Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Agosto Nº Var. Int. 17/16

Documentos relacionados
Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Xullo Nº Var. Int. 17/16

Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Marzo Nº Var. Int. 18/17

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

CONXUNTURA TURÍSTICA EN GALICIA. Ocupación en establecementos regrados

TURISMO EN GALICIA. Informe avaliación datos estatísticos. Acum. Xullo 2016

Informe de avaliación de datos turísticos. Verán 2018

TURISMO RURAL EN GALICIA. Informe anual 2016

Balance do turismo en Galicia. Verán 2017

Turismo en Galicia. Balance anual 2017

INFORME SOBRE AFILIACIÓNS Á SEGURIDADE SOCIAL

INFORME DO PARO REXISTRADO DECEMBRO DE 2009

Aumento dos viaxeiros e pernoitas en establecementos hoteleiros e casas de turismo rural no ano 2006

economíasocial 2.4. As fontes estatísticas empregadas para a análise da economía social son, fundamentalmente,

% -6,55% VARIACIÓN ANUAL OUTUBRO 2016 Absoluta Relativa Dato Absoluta Relativa Dato ,23% ,62% 77.

Pacto Territorial de Emprego Costa da Morte

Estudo dos Aeroportos de Galicia Fonte: AENA. 1º Cuadrimestre 2014

Estudo dos Aeroportos de Galicia Fonte: AENA

DOCUMENTOS DE TRABALLO

Os maiores e as TIC ANO 2011

INFORME SOBRE O TIEPI (TEMPO DE INTERRUPCIÓN EQUIVALENTE Á POTENCIA INSTALADA) EN GALICIA NA ANUALIDADE 2011

Informe sobre os fogares compostos por persoas maiores de 64 anos.

INFORME SOBRE A POBREZA EN GALICIA

INFORME SOBRE O NIEPI (NÚMERO DE INTERRUPCIÓNS EQUIVALENTE Á POTENCIA INSTALADA) EN GALICIA NA ANUALIDADE 2011

A SINIESTRALIDADE NAS ESTRADAS.

Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia

Pacto Territorial de Emprego do Salnés [INFORME DE SINISTRALIDADE LABORAL]

Informe mensual do paro rexistrado. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xullo de 2009 PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO SALNÉS

Lixeiro crecemento da poboación no período , favorecido pola chegada de inmigrantes

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE COMERCIO POLO MIÚDO

O libro e a edición en Galicia (2016)

Plan Banda Larga. Lugo, xaneiro de 2015

Informe climatolóxico Mes de maio 2008 INFORME CLIMATOLÓXICO

3.3.construcción. galicia. segundo a metodoloxía empregada polo servicio de estudios Ardán.

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE MEAÑO. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. febreiro 2010

Informe climatolóxico Mes de xaneiro 2010 INFORME CLIMATOLÓXICO

Datos básicos sobre a evolución do galego

INFORME CLIMATOLÓXICO

PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO

PROGRAMAS DA ADMINISTRACIÓN DA XUNTA DE GALICIA PARA O FOMENTO DA EDUCACIÓN AMBIENTAL NA ETAPA DE EDUCACIÓN PRIMARIA

A Responsabilidade Social Empresarial nas Empresas TIC de Galicia. Edición 2016

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

As empresas culturais en Galicia

PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO

ESTUDO DAS DIFERENZAS SALARIAS DOS DOCENTES SEGUNDO COMUNIDADE AUTÓNOMA DE DESTINO

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE PRODUCIÓN INDUSTRIAL

ES DE T A O T G Í LE 2009 S A T G AE405 IC N A A L P

E DAS PERSOAS RESIDENTES NO CONCELLO DA CORUÑA

PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE COMERCIO POLO MIÚDO

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE PRODUCIÓN INDUSTRIAL

A LONGO PRAZO, GALICIA SÓ PODERÁ MANTER O ACTUAL NÚMERO DE HABITANTES SE SE DAN SALDOS MIGRATORIOS DE GRAN MAGNITUDE

Anuario de raios 2017 DATOS METEOROLÓXICOS 2017 RAIOS

O ESTADO DA POBREZA SEGUIMENTO DO INDICADOR DE RISCO DE POBREZA E EXCLUSIÓN SOCIAL EN GALICIA

Pacto Territorial de Emprego Costa da Morte

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE RIBADUMIA. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. febreiro 2010

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE MEAÑO. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

Concello de Riveira ORZAMENTO MUNICIPAL

Sinala, nos dous capítulos, onde empezan e acaban este prólogo e este epílogo. En que momento se sitúan? É un tempo diferente ao da acción da novela?

INFORME SOBRE O EPISODIO DE SECA

BARÓMETRO. das MIGRACIÓNS GALICIA 2012

Informe climatolóxico ano 2008 INFORME CLIMATOLÓXICO ANO 2008

INFORME CLIMATOLÓXICO

DINAMISMO DO TECIDO PRODUTIVO

Hai accesos directos ás ensinanzas profesionais de artes plásticas de réxime especial?

INFORME CLIMATOLÓXICO

Informe mensual do paro rexistrado

Plan Banda Larga

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE PRODUCIÓN INDUSTRIAL

OS RÉXIMES DEMOGRÁFICOS*

CADRO EVOLUCIÓN DA RECADACIÓN NO IMPOSTO SOBRE A RENDA DE NON RESIDENTES

4.3.- galicia. Cobertura social

Informe mensual do paro rexistrado

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE VALGA. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. decembro 2009

Orde do.de xullo de 2017 pola que se desenvolve o Decreto 60/2017, do 22 de xuño, de reorganización de centros docentes de determinadas localidades.

RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE XULLO DE 2018

CODIFICADORES CIRCUÍTOS COMBINACIONAIS

Gabinete Técnico-Área Económica do S.N. de CC.OO. de Galicia

CSIF sobre a Lei 1/2012 de medidas temporais e os orzamentos 2018

BOLETÍN MENSUAL DE COYUNTURA TURÍSTICA Noviembre 2016 Área de Investigación e Inteligencia de Mercados

ta: 7 de novembro de 2007 Modelo: 2a Data: 25 de maio de 2008 Modelo: C4/2008/A

REUNIÓN DO 28 DE MARZO DE 2017

O 93,1% dos galegos de 16 ou máis anos manifesta estar preocupado polo medio ambiente e un 19,1% participar en actividades relacionadas

PROGRAMA DE MEDIDAS DE ACTIVACIÓN DO EMPREGO PARA PARADOS DE LONGA DURACIÓN

RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE XUÑO DE 2018

SERIE II: Sección INTERRUPCIÓN VOLUNTARIA DO EMBARAZO: Informe 1

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Informe Mensual do Paro Rexistrado:

INFORME SOBRE O ÍNDICE DE PRODUCIÓN INDUSTRIAL

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Informe Mensual do Paro Rexistrado:

RESUMO DO INFORME CLIMATOLÓXICO DE AGOSTO DE 2018

A Coruña 26/09/2017. POS Adicional por maior achega provincial ( )

Pacto Territorial de Emprego Costa da Morte

Poboación e sociedade. Unión Europea, España e Galicia

Galicia, a primeira Comunidade en sinistralidade mortal cun índice de incidencia que duplica ao estatal

Televisión e radio en Galicia

REUNIÓN DO 25 DE XULLO DE

Informe sobre o financiamento de ONGs

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE SANXENXO. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. decembro 2009

Transcripción:

AGOSTO 2017 Tab. 1. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Agosto 2017 ESPAÑA GALICIA VIAXEIROS 12.301.182 0,9% 706.014 0,4% NOITES 46.720.017 0,5% 1.617.955 6,1% ESTADÍA MEDIA 3,80-0,5% 2,29 5,7% % OCUPACIÓN 77,46% -0,31 66,85% 3,27 % OCUPACIÓN Fds 80,16% -0,13 72,61% 3,39 Fonte: Elaboración propia a partir de EOH No pasado mes de agosto Galicia rexistrou un incremento global da demanda hoteleira -medida en pernoctacións- do 6,1% auspiciado en grande medida por unha mellora da estadía media que supera nun 5,7% a cifra do pasado ano- nun contexto no que a cifra de viaxeiros aloxados mantense estable a grandes trazos nun sentido estrito sobe un 0,4%-. É o quinto ano consecutivo no que se observa unha mellora dos niveis de demanda hoteleira no mes de agosto. Logo das caídas rexistradas en 2011 e 2012 por mor do efecto pos-xacobeo nun contexto de crise- o volume de pernoctacións hoteleiras recupera a senda positiva en 2013 cun incremento do 7,9% que precede ás subas rexistradas nos catro anos posteriores do 4,8% en agosto de 2014, do 8,0% en 2015, do 4,7% en 2016 e do 6,1% agora en 2017-. Esta dinámica positiva eleva a cifra final a máis de 1,6 millóns de noites, dato que supón un máximo histórico na nosa comunidade. En termos de viaxeiros aloxados a evolución é semellante no sentido de que se observa unha senda de crecemento nos últimos cinco anos mais a intensidade é diferente en particular decrece constantemente ata situarse no 0,4% en 2017, dato que mais ben fala dun estancamento do volume global en relación a agosto do pasado ano-. O resultado final aporta 706 mil viaxeiros aloxados neste segundo mes do verán. En termos de volume a variación tradúcese na xeración de 2.800 viaxeiros aloxados e en 93 mil novas pernoctacións en relación a agosto de 2016. A nivel estatal obsérvase un comportamento algo diferente sobre todo na intensidade: sobe a cifra de viaxeiros aloxados nun 0,9% e tamén o volume de pernoctacións, un 0,5% neste caso. Nunha perspectiva global pódese falar dun estancamento da demanda neste mes de agosto. Esta dinámica vén como consecuencia de promediar comportamentos dispares. Oito son as comunidades autónomas que presentan un comportamento positivo, superando as cifras de agosto do pasado ano. O incremento máis notable sitúase en Madrid onde o volume de pernoctacións sobe nun 7,4% -esta comunidade xa liderara o crecemento da demanda no pasado mes de xullo-. Nun segundo grupo, con incrementos levemente superiores ao 6% interanual, sitúanse Aragón cunha suba do 6,6%- e Galicia cun 6,1% neste caso-. Máis abaixo son o País Vasco e Castela e León as comunidades que amosan os crecementos menos intensos do contorno do 2% interanual en ambos casos-. 1

Cinco son as comunidades que se manteñen en niveis semellantes aos do pasado ano entre as que se encontran aquelas de maior volume e peso como Baleares, Cataluña e Canarias- e catro as que, pola contra, amosan un comportamento negativo con descensos do contorno do 1% en Andalucía e Castela A Mancha, do 2% en Cantabria e do 3% en Navarra-. En termos de viaxeiros aloxados o ranking difire levemente sendo Aragón a comunidade que presenta o incremento de maior notoriedade do 8,5% interanual-. Son en total dez os destinos de comportamento positivo, catro os que se manteñen estables entre os que se encontra Galicia- e tres os que amosan neste caso descensos de diversa intensidade. Baleares con preto de 10,9 millóns de pernoctacións hoteleiras- é o destino que lidera o mercado turístico hoteleiro neste mes de agosto absorbendo o 23,3% do total estatal-. Tal circunstancia acontecera xa nos tres meses anteriores de maio, xuño e xullo e contraponse, sen embargo, ao que viña acontecendo nos catro primeiros do ano cando Canarias lideraba, e con certa distancia, o mercado hoteleiro a nivel estatal. Seguen en orde de importancia Cataluña con máis de 8,9 millóns de pernoctacións-, Andalucía con 7,1 millóns de pernoctacións-, Canarias con pouco máis de 7,0 millóns-, a C. Valenciana con máis de 3,9 millóns- e Madrid con preto de 2,0 millóns neste caso-. Só estas seis comunidades absorben en conxunto ao 85,4% do total da demanda hoteleira de España. Galicia ocupa neste mes a sétima posición por terceira vez no que vai de ano- representando o 3,5% do total estatal a porcentaxe máis elevada das rexistradas neste 2017-. En termos de mercado obsérvase un comportamento homoxéneo dos tres grandes segmentos, con incrementos de diversa intensidade que se explican tamén por motivos dispares. O turismo interno aquel representado polos residentes en Galicia- presenta un leve incremento do 1,8% no volume de pernoctacións hoteleiras auspiciado por unha mellora da estadía media pois a cifra de viaxeiros aloxados cae un 4,4%. Son dous anos consecutivos de crecemento global do turismo interno en Galicia en agosto de 2016 subira un 16%- situando o nivel final en 280 mil noites cifra que supón en sentido estrito un máximo histórico na nosa comunidade-. O mercado receptor nacional aquel conformado polos españois procedentes doutras comunidades autónomas- presenta tamén un comportamento positivo pois supera nun 7,8% os niveis de demanda do pasado ano medida en pernoctacións- grazas neste caso ao incremento da cifra de viaxeiros aloxados, do 3,0%, acompañado dunha mellora da estadía media. O crecemento global deste segmento de mercado permite xerar preto de 75 mil novas pernoctacións en relación ao pasado ano e situar o nivel en máis dun millón no conxunto da comunidade cifra que supón tamén un máximo histórico pois nunca antes se superara precisamente a barreira do millón de noites neste oitavo mes do ano-. Desde o punto de vista dinámico o mercado receptor nacional vén amosando unha tendencia positiva desde o 2013, con crecementos continuados de intensidade variable. Son, por tanto, cinco anos consecutivos de comportamento positivo. O turismo internacional mantén a senda positiva dos últimos meses e presenta tamén un incremento da demanda en relación ao pasado ano mais con algún matiz diferente. Supera nun 4,5% o nivel de pernoctacións de agosto de 2016 como consecuencia dunha mellora da estadía media pois a cifra de viaxeiros estranxeiros aloxados en Galicia descende un 1,6% -tal circunstancia é unha novidade na conxuntura actual na que o turismo internacional viña amosando un crecemento forte e sostido no ámbito dos viaxeiros aloxados-. 2

O incremento deste ano engádese aos rexistrados nos catro anteriores do 9,3% en 2013, do 13,4% en 2014, do 14,6% en 2015 e do 2,9% en 2016- acumulando, por tanto, cinco anos consecutivos de comportamento positivo neste mes de agosto. Esta dinámica coloca o nivel de demanda internacional en 308 mil noites neste mes de agosto, dato que supón un novo máximo histórico na nosa comunidade. O turismo internacional en Galicia ten en agosto un peso menor ao rexistrado noutros períodos do ano. Neste ano representa, por exemplo, o 19,0% do total das pernoctacións hoteleiras da comunidade. A nivel territorial obsérvase un comportamento algo dispar da demanda hoteleira, con incrementos en dúas das catro provincias galegas do 2,9% en Lugo e do 13,9% en Pontevedra-. En A Coruña mantense estable a grandes trazos mais descende en Ourense onde o volume de pernoctacións cae un 5,8% en relación ao pasado ano-. A estadía nos hoteis e pensións de Galicia sobe neste mes de agosto un 5,7% en particularsituándose en 2,3 noites de media. É o terceiro ano consecutivo no que se observa unha mellora da estadía media hoteleira na nosa comunidade neste oitavo mes do ano pasando de 2,1 noites en agosto de 2014 a 2,3 noites agora en 2017 cifra que en todo caso queda algo lonxe das que se rexistraban con anterioridade á crise cando se achegaba a 2,5 noites neste segundo mes do verán. O incremento dos niveis de demanda prodúcese nun contexto de estabilidade da oferta dispoñible o volume de prazas ofertadas mantense en niveis semellantes aos do pasado ano-, circunstancia que permite mellorar os niveis de ocupación do sector en particular, sobe en algo máis de tres puntos porcentuais para situarse no 66,9% de media-. Son cinco anos consecutivos de mellora dos niveis de ocupación hoteleira en Galicia no mes de agosto, circunstancia que coloca o dato de 2017 en máximo histórico. En comparación coas restantes comunidades autónomas Galicia sitúase neste caso nunha posición media mellorando a súa situación en relación a meses anteriores en temporada baixa marca, por exemplo, o nivel de ocupación máis baixo do conxunto do Estado-. Dista iso si da cifra rexistrada en Baleares destino que lidera o ranking a nivel estatal cun promedio do 91,1%-. A media do conxunto de España sitúase no 77,5%. En termos dinámicos obsérvase que o nivel de ocupación mellora en seis comunidades autónomas. Madrid é neste caso o destino que amosa o incremento máis destacado, de catro puntos porcentuais en relación ao pasado ano. En catro destinos mantense estable e en sete descende en relación a agosto de 2016 sendo a caída máis intensa en Murcia-. As tarifas hoteleiras en Galicia increméntanse neste oitavo mes do ano un 4,3%- situándose en 68,7 euros de media a cifra máis elevada no que vai de ano e que supera o nivel rexistrado en Navarra, A Rioxa, Aragón, Castela e León, Estremadura e Castela A Mancha-. Baleares é o destino que presenta as tarifas hoteleiras máis elevadas neste mes de agosto con 126,7 euros de media. Acadan tamén cifras importantes, por encima da media estatal, Andalucía con 117,7 euros- e Cataluña con 111,6 euros-. Estas tres sitúanse por encima da media estatal, que neste queda nos 105,6 euros de media. Os prezos hoteleiros soben na maior parte das comunidades autónomas destacando en intensidade Cataluña cun incremento do 10%- e Cantabria cunha suba neste caso do 9% interanual-. Mantéñense estables en Castela A Mancha e caen soamente en Estremadura. 3

O incremento das cifras de demanda e dos niveis de ocupación neste mes de agosto, acontecida nun contexto de crecemento dos prezos hoteleiros, ten como consecuencia que os establecementos hoteleiros de Galicia melloren sensiblemente os niveis de rendibilidade en relación ao mesmo período de 2016 o RevPAR sobe un 9,6% ata situarse en 46,9 euros de ingreso medio por habitación dispoñible, a sexta cifra máis baixa do conxunto do Estado-. Os establecementos hoteleiros de Baleares con 117,7 euros de ingreso medio por habitación dispoñible- son os que presentan un maior nivel de rendibilidade neste mes de agosto. Sitúase por diante das restantes comunidades entre as que destacan Cataluña con 94,4 euros-, Andalucía con 90,5 euros- e Canarias con 88,5 euros neste caso-. No lado contrario marca o valor máis baixo Castela A Mancha con 21,3 euros de media-. En termos dinámicos é Madrid o destino onde se rexistra un incremento máis intenso do RevPAR hoteleiro, superando nun 15,3% o valor do pasado ano. Presentan tamén subas importantes Navarra e Cataluña con porcentaxes do 10% neste caso-. 4

ACUMULADO A AGOSTO 2017 Tab. 2. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Acum. Agosto 2017 ESPAÑA GALICIA VIAXEIROS 71.246.021 3,6% 3.075.251 2,6% NOITES 237.403.447 3,1% 6.085.142 6,4% ESTADÍA MEDIA 3,33-0,5% 1,98 3,7% % OCUPACIÓN 62,27% 1,64 39,52% 2,69 Fonte: Elaboración propia a partir de EOH Nos primeiros oito meses deste ano 2017 Galicia rexistra un incremento da cifra de viaxeiros aloxados nos establecementos hoteleiros, do 2,6% en relación ao mesmo período do pasado ano, acadando preto de 3,08 millóns. Sobe tamén o volume de pernoctacións un 6,4% neste casocon case 6,09 millóns no conxunto da comunidade. O incremento da demanda deste ano engádese ao rexistrado nos catro anteriores. O volume de pernoctacións sobe un 1,9% nos primeiros oito meses de 2013 -rompendo unha serie de caídas consecutivas nos dous anos anteriores-, e logo un 4,2% en 2014, un 9,5% en 2015 e un 6,1% en 2016. Son, por tanto, cinco anos consecutivos de crecemento no conxunto dos oito primeiros meses do ano, circunstancia que permite achegarse aos 6,1 millóns de pernoctacións neste período cifra que supón un máximo histórico na nosa comunidade-. Nunca antes se superara a barreira dos seis millóns de pernoctacións en Galicia no acumulado dos oito primeiros meses do ano. En termos de viaxeiros aloxados a evolución é parella. O incremento deste ano engádese ao rexistrado nos catro anteriores continuando por tanto coa tendencia positiva iniciada nos primeiros oito meses de 2013. Desta maneira, os incrementos consecutivos do 5,6% en 2013, do 7,3% en 2014, do 12,9% en 2015, do 5,4% en 2016 e do 2,6% agora en 2017 elevan a cifra global a preto de 3,1 millóns no conxunto da comunidade, cifra que supón tamén neste caso un máximo histórico en Galicia neste caso supérase por vez primeira a barreira dos tres millóns de viaxeiros no acumulado a agosto-. A nivel estatal obsérvase tamén un comportamento positivo da demanda: sobe a cifra de viaxeiros aloxados, nun 3,6%, e tamén o nivel de pernoctacións, un 3,1% neste caso. Tal circunstancia vén como consecuencia dos incrementos observados en todas as comunidades autónomas, isto é, obsérvase un comportamento homoxéneo a nivel dos distintos territorios do Estado. Neste contexto destacan dúas comunidades Madrid e Aragón- por presentar os incrementos máis notables pois superan en case un 8% os niveis do mesmo período do pasado ano-. Nun segundo grupo, con incrementos tamén notables que superan o 6% interanual, sitúanse o País Vasco e Galicia. Así pois, son parte das comunidades do norte peninsular as que lideran o crecemento da demanda hoteleira en termos relativos- no conxunto do Estado situándose 5

Galicia entre elas-. Baleares e Andalucía son, pola contra, os destinos cun incremento máis moderado, menos intenso que apenas chega ao 2% interanual-. En termos de viaxeiros aloxados acontece algo semellante. Obsérvase un crecemento xeneralizado que lidera neste caso un destino concreto: Aragón cunha suba do 8,3%-. Canarias con máis de 47,6 millóns de pernoctacións hoteleiras- é o destino que lidera o mercado turístico hoteleiro neste período de oito meses absorbendo o 20,1% do total estatal-. Seguen en orde de importancia Baleares con algo máis de 43,4 millóns-, Cataluña con preto de 41,6 millóns- e Andalucía con case 36,7 millóns-, por diante da C. Valenciana con 20,2 millóns- e Madrid con máis de 15,6 millóns neste caso-. Só estas seis comunidades absorben en conxunto ao 86,4% do total da demanda hoteleira de España. Galicia ocupa neste período a sétima posición por segunda vez en 2017- representando o 2,6% do total estatal. En termos de mercado obsérvase un comportamento homoxéneo dos tres grandes segmentos, con crecementos de diversa intensidade. O turismo interno aquel representado polos residentes en Galicia- presenta un incremento do 2,6% no volume de pernoctacións hoteleiras auspiciado por unha mellora da estadía media nun contexto de estabilidade da cifra de viaxeiros aloxados. É o cuarto ano consecutivo no que se observa un comportamento positivo deste segmento nos primeiros oito meses ao crecemento deste ano hai que engadir a suba rexistrada en 2014, do 0,7%, en 2015, do 2,2%, e en 2016, do 6,9% neste caso-. O resultado global sitúa o nivel de pernoctacións en pouco máis de 1,45 millóns, a cifra máis elevada dos últimos sete anos. En termos de viaxeiros aloxados o mercado interno acada 781 mil neste período, o dato máis elevado desde o 2007. O mercado receptor nacional aquel conformado polos españois procedentes doutras comunidades autónomas- presenta tamén un comportamento positivo superando nun 2,7% a cifra de viaxeiros aloxados e nun 6,9% o volume de pernoctacións. Este incremento engádese aos rexistrados nos catro anos anteriores do 0,9% en 2013, do 3,9% en 2014, do 11,0% en 2015 e do 6,1% en 2016- acumulando por tanto case 3,2 millóns de pernoctacións nos establecementos hoteleiros de Galicia cifra que supón en sentido estrito un máximo histórico na nosa comunidade-. Neste período de oito meses o peso do mercado receptor nacional ascende ao 52,5% do total da demanda hoteleira. O turismo internacional mantén a senda positiva dos últimos meses e presenta un incremento importante en relación ao pasado ano. Supera nun 4,5% a cifra de viaxeiros aloxados e nun 9,3% o nivel de pernoctacións do mesmo período de 2016. É o quinto ano consecutivo no que o mercado internacional amosa un comportamento positivo nos primeiros oito meses do ano, con crecementos sostidos que permiten acadar máximos históricos de demanda con 867 mil viaxeiros aloxados e máis de 1,43 millóns de noites nos establecementos hoteleiros de Galicia. O mellor comportamento relativo do turismo internacional fronte ao nacional permite ao primeiro gañar cuota de mercado en Galicia e representar xa o 23,6% do total da demanda neste período de oito meses cifra que tamén supón un máximo histórico na nosa comunidade-. O incremento da demanda prodúcese nun contexto de leve caída da oferta, isto é, do número de prazas dispoñibles no conxunto de Galicia, o que permite mellorar os niveis de ocupación. En particular, sobe en 2,7 puntos porcentuais ata situarse no 39,5% de media neste período de oito 6

meses cifra que tamén supón neste caso máximo histórico na comunidade-. Son cinco anos consecutivos de mellora dos niveis de ocupación neste período. Neste ámbito Galicia rexistra a cuarta cifra de ocupación máis baixa do conxunto do Estado, só por diante de Castela e León, Estremadura e Castela A Mancha. Lidera este ranking Baleares cun promedio do 80,7% neste período de oito meses. 7

VERÁN 2017 Tab. 2. Viaxeiros, noites, estadía media e graos de ocupación en Estab. Hoteleiros. Verán 2017 ESPAÑA GALICIA VIAXEIROS 24.111.557 1,3% 1.287.588 0,0% NOITES 90.371.627 1,0% 2.865.950 5,0% ESTADÍA MEDIA 3,75-0,3% 2,23 5,1% % OCUPACIÓN 75,30% 0,09 59,94% 2,69 Fonte: Elaboración propia a partir de EOH No período estival deste ano 2017 meses de xullo e agosto- Galicia rexistra unha mellora global dos niveis de demanda hoteleira superando nun 5,0% o volume de pernoctacións do verán de 2016. Este incremento vén como consecuencia dunha mellora da estadía media nos hoteis e pensións de Galicia pois a cifra de viaxeiros aloxados mantense estable en relación ao mesmo período do pasado ano. Mesmo número de viaxeiros fica de media máis tempo xerando, por tanto, un maior volume de pernoctacións. O incremento da demanda deste ano engádese ao rexistrado nos catro anteriores. O volume de pernoctacións sobe un 6,7% no verán de 2013 -rompendo unha serie de caídas consecutivas en 2011 e 2012-, e logo un 4,4% en 2014, 11,5% en 2015 e un 7,2% en 2016. Son, por tanto, cinco anos consecutivos de crecemento da demanda hoteleira no verán, circunstancia que permite achegarse aos 2,9 millóns de pernoctacións neste período cifra que supón un máximo histórico na nosa comunidade-. Nunca antes se superara a barreira dos 2,8 millóns de pernoctacións no período estival. A nivel estatal obsérvase tamén un comportamento positivo da demanda aínda que de baixa intensidade: sobe a cifra de viaxeiros aloxados un 1,3%, e tamén o nivel de pernoctacións un 1,0% neste caso. Desagregando por comunidades autónomas obsérvase un comportamento dispar se ben son maioría as que conseguen superar e mellorar as cifras do pasado ano, as que amosan unha dinámica positiva. Madrid, cun incremento do 8,4%, é o destino que lidera o crecemento da demanda hoteleira a nivel estatal neste verán. Seguen en orde de importancia Aragón cunha suba do 5,5%- e Galicia cun incremento neste caso do 5,0%-. Así pois a nosa comunidade sitúase entre as máis dinámicas do conxunto do Estado neste período estival. Cinco destinos mantéñense en niveis semellantes aos do pasado ano entre os que se sitúan Baleares, Andalucía ou a C. Valenciana- e só un amosa unha caída da demanda: Castela A Mancha, cun descenso do 1% interanual. Baleares con máis de 21,6 millóns de pernoctacións hoteleiras- é o destino que lidera o mercado turístico hoteleiro neste verán absorbendo o 23,9% do total estatal-. Seguen en orde de importancia Cataluña con algo máis de 17,3 millóns-, Canarias con máis de 13,7 millóns- e Andalucía con preto de 13,7 millóns neste caso-. Nun segundo grupo están a C. Valenciana con preto de 7,6 millóns de pernoctacións- e Madrid con 4,0 millóns-. Estas seis comunidades 8

mencionadas absorben en conxunto ao 86,3% do total da demanda hoteleira de España. Galicia ocupa neste verán a sétima posición representando o 3,2% do total estatal. En termos de mercado obsérvase un comportamento dispar dos tres grandes segmentos, con descenso do turismo interno e crecemento do receptor tanto nacional coma internacional. O turismo interno aquel representado polos residentes en Galicia- presenta unha caída do 1,8% no volume de pernoctacións hoteleiras auspiciado por un descenso paralelo da cifra de viaxeiros aloxados, do 4,2% neste caso. Rómpese desta maneira a serie de crecementos consecutivos que este segmento viña rexistrando nos últimos catro anos se ben de forma irregular. Con todo, o nivel final do mercado interno queda en preto de 530 mil noites no período estival, cifra inferior á do pasado ano máis superior a todos os anteriores. O mercado receptor nacional aquel conformado polos españois procedentes doutras comunidades autónomas- presenta en cambio un comportamento positivo superando nun 0,6% a cifra de viaxeiros aloxados e nun 6,1% o volume de pernoctacións. Este incremento engádese aos rexistrados nos catro anos anteriores do 6,2% no verán de 2013, do 3,1% en 2014, do 12,4% en 2015 e do 6,6% en 2016- acumulando por tanto 1,75 millóns de pernoctacións nos establecementos hoteleiros de Galicia cifra que supón un máximo histórico neste período estival-. Neste verán o peso do mercado receptor nacional ascende ao 61% do total da demanda hoteleira. O turismo internacional amosa tamén unha dinámica positiva cun incremento da demanda en relación ao pasado ano. Supera nun 2,2% a cifra de viaxeiros aloxados e nun 8,7% o nivel de pernoctacións do verán de 2016. É o quinto ano consecutivo no que o mercado internacional amosa un comportamento positivo no período estival, con crecementos sostidos que permiten acadar máximos históricos de demanda con preto de 334 mil viaxeiros aloxados e 584 mil noites nos establecementos hoteleiros de Galicia. O peso do turismo internacional en Galicia no verán ascende ao 20,4% do total da demanda hoteleira. O incremento da demanda tradúcese en boa medida nunha mellora dos niveis de ocupación no sector neste verán. En particular, sobe en 2,7 puntos porcentuais ata situarse no 59,9% de media no período estival cifra que tamén supón neste caso máximo histórico na comunidade-. Son cinco anos consecutivos de mellora dos niveis de ocupación en Galicia durante o período estival. 9