RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE XUÑO DE 2018

Documentos relacionados
RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE XULLO DE 2018

RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE AGOSTO DE 2018

RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE DECEMBRO DE 2018

RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE ABRIL DE 2018

INFORME CLIMATOLÓXICO

INFORME CLIMATOLÓXICO

DESCRICIÓN SINÓPTICA DO MES...

Avance do informe climatolóxico outono 2014 AVANCE INFORME CLIMATOLÓXICO OUTONO 2014

Informe climatolóxico Mes de maio 2008 INFORME CLIMATOLÓXICO

INFORME CLIMATOLÓXICO

Informe climatolóxico Mes de xaneiro 2010 INFORME CLIMATOLÓXICO

Informe climatolóxico ano 2008 INFORME CLIMATOLÓXICO ANO 2008

Informe climatolóxico primavera 2013 INFORME CLIMATOLÓXICO PRIMAVERA 2013

Informe climatolóxico outono 2015 INFORME CLIMATOLÓXICO OUTONO 2015

Informe climatolóxico outono 2017 INFORME CLIMATOLÓXICO OUTONO 2017

Informe climatolóxico inverno INFORME CLIMATOLÓXICO INVERNO

Informe climatolóxico outono 2016 INFORME CLIMATOLÓXICO OUTONO 2016

INFORME SOBRE O EPISODIO DE SECA

Iinforme climatolóxico inverno INFORME CLIMATOLÓXICO INVERNO

Informe climatolóxico primavera 2014 INFORME CLIMATOLÓXICO PRIMAVERA 2014

Informe climatolóxico Mes de setembro 2010 INFORME CLIMATOLÓXICO

Informe climatolóxico primavera 2015 INFORME CLIMATOLÓXICO PRIMAVERA 2015

Anuario de raios 2017 DATOS METEOROLÓXICOS 2017 RAIOS

Informe climatolóxico xuño 2017 ÍNDICE

Informe climatolóxico xuño 2017 ÍNDICE

Informe climatolóxico agosto 2017 ÍNDICE

Informe climatolóxico xaneiro 2018 ÍNDICE

Informe climatolóxico novembro 2017 ÍNDICE

Informe climatolóxico setembro 2017 ÍNDICE

Informe climatolóxico xullo 2017 ÍNDICE

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE XULLO DE 2016

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE AGOSTO DE 2016

Informe climatolóxico novembro 2018 ÍNDICE

Informe climatolóxico abril 2018 ÍNDICE

Informe climatolóxico agosto 2011 INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE AGOSTO DE 2011

Informe climatolóxico novembro 2018 ÍNDICE

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE OUTUBRO DE 2016

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE XANEIRO DE 2016

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE OUTUBRO DE 2016

Informe climatolóxico xuño 2011

Informe climatolóxico marzo 2017 ÍNDICE

DESCRICIÓN SINÓPTICA DO MES...

Informe climatolóxico marzo 2011

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE XUÑO DE 2014

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE MARZO DE 2016

Informe climatolóxico febreiro 2018 ÍNDICE

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE XUÑO DE 2015

DESCRICIÓN SINÓPTICA DO MES...

INFORME DO PARO REXISTRADO DECEMBRO DE 2009

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE SETEMBRO DE 2013

INFORME SOBRE AFILIACIÓNS Á SEGURIDADE SOCIAL

Informe climatolóxico maio 2012 INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE MAIO DE 2012

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE SETEMBRO DE 2013

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE SETEMBRO DE 2012

Informe climatolóxico decembro 2011

O FENÓMENO DE CICLOXÉNESE EXPLOSIVA, QUE AFECTOU A GALICIA O PASADO VENRES, SUPEROU OS REXISTROS HISTÓRICOS DE REFACHOS DE VENTO NA NOSA COMUNIDADE

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE NOVEMBRO DE 2013

Os maiores e as TIC ANO 2011

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE FEBREIRO DE 2014

Maquetación: ocumodeseño

COMENTARIO DUN MAPA DO TEMPO

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE MARZO DE 2013

Informe climatológico del invierno

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE AGOSTO DE 2012

INFORME METEOROLÓXICO DÍAS 8-9/11/2010

Pacto Territorial de Emprego Costa da Morte

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE XANEIRO DE 2014

Informe climatológico Mes de octubre 2010 INFORME CLIMATOLÓGICO

O RELEVO DE GALICI C A I

A SINIESTRALIDADE NAS ESTRADAS.

Informe Climatológico Mes de julio 2010 INFORME CLIMATOLÓGICO

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

a auga dos ríos, mares, lagos, da transpiración vexetal evapórase, facendo que as masas de aire teñan unha porcentaxe de humidade.

INFORME DE PRECIPITACIÓN EN GALICIA OS DÍAS 2/10/2010 e 3/10/2010.

INFORME SOBRE A POBREZA EN GALICIA

Lixeiro crecemento da poboación no período , favorecido pola chegada de inmigrantes

INFORME SOBRE O TIEPI (TEMPO DE INTERRUPCIÓN EQUIVALENTE Á POTENCIA INSTALADA) EN GALICIA NA ANUALIDADE 2011

INFORME SOBRE O NIEPI (NÚMERO DE INTERRUPCIÓNS EQUIVALENTE Á POTENCIA INSTALADA) EN GALICIA NA ANUALIDADE 2011

PROGRAMAS DA ADMINISTRACIÓN DA XUNTA DE GALICIA PARA O FOMENTO DA EDUCACIÓN AMBIENTAL NA ETAPA DE EDUCACIÓN PRIMARIA

As empresas culturais en Galicia

OS FACTORES TERMODINÁMICOS

E DAS PERSOAS RESIDENTES NO CONCELLO DA CORUÑA

Informe sobre os fogares compostos por persoas maiores de 64 anos.

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia

Informe climatolóxico Mes de diciembre 2010 INFORME CLIMATOLÓGICO

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

Informe climatológico Mes de septiembre de 2010 INFORME CLIMATOLÓGICO

COMENTARIO MAPA DE TEMPO EN SUPERFICIE

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Xullo Nº Var. Int. 17/16

DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3387

Informe climatológico Mes de agosto 2010 INFORME CLIMATOLÓGICO

economíasocial 2.4. As fontes estatísticas empregadas para a análise da economía social son, fundamentalmente,

Pacto Territorial de Emprego do Salnés [INFORME DE SINISTRALIDADE LABORAL]

O 93,1% dos galegos de 16 ou máis anos manifesta estar preocupado polo medio ambiente e un 19,1% participar en actividades relacionadas

OS ELEMENTOS DO CLIMA. Selectividade: Exercicio práctico: Mapas de temperaturas e precipitacións medias.

Aumento dos viaxeiros e pernoitas en establecementos hoteleiros e casas de turismo rural no ano 2006

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Marzo Nº Var. Int. 18/17

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

Transcripción:

RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE XUÑO DE 2018

ÍNDICE 1 INTRODUCIÓN... 3 2 DESCRICIÓN SINÓPTICA DO MES... 4 3 RESUMO CLIMATOLÓXICO NAS PRINCIPAIS CIDADES DE GALICIA.... 6 4 TEMPERATURA... 10 4.1. Temperatura media das máximas.... 10 4.2. Temperatura media das mínimas.... 11 4.3. Anomalía de temperatura media con respecto ao período 1981-2010... 12 5 PRECIPITACIÓN... 13 5.1. Precipitación acumulada mensual Xuño 2017... 13 5.2. Porcentaxe de valor acumulado de precipitación con respecto ao valor normal.... 14 5.3. Evolución da temperatura media en xuño no período 1961-2017.... 15 5.4. Evolución da precipitación en xuño no período 1961-2017.... 16 Data edición: 09-07-2017 Páxina 2 de 16

Mes moi húmido, con temperaturas máximas máis baixas do normal e mínimas máis cálidas. 1 INTRODUCIÓN Neste informe considérase o período climático de referencia 1981-2010. Así, as anomalías calculadas nas táboas, mapas e gráficos, e percentiles calcúlanse con respecto a este período de referencia. Para caracterizar o mes en función da temperatura considéranse os seguintes criterios: Percentil Categoría < mínimo en 1981-2010 Extremadamente frío Entre 5% e 20% Moi frío Entre 20% e 40% Frío Entre 40% e 60% Normal Entre 60% e 80% Cálido Entre 80% e 95% Moi cálido >máximo en 1981-2010 Extremadamente cálido. Táboa 0.1. Cualificación do mes en función da temperatura. Para caracterizar o mes en función da precipitación considéranse os seguintes criterios: Percentil Categoría < mínimo en 1981-2010 Extremadamente seco Entre 5% e 20% Moi seco Entre 20% e 40% Seco Entre 40% e 60% Normal Entre 60% e 80% Húmido Entre 80% e 95% Moi Húmido >máximo en 1981-2010 Extremadamente Húmido. Táboa 0.2. Cualificación do mes en función da precipitación. Páxina 3 de 16

2 DESCRICIÓN SINÓPTICA DO MES O mes de xuño quedou marcado pola gran variabilidade nas situacións meteorolóxicas, xa que o mes comezou con borrascas que achegaron moita chuvia e deixaron temperaturas baixas, pero na segunda quincena tivemos varias xornadas con temperaturas máximas extremas. Esta situación fai que a media das temperaturas estea preto do normal, aínda que os valores máximos quedan algo por debaixo e os mínimos algo por riba. Debido ás intensas chuvias dos primeiros dez días e aos fenómenos tormentosos dos derradeiros dous, as chuvias estiveron por riba do agardado. Así, os primeiros 7 días do mes estiveron caracterizados pola chegada de bolsas de aire frío nas capas medias e altas da atmosfera que ocasionaban un tempo moi inseguro e cambiante, con temperaturas aínda elevadas nos dous primeiros días. Na xornada do 8 achegábase a Galicia un pequeno centro de baixas presións que deixaba 3 xornadas cos ceos moi anubrados, temperaturas anormalmente baixas para a altura do ano e chuvias por momentos persistentes e bastante xeneralizadas. O día 11 esta baixa comezou a desprazarse cara ao leste e pouco a pouco a inestabilidade foi diminuíndo, aínda que ata o 13 tivemos 3 días cos ceos moi anubrados, temperaturas aínda baixas para a época do ano e algunhas chuvias, pero xa de carácter máis illado e ocasional que nos 3 días anteriores. Na xornada do 14 tivemos a primeira situación anticiclónica do mes, coas altas presións entrando en forma de cuña dende os Azores. Foi un día que aínda comezaba cos ceos anubrados, pero remataba cunha clara apertura de claros. Os ceos moi abertos foron a característica principal dos seguintes días, entre o 15 e o 19, con temperaturas que foron ascendendo paulatinamente, xa que as altas presións movéronse cara ao norte e achegaron aire cálido dende o sur da península Ibérica e o norte de África. A partir do 20 mantívose a situación en superficie, pero de novo recibimos a visita dunha zona de aire frío en altura, desta volta procedente do sur. A combinación dese aire cálido en superficie co frío en altura deixou importantes fenómenos tormentosos nos días 20, 21 e 22. Páxina 4 de 16

A partir do 23 esta zona de aire frío afastouse da comunidade galega e quedamos baixo a influencia do anticiclón, que de novo achegou aire cálido, manténdose polo tanto un período de temperaturas moi elevadas entre o 20 e o 24. A partir do 25 a masa de aire cálido de orixe norteafricana foise desprazando cara ao leste e foi substituída por outra de orixe atlántica, polo tanto máis fresca e húmida, que foi deixando progresivamente un aumento das nubes e un descenso de temperatura. Este proceso comezou o propio día 25 polas comarcas atlánticas e tivemos que agardar ata o 26 para que se consolidase en toda Galicia e tivésemos un descenso significativo das temperaturas. Na xornada do 27 subiron novamente as temperaturas e o mes rematou nos derradeiros 3 días con situacións tormentosas. Os chuvascos foron particularmente intensos nas dúas derradeiras xornadas do mes, 29 e 30. Destacan puntos concretos como as chuvias torrenciais rexistradas en Ourense na tarde do 29 e en A Coruña nas últimas horas do día 30. Páxina 5 de 16

3 RESUMO CLIMATOLÓXICO NAS PRINCIPAIS CIDADES DE GALICIA. Compáranse os valores rexistrados no mes en curso nas estacións da rede meteorolóxica de MeteoGalicia (A Coruña-Torre de Hércules (CTH), Santiago-EOAS, Campus Lugo, Lourizán e Ourense) cos valores climáticos, no período 1981-2010, para ese mes, obtidos a partir da serie histórica máis próxima (A Coruña-Estación Completa (CEC) / Santiago- Astronómico / Lugo-Fingoi / Ourense-granxa, estacións da AEMET e Lourizán, de MeteoGalicia). Debido á localización das estacións meteorolóxicas da cidade de A Coruña, CTH (costeira) e CEC (urbana), o comportamento en canto á temperatura difire en determinadas situacións meteorolóxicas, polo que na táboa de A Coruña inclúense os datos de ambas estacións e se compara a estación CEC contra si mesma no período de referencia climático 1981-2010. O valor climático corresponde á media destes 30 anos para o mes considerado. Móstranse tamén os valores extremos da serie e o ano no que se acadaron. No caso das temperaturas máximas (mínimas) absolutas, móstrase o valor máximo (mínimo) da serie histórica mensual e a data na que se acadou. As temperaturas danse en ºC e as precipitacións en mm (ou L/m 2 ). O número de días de chuvia corresponde á suma dos días nos que a precipitación rexistrada é igual ou superior a 1 mm. Páxina 6 de 16

A CORUÑA XUÑO 2018 CTH/CEC VALORES CLIMÁTICOS * Resumo do Informe climatolóxico xuño 2018 valor máximo valor mínimo Tª media 17.3/17.4 17.4 19.1 (2005) 14.2 (1972) Tª mínima media 14.9/14.8 14.3 15.7 (2004) 11.5 (1946) Tª mínima absoluta 11.9/11.8 (día 3) 4.2 (07/06/1936) Tª mínima máis alta 17.5/17.8 (día 22) 20.2 (16/06/2000) Tª máxima media 19.7/20.0 20.5 22.7 (2005) 16.6 (1972) Tª máxima absoluta 27.8/29.0 (día 23) 34.8 (03/06/1980) Tª máxima máis baixa 16.7/16.5 (día 17/5) 13.0 (10/06/1966) Precipitación acumulada 93 25-45 142 (1935) 1 (1962) Días de chuvia ( 1mm) 8 7 18 (1935) 1 (1962) Comentario: Temperaturas medias normais, pero con valores máximos por debaixo do normal e temperaturas mínimas por riba. Foi o mes de xuño máis chuvioso dende 1987 e cabe cualificalo como moi húmido.. * Valores climáticos 1981-2010. Precipitación:1931-2017 Temperatura: 1948-2017 SANTIAGO XUÑO 2018 VALORES CLIMÁTICOS * valor máximo valor mínimo Tª media 17.7 17.6 20.1 (2005) 15.5 (1992) Tª mínima media 13.4 12.6 14.2 (2004) 11.2 (1992) Tª mínima absoluta 8.9 (día 3) 4.8 (05/06/1984) Tª mínima máis alta 21.9 (día 23) 22.9 (27/06/2012) Tª máxima media 21.9 22.2 26.0 (2005) 19.8 (1992) Tª máxima absoluta 34.0 (día 23) 36.9 (25/06/2011) Tª máxima máis baixa 12.9 (día 9) 11.3 (02/06/1984) Precipitación acumulada 134 37-57 143 (2009) 7 (2011) Días de chuvia ( 1mm) 11 7 20 (1997) 1 (1996) Comentario: Mes con temperaturas medias e máximas no rango normal. As mínimas foron máis cálidas do habitual nun mes de xuño. A chuvia foi moi superior ao valor climático, polo que o mes resultou moi húmido. * Valores climáticos 1982-2010. Precipitación:1982-2017. Temperatura: 1982-2017 Páxina 7 de 16

LUGO XUÑO 2018 VALORES CLIMÁTICOS * valor máximo valor mínimo Tª media 17.7 16.8 19.5 (2004) 14.9 (1992) Tª mínima media 12.8 11.0 12.9 (2005) 8.8 (1991) Tª mínima absoluta 9.3 (día 1) 2.8 (11/06/2001) Tª mínima máis alta 16.6 (día 21) 17.5 (06/06/2004) Tª máxima media 22.6 22.6 26.3 (2004) 19.3 (1992) Tª máxima absoluta 35.3 (día 24) 36.1 (26/06/2011) Tª máxima máis baixa 14.7 (día 5) 11.0 (02/06/1984) Precipitación acumulada 65 22-40 169 (2010) 3 (2011) Días de chuvia ( 1mm) 11 6 16 (1982) 1 (2011) Comentario: Mes con temperaturas medias cálidas debido a unhas temperaturas mínimas más cálidas do habitual. As máximas estiveron en valores normais. A chuvia foi moi superior ao valor climático, polo que o mes resultou moi húmido. * Valores climáticos 1981-2010. Precipitación:1981-2017. Temperatura: 1981-2017 PONTEVEDRA (LOURIZÁN) XUÑO 2018 VALORES CLIMÁTICOS * valor máximo valor mínimo Tª media 19.1 18.6 21.1 (2004) 15.4 (1972) Tª mínima media 15.0 13.0 15.3 (2004) 10.2 (1972) Tª mínima absoluta 11.5 (día 8) 4.6 (05/06/1984) Tª mínima máis alta 19.3 (día 21) 19.5 (14/06/2003) Tª máxima media 23.2 24.1 27.2 (1976) 20.4 (1977) Tª máxima absoluta 32.5 (día 18) 39.6 (19/06/2003) Tª máxima máis baixa 15.6 (día 5) 14.0 (04/06/1963) Precipitación acumulada 82 39-61 229 (1974) 1 (1962) Días de chuvia ( 1mm) 10 7 15 (2012) 0 (1962) Comentario: Mes cálido tendo en conta a temperatura media. As máximas foron máis baixas do normal e as mínimas estiveron por riba. En canto á precipitación, resultou un mes húmido. * Valores climáticos 1981-2010. Precipitación:1958-2016. Temperatura: 1958-2017 Páxina 8 de 16

OURENSE XUÑO 2018 VALORES CLIMÁTICOS * Resumo do Informe climatolóxico xuño 2018 valor máximo valor mínimo Tª media 20.5 20.2 23.8 (2004) 16.4 (1977) Tª mínima media 14.4 12.9 15.6 (2004) 10.4 (1977) Tª mínima absoluta 9.7 (día 9) 2.4 (03/06/1975) Tª mínima máis alta 19.3 (día 25) 22.1 (27/06/2012) Tª máxima media 26.6 27.5 32.0 (2004) 22.4 (1977) Tª máxima absoluta 37.8 (día 24) 40.9 (26/06/2011) Tª máxima máis baixa 16.0 (día 5) 12.6 (03/06/1984) Precipitación acumulada 110 25-31 127 (1988) 0 (2011) Días de chuvia ( 1mm) 9 5 14 (1988) 0 (2011) Comentario: Mes cálido tendo en conta a temperatura media. As máximas foron máis baixas do normal e as mínimas estiveron por riba. En canto á precipitación, resultou un mes húmido, o segundo xuño máis húmido da serie., * Valores climáticos 1981-2010. Precipitación:1973-2016. Temperatura: 1972-2017 Páxina 9 de 16

4 TEMPERATURA As temperaturas quedaron moi marcadas pola gran variabilidade nos valores, con moitos días nos que os valores máximos non chegaron aos 20ºC e outros, particularmente no período entre o 20 e o 24, no que se superaron os 30ºC con certa amplitude o que en parte cancelou a anomalía negativa. Os valores mínimos estiveron por riba do agardado debido aos moitos días con nubes que fan que os termómetros se manteñan en valores suaves nas madrugadas. 4.1. Temperatura media das máximas. Figura 1: Mapa de temperatura media das máximas do mes de xuño de 2018. Páxina 10 de 16

O valor medio das temperaturas máximas no mes de xuño para Galicia, a partir dos valores do mapa, foi de 21.3 ºC. Os valores máis baixos rexistráronse principalmente na Mariña Lucense e Ortigueira con valores próximos aos 15 ºC e os valores máis altos nas comarcas limítrofes cos ríos Miño e Sil e na comarca de Verín, onde o valor medio de temperatura máxima achegouse aos 26ºC. 4.2. Temperatura media das mínimas. O valor medio das temperaturas mínimas no mes de xuño para o territorio galego foi de 12ºC, sendo os valores máis baixos os rexistrados na comarca da Limia e macizo de Manzaneda onde se acadaron valores próximos aos 8 ºC. Os valores máis altos en zonas do litoral, Baixo Miño, parte da Comarca de Valdeorras e entorno a cidade de Ourense (con valores próximos aos 15 ºC). Figura 2: Mapa de temperatura media das mínimas do mes de xuño de 2018. Páxina 11 de 16

4.3. Anomalía de temperatura media con respecto ao período 1981-2010. A anomalía da temperatura media no conxunto de Galicia neste mes de xuño, tendo en conta a media dos valores do mapa, foi de 0.36 ºC. As anomalías positivas máis altas rexistráronse no interior de Lugo e comarca de Verín, entorno a +1ºC e as mínimas no litoral sur de A Coruña, preto de -1ºC. Figura 3: Mapa de anomalía de temperatura media (ºC) de xuño respecto al período 1981-2010. Páxina 12 de 16

5 PRECIPITACIÓN As precipitacións acumuladas estiveron moi por riba do agardado nun mes de xuño debido principalmente ao período chuvioso dos primeiros 11 días do mes. Soamente coas chuvias acumuladas neses días era suficiente para considerar o mes como húmido. Pero a isto temos que engadirlle os fenómenos tormentosos rexistrados nos últimos días que levaron mesmo a superar o dobre de chuvia acumulada habitual nun mes de xuño. 5.1. Precipitación acumulada mensual xuño 2018 Figura 4: Mapa de precipitación acumulada no mes de xuño de 2018. O valor medio no conxunto de Galicia neste me de xuño, a partir dos valores do mapa, foi de 104 L/m 2. Os maiores rexistros acadáronse nas zonas de montaña de Ourense (máis de 170 L/m 2 ) e nas comarcas de Xallas e Santiago, con valores por riba dos 150 L/m 2. Páxina 13 de 16

5.2. Porcentaxe de valor acumulado de precipitación con respecto ao valor normal. No mapa da figura 5 pódese ver a porcentaxe de precipitación no mes de xuño con respecto aos valores climáticos, sendo o 100% o valor normal. O valor medio para o conxunto do territorio galego foi un 89 % superior ao período de referencia 1981-2010. Os valores máis altos acadáronse principalmente na provincia de Ourense por mor das treboadas, con valores de máis de tres veces o normal dun mes de xuño. Figura 5: Porcentaxe da precipitación acumulada con respecto aos valores normais do período 1981-2010 do mes de xuño de 2018. Páxina 14 de 16

5.3. Evolución da temperatura media en xuño no período 1961-2017. A anomalía media da temperatura para este mes de xuño en Galicia, obtida a partir das anomalías medias en once estacións meteorolóxicas representativas, foi de +0.19 ºC, o que fai que o mes poida considerarse no conxunto de Galicia como normal, se ben as mínimas estiveron 1.17ºC por riba do normal es as máximas 0.8ºC por debaixo. O 2013 foi o ano precedente con temperaturas medias más baixas. Figura 6: Evolución da anomalía de temperatura media en xuño, respecto ó período 1981-2010. Páxina 15 de 16

5.4. Evolución da precipitación en xuño no período 1961-2017. A anomalía media das precipitacións para este mes de xuño en Galicia, obtida a partir das anomalías medias en dezaseis estacións meteorolóxicas representativas, foi dun 108 % por riba do normal. Isto fai que o mes poida considerarse como moi húmido. O 2007 foi o ano máis próximo con chuvias similares ao 2018 nun mes de xuño. Figura 7: Evolución da anomalía de precipitación en xuño, respecto ó período 1981-2010. Esta información ampliarase no informe mensual que se publicará proximamente. MeteoGalicia Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático Consellería de Medio Ambiente e ordenación do Territorio Xunta de Galicia Páxina 16 de 16