BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

Documentos relacionados
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA. X lexislatura Número de xuño de 2017

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA. X lexislatura Número de decembro de 2018

DISPOÑO: Primeiro.- Obxecto.

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

INFORMACIÓN AUTOLIQUIDACIÓN DE TAXAS

BAREMO APLICABLE PARA AS LISTAS ABERTAS DE INTERINIDADES/SUBSTITUCIÓNS. Baremo para a valoración de méritos: sistema xeral de ingreso

Valorarase a puntuación obtida neste exercicio correspondente á última oposición da categoría.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

Praza de Europa, 5 A 4º Polígono de Fontiñas SANTIAGO DE COMPOSTELA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx

DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA Número 352 VIII lexislatura 11 de novembro de 2010

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

Firmante: Universidade da Coruña - Q J URL de validación: CSV: LNFKG78TC2K7CJUUNDNPDUQM

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

Orixe: Dirección Xeral da División de Recursos Humanos do Sergas.

DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2013 Páx. 6322

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

En base ó establecido con anterioridade DISPOÑO: Artigo 1.- Obxecto

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

Guía de procedementos e servizos

Lei 1/2008, do 17 de abril, de creación do Colexio Profesional de Detectives Privados e Privadas de Galicia.

2) INFORME ACREDITATIVO DA INSERCIÓN SOCIAL DO/DA TRABALLADOR/A ESTRANXEIRO/A: 2.1. Tempo de permanencia en España do/da estranxeiro/a interesado/a:

Apelidos e nome do aspirante Álvarez López Fernán 7,5 Fernández Castro Rubén 5 García Domínguez José 6 Pérez Insua Ander 6

ADMISIÓN DE ALUMNOS CURSO 2017/2018 ED. INFANTIL ED. PRIMARIA E.S.O.

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

CONCELLO DE OUTES (A Coruña)

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO

EMENDAS PRESENTADAS ÁS PNP E MOC PARA O PLENO DO 26/09/2017

Convocatoria de cursos de formación en linguaxe xurídica galega

NEWS. Do 8 ao 11 de outubro CONCURSO DE TRASLADOS ADMINISTRACIÓN ESPECIAL DA XUNTA

DOG Núm. 117 Luns, 20 de xuño de 2011 Páx

COMUNICACIÓN DE MODIFICACIÓN DE DATOS REXISTRAIS INSTRUCCIÓNS

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

1. LICENZA PARA ASUNTOS PROPIOS 3. LICENZA EXTRAORDINARIA POR NOMEAMENTO COMO FUNCIONARIO/A EN PRÁCTICAS 4. LICENZA PARA FORMACIÓN E PERFECCIONAMENTO

DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx

BASES PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DUN/DUNHA MONITOR/A SOCIOCULTURAL E DE TURISMO

1.- VALORACIÓN DA PUNTUACIÓN DA ÚLTIMA OPOSICIÓN: 60% DA PUNTUACIÓN TOTAL DO BAREMO (60,000 PUNTOS)

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx

INFORME ANUAL 2017 DO GRAO DE CUMPRIMENTO DOS ACORDOS APROBADOS NO PARLAMENTO DE GALICIA NA X LEXISLATURA

Normativa xeral Páxina 1

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Concello de Viveiro RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA

Nº 127 Mércores, 1 de xullo de 2009 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

Nº 251 Venres, 31 de decembro de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

(...) Rematada a realización do exame e realizada a corrección, o tribunal avaliador, por unanimidade dos seus membros presentes, acorda:

Decreto 364/1995, de 10 de marzo, que aproba o regulamento xeral de ingreso na administración.

DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx

1.2.- VALORACIÓN DO COÑECEMENTO DA LÍNGUA GALEGA: 5% DA PUNTUACIÓN TOTAL DO BAREMO (5,000 PUNTOS).

Santiago de Compostela, dezasete de marzo de dous mil dezasete REUNIDOS

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA. X lexislatura Número de febreiro de 2017

BASES QUE REXERÁN O PROCESO DE CONTRATACIÓN DE 1 AUXILIAR ADMINISTRATI VO.

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

INFORME DE LEGALIDADE SOBRE O PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN DA OFICINA XUDICIAL EN GALICIA

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

A Axencia Galega de Innovación

1.- VALORACIÓN DA PUNTUACIÓN DA ÚLTIMA OPOSICIÓN: 60% DA PUNTUACIÓN TOTAL DO BAREMO (60,000 PUNTOS)

DOG Núm. 73 Luns, 20 de abril de 2015 Páx CORRECCIÓN de erros. Decreto 52/2015, do 5 de marzo, polo que se regula o transporte sanitario.

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Así na reunión deste órgano, celebrada o 20 de decembro de 2016, acordouse levar a cabo a modificación da devandita Orde do 20 de maio de 2008.

PROCEDEMENTO PARA A SELECCIÓN TEMPORAL PERSOAL FACULTATIVO ESPECIALISTA DE ÁREA BASES

SEGUNDA CONVOCATORIA DE BOLSAS DE COLABORACIÓN PARA FORMACIÓN COMPLEMENTARIA DO ESTUDANTADO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA.

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DO ANO 2018 PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS Á INVESTIGACIÓN

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DE A OPE 2008/2009

FACULTADE DE MATEMÁTICAS CONVOCATORIA PRÁCTICAS CURSO

MR437A - Inscrición no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA).

Comisións de Servizo por conciliación da vida laboral e familiar

Por unha parte, inclúense as fundacións que estivesen constituídas maioritariamente ou na súa totalidade

NORMATIVA SOBRE PROGRAMAS DE MOBILIDADE DO ALUMNADO NA FACULTADE DE DEREITO

NORMATIVA REGULADORA DOS CONCURSOS DE ACCESO AOS CORPOS DOCENTES UNIVERSITARIOS E DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á PROMOCIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO DE CAMBADOS 2018

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3387

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DA FASE I DO PROCESO DE SELECCIÓN DO PERSOAL TÉCNICO DA ASOCIACIÓN COSTA DA MORTE-GDR (GDR26)

3. Administración do Parlamento de Galicia

DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2018 Páx. 9198

CONCELLO DE BEGONTE 1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA

b) Posuír capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

Asdo.: Lourdes Buxaderas Juega

SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN DESTINADA AO FOMENTO DO DEPORTE FEDERADO. ANO 2017

PARLAMENTO DE GALICIA

Proceso selectivo para a contratación de 2 peós de servizos múltiples e 1 Auxiliar Administrativo

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Subvencións e axudas CONVOCATORIA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS PARA O ANO 2017

Transcripción:

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA X lexislatura Número 212 16 de novembro de 2017 Fascículo 3

SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2. Propostas de normas 1.1.2.1. Proxectos e proposicións de lei 1.1.2.1.5. Proposicións de lei de iniciativa popular ı Acordo da Mesa do Parlamento, do 14 de novembro de 2017, polo que se amplía excepcionalmente o prazo de presentación de emendas ao articulado á Proposición de lei de iniciativa lexislativa popular de corresponsabilidade parental e de relacións familiares no cesamento da convivencia [(doc. núm. 339, 10/PPLI-000001)] 63279 2. Elección e composición do Parlamento, réxime e goberno interior, organización e funcionamento 2.3. Réxime e goberno interior 2.3.2. Acordos e resolucións dos órganos da Cámara en materia de réxime e goberno interior 2.3.2.2. Creación de órganos parlamentarios ı Escrito dos GG. PP. de En Marea e dos Socialistas de Galicia polo que solicitan a creación dunha Comisión especial non permanente de análise sobre os incendios forestais en Galicia 63279 3. Administración do Parlamento de Galicia 3.2. Recursos humanos ı Acordo da Mesa do Parlamento, do 14 de novembro de 2017, polo que se modifican as bases do proceso selectivo para ingresar por oposición libre en dúas prazas da escala técnica de informática do Parlamento de Galicia 63280 ı Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, do 14 de novembro de 2017, polo que se modifica a relación de postos de traballo do persoal ao servizo da Administración do Parlamento de Galicia 63283 63278

1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2. Propostas de normas 1.1.2.1. Proxectos e proposicións de lei 1.1.2.1.5. Proposicións de lei de iniciativa popular Acordo da Mesa do Parlamento, do 14 de novembro de 2017, polo que se amplía excepcionalmente o prazo de presentación de emendas ao articulado á Proposición de lei de iniciativa lexislativa popular de corresponsabilidade parental e de relacións familiares no cesamento da convivencia [(doc. núm. 339, 10/PPLI-000001)] A Mesa do Parlamento, logo do acordo favorable da Xunta de Portavoces, ao abeiro do artigo 96.2 do Regulamento da Cámara acorda: 1º. Ampliar excepcionalmente o prazo de presentación de emendas ao articulado á Proposición de lei de iniciativa lexislativa popular de corresponsabilidade parental e de relacións familiares no cesamento da convivencia, ata o día 1 de febreiro de 2018 ás 18.30 horas. 2º. Notificar este acordo aos grupos parlamentarios. 3º. Publicar este acordo no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia. Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2017 Miguel Ángel Santalices Vieira Presidente 2. Elección e composición do Parlamento, réxime e goberno interior, organización e funcionamento 2.3. Réxime e goberno interior 2.3.2. Acordos e resolucións dos órganos da Cámara en materia de réxime e goberno interior 2.3.2.2. Creación de órganos parlamentarios Escrito dos GG. PP. de En Marea e dos Socialistas de Galicia polo que solicitan a creación dunha Comisión especial non permanente de análise sobre os incendios forestais en Galicia (doc. núm. 19860, 10/SCNP-000007) A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 14 de novembro de 2017, adoptou o seguinte acordo: Por acordo da Mesa da Cámara do 14 de novembro de 2017 admitiuse a trámite o escrito dos GG. PP. de En Marea e dos Socialistas de Galicia polo que solicitan a creación dunha Comisión especial non permanente de análise sobre os incendios forestais en Galicia. 63279

Logo de audiencia da Xunta de Portavoces do 14 de novembro de 2017, visto o disposto no art. 51 do Regulamento do Parlamento de Galicia, cos votos a favor da Sra. vicepresidenta 2ª e da Sra. vicesecretaria e cos votos en contra do Sr. vicepresidente 1º e da Sra. secretaria, existindo un empate, a Mesa acorda: 1º. Non se aproba a solicitude de creación desta Comisión especial non permanente de análise sobre os incendios forestais en Galicia. 2º. Comunicarlles este acordo aos grupos parlamentarios. 3º. Publicar este acordo no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia. Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2017 Diego Calvo Pouso Vicepresidente 1º 3.1. Organización e normas de funcionamento da Administración do Parlamento de Galicia 3.2. Recursos humanos Acordo da Mesa do Parlamento, do 14 de novembro de 2017, polo que se modifican as bases do proceso selectivo para ingresar por oposición libre en dúas prazas da escala técnica de informática do Parlamento de Galicia Por acordo da Mesa da Cámara do 24 de xullo de 2017 anúnciase a convocatoria do proceso selectivo para ingresar por oposición libre en dúas prazas da escala técnica de informática do Parlamento de Galicia (BOPG número 159, do 7 de agosto de 2017 e DOG número 158, do 22 de agosto de 2017). As citadas bases foron obxecto de recurso de reposición, que foi estimado pola Mesa do Parlamento na súa sesión do día 6 de novembro de 2017, de modo que a súa resolución deixou sen efecto a precitada convocatoria no apartado relativo aos requisitos de formación. Consecuentemente, a Mesa acorda modificar o apartado 1.2.3 das ditas bases recollendo as modificacións exixidas pola estimación do citado recurso e conservar os dereitos dos aspirantes que tivesen solicitado a súa participación consonte a anterior convocatoria (BOPG núm. 158, do 1 de agosto de 2017, BOPG núm. 159 do 7 de agosto de 2017 e DOG núm. 158, do 22 de agosto de 2017) e abrir un novo prazo para a presentación de solicitudes. Polo tanto, modifícanse as ditas bases nas alíneas seguintes: 1.2. Requisitos das/os candidatas/os Para seren admitidas/os ao proceso selectivo as/os aspirantes deberán posuír no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes, e manter ata o momento da toma de posesión como funcionario/a, os seguintes requisitos: 63280

1.2.3. Formación: estar en posesión ou en condicións de obter na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes algunha das titulacións universitarias seguintes: diplomado ou graduado nunha titulación de calquera rama. Así mesmo, para estes efectos, considerarase equivalente ao título de diplomado universitario ter superados tres cursos completos de licenciatura, conforme o disposto na disposición adicional 1ª do Real decreto 1272/2003, do 10 de outubro. Os aspirantes con formación ou titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, de ser o caso, a homologación do título ou da formación. Este requisito non será de aplicación aos aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea. Como consecuencia da devandita modificación ábrese un novo prazo de presentación de solicitudes á convocatoria de referencia, e danse por admitidas, para os efectos da súa presentación, as solicitudes existentes, nos termos que a seguir se recolle: A) Solicitudes As persoas que desexen participar no proceso selectivo deberán facelo constar no modelo de solicitude que será facilitado gratuitamente na internet. O prazo para presentar as solicitudes será de vinte días naturais, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. O modelo de solicitude estará á disposición de todas as persoas que desexen participar no proceso selectivo no anexo 2 ou na páxina web http://www.parlamentodegalicia.gal, seguindo a ruta http://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/contenidogal/informacioninstitucional/oposicions.aspx A solicitude irá acompañada da documentación seguinte: a) Xustificante de ter aboados os dereitos de exame ou, na súa falta, de ser o caso, documentación acreditativa de encontrarse nalgunha das situacións susceptibles da exen ción do pagamento ás que fai referencia esta convocatoria. b) Declaración de non atoparse separado/a a través de expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública nin inhabilitado/a para o exercicio de funcións públicas e de non padecer enfermidade ou discapacidade que impida o desempeño das correspondentes funcións (anexo 3 ). c) Documento xustificativo orixinal, ou fotocopia debidamente compulsada, de estar en posesión do nivel Celga 4 ou de perfeccionamento de galego, ou equivalente debida mente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, para os efectos da exención prevista no segundo exercicio. Unha vez confirmada a alta da solicitude, a/o solicitante deberá imprimir a solicitude cuberta e asinada, e deberá presentala, antes do remate do prazo fixado, no rexistro xeral do Parlamento (rúa do Hórreo, 63281

en Santiago de Compostela), nas oficinas de Correos ou nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. As solicitudes que se presenten a través das oficinas de Correos deberán ir en sobre aberto para seren datadas e seladas polo persoal de Correos antes de seren certificadas. Os/As aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % deberán indicalo na solicitude, especificando claramente o tanto por cento de discapacidade reco ñecida polo órgano competente, e deberán solicitar as posibles adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios nos que esta adaptación sexa necesaria. B) Dereitos de exame: O seu importe, de 35,43 euros, acreditarase achegando á solicitude para participar nas probas selectivas o xustificante do ingreso realizado mediante transferencia bancaria na conta corrente de ABANCA ES502080-0388-21-3110000502, e indicarase nela o con cepto «Dereitos de exame da escala técnica de informática», o DNI e o nome do aspirante. Aos/Ás aspirantes excluídos devolveráselles o importe ingresado, sempre que o solici ten no prazo dun mes, contado desde a publicación da relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia. Non obstante, estarán exentos/as do pagamento das taxas dos dereitos de exame os/as aspirantes que estean incursos nalgunha das situacións a que fai referencia a normativa vixente en materia de taxas da Comunidade Autónoma de Galicia. C) Aspirantes da convocatoria do 24 de xullo de 2017 (DOG núm. 158, 22 de agosto de 2017 e BOPG núm. 155, do 1 de agosto de 2017) Non será necesario que presenten nova solicitude de participación nestas probas selectivas: a) Aqueles aspirantes que figuraban nas relacións provisionais de admitidos a estas probas selectivas, aprobadas e publicadas por acordo da Mesa do Parlamento do 24 de xullo de 2017 (BOPG número 159, do 7 de agosto de 2017 e DOG número 158, do 22 de agosto de 2017). b) Aqueles aspirantes que, en forma e no prazo establecidos polo citado acordo, emendasen correctamente o defecto ou os defectos que motivaron inicialmente a súa exclusión ou a súa non admisión ao proceso. Na páxina web do Parlamento de Galicia poderá ser obxecto de consulta, para os efectos meramente informativos, a listaxe completa de aspirantes a que se refiren os anteriores apartados a) e b), así como a relación daqueles aspirantes que, transcorrido o prazo habilitado polas mencionadas bases para a emenda de defectos e tras efectuar as comprobacións oportunas, non resultasen, en principio, admitidos ao proceso, que poderán emendar a causa ou as causas de exclusión correspondentes no prazo que se outorgará, no seu debido momento, a tal fin. 63282

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante a Presidencia do Parlamento de Galicia no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2017 Miguel Ángel Santalices Vieira Presidente Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, do 14 de novembro de 2017, polo que se modifica a relación de postos de traballo do persoal ao servizo da Administración do Parlamento de Galicia Ao abeiro do disposto no artigo 22.2 do Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia creouse, por disposición administrativa, en virtude do acordo da Mesa da Cámara do 13 de xuño de 2017, a escala técnica de tecnoloxías da información (BOPG núm. 129, do 15 de xuño de 2017). A disposición foi modificada no punto relativo ás titulacións exixidas para ingresar na escala (artigo 3) por ter sido estimado o recurso de reposición presentado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación contra o acordo da Mesa da Cámara do día 24 de xullo de 2017, no que se anunciou a convocatoria de probas selectivas para ingresar en dúas prazas da escala técnica de tecnoloxías da información do Parlamento de Galicia (DOG núm. 158, de 22 de agosto de 2017) e, consecuentemente, quedaron parcialmente sen efecto, en concreto no apartado 1.2.3, as bases reguladoras do procedemento. Coa finalidade de que a regulación da dita escala figure nunha única norma e, polo tanto, para salvagardar a seguridade xurídica, derrogouse a dita disposición administrativa de creación da escala técnica de tecnoloxías da información e por acordo da Mesa do 6 de novembro de 2017 aprobouse unha nova disposición administrativa (BOPG núm. 207, do 8 de novembro de 2017) que modifica as titulacións universitarias exixidas para ingresar na escala, recollendo o criterio que ten sentado unha abondosa xurisprudencia en relación coa determinación do requisito de titulación para o acceso á función pública. Polo dito anteriormente, faise necesario modificar a relación de postos de traballo para axeitar a titulación exixida para ocupar os postos de técnico de xestión de tecnoloxías da información ao cambio operado na disposición de creación da escala técnica de tecnoloxías da información. Vistos os informes favorables da Intervención da Cámara e dos Servizos Xurídicos, a Mesa do Parlamento, de conformidade co establecido no artigo 19 do Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia, adopta o seguinte acordo: Primeiro. Modifícase a relación de postos de traballo do persoal ao servizo da Administración do Parlamento de Galicia, aprobada por acordo da Mesa da Cámara do 20 de outubro de 2008 (BOPG núm. 633, do 24 de outubro de 2008), nos termos seguintes: 63283

SERVIZO DE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN Código Denominación Forma provisión CD CE Grupo Corpo Escala Adm. Tipo de persoal Situación Posto Requisitos específicos para a provisión Observ. AP 99 Técnico/a de xestión de tecnoloxías da información C 22 17.939,74 B Xestión Escala técnica de informática APG F V Diplomado ou graduado nunha titulación de calquera rama. AP 100 Técnico/a de xestión de tecnoloxías da información C 22 17.939,74 B Xestión Escala técnica de informática APG F V Diplomado ou graduado nunha titulación de calquera rama. Segundo. As funcións dos ditos postos de traballo son as indicadas no acordo da Mesa do Parlamento de Galicia do 4 de xullo de 2017 (BOPG núm. 151, do 24 de xullo de 2017). Terceiro. Este acordo producirá efectos desde o día da súa publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia. Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2017 Miguel Ángel Santalices Vieira Presidente 63284

ESTRUTURA DO 1. PROCEDEMENTOS PARLAMENTARIOS 1.1. PROCEDEMENTOS DE NATUREZA NORMATIVA 1.1.1. NORMAS APROBADAS 1.1.2. PROPOSTAS DE NORMAS 1.2. PROCEDEMENTOS ESPECIAIS DE CARÁCTER INSTITUCIONAL 1.2.1. INVESTIDURA 1.2.2. MOCIÓN DE CENSURA 1.2.3. CUESTIÓN DE CONFIANZA 1.3. PROCEDEMENTOS DE CONTROL E IMPULSO 1.3.1. CONTROL SOBRE AS DISPOSICIÓNS DA XUNTA CON FORZA DE LEI 1.3.2. COMUNICACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA 1.3.3. EXAME DE PROGRAMAS E PLANS 1.3.4. ACORDOS, RESOLUCIÓNS OU PROPOSTAS DE COMISIÓNS ESPECIAIS OU DE INVESTIGACIÓN 1.3.5. MOCIÓNS 1.3.6. PROPOSICIÓNS NON DE LEI 1.3.7. OUTRAS PROPOSTAS DE RESOLUCIÓN E ACORDOS 1.3.8. PROCEDEMENTOS DE CONTROL ECONÓMICO E ORZAMENTARIO 1.4. PROCEDEMENTOS DE INFORMACIÓN 1.4.1. INFORMACIÓNS REMITIDAS POLA XUNTA DE GALICIA 1.4.2. SOLICITUDES DE COMPARECENCIA 1.4.3. INTERPELACIÓNS 1.4.4. PREGUNTAS 1.4.5. RESPOSTAS A PREGUNTAS 1.4.6. SOLICITUDES DE DATOS, INFORMES E DOCUMENTOS DE DEPUTADOS E DE COMISIÓNS 1.4.7. RECONVERSIÓNS POR FINALIZACIÓN DO PERÍODO DE SESIÓNS 1.5. PROCEDEMENTOS RELATIVOS A OUTRAS INSTITUCIÓNS E ÓRGANOS 1.6. PROCEDEMENTOS DE ELECCIÓN, DESIGNACIÓN E PROPOSTA DE NOMEAMENTO 1.7. PROCEDEMENTOS RELATIVOS AO DEREITO DE PETICIÓN 2. ELECCIÓN E COMPOSICIÓN DO PARLAMENTO, RÉXIME E GOBERNO INTERIOR, ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO 2.1. ELECCIÓN DO PARLAMENTO 2.2. COMPOSICIÓN DO PARLAMENTO E DOS SEUS ÓRGANOS 2.3. RÉXIME E GOBERNO INTERIOR 2.4. ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO PARLAMENTO 3. ADMINISTRACIÓN DO PARLAMENTO DE GALICIA 4. INFORMACIÓNS E CORRECCIÓNS DE ERROS 4.1. INFORMACIÓNS 4.2. CORRECCIÓNS DE ERROS 63285

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA Edición e subscricións: Servizo de Publicacións do Parlamento de Galicia. Hórreo, 63. 15702. Santiago de Compostela. Telf. 981 55 13 00. Fax. 981 55 14 25 Dep. Leg. C-155-1982. ISSN 1133-2727