RESOLUCIÓN DE ARQUIVO Expte. RA-32/2010: Taller Autorizado.

Documentos relacionados
RESOLUCIÓN DE ARCHIVO Expte. RA-32/2010: Taller Autorizado.

RESOLUCIÓN DE ARQUIVO Expte. RA-35/2010: ROUPA INFANTIL EN OURENSE.

RESOLUCIÓN DE ARQUIVO Expte. RA-31/2010: Tarxeta de taxista.

RESOLUCIÓN DE ARQUIVO EXP. RA 12/2008. TRANSPORTE URBANO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

RESOLUCIÓN DE ARQUIVO (Expte. RA-11/2008, TAPICERÍAS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA)

RESOLUCIÓN R 4/2013 NEGATIVA Á ACREDITACIÓN COMO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES " En Santiago de Compostela, a 11 de novembro de 2013.

ANTECEDENTES DE FEITO

RESOLUCIÓN Expte. RA-35/2010: ROPA INFANTIL EN OURENSE.

RESOLUCIÓN DE ARQUIVO (Expte. RA-21/2009, DISTRIBUCIÓN DE GAS BUTANO EN OURENSE).

Avda. Gonzalo Torrente Ballester, Santiago de Compostela Tfno.: Fax:

DOG Núm. 117 Luns, 20 de xuño de 2011 Páx

RESOLUCIÓN DO TRIBUNAL ADMINISTRATIVO DE CONTRATACIÓN PÚBLICA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

Resolución R2/2016 Seguro obrigatorio de responsabilidade civil do mar

RESOLUCIÓN DE ARCHIVO Expte. RA-31/2010: Tarjeta de taxista.

Resolución R 3/2015 Asesoramento e mediación hipotecaria dos Concellos de Ponteareas,O Porriño e Vigo

Reclamante: Expedientes: RSCTG 0117/2017

Orixe: Dirección Xeral da División de Recursos Humanos do Sergas.

Nº 251 Venres, 31 de decembro de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

En base ó establecido con anterioridade DISPOÑO: Artigo 1.- Obxecto

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

RESOLUCIÓN DE ARCHIVO Expte. RA-28/2010: Textiles de Ferrol.

- Exclusión da tributación de todas as herdanzas inferiores a

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Reclamante: Expediente. Nº RSCTG 035/2018. Correo electrónico:

RESOLUCIÓN DEL ARCHIVO EXP. RA 12/2008. TRANSPORTE URBANO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

2) INFORME ACREDITATIVO DA INSERCIÓN SOCIAL DO/DA TRABALLADOR/A ESTRANXEIRO/A: 2.1. Tempo de permanencia en España do/da estranxeiro/a interesado/a:

Reclamante: Expediente. Nº RSCTG 041/2018. Correo electrónico:

A Coruña 26/09/2017. POS Adicional por maior achega provincial ( )

RESOLUCIÓN DE ARCHIVO (Expte. RA-11/2008, TAPICERÍAS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA) En Santiago de Compostela, 14 de septiembre de 2008.

Estas vantaxes e/ou descontos serán aplicados a toda a clientela que sexa titular dunha tarxeta benvida, sen ningún requisito a maiores.

DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2013 Páx. 6322

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA INSTALACION DE QUIOSCOS NA VIA PUBLICA

REUNIDOS. Ambos interveñen en nome e representación das institucións anteditas EXPOÑEN

DISPOÑO: Primeiro.- Obxecto.

oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

Praza de Europa, 5 A 4º Polígono de Fontiñas SANTIAGO DE COMPOSTELA

PROPOSTA DO COMITÉ DE EMPRESA DE PONTEVEDRA DA CARREIRA PROFESIONAL PARA O PAS LABORAL DA UNIVERSIDADE DE VIGO

ANTECEDENTES DE HECHO

Avda. Gonzalo Torrente Ballester, Santiago de Compostela Tfno.: Fax:

ANTECEDENTES DE FEITO

ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN CELEBRADA POLA XUNTA DE GOBERNO LOCAL

RESOLUCIÓN DO TRIBUNAL ADMINISTRATIVO DE CONTRATACIÓN PÚBLICA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

INFORMACIÓN AUTOLIQUIDACIÓN DE TAXAS

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

ANTECEDENTES DE HECHO

Guía de procedementos e servizos

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

RESOLUCIÓN Expte. RA-19/2009: Hidroeléctrica Rio Couso.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Concello de Viveiro RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA

NUM-CONSULTA: V ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO DATA DE SAIDA: 12/05/2014 NORMATIVA:

DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx

Comisións de Servizo por conciliación da vida laboral e familiar

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

Resolución R 1/ Produtores audiovisuais independentes

RESOLUCIÓN DO TRIBUNAL ADMINISTRATIVO DE CONTRATACIÓN PÚBLICA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A SELECCIÓN, TRANSFERENCIA DA CUSTODIA E O ACCESO AOS DOCUMENTOS

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

REGULAMENTO DAS FIGURAS HONORÍFICAS DE PROFESOR E INVESTIGADOR AD HONOREM DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN (Expte. RA 27/2010: PRÁCTICAS AUTOESCOLAS DE VIGO)

Dereitos e deberes. Co financiamento de:

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO BANCO DE ESPAÑA

6.978 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 84 L Mércores, 3 de maio de 2006

Resolución R 5/2015 Subministración enerxía eléctrica aos centros da Consellería de Traballo e Benestar

ta: 7 de novembro de 2007 Modelo: 2a Data: 25 de maio de 2008 Modelo: C4/2008/A

ACORDO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS. PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PLAN DE ESTABILIDADE NO EMPREGO DOS SERVIZOS PÚBLICOS

ORDENANZA FISCAL NUMERO T11. Taxa por tramitación de licencias de apertura de establecementos

Programa I. Promoción do emprego autónomo (TR341J)

DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx

Reclamante: Expediente. Nº RSCTG 040/2018. Correo electrónico:

Concello da Pobra do Caramiñal I Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro Rúa Gasset, A Pobra do Caramiñal (A Coruña)

NOTA INFORMATIVA SOBRE A CAPACIDADE FINANCEIRA DOS MEDIADORES DE SEGUROS

PROXECTO DE LECER NO VERAN PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE. Xullo e Agosto 2012

Informe da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación relativo á transparencia no Sector público autonómico de Galicia.

Ordenanzas fiscais Páxina 1

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

Instrucións para a presentación electrónica de solicitudes do procedemento IN408A

RESOLUCIÓN Expte. RA-36/2010: Distribución gas butano en Pontevedra.

C.- OS FACTORES DE PRODUCIÓN (páx )

B o l e t í n M a r z o A P E G a l i c i a

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016 R E U N I D O S

CRITERIOS DE XESTIÓN DE LISTAS DE AGARDA E DE PROVISIÓN DE POSTOS

Santiago de Compostela, dezasete de marzo de dous mil dezasete REUNIDOS

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de dous mil dezasete

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DO ANO 2018 PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS Á INVESTIGACIÓN

Edificio Administrativo San Caetano Santiago de Compostela Tfnos Fax: CONSELLERÍA DO MAR

N o 177 L Mércores, 13 de setembro de 2006 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx

6/08. Lei do turismo de Galicia. Ditame. sobre o anteproxecto de APROBADO POLO PLENO O 19 DE XUÑO

ACORDAN. A incorporación do persoal do Consorcio ao Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia realizarase do seguinte xeito:

ORDENANZA REGULADORA DA TAXA

Convocatoria do I PREMIO INTERNACIONAL DE INVESTIGACIÓN EN INNOVACIÓN E ECONOMÍA CIRCULAR

ÁREA DE IDENTIFICACIÓN

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

Informe da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación relativo á transparencia no Sector público autonómico de Galicia. Ano 2016.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Transcripción:

RESOLUCIÓN DE ARQUIVO Expte. RA-32/2010: Taller Autorizado. Pleno Sres.: D. Francisco Hernández Rodríguez, Presidente D. Fernando Varela Carid, Vogal D. Alfonso Vez Pazos, Vogal En Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2010. O Pleno do Tribunal Galego de Defensa da Competencia, coa composición indicada mais arriba, e sendo relator o seu presidente D. Francisco Hernández Rodríguez, ditou a seguinte Resolución no Expediente RA-32/2010, Taller Autorizado (Expediente 7/2010, do Servizo Galego de Defensa da Competencia, en adiante SGDC), tras examinar a proposta de non incoación de procedemento e arquivo das actuacións efectuada polo SGDC, segundo escrito de 28 de maio de 2010. ANTECEDENTES DE FEITO 1.- O 6 de maio de 2010 tivo entrada no SGDC un escrito de denuncia formulada por Talleres Begamóvil SL dirixida contra Ford España, S.L., por presuntas prácticas contrarias á competencia. 2.- Segundo a denuncia de Talleres Begamóvil SL, esta empresa, que ten como obxecto social o de taller e compraventa de toda clase de vehículos, dirixiuse en varias ocasións a Ford España SL solicitando unha concesión como taller de servizo autorizado. Ford España negouse a esa petición alegando falta de confianza xa que a solicitante e a súa administradora estiveron incursos nun procedemento penal por alzamento de bens. Aínda que o xulgado ditou auto de sobresemento, Ford España mantivo a súa negativa con fundamento noutras condutas prexudiciais para a marca, como a falta de pagamento de cantidades adebedadas á mesma por parte de Talleres 1

Gayolo SA, a utilización indebida e desleal dos signos da marca Ford e a falta da experiencia necesaria para ser titulares dun establecemento coa marca Ford por parte dos representantes de Talleres Begamóvil. 3.- Os feitos e a documentación analizados proban que existe unha vinculación clara entre Talleres Begamóvil, solicitante dunha concesión como taller de servizo autorizado, e Talleres Gayolo, antigo concesionario da marca Ford en Betanzos ao que Ford España acusa de diversas irregularidades. Non só as instalacións son as mesmas senón que hai unha incuestionable relación familiar directa entre a representante de Talleres Begamóvil e os administradores de Talleres Gayolo. 4.- Aínda que en relación coa suposta débeda de Talleres Gayolo con Ford Credit hai que ter en conta que a causa penal foi sobreseída e a reclamación civil de cantidade non foi resolta aínda, Ford refírese nun dos seus escritos a outras actuacións realizadas por membros da familia Vazquez Rodríguez na súa cualidade de representantes de Talleres Gayolo SA en prexuízo de Ford España, como o feito de que para obter financiamento se comunicasen matrículas inexistentes e que se ocultara a existencia dun segundo financiamento en vehículos financiados de forma paralela por unha entidade de crédito. Ford España tamén alega que, a pesar dos seus requirimentos, os responsables de Talleres Gayolo SL seguen negándose a retirar a identificación corporativa da marca Ford das súas instalacións, prexudicando os intereses e a imaxe da organización Ford. 5.- Na súa proposta de arquivo, o Servizo Galego de Defensa da Competencia considera que as razóns que alega Ford España para xustificar a súa falta de confianza en Talleres Begamóvil para outorgarlle unha concesión como taller de servizo autorizado van mais aló dos feitos que foron obxecto do procedemento penal e están suficientemente acreditadas. 6.- O SGDC, ao abeiro do Artigo 49.2 LDC, con data 28 de maio de 2010 elevou a este Tribunal a proposta de non incoación de procedemento e arquivo das actuacións. 7.- Na súa reunión de 7 de setembro de 2010, o Pleno do Tribunal deliberou e pronunciouse sobre este asunto. 2

FUNDAMENTOS DE DEREITO PRIMEIRO.- Conforme ao réxime establecido na Lei de coordinación das competencias do Estado e das comunidades autónomas en materia de defensa da competencia (Lei 1/2002, do 21 de febreiro) e a súa Lei de creación (Lei 6/2004, do 12 de xullo) ao Tribunal Galego de Defensa da Competencia (TGDC) correspóndelle resolver os procedementos sancionadores que teñan por obxecto as condutas prohibidas polos artigos 1, 2 e 3 da Lei 15/2007, do 3 de xullo, de Defensa da Competencia (LDC). O apartado 3 do artigo 49 da devandita Lei establece que o Tribunal, a proposta da Servizo, poderá acordar non incoar os procedementos derivados da presunta realización de condutas prohibidas polos artigos 1,2 e 3 LDC e ordenar o arquivo de actuacións cando considere que non hai indicios de infracción. Neste caso corresponde ao Tribunal Galego de Defensa da Competencia, por tanto, analizar a proposta realizada polo SGDC para ver se procede aceptala e, en consecuencia, arquivar as actuacións desenvolvidas ata agora ou, polo contrario, se procede rexeitar esa proposta por se apreciar indicios de infracción das normas de competencia, instando nese caso ao SGDC a que prosiga a súa investigación e acorde, no seu caso, a incoación do oportuno expediente sancionador. SEGUNDO.- A conducta obxecto da denuncia consiste na negativa a admitir á denunciante como taller de servizo autorizado da marca Ford aplicando criterios de distribución selectiva polo que hai que analizar, de se-lo caso, a posible infracción do artigo 1 da Lei de Defensa da Competencia (LDC), que prohibe todo acordo, decisión ou recomendación colectiva, ou práctica concertada ou conscientemente paralela, que teña por obxecto, produza ou poida producir o efecto de impedir, restrinxir ou falsear a competencia en todo ou parte do mercado nacional. A distribución selectiva é un tipo de acordo vertical que, no caso dos vehículos de motor, se atopa regulado por unha normativa específica de autorización en bloque. TERCEIRO.- Débese ter en conta que a distribución de automóbiles require da existencia dun elevado grado de confianza entre o fabricante e os distribuidores. Cando un consumidor entra no concesionario ou no taller autorizado dunha marca asume que este conta coa máxima confianza do fabricante que é quen, en última 3

instancia, avala e garante a calidade do producto e dos servizos que se ofrecen. Por esta razón, resulta perfectamente comprensible que un fabricante negue a concesión dun taller autorizado a persoas que non gozan da súa confianza. Se a falla de confianza se basea en razóns obxectivas e constatables, non nos atopamos ante un acto de discriminación senón ante o exercicio lícito do dereito do fabricante a escoller ás persoas que mellor poden representar a súa marca baixo a condición de concesionarios ou talleres autorizados. CUARTO.- Tal e como sinalou a Comisión Nacional de Competencia na súa Resolución de 6 de novembro de 2009, no expediente Ssangyong, os mercados relevantes de produto a ter en conta nun caso desta natureza son os de distribución e venda de automóbiles, así como o de servizos de reparación e mantemento. Neste ámbito resulta de aplicación o Regulamento (CE), 1400/2002 da Comisión, do 31 de xullo de 2002, relativo á aplicación do apartado 3 do artigo 81 do Tratado CE [hoxe artigo 101 TFUE] a determinadas categorías de acordos verticais e prácticas concertadas no sector dos vehículos de motor. A finalidade da norma é exceptuar da prohibición do artigo primeiro da LDC os acordos verticais que teñan por obxecto a compra e a prestación dos seguintes produtos o servizos: vehículos de motor novos, pezas de recambio para vehículos de motor e a reparación e mantemento de vehículos de motor. O citado Regulamento comunitario resulta de aplicación no ordenamento español por aplicación do punto cuarto do artigo primeiro da Lei de Defensa da Competencia que establece que a prohibición do punto 1 non se lles aplicará aos acordos, decisións ou recomendacións colectivas, ou prácticas concertadas ou conscientemente paralelas que cumpran as disposicións establecidas nos Regulamentos comunitarios relativos á aplicación do punto 3 do artigo 81 do Tratado CE a determinadas categorías de acordos, decisións de asociacións de empresas e prácticas concertadas, incluso cando as correspondentes condutas non poidan afectar ao comercio entre os Estados membros da UE. Aínda que estaba previsto que o Regulamento expirase o 31 de maio do 2010, a súa vixencia estendeuse tres anos mais, ata o 31 de maio de 2013, para a venda de vehículos novos. Polo que respecta aos recambios e aos servizos de reparación e mantemento, o Regulamento deixou de aplicarse na data prevista sendo substituído 4

polo Regulamento sobre acordos verticais. En todo caso, como a conducta denunciada tivo lugar antes do 31 de maio de 2010 resulta de aplicación ao caso o Regulamento de 31 de xullo de 2002. QUINTO.- O citado Regulamento 1400/2002 establece que no sector dos vehículos de motor son sistemas de distribución selectiva aqueles nos que o provedor se compromete a vende-los bens ou servizos só a distribuidores ou talleres de reparación seleccionados a partires de criterios definidos e no cal estes distribuidores ou talleres de reparación comprométense a non vender estes bens ou servizos a distribuidores ou talleres de reparación independentes. Os sistemas de distribución selectiva poderán ser cuantitativos, cando o criterio aplicado polo provedor para seleccionar aos distribuidores sexa o seu número ou cualitativos no caso de que na selección dos distribuidores se apliquen criterios de carácter estrictamente cualitativo necesarios pola natureza dos bens ou servizos obxecto do contrato. En relación cos sistemas de distribución selectiva cualitativos, o Regulamento establece que os criterios de selección deben establecerse de maneira uniforme para todos os distribuidores ou talleres de reparación que soliciten a súa inclusión no sistema, que non deben aplicarse de forma discriminatoria e que non deben limitar directamente o número de distribuidores ou de talleres de reparación. SEXTO.- No presente caso atopámonos cun sistema de distribución selectiva cualitativa, xa que os argumentos empregados por Ford para xustificar a súa negativa non teñen relación co número de concesionarios, senón que se basea nun criterio relacionado coa confianza comercial que o solicitado non cumpre. O Regulamento 1400/2002 permite aplicar á distribución selectiva cualitativa a exención do seu artigo 2 sen límite de cota de mercado. Polo tanto, se a actuación de Ford cumpre as condicións que esixe o Regulamento para aplicar a exención á distribución selectiva cualitativa, a conducta en cuestión é legal xa que se atopa amparada polo Regulamento. Se, pola contra, Ford incumprise estas condicións, a súa negativa podería constituír un acordo contrario á competencia, prohibido polo artigo primeiro da LDC. De acordo co artigo1, letra h) do Regulamento, os criterios aplicados polo provedor para seleccionar aos distribuidores nos sistemas de distribución selectiva cualitativos deben ser necesarios pola natureza dos bens ou servizos obxecto do contrato, deben 5

establecerse de forma uniforme para todos os solicitantes, é dicir, no deben ser discriminatorios e non deben limitar de forma directa ou indirectamente o número de distribuidores ou de talleres de reparación. SÉTIMO.- O criterio alegado por Ford para rexeitar a solicitude de Talleres Begamóvil é o da falla de confianza comercial. Este Tribunal entende que, con carácter obxectivo, a esixencia dun certo grado de confianza comercial aos solicitantes dun taller de servizo autorizado é un criterio necesario por razón da natureza do servizo que se vai prestar e non supón directamente unha limitación do número de distribuidores ou de talleres de reparación. Tampouco supón a priori ningún tipo de discriminación entre os posibles solicitantes. Queda por tanto comprobar que, xa no campo dos feitos concretos, a forma en que Ford España aplicou este criterio a Talleres Begamóvil non resulta inxustificada ou discriminatoria. Tal e como afirma o SGDC na súa proposta, unha vez determinada a existencia de unha vinculación clara entre Talleres Begamóvil e Talleres Gayolo, vinculación que a propia denunciante admite, as razóns que esgrime Ford España para fundamentar a súa falla de confianza van mais aló dos feitos que foron obxecto de procedemento penal e teñen suficiente consistencia como para xustificar a negativa a incluír a Talleres Begamóvil na súa rede de talleres de servizo autorizado sen que a mesma se considere discriminatoria. OITAVO.- O artigo 2 da Lei 15/2007, do 3 de xullo, de defensa da competencia prohibe a explotación abusiva por unha ou varias empresas da súa posición de dominio en todo ou en parte do mercado nacional. O apartado 2.2.c do citado artigo establece que o abuso poderá consistir, en particular, na negativa inxustificada a satisface-las demandas de compra de produtos ou de prestación de servizos. Sen embargo, a conducta denunciada non é unha negativa de venda de vehículos á denunciante, senón que se trata da negativa a admitila como concesionario ou servizo oficial da marca aplicando criterios de distribución selectiva. Polo tanto non cabe analizar a conducta denunciada ao abeiro do artigo 2 da LDC. NOVENO.- Así pois, analizada a conducta obxecto da denuncia en relación cos artigos un e dous da LDC e co Regulamento (CE), 1400/2002 da Comisión, do 31 de xullo de 2002, relativo á aplicación do apartado 3 do artigo 81 do Tratado CE a determinadas categorías de acordos verticais e prácticas concertadas no sector dos vehículos de 6

motor, este Tribunal non aprecia indicios de incumprimento da normativa de defensa da competencia. Á vista do anterior, ao non se apreciar indicios razoables da existencia de algunha práctica prohibida pola Lei 15/2007, do 3 de xullo, de defensa da competencia, o Tribunal Galego de Defensa da Competencia coincide co criterio do Servizo Galego de Defensa da Competencia de que non procede incoar expediente sancionador polas conductas denunciadas, polo que se acorda o arquivo das actuacións praticadas. En mérito a canto antecede, vistos os preceptos citados e os demais de xeral aplicación, este Tribunal RESOLVE ÚNICO.- Confirmar a proposta do Servizo Galego de Defensa da Competencia de non incoar expediente sancionador e proceder ao arquivo das actuacións referentes á denuncia de XXX en representación de Talleres Begamóvil SL contra Ford España SL ao non se apreciar indicios de incumprimento das normas que regulan a competencia no mercado. Comuníquese esta resolución ao Servizo Galego de Defensa da Competencia e notifíquese aos interesados, facendo constar que contra ela non cabe recurso algún en vía administrativa, podéndose interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a súa notificación. 7