::111= UNIVERSIDADE DA CORUÑA

Documentos relacionados
5. Estrutura organizativa e de responsabilidades

AXENDA PARA O EMPREGO. Emprego para un novo modelo produtivo baseado no crecemento

CUESTIONARIO PARA O SECTOR CIENCIA-COÑECEMENTO-CREATIVO DO SECTOR SAÚDE, BENESTAR E VIDA

Dos retos da Estratexia de Especialización Intelixente en Galicia(RIS3) a H2020

Dos retos da Estratexia de Especialización Intelixente en Galicia (RIS3) a H2020

Xuntanza Seguimento Actuacións para o impulso ao Software libre en Galicia

O CAMIÑO DE DOWN GALICIA

Programa INTERREG V-A España Portugal (POCTEP) Xosé Lago Comunidade de Traballo Galicia Norte de Portugal


III.5.2. OE 2: Reforzo da capacidade institucional e financeira de Galicia

A ESTRATEXIA DE ESPECIALIZACIÓN INTELIXENTE (RIS3) DE GALICIA E A SÚA INCIDENCIA NO AGRO GALEGO

AXENDA PARA O EMPREGO. Emprego para un novo modelo produtivo baseado no crecemento

ÍNDICE TALENTO FEMININO NA ECONOMÍA SOCIAL DE GALICIA TRABALLADORAS. MEDRANDO socias e traballadoras ESTRUTURA DO PROGRAMA CADRO DOCENTE

Axencia Galega de Innovación Axudas e Servizos. Xullo 2014

DISTRIBUCIÓN POR SEXOS NOS ÓRGANOS DE GOBERNO DA UNIVERSIDADE DE VIGO. Ano Unidade de Igualdade Ano

GALICIARIS3: Manuel Varela Rey. 26 de xuño de Director da Axencia Galega de Innovación

ESTRUTURA ORGANIZATIVA DE XESTIÓN INTEGRADA DA ASISTENCIA SANITARIA NO SERGAS

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

Plan de impulso e coordinación de servizos de apoio a emprendedores (Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol) DOSSIER PRESENTACIÓN

Área de Ciencia Excelente: Oportunidades no H2020 e programas de apoio na UDC (berce e InTalent)

CONVOCATORIA DE ACCESO AO VIVEIRO DE EMPRESAS INNOVADORAS DA UDC

LIÑAS E RETOS DE TRABALLO ÁREA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL Concello de Santiago. Texto de Proba

Empresa Innovación Emprendemento. premiosconsellosocial.udc.es

DOSSIER Rúa República Checa 52, oficina Santiago de Compostela

A Axencia Galega de Innovación

CUESTIONARIO PARA O SECTOR EMPRESARIAL DA SAÚDE, BENESTAR E VIDA

CONVOCATORIA DE CURSOS DA INTERNATIONAL SUMMER SCHOOL NO ESTRANXEIRO

Guía para a coordinación do Grao en Ciencias do Mar

I. MEMORIA DOS ORZAMENTOS 2018 E PROGRAMA DE ACTUACIÓNSINVESTIMENTOS E FINANCIAMENTO

MAPA DE RECURSOS: Oficinas de Emprego, Puntos de Información Multimedia e Entidades Colaboradoras en Captación de Ofertas

CUESTIONARIO PARA O SECTOR EMPRESARIAL DE ENERXÍA, MEDIOAMBIENTE E SERVIZOS

OE 5.2. Reforzo da capacidade institucional e financeira de Galicia

De acordo co anteriormente exposto, esta dirección xeral, DISPÓN:

INDUSTRIA 4.0. PROXECTO DE CAPACITACIÓN EN TECNOLOXÍAS, METODOLOXÍAS OU TÉCNICAS RELACIONADAS COA. Organiza:

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

Santiago de Compostela, nove de marzo de dous mil quince

PROGRAMA FORMATIVO Módulo de creación de empresas

O ESPAZO DA VIVENDA GALEGA LUGAR DE ENCONTRO E PARTICIPACIÓN DO SECTOR

CANDIDATURA A REITOR DA UDC

DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2012 Páx. 4500

PROPOSTAS DE NOVA ESCOLA GALEGA PARA A ACCIÓN POLÍTICA MUNICIPAL NO ÁMBITO EDUCATIVO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

XORNADAS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

ACTIVIDADES MÓDULO II

Plan de traballo para a elaboración do III Plan Director da Cooperación Galega ( ) Outubro-Decembro 2013

SERVIZO DE INFORMÁTICA

Vigo, vintetrés de marzo de dous mil quince REUNIDOS

OE 1.4. Atención ao benestar social

MÁSTER EN ENXEÑERÍA INFORMÁTICA PLAN DE COORDINACIÓN DOCENTE INFORME DE ACCIÓNS ACADÉMICAS E DE COORDINACIÓN VERTICAL E HORIZONTAL EMPRENDIDAS

INFORME ANUAL 2017 DO GRAO DE CUMPRIMENTO DOS ACORDOS APROBADOS NO PARLAMENTO DE GALICIA NA X LEXISLATURA

Seminario de Planificación Empresarial

DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx

Retos, prioridades e obxectivos da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3 Galicia)

CULTURA E RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL Auditorio da Biblioteca de Galicia, Santiago de Compostela MAR 3 XUL

Axencia Galega de Innovación Axudas e Servizos

integración das TIC na práctica educativa en Galicia

NORMATIVA DA UNIVERSIDADE DE VIGO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL CON CARGO A ACTIVIDADES DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E INNOVACIÓN (I+D+i)

Contornos virtuais como soporte ao proceso docente (Campus de Vigo)

Centro Demostrador TIC de Galicia. Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2011

Memoria do ano

Descrición do programa

PROGRAMA AGROBIOTECH INNOVACIÓN

CONVOCATORIA DOS V PREMIOS BIOGA

PROGRAMACIÓN PLURIANUAL Aprobada pola Xunta de Facultade o 14 de marzo de 2017

REVISIÓN DO SISTEMA POLA DIRECCIÓN

INFORME 2012 XUVENTUDE 2013: UNHA EXTRATEXIA PARA A MOCIDADE GALEGA III PLAN ESTRATÉXICO DE XUVENTUDE EIXES TRANSVERSAIS EIXO DE ACCIÓN 2 EMPREGO

Que son os orzamentos participativos da Deputación de Lugo?

MEMORIA PARA O PROGRAMA CONXUNTO DE ESTUDOS OFICIAIS DO GRAO (PCEO) DO GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS E O GRAO EN INFORMÁTICA (Campus

PROCEDEMENTO DE COORDINACIÓN DA DOCENCIA DE GRAO DA FACULTADE DE CC. EMPRESARIAIS E TURISMO DE OURENSE

MÁSTER EN ECONOMÍA: ORGANIZACIÓN INDUSTRIAL E MERCADOS FINANCEIROS

Plan Estratéxico de Galicia

A Consellería encargou a AFIPRODEL a elección dos 5 representantes, da rede de AEDL, acordándose a reserva dun deles para un membro desta asociación.

NORMATIVA DE CENTROS DE APOIO Á INVESTIGACIÓN DA UNIVERSIDADE DE VIGO VICERREITORÍA DE INVESTIGACIÓN

FÁLAME DA EMIGRACIÓN. O VALOR DA EXPERIENCIA Guía dos encontros interxeracionais

AS SECCIÓNS BILINGÜES A IMPLANTACIÓN DO PORTUGUÉS NO ENSINO REGRADO GALEGO

AUTISMO GALICIA celebra a súa primeira ASEMBLEA XERAL do 2018

PROGRAMACIÓN DE CICLO DO EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL

OE 2.2 Internacionalizar a economía galega, fomentando o investimento empresarial, o espírito emprendedor e a innovación nas empresas

CONVENIO PARTES FIRMANTES OBXECTO DURACIÓN OBRIGAS PARA AS PARTES

PERSPECTIVAS DE FUTURO PARA O TERRITORIO. Castelo de Santa Cruz 23 de novembro de 2015

Emprendemento no sistema educativo

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

I a Xornada de Cidades e Concellos Saudables de Galicia

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

MODIFICACIÓN DA NORMATIVA REGULADORA DA DOCENCIA EN INGLÉS NAS TITULACIÓNS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

DOS RETOS DA ESTRATEXIA DE ESPECIALIZACIÓN INTELIXENTE DE GALICIA A HORIZON 2020: SAÚDE, BIOECONOMÍA E ENVELLECEMENTO ACTIVO

CONSORCIO DE BIBLIOTECAS UNIVERSITARIAS DE GALICIA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U. Entidades públicas empresariais e consorcios

1. OBXECTIVOS DO PLAN

Instituto de Educación Secundaria Leixa. Bacharelatos Ciclos formativos de Artes Gráficas e Sanidade

Reserva da Biosfera MCeTM

antonio rodriguez rodriguez DIVISION DE XESTIÓN DA INNOVACION

PLAN DE ACCIÓN EN MATERIA DE SOFTWARE LIBRE BALANCE 2011 AMTEGA

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL E DO MAR

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CLAUSULADO DA ENCOMENDA

PROGRAMA VOLUNTARIADO VOCES DE APOIO: ILLAS CÍES PATRIMONIO DA HUMANIDADE

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Unidade de análises e programas INFORME 2016

Transcripción:

::111= UNIVERSIDADE DA CORUÑA RESOLUCIÓN REITORAL POLA QUE SE ESTABLECE O SISTEMA DE GOBERNANZA DO CAMPUS INDUSTRIAL lntrodución A Universidade da Coruña elaborou durante o exercicio 2015 o Plan estratéxico do Campus Industrial de Ferrol para o período 2016-2020. O Plan estratéxico foi elaborado para poder definir as accións que posibiliten a implantación do Campus Industrial no Campus de Ferrol. Cun horizonte temporal que chega ata o ano 2020 e cun conxunto de 34 liñas de acción, o orzamento total acacia os 11 755 000 euros. O Plan establece como misión do Campus Industrial a formación de profesionais para o exercicio das actividades profesionais ligadas aos eidos naval e industrial, a investigación e o desenvolvemento baseadas no coñecemento que se xera no campus e que, ademais, busca ser aplicado e valorizable a través dunha transferencia efectiva da ciencia cara ao contorno empresarial, froito dunha estreita interrelación con esta. No horizonte do 2020 o Plan estratéxico ten como visión que o campus de Ferrol se configure como un campus de referencia e de recoñecido prestixio a nivel nacional e internacional no contexto do Arco Atlántico Europeo, cunha identidade propia visible, e claramente especializado no eido industrial, tanto no ámbito naval e oceánico como neutros eidos industriais, e estreitamente ligado coas potencialidades económicas do seu contorno. Un campus estreitamente relacionado co contorno industrial en que hai unha efectiva valorización da investigación e da innovación e que permite unha transferencia activa do coñecemento co mundo industrial. Un campus en estreita relación cos demais axentes da comarca e que actúa como un axente principal para o desenvolvemento de Ferrol. O plan estratéxico para o Campus Industrial de Ferrol conta co decidido apoio e o financiamento da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, así como do conxunto de axentes públicos e privados que apostan por este novo campus de especialización. Obxectivos do Campus Industrial Acadar un campus universitario cohesionado e integrado territorialmente na cidade e na área de influencia de Ferrol, logrando unha optimización das súas infraestruturas e recursos e acadando unha estrutura organizativa que permita xerar sinerxías entre os centros e os grupos de investigación existentes na actualidade. 1

Fomentar a colaboración interdisciplinar para definir unha visión común dos diferentes centros e grupos de investigación ao redor do ámbito naval e oceánico, así como do sector industrial, que permita incrementar os niveis de calidade na formación, a investigación e a transferencia. Lograr un mellor posicionamento do Campus Industrial para aumentar a súa proxección exterior e deste xeito aumentar a capacidade de atracción de talento, tanto desde o punto de vista docente como investigador, así como unha maior contribución como axente dinamizador de Ferrol e da súa comarca. Impartir unha docencia especializada, de calidade e adaptada ás necesidades cambiantes da industria e da sociedade, cunha oferta formativa de grao e mestrado especializada, innovadora e con perfís profesionais adaptados ao seu contorno. Acadar unha investigación de calidade, multidisciplinar, recoñecida e de valor para o tecido industrial, de xeito que exista unha escoita efectiva para detectar os seus intereses, preocupacións e prioridades a que se lles poida dar resposta a través de l+d e que permita que o campus alcance unha posición de liderado internacional nas súas áreas de especialización. Facer da Universidade un motor de dinamización do tecido produtivo, social e económico baseado na colaboración efectiva entre o campus e os axentes e o sector industrial. Aumentar e diversificar as fontes de financiamento, o desenvolvemento de liñas e proxectos de l+d financiados e aumentar a participación en proxectos de l+d no sector privado. Articulación do Plan A articulación do Plan estratéxico faise a través dos quince obxectivos operativos seguintes: 1. Mellorar a estrutura organizativa e territorial do campus de especialización industrial de Ferro l. 2. Aproximar, simplificar e mellorar a xestión administrativa e a relación da UDC co campus de Ferrol. 3. Mellorar as infraestruturas comúns destinadas á comunidade estudantil e docente. 4. Aumentar a proxección exterior do Campus de Especialización Industrial de Ferrol. 2

Z N ;:: UNIVERSIDADE DA CORUÑA 5. Crear unha estratexia de mercadotecnia propia do Campus de Especialización industrial de Ferrol. 6. Reforzar a oferta académica para que sexa máis atractiva e adaptada ao mercado laboral. 7. Potenciar a captación do POI no campus de Ferrol. 8. Motivar, actualizar e internacionalizar o POI do campus industrial. 9. Fomentar a innovación e a proximidade da docencia universitaria ao mundo empresarial. 1 O. Impulsar a mobilidade e a internacionalización do alumnado. 11. Lograr unha l+d do Campus de Ferro! máis competitiva, multidisciplinar e recoñecida. 12. Facer unha l+d recoñecida que contribúa á competitividade do sector industrial. 13. Facilitar a xestión dos recursos de l+d. 14. Reforzar as infraestruturas comúns de investigación e desenvolvemento do campus. 15. Incrementar as colaboracións e as sinerxías entre o campus universitario de Ferrol e os axentes e o sector industrial. Gobernanza do Campus Industrial Para a posta en marcha, o impulso permanente, a xestión integral e o liderado do Campus Industrial, a organización e estrutura do Campus, conforme as liñas definidas no plan de implantación da primeira fase do Plan estratéxico para o período 2016-2017, son as seguintes: - Comisión Reitera - Comité de Dirección e Xestión - Comité Internacional de Expertos Comisión Reitora: O Campus Industrial de Ferro! será rexido e administrado por unha Comisión Reitera integrada pelas seguintes persoas: - Presidencia: o/a reitor/a da Universidade da Coruña - Vogais do campus, en representación da UDC formarán parte da comisión reitera, con voz e voto, os seguintes vogais: 4 representantes do equipo reitoral, entre os que necesariamente estarán a vicerreitoría responsable do campus de Ferro! e a Xerencia 2 representantes dos decanos/as e directores/as das facultades e escolas do campus de Ferrol A Presidencia do Consello Social da Universidade 3

:$: UNIVERSIDADE DA CORUÑA - Vogais institucionais, formará parte da Comisión Reitera, con voz e voto, un representante de cada unha das distintas institucións da Administración autonómica, provincial, local e do sector empresarial que se citan a continuación: Secretaría Xeral de Universidades da Xunta de Galicia Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia Concello de Ferrol Deputación da Coruña Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrán Armada Española Sector empresarial da comarca A Secretaría da Comisión Reitera será exercida polo/a director/a do campus, que actúa con voz pero sen voto. Comité de Dirección e Xestión: A dirección e xestión ordinaria do campus articularase a través da Oficina do Campus. As súas funcións principais serán a posta en marcha, a xestión, o control e a supervisión das actividades recollidas no Plan estratéxico. O Comité estrutúrase do seguinte xeito: - Ola director/a do campus, que asumirá o liderado e a dirección executiva das distintas áreas de xestión do Campus Industrial. Será designado/a polo reitor de entre persoas con acreditada competencia nalgúns dos campos definidos para o Comité Internacional de Expertos. - Ola coordinador/a técnico/a do Campus Industrial - Un representante da vicerreitoría responsable do Campus de Ferrol - Un representante da vicerreitoría responsable de Investigación e Transferencia - Un representante da Xerencia A Oficina do Campus Industrial está integrada polo coordinador técnico, como responsable da Oficina, que terá dedicación completa a esta tarefa e estará asistido por un equipo técnico composto por un técnico de apoio, así como unha asistencia técnica externa como soporte na implementación das diversas medidas do Plan estratéxico. De acorde coa importancia estratéxica de determinadas medidas e accións, establécense as seguintes áreas específicas de xestión na Oficina, dependentes do director do campus: 1. Promoción e Proxección Exterior 2. Docencia e Investigación 3. Relación ca Sector Industrial e Social 4

::?*;: UNIVERSIDADE DA CORUÑA Comité Internacional de Expertos: O Campus Industrial de Ferrol contará cun Comité Internacional de Expertos que apoiará a Oficina do Campus Industrial de Ferrol fundamentalmente na definición e xestión das medidas e accións previstas. O Comité estará formado por persoas de entidades nacionais e internacionais e outros axentes chave para o campus, e estará presidida por unha personalidade de referencia na área científico-tecnolóxica, preferiblemente do ámbito nacional. Entre os expertos que compoñen o Comité estarán representadas as universidades, os centros tecnolóxicos e o sector empresarial. Terase en conta a participación de egresados/as do campus de Ferrol que ocupan postos relevantes en empresas e institucións nacionais e internacionais. Os perfís dos distintos compoñentes do Comité de Expertos deberán cubrir os seguintes aspectos: - Xestión da innovación empresarial l+d+i en enxeñería industrial, naval e oceánica l+d+i en tecnoloxías da información e das comunicacións Relacións internacionais e captación de talento Emprendemento - Transferencia tecnolóxica - Clusters empresariais da industria, enxeñaría e naval Empresas de referencia de contorno Por todo o exposto, e co obxecto de poñer en marcha a primeira fase de implantación do Campus Industrial de Ferrol mediante a designación dos órganos que conforman a súa gobernanza, DISPOÑO, PRIMEIRO: designar o profesor Dr. Ginés Nicolás Costa, director do Campus Industrial, que presidirá o seu Comité de Dirección e Xestión, con asignación do cargo equivalente a decano para os efectos académicos, administrativos e económicos. SEGUNDO: a Coordinación Técnica do Comité de Dirección e Xestión corresponderalle á persoa que desempeñe o posto de Secretaría Técnica do Campus de Ferrol, baixo a superior dirección da Vicexerencia do Campus en materia económica e administrativa. En materia de xestión e xustificación de gastos, a Vicexerencia do Campus de Ferrol coordinarase cos servizos económicos centrais a través da Vicexerencia de Asuntos Económicos do Campus da Coruña. 5

TERCEIRO: a Oficina do Campus Industrial contará, ademais, co apoio das unidades económicas, administrativas e de xestión de investigación e transferencia do campus de Ferrol que precise por razón da materia. CUARTO: a Comisión Reitera e o Comité Internacional de Expertos do Campus Industrial serán designados por resolución reitoral, unha vez recibidas as propostas necesarias de representantes e expertos por parte das entidades que forman parte do campus. QUINTO: Esta resolución surtirá efectos desde o día 1 de xuño de 2016. A Coruña, 31 de maio de 2016 O reitor, 6