ASUNTO: ALLEAMENTO DE DIVERSAS EMBARCACIÓNS INCAUTADAS POR PORTOS DE GALICIA.

Documentos relacionados
PE627A - Autorización de venda de produtos pesqueiros que non sexan obxecto de primeria venda en lonxa.

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

SUBMINISTRACIÓN DUN SERVIDOR DE REDE (Expte. Nº. 16/78) 1.- OBXECTO DO CONTRATO: Adquisición por reposición dun servidor de rede.

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

INFORMACIÓN AUTOLIQUIDACIÓN DE TAXAS

MR437A - Inscrición no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA).

ACORDA. Vivendas de promoción pública cualificadas en núcleo rural. TERCEIRO.- Réxime de adxudicación das vivendas da promoción

TU987B - Inicio de actividade de albergues turísticos ou dos albergues de peregrinos do Camiño de Santiago.

MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

A Consellería encargou a AFIPRODEL a elección dos 5 representantes, da rede de AEDL, acordándose a reserva dun deles para un membro desta asociación.

Ordenanzas fiscais Páxina 1

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

Convocatoria de cursos de formación en linguaxe xurídica galega

Estas vantaxes e/ou descontos serán aplicados a toda a clientela que sexa titular dunha tarxeta benvida, sen ningún requisito a maiores.

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

por Resolución do 25 de abril de 2016 e pola Orde XUS/704/2016 (Diario Oficial de

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONCELLO DE OUTES (A Coruña)

Programa I. Promoción do emprego autónomo (TR341J)

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL PONTEVEDRA. Outros documentos, notificacións e informacións públicas

Dª. OLGA ALONSO SUÁREZ, CONCELLEIRA-SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO CONCELLO DE VIGO

CONCELLO DE SANTISO (A CORUÑA)

Por todo isto, esta consellería,

DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 Martes, 23 de xuño de 2009

Ordenanzas fiscais Páxina 1

BASES DO XLIII PREMIO DE POESÍA DO CERTAME LITERARIO DO CONCELLO DE VILALBA 2017

ACORDO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS. PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PLAN DE ESTABILIDADE NO EMPREGO DOS SERVIZOS PÚBLICOS

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

FAMILIA NUMEROSA BONIFICACIÓN DO 90% OU 50% NO IMPOSTO DE BENS INMOBLES (IBI)

DECRETO 84/2012, do 16 de febreiro, polo que se establecen os prezos públicos polas prestacións das residencias de tempo libre.

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

PROGRAMA DE MEDIDAS DE ACTIVACIÓN DO EMPREGO PARA PARADOS DE LONGA DURACIÓN

INICIO DE ESTUDOS ESTUDOS CONVOCATORIA DATAS

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Subvencións e axudas CONVOCATORIA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS PARA O ANO 2017

Instrucións e procedemento para racionalizar os horarios dos estudos do Grao en Dereito

DOG Núm. 128 Xoves, 7 de xullo de 2016 Páx

DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2013 Páx. 6322

BASES XERAIS PARA AUTORIZACIÓN DE REPRODUCCIÓNS DE IMAXES DO ARQUIVO FOTOGRÁFICO PACHECO DO CONCELLO DE VIGO.

Criterios para a promoción e titulación na ESO. IES Xunqueira I.

Ordenanzas fiscais Páxina 1

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

Comisións de Servizo por conciliación da vida laboral e familiar

ANEXO II PROGRAMA DE COMUNICACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOCIAL ANO 2010 DATOS DO/A SOLICITANTE

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

REUNIDOS. Ambos interveñen en nome e representación das institucións anteditas EXPOÑEN

DOG Núm. 35 Luns, 22 de febreiro de 2016 Páx. 6502

REGULAMENTO DO SERVIZO DE RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS DO CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS.- CAPÍTULO IIIº

Ano de fabricación (6): Data de matriculación (7): Número de matrícula (8): Modelo-Tipo: N x CV: Modelo-Tipo: INGRESO SELO: DATA: NÚMERO:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Ed.01 16/07/2015 Páx. 1 de 8 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

PREGO DE CONDICIÓNS RELATIVO Á VENDA POLO PROCEDEMENTO DE POXA PÚBLICA DUNS BENS INMOBLES SITUADOS NO CONCELLO DE PONTEVEDRA

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN DE AUXILIAR-ASESOR DE CORREDOR DE SEGUROS

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

X PREMIO DIARIO CULTURAL DE TEATRO RADIOFÓNICO OBXECTO:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Santiago de Compostela, tres de febreiro de dous mil dezaseis

REXISTRO DE CERTIFICADOS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA DE EDIFICIOS EXISTENTES.

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

CURSO CONVOCATORIA XERAL ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO

SEGUNDA CONVOCATORIA DE BOLSAS DE COLABORACIÓN PARA FORMACIÓN COMPLEMENTARIA DO ESTUDANTADO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA.

INFORME ECONÓMICO-FINANCEIRO ORZAMENTO 2011

Rfª.-pr-19/08. Artigo 1.- Natureza e fundamento.

Artigo 48. Imposto sobre actividades de xogo (Lei 13/2011, do 27 de maio, de regulación do xogo)

LISTAS CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA. Fonte: páxina web da Xunta de Galicia e elaboración propia

Informe de valoración das ofertas presentadas para a contratación do servizo de axuda no fogar da Mancomunidade de Ordes.

Anexo I. Cadro de Características do contrato

Segundo prevé o. Concello de Láncara. Rúa Rosalía de Castro nº 17, A Pobra de San Xiao, Láncara Lugo. Tfno

NORMATIVA REGULADORA DOS CONCURSOS DE ACCESO AOS CORPOS DOCENTES UNIVERSITARIOS E DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

Orde do.de xullo de 2017 pola que se desenvolve o Decreto 60/2017, do 22 de xuño, de reorganización de centros docentes de determinadas localidades.

LIBRO DE SUBCONTRATACIÓN

Regulamento e tarifas dos Servizos xurídicos

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO ADMINISTRACIÓN LOCAL A CORUÑA

viaxes especializada que realice a súa actividade a través de internet.

ANEXO A BASES DA CONVOCATORIA. I.1. O obxecto do proceso selectivo será a cobertura de cinco (5) prazas de marisqueo a pé na confraría de Vilaxoán.

CONVOCATORIA E BASES DA III EDICIÓN DO PREMIO GALICIA SPIN-OFF

Tipos e bases de cotización da Seguridade Social

Decreto 364/1995, de 10 de marzo, que aproba o regulamento xeral de ingreso na administración.

expediente ce

SIFO. Rexistro Telemático

ANTECEDENTES DE FEITO

MANUAL APLICACIÓN SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN PÚBLICA EXTERIOR (ILE) 2015

A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 5 de xullo de 2013, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

SERVIZO DE XESTIÓN RECADACIÓN E INSPECCIÓN TRIBUTARIA. Solicitude de beneficios fiscais

Instrucións para a presentación electrónica de solicitudes do procedemento IN408A

Sistema de Notificacións de Galicia Notifica.gal. Elaborado por : Área de Modernización Versión 02.02

DOG Núm. 40 Luns, 29 de febreiro de 2016 Páx. 7460

COTIZACIÓN RECUPERACIÓN SALARIAL CON EFECTOS RETROACTIVOS

5. O Xurado entregará un PRIMEIRO, SEGUNDO E TERCEIRO PREMIO en forma de AGASALLOS.

III Certame. CIDADANÍA ACTIVA

ANEXO II NORMATIVA, PROCEDEMENTO E EFECTOS DA AVALIACIÓN DA ACTIVIDADE DOCENTE

PROXECTO RUNAS REQUIRIMENTOS DE PARTICIPACIÓN. Son requirimentos de participación os seguintes:

DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx

Expediente: D.3.Q/14584/15. Santiago de Compostela, 22 de outubro de Sr. Reitor:

ORDENANZA FISCAL I4. Reguladora do Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras. Artigo 1. Fundamento legal

CONCELLO DE OUTES (A Coruña)

DOG Núm. 131 Venres, 8 de xullo de 2011 Páx

Facturación electrónica

Transcripción:

ASUNTO: ALLEAMENTO DE DIVERSAS EMBARCACIÓNS INCAUTADAS POR PORTOS DE GALICIA. Pola Presidencia de Portos de Galicia, previa tramitación dos expedientes preceptivos, se emitiron resolucións, en virtude das que, diversas embarcacións que na actualidade se atopan depositadas en portos dependentes da zona Norte de Portos de Galicia, foron incautadas por esta entidade, pasando así a converterse en bens patrimoniais mobles integrados no patrimonio de Portos de Galicia. A normativa base para proceder a ditas incautacións é a que de seguido exponse. A regra décimo-quinta da tarifa E-2 prevista na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de Taxas, Prezos e Exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, establece que as mercadorías ou os elementos que cheguen a permanecer un ano sobre as explanadas e nos depósitos, ou aqueles nos que os dereitos creados e non satisfeitos cheguen a ser superiores ao seu posible valor en venda, se considerarán como abandonados polos seus donos e se procederá con eles conforme ao disposto no regulamento de servizo do porto. O artigo 49 do regulamento de servizo e policía en vigor aprobado pola Orde Ministerial do 12 de xuño de 1976, di que os obxectos e as mercadorías de calquera clase abandonados polos seus donos na zona de servizo, ou aqueles nos que os seus dereitos adebedados cheguen a ser notoriamente superiores as seu valor en venda serán incautados, agás maior dereito de terceiros o intervención fiscal segundos disposicións vixentes. Transcorrido o prazo previsto de 15 días para que o dono ou consignatario reclame a embarcación e abone os débitos, se poderá proceder á venda da embarcación, da que se deducirán os créditos devengados en concepto de taxas e tarifas, os custes de traslado e almacenaxe, e no seu caso, os producidos nunha poxa. Decretada a incautación e en tanto que ben moble patrimonial incautado, Portos de Galicia pode proceder de acordo co artigo 69 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, ao seu alleamento. Para proceder a dito alleamento, o artigo 79 da Lei 5/2011, que regula o procedemento de aplicación a bens mobles, admite a posibilidade dun alleamento directo, sen necesidade por tanto de poxa, cando se dean os supostos previstos no artigo 77, e por tanto, e entre eles, naqueles caso nos que a taxación do ben non exceda dos 6.000 euros, e se incorporen tres ofertas sempre que isto sexa posible. A totalidade das embarcacións que se recollen no anexo II, segundo ás taxacións efectuadas polo Xefe da Zona Norte de Portos de Galicia o 9 de outubro de 2015, teñen un valor venal residual que na actualidade é inferior aos 6.000 euros, polo que de acordo co establecido no artigo 79 en relación co 77 da citada Lei, cabe acudir a unha adxudicación directa. Cara a proceder a dito alleamento e solicitar ofertas, se elaboran unhas bases que se incorporan como anexo I a esta resolución, á que se lle dará publicidade a través do DOGA, e da páxina Web de Portos de Galicia; de así estimalo, procederase a publicar un anuncio nun diario de noticias con difusión a nivel do territorio de Galicia. O prazo límite opara formalizar ofertas será o indicado no anuncio da convocatoria. O prezo de partida para presentar ofertas, será o correspondente ao da peritación do valor venal residual efectuado en cada caso pola Xefatura da Zona Norte, sobre o que se aplicará unha 1

rebaixa lineal do cincuenta (50) por cento, en atención ao tempo transcorrido dende que se efectuaron as valoracións, e en atención a que se trata de embarcación que xa estiveron suxeitas ao procedemento de alleamento convocado por resolución do 10 de febreiro de 2017, e que finalmente, non se adxudicaron. As embarcacións serán adxudicadas á aquelas persoas que presenten oferta de maior contía, e en todo caso, se efectuará a adxudicación sempre que, con carácter de mínimo, se cubra o prezo base de partida da embarcación, no que non se inclúen os gastos de todo tipo, fiscais, administrativos ou derivados do traslado da embarcación, que se xeren coa transferencia. Excepcionalmente, non existirá prezo mínimo de partida para formular ofertas, naqueles casos nos que, segundo as valoracións do Xefe de Zona, o valor venal residual do buque sexa de 0 euros, se ben e neste caso, en tanto que negocio puramente patrimonial, Portos de Galicia se reserva o dereito a aceptar ou rexeitar, de maneira motivada, as ofertas presentadas. Unha vez adxudicadas as embarcacións, e realizadas as transferencias, Portos de Galicia deducirá do prezo obtido, cando este sexa o caso, a totalidade dos créditos devengados en concepto de taxas e tarifas que se atopen pendentes de aboamento, coa inclusión, de se-lo caso dos recargos que procedan pola vía de prema, así como os custos que houbera ocasionado a presenza prolongada da embarcación no porto, tales como achiques, izadas ou similares. O importe resultante das deducións efectuadas sobre o remate, ou o importe total do mesmo, quedará depositado a disposición dos propietarios ou doutros interesados que acrediten de maneira suficiente o seu dereito sobre as embarcacións abandonadas, durante un prazo de 20 anos a contar dende a data de notificación do acordo que recoñeza o dereito a percibir ditas cantidades. Transcorrido o prazo de vinte anos quedará prescrita calquera reclamación por dito concepto contra Portos de Galicia. Finalizado o procedemento, e respecto daquelas embarcacións que non resulten alleadas por non presentase ofertas, ou por resultar insuficiente as presentadas, Portos de Galicia poderá acordar que sigan suxeitas a un procedemento de alleamento directo sen suxeición a prazo algún, no que calquera interesado poderá adquirir a embarcación polo prezo que se indica, ou poderá proceder ao traslado das embarcacións a vertedoiro autorizado, sendo tódolos custes que isto implique a costa dos propietarios. Con suxeición ao exposto neste documento e nos seus anexos, e de acordo coa proposta elaborada polo Departamento de Secretaría Xeral e Asesoría Xurídica de Portos de Galicia, esta Presidencia, en aplicación do artigo 79 da Lei 5/2011, de Patrimonio da comunidade Autónoma de Galicia, e en base ás competencias previstas polo artigo 17.4 & 2 da Lei 5/1994, de creación de Portos de Galicia delegadas polo Consello de Administración o 30 de xullo de 1998, acorda iniciar procedemento para o alleamento directo das embarcacións que se recollen no anexo II. Santiago de Compostela, a 11 de xullo de 2017. O PRESIDENTE. José Juan Durán Hermida. 2

ANEXO I. PREGO DE CONDICIÓNS APLICABLES AO ALLEAMENTO DIRECTO DE DIVERSAS EMBARCACIÓNS INCAUTADAS POR PORTOS DE GALICIA. CONDICIÓN PRIMERA: OBXECTO E CUALIFICACIÓN. Constitúe o obxecto do presente procedemento, o alleamento das embarcacións que se recollen no anexo II, no que se reflicte o nome, e de se-lo caso o folio da embarcación, o tipo de embarcación e ano de construción, o prezo, o porto onde se atopa depositada, e teléfono de contacto no porto. Para o exame das embarcacións, así como para obter información sobre as mesmas durante o prazo de presentación de ofertas, poderá contactarse coas oficinas da Zona Norte de Portos de Galicia, sitas na Rúa Nicomedes Pastor Díaz, número 13 de Lugo (teléfono 982 82 84 23), en horario de 9 a 14 horas. Tamén poderá contactarse no mesmo horario, coas oficinas do porto respectivo indicadas no anexo II. A incautación das embarcacións, agás que no anexo II se sinale o contrario, foi notificada aos organismos competentes, que non comunicaron cargas o gravámenes aos que estean afectas as mesmas. A participación neste procedemento, implica que o licitador coñece e acepta a situación actual existente das embarcacións, e renuncia por elo, no caso de resultar adxudicatario, a calquera reclamación, e en concreto, tanto ao saneamento por evicción como a reclamacións por vicios ocultos se os houbera. O alleamento das embarcacións ten a cualificación de negocio xurídico privado. CONDICIÓN SEGUNDA: PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN E ADXUDICACIÓN. Por aplicación do establecido no artigo 79 en relación co artigo 77 da Lei 5/2011, de Patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, a forma de adxudicación das embarcacións será o alleamento directo. A convocatoria do presente procedemento de alleamento directo, publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina WEB de Portos de Galicia; de así estimalo, procederase a publicar un anuncio nun diario de noticias con difusión a nivel do territorio de Galicia. CONDICIÓN TERCEIRA: CAPACIDADE PARA CONCORRER AO PROCEDEMENTO. Poderán presentar proposicións, por si mesmas ou por medio de representantes, as persoas físicas ou xurídicas, que gocen de capacidade de obrar de acordo co previsto no Código Civil. Non poderán ser adquirentes as persoas que houberan solicitado ou estean declaradas en concurso, houberan sido declaradas insolventes en calquera procedemento, estean suxeitas a intervención xudicial, ou que houberan sido inhabilitadas conforme a lei concursal. 3

Tampouco poderán concorrer as persoas que se atopen incursas nalgún dos supostos de prohibición para contratar previstos no texto refundido da Lei de Contratos do sector Público. CONDICIÓN CUARTA: PRESENTACIÓN DE OFERTAS. As persoas interesadas en participar formularán a súa oferta conforme ao modelo que figura no ANEXO III desta resolución dentro do prazo que se sinale no anuncio da convocatoria. As ofertas, que se deben de formalizar de maneira individual para cada embarcación, se presentarán nun sobre pechado, no que figurará externamente o nome ou a razón social da persoa que licita, así como a referencia VENDA DIRECTA DE EMBARCACIÓN, indicando o nome da embarcación, segundo figura na relación do anexo II. O prezo mínimo de licitación que deberá de ser cuberto polas ofertas, é o que se recolle como prezo para cada unha as embarcación no anexo II, tipo no que non se inclúen os gastos de todo tipo, fiscais, administrativos ou derivados do traslado da embarcación, que se xeren coa transferencia. Para aqueles barcos que non teñan sinalado un tipo mínimo de licitación, o prezo que se oferte, que tampouco incluirá ningún dos gastos que se xeren coa transferencia, será libre. O sobre deberá de conter os seguintes documentos: a. Proposta económica con arranxo ao modelo que figura no Anexo III. b. Documentación que acredite de maneira suficiente a personalidade de quen licite, e, no su caso, da súa representación. As persoas físicas deberán de aportar copia dun documento de identidade; si actuaran por representación, copia do documento que a confira, e dos documentos de identidade da persoa representada e do representante. No caso de entidades, incluirase copia da documentación relativa á personalidade e capacidade desta e do representante; así mesmo, se incluirá copia dun documento de identidade da persoa que asine a oferta As ofertas deberán de presentarse dentro do prazo sinalado no anuncio da convocatoria, no rexistro da Zona Norte de Portos de Galicia, nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas), con enderezo na Rúa Nicomedes Pastor Díaz, número 13, 27.002, de Lugo, dirixidas ao Presidente de Portos de Galicia; poderán enviarse por correo administrativo (será requisito imprescindible que se trate dunha oficina prestadora do servizo postal universal), dentro do prazo de admisión indicado; neste caso, o licitador xustificará a data de imposición do envío na oficina de correos, e anunciará a Portos de Galicia, Zona Norte, o depósito da oferta mediante burofax (número de FAX 982 82 84 30) ou telegrama, no mesmo día e nun só envío. Sen a concorrencia de ambos os dous requisitos, non serán admitidas as proposicións si son recibidas na Zona Norte de Portos de Galicia con posterioridade á data de terminación do prazo sinalado no anuncio. Transcorridos non obstante os dez días naturais seguintes á data indicada, sen terse recibido a proposición, está non será admitida en ningún caso. A presentación dunha proposición, supón a aceptación sen condicións polo licitador, das cláusulas do presente prego, e das incluídas na resolución anterior de convocatoria. 4

CONDICIÓN QUINTA. GARANTÍA. Non se esixirá ás persoas interesadas en participar, a constitución de garantía para a formulación da oferta, nin aboar aportación algunha para sufragar o anuncio da convocatoria do procedemento. CONDICIÓN SEXTA: ADXUDICACIÓN, ABOAMENTO E RETIRADA DAS EMBARCACIÓNS Unha vez finalizado o prazo para presentación de ofertas previsto na convocatoria, se anunciará na paxina WEB de Portos de Galicia, a data e hora de apertura pública das ofertas, que terá lugar na sede da Zona Norte de Portos de Galicia, sita na Rúa Nicomedes numero 13 de Lugo. Se resolverá a adxudicación das embarcacións a favor das persoas que, cubrindo o tipo mínimo da licitación, formulen a mellor oferta económica. No caso daquelas embarcacións que non teñan un prezo mínimo inicial de licitación, se resolverá a adxudicación das embarcacións a favor das persoas que formulen a mellor oferta económica, se ben, neste caso, Portos de Galicia se reserva o dereito a aceptar ou rexeitar, de maneira motivada, as ofertas presentadas. Notificada a adxudicación, se deberá de proceder ao aboamento do pago do prezo ofrecido nun prazo de 10 días hábiles a contar dende o seguinte ao da recepción da notificación, mediante o ingreso no número de conta que a dito efecto se indique. De non efectuarse o ingreso dentro do prazo indicado, se poderá efectuar unha nova adxudicación a favor do licitador ou licitadores seguintes a aquel, pola orde na que houberan quedado clasificados en función do prezo ofertado. Efectuado o ingreso, pola Presidencia de Portos de Galicia se efectuará a resolución de alleamento directo da embarcación a favor do adquirente da mesma. A resolución de alleamento, indicará o prazo no que se deberá de proceder a retirar a embarcación da zona de servizo do porto, ou, no seu caso, o lugar onde poderá ser trasladada dentro deste, en función do que informe a Zona Norte de Portos de Galicia. 5

ANEXO II. RELACIÓN DE EMBARCACIÓNS. 1.- Embarcación Caridbys, con folio 7ª-SS-1-115-91. Características: Eslora: 7,54 m. Manga: 2,44 m. TRB: 4,89 tn. Tipo de embarcación: CORONADO 25. Año de construción: 1967. Prezo mínimo de licitación: 450 euros. Incautación notificada a Mariña Mercante. Depositada en seco no porto de Ribadeo (Lugo). Tfno. de contacto no porto: 982 82 86 35. 6

2.- Embarcación ALGAMI, con folio 7ª-BA-2-604-1. Características: Eslora: 9,55 m. Manga: 3,18 m. TRB: 11,66 tn. Tipo de embarcación: RECREO A MOTOR, CASCO POLIESTER. Año de construción: 1976. Prezo mínimo de licitación: 1.791 euros. Incautación notificada a Mariña Mercante. Depositada en seco no porto de Viveiro (Lugo). Tfno. de contacto no porto: 982 87 09 60. 7

3.- Embarcación Koala II. Non consta folio da embarcación. Características: Eslora: 11,40 m. Manga: 3,70 m. Tipo de embarcación: VELERO. Prezo mínimo de licitación: 1.964,7 euros. Incautación notificada a Xurisdición Francesa. Depositada en seco no porto de Cariño (A Coruña). Tfno. de contacto no porto: 981 88 04 43. 8

4.- Embarcación Laks II, con folio 7ª-BA-5-253-99. Características: Eslora: 8,82 m. Manga: 3,24 m. TRB: 9,94 tn. Tipo de embarcación: FJORD 30. Año de construción: 1993. Prezo mínimo de licitación: 2.479,5 euros. Incautación notificada a a Mariña Mercante. Depositada en seco no porto de Cariño (A Coruña). Tfno. de contacto no porto: 981 88 04 43. 9

ANEXO III MODELO DE PROPOSICIÓN ECONÓMICA Don..., con NIF número... e domicilio en... provincia de..., rúa... número..., número de teléfono..., no seu caso e-mail...en nome...(propio), (ou da empresa que representa)... con C.I.F...., enterado do anuncio publicado no DOG do día... de... de..., e das condicións e requisitos que se esixen para participar no procedemento de alleamento directo de diversas embarcacións incautadas por Portos de Galicia, formula a seguinte oferta: NOME DA EMBARCACIÓN CANTIDADE EN LETRA SEN IVE. CANTIDADE EN NÚMERO SEN IVE. Así mesmo, acepta íntegramente as condicións recollidas nas bases do procedemento, e na resolución de convocatoria. En..., a... de... de 20... (Sinatura e no seu caso selo do ofertante) SR. PRESIDENTE DO ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA 10