PREGO DE PRESCRIPCIÓNS TÉCNICAS QUE REXERÁ A CONTRATACIÓN DA ACTIVIDADE DE DINAMIZACIÓN COMERCIAL MERCA NA RÚA.

Documentos relacionados
a: TD99_PLIEGO_TECNICO, b:

viaxes especializada que realice a súa actividade a través de internet.

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

PROGRAMA DE MEDIDAS DE ACTIVACIÓN DO EMPREGO PARA PARADOS DE LONGA DURACIÓN

Dereitos e deberes. Co financiamento de:

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Subvencións e axudas CONVOCATORIA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS PARA O ANO 2017

REUNIDOS. Da outra, Don Severino Rodríguez Díaz, con DNI G, en calidade de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos.

DOG Núm. 125 Xoves, 30 de xuño de 2011 Páx

En consecuencia, como director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, RESOLVO:

Concello de Redondela GAC-7: Ría de Vigo-A Guarda

PLAN DE INTEGRACIÓN das TIC

INSTRUCIÓNS DE PUBLICIDADE

Facturación electrónica

PROCEDEMENTO DE ENQUISA DE SATISFACCIÓN DO ALUMNADO COA DOCENCIA RECIBIDA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PROCEDEMENTO DE COORDINACIÓN DA DOCENCIA DE GRAO DA FACULTADE DE CC. EMPRESARIAIS E TURISMO DE OURENSE

Consello Galego de Participación das Mulleres no Ámbito do Emprego e as Relacións Laborais

CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

ACORDAN. A incorporación do persoal do Consorcio ao Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia realizarase do seguinte xeito:

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA ADMINISTRACIÓN LOCAL PROVINCIAL DEPUTACIÓN PROVINCIAL. Subvencións

REUNIDOS. Ambos interveñen en nome e representación das institucións anteditas EXPOÑEN

A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 5 de xullo de 2013, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

ESTADO DE TRAMITACIÓN HUMANIZACIÓNS 2012

6.1. Sinalización. Normas xerais

Convocatoria ordinaria de 2012

S U M A R I O ADMINISTRACIÓN DEL ESTADO. MINISTERIO DEL INTERIOR Subdelegación del Gobierno en Pontevedra... 2

Curso COTSG. Casos Prácticos nos Servizos Sociais Comunitarios: Por que cambian as persoas?

INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN E XESTIÓN FORESTAL PARA GALICIA

GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS

DOG Núm. 131 Venres, 8 de xullo de 2011 Páx

UNIVERSIDADE DA CORUÑA UNIVERSITAS XXI ECONÓMICO XESTIÓN DA PRO RATA MANUAL DE USUARIO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

X PREMIO DIARIO CULTURAL DE TEATRO RADIOFÓNICO OBXECTO:

a: TD99_PLIEGO_TECNICO, b:

Fundamentos de Administración e Xestión

CONVOCATORIA DE RESIDENCIAS DE CREACIÓN ARTÍSTICA E ESTADÍAS TÉCNICAS PARA PROXECTOS DE ARTES ESCÉNICAS 2017 DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública

REGULAMENTO PARA A ADMISIÓN E PERMANENCIA DE INICIATIVAS EMPRESARIAIS NO VIVEIRO DE EMPRESAS INNOVADORAS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

CURSOS DO CONTRATO PROGRAMA AUTONÓMICO (PF 2013/000007) DE UGACOTA

Proxecto ORZAMENTO EN TERMOS DE CONTABILIDADE NACIONAL. Memoria I

MANUAL da PÁXINA WEB DE CONSULTA DE COBERTURA Versión Móbil

ANUNCIO Por resolución da Alcaldía de 30 de maio de 2012, procedeuse a aprobación das seguintes Bases:

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx

JOSÉ RIESGO BOLUDA, SECRETARIO XERAL DO PLENO DO CONCELLO DE VIGO,

AXENDA PARA O EMPREGO. Emprego para un novo modelo produtivo baseado no crecemento

CONCELLARÍA DE DEPORTE

COTIZACIÓN RECUPERACIÓN SALARIAL CON EFECTOS RETROACTIVOS

NORMAS PARA A INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA

PREMIOS JULES VERNE ( ) DE ENSINO

Que é Tótem, xestión creativa do tempo?

REGAPE AUTOPROTECCIÓN. Plaforma web para la gestión de planes de autoprotección.

As retribucións percibidas polos traballadores/as contratados/as estarán axustadas á disponibilidade orzamentaria.

REXISTRO DE CLUBS E EQUIPOS DE FÚTBOL SALA

PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE CREA A COMISIÓN INTERDEPARTAMENTAL DO CAMIÑO DE SANTIAGO

CONVENO DE COLABORACIÓN ENTRE A FEDERACIÓN GALEGA DE SURF, O CONCELLO DE E O CLUB

SOLICITUDE DE USO DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS Tempada 2017/2018

Comisións de Servizo por conciliación da vida laboral e familiar

En Santiago de Compostela, a 23 de maio de dous mil dezaseis REUNIDOS

laboral. de seguridae e saude

NORMAS MOSTRA DE CINE ETNOGRÁFICO MUSEO DO POBO GALEGO

Bases para regular la participación ciudadana en la Cabalgata de Reyes

CURSO CONVOCATORIA XERAL ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

3ª ESCOLA DE PRIMAVERA Educación Social e cidadanía. Intervención na escola e na comunidade

FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO Rúa Fotógrafo Luis Ksado 17, of. 10 Teléf Fax VIGO - CIF G

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE TURISMO E CIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas

BASES QUE REXERÁN NO XVII FESTIVAL DO ENTROIDO 2017 NO CONCELLO DE VALDOVIÑO

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Prazo de execución Xornadas: meses de maio e xuño 2013 Orzamento de licitación

Ordenanzas fiscais Páxina 1

Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello:

Ordenanza Nº 40: Ordenanza Reguladora dos. Prezos Públicos das escolas municipais. de musica e artes escénicas. Ano 2017

PREGO DE CONDICIÓNS TÉCNICAS DO CONTRATO DE DESRATIZACIÓN, DESINFECCIÓN E DESINSECTACIÓN DEL MUNICIPIO DE MONFORTE DE LEMOS

PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DO SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

NORMATIVA DE CENTROS DE APOIO Á INVESTIGACIÓN DA UNIVERSIDADE DE VIGO VICERREITORÍA DE INVESTIGACIÓN

REXISTRO DE CERTIFICADOS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA DE EDIFICIOS EXISTENTES.

PROXECTO RUNAS REQUIRIMENTOS DE PARTICIPACIÓN. Son requirimentos de participación os seguintes:

BASES DOS I PREMIOS DA COMUNICACIÓN E DO MARKETING GALEGO

INFORMACIÓN SOBRE A UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS

A Lei da Dependencia. Cara onde imos?

Información e instrucións para realizar solicitudes web

CARTA DE SERVICIOS DO DEPARTAMENTO DE MEDIO AMBIENTE

centros especiais de emprego CONSELLERÍA DE TRABALLO Dirección Xeral de Relacións Laborais

BASES XIV CONCURSO MELLOR XORNALISTA INFANTIL E XUVENIL (CURSO )

CIRCULAR A todas as Delegacións (*) - Aos clubes e adestradores (*) Para a súa distribución entre todos os estamentos da súa demarcación

MANUAL DE FUNCIÓNS 1

RESOLVO: Artigo 1. Obxecto

CONVOCATORIA DUNS CURSOS DO PLAN AGRUPADO DE FORMACIÓN CONTINUA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO PARA O ANO 2014

Dª. OLGA ALONSO SUÁREZ, CONCELLEIRA-SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO CONCELLO DE VIGO

REGULAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL LIMIAR

DE HORECA AO RETAIL E TENDENCIAS CONVENIENCE

CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE BOLSAS DE COMEDOR, ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.

LIBRO DE SUBCONTRATACIÓN

PROGRAMA DE BOLSAS HIGH SCHOOL UN ANO ACADÉMICO NOS ESTADOS UNIDOS

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Manual de usuario Plug-in Word. Versión en galego Equipo de desenvolvemento

Transcripción:

MCC/ampa PREGO DE PRESCRIPCIÓNS TÉCNICAS QUE REXERÁ A CONTRATACIÓN DA ACTIVIDADE DE DINAMIZACIÓN COMERCIAL MERCA NA RÚA. 1.- ANTECEDENTES E ÁMBITO DO PREGO: OFICINA PROVINCIAL DE COMERCIO. A Deputación de Pontevedra a través da súa Área de Comercio, dentro do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios, traballa por impulsar e fortalecer o pequeno comercio da nosa provincia como elemento estratéxico que ten unha incidencia directa na calidade de vida das persoas, na posta en valor do patrimonio arquitectónico e urbanístico das vilas, no seu desenvolvemento e que é un apoio fundamental para o sector turístico. A Deputación de Pontevedra na procura destes obxectivos, asinou un convenio de colaboración coa Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia (Dirección Xeral de Comercio) no que se compromete a ter aberta unha Oficina Provincial de Comercio RED-IC que conviva e traballe a reo coa Área de Comercio e cuxas funcións sexan desenvolver de xeito coordinado coa administración autonómica actividades conducentes á información, dinamización e formación dos comerciantes da provincia de Pontevedra para potenciar o comercio local e a competitividade dos comerciantes individuais. Para implementar estes compromisos dende a Oficina Provincial de Comercio RED-IC ponse en marcha Merca Na Rúa, actividade de dinamización comercial coa que se pretende incentivar o consumo no pequeno comercio das comarcas da provincia de Pontevedra, dar difusión ao seu valor, promover o asociacionismo comercial e fomentar a colaboración entre as asociacións de comerciantes locais e as administracións públicas. 2.- OBXECTO DO PREGO O obxecto do presente documento é establecer as condicións que rexerán a contratación dunha empresa que poña en marcha a actividade de dinamización comercial Merca na Rúa así como os sorteos de vales de compra que terán lugar nas cabeceiras de comarcas da provincia de Pontevedra onde exista un tecido comercial forte. Concretamente a empresa adxudicataria terá que: - Levar a cabo a difusión da actividade desenvolvendo a correspondente campaña publicitaria de xeito que a actividade teña a maior difusión posible. - Desenvolver polo menos 10 actuacións en diferentes vilas da provincia de Pontevedra, preferiblemente unha en cada cabeceira de comarca. - De ser o caso, tramitar os permisos/ licenzas municipais precisas para o correcto desenvolvemento da actividade. - Desenvolver en cada unha das actuacións o sorteo de 3.000 en vales de compra. 3.- OBXECTIVOS DA CONTRATACIÓN E TAREFAS A DESENVOLVER. O obxectivo xeral desta contratación é impulsar e fortalecer o pequeno comercio da nosa provincia, incentivar o consumo poñendo en marcha actividades de dinamización comercial e facer que os clientes recoñezan o centro comercial das vilas como unha zona de ocio.

Os obxectivos específicos son: - Animar as rúas comerciais das vilas, dar a coñecer o comercio local e fomentar o asociacionismo entre os comerciantes. - Fomentar as ventas no comercio local. - Mellorar a imaxe do espazo comercial e dos establecementos que o forman. - Ofrecer aos pais un espazo lúdico onde os seus cativos poidan divertirse mentres eles mercan no comercio local. Para acadar estes obxectivos, a empresa adxudicataria deberá desenvolver un traballo que seguirá, polo menos, os seguintes pasos: 1 - Difusión da actividade. Campaña publicitaria. A empresa adxudicataria deberá crear e distribuír para o desenvolvemento da campaña publicitaria: - 3000 Carteis publicitarios que sigan a liña de deseño e imaxe da actividade nos que haberá un oco en branco para poñer as datas nas que a actividade se desenvolverá en cada vila e a data, lugar e hora do sorteo dos vales de compra. - 10000 Folletos explicativos da campaña Merca na Rúa nos que deberán aparecer as bases que regulan a participación nos sorteos dos vales de compra. - 150Kg de caramelos coa imaxe da campaña Merca na Rúa que se repartirán nas vilas nas que teña lugar a actividade. - 100 Banderolas coa imaxe de Merca na Rúa que deberán colgarse nos concellos nos que se desenvolva a actividade durante a duración da campaña (dúas semanas). - 260 Cheques de cartón pluma xigantes coa imaxe da campaña Merca na Rúa nos que se indique o importe de cada un dos premios. - Promotores, debidamente uniformados coa imaxe da campaña Merca na Rúa que informarán e repartirán entre os comercios interesados en participar de cada vila: cartelería, folletos publicitarios e caramelos para informar, publicitar e difundir a campaña. - Fondo (estrutura metálica de 4x3 ) con lona na que apareza a imaxe da campaña Merca na Rúa que servirá como traseira do escenario no que se desenvolva o sorteo dos vales de compra. - Instalar durante as dúas semanas de duración da actividade en cada vila unha carpa/jaima decorada coa imaxe da campaña Merca na Rúa nun lugar céntrico da localidade como punto de información e no que se repartirá material relacionado coa mesma. - A campaña Merca na Rúa deberá anunciarse mediante un total de 200 cuñas de radio nas principais cadeas radiofónicas de cada unha das localidades nas que teñan lugar as actuacións. Todo o material publicitario e de difusión elaborarase seguindo as pautas de imaxe corporativa establecidas polo equipo técnico da Oficina Provincial de Comercio RED-IC e deberá incluír a imaxe corporativa da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra como entidades promotoras. 2 Desenvolvemento de cada unha das actuacións. A dinámica da campaña Merca na Rúa será a mesma en cada unha das actuacións, e se desenvolverá do seguinte xeito:

1.- Terá unha duración de dúas semanas en cada localidade. 2.- Entre o luns e o martes da primeira semana, uns promotores debidamente formados e uniformados informarán e distribuirán entre os pequenos comercios das vilas interesados en participar na campaña: carteis, folletos publicitarios e caramelos aos efectos de informar e dar difusión á actividade. En tódolos comercios que tomen parte na actividade deberá haber carteis informativos da mesma así como información coas bases reguladoras do desenvolvemento da campaña e do sorteo dos vales de compra. 3.- Dende o primeiro día de campaña, as 100 banderolas publicitarias deberán estar colocadas por toda a vila. 4.- Durante as dúas semanas que dure a campaña Merca na Rúa instalarase unha pequena carpa/jaima da organización debidamente identificada coa imaxe da actividade, nun lugar céntrico da vila como punto no que os promotores darán información e no que haberá material publicitario relacionado coa actividade. 5.- O sábado da 2ª semana en cada una das vilas, celebrarase una festa de peche da campaña Merca na Rúa nunha carpa de 150 m2 preparada para a ocasión e decorada coa imaxe da actividade na que se fará o sorteo público dos vales de compra. A instalación da carpa para o sorteo dos vales de compra e a festa de peche de campaña deberá desenvolverse en tódolos casos en lugares céntricos e comerciais das vilas. O sorteo de 3.000 en vales de compra cuxo custo será tamén asumido pola empresa adxudicataria, será coordinado pola empresa encargada do desenvolvemento da campaña e deberá estar conducido por algunha persoa coñecida a nivel autonómico (presentador de TV, locutor de radio ). Consistirá na extracción por parte dunha man inocente escollida de entre o público dos boletos depositados ao longo das dúas semanas que durou a campaña nas furnas habilitadas a tal efecto. Os premios do sorteo consistirán nun total de 26 tarxetas prepago regalo por localidade, 24 delas por valor de 100 e dúas por valor de 300,uqe se entregarán no acto de celebración do sorteo aos agraciados. Para esto, a empresa adxudicataria deberá negociar con algunha entidade financeira a emisión das tarxetas prepago regalo que poidan ser utilizadas para a realización de compras a través de calqueira TPV adherido ao sistema VISA, sempre e cando as mesmas se efectúen nos pequenos comercios da localidade na que se desenvolve cada una das actuacións. Para garantir o correcto desenvolvemento do sorteo, a empresa adxudicataria deberá elaborar en colaboración co persoal técnico da Oficina Provincial de Comercio RED-IC unhas bases reguladoras do mesmo e que serán depositadas ante notario. O sorteo deberá ser retransmitido con megafonía e apoio visual para o que a empresa adxudicataria deberá colocar dentro e fora da carpa pantallas para que tódolos/as participantes teñan a oportunidade de seguilo. 6.- Durante a festa de peche da campaña en cada localidade desenvolveranse diferentes actividades lúdicas e de entretemento dirixidas aos nenos/as. Ese mesmo día deberá haber promotores debidamente uniformados e identificados animando as rúas da vila, recordando o lugar do sorteo, animando aos consumidores a participar e dinamizando o comercio local. Polo menos dous promotores percorrerán ese día as rúas de cada vila en segways.

3.- Calendarización da actividade. A empresa adxudicataria deberá facer unha proposta de calendario de execución da actividade que en ningún caso poderá ir máis aló da primeira fin de semana de decembro de 2010 (tódalas actuacións deberán desenvolverse entre os meses de setembro e decembro). A selección definitiva dos lugares concretarase co persoal técnico da Oficina Provincial de Comercio RED-IC da Deputación de Pontevedra para o que se terá en conta os resultados da análise elaborada dende esta oficina para o desenvolvemento dunha rede de dinamización comercial na provincia de Pontevedra. Os lugares nos que se desenvolverá a actividade Merca na Rúa serán os puntos xeográficos máis estratéxicos o que permitirá que o desenvolvemento da mesma repercuta no pequeño comercio das comarcas. 4 Memoria e material de difusión. A empresa adxudicataria deberá crear un documento final en calidade de memoria por cada unha das actuacións da campaña que deberá presentar en formato papel e en soporte electrónico e deberá recoller a seguinte información: - Nº de boletos recollidos. - Nº estimado de participantes - Dossier fotográfico - Dossier que recolla a difusión en prensa da actividade 4.- LUGAR DE REALIZACIÓN DO ONTRATO O lugar de realización dos traballos obxectos da presente contratación será o ámbito xeográfico correspondente á provincia de Pontevedra. 5.- METODOLOXÍA PROPOSTA As propostas técnicas deberán especificar a metodoloxía proposta para a posta en marcha das actuacións de dinamización comercial así como da difusión da campaña publicitaria da actividade. Deberán describirse de xeito preciso as actuacións e pasos a seguir para desenvolver cada unha delas. 6.- EQUIPO DE TRABALLO As diferentes ofertas deberán incluír na proposta técnica unha descrición detallada do perfil e experiencia profesional das persoas que formen o equipo de traballo que se destine á posta en marcha da actividade. O equipo de traballo dependerá, no aspecto laboral, exclusivamente da empresa adxudicataria. 7.- CONTIDO DA OFERTA Dentro da oferta deberá incluírse a seguinte documentación: 1.- Proposta técnica

- Memoria, co seguinte contido: - Descrición e proposta de planificación para o desenvolvemento da campaña publicitaria e de difusión da actividade así como en cada unha das actuacións. - Proposta de calendario de execución da actividade. - Metodoloxía de traballo a empregar no desenvolvemento da campaña publicitaria e de difusión da actividade así como en cada unha das actuacións. - Descrición detallada do perfil e experiencia profesional do equipo de traballo. - Descrición detallada das melloras propostas. 2.- Proposta económica Oferta económica cun orzamento detallado por actuación. Os gastos ocasionados polo desenvolvemento das actividades relacionadas no presente prego técnico, correrán a cargo da empresa adxudicataria. 8.- ORZAMENTO E FINANCIACIÓN. Este contrato será financiado con cargo á aplicación orzamentaria 10/241.431.227.06 fixándose o tipo de licitación en 125.000,00 (IVE incluído). 9.- OBRIGAS DO CONTRATISTA E PROPIEDADE RESPECTO DA INFORMACIÓN DO PROXECTO. O desenvolvemento como empresa adxudicataria da actividade de posta en marcha da actividade Merca na Rúa en diferentes vilas da provincia de Pontevedra, suporá a obriga da mesma de mantener unha comunicación constante co equipo técnico da Oficina Provincial de Comercio RED-IC da Deputación de Pontevedra, informando constantemente ao persoal do avance e desenvolvemento de tódalas actividades descritas no presente prego técnico e remitíndolle sempre que esta sexa requerida a documentación solicitada. A empresa adxudicataria comprometese a entregar un informe final ao remate da actividade Merca na Rúa e a gardar durante un periodo mínimo de cinco anos toda a documentación xenerada durante o desenvolvemento da mesma. A propiedade intelectual e material de todo o material elaborado para o desenvolvemento desta actividade será da Oficina Provincial de Comercio RED-IC da Deputación de Pontevedra. 10.- SEGURIDADE E CONFIDENCIALIDADE DA INFORMACIÓN. A información manipulada, tanto a de consulta como a que se xere no desenvolvemento da actividade, pasará a ser propiedade exclusiva e intransferible da Oficina Provincial de Comercio RED-IC da Deputación de Pontevedra, polo que calquera uso non autorizado da mesma poderá dar lugar á correspondente responsabilidade civil ou penal da empresa adxudicataria. Obrígase expresamente á entidade adxudicataria a tratar os datos de carácter persoal aos que teña acceso de acordo ao establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro (BOE núm.

298, de 14 de decembro), de protección de datos de carácter persoal, e ao Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro (BOE 19 xaneiro de 2008, núm. 17, páx. 4103), que aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro de 1999, de protección de datos de carácter persoal. En consecuencia, obrigase expresamente a tratar os datos de conformidade coa lexislación vixente e a aplicalos ou utilizalos para os exclusivos efectos do obxecto do contrato. A empresa adxudicataria ten tamén a obriga de tratar os datos unicamente conforme ás instrucións do responsable do tratamento. Non os aplicará nin utilizará cun fin diferente ao que figura no citado contrato e non os comunicará, nin sequera para a súa conservación, a outras persoas físicas ou xurídicas. Así mesmo, a empresa adxudicataria comprometese de xeito expreso a implantar as medidas técnicas e organizativas que sexan precisas para garantir a seguridade dos datos citados e evitar a súa alteración, perdida, tratamento ou acceso non autorizado. Pontevedra, 16 de xuño de 2010 Manuel Corujo Castro Xefe do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios Técnico Responsable Alma Mª Pérez Aguiño SERVIZO DE CONTRATACIÓN