IV PLAN IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES ENTRE MULLERES E HOMES CONCELLO DE BOQUEIXÓN

Documentos relacionados
Resumo da elaboración I PLAN DE IGUALDADE DO CONCELLO DE MONDARIZ-BALNEARIO

ACTIVIDADES MÓDULO II

Servizo de información, asesoramento e orientación sobre recursos e servizos dispoñibles: Apoio na xestión e tramitación de recursos

Políticas de Igualdade. Xunta de. en Galicia

Xuntanza Seguimento Actuacións para o impulso ao Software libre en Galicia

Memoria 2010 Plan de Inclusión Social. Concello de Santiago de Compostela Concellería de Benestar Social Equipo de inclusión

5. Estrutura organizativa e de responsabilidades

PLAN GALEGO de INCLUSIÓN SOCIAL

PROCEDEMENTO P-PRL 17

OE 1.4. Atención ao benestar social

Xaneiro 2010 XORNADA DE TRABALLO. Persoal Técnico PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO SALNÉS UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO

INSTRUCIÓNS COMPLEMENTARIAS PARA A REALIZACIÓN DA AVALIACIÓN DO PLAN CONCERTADO 2010

XORNADA TÉCNICA: IGUALDADE DE XÉNERO NO ÁMBITO LABORAL: PLANS DE IGUALDADE.

Estrada vella de Madrid 160. Tel: Fax:

INFORME ANUAL 2017 DO GRAO DE CUMPRIMENTO DOS ACORDOS APROBADOS NO PARLAMENTO DE GALICIA NA X LEXISLATURA

AXENDA PARA O EMPREGO. Emprego para un novo modelo produtivo baseado no crecemento

DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 Martes, 23 de xuño de 2009

AXENDA PARA O EMPREGO. Emprego para un novo modelo produtivo baseado no crecemento

Elabora: Instituto Galego das Cualificacións Edita: Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar Dirección Xeral de Emprego e Formación

III.5.2. OE 2: Reforzo da capacidade institucional e financeira de Galicia

PACTO SOCIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO CONSORCIO AS MARIÑAS

DOSSIER Rúa República Checa 52, oficina Santiago de Compostela

EIXES TRANSVERSAIS EIXO DE ACCIÓN 5 SAÚDE E DEPORTE

- -& - -# - ) -3 ;<3

XORNADAS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

CURSO O XÉNERO NA PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS. RISCOS E EFECTOS DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO NA MATERNIDADE

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Actividades formativas desenvolvidas polo CAFI

CAMPAÑA DE PREVENCIÓN E CONTROL As especies exóticas invasoras nas Reservas de Biosfera de Galicia

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2014 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25801

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

INDUSTRIA 4.0. PROXECTO DE CAPACITACIÓN EN TECNOLOXÍAS, METODOLOXÍAS OU TÉCNICAS RELACIONADAS COA. Organiza:

Rúa Atalaia nº Porto do Son (A Coruña) CIF: P B Tlfno: Fax: ADHESIÓN REDE EUSUMO CONCELLO DE PORTO DO SON

Plan Estratéxico de Galicia

Regulamento e tarifas dos Servizos xurídicos

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

PROXECTO DE LEI DE PREVENCIÓN DO CONSUMO DE BEBIDAS ALCOHÓLICAS EN MENORES DE IDADE

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx ORDE do 11 de maio de 2015 pola que se crea o Rexistro Galego do Infarto Agudo de Miocardio.

Plan de impulso e coordinación de servizos de apoio a emprendedores (Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol) DOSSIER PRESENTACIÓN

Informe da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación relativo á transparencia no Sector público autonómico de Galicia. Ano 2016.

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Medidas municipais de conciliación de promoción autonómica

DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Subvencións

A Axencia Galega de Innovación

Curso Traballo Social e Demencias

PROXECTO DE REGULAMENTO DA FACULTADE DE ECONOMÍA E EMPRESA DE CAMBIO DE GRUPO

Estas vantaxes e/ou descontos serán aplicados a toda a clientela que sexa titular dunha tarxeta benvida, sen ningún requisito a maiores.

O CAMIÑO DE DOWN GALICIA

Programa de Educación Familiar I

I PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES ( ) CONCELLO DE XERMADE

AUTISMO GALICIA celebra a súa primeira ASEMBLEA XERAL do 2018

Enquisa igualdade para a población eumesa

Plans de igualdade de oportunidades e de trato entre as mulleres e homes, nas empresas

Descrición do programa

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

INFORME DO PARO REXISTRADO DECEMBRO DE 2009

Guía de procedementos e servizos

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2012 Páx. 4500

En Santiago de Compostela, once de xaneiro de dous mil trece REUNIDOS

DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3387


Lei 1/2008, do 17 de abril, de creación do Colexio Profesional de Detectives Privados e Privadas de Galicia.

Formación PAS: Resultados Decembro 2009

INFORME 2012 XUVENTUDE 2013: UNHA EXTRATEXIA PARA A MOCIDADE GALEGA III PLAN ESTRATÉXICO DE XUVENTUDE EIXES TRANSVERSAIS EIXO DE ACCIÓN 2 EMPREGO

INFORME DE EXECUCIÓN PROGRAMA DE SENSIBILIZACIÓN PARA O RECICLAXE DE XÉNERO

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

Programa de Cidadanía Activa: Promoción de Vida Independente

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

RECOMPILACIÓN NORMATIVA 2015 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

Seminario de Planificación Empresarial

I a Xornada de Cidades e Concellos Saudables de Galicia

ÍNDICE TALENTO FEMININO NA ECONOMÍA SOCIAL DE GALICIA TRABALLADORAS. MEDRANDO socias e traballadoras ESTRUTURA DO PROGRAMA CADRO DOCENTE

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (2º semestre e total) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº

novas leis, novas demandas PARA EDUCAR EN IGUALDADE A mulleres E homes

Ambos os comparecentes se recoñecen mutuamente plena capacidade para formalizar o presente protocolo de colaboración e, en consecuencia,

Portal de transparencia local de Galicia ÍNDICE DE CONTIDOS

Programa I. Promoción do emprego autónomo (TR341J)

Normativa xeral Páxina 1

PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN E ACREDITACIÓN DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS CUESTIONARIO DE AUTOAVALIACIÓN PARA AS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O PARLAMENTO DE GALICIA E O INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA).

INTRODUCIÓN... 2 PERSOAS DESTINATARIAS DO PLAN DE FORMACIÓN:... 3 INFORMACIÓN ADICIONAL:... 3 CURSO 1: TRABALLAR A PARENTALIDADE POSITIVA...

e actuacións, introducindo a reflexión fundamentada e apoiada nos coñecementos teóricos.

Baremo para proxectos produtivos e non produtivos

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de dous mil dezasete

2) INFORME ACREDITATIVO DA INSERCIÓN SOCIAL DO/DA TRABALLADOR/A ESTRANXEIRO/A: 2.1. Tempo de permanencia en España do/da estranxeiro/a interesado/a:

PLAN PARA A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA LABORAL NO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

SENSIBILIZACIÓN - CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO NATURAL Entidade de Custodia do territorio

PROGRAMA FORMATIVO Módulo de creación de empresas

En Vivenda Xove poderás atopar os recursos ao teu alcance para facilitar o acceso a unha vivenda.

Diagnose desigualdades Compostela. Concellaría de Igualdade

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

Programa Municipal de Apoio para a Inclusión Social

Transcripción:

IV PLAN IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES ENTRE MULLERES E HOMES 2018-2022 CONCELLO DE BOQUEIXÓN

Organismo responsable: CONCELLO DE BOQUEIXÓN Coordinación: Persoal técnico do servizo de información e asesoramento á muller. Redacción Informe: GRUPO ARESTORA. 1

LIMIAR INTRODUCCIÓN... 3 1. MARCO NORMATIVO DE REFERENCIA... 4 2. PRINCIPIOS E OBXECTIVOS XERAIS:... 7 3. DIAGNOSE DENDE A PERSPECTIVA DE XÉNERO.... 9 3.1. ANÁLISE DE DATOS POBOACIONAIS.... 9 3.2. ANÁLISE DE DATOS SOCIOLABORAIS.... 11 3.3. ANÁLISE DE DATOS EDUCATIVO.... 12 4. IV PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES MUNICIPAL. 2018-2022... 15 I. ÁREAS DE INTERVENCIÓN... 15 Ii. SEGUIMENTO E AVALIACIÓN.... 34 iii. VIXENCIA... 34 IV. RECURSOS ECONÓMICOS DISPOSTOS... 34 ANEXO I: MODELO DE FICHA DE SEGUIMENTO DA EXECUCIÓN DE MEDIDAS.... 35 2

INTRODUCCIÓN O Concello de Boqueixon estableceu o seu IIII Plan de Igualdade de Oportunidades entre Homes e Mulleres para o período 2013-2017, como unha ferramenta técnica de traballo artellada arredor de dous eixos fundamentais de traballo: I- A posta en marcha de accións positivas que contribúan a erradicar a discriminación e as desigualdades sociais que aínda sofren as mulleres do Concello. II- O desenvolvemento dunha política transversal de igualdade en todas as áreas sociais do concello e en todos os procesos da xestión Municipal. Para elo, o III PIOM estableceu un total de oito ámbitos de actuación: 1. Cooperación e colaboración institucional. 2. Información, comunicación e sensibilización Institucional e á Cidadanía. 3. Formación e Emprego 4. Educación 5. Saúde 6. Cultura, Deporte e Lecer 7. Conciliación da Vida Familiar, Persoal, Profesional e Corresponsabilidade. 8. Violencia contra as mulleres. Contemplándose para cada un destes ámbitos, as liñas de actuación e accións concretas de desenvolvemento, identificando en todas elas a poboación específica de referencia. Conscientes da necesidade de seguir traballando para que o principio de igualdade e o dereito a vivir sen violencia, se integren como un valores fundamentais da nosa sociedade, o equipo técnico do CIM inicia os traballos de avaliación do III PIOM, e establece como obxectivo de traballo, a concreción do IV PIOM 2018-2022 no Concello de Boqueixón. 3

1. MARCO NORMATIVO DE REFERENCIA As políticas públicas de igualdade tenden a desenvolverse a través do denominado dobre enfoque, aplicando de xeito simultáneo o mainstreaming (enfoque de xénero de xeito transversal) coas medidas específicas de xénero desenvolvidas por organismos tamén específicos. Trátase por tanto, de dúas estratexias de carácter complementario que perseguen un mesmo obxectivo: a igualdade de xénero. A igualdade, entendida como un dereito, e cuxa garantía se regula nos diversos marcos normativos de referencia, ten como obxectivo último a corrección das desigualdades derivadas do sexos/xénero, e regular os métodos e ferramentas para a implementación do principio de igualdade. Así, temos como referencia no marco internacional: Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Convención para a Eliminación de todas as formas de discriminación contra a muller 1979 (CEDAW) IV Conferencia Mundial sobre as Mulleres de Beiging (1995) Resolución da Comisión dos Dereitos Humanos (1997) Marco Europeo: Tratado de Amsterdam (1997) Programas de acción comunitaria para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Recomendación do Comité de Ministros sobre a protección das mulleres contra a violencia. Directiva 2002/73/CE do Parlamento Europeo e do Consello, relativa á igualdade de Trato entre mulleres e homes nas condicións de traballo. Compromiso estratéxico para a igualdade de xénero 2016-2019 Unión Europea (Comisión Europea) Marco Estatal: Ao abeiro permanente da Constitución Española de 1978 que no seu artigo 14 determina que os españois e as españolas son iguais ante a lei, sen que poda prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera 4

outra condición ou circunstancia persoal ou social o marco normativo complétase con: Lei 39/1999, de 5 de novembro, para promover a conciliación da vida familiar e laboral das persoas traballadoras. A Lei 27/2003, de 31 de xullo, reguladora da Orde de protección das vítimas da violencia doméstica. Lei 30/2003, de 13 de outubro, sobre medidas para incorporar a valoración do impacto de xénero nas disposicións normativas que elabore o Goberno. A Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero. Real Decreto 355/2004 polo que se crea o rexistro central para a proteccións das vítimas da violencia doméstica. A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para igualdade efectiva de mulleres e homes. Estratexia nacional para a erradicación da violencia contra a muller (2013-2016). Marco Autonómico: A Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes. A Lei 2/2007, do 28 de marzo, galega do traballo en igualdade das mulleres de Galicia. A Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Plan de atención integral á saúde da muller de Galiza. Plan de fomento da Corresponsabilidade. 5

VII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2017-2020. O presente PIOM regúlase ademais, tendo en conta o disposto na Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, na que se establece que o Concello, para a xestión dos seus intereses e no ámbito das súas competencias, pode promover toda clase de actividades e prestar cantos servizos públicos contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade veciñal (Art.25.1), e se recoñece como competencia do municipio a prestación dos servizos sociais e dos servizos de promoción e reinserción social (Art. 25. 2, apartado k). 6

2. PRINCIPIOS E OBXECTIVOS XERAIS: O Plan de Igualdade de oportunidades artellarase en torno aos seguintes principios básicos de intervención: Transversalidade: Incorporación da dimensión de igualdade e a perspectiva de xénero no conxunto de políticas e actuacións municipais. Sensibilización: Impulso de medidas para que homes e mulleres tomen conciencia das situacións de desigualdade. Información: como condición fundamental para a toma de conciencia e a consecución da igualdade. Formación: Proceso continuo e permanente en tódolos ámbitos. Participación: As mulleres deben ter canles de participación nos diversos ámbitos da sociedade coa conseguinte toma de decisións nunha situación de igualdade. Integración: Impulso de liñas de acción común desde as diferentes áreas municipais mediante a incorporación de todos aqueles servizos, programas e iniciativas dirixidos especificamente ás mulleres, á superación da discriminación por razón de sexo e á igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Realidade: As diversas intervencións contempladas no Plan estarán adaptadas á realidade do municipio, segundo os recursos de que dispoña. O fin último da elaboración e implantación deste Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal, é introducir nas actuacións e xestións do Concello o principio de igualdade de oportunidades e non discriminación entre mulleres e homes, recoñecido como dereito fundamental na Constitución e na normativa de desenvolvemento estatal e autonómica. 7

Neste marco, establécense como OBXECTIVOS XERAIS DO GOBERNO MUNICIPAL: 1. Impulsar políticas públicas transversais e de acción positiva, que contribúan a crear condicións e estruturas sociais que permitan que a igualdade entre mulleres e homes sexa real e efectiva no ámbito territorial do Concello de referencia. 2. Impulsar a inclusión do principio de igualdade entre mulleres e homes de xeito transversal, nas actuacións desenvolvidas no exercicio das súas competencias polas distintas Concellarías e, sinaladamente, nos Departamentos ou organismos específicos con competencias en materia de igualdade dependentes do Concello de referencia. 3. Ofrecer ferramentas técnicas para a inclusión do enfoque de xénero no deseño e a xestión das políticas públicas municipais. 4. Implicar ás distintas Concellerías na posta en marcha das medidas concretas contempladas no Plan de Igualdade, considerando as súas áreas de competencia. 5. Servir de referente a outros Concellos, entidades e/ou empresas, en materia de igualdade de oportunidades, establecendo medidas que apoien, impulsen e orienten o desenvolvemento efectivo das súas propias competencias en materia de igualdade. 6. Establecer mecanismos de prevención e tratamento específicos para os casos de violencia de xénero e asistencia a mulleres en risco de exclusión social. 8

3. DIAGNOSE DENDE A PERSPECTIVA DE XÉNERO. 3.1. ANÁLISE DE DATOS POBOACIONAIS. O CONCELLO DE BOQUEIXÓN conta cunha extensión de 72,90km 2 repartíndose a poboación entre as catorce Parroquias que o conforman. Nº HABITANTES 900 800 893 856 700 600 500 400 300 200 100 240 202 192 126 325 122 333 155 19 96 549 323 0 Segundo os últimos datos publicados polo IGE (2016), a poboación do Concello ascende a 4.291 persoas (segundo o último dato procedente da Axencia Tributaria) das cales, o 50,75 % son mulleres, o que representa un equilibrio da súa poboación desagregada por sexo. 9

Con todo, a media de idade é de 46,89 anos, sendo dous puntos maior no caso das mulleres (48,41 anos), reflectindo os datos un maior envellecemento feminino. Poboación (Padrón) Total Homes Mulleres Período Fonte POBOACIÓN TOTAL 4.291 2.113 2.178 2016 INE de 0 a 15 anos 516 253 263 2016 INE de 16 a 64 anos 2.742 1.407 1.335 2016 INE de 65 e máis anos 1.033 453 580 2016 INE POBOACIÓN ESTRANXEIRA 53 25 28 2016 INE Idade media 46,89 45,32 48,41 2016 IGE BOQUEIXÓN POBOACIÓN POR SEXO E IDADE Ano 2016 IDADE Homes Mulleres Total 0-5 78 81 159 5-10 81 97 178 10-15 79 69 148 15-20 78 68 146 20-25 123 92 215 25-30 121 115 236 30-35 150 147 297 35-40 143 158 301 40-45 185 156 341 45-50 144 175 319 50-55 186 143 329 55-60 152 151 303 60-65 140 146 286 65-70 113 131 244 70-75 118 106 224 75-80 74 109 183 80-85 90 119 209 85-58 115 173 Total 2.113 2.178 4.291 Fonte: https://www.boqueixon.com/estadisticas/ O Concello presenta un saldo vexetativo de -29 persoas (diferenza entre nacementos e defuncións rexistradas no período 2016), o que indica un envellecemento progresivo da súa poboación. MOVEMENTO NATURAL DA POBOACIÓN Total Homes Mulleres Período Fonte Nacementos 38 23 15 2016 IGE-INE Defuncións 67 39 28 2016 IGE-INE Matrimonios 10 2016 IGE-INE Saldo vexetativo -29 2016 IGE-INE 10

En canto aos indicadores demográficos de referencia, destacar o seu índice de envellecemento (166,7), a idade medida da maternidade (31,78 anos), sendo a media do número de fillos do 1,11. INDICADORES DEMOGRÁFICOS Dato Período Fonte Taxa bruta de natalidade (o/oo) 7,16 2015 IGE Taxa bruta de mortalidade (o/oo) 13,21 2015 IGE Índice de envellecemento 166,7 2016 IGE Idade media á maternidade 31,78 2015 IGE Número medio de fillos por muller 1,11 2015 IGE Taxa bruta de nupcialidade (o/oo) 3,13 2015 IGE O número de emigracións segue sendo superior ao das inmigracións rexistradas: MOVEMENTOS MIGRATORIOS Emigracións Inmigracións Período Fonte Á mesma provincia 130 94 2016 INE A outra provincia 7 21 2016 INE A outra comunidade 18 12 2016 INE Estranxeiro 3 22 2016 INE 3.2. ANÁLISE DE DATOS SOCIOLABORAIS. O concello rexistra un total de 1.734 afiliacións á seguridade social, equilibradas dende a perspectiva de xénero, representando o 46,77% as afiliacións femininas. AFILIACIÓNS EN ALTA LABORAL Total Homes Mulleres Período Fonte 1.734 923 811 2017/Xuño SS Por sectores de produción, destaca a ocupación no sector servizos. Afiliacións en alta laboral por sectores Dato Período Fonte Agricultura e pesca 180 2017/Xuño SS Industria 286 2017/Xuño SS Construción 154 2017/Xuño SS Servizos 1.113 2017/Xuño SS 11

En canto á actividade empresarial o Concello cun total de 441 empresas, destacando por número as dedicadas a servizos e agricultura. EMPRESAS Dato Período Fonte Empresas por condición xurídica 441 2015 IGE Persoas físicas 320 2015 IGE Sociedades anónimas 1 2015 IGE Sociedades de responsabilidade limitada 72 2015 IGE Cooperativas 5 2015 IGE Outras 43 2015 IGE Agricultura e pesca Industria Construción Servizos Período Fonte Empresas por actividade 132 39 58 212 2015 IGE Empresas por estrato de asalariados Dato Período Fonte De 0 a 2 asalariados 401 2015 IGE De 3 a 5 asalariados 26 2015 IGE De 6 a 9 asalariados 4 2015 IGE De 10 a 19 asalariados 6 2015 IGE De 20 a 49 asalariados 3 2015 IGE De 50 a 99 asalariados 2015 IGE De 100 a 249 asalariados 1 2015 IGE De 250 ou máis asalariados 2015 IGE 3.3. ANÁLISE DE DATOS EDUCATIVO. O concello conta cun total de 356 alumnos/as matriculados en centros públicos. Contando cun profesorado de 33 persoas. CENTRO EDUCATIVO HOMES MULLERES TOTAL CRA 45 64 109 CPI 117 130 247 TOTAL ALUMNADO CENTROS PÚBLICOS 162 194 356 % ALUMNADO POR SEXO 45,51% 54,49% CENTRO EDUCATIVO HOMES MULLERES TOTAL PROFESORADO 6 27 33 12

Distribución do alumnado CRA DE BOQUEIXÓN- VEDRA NEIRA VILAS. DISTRIBUCIÓN ALUMNADO POR ENSINANZA E CURSO 120 109 100 80 60 40 20 0 10 16 26 4º EDUCACIÓN INFANTIL 38 32 23 15 14 18 5º EDUCACIÓN INFANTIL 6º EDUCACIÓN INFANTIL 4 6 10 2 1º EDUCACIÓN PRIMARIA 1 3 2ª EDUCACIÓN PRIMARIA 45 64 TOTAL Homes Mulleres Total Distribución do alumnado CPI PLURILINGÜE ANTONIO ORZA COUTO 35 30 ALUMNADO ED.INFANTIL 32 Homes Mulleres Total 25 20 15 10 5 8 4 12 12 5 7 3 5 8 16 16 0 4º EDUCACIÓN INFANTIL 5º EDUCACIÓN INFANTIL 6º EDUCACIÓN INFANTIL TOTAL 13

ALUMNADO ED.PRIMARIA 160 140 120 100 80 60 40 20 0 9 8 15 13 17 19 6 9 13 11 11 11 79 63 142 Homes Mulleres Total ALUMNADO ED. SECUNDARIA 80 70 73 60 50 40 30 20 10 5 13 18 18 17 11 7 9 26 5 6 11 38 35 Homes Mulleres Total 0 1º ESO 2º ESO 3º ESO 4º ESO TOTAL 14

4. IV PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES MUNICIPAL. 2018-2022 Para a determinación das áreas, obxectivos e medidas específicas dispostas no IV PIOM do Concello de Boqueixón, tivéronse en conta as seguintes cuestións: Diagnose da realidade do Concello dende unha perspectiva de xénero. A programación de accións concretas tendo en conta os recursos dos Concello (tanto humanos como materiais), establecendo indicadores de referencia en cada unha delas, que permitan realizar un seguimento real das intervencións e o seu impacto. A vixencia do Plan de Igualdade, considerando o tempo de catro anos, de cara ao desenvolvemento de actividades de maior calado. I. ÁREAS DE INTERVENCIÓN Tendo en conta a realidade do Concello, a normativa de referencia e os recursos materiais e humanos dispoñibles, así como os traballos de análise e recollida de datos durante a fase de diagnóstico, decídese manter e establecer como áreas de intervención, as seguintes: 1. Cooperación e colaboración institucional. 2. Información, comunicación e sensibilización Institucional e á Cidadanía. 3. Formación e Emprego 4. Educación 5. Saúde 6. Cultura, Deporte e Lecer 7. Conciliación da Vida Familiar, Persoal, Profesional e Corresponsabilidade. 8. Violencia contra as mulleres. 15

ÁREA 1: Cooperación e colaboración institucional. OBXECTVO XERAL: Fomentar a coordinación interistitucional, co obxecto de difundir e intercambiar boas prácticas respecto da introdución do enfoque de xénero nos diferentes ámbitos de goberno e programas desenvolvidos en colaboración con entidades locais. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS: Promover mecanismos de coordinacion interdepartamental para impulsar a incorporación do enfoque de xénero nos programas e actividades municipais. Establecer canais de comunicación e espazos de participación activa con entidades locais. MEDIDAS DE INTERVENCIÓN: 1.1. Creación dunha Comisión de Igualdade Municipal Portavoces dos distintos Grupos de Goberno Municipal Concellaría de Servizos Sociais Concellería de Educación Concellería de Emprego Entidades locais con interese en materia de Igualdade Persoal Técnico do CIM Regulamento de constitución da Comisión de Igualdade. Actas das reunións e acordos establecidos en materia de igualdade Persoal técnico do Concello de Boqueixon Concelleiros/as con competencias en materia de educación e intervención sociolaboral Equipo de Goberno 1.2. Espazo propio de contacto coa Comisión de Igualdade na páxina Web 16

Persoal encargado da xestión da Páxina Web Persoal Técnico do CIM Publicacións dos acordos e medidas adoptadas no seo da Comisión de Igualdade Correo electrónico de contacto Establecemento das competencias da Comisión- Difusión Análise estatística dos contactos rexistrados (nº, tipo de consulta ou achega, etc.) Informa anual da actividade da Comisión (encontros con entidades locais, programas vencellados ao IV PIOM, etc.) Entidades locais Poboación en xeral Comisión de Igualdade. Equipo de traballo. 17

ÁREA 2: Información, comunicación e sensibilización Institucional e á Cidadanía. OBXECTVO XERAL: Incorporar a perspectiva de xénero como parte da cultura, organización e comunicación do Concello de Boqueixón. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS: Sensibilizar e capacitar ao persoal político e técnico do Concello dende a perspectiva de xénero, con especial incidencia no uso e emprego dunha linguaxe neutra, e unha comunicación libre de estereotipos en función do sexo. Incorporar a perspectiva de xénero na recollida, elaboración e difusión da información. Transmitir e difundir boas prácticas e valores sobre a igualdade para homes e mulleres. MEDIDAS DE INTERVENCIÓN: 2.1. Establecer unha acción formativa en materia de igualdade, dirixida ao persoal técnico e político do Concello. Persoal Técnico do CIM Material didáctico. Xustificación documental da xornada formativa (contido, duración, nº de asistentes desagregado por sexo, etc.) Persoal técnico e político do Concello de Boqueixon 18

2.2. Difusión do IV PIOM na páxina Web do Concello. Persoal encargado da xestión da Páxina Web Persoal Técnico do CIM Entidades locais Poboación en xeral Publicación do IV PIOM 2.3. Desenvolvemento de campañas municipais en materia de igualdade e non discriminación. Concellerías implicadas Persoal encargado da xestión da Páxina Web Persoal Técnico do CIM Entidades locais Poboación en xeral Memoria Técnica das campañas desenvolvidas Publicacións a través da Páxina Web 2.4. Revisión dos contidos publicados dende a perspectiva de xénero. Comisión de Igualdade Persoal encargado da xestión da Páxina Web Persoal Técnico do CIM Poboación en xeral Modificacións realizadas en cartalería, publicacións na Web, etc. 19

2.5. Establecemento de ferramentas internas para a recollida e tratamento de datos estatísticos desagregados por sexo Comisión de Igualdade Concellerías implicadas Persoal encargado da xestión da Páxina Web Persoal Técnico do CIM Publicación de estatísticas Informes de xestión internos Persoal técnico e político do Concello 20

ÁREA 3: Formación e Emprego OBXECTVO XERAL: Impulsar programas de emprendemento, formación e mellora da empregabilidade dende unha perspectiva de xénero. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS: Formar para o emprego e o desenvolvemento de competencias clave aos distintos colectivos de interese (mulleres, parados/as de longa duración, menores, ect.) Orientar na diversificación profesional lonxe de estereotipos de xénero. Fomentar e dar continuidade aos programas de emprego con colaboración empresarial, así como ás iniciativas de emprendemento local. MEDIDAS DE INTERVENCIÓN: 3.1. Establecer e dar continuidade a programas específicos en materia de formación e desenvolvemento de competencias clave. Concellerías implicadas Concellerías implicadas (Coordinación e implantación) Comisión de Igualdade (seguimento) Poboación local Xustificación documental dos programas desenvolvidos (contido, duración, nº de asistentes desagregado por sexo, etc.) Publicacións realizadas na páxina web para a súa difusión 21

3.2. Fomentar e dar continuidade a Obradoiros de Emprego. Concellerías implicadas Concellerías implicadas (Coordinación e implantación) Comisión de Igualdade (seguimento) Poboación en xeral Xustificación documental dos obradoiros desenvolvidos (contido, duración, nº de asistentes desagregado por sexo, etc.) Publicacións realizadas na páxina web para a súa difusión 3.3. Desenvolvemento de xornadas técnicas en materia de emprendemento e fomento do asociacionismo. Concellerías implicadas Persoal encargado da xestión da Páxina Web Concellerías implicadas (Coordinación e implantación) Comisión de Igualdade (seguimento) Entidades locais Poboación en xeral Memoria Técnica das xornadas desenvolvidas Publicacións a través da Páxina Web 22

ÁREA 4: Educación OBXECTVO XERAL: Impulsar a educación en igualdade e o fomento de accións formativas para o empoderamento e a capacitación dos colectivos de mulleres en risco de exclusión social. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS: Desenvolver actividades nos diversos ámbitos educativos que contribúan á consideración igualitaria da muller e introdución dun enfoque de xénero e perspectiva coeducativa nos procesos de orientación educativa e/ou profesional. Visibilizar as achegas das mulleres ao mundo da cultura, a ciencia e o deporte. Fomentar accións formativas destinadas ao empoderamento e mellora da capacitación dos colectivos de mulleres en risco de exclusión social. MEDIDAS DE INTERVENCIÓN: 4.1. Establecer e dar continuidade a programas educativos que se veñen desenvolvendo nos centros de ensino público. Concellerías implicadas Persoal Técnico do CIM Menores Familias Xustificación documental dos programas desenvolvidos (contido, duración, nº de asistentes desagregado por sexo, etc.) Publicacións realizadas na páxina web para a súa difusión 23

4.2. Fomentar e dar continuidade a xornadas formativas dirixidas a colectivos en risco de exclusión social. Concellerías implicadas Persoal técnico do CIM Xustificación documental das xornadas desenvolvidas (contido, duración, nº de asistentes desagregado por sexo, etc.) Publicacións realizadas na páxina web para a súa difusión Colectivos en risco de exclusión social, con especial atención ás mulleres. 4.3. Dotación de material bibliográfico de igualdade na biblioteca municipal e nas bibliotecas escolares. Concellerías implicadas Persoal encargado da xestión da Páxina Web Persoal Técnico do Concello Poboación en xeral Informe dos recursos bibliográficos aportados 24

ÁREA 5: Saúde OBXECTVO XERAL: Promover a saúde integral e o benestar da poboación dende unha perspectiva de xénero. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS: Fomentar a educación para a saúde individual e grupal en relación coas distintas etapas da vida e con enfoque de xénero. Elaborar programas de información, educación e atención afectivo-sexual dende unha perspectiva de xénero, dirixidos aos diferentes grupos de idade. Realizar campañas de coidados preventivos dirixidos aos distintos colectivos (maiores, menores, mozos, etc.) Impulsar programas de atención á dependencia e discapacidade. Atención especial á saúde laboral das mulleres. MEDIDAS DE INTERVENCIÓN: 5.1. Establecer e dar continuidade as programas educativos vencellados ao coidado da saúde. Concellerías implicadas Persoal Técnico do CIM Menores e mocidade Xustificación documental dos programas desenvolvidos (contido, duración, nº de asistentes desagregado por sexo, etc.) Publicacións realizadas na páxina web para a súa difusión 25

5.2. Fomentar e dar continuidade a programas de intervención en materia de dependencia e discapacidade. Concellerías implicadas Persoal técnico do CIM Xustificación documental dos programas desenvolvidos (contido, duración, nº de asistentes desagregado por sexo, etc.) Publicacións realizadas na páxina web para a súa difusión Poboación en xeral. Colectivos identificados. 5.3. Fomentar e dar continuidade a xornadas técnicas dirixidas ao coidado e prevención da saúde. Concellerías implicadas Persoal técnico do CIM Xustificación documental das xornadas desenvolvidas (contido, duración, nº de asistentes desagregado por sexo, etc.) Publicacións realizadas na páxina web para a súa difusión Poboación en xeral. Colectivos identificados. 26

5.4. Impulsar actuacións de información, prevención e tratamento de adicións a través dos servizos municipais. Concellerías implicadas Persoal Técnico do Concello Poboación en xeral Informe dos programas desenvolvidos. 27

ÁREA 6: Cultura, Deporte e Lecer OBXECTVO XERAL: Introducir o enfoque de xénero no ámbito cultural, deportivo e de lecer do Concello de Boqueixón. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS: Incluír na programación dos servizos culturais e deportivos, actividades dirixidas a mulleres, atendendo ás súas necesidades reais e á diversidade dos seus intereses. Establecer redes de contacto informais co fin de aproveitar esta participación para informar e sensibilizar en materia de igualdade. Desenvolver accións positivas nos procedementos de admisión e subvención de actividades. MEDIDAS DE INTERVENCIÓN: 6.1. Establecer e dar continuidade as programas culturais e deportivos nos que se incorpora a perspectiva de xénero. Concellerías implicadas Persoal Técnico do CIM Poboación en xeral Xustificación documental dos programas desenvolvidos (contido, duración, nº de asistentes desagregado por sexo, etc.) Publicacións realizadas na páxina web para a súa difusión 28

6.2. Facilitar a participación de familias monoparentais con escasos recursos nos obradoiros e actividades de lecer municipais. Concellerías implicadas Persoal técnico do CIM Inscricións recibidas e criterios de acceso Publicacións realizadas na páxina web para a súa difusión Poboación en xeral. Colectivos beneficiarios. 29

ÁREA 7: Conciliación da vida familiar, persoal, profesional e corresponsabilidade OBXECTVO XERAL: Impulsar a integración laboral das mulleres garantindo medidas de conciliación da vida familiar e laboral e fomentando a corresponsabilidade doméstica e social. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS: Artellar e informar sobre as distintas medidas de conciliación da vida familiar e laboral Fomentar a corresponsabilidade doméstica e social Potenciar os servizos municipais de apoio ás familias (atención menores, maiores, etc.) MEDIDAS DE INTERVENCIÓN: 7.1. Dar continuidade as programas de conciliación familiar. Concellerías implicadas Persoal Técnico do CIM Poboación en xeral Xustificación documental dos programas desenvolvidos (contido, duración, nº de asistentes desagregado por sexo, etc.) Publicacións realizadas na páxina web para a súa difusión 30

7.2. Desenvolver campañas e actividades dirixidas ao fomento da corresponsabilidade no ámbito doméstico. Concellerías implicadas Persoal técnico do CIM Xustificación documental dos programas desenvolvidos (contido, duración, nº de asistentes desagregado por sexo, etc.) Publicacións realizadas na páxina web para a súa difusión Poboación en xeral. Colectivos beneficiarios (menores, familias, mulleres) 31

ÁREA 8: Violencia contra as mulleres OBXECTVO XERAL: Previr e abordar a violencia de xénero dende as súas diferentes tipoloxías, manifestacións e consecuencias. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS: Promover estratexias para a sensibilización e prevención da violencia de xénero entre a poboación. Promover entre toda a poboación actitudes de prevención e denuncia dos casos de violencia de xénero. Impulsar unha rede municipal de protección e actuación nos casos de denuncia. MEDIDAS DE INTERVENCIÓN: 8.1. Dar continuidade aos programas de sensibilización e prevención en materia de violencia de xénero. Concellerías implicadas Comisión de Igualdade Persoal Técnico do CIM Xustificación documental dos programas desenvolvidos (contido, duración, nº de asistentes desagregado por sexo, etc.) Publicacións realizadas na páxina web para a súa difusión Poboación en xeral. Mulleres Vítimas de violencia de xénero. Familias. 32

8.2. Establecer un espazo específico de atención e prevención da violencia de xénero a través da páxina Web. Persoal encargado da páxina Web. Persoal técnico do CIM Publicacións realizadas na páxina web. Informe anual da atención do CIM difundido a través da páxina Web (Correos e solicitudes recibidas). Poboación en xeral. Colectivos beneficiarios (menores, familias, mulleres) 8.3. Establecer accións formativas/xornadas técnicas en materia de prevención e tratamento dos casos de violencia de xénero. Persoal técnico do CIM Publicacións realizadas na páxina web. Informe anual da atención do CIM difundido a través da páxina Web (Correos e solicitudes recibidas). Persoal técnico e político do Concello 33

II. SEGUIMENTO E AVALIACIÓN. O persoal responsable da coordinación, implantación e seguimento das medidas dispostas neste PIOM, encargarase da recompilación de datos, e o cumprimento dos indicadores e fichas de seguimento segundo o modelo disposto no anexo I. III. VIXENCIA Neste contexto, establécese o IV PIOM do concello de Boqueixón, cunha vixencia de catro anos, comprendidos entre o ano 2018 e 2022, co fin de desenvolver un novo conxunto de actuacións que permitiran afondar e aproximarse no obxectivo de acadar a igualdade real entre mulleres e homes. IV. RECURSOS ECONÓMICOS DISPOSTOS Para o desenvolvemento dos traballos de coordinación, análise, elaboración e difusión deste IV PIOM, así como o resto dos anos de vixencia, está previsto manter unha liña orzamentaria municipal, e de ser o caso, optar ás axudas públicas dispostas polos organismos públicos para a execución das medidas dispostas nos Plans de Igualdade Municipais. 34

ANEXO I: MODELO DE FICHA DE SEGUIMENTO DA EXECUCIÓN DE MEDIDAS. FICHA DE AVALIACIÓN ÁREA: OBXETIVO: ACCIÓN: ACTIVIDADE: DESCRIPCIÓN DA ACTIVIDADE: PERSOAS DESTINATARIAS: PERSOAS PARTICIPANTES: NÚMERO DE MULLERES NÚMERO DE HOMES PERSOAL RESPONSABLE DA COORDINACIÓN, IMPLANTACIÓN E SEGUIMENTO: AXENTES IMPLICADOS: UBICACIÓN: NÚM. DE HORAS DIAS DE EXECUCIÓN OBSERVACIÓNS/RESULTADOS: ORZAMENTO INVERTIDO: PERIODO DE EXECUCIÓN 2018 2019 2020 2021 2022 1º SEM. 2º SEM. 1º SEM. 2º SEM 1º SEM 2º SEM 1º SEM 2º SEM 1º SEM 2º SEM 35

FINANCIA: