Santiago de Compostela, de 29 de xullo de dous mil quince REUNIDOS

Documentos relacionados
Ribeira, 20 de maio de dous mil dezaseis REUNIDOS

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

REUNIDOS. Da outra, Don Severino Rodríguez Díaz, con DNI G, en calidade de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos.

PROCEDEMENTO DE COORDINACIÓN DA DOCENCIA DE GRAO DA FACULTADE DE CC. EMPRESARIAIS E TURISMO DE OURENSE

Por todo isto, esta consellería,

Convocatoria ordinaria de 2012

DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Consello Galego de Participación das Mulleres no Ámbito do Emprego e as Relacións Laborais

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

(...) I. NORMAS XERAIS

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DA OPE 2008/2009

PLAN DE INTEGRACIÓN das TIC

REGULAMENTO PARA A ADMISIÓN E PERMANENCIA DE INICIATIVAS EMPRESARIAIS NO VIVEIRO DE EMPRESAS INNOVADORAS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello:

As retribucións percibidas polos traballadores/as contratados/as estarán axustadas á disponibilidade orzamentaria.

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

INFORMACIÓN SOBRE A SOLICITUDE DE ACREDITACIÓN DA HABILITACIÓN PARA IMPARTIR DOCENCIA NOS CENTROS PRIVADOS DO MES DE FEBREIRO DE 2012

por Resolución do 25 de abril de 2016 e pola Orde XUS/704/2016 (Diario Oficial de

Formación Profesional. Contrastes curriculares dos títulos da Familia Profesional de Hostalería e Turismo de Galicia e Portugal

a: TD99_PLIEGO_TECNICO, b:

LIBRO DE SUBCONTRATACIÓN

1.- VALORACIÓN DA PUNTUACIÓN DA ÚLTIMA OPOSICIÓN: 60% DA PUNTUACIÓN TOTAL DO BAREMO (60,000 PUNTOS)

Santiago de Compostela, 13 de Junio de dos mil dieciséis. REUNIDOS

EQUIVALENCIAS DE ESTUDOS

REGULAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL LIMIAR

DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2011 Páx. 8548

REGULAMENTO PARA A UTILIZACION DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

VOTO POR CORREO - ELECCIÓNS SINDICAIS 2015

GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS

CONVENIO EUROPEO DA PAISAXE

Decreto 364/1995, de 10 de marzo, que aproba o regulamento xeral de ingreso na administración.

PROCEDEMENTO DE ENQUISA DE SATISFACCIÓN DO ALUMNADO COA DOCENCIA RECIBIDA

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLOS ESCOLARES DE CENTRO

CONVOCATORIA DUNS CURSOS DO PLAN AGRUPADO DE FORMACIÓN CONTINUA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO PARA O ANO 2014

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DUBIDO SE O MEU FILLO/A TEN ALTAS CAPACIDADES INTELECTUAIS

PROXECTO RUNAS REQUIRIMENTOS DE PARTICIPACIÓN. Son requirimentos de participación os seguintes:

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA ADMINISTRACIÓN LOCAL PROVINCIAL DEPUTACIÓN PROVINCIAL. Subvencións

CURSO DE ORATORIA Versión setembro 2016

INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN E XESTIÓN FORESTAL PARA GALICIA

REGULAMENTO PARA A DEFENSA DO TRABALLO FIN DE MÁSTER EN XESTIÓN DO PATRIMONIO ARTÍSTICO E ARQUITECTÓNICO, MUSEOS E MERCADO DA ARTE

CURSOS DO CONTRATO PROGRAMA AUTONÓMICO (PF 2013/000007) DE UGACOTA

Edificio Administrativo San Caetano, 1-2º SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono Fax

Servizo de Guía Laboral

(Para cubrir no "Diario Oficial de Galicia) SUMARIO: Anuncio do 27 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

CURSOS DE ACTUALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E COMUNICATIVA (CALC) PARA O PROFESORADO. CURSO

ESTADO DE TRAMITACIÓN HUMANIZACIÓNS 2012

Decreto 172/2010 Técnico superior en axencias de viaxes e xestión

a: TD99_PLIEGO_TECNICO, b:

DE HORECA AO RETAIL E TENDENCIAS CONVENIENCE

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

REGULAMENTO PARA O USO DO LOCAL DE ENSAIOS NORMAS DE USO DO LOCAL DE ENSAIOS DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

Decreto 206/2012 Técnico superior en administración e finanzas

LISTAS CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA. Fonte: páxina web da Xunta de Galicia e elaboración propia

Expediente: D.3.Q/14584/15. Santiago de Compostela, 22 de outubro de Sr. Reitor:

Ordenanza Nº 40: Ordenanza Reguladora dos. Prezos Públicos das escolas municipais. de musica e artes escénicas. Ano 2017

JOSÉ RIESGO BOLUDA, SECRETARIO XERAL DO PLENO DO CONCELLO DE VIGO,

ANEXO IV. BAREMO DE MÉRITOS: 40 puntos

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO

CURSO CONVOCATORIA XERAL ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO

Dª. OLGA ALONSO SUÁREZ, CONCELLEIRA-SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO CONCELLO DE VIGO

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

BASES PARA A SELECCIÓN DE DOUS AUXILIARES DA POLICÍA LOCAL EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL

CMUS Profesional de Viveiro

Protocolo nº 2/07 Tramitación de Reclamacións e Suxerencias. Exemplo PROTOCOLO DE TRAMITACIÓN DE RECLAMACIÓNS E SUXERENCIAS

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DA OPE

MANUAL DE FUNCIÓNS 1

Cidade da Ciencia e a Innovación 2012 IX CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

CURSO DE XURISDICIÓN VOLUNTARIA

DOG Núm. 21 Luns, 2 de febreiro de 2015 Páx. 4670

PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E INNOVACIÓN TECNOLÓXICA

O Concello Pleno en sesión ordinaria do 7 de xuño do ano 2013 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

HISTORIAL DE CAMBIOS SIMBOLOXÍA. No seu caso, as modificacións puntuais do texto da ordenanza sinalaránse con esta icona.

ESCOLA GALEGA DE SAÚDE PARA CIDADÁNS. Edición bilingüe

CONDICIÓNS DO SERVIZO INTERNET MÓVIL

GUÍA DA PERSOA CANDIDATA

provincia de ourense n.º 260 xoves, 12 novembro 2015 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

Boletín Oficial. Provincia de Ourense. N.º 250 Venres, 4 novembro 2011 SUMARIO. Deputación Provincial de Ourense

BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS,

Lei 6/1999, do 1 de setembro, do audiovisual de Galicia

NORMAS MOSTRA DE CINE ETNOGRÁFICO MUSEO DO POBO GALEGO

3.228 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 45 L Luns, 5 de marzo de escolar.

Ano de fabricación (6): Data de matriculación (7): Número de matrícula (8): Modelo-Tipo: N x CV: Modelo-Tipo: INGRESO SELO: DATA: NÚMERO:

(DOG do 2 de novembro de 2000) 91. Os horarios individuais de cada profesor forman parte do documento de organización do centro (DOC).

BASES QUE REXERÁN NO XVII FESTIVAL DO ENTROIDO 2017 NO CONCELLO DE VALDOVIÑO

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RECOMENDACIÓNS XERAIS

Xestión da mobilidade

Transcripción:

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Paradores de Turismo de España SA, para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas Santiago de Compostela, de 29 de xullo de dous mil quince REUNIDOS Dunha parte, don Román Rodríguez González, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, en representación desta consellería e de conformidade coas atribucións conferidas no artigo 34.1 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia. E doutra dona María de los Ángeles Alarcó Canosa, Presidenta do Consello de Administración de Paradores de Turismo de España SA, en nome e representación desta, segundo consta no poder outorgado ante o notario Carlos Entrena Palomero, con data 19 de decembro de 2014 e número de protocolo 2078. Interveñen en función dos seus respectivos cargos e, no exercicio das facultades que para convir, en nome das entidades que representan, teñen conferidas, EXPOÑEN 1º. Que a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, determina no artigo 39 que a formación profesional no sistema educativo ten por finalidade preparar o alumnado para a actividade nun campo profesional e facilitar a súa adaptación ás modificacións laborais que se poden producir ao longo da súa vida, contribuír ao seu desenvolvemento persoal e ao exercicio dunha cidadanía democrática, e permitir a súa progresión no sistema educativo e no sistema de formación profesional para o emprego, así como a aprendizaxe ao longo da vida.

2º. Que a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, determina no artigo 42 bis que a formación profesional dual do sistema educativo español é o conxunto de accións e iniciativas formativas que, en corresponsabilidade coas empresas, teñen por obxecto a cualificación profesional das persoas, harmonizando os procesos de ensino e aprendizaxe entre os centros educativos e os centros de traballo. 3º. Que a Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional, especifica nos artigos 6 e 11.3 que a colaboración das empresas no desenvolvemento do Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional se desenvolverá, entre outros ámbitos, mediante a súa participación na formación do alumnado nos centros de traballo, favorecendo a realización de prácticas profesionais dos alumnos e das alumnas nas empresas e noutras entidades, e deberán establecerse os mecanismos axeitados para que a formación que reciba financiamento público poida ofrecerse por centros ou directamente polas empresas, mediante concertos, convenios, subvencións ou outros procedementos. 4º. Que a disposición adicional segunda do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, determina que a consellería con competencias en materia de educación promoverá a colaboración coas empresas e entidades empresariais e, en particular, coas máis implicadas en sectores clave da economía galega e as relacionadas cos sectores emerxentes. Esta colaboración ten como finalidade, entre outras, a posibilidade de impartir módulos profesionais incluídos en títulos de formación profesional nas instalacións das empresas, co fin de garantir que a formación se realice cos equipamentos máis actuais, así como a actualización profesional. Esta colaboración formalizarase mediante convenio. 5º. Que o Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual, pretende crear as bases para a implantación progresiva da formación profesional dual en España, entendida como o conxunto de accións e iniciativas formativas que teñen por obxecto a cualificación profesional das persoas, combinando os procesos de ensino e aprendizaxe na empresa e no centro de formación, propiciando unha participación máis activa da empresa no propio proceso formativo do alumnado e, daquela, permitir que estas coñezan de xeito máis próximo a formación que reciben, cada vez máis adaptada ás demandas dos sectores produtivos e ás necesidades específicas das empresas. Neste

sentido, a empresa e o centro de formación profesional estreitan os seus vínculos, unen esforzos e favorecen unha maior inserción do alumnado no mundo laboral durante o período de formación. Así mesmo, establece que terán a consideración de formación profesional dual os proxectos desenvolvidos no ámbito do sistema educativo, coa coparticipación dos centros educativos e das empresas, cando non medie un contrato para a formación e a aprendizaxe. Estes proxectos formalizaranse a través dun convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa colaboradora. 6º. Que a empresa Paradores de Turismo de España SA está disposta a participar no proxecto de implantación da formación profesional dual en Galicia, acolléndose á modalidade regulada no artigo 3.1, alínea b), do Real decreto 1529/2012, na que as empresas facilitan aos centros de formación os espazos, as instalacións ou as persoas expertas para impartir total ou parcialmente determinados módulos profesionais ou módulos formativos. O alumnado participante será beneficiario de bolsas, non terá en ningún caso vinculación laboral coa empresa e non poderá establecerse entre esta e aquel ningunha relación contractual, nin sequera baixo as modalidades de contrato en prácticas ou para a formación, previsto no artigo 11 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, polo que o alumnado acollido a este réxime de bolsas queda absolutamente excluído da lexislación laboral. 7º. Que o obxecto do presente convenio é establecer as condicións de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Paradores de Turismo de España SA para a implantación dun proxecto experimental de formación profesional dual na Comunidade Autónoma de Galicia. Esta formación profesional dual combinará os procesos de ensino e aprendizaxe nas instalacións da empresa Paradores de Turismo de España SA e no centro educativo CIFP Paseo das Pontes, da Coruña. En consecuencia, estes organismos acordan subscribir este convenio, con base nas seguintes, CLÁUSULAS Primeira. Este proxecto de formación profesional dual é de carácter experimental e ten as seguintes características:

a. Este proxecto toma como referencia un currículo oficial implantado na comunidade autónoma de Galicia, neste caso concreto o establecido no Decreto 88/2011, do 20 de abril, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Dirección de Servizos en Restauración. b. Terá como duración desde o 1 de outubro de 2015 ata o 30 de setembro de 2017. c. A formación impartirase de xeito compartido entre o centro educativo e a empresa asinante, garantindo a adquisición dos resultados de aprendizaxe establecidos no currículo do ciclo formativo de Dirección de Servizos en Restauración e a obtención do título de técnico superior en Dirección de Servizos en Restauración. d. Ademais, atendendo ás características da empresa, en cada un dos anos de vixencia deste proxecto dedicarase un 10 % do tempo de estadía do alumnado na empresa á formación complementaria á establecida nos currículos dos ciclos formativos correspondentes, para reforzar a formación do alumnado e mellorar a súa empregabilidade. Segunda. As concrecións deste proxecto experimental de formación profesional dual para o ciclo formativo de Dirección de Servizos en Restauración (distribución da formación curricular do ciclo formativo e temporalización dos módulos profesionais) están recollidas no anexo deste convenio. Terceira. A empresa Paradores de Turismo de España SA comprométese a acoller nas súas instalacións un mínimo de 15 alumnos e alumnas para este proxecto experimental de formación profesional dual. Este alumnado deberá cumprir os requisitos de admisión establecidos na orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que autorice este proxecto experimental de formación profesional dual. A empresa Paradores de Turismo de España SA colaborará coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na selección do alumnado solicitante que cumpra os requisitos de admisión. Para tal fin, poderán realizarse entrevistas psicoprofesionais e probas de coñecementos que permitan identificar a idoneidade dos/das candidatos/as en relación co perfil profesional que adquirirá o alumnado na empresa ao longo do proxecto. Cuarta. A empresa Paradores de Turismo de España SA comprométese a financiar o proxecto de formación regulado neste convenio, mediante o establecemento dun sistema de bolsas dirixido ao alumnado participante.

Este réxime de bolsas estará suxeito ás seguintes especificidades: a. A empresa Paradores de Turismo de España SA achegará a cada alumno ou alumna do proxecto, en períodos mensuais con carácter irrevogable, unha bolsa por importe de 350, durante o período de realización da estadía na empresa. b. A empresa Paradores de Turismo de España SA comprométese tamén a que, durante o período en que se realice a formación nas súas instalacións, o alumnado teña garantido o aloxamento e a manutención. c. Para a efectividade do réxime de bolsas, a empresa colaboradora e as persoas bolseiras deberán cumprir sempre os requisitos establecidos na normativa que regula os proxectos de formación profesional dual e neste convenio. Quinta. O alumnado adquirirá formación no centro educativo durante o primeiro trimestre de cada un dos cursos de duración do proxecto formativo, no horario lectivo que se estableza. Sexta. A estadía do alumnado na empresa estenderase de xaneiro a setembro de cada ano de duración do proxecto, que rematará en setembro de 2017. Durante o período formativo na empresa, o horario da actividade formativa e profesionalizadora deberá desenvolverse dentro do marco temporal do horario laboral da empresa. Sétima. O alumnado deste proxecto disporá dun mínimo de trinta días naturais de vacacións en cada un dos cursos de duración do proxecto. Oitava. Consonte o artigo 30.5 do Real decreto 1592/2012, do 8 de novembro, a actividade formativa na empresa e no centro educativo coordinarase mediante reunións mensuais de control nas que se fará seguimento do alumnado. A empresa Paradores de Turismo de España SA nomeará unha persoa como titor ou titora do alumno ou da alumna, que será responsable do seguimento da actividade formativa, da coordinación da actividade profesionalizadora coa actividade formativa e da comunicación co centro de formación. Así mesmo, o centro formativo designará un profesor ou unha profesora, ou formador ou formadora, como titor ou titora responsable da programación e do seguimento da formación, así como da coordinación da avaliación co profesorado e/ou os titores e as titoras que interveñen. Ademais, esta persoa será a interlocutora coa empresa para o desenvolvemento do proxecto.

Novena. Establecerase unha comisión de seguimento, control e supervisión, que se reunirá cando se considere oportuno por calquera das partes asinantes. Esta comisión estará constituída polos seguintes membros: En representación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: - A persoa titular da subdirección xeral de formación profesional ou persoa en quen delegue. - A persoa titular da dirección do CIFP Paseo das Pontes. - O profesor titor ou a profesora titora do centro educativo. Dous/dúas representantes da empresa Paradores de Turismo de España SA. Un funcionario ou unha funcionaria da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria actuarán como secretario ou secretaria. Décima. O convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e terá vixencia ata a finalización do proxecto. Décimo primeira. Este convenio extinguirase pola finalización do tempo convido e poderase resolver por calquera das partes, mediante denuncia dalgunha delas, que se lle deberá comunicar á outra cunha antelación mínima de quince días, baseada nalgunha das seguintes causas: a. Cesamento das actividades do centro docente ou da empresa. b. Forza maior que imposibilite o desenvolvemento das actividades programadas. c. Incumprimento das cláusulas establecidas neste convenio. d. Mutuo acordo entre o centro docente e a empresa. Décimo segunda. Este convenio de colaboración posúe carácter administrativo por razón do contido e das materias sobre as que versa, as cales, ao abeiro do disposto no artigo 4.1 e 2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, o exclúen do seu ámbito de aplicación, sen prexuízo da aplicación dos principios desta para resolver as lagoas ou dúbidas que a súa aplicación suscite. Dada a natureza administrativa deste instrumento xurídico, as controversias ou cuestións litixiosas que xurdiren na súa aplicación e non puideren ser solucionadas no seo da comisión de seguimento serán resoltas pola xurisdición contencioso-administrativa. De conformidade co disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e co Real decreto 1720/2007, polo que se aproba o regulamento polo que

se desenvolve a citada lei orgánica, nin o alumnado nin a empresa que por razón das actividades formativas teñan acceso a datos de carácter persoal disporán destes con finalidade distinta á exixida polas accións formativas. Lido este convenio, atópano conforme e asínano no lugar e na data indicados. O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria A representante da empresa Paradores de Turismo de España SA Asdo.: Román Rodríguez González Asdo.: María de los Ángeles Alarcó Canosa

1. Anexo I 1.1 Distribución da formación curricular do ciclo formativo Duración proxecto: 2 anos FCT 410 h CF 2.000 h FCCE CF: ciclo formativo. FCT: formación en centros de traballo. FCCE: formación curricular centro/empresa. FEM: formación en empresa. FCE: formación en centro educativo. FEM 548 h (34 %) 1.590 h FCE 1.042 h (66 %) FP dual Curso 15-16 Curso 16-17 TOTAL Formación curricular Centro educativo Formación centro educativo (66 %) 599 443 1.042 Empresa Formación en empresa (34 %) 308 240 548 Total 907 683 1.590

1.2 Distribución global do proxecto Curso 2015-2016 FCE 599 h (34 %) FEM 308 h (17 %) AP 701 h (39 %) FCO 180 h (10 %) Curso 2016-2017 FCE 443 h (25 %) FEM 240 h (14 %) AP 912 h (51 %) FCO 180 h (10 %) FCE: formación en centro educativo. FEM: formación na empresa. FCO: formación complementaria. AP: actividade profesionalizadora. FP dual Curso 15-16 Curso 16-17 Total Formación curricular Centro educativo Formación centro educativo (34 %) (25 %) Presencial 300 h 310 h 1.042 h En rede 299 h 133 h Formación en empresa (17 %) (14 %) 308 h 240 h 548 h Actividade profesionalizadora / formación na empresa Empresa Actividade profesionalizadora / formación na empresa Actividade profesionalizadora (39 %) (51 %) Formación complementaria (10 %) (10 %) 701 h 912 h 1.613 h 180 h 180 h 360 h Total 1.788 h 1.775 h 3.563 h Formación curricular. Actividade profesionalizadora / formación complementaria.

1.3 Temporalización dos módulos profesionais 1.3.1 Curso 2015-2016 1.3.1.1 Planificación De outubro a decembro de 2015. Formación presencial no centro educativo. Do xaneiro a setembro de 2016. Empresa: actividade profesionalizadora, formación en empresa e formación complementaria. Formación en rede. 1.3.1.2 Organización dos módulos profesionais Código módulo Nome módulo Horas totais módulo En rede FCE Presenciais MP0179 Inglés 160 50 55 55 MP0496 Control do aprovisionamento de materias primas 53 20 15 18 MP0501 Xestión da calidade, e da seguridade e hixiene alimentarias 80 31 22 27 MP0509 Procesos de servizos en bar-cafetaría 240 80 80 80 MP0510 Procesos de servizos en restaurante 267 88 88 91 MP0514 Formación e orientación laboral 107 30 40 37 FEM período TOTAL 907 304 300 308

1.3.2 Curso 2016-2017 1.3.2.1 Planificación De setembro a decembro de 2016. Formación presencial no centro educativo. Do xaneiro a setembro de 2017. Empresa: actividade profesionalizadora, formación en empresa e formación complementaria. Formación en rede. 1.3.2.2 Organización dos módulos profesionais Código módulo Nome módulo Horas totais módulo En rede FCE Presenciais MP0180 Segunda lingua estranxeira 157 47 55 55 MP0502 Gastronomía e nutrición 53 20 15 18 MP0503 Xestión administrativa e comercial en restauración 70 26 20 24 MP0504 Recursos humanos e dirección de equipos en restauración 53 20 15 18 MP0511 Sommelier 157-100 57 MP0512 Planificación e dirección de servizos e eventos en restauración 140-90 50 MP0515 Empresa e iniciativa emprendedora 53 20 15 18 FEM período TOTAL 683 133 310 240

1.4 Adquisición, por parte do alumnado, de cualificacións e unidades de competencia 1.4.1 Curso 2015-2016 Cualificacións profesionais incompletas a) Dirección en restauración, HOT331_3 (Real decreto 1700/2007, do 14 de decembro): UC1051_2: Comunicarse en inglés, cun nivel de usuario independente, nos servizos de restauración. UC1064_3: Xestionar procesos de aprovisionamento en restauración. UC1098_3: Definir e planificar procesos de servizo en restauración. UC1100_3: Realizar a xestión de calidade, ambiental e de seguridade en restauración. b) Dirección e produción en cociña, HOT332_3 (Real decreto 1700/2007, do 14 de decembro): UC1062_3: Catar alimentos para a súa selección e o seu uso en hostalaría. 1.4.2 Curso 2016-2017 Cualificacións profesionais completas a) Xestión de procesos de servizo en restauración, HOT334_3 (Real decreto 1700/2007, do 14 de decembro), que abrangue as seguintes unidades de competencia: UC1098_3: Definir e planificar procesos de servizo en restauración. UC1103_3: Supervisar e desenvolver procesos de servizo en restauración. UC1104_3: Xestionar departamentos de servizo de restauración. UC1047_2: Asesorar sobre bebidas distintas a viños, preparalas e presentalas. UC1048_2: Servir viños e prestar información básica sobre eles. UC1105_3: Aplicar as normas de protocolo en restauración. UC0711_2: Actuar baixo normas de seguridade, hixiene e protección ambiental en hostalaría. UC1051_2: Comunicarse en inglés, cun nivel de usuario independente, nos servizos de restauración. b) Sommelier, HOT337_3 (Real decreto 1700/2007, do 14 de decembro), que abrangue as seguintes unidades de competencia: UC1106_3: Catar viños e outras bebidas analcohólicas e alcohólicas distintas a viños. UC1107_3: Deseñar ofertas de viños e outras bebidas analcohólicas e alcohólicas distintas a viños. UC1108_3: Realizar análises sensoriais de produtos selectos propios do sommelier e deseñar as súas ofertas. UC1109_3: Xestionar o funcionamento de adegas de conservación e maduración de viños para restauración e asesorar na súa posta en marcha.

UC1110_3: Realizar os procesos de servizo especializado de viños. UC0711_2: Actuar baixo normas de seguridade, hixiene e protección ambiental en hostalaría. UC1111_2: Comunicarse nunha lingua estranxeira, cun nivel de usuario independente, nos servizos de restauración. Cualificacións profesionais incompletas a) Dirección en restauración, HOT331_3 (Real decreto 1700/2007, do 14 de decembro): UC1097_3: Dirixir e xestionar unha unidade de produción en restauración. UC1099_3: Realizar a xestión económico-financeira dun establecemento de restauración. UC1101_3: Deseñar e comercializar ofertas de restauración. b) Dirección e produción en cociña, HOT332_3 (Real decreto 1700/2007, do 14 de decembro): UC1063_3: Deseñar ofertas gastronómicas.