Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Documentos relacionados
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 Martes, 23 de xuño de 2009

DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DISPOÑO: Primeiro.- Obxecto.

Así na reunión deste órgano, celebrada o 20 de decembro de 2016, acordouse levar a cabo a modificación da devandita Orde do 20 de maio de 2008.

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

Proxecto de Orde do de de 2015, pola que se crea e se regulan as funcións, a composición e funcionamento do Consello de Bioética de Galicia.

DOG Núm. 73 Luns, 20 de abril de 2015 Páx CORRECCIÓN de erros. Decreto 52/2015, do 5 de marzo, polo que se regula o transporte sanitario.

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

Guía de procedementos e servizos

En Santiago de Compostela, once de xaneiro de dous mil trece REUNIDOS

2) INFORME ACREDITATIVO DA INSERCIÓN SOCIAL DO/DA TRABALLADOR/A ESTRANXEIRO/A: 2.1. Tempo de permanencia en España do/da estranxeiro/a interesado/a:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx

En base ó establecido con anterioridade DISPOÑO: Artigo 1.- Obxecto

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ANEXO II PROGRAMA DE COMUNICACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOCIAL ANO 2010 DATOS DO/A SOLICITANTE

BAREMO APLICABLE PARA AS LISTAS ABERTAS DE INTERINIDADES/SUBSTITUCIÓNS. Baremo para a valoración de méritos: sistema xeral de ingreso

Nº 127 Mércores, 1 de xullo de 2009 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO,E A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA REUNIDOS

FACULTADE DE MATEMÁTICAS CONVOCATORIA PRÁCTICAS CURSO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Informe da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación relativo á transparencia no Sector público autonómico de Galicia. Ano 2016.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx ORDE do 11 de maio de 2015 pola que se crea o Rexistro Galego do Infarto Agudo de Miocardio.

CONVOCATORIA DOS PROGRAMAS DE TECNIFICACIÓN E RENDEMENTO DEPORTIVO NO CENTRO GALEGO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA CURSO 2012/13

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA FORMULARIO EXERCICIO DEREITOS ARCO

Santiago de Compostela, cinco de decembro de dous mil doce REUNIDOS

DOG Núm. 217 Mércores, 13 de novembro de 2013 Páx

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

REGULAMENTO DE COLABORACIÓN DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVICIOS DESTA UNIVERSIDADE EN CURSOS E CONVENIOS DE INVESTIGACIÓN

DOG Núm. 229 Mércores, 30 de novembro de 2011 Páx

5. Estrutura organizativa e de responsabilidades

DOG Núm. 190 Venres, 4 de outubro de 2013 Páx

PROCEDEMENTO DE COORDINACIÓN DA DOCENCIA DE GRAO DA FACULTADE DE CC. EMPRESARIAIS E TURISMO DE OURENSE

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE EDUCACIÓN

Valorarase a puntuación obtida neste exercicio correspondente á última oposición da categoría.

PROCEDEMENTO P-PRL 17

Ambos os comparecentes se recoñecen mutuamente plena capacidade para formalizar o presente protocolo de colaboración e, en consecuencia,

DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3387

Santiago de Compostela, dezasete de marzo de dous mil dezasete REUNIDOS

Convocatoria de cursos de formación en linguaxe xurídica galega

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

Asdo.: Lourdes Buxaderas Juega

Acollemento do persoal

Aprobado en Consello de Goberno do 10 de outubro de 2016 EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

6.978 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 84 L Mércores, 3 de maio de 2006

Lei 1/2008, do 17 de abril, de creación do Colexio Profesional de Detectives Privados e Privadas de Galicia.

Normativa xeral Páxina 1

Convocatoria do Programa TecEuropa 2017

CONVENIO PARTES FIRMANTES OBXECTO DURACIÓN OBRIGAS PARA AS PARTES

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DO ANO 2018 PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS Á INVESTIGACIÓN

DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx

DOG Núm. 171 Venres, 7 de setembro de 2012 Páx

DOG Núm. 229 Venres, 29 de novembro de 2013 Páx

REUNIDOS. Da outra, Don Severino Rodríguez Díaz, con DNI G, en calidade de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos.

(Aprobado en consello de goberno de 12 de febreiro de 2014) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DOG Núm. 109 Xoves, 9 de xuño de 2016 Páx

DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2013 Páx. 1349

PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á PROMOCIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO DE CAMBADOS 2018

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

Santiago de Compostela, nove de marzo de dous mil quince

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

NORMAS XERAIS E CONVOCATORIA... 2 PROGRAMA I ASOCIACIÓNS DE COOPERATIVAS E SOCIEDADES LABORAIS... 4

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

Guía para a coordinación do Grao en Ciencias do Mar

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Subvencións

PROTOCOLO EDUCATIVO PARA A PREVENCIÓN N E O CONTROL DO ABSENTISMO ESCOLAR EN GALICIA. Santiago de Compostela, 31 de xaneirode 2014

Comisións de Servizo por conciliación da vida laboral e familiar

DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx

Capítulo X: EDUCACIÓN ESPECIAL ATENCIÓN Á DIVERSIDADE e ORIENTACIÓN EDUCATIVA

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS. Nº 157 Xoves, 14 de agosto de 2008 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2012 Páx. 5494

BASES DO III PREMIO UNIVERSITARIO DE COMUNICACIÓN CIENTÍFICA

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA. X lexislatura Número de decembro de 2018

Actividades formativas desenvolvidas polo CAFI

DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2012 Páx. 4712

Transcripción:

DOG Núm. 93 Venres, 13 de maio de 2011 Páx. 9425 III. Outras disposicións Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ORDE do 18 de abril de 2011 pola que se establece o procedemento para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas, na Comunidade Autónoma de Galicia. O Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro, polo que se definen as condicións de formación para o exercicio da docencia na educación secundaria obrigatoria, o bacharelato, a formación profesional e as ensinanzas de réxime especial, e se establecen as especialidades dos corpos docentes de ensinanza secundaria, dispón, no seu artigo 9, que para exercer a docencia nestes ámbitos será necesario estar en posesión dun título oficial de máster que acredite a formación pedagóxica e didáctica de acordo co exixido pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio. O Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, de ordenación das ensinanzas universitarias, estableceu a organización e o contido dos títulos oficiais de máster universitario. Con posterioridade, a Orde ministerial ECI/3858/2007, do 27 de decembro (BOE do 29 de decembro), determinou os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habilitan para o exercicio das profesións de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanza de idiomas, dispoñendo unha fase de prácticum obrigatoria que se realizará en colaboración coas institucións educativas establecida mediante convenios entre as universidades e as administracións educativas. A dita fase de prácticum ten como obxectivos facilitar a adquisición de experiencia na planificación, a docencia e a avaliación das materias correspondentes á especialización, acreditar un bo dominio da expresión oral e escrita na práctica docente e dominar as destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia. O procedemento que establece esta orde permitiralle ao alumnado que curse o máster de formación do profesorado a súa iniciación na práctica docente directa e na orientación psicopedagóxica, ademais de coñecer os aspectos pedagóxicos, organizativos e de funcionamento dos centros co apoio e baixo a tutela de profesorado en exercicio que reúnen as características e preparación adecuadas.

DOG Núm. 93 Venres, 13 de maio de 2011 Páx. 9426 Para tal fin e na súa virtude, DISPOÑO: Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación. 1. O obxecto da presente orde é regular o procedemento para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas, na Comunidade Autónoma galega, conforme a Orde ECI/3858/2007, do 27 de decembro, en colaboración coas universidades da Comunidade Autónoma de Galicia. 2. Esta orde será de aplicación ás universidades que teñan asinado convenio coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a realización das prácticas do seu alumnado do máster en Profesorado de Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas en centros sostidos con fondos públicos. Artigo 2. Centros de prácticas. 1. Poderán ser centros de prácticas do alumnado do máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas os centros sostidos con fondos públicos en que se impartan todas ou algunha das ditas ensinanzas. 2. Os centros educativos que desexen ser designados como centros de prácticas deberán cumprir os seguintes requisitos: a) Aprobación, logo de coñecemento e aceptación do claustro de profesores, do consello escolar do centro e, de ser o caso, do titular deste para colaborar co prácticum. b) Incorporación na programación xeral anual da participación do centro no desenvolvemento das actividades de titoría do alumnado do prácticum, autorizando expresamente a súa presenza e participación nas actividades do centro docente e asumindo por parte do equipo directivo e da persoa coordinadora do prácticum no centro a responsabilidade de supervisión do seu desenvolvemento e a interlocución coas persoas responsables do prácticum na universidade.

DOG Núm. 93 Venres, 13 de maio de 2011 Páx. 9427 Artigo 3. Persoa titora de prácticas. Á persoa titora corresponderalle a tutela simultánea dun máximo de tres alumnos e/ou alumnas en prácticas. O alumnado en prácticas non poderá substituír o profesorado titor e deberá ser considerado un colaborador nas actividades educativas. 1. O profesorado que desexe ser designado como persoa titora de prácticas deberá cumprir os seguintes requisitos: a) Nos centros públicos, o profesorado funcionario de carreira que exerza como persoa titora deberá contar con, polo menos, dous anos de experiencia docente, e debe ter prestado servizo no centro aspirante a centro de prácticas polo menos durante un curso escolar completo ou ter sido persoa titora acreditada noutros centros. b) Nos centros concertados, o profesorado que exerza como persoa titora deberá ter acreditado impartir docencia en educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de idiomas durante un mínimo de tres cursos escolares completos, e debe ter prestado servizo no centro aspirante a centro de prácticas polo menos durante un curso escolar completo ou ter sido persoa titora acreditada noutros centros. 2. Serán funcións da persoa titora de prácticas: a) Acoller o alumnado en prácticas e acompañalo nos períodos que se establezan ao longo do curso escolar. b) Favorecer a formación inicial na práctica docente do citado alumnado. c) Asesorar o alumnado en prácticas en cuestións pedagóxicas. d) Facilitar que o alumnado en prácticas se integre plenamente na vida do centro para adquirir un coñecemento directo e práctico da súa organización e funcionamento en todos os ámbitos. e) Coordinar as actividades de formación coa persoa titora da universidade. f) Avaliar o desenvolvemento das prácticas do alumnado seguindo para iso os criterios e pautas do plan de prácticas da universidade correspondente.

DOG Núm. 93 Venres, 13 de maio de 2011 Páx. 9428 3. Aínda cando se divida o prácticum en diferentes fases, a persoa titora será a mesma durante todo o proceso. Artigo 4. Persoa coordinadora de prácticas. A persoa directora do centro ou, por delegación súa, a persoa encargada da xefatura de estudos ou, excepcionalmente, unha das persoas titoras de prácticas, exercerá as funcións de persoa coordinadora das prácticas. Serán funcións específicas da persoa coordinadora de prácticas as seguintes: a) Establecer as accións que desenvolverán as persoas titoras de prácticas do centro. b) Posibilitar a integración plena no centro do alumnado en prácticas mediante un plan de acollida. c) Facilitar ao alumnado en prácticas o coñecemento da organización e funcionamento do centro, dos proxectos educativos, así como doutros proxectos, programas ou actividades en que o centro participe. d) Xestionar os espazos e os tempos para a intervención do alumnado en prácticas. e) Deseñar a asistencia do alumnado en prácticas ás reunións de planificación, programación, seguimento e avaliación do alumnado do centro. f) Elaborar xunto coas persoas titoras un cronograma das actividades que o alumnado desenvolverá no centro durante o período do prácticum e no cal se incluirá obrigatoriamente a participación do alumnado na vida do centro así como a súa asistencia a reunións das diferentes comisións, de departamentos, atención titorial a familias e alumnado, sesións de avaliación, reunións de claustro, consello escolar, equipos docentes, etc. Artigo 5. Relación das persoas titoras e coordinadoras coa universidade. Cada universidade acordará coas persoas coordinadoras e titoras do centro educativo as condicións de participación para o desenvolvemento do prácticum e o seu recoñecemento, segundo o establecido no plan de estudos da titulación. Esta participación estará comprometida a asegurar as competencias profesionais que debe adquirir o alumnado.

DOG Núm. 93 Venres, 13 de maio de 2011 Páx. 9429 As universidades asumirán os custos derivados da realización do prácticum, en concreto, o pagamento ao profesorado coordinador e titor que participe no seu desenvolvemento. As persoas coordinadoras e titoras de prácticas recibirán o seu correspondente nomeamento e unha certificación expedidos pola universidade. A universidade facilitará o acceso á biblioteca e, se é o caso, aos servizos deportivos e a outros servizos e dependencias universitarias. No caso da UNED, esta universidade ofrecerá ás persoas coordinadoras e titoras unha serie de contraprestacións, como reducións no custo das matrículas de ensinanzas regradas, cursos de verán e cursos de idiomas impartidos pola UNED, así como o acceso aos recursos bibliográficos na rede con que conta a universidade. A función titorial desenvolvida polas persoas coordinadoras e titoras será considerada mérito nas convocatorias de contratación de profesorado promovidas polas universidades. Artigo 6. Recoñecemento pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recoñecerá a participación do profesorado titor e coordinador, de acordo coa normativa vixente. Artigo 7. Comisións de seguimento e funcións. 1. Créase unha comisión de seguimento por cada universidade coa cal se ten convenio, que desenvolverá e seguirá o proceso de implantación do máster e a súa realización práctica. As comisións estarán constituídas por unha representación paritaria de cada unha das partes implicadas: a) Pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: a persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa; a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e a persoa titular da Secretaría Xeral de Universidades, ou persoas en quen deleguen. b) Por cada universidade: tres persoas designadas polo seu reitor. 2. As comisións de seguimento terán asignadas as seguintes funcións: a) A aprobación e consecuente designación de centros de prácticas segundo a proposta feita polas universidades correspondentes.

DOG Núm. 93 Venres, 13 de maio de 2011 Páx. 9430 b) Facer o seguimento e apoio ao desenvolvemento do prácticum. c) Modificar, de ser o caso, a distribución das prazas ofertadas por especialidade. d) Resolver cantas cuestións se puidesen suscitar en relación co desenvolvemento das prácticas. e) Avaliar o desenvolvemento do prácticum. Artigo 8. Solicitude para o recoñecemento de centros de prácticas. Os centros docentes sostidos con fondos públicos en que se impartan ensinanzas de educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas de idiomas que desexen participar neste programa como centros de desenvolvemento do prácticum e non estean xa acreditados pola Orde do 1 de febreiro de 2010 presentarán unha solicitude dirixida á persoa coordinadora do máster na universidade elixida (anexo I) no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Artigo 9. Selección de centros educativos. As universidades, unha vez analizadas as solicitudes, formularán, de acordo coas súas necesidades, a proposta dos centros seleccionados á comisión de seguimento do prácticum correspondente, que elaborará as listas de centros de prácticas. As listaxes dos centros acreditados e das súas persoas coordinadoras e titoras e especialidades ofertadas faranse públicas nas xefaturas territoriais, así como no portal educativo da Consellería de Educación: www.edu.xunta.es. Artigo 10. Actualización anual dos centros acreditados. Unha vez que as persoas coordinadoras e titoras e os centros fosen acreditados, manterase a dita acreditación, salvo perda dos dereitos por incumprimento dalgunha das obrigas establecidas na presente orde. Anualmente, por resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, abrirase o procedemento para solicitar altas e baixas de centros e persoas coordinadoras e titoras.

DOG Núm. 93 Venres, 13 de maio de 2011 Páx. 9431 Artigo 11. Réxime de recursos. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou, directamente, recurso contenciosoadministrativo ante a Sala do Contencioso- Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación. Disposición derrogatoria única. Queda derrogada a Orde do 1 de febreiro de 2010 pola que se establece o procedemento para acreditar centros e titores/as para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas na Comunidade Autónoma galega no curso académico 2009-2010, a Orde do 25 de xuño de 2010 pola que se prorroga a acreditación dos centros e titores/as para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas, na Comunidade Autónoma galega, no curso académico 2010-2011, e cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao establecido nesta orde. Disposición derradeira primeira. Facúltase a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Ordenación Educativa e a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para adoptar os acordos e ditar as resolucións conxuntas que consideren oportunas no desenvolvemento desta orde. Disposición derradeira segunda. A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 18 de abril de 2011. Jesús Vázquez Abad Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

DOG Núm. 93 Venres, 13 de maio de 2011 Páx. 9432 CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO SOLICITUDE COMO CENTRO DE PRÁCTICAS DO MÁSTER EN PROFESORADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA E BACHARELATO, FORMACIÓN PROFESIONAL E ENSINANZAS DE IDIOMAS ED305I SOLICITUDE D.º/D.ª DATOS DO/A SOLICITANTE NIF COMO DIRECTOR/A DO CENTRO EDUCATIVO CÓDIGO DO CENTRO PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE CÓDIGO POSTAL TELÉFONO FAX CORREO ELECTRÓNICO Para iso manifesta a universidade coa cal desexaría colaborar como centro de prácticas: RELACIÓN DE PROFESORADO PARTICIPANTE NOME E APELIDOS NIF ESPECIALIDADE ANOS DE EXPERIENCIA DOCENTE NOME E APELIDOS COORDINADOR/A NIF INTEGRANTE EQUIPO DIRECTIVO TITOR/A DO PRÁCTICUM En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, infórmoo/a de que os datos persoais recollidos nesta solicitude se incorporarán a un ficheiro, para o seu tratamento, coa finalidade da xestión deste procedemento. Vostede pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei mediante un escrito dirixido a esta consellería como responsable do ficheiro. De conformidade cos puntos 3 e 4 do artigo 13 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a consellería publicará no Diario Oficial de Galicia e na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas ao abeiro desta orde; e incluirá igualmente as referidas axudas e as sancións que como consecuencia delas puidesen impoñerse, nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos persoais dos beneficiarios e a referida publicidade. LEXISLACIÓN APLICABLE Orde do 18 de abril de 2011 pola que se establece o procedemento para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas na Comunidade Autónoma de Galicia. SINATURA DO/DA SOLICITANTE E SELO DO CENTRO Lugar e data, de de 20 (Para cubrir pola Administración) RECIBIDO REVISADO E CONFORME NÚMERO DE EXPEDIENTE DATA DE ENTRADA / / DATA DE EFECTOS / / DATA DE SAÍDA / / Coordinador do máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Universidade de