BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Documentos relacionados
Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE IGUALDADE

Normativa xeral Páxina 1

Proxecto de Orde do de de 2015, pola que se crea e se regulan as funcións, a composición e funcionamento do Consello de Bioética de Galicia.

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE FOMENTO

Lei 1/2008, do 17 de abril, de creación do Colexio Profesional de Detectives Privados e Privadas de Galicia.

5. Estrutura organizativa e de responsabilidades

Así na reunión deste órgano, celebrada o 20 de decembro de 2016, acordouse levar a cabo a modificación da devandita Orde do 20 de maio de 2008.

REGULAMENTO DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGOA DE COMPOSTELA

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx

Guía de procedementos e servizos

Por unha parte, inclúense as fundacións que estivesen constituídas maioritariamente ou na súa totalidade

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

(LUGO) CAPÍTULO II. lexislativo. O Consello Local da. Igualdade loita. Artigo 2. Marco. Artigo 3. Ámbito. O ámbito. Funcións. Artigo 4.

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

Día: Hora: 16:00

Por todo isto, esta consellería,

DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Informe da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación relativo á transparencia no Sector público autonómico de Galicia. Ano 2016.

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

Lei 7/1988, do 12 de xullo, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais

Decreto /, do de, polo que se regula a composición e funcionamento do Consello de Arquivos de Galicia.

PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE CREA A COMISIÓN INTERDEPARTAMENTAL DO CAMIÑO DE SANTIAGO

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Consellería de Economía, Emprego e Industria

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2018 Páx

DOG Núm. 125 Xoves, 30 de xuño de 2011 Páx

Santiago de Compostela, nove de marzo de dous mil quince

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx

INFORME DE LEGALIDADE SOBRE O PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA A ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN DA OFICINA XUDICIAL EN GALICIA

laboral. de seguridae e saude

Os novos desafíos do DLE

REGISTRO BOMEH: 15/2013 PUBLICADO EN: BOE n.º 83 de 6 de abril de 2013 Disponible en:

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PROCEDEMENTO DE COORDINACIÓN DA DOCENCIA DE GRAO DA FACULTADE DE CC. EMPRESARIAIS E TURISMO DE OURENSE

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO BANCO DE ESPAÑA

Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública

Lei 8/1994, do 30 de decembro, de creación do Instituto Galego de Consumo

Regulamento de Constitución e Funcionamento do Consello Municipal da Muller

Nº 211 Xoves, 30 de outubro de 2008 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

B o l e t í n M a r z o A P E G a l i c i a

Aprobado en Consello de Goberno do 10 de outubro de 2016 EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Consello Galego de Participación das Mulleres no Ámbito do Emprego e as Relacións Laborais

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE TURISMO E CIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

(Aprobado en consello de goberno de 12 de febreiro de 2014) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Nº 251 Venres, 31 de decembro de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

6.978 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 84 L Mércores, 3 de maio de 2006

COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE INTERCENTROS XUNTA DE GALICIA DA ADMINISTRACIÓN XERAL DA

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

N o 177 L Mércores, 13 de setembro de 2006 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

Art. 3.- O domicilio do Comité Galego de Xuíces será o mesmo que o da Federación Galega de Atletismo.

DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx

CONCELLO DE OUTES (A Coruña)

DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2012 Páx. 4500

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A SELECCIÓN, TRANSFERENCIA DA CUSTODIA E O ACCESO AOS DOCUMENTOS

Programa I. Promoción do emprego autónomo (TR341J)

CLAUSULADO DA ENCOMENDA

Santiago de Compostela, dezasete de marzo de dous mil dezasete REUNIDOS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2016 Páx

Primeira. Base de datos para a constitución dos grupos e, no seu caso, categorías.

Estrutura organizativa e comunicación interna

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O PARLAMENTO DE GALICIA E O INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA).

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

HORARIO DO PROFESORADO DAS ESCOLAS DE ARTE E SUPERIORES DE DESEÑO (EART)

Orde do...de.. de 2016, pola que se regula a organización, funcionamento e composición da Mesa da Madeira

DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2013 Páx. 1349

Ambos os comparecentes se recoñecen mutuamente plena capacidade para formalizar o presente protocolo de colaboración e, en consecuencia,

organismos internacionais. Esta formación contempla a colaboración con institucións académicas e outras de recoñecido prestixio e valor no ámbito educ

Estas vantaxes e/ou descontos serán aplicados a toda a clientela que sexa titular dunha tarxeta benvida, sen ningún requisito a maiores.

INFORME ANUAL 2017 DO GRAO DE CUMPRIMENTO DOS ACORDOS APROBADOS NO PARLAMENTO DE GALICIA NA X LEXISLATURA

para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia. Educación e Ordenación Universitaria, a Secretaría Xeral de Investigación e

Transcripción:

Suplemento en lingua galega ao núm. 77 Xoves 31 de marzo de 2011 Sec. I. Páx. 1 I. DISPOSICIÓNS XERAIS MINISTERIO DA PRESIDENCIA 5762 Real decreto 391/2011, do 18 de marzo, polo que se modifica o Estatuto do Organismo Autónomo Programas Educativos Europeos, aprobado polo Real decreto 903/2007, do 6 de xullo. A Decisión n.º 1720/2006/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de novembro de 2006, pola que se establece un programa de acción no ámbito da aprendizaxe permanente da Unión Europea, establece un marco xurídico e organizativo ao cal se deben adaptar as actuacións comprendidas no mencionado programa, para o período 2007-2013. Co fin de cumprir os requirimentos establecidos na citada decisión para os Estados membros da Unión Europea, a Lei 42/2006, do 28 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2007, creou na súa disposición adicional cuadraxésimo sexta o Organismo Autónomo «Programas Educativos Europeos», para a execución dos créditos orzamentarios que poidan resultar afectados pola xestión coordinada, a escala nacional, da realización das accións do citado programa da Unión Europea, así como para o desenvolvemento de todas as demais actividades necesarias para a dita xestión, e establece no seu número oito que o Goberno, mediante real decreto, poderá modificar os fins e a adscrición do organismo, así como a designación da autoridade nacional. O Real decreto 903/2007, do 6 de xullo, aprobou o Estatuto do Organismo Autónomo Programas Educativos Europeos. A modificación que acomete este real decreto persegue varios obxectivos. Por un lado, adecuar o Estatuto do Organismo Autónomo Programas Educativos Europeos á nova organización administrativa configurada polo Real decreto 189/2011, do 18 de febreiro, polo que se desenvolve a estrutura orgánica básica do Ministerio de Educación e se modifica o Real decreto 1366/2010, do 29 de outubro, polo que se aproba a estrutura orgánica básica dos departamentos ministeriais, para o cal se actualiza a composición do Consello Reitor. Por outra parte, amplíase a representación das comunidades autónomas no Consello Reitor, incorporando un novo representante das comunidades autónomas, nomeado pola Conferencia Sectorial de Educación. Deste modo, serán catro os membros do Consello Reitor designados por proposta das comunidades autónomas. Finalmente, o real decreto pretende mellorar a estrutura de control interno do organismo, co obxecto de cumprir de forma máis eficaz cos requirimentos da Comisión Europea e da autoridade nacional, mediante a modificación do Comité de Control, que pasa a denominarse Comité de Coordinación e Control Interno e reforza considerablemente as súas funcións. En consecuencia, por iniciativa do ministro de Educación e por proposta conxunta da ministra de Economía e Facenda e o ministro de Política Territorial e Administración Pública, de acordo co Consello de Estado e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día 18 de marzo de 2011, DISPOÑO: Artigo único. Modificación do Estatuto do Organismo Autónomo «Programas Educativos Europeos». O Estatuto do Organismo Autónomo «Programas Educativos Europeos», aprobado polo Real decreto 903/2007, do 6 de xullo, modifícase nos seguintes termos: Un. O artigo 1 queda redactado da seguinte maneira:

Suplemento en lingua galega ao núm. 77 Xoves 31 de marzo de 2011 Sec. I. Páx. 2 «Artigo 1. Natureza xurídica, adscrición e fins. 1. O Organismo Autónomo «Programas Educativos Europeos» (OAPEE) é un organismo autónomo dos regulados no artigo 43.1.a) da Lei 6/1997, do 14 de abril, de organización e funcionamento da Administración xeral do Estado, adscrito ao Ministerio de Educación a través da Dirección Xeral de Atención, Participación e Empregabilidade de Estudantes Universitarios. 2. O organismo encargarase da execución dos créditos orzamentarios afectados pola xestión coordinada, a escala nacional, da realización das accións do «Programa de acción no ámbito da aprendizaxe permanente», da Unión Europea, así como para o desenvolvemento de todas as demais actividades necesarias para a dita xestión, conforme o establecido no número 1 da disposición adicional cuadraxésimo sexta da Lei 42/2006, do 28 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2007. Esta xestión realizarase sen prexuízo das competencias que, en materia de fondos europeos, poidan corresponder a outros centros ou departamentos. 3. O Organismo Autónomo «Programas Educativos Europeos» ten personalidade xurídica pública diferenciada, patrimonio e tesouraría propios, así como autonomía de xestión e plena capacidade de obrar e, dentro da súa esfera de competencia, correspóndenlle as potestades administrativas precisas para o cumprimento dos seus fins, nos termos establecidos neste estatuto, salvo a potestade expropiatoria.» Dous. O artigo 2 queda redactado da seguinte maneira: «Artigo 2. Réxime xurídico. 1. O organismo rexerase polas disposicións contidas na disposición adicional cuadraxésimo sexta da Lei 42/2006, do 28 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2007, e polo presente estatuto, en canto non se contradigan coa normativa comunitaria; pola Lei 6/1997, do 14 de abril, de organización e funcionamento da Administración xeral do Estado; pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; pola Lei 47/2003, do 26 de novembro, xeral orzamentaria; pola Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público; pola Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas; así como polas normas que desenvolven as disposicións citadas e por aqueloutras que resulten de aplicación. Son de aplicación, para os efectos da xestión orzamentaria do organismo autónomo, o artigo 54, número 2, letra c) do Regulamento (CE EURATOM) n.º 1605/2002 do Consello e o artigo do Regulamento (CE EURATOM) n.º 2342/2202 da Comisión. 2. Correspóndelle ao Ministerio de Educación, a través da Dirección Xeral de Atención, Participación e Empregabilidade de Estudantes Universitarios, o control de eficacia a que se refire o artigo 51 da Lei 6/1997, do 14 de abril, de organización e funcionamento da Administración xeral do Estado, sen prexuízo dos restantes controis establecidos na normativa reguladora a que se fixo referencia no número anterior e as funcións que corresponden á autoridade nacional.» Tres. O artigo 4 queda redactado da seguinte maneira: «Artigo 4. Órganos de goberno. Os órganos de goberno do organismo autónomo son os seguintes: 1.º Órganos colexiados: a) O Consello Reitor. b) O Comité de Coordinación e Control Interno.

Suplemento en lingua galega ao núm. 77 Xoves 31 de marzo de 2011 Sec. I. Páx. 3 2.º Órganos unipersoais: a) O presidente. b) O vicepresidente. c) O director.» Catro. O artigo 5 queda redactado da seguinte maneira: «Artigo 5. O Consello Reitor. 1. O Consello Reitor estará integrado polos seguintes membros: a) O presidente, que será o secretario xeral de Universidades. b) O vicepresidente, que será o director xeral de Formación Profesional. c) Os seguintes vogais: O director xeral de Política Universitaria. O director xeral de Atención, Participación e Empregabilidade de Estudantes Universitarios. O director xeral de Avaliación e Cooperación Territorial. O director do Gabinete do ministro de Educación. O secretario xeral técnico do Ministerio de Educación. Un representante designado polo Consello Escolar do Estado. Un representante do Ministerio de Traballo e Inmigración, con rango de director xeral, elixido polo titular do citado departamento. Un representante do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación, con rango de director xeral, elixido polo titular do citado departamento. Un reitor de universidade, elixido polo Consello de Universidades. Un representante das comunidades autónomas con rango de director xeral, designado pola Conferencia Xeral de Política Universitaria. Un representante das comunidades autónomas con rango de director xeral, designado pola Conferencia Sectorial de Educación. Dous representantes designados polas comunidades autónomas, con rango de director xeral, ás cales lles corresponda a representación no ano en curso no Consello de Ministros de Educación e Formación da Unión Europea. d) O director do Organismo Autónomo Programas Educativos Europeos. e) O secretario, que será un funcionario do organismo e actuará con voz pero sen voto. 2. O Consello Reitor rexerase polo disposto neste estatuto e polo establecido no título II, capítulo II, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no capítulo IV, título II, da Lei 6/1997, do 14 de abril, de organización e funcionamento da Administración xeral do Estado. 3. O Consello Reitor, que será convocado polo seu presidente, reunirase en sesión ordinaria polo menos dúas veces ao ano e, en sesión extraordinaria, cando o xulgue necesario o presidente ou por petición da maioría dos seus membros. Os acordos adoptaranse por maioría dos asistentes e, en caso de empate, dirimirá o voto do presidente. 4. O presidente poderá convocar ás reunións do Consello Reitor, cando o considere conveniente, persoas alleas ao organismo en calidade de asesores, pola súa especial relevancia nos temas que se vaian tratar, con voz pero sen voto.» Cinco. A alínea e) do artigo 6 queda redactada da seguinte maneira: «e) Aprobar, previamente á súa remisión á autoridade nacional, o informe anual solicitado pola Comisión Europea, coa documentación anexa que lle

Suplemento en lingua galega ao núm. 77 Xoves 31 de marzo de 2011 Sec. I. Páx. 4 corresponda, e garantir, ante a citada autoridade nacional, a fiabilidade dos sistemas financeiros e dos procedementos de xestión do propio organismo autónomo en canto axencia nacional, así como a probidade das contas presentadas.» Seis. O artigo 7 queda redactado da seguinte maneira: «Artigo 7. O Comité de Coordinación e Control Interno. 1. A presidencia do Comité de Coordinación e Control Interno corresponderalle ao director xeral de Atención, Participación e Empregabilidade de Estudantes Universitarios, e estará integrado polos seguintes membros: a) Un representante da Dirección Xeral de Política Universitaria. b) Un representante da Dirección Xeral de Avaliación e Cooperación Territorial. c) Un representante da Dirección Xeral de Formación Profesional. d) Un representante do Gabinete do ministro. e) Un representante do Organismo Autónomo Programas Educativos Europeos. Os membros deste comité terán rango mínimo de subdirector xeral ou asimilado e serán designados polo presidente do Organismo Autónomo Programas Educativos Europeos, por proposta do titular do órgano representado. 2. Ás reunións poderán asistir, logo de convocatoria do presidente, aqueloutras persoas que, se for o caso, se consideren necesarias para o adecuado exercicio das súas funcións. 3. Corresponden ao Comité de Coordinación e Control Interno as seguintes funcións: a) Coñecer o plan de traballo do organismo. b) Coñecer e analizar os resultados das auditorías que se efectúen sobre o organismo e, se for o caso, propor as estratexias de corrección necesarias. c) Coñecer os resultados das accións de control que efectúen o Tribunal de Contas e a Intervención Xeral da Administración do Estado e, de ser o caso, propor as estratexias de corrección necesarias. d) Coordinar a relación entre as diferentes unidades do Ministerio de Educación e o organismo autónomo. e) Coñecer o anteproxecto de orzamento do organismo e a súa execución orzamentaria. f) Informar o Consello Reitor das actividades realizadas polo propio Comité de Coordinación e Control Interno, e a autoridade nacional cando sexa requirido por esta. g) Exercer cantas outras funcións lle encomende o Consello Reitor do organismo ou o seu presidente. 4. O Comité de Coordinación e Control Interno reunirase as veces que determine o seu presidente e, polo menos, cantas veces estableza o Consello Reitor do organismo.» Sete. O artigo 10 queda redactado da seguinte maneira: «Artigo 10. O vicepresidente. 1. A vicepresidencia do organismo corresponde ao director xeral de Formación Profesional: 2. Serán atribucións do vicepresidente:

Suplemento en lingua galega ao núm. 77 Xoves 31 de marzo de 2011 Sec. I. Páx. 5 a) Substituír o presidente nos casos de ausencia, vacante, enfermidade ou calquera outra causa legal. b) Desempeñar as funcións que lle delegue o presidente ou o Consello Reitor.» Oito. O artigo 11 queda redactado da seguinte maneira: «Artigo 11. O director. 1. O director do Organismo Autónomo Programas Educativos Europeos terá nivel orgánico de subdirector xeral. Será nomeado polo ministro de Educación, por proposta conxunta do secretario xeral de Universidades e do secretario de Estado de Educación e Formación Profesional, de acordo co disposto no artigo 19 da Lei 6/1997, do 14 de abril, de organización e funcionamento da Administración xeral do Estado. 2. Serán as súas funcións: a) Dirixir as actuacións do organismo de acordo coas directrices que estableza o Consello Reitor e o seu presidente, así como as da Comisión Europea, e realizar as convocatorias correspondentes ás distintas actuacións contidas no programa de acción no ámbito da aprendizaxe permanente. b) Elaborar o anteproxecto de orzamento que deberá ser sometido ao Consello Reitor. c) Elaborar o plan de traballo que se someterá ao Consello Reitor para a súa aprobación. d) Dirixir, coordinar, avaliar e supervisar todos os servizos do organismo, así como exercer a xefatura superior daquel. e) Establecer, desenvolver e aplicar procedementos de control interno do funcionamento do organismo autónomo. f) Establecer, desenvolver e aplicar procedementos para asegurar e garantir a regularidade e fiabilidade das contas relativas aos fondos europeos que xestiona, así como acerca da súa legalidade, de modo que quede garantido que todas as transaccións efectuadas respectaron a normativa da Unión Europea. g) Subscribir os contratos e convenios financeiros coa Comisión Europea, así como cos beneficiarios das subvencións. h) Elaborar o informe anual do organismo que se elevará ao Consello Reitor. i) Presentar a información e documentos do organismo que lle sexan requiridos polo Consello Reitor, o Comité de Coordinación e Control Interno e a autoridade nacional. j) As demais funcións que lle sexan delegadas polo Consello Reitor, o presidente ou o Comité de Coordinación e Control Interno.» Nove. O artigo 14 queda redactado da seguinte maneira: «Artigo 14. Comités de programa. 1. Para a adecuada realización dos programas, así como para os novos programas que poidan xurdir, créanse os seguintes comités: a) O Comité Erasmus, que estará presidido polo subdirector xeral de Atención ao Estudante, Orientación e Inserción Profesional e integrado por un representante da Dirección Xeral de Política Universitaria e catro representantes designados por proposta do Consello de Universidades, así como con dous representantes das comunidades autónomas. O Comité Erasmus terá funcións de asesoramento e asistencia ao Consello Reitor, ao Comité de Coordinación e Control Interno e á correspondente división, e estará encargado de establecer as liñas de acción no marco dos obxectivos, plans de acción e prioridades nacionais definidos polo Consello Reitor.

Suplemento en lingua galega ao núm. 77 Xoves 31 de marzo de 2011 Sec. I. Páx. 6 b) O Comité Leonardo da Vinci estará presidido polo subdirector xeral de Orientación e Formación Profesional e integrado por un representante de cada unha das organizacións sindicais e empresariais máis representativas, un representante do Ministerio de Traballo e Inmigración, así como dous representantes das comunidades autónomas. O Comité Leonardo terá funcións de asesoramento e asistencia ao Consello Reitor, ao Comité de Coordinación e Control Interno e á correspondente división, e establecerá os mecanismos de cooperación que permitan unha mellor realización das accións do programa. c) O Comité Comenius e Grundtvig estará presidido polo subdirector xeral de Cooperación Territorial e integrado por un representante da Subdirección Xeral de Aprendizaxe ao Longo da Vida e por catro representantes das comunidades autónomas, designados por proposta da Conferencia Sectorial de Educación. O Comité Comenius e Grundtvig terá funcións de asesoramento e asistencia ao Consello Reitor, ao Comité de Coordinación e Control Interno e á correspondente división, e establecerá os mecanismos de cooperación que permitan unha mellor realización das accións do programa. 2. Os membros dos comités serán formalmente designados mediante resolución do presidente do organismo autónomo.» Disposición derradeira única. Entrada en vigor. Este real decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no «Boletín Oficial del Estado». Dado en Madrid o 18 de marzo de 2011. JUAN CARLOS R. O ministro da Presidencia, RAMÓN JÁUREGUI ATONDO http://www.boe.es BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO D. L.: M-1/1958 - ISSN: 0212-033X