BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Documentos relacionados
LEGISLACIÓN CONSOLIDADA. TEXTO CONSOLIDADO Última modificación: sin modificaciones

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

N o 177 L Mércores, 13 de setembro de 2006 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Así na reunión deste órgano, celebrada o 20 de decembro de 2016, acordouse levar a cabo a modificación da devandita Orde do 20 de maio de 2008.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO BANCO DE ESPAÑA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Lei 1/2008, do 17 de abril, de creación do Colexio Profesional de Detectives Privados e Privadas de Galicia.

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx

DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx

LEGISLACIÓN CONSOLIDADA. TEXTO CONSOLIDADO Última modificación: 6 de septiembre de 2008

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

LEGISLACIÓN CONSOLIDADA. Real Decreto 1070/2007, de 27 de julio, por el que se aprueba la norma de calidad para la cuajada. ÍNDICE

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Norma de calidad para determinados tipos de leche conservada parcial o totalmente deshidratada destinados a la alimentación humana.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx

MINISTERIO DA PRESIDENCIA

NORMA DEL CODEX PARA LOS PRODUCTOS A BASE DE CASEINA ALIMENTARIA

DOG Núm. 117 Luns, 20 de xuño de 2011 Páx

NORMA DEL CODEX PARA LOS PRODUCTOS A BASE DE CASEINA ALIMENTARIA CODEX STAN A Rev

NORMA DEL CODEX PARA LOS PRODUCTOS A BASE DE CASEINA ALIMENTARIA

NORMA PARA LOS PRODUCTOS A BASE DE CASEINA ALIMENTARIA CODEX STAN

DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx

DOG Núm. 73 Luns, 20 de abril de 2015 Páx CORRECCIÓN de erros. Decreto 52/2015, do 5 de marzo, polo que se regula o transporte sanitario.

NORMA PARA LOS PRODUCTOS A BASE DE CASEINA ALIMENTARIA CODEX STAN

6.978 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 84 L Mércores, 3 de maio de 2006

Este proxecto técnico foi aprobado no Pleno do Consello Galego de Estatística do día 21 de decembro de 2012

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DISPOÑO: Primeiro.- Obxecto.

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

Exemplar para a Administración EUROS I. Modelo

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

Nº 251 Venres, 31 de decembro de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Os novos desafíos do DLE

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

Concello de Viveiro RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA

INFORME DE LEGALIDADE SOBRE O PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN DA OFICINA XUDICIAL EN GALICIA

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

Guía de procedementos e servizos

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

NOTA INFORMATIVA SOBRE A CAPACIDADE FINANCEIRA DOS MEDIADORES DE SEGUROS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2017 Páx. 5699

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE EDUCACIÓN

DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2013 Páx

Por todo isto, esta consellería,

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

6/06. Ditame. Lei do libro e da lectura. sobre o anteproxecto de. de Galicia APROBADO POLO PLENO O 7 DE XUÑO

LEGISLACIÓN CONSOLIDADA. Real Decreto 1676/2012, de 14 de diciembre, por el que se aprueba la norma de calidad para el café.

DOG Núm. 168 Venres, 2 de setembro de 2011 Páx

por Resolución do 25 de abril de 2016 e pola Orde XUS/704/2016 (Diario Oficial de

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA E DEPORTE

Gases fluorados: certificacións persoais

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

INFORME ANUAL 2017 DO GRAO DE CUMPRIMENTO DOS ACORDOS APROBADOS NO PARLAMENTO DE GALICIA NA X LEXISLATURA

DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2013 Páx. 6322

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Proxecto de Orde do de de 2015, pola que se crea e se regulan as funcións, a composición e funcionamento do Consello de Bioética de Galicia.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A SELECCIÓN, TRANSFERENCIA DA CUSTODIA E O ACCESO AOS DOCUMENTOS

2) INFORME ACREDITATIVO DA INSERCIÓN SOCIAL DO/DA TRABALLADOR/A ESTRANXEIRO/A: 2.1. Tempo de permanencia en España do/da estranxeiro/a interesado/a:

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx ORDE do 11 de maio de 2015 pola que se crea o Rexistro Galego do Infarto Agudo de Miocardio.

DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2018 Páx. 9198

Praza de Europa, 5 A 4º Polígono de Fontiñas SANTIAGO DE COMPOSTELA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Santiago de Compostela, cinco de decembro de dous mil doce REUNIDOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á PROMOCIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO DE CAMBADOS 2018

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Transcripción:

Suplemento en lingua galega ao núm. 292 Sábado 3 de decembro de 2016 Sec. I. Páx. 1 I. DISPOSICIÓNS XERAIS MINISTERIO DA PRESIDENCIA E PARA AS ADMINISTRACIÓNS TERRITORIAIS 11480 Real decreto 600/2016, do 2 de decembro, polo que se aproban as normas xerais de calidade para as caseínas e caseinatos alimentarios. A Orde do 28 de marzo de 1988, pola que se aproban as normas xerais de calidade para as caseínas e caseinatos alimenticios, incorporou ao ordenamento xurídico interno a Directiva 83/417/CEE do Consello, do 25 de xullo de 1983, relativa á aproximación das lexislacións dos Estados membros sobre determinadas lactoproteínas (caseínas e caseinatos) destinadas á alimentación humana, así como as directivas da Comisión 85/503/CEE, do 25 de outubro de 1985, relativa a métodos de análise de caseínas e caseinatos alimentarios, e 86/424/CEE, do 15 de xullo de 1986, pola que se establecen os procedementos comunitarios de toma de mostras destinadas a análises químicas para caseínas e caseinatos comestibles. Os anexos 1 e 2 da citada orde regularon, respectivamente, a norma xeral de calidade para as caseínas alimenticias e a norma xeral de calidade para os caseinatos alimenticios. Así mesmo, os anexos 3 e 4 recolleron, respectivamente, o procedemento de toma de mostras e os métodos de análise da composición destes produtos. Posteriormente, a citada orde derrogouse parcialmente mediante o artigo 44 do Real decreto 176/2013, do 8 de marzo, polo que se derrogan total ou parcialmente determinadas regulamentacións técnico sanitarias e normas de calidade referidas a produtos alimenticios. Dentro do proceso de simplificación da normativa europea, a Directiva n.º 83/417/ CEE, do 25 de xullo de 1983, foi derrogada, co fin de adaptar a regulación destes produtos á lexislación da Unión Europea en materia de alimentos e ás normas internacionais, e aprobouse a Directiva (UE) n.º 2015/2203 do Parlamento Europeo e do Consello, do 25 de novembro de 2015, relativa á aproximación das lexislacións dos Estados membros sobre caseínas e caseinatos destinados ao consumo humano e pola que se derroga a Directiva 83/417/CEE do Consello, que constitúe o novo marco normativo comunitario nesta materia. Dado que as caseínas e caseinatos obxecto de regulación están destinados a seren vendidos de empresa a empresa para a preparación de produtos alimenticios, é de resaltar que a citada Directiva (UE) n.º 2015/2203 mantén as normas específicas de etiquetaxe, adecuándoas ás disposicións relativas á información alimentaria en vigor, de forma que recolle a información que se debe facilitar respecto a estes produtos nas relacións entre empresas, co fin de pór á disposición dos operadores a información que necesitan para a etiquetaxe dos produtos finais, e para evitar que os produtos se poidan confundir con outros similares non destinados para o consumo humano. Por outra parte, en canto aos métodos de mostraxe e análise, segundo dispón a citada Directiva (UE) n.º 2015/2203, do 25 de novembro de 2015, no seu quinto considerando, dada a existencia de normas xerais, horizontais e uniformes da Unión nesta materia, xa non son necesarias as normas específicas que rexían anteriormente. A incorporación ao noso ordenamento xurídico interno da citada Directiva (UE) n.º 2015/2203, do 25 de novembro de 2015, constitúe o obxecto deste real decreto, que aproba as novas normas xerais de calidade para as caseínas e caseinatos alimentarios e que substitúe e derroga xa por completo a Orde do 28 de marzo de 1988. Ao mesmo tempo, elimínase a mención a aditivos alimentarios, dado que estas disposicións, anteriormente incluídas na Directiva (UE) n.º 2015/2203, do 25 de novembro de 2015, se incorporaron á normativa horizontal da Unión Europea, actualizada recentemente mediante o Regulamento (UE) n.º 2016/691 da Comisión, do 4 de maio de

Suplemento en lingua galega ao núm. 292 Sábado 3 de decembro de 2016 Sec. I. Páx. 2 2016, polo que se modifica o anexo II do Regulamento (CE) n.º 1333/2008 do Parlamento Europeo e do Consello, no relativo á utilización dos aditivos alimentarios nos caseinatos alimentarios. Todo isto en virtude da disposición derradeira cuarta da Lei 28/2015, do 30 de xullo, para a defensa da calidade alimentaria, que habilita o Goberno para aprobar normas de calidade de produtos alimenticios, con obxecto, entre outros, de se adaptar á regulamentación da Unión Europea. Este real decreto dítase de conformidade co disposto no artigo 149.1.13.ª e 16.ª da Constitución, que atribúen ao Estado a competencia exclusiva en materia de bases e coordinación da planificación xeral da actividade económica, e de bases e coordinación xeral da sanidade, respectivamente. No proceso de elaboración desta norma consultáronse as comunidades autónomas e as entidades representativas dos sectores afectados, e a Comisión Interministerial para a Ordenación Alimentaria emitiu informe favorable. Na súa virtude, por proposta da ministra de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente e da ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, de acordo co Consello de Estado e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día 2 de decembro de 2016, Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación. DISPOÑO: O obxecto desta norma é regular as características, a etiquetaxe e os requisitos específicos que teñen que cumprir as caseínas e caseinatos alimentarios destinados ao consumo humano, e as súas mesturas, para a súa comercialización e utilización. Artigo 2. Definicións. Para efectos do presente real decreto, entenderase por: a) «caseína ácida alimentaria»: produto lácteo obtido mediante a separación, o lavado e o secado do coágulo, precipitado por ácidos, do leite desnatado e/ou doutros produtos obtidos do leite; b) «caseína de callo alimentaria»: produto lácteo obtido mediante a separación, o lavado e o secado do coágulo do leite desnatado e/ou doutros produtos obtidos do leite; o coágulo obtense mediante a reacción do callo ou doutras enzimas coagulantes; c) «caseinato alimentario»: produto lácteo obtido por acción do coágulo da caseína alimentaria ou da callada de caseína alimentaria con axentes neutralizantes, seguida dun proceso de secado. Artigo 3. Comercialización. 1. Os produtos definidos no artigo 2 comercializaranse cos nomes especificados no dito artigo, unicamente se cumpren as regras establecidas no presente real decreto e os requisitos que figuran nos seus anexos I e II. 2. Para a preparación de alimentos non se utilizarán as caseínas e os caseinatos que non cumpran as normas que figuran no anexo I, sección I, alíneas b) e c); no anexo I, sección II, alíneas b) e c), ou no anexo II, alíneas b) e c). Nos casos en que se comercialicen legalmente para outros usos, serán denominados e etiquetados de maneira que non induzan o comprador a erro sobre a súa natureza, calidade ou utilización a que están destinados.

Suplemento en lingua galega ao núm. 292 Sábado 3 de decembro de 2016 Sec. I. Páx. 3 Artigo 4. Etiquetaxe. 1. Nos envases, recipientes ou etiquetas dos produtos lácteos definidos no artigo 2 indicaranse, en caracteres facilmente visibles, claramente lexibles e indelebles, as seguintes mencións obrigatorias: a) A denominación do produto: indicarase conforme o artigo 2, con indicación, no caso dos caseinatos alimentarios, do catión ou catións segundo a lista que figura no anexo II, alínea d). b) No caso dos produtos comercializados como mesturas, a denominación será: 1.º A mención «mestura de» seguida dos nomes dos diferentes produtos que compoñan a mestura, en orde ponderal decrecente. 2.º A indicación do catión ou catións, segundo a lista que figura no anexo II, alínea d), no caso dos caseinatos alimentarios. 3.º O contido en proteínas no caso das mesturas que conteñan caseinatos alimentarios. c) A cantidade neta dos produtos, expresada en quilogramos ou gramos; d) O nome ou a razón social e o enderezo do operador de empresa alimentaria con cuxo nome ou razón social se comercialice o alimento ou, se o dito operador de empresa alimentaria non está establecido na Unión Europea, do importador no mercado da Unión Europea. e) O nome do país de orixe, cando se trate de produtos importados de terceiros países. f) A identificación do lote dos produtos ou a data de produción. 2. Non obstante, as mencións previstas no número 1, alínea b).3º, e nas alíneas c), d) e e) do dito número poderanse indicar unicamente nun documento de acompañamento. 3. As indicacións obrigatorias da etiquetaxe recollidas no número 1 expresaranse, polo menos, na lingua española oficial do Estado, salvo que o operador de empresa alimentaria facilite a dita información por outros medios. 4. Cando nos produtos definidos no artigo 2 se supere o contido mínimo de proteínas do leite indicado no anexo I, sección I, alínea a), punto 2; no anexo I, sección II, alínea a), punto 2, e no anexo II, alínea a), punto 2, a dita circunstancia poderase indicar adecuadamente nos envases, recipientes ou etiquetas dos produtos. Disposición transitoria única. Prórroga de comercialización de produtos. Os produtos comercializados ou etiquetados antes do 22 de decembro de 2016, conforme a Orde do 28 de marzo de 1988 pola que se aproban as normas xerais de calidade para as caseínas e caseinatos alimenticios, poderán seguir comercializándose até finalización de existencias. Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa. A partir da entrada en vigor deste real decreto queda derrogada a Orde do 28 de marzo de 1988 pola que se aproban as normas xerais de calidade para as caseínas e caseinatos alimenticios. Disposición derradeira primeira. Título competencial. Este real decreto dítase de conformidade co disposto no artigo 149.1.13.ª e 16.ª da Constitución, que atribúen ao Estado a competencia exclusiva en materia de bases e coordinación da planificación xeral da actividade económica, e de bases e coordinación xeral da sanidade, respectivamente.

Suplemento en lingua galega ao núm. 292 Sábado 3 de decembro de 2016 Sec. I. Páx. 4 Disposición derradeira segunda. Incorporación de dereito da Unión Europea. Este real decreto incorpora ao dereito nacional, na súa totalidade, a Directiva (UE) n.º 2015/2203 do Parlamento Europeo e do Consello, do 25 de novembro de 2015, relativa á aproximación das lexislacións dos Estados membros sobre caseínas e caseinatos destinados ao consumo humano e pola que se derroga a Directiva 83/417/CEE do Consello. Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor. O presente real decreto entrará en vigor o 22 de decembro de 2016. Dado en Madrid o 2 de decembro de 2016. FELIPE R. A vicepresidenta do Goberno e ministra da Presidencia e para as Administracións Territoriais, SORAYA SÁENZ DE SANTAMARÍA ANTÓN ANEXO I Requisitos aplicables ás caseínas alimentarias I. Caseínas ácidas alimentarias. a) Factores esenciais de composición: 1. Contido máximo de humidade: 12 % en peso. 2. Contido mínimo de proteínas do leite calculado sobre extracto seco: 90 % en peso do cal, contido mínimo en caseína: 95 % en peso. 4. Acidez titulable máxima expresada en ml de solución de hidróxido de sodio decinormal por gramo: 0,27. 5. Contido máximo de cinzas (P 2 O 5 incluído): 2,5 % en peso. 6. Contido máximo de lactosa anhidra: 1 % en peso. 7. Contido máximo de sedimentos (partículas queimadas): 22,5 mg en 25 g. d) Coadxuvantes tecnolóxicos, cultivos bacterianos e ingredientes autorizados. 1. Ácidos: Ácido láctico. Ácido clorhídrico. Ácido sulfúrico. Ácido cítrico. Ácido acético. Ácido ortofosfórico. 2. Cultivos bacterianos que produzan ácido láctico. 3. Lactosoro. e) Características organolépticas. 1. Olor: ausencia de olores estraños.

Suplemento en lingua galega ao núm. 292 Sábado 3 de decembro de 2016 Sec. I. Páx. 5 II. Caseínas de callo alimentarias. a) Factores esenciais de composición 1. Contido máximo de humidade: 12 % en peso. 2. Contido mínimo de proteínas do leite calculado sobre o extracto seco: 84 % en peso do cal, contido mínimo de caseínas: 95 % en peso. 4. Contido mínimo de cinzas (P 2 O 5 incluído): 7,5 % en peso. 5. Contido máximo de lactosa anhidra: 1 % en peso. 6. Contido máximo de sedimentos (partículas queimadas): 15 mg en 25 g. d) Coadxuvantes tecnolóxicos: Callo que cumpra os requisitos do Regulamento (CE) n.º 1332/2008 do Parlamento Europeo e do Consello, do 16 de decembro de 2008, sobre enzimas alimentarias; Outras enzimas que coagulen o leite e que cumpran os requisitos do Regulamento (CE) n.º 1332/2008. e) Características organolépticas 1. Olor: ausencia de olores estraños. ANEXO II Requisitos aplicables aos caseinatos alimentarios a) Factores esenciais de composición 1. Contido máximo de humidade: 8 % en peso. 2. Contido mínimo de proteínas do leite, calculado sobre extracto seco: 88 % en peso do cal, contido mínimo en caseína: 95 % en peso. 4. Contido máximo de lactosa anhidra: 1 % en peso. 5. Valor de ph: de 6 a 8. 6. Contido máximo de sedimentos (partículas queimadas): 22,5 mg en 25 g d) Aditivos alimentarios (axentes neutralizantes e tampóns opcionais): os autorizados pola normativa de aplicación horizontal sobre esta materia. e) Características: 1. Olor: aromas moi lixeiros e ausencia de olores estraños. 3. Solubilidade: case totalmente soluble en auga destilada, con excepción do caseinato de calcio. http://www.boe.es BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO D. L.: M-1/1958 - ISSN: 0212-033X