Francisco Martín Micó
|
|
|
- Mario Peralta Vargas
- hace 7 años
- Vistas:
Transcripción
1 CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS MINIBASKET E INFANTIL 2014 boletín informativo
2 Por segunda ocasión nesta temporada , e esta vez por partida dobre, volvemos a gozar do espectáculo das nosas Seleccións Autonómicas de Base, un dos nosos principais alicerces e unha parcela da que, realmente, estamos especialmente satisfeitos. Neste caso, as categorías Minibaket e Infantil recolleron a testemuña deixada en xaneiro pola categoría cadete, e volveron a representar neste mes de abril a esencia do baloncesto máis puro, o baloncesto de formación. A nosa atención e ánimos viaxaron de San Fernando (Cádiz) a Zaragoza, orgullosos en ambos os casos da imaxe amosada polos nosos xogadores, xogadoras, cadros técnicos e afección. A principal alegría chegou da man das nosas minis femininas, que cunha sensacional actuación aportaron a cor galega a unha rolda de semifinais que, definitivamente, as deixou nun máis que meritorio cuarto posto. Pero non podemos desmerecer a traxectoria das nosas tres restantes Seleccións, competindo todas a un alto nivel e, acompañadas ou non polos resultados, sempre dispostas a superar os seus obxectivos. O bo ambiente en ambas as expedicións galegas, tanto dentro como fora da pista, volveu tamén a dar conta do vivo que está o noso baloncesto e das gañas que os nosos representantes máis novos teñen de levalo o máis lonxe posible. Unha tarefa esta a conquerir entre todos. Por isto, non podo rematar, sen volver a agradecer o papel que xogan os clubs galegos e os seus integrantes, tanto técnicos como persoal directivo. Todos debemos ser conscientes de que o Baloncesto Base Galego, materializado nesta ocasión polas Seleccións, crece grazas ao seu traballo diario nos Pavillóns de toda Galicia. Francisco Martín Micó PRESIDENTE DA FEDERACIÓN GALEGA DE BALONCESTO 2
3 SELECCIÓN MINIBASKET FEMININA A Selección Galega Minibasket Feminina puxo o seu toque especial a un Campionato que non contaba cun equipo galego en semifinais do grupo feminino especial dende o ano O actual combinado dirixido por Nacho Silva imprimiu o seu carácter gañador a cada encontro disputado en San Fernando, espremendo os seus folgos ata o máximo e brindándonos para o recordo un magnífico e definitivo cuarto posto. SELECCIÓN GALEGA MINIBASKET FEMININA CAMPIONATO DE ESPAÑA SELECCIÓNS AUTONÓMICAS SAN FERNANDO (CÁDIZ), 12-16/04/14 DELEGACIÓN CLUB XOGADORA Ferrol C.B. Pontumio Clara Gil Guntin Santiago ADM. Peleteiro Paula Lamas Rodríguez Santiago C.B. Cluny Marta Blanco Morros Lugo Estudiantes Lugo María Corredoira López Arousa CB Arxil Alba Souto Ayo Arousa CB Arxil Carla Pazos Castro Arousa CB Arxil Iria Seoane Chan Vigo Salesianos Adriana Miranda Iglesias Vigo CD Bosco Cristina Fernández Fernández Vigo CD Bosco Rut Ulrich Ogando Vigo CB Seis do Nadal Lucia Fontela Cabaleiro Vigo Compañía de María Vigo Raquel Philippot Fernández CORPO TÉCNICO Adestrador Axudante Delegada Ignacio Silva Fernández Fernán Varela Faílde Irma Landeira Caamaño 3
4 SELECCIÓN MINIBASKET FEMININA GRUPO ESPECIAL A: GALICIA, ARAGÓN, NAVARRA, CATALUÑA E CANARIAS FASE PREVIA: 12/04/2014-1º XORNADA GALICIA - ARAGÓN (61-50) FASE PREVIA: 12/04/2014-2º XORNADA CANARIAS - GALICIA (45-49) FASE PREVIA: 14/04/2014-4º XORNADA GALICIA NAVARRA (77-33) FASE PREVIA: 14/04/2014 5º XORNADA CATALUÑA - GALICIA (54-44) SEMIFINAIS: 15/04/2014 GALICIA ANDALUCÍA (47-66) 3º E 4º POSTO: 16/04/2014 MADRID - GALICIA (69-34) Nacho Silva, Seleccionador Galicia Minibasket Feminina En primeiro lugar darlle as grazas á Federación Galega por confiar en min para levar a selección. Agradecer tamén ao meu corpo técnico o seu traballo realizado durante a preparación e o campionato, ás nenas (tanto ás seleccionadas como as que nos axudaron durante a preparación) polo seu esforzo, traballo, ilusión e saber estar tanto dentro como fóra da pista. Non podo esquecerme tampouco dos pais por levar ás nenas, recollelas e facernos fácil o traballo de cada fin de semana. O obxectivo que nos marcabamos antes do campionato era manter a Galicia na categoría especial e darlle á xeración do ano que vén a posibilidade de volver competir contra as mellores seleccións a nivel nacional. Non só cumprimos o obxectivo principal, senón que ademais, logo dunha fase de grupos excelente (3 vitorias e 1 derrota) puidemos competir na loita polas medallas. Non puido ser e logo dunha semifinal moi esixente para as nosas contra Andalucía e un terceiro e cuarto posto sen gasolina contra Madrid quedamos en meritorio cuarto lugar. Deixamos Cádiz cunha alegría tremenda e coa satisfacción de realizar un gran traballo, competindo sempre ao máximo contra todos os equipos aos que nos enfrontamos. Para rematar agradecer a todos os clubs e adestradores que traballan a diario coas nenas, sen o voso traballo e dedicación diarias isto sería imposible. Un éxito de todos. 4
5 SELECCIÓN MINIBASKET MASCULINA Unha experiencia inesquecible a do Campionato de España de Seleccións Minibasket a que levarán sempre consigo cadro técnico e xogadores do noso combinado masculino. O equipo de Fernando Buendía implicouse de cheo na competición e os seus xogadores apostaron ao máximo por desfrutar xogando ao baloncesto. O premio do ascenso a Grupo Especial non puido materializarse pero a súa busca por parte dos galegos foi encomiable. SELECCIÓN GALEGA MINIBASKET MASCULINA CAMPIONATO DE ESPAÑA SELECCIÓNS AUTONÓMICAS SAN FERNANDO (CADIZ), 12-16/04/14 DELEGACIÓN CLUB XOGADOR A Coruña Básquet Coruña Antón Comesaña Seoane A Coruña Básquet Coruña Daniel Mata Sehovic A Coruña CB Culleredo Ángel Gómez Feás Santiago Fedesa Pio XII Miguel Souto Parrado Lugo Estudiantes Lugo Lucas Álvarez Cigarrán Arousa Estudiantes Pontevedra Pablo Castro Lombos Arousa Marín PeixeGalego Noh Pereira Fariña Ourense Blanco Amor Ángel Pascual Rodríguez Ourense AD Bosco Martín Pereira Nieto Vigo CB Seis do Nadal Coia Jorge Lampón Sousa Vigo Novobasket Vigo Pablo González Sendra Vigo CB Tui Raul Pereira Pinto Abeledo Adestrador Axudante Delegada CORPO TÉCNICO Fernando Buendía García Alberto Pérez Vidal Raquel Salgado Vilachá 5
6 SELECCIÓN MINIBASKET MASCULINA GRUPO PREFERENTE C: GALICIA, CEUTA, ARAGÓN, MELILLA E REGIÓN DE MURCIA FASE PREVIA: 13/04/2014 2º XORNADA GALICIA - MELILLA (68-17) FASE PREVIA: 13/04/2014 3º XORNADA CEUTA - GALICIA (53-3) FASE PREVIA: 14/04/2014 4º XORNADA GALICIA ARAGÓN (96-97) FASE PREVIA: 14/04/2014 5º XORNADA REGIÓN DE MURCIA GALICIA (52-97) CRUCES ASCENSO A GRUPO ESPECIAL: 15/04/2014 GALICIA CASTILLA LEÓN (65-69) Fernando Buendía, Seleccionador Galicia Minibasket Masculina O noso equipo amosou durante a preparación e o campionato unha cara moi competitiva. Fomos quen de propor un baloncesto agresivo en toda pista e, por momentos, con bo xogo colectivo. Ao corpo técnico quédanos a espiña de que os resultados non acompañaran e non lograr o ascenso, pero estamos moi satisfeitos cos rapaces xa que se baleiraron, e a quen dá todo o que ten non se lle pode pedir máis. Parabéns para eles. Agradecer dende estas liñas á Federación Galega por darme esta oportunidade, así como a todos os clubs pola colaboración, e por suposto aos pais polas súas mostras de ánimo e cariño. 6
7 SELECCIÓN INFANTIL FEMININA Galicia infantil Feminina mantivo a tensión competitiva ata o último minuto de xogo deste Campionato, intre no que rubricou, ante Extremadura, o seu obxectivo inicial: a permanencia no Grupo Especial. As xogadoras que dirixe Armando Otero foron de menos a máis e pasaron por diferentes fases de xogo ante uns rivais de auténtico nivel competitivo. No cómputo xeral, regresaron a casa cun oitavo posto final para o seu haber particular. SELECCIÓN GALEGA INFANTIL FEMININA CAMPIONATO DE ESPAÑA SELECCIÓNS AUTONÓMICAS ZARAGOZA, 15-19/04/14 DELEGACIÓN CLUB XOGADOR Ferrol Universitario Ferrol Paula García López Ferrol CB Mercedarias Andrea Rey Gutiérrez Ferrol CB Mercedarias Paula Rey Gutierrez Arousa CB Arxil Clara Domínguez González Arousa CB Arxil Ana Fernández Escudero Arousa CB Vilagarcía Yesica del Santorum Gutiérrez Ourense Pabellón Ourense Raquel Carrera Quintana Ourense Carmelitas Ourense Marta González Pereira Lugo Estudiantes Lugo Esther Castedo Potente Vigo CB Seis do Nadal Nerea Arambarri Fernández Vigo CD Bosco Carla García de Castro Vigo CD Bosco Berta Rodríguez Carrera ADESTRADOR AXUDANTE DELEGADA CORPO TÉCNICO Armando Otero Roberes Sandra Prieto Sánchez Carmen Piñeiro Ramos 7
8 SELECCIÓN INFANTIL FEMININA GRUPO ESPECIAL B: GALICIA, CANTABRIA, CATALUÑA, ANDALUCÍA E CANARIAS FASE PREVIA: 16/04/2014 2º XORNADA GALICIA ANDALUCÍA (46-73) FASE PREVIA: 17/04/2014 3º XORNADA CANTABRIA - GALICIA (34-54) FASE PREVIA: 17/04/2014 4º XORNADA GALICIA CATALUÑA (25-71) FASE PREVIA: 18/04/2014 5º XORNADA CANARIAS - GALICIA (59-33) 18/04/ CRUCES CLASIFICATORIAS (17:30) GALICIA - EXTREMADURA (41-40) Armando Otero, Seleccionador Galicia Infantil Feminina Logo dos resultados colleitados nos torneos previos, creo que esperabamos un pouco máis a nivel anímico e de esforzo. Quizais o momento físico non foi bo e restounos confianza no que estabamos facendo ben: defender, correr e compartir o balón en 5x5. Malia iso, e sabendo a priori que non eramos fortes no físico, o acadar o obxectivo (a permanencia en Grupo Especial) déixanos un bo sabor de boca e a sensación de que, sen medos, podemos competir ao máximo nivel. Agradecer o traballo e compromiso de todas as xogadoras, tanto as que participaron no Campionato como as compañeiras que estiveron con elas durante toda a preparación, así como dos seus clubs de procedencia, pais e titores. 8
9 SELECCIÓN INFANTIL MASCULINA Os pupilos de Miguel Ángel Hoyo evolucionaron como equipo ao longo dun Campionato de España que se lles presentou exixente e que, finalmente, non os gratificou coa posibilidade de loitar polo ascenso. A súa foi unha participación rubricada, sobre o papel, cun quinto posto no Grupo Preferente, e na pista coa constante de dar sempre a cara ante calquera rival. SELECCIÓN GALEGA INFANTIL MASCULINA CAMPIONATO DE ESPAÑA SELECCIÓNS AUTONÓMICAS ZARAGOZA, 15-19/04/14 DELEGACIÓN CLUB XOGADOR Coruña Carballo Basket Enrique Melini Pose Lugo Estudiantes Lugo Andrés Onega Miranda Lugo Estudiantes Lugo Miguel Traseira Lopez Coruña Carballo Basket Anxo Estany Gómez Coruña Carballo Basket Martín Vidal Otero Santiago Fedesa Miguel Rodríguez Pouso Santiago Fedesa Eloy Poza Dacosta Ferrol C.B. Mercedarias Alejandro Rivas Díaz Santiago Fedesa Sergio Furelos Filgueira Santiago Fedesa Miguel Orejas Serramo Ourense E. Blanco Amor Brais Gerpe Vila Vigo Novobasket Vigo Luis Torres Serrano Adestrador Axudante Delegado CORPO TÉCNICO Miguel Ángel Hoyo Ramos Jose González Couto Rubén Vázquez López 9
10 SELECCIÓN INFANTIL MASCULINA GRUPO PREFERENTE C: GALICIA, CEUTA, MELILLA, CASTILLA LA MANCHA E CANTABRIA FASE PREVIA: 16/04/2014 1º XORNADA MELILLA GALICIA (25-92) FASE PREVIA: 17/04/2014 3º XORNADA GALICIA CASTILLA LA MANCHA (51-48) FASE PREVIA: 17/04/2014 4º XORNADA CANTABRIA - GALICIA (62-52) FASE PREVIA: 18/04/2014 5º XORNADA GALICIA CEUTA (77-20) CRUCES CLASIFICATORIAS (3º PM "C" - 3º PM "D"): 19/04/2014 GALICIA - ASTURIAS (67-50) Miguel Ángel Hoyo, Seleccionador Galicia infantil Masculina "Desde o inicio das concentracións intentamos que o obxectivo principal fora conseguir que os xogadores sexan mellores cada día, co traballo técnico e táctico. Creo que finalizado o campionato isto conseguímolo, especialmente en comprensión do xogo e en recoñecemento de espazos. Outro factor importante era crernos capaces de competir contra calquera rival, e tamén o fixemos. Só nos quedou a espiña cravada de non poder pelexar polo ascenso, como pretendiamos, por un triplo empate que nos deixou fóra desa pelexa, e que axudaría a que esa experiencia de xogar partidos de gañar e pasar ou perder e quedar fóra danche este tipo de campionatos e que tan importantes son na formación dos xogadores. Si me gustaría agradecer o excelente traballo de todo o meu corpo técnico, desde a Dirección Deportiva da FGB ata os meus axudantes e Fisio, así como persoal de Eventos e Prensa da FGB que, do mesmo xeito que os xogadores, todos traballamos unidos nun mesmo obxectivo, e coa maior ilusión por facer ben as cousas." 10
11 ÁRBITROS O apartado arbitral volveu a ter tamén marcado acento galego nos Campionatos de España de Seleccións. En ambos os casos, infantil e minibasket, o CGAB estivo representado por colexiados de garantías que gozaron da oportunidade de seguir aprendendo e de coñecer, máis polo miúdo, cuestións a corrixir. Diego Collazo (minibasket), Julián Feijoo (minibasket), Adrián López (infantil), Roi Rilo (infantil) e Guillermo Ríos (infantil) foron os designados para participar na Competición, a cal lles ofreceu a posibilidade de sumar experiencias deportivas e persoais. A súa presenza estivo tamén ligada á dirección de encontros de importancia para o desenlace final dos Campionatos. Coñezamos, en palabras dalgún deles, a valoración da súa vivencia: Roi Rilo: "Para min supuxo, como toda participación nun Campionato de España, unha grandísima experiencia. Puiden ver de novo a moitos compañeiros, coñecer a outros novos, traballar cos técnicos, e desfrutar do baloncesto en estado puro, xa que a ilusión que teñen os rapaces nestes campionatos é contaxiosa. Son poucos días, pero dá tempo a vivir moitas experiencias moi positivas, que resultan de poder convivir e arbitrar con compañeiros de toda España. Nesta ocasión volvín a Galicia especialmente contento, e moi agradecido, pola oportunidade que me deron de arbitrar a final masculina deste Campionato. Para min, este último, foi un momento inesquecible, que comezou cando nos comunicaron as designacións do último día; indescritible o que se sinte nese instante". Guillermo Ríos: Sen dúbida ir a un campionato de España de seleccións é unha experiencia moi gratificante e didáctica. Son poucos días pero moi intensos nos que a túa cabeza está 24 horas ao día respirando o aire deste deporte que nos une a todos. Podes compartir e ver como os pícaros adestradores e pais o viven, gozan e sofren do primeiro día ao último, e formar parte diso dalgún xeito. Arbitralmente son días para atoparse con amigos doutras partes de España que só ves en campionatos como este, gozar con eles e sobre todo aprender, xa que en pouco tempo o traballo cos técnicos da FEB é intenso, de xeito conxunto, e neses días dáche para aprender moito, analizar e atopar os teus erros e intentar melloralos o que resta de tempada Adrián López Folgueiras: Respecto ao torneo hei de dicir que foi moi positivo en todos os sentidos, tanto arbitral como humano, xa que este tipo de campionatos permítenos arbitrar con xente doutras Comunidades cos que xa coincidimos anteriormente noutros campionatos e é especial reencontrarse con estes compañeiros, sen deixar de coñecer a novos árbitros. Arbitralmente apréndese moito xa que en todos os partidos síguenos algún técnico da FEB que posteriormente nos comenta os nosos erros para poder corrixilos xa no seguinte encontro, e nalgunhas ocasións proporciónanos un CD con xogadas interesantes para analizar polo que estamos en constante aprendizaxe 11
12
O ex-alumno do IES Otero Pedrayo de Ourense Mauro González Romero ven de ser nomeado "Míster Ourense"
O ex-alumno do IES Otero Pedrayo de Ourense Mauro González Romero ven de ser nomeado "Míster Ourense" Trala celebración da gala miss e mister Ourense o pasado 29 de novembro no café-bar Xesteira, xa temos
O PLAN DE EMPRESA PLAN DE RECURSOS HUMANOS... 2
IES LUIS SEOANE CICLO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN E FINANZAS Módulo: PROXECTO EMPRESARIAL Profesor: Francisco Álvarez Pérez O PLAN DE EMPRESA PLAN DE RECURSOS HUMANOS... 2 1. Recursos humanos necesarios:
TORNEO DE NADAL CONCELLO DE VIGO 2016
TORNEO DE NADAL CONCELLO DE VIGO 2016 Días: 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 2016. Categorías: Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil. Campos fase previa: O Meixoeiro, A Guía, A Pirucha (San Miguel
INFORME DO PARO REXISTRADO DECEMBRO DE 2009
INFORME DO PARO REXISTRADO DECEMBRO DE 2009 Secretaría de Emprego, Economía Social e Autoemprego do S. N. de CC OO de Galicia Elaborado por: Rede de Técnicos de Emprego Informe de paro N.º 36 / Decembro
Memoria Erasmus+ Finlandia
Memoria Erasmus+ Finlandia Llara Mejuto Mosteiro Curso: 2017-2018 Datos da profesora participante: Nome e apelidos: Llara Mejuto Mosteiro Ciclo no que imparte clase: Educación infantil Módulos impartidos:
TEMA. - DEPORTES CON RAQUETAS:BÁDMINTON
TEMA. - DEPORTES CON RAQUETAS:BÁDMINTON BÁDMINTON O CAMPO DE XOGO DE BÁDMINTON. OBXECTIVO DO BÁDMINTON O obxectivo do bádminton é conseguir golpear o volante ca raqueta por encima da rede para que caia
PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores C3-B-04
(ORAL) Caderno dos examinadores C3-B-04 PARTE 1 (Texto escrito) A continuación, lea vostede esta entrevista a Patricia Palma, coordinadora xeral de Universitarios pola Axuda Social. Tome as notas que precise.
TEMA: O VOLEIBOL OBXECTIVO.CAMPO DE XOGO. BALÓN QUE CRUZA A REDE.
TEMA: O VOLEIBOL HISTORIA O voleibol xurde cando Wiliam G. Morgan (1895) profesor de educación física na cidade de Holyote (Massachussets, EE.UU), intentaba buscar un xogo máis sinxelo co baloncesto, xa
O VOLUNTARIADO E A INMIGRACIÓN Inmigración, xuventude e Voluntariado
O VOLUNTARIADO E A INMIGRACIÓN Inmigración, xuventude e Voluntariado Q-42g Dende o Voluntariado, ofrecemos unha iniciativa ós centros que como un feito xa habitualatópanse na situación de acoller alumnado
XI REBUMBIO MATEMÁTICO GALEGO FASE DE ZONA 29 abril 2011
Problema 1 A área do triángulo Na Figura A do debuxo fíxose a representación dun rectángulo ABCD que ten, na realidade, 1 m 2 de área. Na Figura B, debuxouse sobre o rectángulo un triángulo MNB. Facede
Dereitos e deberes. Co financiamento de:
Dereitos e deberes Co financiamento de: Dereitos e deberes do empresario Calquera empresario ou autónomo que contrate a traballadores por conta allea terá con eles obrigacións en materia de prevención
Edita: Xunta de Galicia Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Edita: Xunta de Galicia Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Ilustración: Óscar Villán Idea e textos: Colectivo Acatrotintas: Mayte Leis,
Educación Física 2º ESO IES Miraflores curso TEMA 6. BÁDMINTON
TEMA 6. BÁDMINTON O bádminton é un deporte xogado con raquetas que consiste en intentar enviar o volante por enriba da rede para que caia no campo contrario. As modalidades de xogo son individuais, dobres
PREBENXAMÍN E BENXAMÍN SÁBADO 27 DE AGOSTO
VII TORNEO DE VERÁN SOCIEDADE DEPORTIVA O VAL DE NARÓN 27 e 28 DE AGOSTO DE 2016 PREBENXAMÍN E BENXAMÍN SÁBADO 27 DE AGOSTO I. REGRAS DO XOGO PREBENXAMÍNS - NA PRIMEIRA FASE, A MODALIDADE DE XOGO SERÁ
Apelidos e nome do aspirante Álvarez López Fernán 7,5 Fernández Castro Rubén 5 García Domínguez José 6 Pérez Insua Ander 6
1 C O N C E L L O MARÍA SIEIRA RÍOS, SECRETARIA DO TRIBUNAL AVALIADOR DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUNHA BRIGADA DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS (1 XEFE
ta: 7 de novembro de 2007 Modelo: 2a Data: 25 de maio de 2008 Modelo: C4/2008/A
ta: 7 de novembro de 2007 Modelo: 2a Data: 25 de maio de 2008 Modelo: C4/2008/A Proba A1 Vai escoitar dúas veces unha audición que fala dun novo produto tecnolóxico. Vostede é un comercial da compañía
Que é MICBasketball? As cifras. As categorías. Sedes. Timing do torneo. Participación. Inscríbete! Como autofinanciarse? Contacto
Que é MICBasketball? As cifras As categorías Sedes Timing do torneo Participación Inscríbete! Como autofinanciarse? Contacto QUE É MICBASKETBALL? MICBasketball é un torneo internacional de baloncesto base,
Guía de recursos dixitais da web da UDC
Universidade da Coruña Guía de recursos dixitais da web da UDC Talleres de uso das TICS para a Orientación Universitaria 1 Guía de recursos dixitais da web da UDC Índice Pax 2 Introdución Pax 3 Como é
Programa Anual de actividades culturais e de promoción das ensinanzas do CMUS Profesional de Música de Vigo
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CMUS/CDAN DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA Modelo MD71PLA05 Programa Anual de actividades culturais e de promoción das ensinanzas
INFORME ACTIVIDADES BLOQUE 1
INFORME ACTIVIDADES 2016 2017 BLOQUE 1 ÍNDICE BLOQUE 1 1. Informe do Presidente 2. Organigrama 3. Campións FGB 4. Seleccións Galegas 5. Estatísticas 1. INFORME DO PRESIDENTE Concluímos a temporada 2016
reclamamos Tarefa final: escribir unha carta para a Administración de xeito correcto
Tarefa final: escribir unha carta para a Administración de xeito correcto obxectivos Redactar comunicados oficiais Mostrar malestar e agradecemento de xeito formal Comparar ideas, argumentos e puntos de
TEMA: O VOLEIBOL OBXECTIVO.CAMPO DE XOGO. BALÓN QUE CRUZA A REDE.
TEMA: O VOLEIBOL HISTORIA O voleibol xurde cando Wiliam G. Morgan (1895) profesor de educación física na cidade de Holyote (Massachussets, EE.UU), intentaba buscar un xogo máis sinxelo co baloncesto, xa
EU SON COMA TI. Unidade didáctica sobre igualdade de xénero. 8 de marzo Día da Muller Traballadora. Cristina Corral Soilán. Cristina Corral Soilán
EU SON COMA TI Unidade didáctica sobre igualdade de xénero 8 de marzo Día da Muller Traballadora Página 1 de 9 INTRODUCIÓN: Esta unidade didáctica enmárcase nunha serie de actividades que formulamos a
Área de Benestar, Saúde e Deporte. XX Campionato Galego Universitario COLECTIVOS
XX Campionato Galego Universitario DEP RTES COLECTIVOS Campus de Pontevedra Xoves 23 de febreiro 2017 1 INDICE 1.- Organización... 3 2.- Acreditacións... 3 3.- Horario Xeral... 3 4.- Instalacións... 3
UN AMOR POR DESCUBRIR
Un amor por descubrir 1 de 5 UN AMOR POR DESCUBRIR Esta é a unidade didáctica sobre a película Un amor por descubrir. Está realizada co obxectivo de que o profesorado despois de ver a película poida traballar
Edita: Xunta de Galicia Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Edita: Xunta de Galicia Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Ilustración: Óscar Villán Idea e textos: Colectivo Acatrotintas: Mayte Leis,
ÓRGANOS FEGAN. Composición da Xunta Directiva. Composición da Asemblea. Delegados DEPORTISTAS. A Coruña. Pontevedra
ÓRGANOS FEGAN Composición da Xunta Directiva Presidente: Carlos Touriño González Vicepresidenta económica: Ángeles Lorenzo Vigo Vicepresidente deportivo: Raúl Solleiro Tizón Secretario Xeral: Ramón Mosquera
ORGANIGRAMA DO CPR. LUIS VIVES CURSO 2017/18
ORGANIGRAMA DO CPR. LUIS VIVES - ORGANOS DE GOBERNO: CURSO 2017/18 Unipersoais: Director: Xefe de Estudios: Secretaría: Colexiados: Consello Escolar Claustro de profesores - ORGANOS DE COORDINACIÓN DOCENTE:
Criterios para a promoción e titulación na ESO. IES Xunqueira I.
Criterios para a promoción e titulación na ESO. IES Xunqueira I. MARCO LEGAL: Esta proposta está baseada na lexislación actualmente vixente na Comunidade Autónoma de Galicia pola que se regula a avaliación
Guía didáctica de Poetízate realizada polo escritor e profesor Carlos Negro (http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=carnegro1) A poesía non morde
Guía didáctica de Poetízate realizada polo escritor e profesor Carlos Negro (http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=carnegro1) A poesía non morde Guión de traballo sobre o libro Poetízate. Antoloxía da poesía
II TORNEO FÚTBOL 8 SD GUITIRIZ ALEVÍN 30 setembro de 2017
II TORNEO FÚTBOL 8 SD GUITIRIZ ALEVÍN 30 setembro de 2017 F8SDG CATEGORÍA ALEVÍN NORMATIVA O torneo rexerase polas normas de Fútbol 8 (FGF) aplicadas durante a tempada 2017 / 2018, ó igual que as datas
Oficina de Medio Ambiente Vicerreitoría de Infraestruturas e Xestión Ambiental
Oficina de Medio Ambiente Vicerreitoría de Infraestruturas e Xestión Ambiental A PEGADA ECOLÓXICA NA UDC En novembro de 2010, o persoal bolseiro da OMA participamos nas actividades propostas pola Sociedade
