EUGENIA OSTERBERGER UNHA COMPOSITORA GALEGA NA BELLE ÉPOQUE CHARLA-CONCERTO

Documentos relacionados
EUGENIA OSTERBERGER. COMPOSITORA GALEGA. CONCERTO E SEMBLANZA BIOGRÁFICA. Xoves, 3 de abril de 2014, ás 18 horas no Museo de Belas Artes da Coruña.

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

UN AMOR POR DESCUBRIR

CABULLERÍA: CORDAS E NÓS

1º exame, 3ª avaliación

MAPA DE RECURSOS: Oficinas de Emprego, Puntos de Información Multimedia e Entidades Colaboradoras en Captación de Ofertas

BIBLIOTECA DE GALICIA. Del 5 de diciembre 2015 al 24 de enero Lino. González Rubido: un dibujante olvidado en la prensa compostelana

INFORME CLIMATOLÓXICO

Oficina de Medio Ambiente Vicerreitoría de Infraestruturas e Xestión Ambiental

SAMAÍN 2008 A FESTA DAS CABAZAS MATERIAIS

MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO

CMUS Profesional de Viveiro

DO FOTÓN AO LED. UN PERCORRIDO POLA LUZ E AS SÚAS TECNOLOXÍAS

DOG Núm. 125 Xoves, 30 de xuño de 2011 Páx

XORNADA TÉCNICA: IGUALDADE DE XÉNERO NO ÁMBITO LABORAL: PLANS DE IGUALDADE.

Fundación Refuxio de Animais

INFORME CLIMATOLÓXICO

ANEXO II PROGRAMA DE COMUNICACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOCIAL ANO 2010 DATOS DO/A SOLICITANTE

Os maiores e as TIC ANO 2011

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Nébeda. Club de lectura e encontros literarios

UNIVERSIDADE DA CORUÑA UNIVERSITAS XXI ECONÓMICO XESTIÓN DA PRO RATA MANUAL DE USUARIO

1. Sobre o autor: Redacta unha breve biografía destacando os puntos máis importantes sobre

Cidade da Ciencia e a Innovación 2012 IX CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

COMPLEMENTO POR MATERNIDADE NAS PENSIÓNS CONTRIBUTIVAS DA SEGURIDADE SOCIAL

Mulleres na Historia

TU987B - Inicio de actividade de albergues turísticos ou dos albergues de peregrinos do Camiño de Santiago.

Informe sobre a lingua galega na Educación infantil de 3 a 6 anos no curso 2015/16.

ta: 7 de novembro de 2007 Modelo: 2a Data: 25 de maio de 2008 Modelo: C4/2008/A

Regulamento e tarifas dos Servizos xurídicos

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Tema 14.- A poboación de España e de Galicia.

NORMAS MOSTRA DE CINE ETNOGRÁFICO MUSEO DO POBO GALEGO

Que é Tótem, xestión creativa do tempo?

DISTRIBUCIÓN POR SEXOS NOS ÓRGANOS DE GOBERNO DA UNIVERSIDADE DE VIGO. Ano Unidade de Igualdade Ano

DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx

Pacto Territorial de Emprego Costa da Morte

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

X PREMIO DIARIO CULTURAL DE TEATRO RADIOFÓNICO OBXECTO:

O libro e a edición en Galicia (2016)

As empresas culturais en Galicia

Curso Traballo Social e Demencias

MULLERES DA COSTA DA MORTE

MOSAICO DA INDUSTRIA TÉXTIL

III Certame. CIDADANÍA ACTIVA

TEMA: O VOLEIBOL OBXECTIVO.CAMPO DE XOGO. BALÓN QUE CRUZA A REDE.

CONSELLO ESCOLAR DE GALICIA Memoria de actividades. Curso 2007/08

CONCELLO DE SANTISO (A CORUÑA)

*A vida na idade media: O feudalismo, Os gremios, O comercio, a moeda, os castelos, a cultura cabaleiresca

GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS

DECRETO 84/2012, do 16 de febreiro, polo que se establecen os prezos públicos polas prestacións das residencias de tempo libre.

MISA CON NENOS 4 de xuño de PASCUA PENTECOSTE - A XOÁN 20, 19-23: Como o Pai me enviou, así tamén vos envío eu; recibide o Espírito Santo

CODIFICADORES CIRCUÍTOS COMBINACIONAIS

O punto de partida do proxecto, o Plan Nacional de Bandas de Música:

XEOGRAFÍA. O ser humano transforma o medio físico en función das súas necesidades e o seu desenvolvemento tecnolóxico. (Xeografía humana)

Orde do.de xullo de 2017 pola que se desenvolve o Decreto 60/2017, do 22 de xuño, de reorganización de centros docentes de determinadas localidades.

CONVOCATORIA E BASES DA III EDICIÓN DO PREMIO GALICIA SPIN-OFF

A Lei da Dependencia. Cara onde imos?

MANUAL da PÁXINA WEB DE CONSULTA DE COBERTURA Versión Móbil

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

VIII OLIMPÍADA GALEGA DE ECONOMÍA La Caixa Bases

GALEGO PINACOTECA FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

CONCURSO DE IDEAS EMPRESARIAIS INNOVADORAS, BASEADAS NO COÑECEMENTO CIENTÍFICO

BASES DO XLIII PREMIO DE POESÍA DO CERTAME LITERARIO DO CONCELLO DE VILALBA 2017

Plan de impulso e coordinación de servizos de apoio a emprendedores (Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol) DOSSIER PRESENTACIÓN

Obradoiros. de Verán 2017

DUBIDO SE O MEU FILLO/A TEN ALTAS CAPACIDADES INTELECTUAIS

coñecer a tuberculose

Historia da lingua (2) Séculos IX a XIX

A Consellería encargou a AFIPRODEL a elección dos 5 representantes, da rede de AEDL, acordándose a reserva dun deles para un membro desta asociación.

PROBLEMAS DE XENÉTICA

MANUAL DE PUBLICIDADE

A CARTA DE PRESENTACIÓN

RECOMENDACIÓNS XERAIS

CAMILO JOSÉ CELA O CENTENARIO DUN NOBEL

BIOGRAFÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Biblioteca ÍNDICE DE CONTIDOS

PROGRAMA DE ACTIVIDADES FESTIVAL DE SAN XÓAN Praza de Mazarelos

Comisións de Servizo por conciliación da vida laboral e familiar

MATEMÁTICAS. PRIMEIRA PARTE (Parte Común)

Ruth Matilda Anderson

CSIF sobre a Lei 1/2012 de medidas temporais e os orzamentos 2018

Conmemórase este ano 2015 o 120 aniversario da primeira exposición realizada por un novísimo

Información e instrucións para realizar solicitudes web

O CEMITERIO MUNICIPAL DE SAN FROILÁN

COLEGIO NUESTRA SEÑORA DEL ROSARIO. ARZÚA I.S. Hijas de la Natividad de María

Xeoloxía da man de Isidro Parga Pondal

EXEMPLO CONCENTRACION PARCELARIA PRIVADA DE CARÁCTER CTER AGRARIO. EXPERIENCIA A OURADA (PONTECESO-A A CORUÑA)

CONCURSO DE BANDA DESEÑADA

MEMORIA ACTIVIDADE DO CLUB ESTUDIANTES LUGO PARA

DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 Martes, 23 de xuño de 2009

ESTUDIO DEMOGRÁFICO DE ESPAÑA, GALICIA E A POBRA DO CARAMIÑAL

PROXECTO RUNAS REQUIRIMENTOS DE PARTICIPACIÓN. Son requirimentos de participación os seguintes:

ACTIVIDADES MÓDULO II

Guía didáctica de Poetízate realizada polo escritor e profesor Carlos Negro ( A poesía non morde

Lei 8/1983, do 8 de xullo, do Consello da Cultura Galega

Ordenanza Nº 40: Ordenanza Reguladora dos. Prezos Públicos das escolas municipais. de musica e artes escénicas. Ano 2017

Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia

Enquisa igualdade para a población eumesa

Transcripción:

EUGENIA OSTERBERGER UNHA COMPOSITORA GALEGA NA BELLE ÉPOQUE CHARLA-CONCERTO Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) Santiago de Compostela, xoves 12 de xuño de 2014 ás 19:00 h J Å 1 Å

Å 2 Å

PRESENTACIÓN Achegamento á biografía de Eugenia Osterberger, por Rosario Martínez Martínez, investigadora A obra de Mme. Saunier e a súa contribución á creación musical galega, por Beatriz López-Suevos Hernández, musicóloga j PROGRAMA MUSICAL Eugenia Osterberger (Mme. Saunier) Santiago de Compostela, 1852-? Ma mi dicesti, op. 158 (aria) Ove sei? (canción italiana). Poema de Giosué Carducci Adiós a Galicia! (melodía galega). Poema de Lois Vázquez Ausencia (melodía galega). Poema de Carlos Vaamonde Cántigas y Melodías Gallegas. Do cancioneiro popular de José Pérez Ballesteros: Amorosas. Burlescos. Casamiento. Consejos. Tristeiras. Desaires. Despedidas. Desprecios Falas de nai (melodía galega). Poema do Marqués de Figueroa Susana de Lorenzo, soprano Beatriz López-Suevos Hernández, piano Å 3 Å

Eugenia Osterberger é aínda unha gran descoñecida para o público galego e mesmo para os estudosos e os intérpretes actuais. Coa súa actividade e co seu talento, Mme. Saunier contribuíu á creación dunha música galega culta nacida da raíz popular, no ronsel de Marcial del Adalid, Pascual Veiga ou Chané, e participou nas iniciativas de dignificación da cultura galega promovidas por intelectuais como Emilia Pardo Bazán e outros galeguistas que posteriormente fundarían a Real Academia Galega. Estas dedicacións teñen tamén unha significación destacable, por seren excepción dentro do que era adoito nas mulleres do seu tempo. A actividade compositiva de Osterberger coñecida ata o momento céntrase en dous repertorios: o de piano solista e as cancións (melodías galegas) para voz e piano, nas que mostra o seu interese e compromiso co valor do patrimonio popular, da lingua e da cultura propias. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza a presentación desta charla-concerto no CGAC, en Santiago de Compostela, vila natal da compositora, para recoñecer e divulgar a personalidade desta artista e a súa obra, da man das investigadoras Rosario Martínez, que achegará o perfil biográfico, e Beatriz López-Suevos, que analizará a relevancia da súa creación musical no contexto da época e que acompañará no piano á soprano Susana de Lorenzo. Å 4 Å

EUGENIA OSTERBERGER LUARD (Mme. SAUNIER) A compositora Eugenia Osterberger Luard naceu en Santiago de Compostela en 1852. A súa familia materna era galega, súa nai era a coruñesa Emilia Luard Álvarez, e seu pai o litógrafo e gravador Jorge Osterberger. Eugenia tivo unha educación musical temperá e unha instrución académica moi superior á que habitualmente recibían as mozas daquela. Recibiu formación en Galicia e en Francia, e temos constancia do seu dominio do galego, castelán e francés. A súa especial sensibilidade cara á música e a súa predilección polo piano desde nena sen o cal se sentía «corpo sen alma, espírito sen alimento» levárona a interpretar e asinar múltiples obras que foron editadas en París, na Coruña e en Madrid. En 1879 casou con Francisco Saunier e estableceuse na Coruña, onde ao seu home lle foi asignada a dirección da Fábrica de Gas, que subministraba a iluminación pública da cidade. O matrimonio tivo sete fillos. Eugenia Osterberger mantivo unha participación activa na vida cultural e social da cidade e non renunciou á súa dedicación á composición. Formou parte das iniciativas promovidas por Emilia Pardo Bazán e outros intelectuais da cidade, como a fundación do padroado das Colonias Escolares, do que foi secretaria ata que marchou de Galicia na primeira década do século XX. Tamén foi académica correspondente da Real Academia Galega desde o ano fundacional. A finais de 1907 traslada a súa residencia á Costa Azul francesa. Non se coñece a data exacta da súa morte, aínda que sabemos que foi posterior a 1914. A SÚA PRODUCIÓN MUSICAL A obra de Eugenia Osterberger e a súa contribución á consolidación da música culta de raíz galega é aínda unha auténtica descoñecida entre os músicos actuais. Atendendo á obra localizada a día de hoxe, as súas composicións fíxanse en dous repertorios: o de piano solista e as cancións ou melodías galegas para voz e piano. Å 5 Å

As composicións para piano pertencen ao xénero pianístico de salón, abordable por intérpretes diletantes, en dúas das súas vertentes fundamentais: as pezas líricas e os bailes de salón. Dentro das pezas líricas ou de carácter enmárcanse Méditation (nocturno), Scherzo, Le Rouet de Grand Maman (fileuse) e unha adaptación dunha melodía de Francisco Pillado, El recuerdo (dolce remembranza). Como bailes de salón pódense clasificar a 1ère Polonaise (polonesa), Pavana Louis XIII (pavana), Les Hirondelles (valse de salón), Insinuante (valse lento), Lucía (valse de salón) e mais Danza morisca. En canto ao repertorio de canción de concerto localizáronse a aria Ma mi dicesti, op. 158, unha melodía italiana, Ove sei?, e unha colección de melodías galegas: Ausencia, Adiós, Galicia!, Falas de Nai e as oito Cántigas y Melodías Gallegas dedicadas ao Centro Gallego de Buenos Aires. Para as melodías galegas, Eugenia Osterberger escolleu os versos de poetas contemporáneos (Carlos Vaamonde Lores, Manuel Lois Vázquez, o Marqués de Figueroa) e as coplas populares recompiladas por José Pérez Ballesteros no Cancionero Popular Gallego. Estas composicións contribuíron á creación dun legado musical galego no ámbito culto, onda o amplo repertorio de autores recoñecidos como Marcial del Adalid, Xoán Montes, Xosé Castro Chané, José Baldomir, Andrés Gaos ou Enrique Lens. Publicaron as súas obras editoriais como Canuto Berea e Cª, Zozaya, Casa Dotesio, en España, e F. Laurens, en París, ademais das edicións a cargo da propia autora. AS OBRAS DO PROGRAMA Ma mi dicesti, op. 158 (aria) En continuidade coas arias de ópera do século XIX, é a expresión apaixonada dun reproche por unha promesa de amor non cumprida. Ove sei? (canción italiana) Composta sobre un poema de Giosué Carducci, encádrase na tradición da roman- Å 6 Å

za italiana ou canción de salón, propia da Belle Époque e na liña de autores como Paolo Tosti (1846-1916). O sinxelo acompañamento do piano busca realzar a liña melódica sentimental e cantabile. Adiós a Galicia! (melodía galega) O poema Adiós!! do médico e poeta Manuel Lois Vázquez é a base textual desta composición que alude ao sentimento de saudade da emigración. O soldado que parte de Maside «cheo de melanconía» despídese da paisaxe da súa vila, das «feituquiñas nenas» e mais da súa «nai querida». Esta peza converteuse no himno de Maside. Ausencia (melodía galega) A emigración é tamén o tema do poema de Carlos Vaamonde Lores, escollido pola compositora para esta obra coa que expresa a morriña e o sufrimento do emigrado ao verse «lonxe, moi lonxe da terra querida» e o seu consolo na esperanza de poder volver á Galicia natal e abrazar a súa nai. Cántigas y Melodías Gallegas Estas catro cantigas e catro melodías galegas están dedicadas ao Centro Gallego de Buenos Aires. A compositora escolleu e organizou ao seu xeito coplas recompiladas por José Pérez Ballesteros no seu Cancionero Popular Gallego, con temáticas e estilos variados, ás que lles engade un breve interludio pianístico. As sonoridades propias da música galega tradicional están presentes na obra, como roncóns de gaita ou pequenos aturuxos. Falas de nai (melodía galega) Sobre un poema do marqués de Figueroa, esta composición foi editada pola Sociedad Anónima Casa Dotesio, de Madrid, no 1913. Nela, unha nai fálalle ao seu meniño e advírteo de que non debe esquecer a súa nai por ningunha outra muller, porque o «amor constante das nais» é firme e perseverante. Å 7 Å

Å 8 Å D. L. C 960-2014 Trisquelia