XXXVI GRAN PREMIO CIDADE DE VIGO DE ATLETISMO

Documentos relacionados
REGULAMENTO. A competición estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo e formará parte do seu calendario oficial.

CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS CIRCUITO PRAIA CABÍO A POBRA DO CARAMIÑAL 17/02/2018 REGULAMENTO COMPETICIÓN CAMPO A TRAVÉS

Proba Súper-Sprint: Infantil/Cadete, júnior/sub23, absoluta, V1,V2. Proba Sprint: Absoluta -única-

CIRCULAR 38/2016. CAMPIONATO DE GALICIA BENXAMIN, ALEVIN, INFANTIL POR EQUIPOS A Coruña, 22 de Maio 2016

CIRCULAR LXXXV CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO MASCULINO L CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO FEMININO

CAMPIONATO DE GALICIA CADETE DE PISTA AIRE LIBRE. Ferrol, 4 de Xuño do 2016

SISTEMA DE COMPETICIÓNCAMPIONATO PROVINCIAL INDIVIDUAL

CAMPIONATO GALEGO DE TRÍATLON DE RELEVOS MIXTOS- NIGRÁN 2018

CIRCULAR 109/2017. Art. 2).- Poderán participar todos aqueles atletas que o desexen e se atopen en calquera das seguintes condicións:

IIIª CARREIRA E ANDAINA CONTRA EL CANCER A RÚA DE VALDEORRAS 2018

CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO E PROMESA DE PISTA CUBERTA CAMPIONATO DE GALICIA JUNIOR 1500 E 3000 PISTA CUBERTA. A Coruña, 4 de Febreiro do 2017

CAMPIONATO DE GALICIA CADETE E XUVENIL DE PISTA AIRE LIBRE Ferrol, 4 de Xuño do 2017

CIRCULAR 58/2009. CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO E CAMPIONATO GALEGO DE RELEVOS Pistas de A Malata (Ferrol), Sábado 18 de Xullo do 2009

NORMATIVA XERAL DA MODALIDADE DE ATLETISMO PISTA INDIVIDUAL DAS SEIS XORNADAS PROGRAMADAS CURSO 2017/2018 ZONAS: CORUÑA - FERROL

ATLETISMO EN PISTA PROGRAMA XOGADE (XOGOS GALEGOS DEPORTIVOS) EN IDADE ESCOLAR PARA CURSO Organiza: Colabora:

INSCRIPCIONS: Na Web da RFEA mediante o sistema online ata as 23:00 horas do martes 10 de xaneiro de 2017.

V SAN SILVESTRE PONTESA 2015

VII MEMORIAL MANUEL BERGUEIRO

NORMATIVA. Campionato Galego de Remo Indoor Ferrol, 22 de Xaneiro de 2017 (Domingo)

BENQUERENCIA TERRA - MAR

BENQUERENCIA TERRA - MAR

ORGANIZAN PARTICIPANTES

VI CARREIRA SOLIDARIA DA PISCINA MUNICIPAL DE MUROS - REGULAMENTO -

CIRCULAR 48/2015. Art.2) Poderán intervir todos aquelos atletas, cas marcas mínimas acreditadas, que se atopen en calqueira das seguintes condicións:

III CIRCUITO DE CARREIRAS AROUSA NORTE 2018

X CARREIRA POLULAR DO SAN SALVADOR - CONCELLO DE BAÑOS DE MOLGAS

OENACH ATLANTICO SEDES 30 DE XULLO DE CARREIRA POPULAR AO CASTRO 2017 REGULAMENTO

ESCENARIO DE PRÁCTICAS Celebraranse as probas nas Pistas de Atletismo ao aire libre, de Elviña (A Coruña), e da Malata (Ferrol)

CARREIRA PEDESTRE BATALLA DE CACHEIRAS 2016 CONCELLO DE TEO

Natación. 15 de marzo de 2017 Piscina universitaria - Campus Vida Santiago de Compostela

II CIRCUITO CONCELLO DE VIGO DE ATLETISMO EN PISTA - SERIES MUNICIPAIS

1. - ORGANIZACIÓN DATA E HORA DE CELEBRACIÓN LUGAR DA PROBA CATEGORÍAS

II CARREIRA NOCTURNA RINLO-RIBADEO SÁBADO 18 DE AGOSTO DE 2018 ÁS 21:45

III TRAVESÍA VILA DO TEA

Art.2) Poderán intervir todos aquelos atletas, cas marcas mínimas acreditadas, que se atopen en calqueira das seguintes condicións:

CIRCULAR 5/2017(Inclúe caixóns de saída)

CIRCULAR CRITERIOS DE SELECCIÓN PARA FORMAR PARTE DA SELECCIÓN GALEGA DE ATLETISMO 2018/2019

REGULAMENTO CARREIRA - ANDAINA NOCTURNA SOLIDARIA CASTELO DA LÚA

XXIXª MILLA URBANA O BARCO DE VALDEORRAS

III TRAVESÍA VILA DO TEA

Fase Final Copa Fair Play 2016

CAMPIONATO GALEGO DE DUATLÓN CONTRARELOXO POR EQUIPOS 4º DUATLÓN CONCELLO DE VEDRA SÁBADO 18 DE FEBREIRO DE 2017

VIII Milla San Roque, Sada

REGULAMENTO PIRAGUA-CROSS PARA INFANTÍS 18/12/2016

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS PARQUE DE SALGUEIRIÑOS (SANTIAGO DE COMPOSTELA) SÁBADO, 15 DE FEBREIRO/2014

ATLETISMO EN PISTA PROGRAMA XOGADE (XOGOS GALEGOS DEPORTIVOS) EN IDADE ESCOLAR PARA CURSO Organiza: Colabora:

REGULAMENTO BAREMO DE ACTIVIDADES

REGULAMENTO VII NOCTURNA ESTRADENSE 2018

VIII TORNEO FUTBOL BAS

Deporte de Orientación

XII TORNEO DE FÚTBOL BASE AFAC

Control técnico: Comité Gallego de Jueces. de la Federación Gallega de Atletismo. Cronometraje: Cronotec

Invitación-Regulamento - II Duatlón Cross RIBADUMIA 2014

II Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple

REGULAMENTO VI NOCTURNA ESTRADENSE 2017

X CARREIRA POPULAR CONCELLO DE PADRÓN 2012 REGULAMENTO

III CARREIRA-ANDAINA SAN SILVESTRE VILALBESA 31 DE DECEMBRO 2017

I TRIVOLTA A GALICIA.

REGULAMENTO DA COPA DEPUTACIÓN DE OURENSE TEMPADA 2017

ORGANIZACIÓN DE COMPETICIÓNS DE NATACIÓN POLOS CLUBES E CAMPIONATOS GALEGOS

REGULAMENTO V CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MOECHE

BASES DA CONCESIÓN DE PREMIOS A DEPORTISTAS E CLUBS MÁIS DESTACADOS DO CONCELLO DE MONFORTE NO ANO 2017

II CARREIRA-ANDAINA SAN SILVESTRE VILALBESA 31 DE DECEMBRO 2016

III TRIATLÓN DE MENORES DE SADA 18/06/2017

CIRCULAR 7/2017 (Inclúe caixóns de saída)

III CARREIRA POPULAR FESTA DA AUGARDENTE DE PORTOMARÍN. a carón do río

XII CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE O PINO

SONRAIDER 5ª PROBA DA LIGA GALEGA DE RAID DE ORIENTACIÓN

CIRCULAR CRITERIOS DE SELECCIÓN PARA FORMAR PARTE DA SELECCIÓN GALEGA DE ATLETISMO 2017/2018

XV CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE MOAÑA. Un Atleta unha Arbore.. Moaña 22 de Setembro de 2018

REGULAMENTO 3ª VOLTA Ó MAZANTEU (CONCELLO DE CARIÑO)

XVI DUATLON CIDADE DE SANTIAGO CLASIFICATORIO CAMPIONATO GALEGO DE DUATLON DE MARZO

CIRCULAR 6/2017(Inclúe caixóns de saída)

V PEDESTRE DO ANLLÓNS TROFEO DE NADAL. EN CARBALLO, O 30 DE DECEMBRO DE 2017.

100 m. 100 m. 100 m. vallas Sub m. vallas. 200 m. 200 m. 400 m. 400 m. 800 m m m m. Obstáculos m.

A V I A M A N

DESFILE DE DISFRACES E CARROZAS MARTES 28 DE FEBREIRO ÁS 17:00 HS. VILAGARCÍA DE AROUSA

MEMORIA 5ª BTT DOS CALLOS

REGULAMENTO. 1. Nome e data: I MAR DE MUROS TRÍATLON Sábado, 2 de xuño do 2018

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRÍATLON SPRINT

TORNEO DE NADAL CONCELLO DE VIGO 2016

CIRCULAR 60/2011 CAMPIONATO GALEGO DE 10 KM EN RUTA V CARREIRA URBANA DE 10 KM CIDADE DA CORUÑA (A CORUÑA 10)

CONVOCATORIA DOS PROGRAMAS DE TECNIFICACIÓN E RENDEMENTO DEPORTIVO NO CENTRO GALEGO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA CURSO 2012/13

CIRCULAR A todas as Delegacións (*) - Aos clubes e adestradores (*) Para a súa distribución entre todos os estamentos da súa demarcación

Circular 72/2007 BECAS DE MATERIAL DEPORTIVO PARA ATLETAS DE CATEGORÍAS INFERIORES

CAMPIONATO GALEGO DE CLUBES DE PISTA AIRE LIBRE Estadio Municipal de Cabalagueiros, O Barco de Valdeorras, 14 de abril 2012

INFORME DO PARO REXISTRADO DECEMBRO DE 2009

EDICIÓN I SAN RAMÓN 2015 CARREIRA POPULAR NOCTURNA- VILALBA

REGULAMENTO COPA DEPUTACIÓN LUGO TEMPADA 2018

REUNIÓN TÉCNICA. Arteixo-Riveira-Cedeira- 29 de abril a 1 de maio

XXXIX CARREIRA POPULAR DE PASCUA

NORMAS 2º - CARACTERISTICAS E DIMENSIONES 3º - COMPOSICIÓN DO XURADO 4º - SISTEMA DE PUNTUACION 5º - NORMATIVA 6º - PREMIOS 7º - OBSERVACIONS XERAIS

REGULAMENTO I TRíATLON BOAMORTE-BIKES SANXENXO 2016

IV Carreira Popular de Mondariz

CIRCULAR Nº 31/2007 CAMPIONATO GALEGO DE MEDIA MARATON ABSOLUTO E VETERANOS

1ª GARA CUP PIRELLI DE MONTAÑA 2018

Transcripción:

XXXVI GRAN PREMIO CIDADE DE VIGO DE ATLETISMO HISTORIA. Na xa longa historia do atletismo vigués, que arranca no ano 1913, o GRAN PREMIO CIDADE DE VIGO en pista, iniciado no 1958, representa un dos seus máximos acontecementos, entre os distintos campionatos nacionais e encontros internacionais de atletismo, ruta e campo a través celebrados na cidade. Foi en xullo de 1958 cando este Meeting, ao estilo dos grandes nacionais e europeos, se disputou por vez primeira nas desaparecidas pistas de cinza do Estadio de Fútbol de Balaídos e xa daquela viñeran a competir os mellores fondistas de España e Portugal en carreiras de 2.000 e 5.000 metros, ante milleiros de seareiros, gañando os olímpicos Tomás Barris e Antonio Amorós. Aquela xornada inicial alcanzou un éxito espectacular e dende entón inclúese anualmente no calendario da RFEA, sempre baixo o patrocinio do Concello de Vigo, no desexo de consolidar a proba coma un acontecemento deportivo de primeira orde, enriquecendo o calendario do atletismo galego. Sería na edición do ano 1991, na 25ª edición precisamente, cando o GRAN PREMIO CIDADE DE VIGO alcanzase maior resonancia, pois nas novas pistas do Estadio Municipal de Atletismo de Balaídos reuníranse atletas dos Estados Unidos, Rusia, Xamaica, Nixeria, Hungría, Brasil, Kenya, Portugal e os mellores atletas españois, para ofrecernos un espectáculo deportivo do máis alto nivel, coas gradas das pistas cheas e coa retransmisión en directo da RTVE. Quédanos no recordo un récord de España establecido nese Meeting. O feminino de 100 metros lisos pola estadounidense nacionalizada española, Sandra Myers, cun tempo de 11,06 que se mantén vixente, a día de hoxe no palmarés nacional. A proba foi gañada pola xamaicana, Marlene Ottey, que co seu tempo de 10,79 rexistrou o mellor rexistro mundial daquel ano na distancia. O GRAN PREMIO CIDADE DE VIGO representa unha proba indispensable no calendario do atletismo vigués e galego; é un Meeting excepcional e rechamante para os atletas grazas aos premios económicos que se reparten, á organización que busca o espectáculo, a excelencia organizativa e a posibilidade que se abre para a mellora das marcas dos seus participantes debido á calidade dos atletas presentes. É o atletismo o primeiro deporte olímpico e, nesta condición, precisa do apoio unánime para cumprir a súa dobre misión: espectacular e formativa.

REGULAMENTO DA PROBA: ARTIGO 1. Organizadores. O Club Atletismo Feminino Celta co patrocinio do Concello de Vigo e a colaboración da Federación Galega de Atletismo e o Comité Galego de Xuíces organizará o vindeiro mes de xullo o XXXVI GRAN PREMIO CIDADE DE VIGO DE ATLETISMO. Dende o club pretendemos que esta competición volva a ser un referente atlético a nivel nacional e internacional. Por tal motivo, esta proba estará incluída no calendario nacional da RFEA. ARTIGO 2. Data e instalación. O XXXVI GRAN PREMIO CIDADE DE VIGO DE ATLETISMO terá lugar o vindeiro sábado 11 de xullo a partir das 19:00 horas na Pista Municipal de Atletismo de Balaídos (Vigo). ARTIGO 3. Participantes. Poderán participar aqueles atletas con licenza federativa FGA ou RFEA en vigor para a temporada 2014 2015. Os atletas estranxeiros deberán ter licenza federativa en vigor e o permiso da Federación Nacional correspondente para competir en España. ARTIGO 4. Control técnico da proba. A competición estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo. ARTIGO 5. Inscricións. 5.1. Inscricións atletas con licenza FGA ou RFEA Os atletas con licenza FGA ou RFEA, realizarán a súa inscrición a través da intranet da RFEA (https:/isis.rfea.es/sirfea2/main.asp) dende o mércores 1 de xullo, ata as 20:00 horas do mércores 8 de xullo. Os atletas deberán aportar a súa mellor marca da temporada 2015 na proba que participen.

5.2. Inscricións atletas estranxeiros Os atletas estranxeiros realizarán a súa inscrición enviando un correo electrónico a: cafcelta@hotmail.es, indicando os seguintes datos: nome e apelidos, data de nacemento, número de licenza, DNI, club, proba na que se inscribe e mellor marca nesa proba na temporada 2015. A inscrición dos atletas estranxeiros deberá enviarse á organización antes das 20:00 horas do martes 7 de xullo. ARTIGO 6. Listado de admitidos. A Organización publicará nas páxinas web: www.celtaatletismo.es e http://www.fgatletismo.es/vigo/ a listaxe cos atletas admitidos e a composición das series nas carreiras o xoves 9 de xullo. ARTIGO 7. Confirmacións e entrega de dorsais. Todos os inscritos retirarán persoalmente o seu dorsal na Secretaría da Competición o mesmo día da proba, como mínimo cunha hora de antelación sobre a proba na que se participe. Entregarase un único dorsal que irá colocado na parte dianteira da camiseta. ARTIGO 8. Cámara de chamadas. PROBA PRESENTACIÓN SAÍDA A PISTA Carreiras 20 10 Concursos 30 30 Salto con pértega 60 45

ARTIGO 9. Premios. 9.1. Medallas Entregarase medalla aos tres mellores atletas de cada unha das probas programadas na competición. 9.2. Premios económicos A Organización entregará os seguintes premios económicos nas probas de categoría absoluta, sempre que o atleta supere os 800 puntos por táboa IAAF en vigor: 1º CLASIFICADO 2º CLASIFICADO 3º CLASIFICADO 100 60 40 ARTIGO 10. LOPD. Todos os atletas ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e internet. ARTIGO 10. Horario e programa de probas (Ver anexo 1). ARTIGO 11. Normativa aplicable. Todo o reflectido no presente regulamento rexerase polas normas vixentes da FGA, RFEA e IAAF.

ANEXO 1. Horario e programa de probas. XXXVI GRAN PREMIO CIDADE DE VIGO DE ATLETISMO 11 de xullo de 2015 Pista Municipal de Atletismo de Balaídos HORARIO HORA PROBA MÍNIMA 2015 (1) SEXO CATEGORíAS 19:00 100 m. lisos. (Sf) (2) 13,50 s. MULLERES C/Xv/Jr/P/S/V 100 m. lisos. (Sf) 11,80 s. HOMES C/Xv/Jr/P/S/V Martelo 7,26 kg. 45,00 m. HOMES Jr/P/S/V Pértega mixta (3) 3,50 m. MIXTA C/Xv/Jr/P/S/V Lonxitude 4,50 m. MULLERES C/Xv/Jr/P/S/V 19:40 300 m. lisos s.m. MULLERES Cadete 300 m. lisos s.m. HOMES Cadete 20:00 400 m. lisos 1,06,00 MULLERES Xv/Jr/P/S/V 400 m. lisos 53,50 s. HOMES Xv/Jr/P/S/V Xavelina 500/600 gr. 30.00 m. MULLERES C/Xv/Jr/P/S/V Lonxitude 6,00 m. HOMES C/Xv/Jr/P/S/V 20:30 800 m. lisos 2,26,00 MULLERES Xv/Jr/P/S/V 20:45 1.500 m. lisos 4,10,00 HOMES Xv/Jr/P/S/V 21:00 3.000 m. lisos 11,30,00 MULLERES Xv/Jr/P/S/V 21:15 100 m. lisos FINAL MULLERES C/Xv/Jr/P/S/V 100 m. lisos FINAL HOMES C/Xv/Jr/P/S/V 21:30 10 x 300 m. r: 2 (4) EXHIBICIÓN HOMES Xv/Jr/P/S/V 21:50 Cerimonia de Premiados (1). No caso de non completar as probas coas mínimas establecidas, admitiranse as mellores marcas inscritas ata un máximo de 12 atletas por proba. (2). 100 m. lisos: Clasificaranse para as finais os 8 mellores tempos da totalidade das semifinais. (3). Cadencia no salto con pértega: 3,11-3,31-3,51-3,61-3,71 e de 10 en 10 cm. (4). A proba de 10 x 300 m., está programada como unha proba de exhibición. Os atletas interesados en participar deberanse inscribir unha hora antes na Secretaría da Competición. Os atletas terán que completar 10 series de 300 metros por rúa libre, cunha recuperación aproximada de dous minutos. O derradeiro atleta en cada serie será eliminado. O vencedor será o atleta que remate a última serie no primeiro lugar. Haberá un PREMIO ESPECIAL para o gañador.