo medio ambiente e un 19,1% participar en actividades relacionadas

Informe climatolóxico Mes de maio 2008 INFORME CLIMATOLÓXICO

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE PRODUCIÓN INDUSTRIAL

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE PRODUCIÓN INDUSTRIAL

BALANCE TURÍSTICO COMUNITAT VALENCIANA 2017 (ACUMULADO NOVIEMBRE Y PROYECCIONES ANUALES)

A SINIESTRALIDADE NAS ESTRADAS.

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE PRODUCIÓN INDUSTRIAL

Informe mensual do paro rexistrado

ESTUDO DAS DIFERENZAS SALARIAS DOS DOCENTES SEGUNDO COMUNIDADE AUTÓNOMA DE DESTINO

Pacto Territorial de Emprego do Salnés [INFORME DE SINISTRALIDADE LABORAL]

Plan Banda Larga. Lugo, xaneiro de 2015

Informe climatolóxico ano 2008 INFORME CLIMATOLÓXICO ANO 2008

Anuario de raios 2017 DATOS METEOROLÓXICOS 2017 RAIOS

Pacto Territorial de Emprego Costa da Morte

ENCUESTA DE OCUPACIÓN HOTELERA Resultados junio 2016

TURISMO EN LA COMUNIDAD DE MADRID BALANCE DE RESULTADOS AÑO 2011

Avance do informe climatolóxico outono 2014 AVANCE INFORME CLIMATOLÓXICO OUTONO 2014

BOLETÍN MENSUAL DE COYUNTURA TURÍSTICA Enero 2018 Área de Investigación e Inteligencia de Mercados

Elabora: Instituto Galego das Cualificacións Edita: Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar Dirección Xeral de Emprego e Formación

SITUACIÓN DEL SECTOR TURÍSTICO RESUMEN ESTADÍSTICO AGOSTO 2010

Informe climatolóxico Mes de xaneiro 2010 INFORME CLIMATOLÓXICO

XORNADA TÉCNICA: IGUALDADE DE XÉNERO NO ÁMBITO LABORAL: PLANS DE IGUALDADE.

SITUACIÓN DEL SECTOR TURÍSTICO RESUMEN ESTADÍSTICO JULIO 2010

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

RESUMEN ABRIL CIERRE TEMPORADA DE INVIERNO 2009 / 2010.

INFORME COYUNTURA TURÍSTICA AÑO 2016

BALANCE TURÍSTICO COMUNITAT VALENCIANA ACUMULADO ABRIL 2016

E DAS PERSOAS RESIDENTES NO CONCELLO DA CORUÑA

Poboación e sociedade. Unión Europea, España e Galicia

PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO

ANÁLISIS DE LOS RESULTADOS DE LA TEMPORADA ESTIVAL JUNIO-AGOSTO 2016

ENCUESTA DE OCUPACIÓN HOTELERA Resultados diciembre 2017

ENCUESTA DE OCUPACIÓN HOTELERA Resultados abril 2018

3.3.construcción. galicia. segundo a metodoloxía empregada polo servicio de estudios Ardán.

Hai accesos directos ás ensinanzas profesionais de artes plásticas de réxime especial?

BOLETÍN MENSUAL DE COYUNTURA TURÍSTICA Abril 2017 Área de Investigación e Inteligencia de Mercados

Informe sobre o financiamento de ONGs

Nota de prensa. La entrada de turistas extranjeros alcanza ya los 52,4 milllones FRONTUR ENERO-NOVIEMBRE 2005

ES DE T A O T G Í LE 2009 S A T G AE405 IC N A A L P

BOLETÍN MENSUAL DE COYUNTURA TURÍSTICA Noviembre 2016 Área de Investigación e Inteligencia de Mercados

BALANCE TURÍSTICO COMUNITAT VALENCIANA AÑO 2014

INFORME CLIMATOLÓXICO

A Responsabilidade Social Empresarial nas Empresas TIC de Galicia. Edición 2016

BOLETÍN MENSUAL DE COYUNTURA TURÍSTICA Septiembre 2017 Área de Investigación e Inteligencia de Mercados

Datos básicos sobre a evolución do galego

INFORME SOBRE O EPISODIO DE SECA

Gasto público en cultura

COYUNTURA DEL MERCADO EMISOR FRANCÉS ACUMULADO ENERO-ABRIL 2018

VIAJEROS ALOJADOS EN ESTABLECIMIENTOS HOTELEROS DE LA COMUNIDAD DE MADRID Septiembre de 2017 (INE-EOH)

ENCUESTA DE OCUPACIÓN EXTRAHOTELERA Resultados diciembre 2016

Caracterización de la actividad turística en la Provincia de Sevilla 2016

REUNIÓN DO 23 DE MAIO DE

ENCUESTA DE OCUPACIÓN HOTELERA Resultados julio 2018

BOLETÍN MENSUAL DE COYUNTURA TURÍSTICA Diciembre 2017 Área de Investigación e Inteligencia de Mercados

Transcripción:

TURISMO EN GALICIA Informe avaliación datos estatísticos. Acum. Xullo 2016 TURISMO en GALICIA 2016

DEMANDA TURISTICA Comportamento positivo da demanda turística nos establecementos regrados de Galicia hoteis, pensións, apartamentos turísticos, cámpings e turismo rural- no conxunto dos primeiros sete meses deste ano 2016. A cifra de viaxeiros aloxados sobe un 6,6% e o volume de noites un 8,8% en relación ao mesmo período de 2015. Evolución Demanda Turística nos Establecementos Regrados. Acum. Xullo 2016/15 Viaxeiros Noites 6,6% 8,8%

DEMANDA TURISTICA Número de noites e variación interanual nas CC.AA. Acum. Xullo 2016 NOITES ESPAÑA 249.256.479 Canarias 58.191.882 Cataluña 43.019.464 Baleares 37.533.599 Andalucía 37.102.734 C. Valenciana 25.858.205 Madrid 14.439.282 Castela e León 5.604.607 Galicia 5.083.739 Aragón 3.947.231 País Vasco 3.656.768 Murcia 2.942.312 Asturias 2.570.705 Cantabria 2.560.198 Castela A Mancha 2.535.680 Estremadura 1.716.701 Navarra 1.471.478 A Rioxa 803.531 Var. Int. NOITES ESPAÑA 9,1% Aragón 13,0% Castela A Mancha 12,8% Canarias 11,2% País Vasco 11,0% Andalucía 9,9% Cantabria 9,4% C. Valenciana 9,4% Murcia 9,0% Galicia 8,8% Estremadura 8,3% Baleares 8,2% Castela e León 8,0% Navarra 7,8% Asturias 7,6% Cataluña 7,3% A Rioxa 6,9% Madrid 5,5%

DEMANDA TURISTICA É o cuarto ano consecutivo no que se rexistra un comportamento positivo da demanda turística regrada en Galicia. Nos primeiros sete meses de 2013 a cifra de viaxeiros aloxados medrara un 2,3% -rompendo desta maneira unha tendencia de caídas e estancamento desde o 2007- con continuidade en 2014 coa suba do 7,8%- e 2015 cun incremento do 15,7% neste caso-. Con preto de 2,7 millóns de viaxeiros aloxados Galicia marca neste período de sete meses un novo máximo histórico superando nun 14% a cifra do último Ano Xacobeo-. Evolución Viaxeiros Aloxados nos Establecementos Regrados. Acum. Xullo 2012-16 3.000.000 2.500.000 2.000.000 1.959.160 2.005.002 2.161.133 2.500.015 2.678.150 20,0% 15,0% 1.500.000 10,0% 1.000.000 500.000 7,8% 15,7% 7,1% 5,0% 0 2,3% Ac. Xul 12 Ac. Xul 13 Ac. Xul 14 Ac. Xul 15 Ac. Xul 16 0,0% Var. Int. Viaxeiros en Regrado Viaxeiros Estab. Regrados

DEMANDA TURISTICA Do lado das pernoctacións acontece algo similar. Consolídase neste o crecemento rexistrado nos dous últimos anos -do 5,3% en 2014 e do 11,1% en 2015- dando como resultado que a nosa comunidade supera por vez primeira a barreira dos cinco millóns de pernoctacións regradas nos primeiros sete meses do ano. En termos absolutos o incremento deste ano tradúcese en máis de 400.000 novas pernoctacións no conxunto da oferta regrada de Galicia. Evolución Noites nos Establecementos Regrados. Acum. Xullo 2012-16 6.000.000 5.000.000 4.000.000 4.031.489 3.991.537 4.202.942 4.671.369 5.083.739 15,0% 10,0% 3.000.000 2.000.000 11,1% 8,8% 5,0% 1.000.000 5,3% 0-1,0% 0,0% -1.000.000-2.000.000 Ac. Xul 12 Ac. Xul 13 Ac. Xul 14 Ac. Xul 15 Ac. Xul 16-5,0% Var. Int. Noites en Regrado Noites Estab. Regrados

DEMANDA TURISTICA O bo comportamento da demanda turística vén como consecuencia dos crecementos rexistrados en practicamente todos os meses do ano agás en abril que por mor do efecto do calendario coa celebración da Semana Santa rexístrase un descenso en relación ao pasado ano-. Tal circunstancia inflúe nun sentido positivo no incremento rexistrado en marzo do 27% neste caso-. Destaca neste sentido o bo comportamento rexistrado nos dous últimos meses, particularmente en xullo do 13,5% neste caso-. Variación Noites en Aloxamentos Regrados. Acum. Xullo 2016/15, por meses 30,0% 25,0% 20,0% 15,0% 10,0% 5,0% 0,0% -5,0% -10,0% -15,0% 26,7% 14,2% 13,5% 8,0% 6,8% 3,3% -8,9% Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Var. Noites 16/15

MERCADOS TURÍSTICOS No acumulado ata o mes de xullo obsérvase que o 77% da demanda turística regrada corresponde ao turismo nacional, segmento que engloba tanto ao mercado interno o dos residentes en Galicia- como ao receptor nacional españois procedentes doutras comunidades autónomas-. O turismo internacional representa o 23% das noites no aloxamento regrado. Peso principais mercados no aloxamento regrado. Acum. Xullo 2016 23,0% 77,0% ESPAÑOIS ESTRANXEIROS

MERCADOS TURÍSTICOS Obsérvase neste período un comportamento positivo dos dous grandes segmentos de mercado, con similar intensidade. O turismo nacional sobe un 9,1% como consecuencia esencialmente do incremento da cifra de viaxeiros españois aloxados en Galcia, do 7,3%. O mercado internacional rexistra tamén cifras positivas superando nun 4,9% a cifra de viaxeiros aloxados e nun 8,0% o volume de pernoctacións do mesmo período do pasado ano. 10,0% 9,0% 8,0% 7,0% 6,0% 5,0% 4,0% 3,0% 2,0% 1,0% 0,0% Evolución principais mercados nos aloxamentos regrados. Acum. Xullo 2016/15 9,1% 8,0% 7,3% 4,9% ESPAÑOIS ESTRANXEIROS Var. Viaxeiros Regrado Var. Noites Regrado

MERCADOS TURÍSTICOS É o terceiro ano consecutivo no que se rexistra un incremento da demanda turística nacional en Galicia no conxunto dos primeiros sete meses do ano, con subas acumuladas en 2014 do 4,0%-, en 2015 do 9,9%- e agora en 2016 do 9,1%-, rompendo desta maneira a serie de caídas rexistradas no trienio anterior, de 2011 a 2013. Desta maneira o nivel de demanda queda en pouco máis de 3,9 millóns de pernoctacións a cifra máis elevada dos últimos seis anos-. Evolución Mercado Nacional nos Aloxamentos Regrados. Noites Acum. Xullo 2012-16 4.500.000 4.000.000 3.500.000 3.000.000 2.500.000 2.000.000 1.500.000 1.000.000 500.000-500.000 0-1.000.000-1.500.000-2.000.000-2.500.000-3.000.000-3.500.000-4.000.000-4.500.000 3.916.238 3.590.250 3.248.667 3.141.847 3.266.376 9,9% 9,1% 4,0% -3,3% -10,6% Ac. Xul 12 Ac. Xul 13 Ac. Xul 14 Ac. Xul 15 Ac. Xul 16 15,0% 10,0% 5,0% 0,0% -5,0% -10,0% -15,0% Var. Noites Españois Noites Españois

MERCADOS TURÍSTICOS No caso do turismo internacional a dinámica positiva comeza en 2013 cun incremento do 8,5% nas pernoctacións regradas que rompe cunha serie de caídas case consecutivas desde o 2008. A tendencia continúa nos tres anos seguintes con incrementos importantes que sitúan o nivel deste 2016 en preto de 1,17 millóns de pernoctacións cifra que neste caso si supón un máximo histórico no ámbito do aloxamento regrado-. Evolución Mercado Internacional nos Aloxamentos Regrados. Noites Acum. Xullo 2012-16 1.500.000 1.000.000 500.000 0-500.000-1.000.000-1.500.000 1.081.118 1.167.504 782.824 849.687 936.564 15,4% 8,5% 10,2% 8,0% -0,9% Ac. Xul 12 Ac. Xul 13 Ac. Xul 14 Ac. Xul 15 Ac. Xul 16 25,0% 20,0% 15,0% 10,0% 5,0% 0,0% -5,0% -10,0% -15,0% -20,0% -25,0% Var. Noites Estranx. Noites Estranxeiros

MERCADOS TURÍSTICOS No ámbito hoteleiro que representa o 83% do total da demanda regrada- é posible realizar unha análise máis segmentada por mercados. En particular, obsérvase que o 26,9% do total da demanda turística corresponde ao mercado interno, isto é, á demanda xerada polos residentes en Galicia. O 49,1% provén das restantes comunidades autónomas representa por tanto o mercado receptor nacional- e o 23,9% ao turismo internacional. Peso principais mercados nos Establecementos Hoteleiros. Acum. Xullo 2016 23,9% 26,9% 49,1% GALICIA RESTO ESPAÑA ESTRANXEIRO

ESPAÑOIS 26,9% MERCADOS TURÍSTICOS GALICIA ESTRANX. 13,8% MADRID PORTUGAL 3,5% 7,5% CAST. LEÓN ALEMAÑA 2,6% 4,9% ANDALUCIA ITALIA 2,2% 4,7% CATALUÑA ESTADOS UNIDOS 2,1% 4,4% ASTURIAS FRANCIA 1,8%

MERCADOS TURÍSTICOS Tendo en conta o volume global da demanda turística no segmento hoteleiro, o mercado interno dos residentes en Galicia- representa neste período o 26,9% do total das pernoctacións nos establecementos hoteleiros. Madrid é o principal mercado emisor a nivel nacional. Con preto de 600.000 noites representa o 13,8% do total da demanda turística hoteleira. Seguen en orde de importancia Castela e León co 5,7%-, Andalucía co 4,9%-, Cataluña co 4,7%- e Asturias co 4,4% do total da demanda hoteleira neste caso-. No ámbito internacional mantense Portugal como o principal mercado emisor a Galicia. Nestes primeiros sete meses do ano rexístranse preto de 150.000 pernoctacións procedentes do país veciño, o 3,5% do total da comunidade. A nivel internacional destacan tamén como principais mercados Alemaña co 2,6% das noites-, Italia co 2,2%-, Estados Unidos co 2,1%- e Francia co 1,8% neste caso. Reino Unido sitúase a continuación co 1,6% do total internacional. Destaca neste ámbito o crecente volume e peso do mercado norteamericano que consegue situarse como o cuarto en orde de importancia a nivel global e o primeiro non europeo.

MERCADOS TURÍSTICOS O bo comportamento do mercado nacional vén como consecuencia do crecemento rexistrado na maior parte dos principais mercados emisores, sendo superior no segmento receptor do 10,2%- que no interno dos residentes en Galicia, que mellora neste caso un 4,8%-. Destacan por intensidade os incrementos rexistrados polo mercado madrileño que supera nun 21% o volume de demanda do pasado ano- e o catalán que mellora neste caso un 17%-. Soben tamén os restantes mercados principais Castela e León, Asturias ou Andalucía-. Constitúe a excepción o mercado vasco cun descenso acumulado do 8%. Evolución Principais Mercados Nacionais nos Aloxamentos Hoteleiros. Noites Acum. Xullo 2016/15 25,0% 20,0% 15,0% 20,6% 16,8% 10,0% 5,0% 8,2% 4,8% 3,8% 6,9% 6,0% 0,0% -5,0% -10,0% Españois Galicia Madrid Castela e León -7,9% -0,4% Andalucía Cataluña Asturias País Vasco C. Valenciana

MERCADOS TURÍSTICOS A nivel internacional obsérvase un comportamento tamén homoxéneo, con incrementos en boa parte dos principais mercados emisores, con similar intensidade. Destaca en todo caso, aínda que as diferenzas non son moi notables, o crecemento de Portugal por ser o mercado de maior volume e peso, cunha suba do 11,6%- Irlanda cun 16,3%- e EE.UU. cun incremento neste caso do 11,9%-. Menor dinamismo tiveron ata o momento os mercados alemán e italiano, cando menos no ámbito hoteleiro. Evolución Principais Mercados Internacionais nos Aloxamentos Hoteleiros. Noites Acum. Xullo 2016/15 20,0% 15,0% 10,0% 5,0% 0,0% 5,1% 11,6% 1,6% 3,1% 11,9% 8,6% 10,0% 16,3% -5,0% -10,0% -15,0% -20,0% Estranxeiros Portugal Alemaña Italia Estados Unidos -13,9% Francia Reino Unido Irlanda Países Baixos

DEMANDA TURISTICA O 83,2% da demanda turística regrada corresponde aos establecementos hoteleiros, porcentaxe que inclúe tanto aos hoteis que representan o 66,2%- como ás pensións co 17,0% neste caso-. O 16,8% restante, en cambio, sitúase no segmento extrahoteleiro, porcentaxe que neste caso reúne aos apartamentos turísticos que representan o 4,2% da demanda total-, aos cámpings o 8,8%- e aos establecementos de turismo rural que supoñen o 3,8% neste caso-. Reparto da demanda turística nas diferentes tipoloxías de aloxamento regrado. Noites Acum. Xullo 2016 4,2% 8,8% 3,8% 17,0% 66,2% HOTEIS PENSIÓNS APTOS. TURÍSTICOS CÁMPINGS TURISMO RURAL

DEMANDA TURISTICA O comportamento positivo da demanda é unha característica común a todas as tipoloxías de aloxamento. Destaca por intensidade o incremento rexistrado nos apartamentos turísticos, que superan nun 35% o número de noites do pasado ano. Os establecementos de turismo rural amosan tamén resultados positivos, cun incremento do 15,5%, cifra que baixa ao 9% no caso dos hoteis e cámpings As pensións presentan o crecemento máis moderado, de apenas o 1% neste caso. 40,0% 35,0% Evolución Demanda Turística Regrada por Tipoloxías. Noites Acum. Xullo 2016/15 35,0% 30,0% 25,0% 20,0% 15,0% 15,5% 10,0% 9,3% 9,2% 5,0% 0,0% 0,7% HOTEIS PENSIÓNS APTOS. TURÍSTICOS CÁMPINGS TURISMO RURAL Var. Int. Noites

DEMANDA TURISTICA CATEGORÍAS Dentro do ámbito hoteleiro obsérvase igualmente un comportamento positivo xeneralizado coa excepción dun segmento concreto que presenta caída de baixa intensidade as pensións dunha estrela. Destaca neste período o segmento de categoría alta hoteis de catro e cinco estrelas- cunha mellora do 11% nos niveis de demanda- e os hoteis dunha estrela que conseguen superar nun 16% os volumes do mesmo período do pasado ano-. 20,0% Evolución Demanda Turística Hoteleira por Categorías. Noites Acum. Xullo 2016/15 15,0% 16,3% 10,0% 10,6% 9,4% 5,0% 3,6% 0,0% -5,0% 1,3% -2,2% Hot. 5-4* Hot. 3* Hot. 2* Hot. 1* Pens. 3-2* Pens. 1* Var. Int. Noites 16/15

DEMANDA TURISTICA ESTAB. HOTELEIROS O segmento hoteleiro, de maior peso no conxunto da oferta regrada, amosa neste período de sete meses un comportamento positivo superando nun 5,5% a cifra de viaxeiros aloxados e nun 7,4% o volume de pernoctacións do mesmo período de 2015. Acumula tres anos consecutivos de crecemento da demanda do 4,0% en 2014, do 10,1% en 2015 e do 7,4% agora en 2016, porcentaxes referidas ás pernoctacións-, circunstancia que coloca os niveis deste ano nos máis elevados desde o 2010 recupera o nivel dos catro millóns desde ese ano-. Evolución Demanda Turística nos Establecementos Hoteleiros. Noites Acum. Xullo 2011-16 4.500.000 4.231.010 4.000.000 3.792.692 3.937.758 3.500.000 3.441.163 3.436.717 3.575.237 3.000.000 2.500.000 2.000.000 1.500.000 1.000.000 500.000 0 Ac. Xul 11 Ac. Xul 12 Ac. Xul 13 Ac. Xul 14 Ac. Xul 15 Ac. Xul 16 Noites

DEMANDA TURISTICA APTOS. TURÍSTICOS O segmento dos apartamentos turísticos mantén neste 2016 cando menos nos sete primeiros mesesa tendencia positiva de anos anteriores e marca máximo histórico de demanda con algo máis de 68.000 viaxeiros aloxados e preto de 215.000 pernoctacións. Esta dinámica positiva vén como consecuencia do bo comportamento observado polos dous grandes segmentos de mercado. O turismo nacional que representa o 83,5% do total da demanda- sobe un 31% mentres que o internacional increméntase nun 63% neste período. Evolución Demanda Turística nos Apartamentos Turísticos. Noites Acum. Xullo 2011-16 250.000 200.000 214.717 150.000 100.000 114.064 115.416 110.423 128.282 159.067 50.000 0 Ac. Xul 11 Ac. Xul 12 Ac. Xul 13 Ac. Xul 14 Ac. Xul 15 Ac. Xul 16 Noites

DEMANDA TURISTICA CAMPINGS Os cámpings de Galicia participan tamén desta conxuntura positiva e marcan en 2016 no conxunto dos primeiros sete meses- niveis de demanda nunca antes vistos. A cifra de viaxeiros aloxados increméntase un 7,9% -acadando preto de 130.000- mentres que as pernoctacións soben un 9,2% con case 450.000 neste caso. Boa parte do volume rexistrado neste período corresponde exclusivamente ao mes de xullo concretamente o 73%- confirmando o forte carácter estacional desta modalidade de aloxamento. Evolución Demanda Turística nos Campamentos Turísticos. Noites Acum. Xullo 2011-16 500.000 450.000 400.000 350.000 300.000 250.000 200.000 150.000 100.000 50.000 0 445.972 391.105 408.332 352.399 334.844 358.439 Ac. Xul 11 Ac. Xul 12 Ac. Xul 13 Ac. Xul 14 Ac. Xul 15 Ac. Xul 16 Noites

DEMANDA TURISTICA TURISMO RURAL No ámbito do turismo rural obsérvase tamén, tal como se comentou anteriormente, unha mellora da demanda superando nun 9,2% a cifra de viaxeiros aloxados e nun 15,5% o nivel de pernoctacións dos primeiros sete meses de 2015. Acumula tres anos consecutivos de crecemento neste período do 29% en 2014 e do 18% en 2015-, circunstancia que lle permite recuperar os niveis de demanda perdidos nos anos anteriores con caídas case consecutivas no período 2009-13- e acadar un total de 192.000 pernoctacións a cifra máis elevada dos últimos seis anos. 250.000 Evolución Demanda Turística en Turismo Rural. Noites Acum. Xullo 2011-16 200.000 150.000 127.994 122.511 140.984 166.212 192.040 100.000 109.553 50.000 0 Ac. Xul 11 Ac. Xul 12 Ac. Xul 13 Ac. Xul 14 Ac. Xul 15 Ac. Xul 16 Noites

OCUPACIÓN Os hoteis son a tipoloxía que rexistran un maior nivel de ocupación neste período co 36,7%. No contorno do 20-22% sitúanse as pensións, os apartamentos turísticos e os cámpings mentres que os establecementos de turismo rural sitúase por debaixo do 15%. Todas as modalidades de aloxamento conseguen mellorar os niveis de ocupación en relación ao pasado ano con maior e similar intensidade nos hoteis, apartamentos turísticos e cámpings de máis de dous puntos porcentuais nos tres casos-. % Ocupación e Variación Interanual nos Aloxamentos Regrados. Acum. Xullo 2016/15 40,00% 36,66% 35,00% 30,00% 25,00% 22,57% 22,26% 20,90% 20,00% 14,30% 15,00% 2,71 2,33 2,28 10,00% 1,67 5,00% 0,00% 0,28-5,00% -10,00% HOTEIS PENSIÓNS APTOS. TURÍSTICOS CÁMPINGS TURISMO RURAL 4,00 3,50 3,00 2,50 2,00 1,50 1,00 0,50 0,00-0,50-1,00 Var. Int. Ocupac. 15 % Ocupación

RENDIBILIDADE HOTELEIRA As tarifas hoteleiras en Galicia soben neste período un 1,6% en particular- ata situarse en 53,4 euros de media unha das tarifas máis baixas do conxunto do Estado-. A mellora dos niveis de demanda e ocupación neste período de sete meses, acontecida nun contexto de suba dos prezos hoteleiros, permite aos establecementos hoteleiros da comunidade incrementar os niveis de rendibilidade en relación ao 2015 o RevPAR sobe un 8,6% ata situarse en preto de 20 euros de ingreso medio por habitación dispoñible. 9,0% 8,0% 7,0% 6,0% 5,0% 4,0% 3,0% 2,0% 1,0% Ocupación, ADR e RevPAR Hoteleiro. Acum. Xullo 2016 6,4% 1,6% 8,6% 0,0% Ocupación ADR RevPAR

ESTADÍA MEDIA A estadía media nos establecementos regrados de Galicia sitúase en 1,9 noites neste período de sete meses, cifra que sobe levemente en relación ao pasado ano. Con este suave incremento rómpese en realidade unha tendencia de caídas consecutivas nos seis anos anteriores, circunstancia importante aínda que de momento puntual que en todo caso mantén a cifra por debaixo das dúas noites de media. 2,50 2,00 Estadía media nos Establecementos Regrados. Acum. Xullo 2011-16 2,14 2,06 1,99 1,94 1,87 1,90 1,50 1,00 0,50 0,00 Ac. Xul 11 Ac. Xul 12 Ac. Xul 13 Ac. Xul 14 Ac. Xul 15 Ac. Xul 16 Estadia Media Estab. Regrados

TURISMO INTERNACIONAL - FRONTUR No ámbito do turismo internacional existe unha fonte específica que mide o volume e características deste segmento da demanda: FRONTUR. Segundo esta operación nos primeiros sete meses deste ano visitaron Galicia pouco máis de 550.000 turistas estranxeiros, cifra que inclúe a aqueles que se aloxan en establecementos regrados e non regrados. Preto do 60% visitou a nosa comunidade por Vacacións/Ocio mentres que un 23% fíxoo por motivos persoais. O excursionismo internacional, procedente na súa meirande parte de Portugal en particular máis do 90%-, estímase en algo máis de 1,63 millóns de persoas neste mesmo período. Turismo internacional en Galicia. FRONTUR Acum. Xullo 2016 Acum. Xullo 2016 Peso TURISTAS INTERNACIONAIS 551.100 100,0% Vacacións / Ocio 322.862 58,6% Persoal (Saúde, Familia, ) 99.273 18,0% Resto motivos 128.966 23,4% EXCURSIONISMO INTERNACIONAL 1.637.475 -

CAMIÑO DE SANTIAGO No ámbito concreto do Camiño de Santiago existen varias fontes de información. En relación co número de Compostelas que expide a Oficina do Peregrino obsérvase neste período de sete meses un incremento importante, do 6,7%, rexistrando un total de 146.551 cifra que supón un máximo histórico en Galicia-. Por quinto ano consecutivo o volume de peregrinos estranxeiros supera aos españois representan neste período o 56,7% do total con pouco máis de 83.000-. Evolución peregrinos en Galicia. Nº Compostelas Acum. Xullo 2011-16 160.000 140.000 137.365 146.551 120.000 112.089 122.330 100.000 94.518 100.304 80.000 60.000 40.000 49.575 44.943 52.273 48.031 60.362 51.727 66.436 55.894 74.765 83.033 62.600 63.518 20.000 0 Ac. Xul 11 Ac. Xul 12 Xul 13 Xul 14 Xul 15 Xul 16 Nº Peregrinos Españois Estranxeiros

CAMIÑO DE SANTIAGO O incremento das peregrinacións a Santiago prodúcese tanto no lado nacional a cifra de peregrinos españois incrementouse nun 1,5%- coma no internacional o volume de peregrinos estranxeiros subiu un 11,1% acadando neste período máximo histórico con 83.033-. Así pois, no ámbito concreto do Camiño de Santiago obsérvase tamén un comportamento positivo do turismo internacional en Galicia. Por rutas destaca o Camiño Francés co 64% do total-, que rexistra un incremento do volume de peregrinos do 3,3%. Os restantes camiños amosan en global tamén comportamento positivo, do 13,1% neste caso. 12,0% 10,0% Evolución Peregrinos, por procedencia. Ac. Xullo 2016/15 11,1% 14,0% 12,0% Evolución Peregrinos, por rutas. Ac. Xullo 2016/15 13,1% 8,0% 10,0% 6,0% 6,7% 8,0% 6,0% 6,7% 4,0% 4,0% 3,3% 2,0% 1,5% 2,0% 0,0% Var. Peregrinos 16/15 Españois Estranxeiros 0,0% Var. Peregrinos 16/15 C. Francés Resto Camiños

CAMIÑO DE SANTIAGO Outro dos indicadores que se manexan na análise da demanda no Camiño de Santiago é o número de noites rexistradas na rede de albergues públicos do Xacobeo. Nestes primeiros sete meses do ano rexistráronse un total de 177.400 noites, cifra que descende nun 3,2% en relación ao dato do pasado ano. A tendencia dos últimos anos amosa, en termos xerais, certa estabilidade alternándose incrementos e caídas que en todo caso non son moi relevantes. Por rutas obsérvase un descenso das noites rexistradas nos albergues públicos do Camiño Francés do 7,2%- e un incremento paralelo daquelas correspondentes aos restantes camiños do 2,1% neste caso-. 250.000 Evolución Noites en Albergues Públicos. Ac. Xullo 2011-16 4,0% Variación Noites en Albergues Púbicos. Ac. Xullo 2016/15 200.000 189.870 187.481 193.139 182.261 183.210 177.399 2,0% 2,1% 150.000 0,0% 100.000-2,0% -4,0% -3,2% 50.000-6,0% 0 Ac. Xul 11 Ac. Xul 12 Ac. Xul 13 Ac. Xul 14 Ac. Xul 15 Ac. Xul 16-8,0% -7,2% Var. Noites 16/15 C. Francés Resto Camiños NOITES ALBERGUES PÚBLICOS

CAMIÑO DE SANTIAGO No ámbito do Camiño Francés, en particular, e tomando en consideración as cifras aportadas polo INE, obsérvase neste período un leve descenso tanto da cifra de viaxeiros aloxados coma das pernoctacións nos hoteis e pensións dos concellos presentes na ruta caen un 7,4% e 6,5% respectivamente-. Obsérvase un comportamento dispar dos dous grandes segmentos de mercado. Dunha banda cae o turismo nacional un 18,9% mentres que doutra sobe o internacional -nun 2,5%-. Este segmento representa o 59,5% do total dos viaxeiros aloxados-. Demanda Hoteleira no Camiño Francés. Acum. Xullo 2016 Acum. Xullo 2016 Var. Int. 16/15 VIAXEIROS ALOXADOS 196.503-7,4% Españois 79.564-18,9% Estranxeiros 116.939 2,5% NOITES 208.584-6,5% ESTADÍA MEDIA 1,06 1,0% OCUPACIÓN (%) 34,04% -0,60

TRÁFICO AEROPORTUARIO O tráfico global de pasaxeiros nos aeroportos de Galicia increméntase un 14,9% no conxunto dos primeiros sete meses do ano rexistrando preto de 2,57 millóns no conxunto da comunidade. O incremento global da cifra de pasaxeiros vén como consecuencia da mellora rexistrada nos tres aeroportos galegos, a taxas variables. Peinador é o que presenta as cifras máis destacadas cunha suba do tráfico áereo do 38%. En Lavacolla o incremento sitúase no 13,4% mentres que en Alvedro a porcentaxe queda no 2,5%. Tráfico aeroportuario en Galicia. Acum. Xullo 2016 AEROPORTO Ac. Xullo 2016 Ac. Xullo 2015 Var. Int. 16/15 A CORUÑA 603.513 588.981 2,5% SANTIAGO DE COMPOSTELA 1.421.274 1.253.684 13,4% VIGO 542.437 392.096 38,3% GALICIA 2.567.124 2.234.761 14,9%

TURISMO EN GALICIA Informe avaliación datos estatísticos. Acum. Xullo 2016 TURISMO en GALICIA 2016