Regulamento do Proxecto Fin de Carreira

Documentos relacionados
oferta de emprego público relativa aos corpos docentes, no ano 2016.

NORMATIVA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR ACTIVIDADES EN TITULACIÓNS OFICIAIS DE GRAO (Acordo do Consello de Goberno do 20 de abril de 2009)

NORMATIVA REGULADORA DOS CONCURSOS DE ACCESO AOS CORPOS DOCENTES UNIVERSITARIOS E DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

Aprobado en Consello de Goberno do 10 de outubro de 2016 EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

(Aprobado en consello de goberno de 12 de febreiro de 2014) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx

NORMATIVA DE PERMANENCIA E PROGRESO DO ESTUDANTADO DAS TITULACIONS OFICIAIS DE GRAO E DE MASTER UNIVERSITARIOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Criterios para a promoción e titulación na ESO. IES Xunqueira I.

A Consellería encargou a AFIPRODEL a elección dos 5 representantes, da rede de AEDL, acordándose a reserva dun deles para un membro desta asociación.

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

CRITERIOS DE EVALUACIÓN

DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx

MODIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA XERAL PARA PROGRAMAS INTERNACIONAIS DE MOBILIDADE CON FINS DE ESTUDOS CURSO

PROXECTO DE DECRETO SOBRE OS LIBROS DE ACTAS E RESOLUCIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS GALEGAS

PROCEDEMENTO DE COORDINACIÓN DA DOCENCIA DE GRAO DA FACULTADE DE CC. EMPRESARIAIS E TURISMO DE OURENSE

INICIO DE ESTUDOS ESTUDOS CONVOCATORIA DATAS

HORARIO DO PROFESORADO DAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS (E.O.I)

Facultade de Fisioterapia REGULAMENTO DO TRABALLO DE FIN DE GRAO

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

1.- VALORACIÓN DA PUNTUACIÓN DA ÚLTIMA OPOSICIÓN: 60% DA PUNTUACIÓN TOTAL DO BAREMO (60,000 PUNTOS)

ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS

CONCELLO DE OUTES (A Coruña)

NORMATIVA SOCIAL MEDIA

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016 R E U N I D O S

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DE A OPE 2008/2009

REGULAMENTO PARA A DEFENSA DO TRABALLO FIN DE MÁSTER EN XESTIÓN DO PATRIMONIO ARTÍSTICO E ARQUITECTÓNICO, MUSEOS E MERCADO DA ARTE

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DA OPE 2008/2009

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

REUNIDOS. Da outra, Don Severino Rodríguez Díaz, con DNI G, en calidade de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos.

GUÍA DOCENTE TRABALLO FIN DE GRAO

(LUGO) CAPÍTULO II. lexislativo. O Consello Local da. Igualdade loita. Artigo 2. Marco. Artigo 3. Ámbito. O ámbito. Funcións. Artigo 4.

BASES PARA A SELECCIÓN DE TÉCNICOS/AS MEDIOS EN F.P. ESPECÍFICA PARA A SÚA PARTICIPACIÓN NA PRIMEIRA CONVOCATORIA

GUÍA DOCENTE TRABALLO FIN DE GRAO

ADAPTACIÓN POR BLOQUE: CON 60 CRÉDITOS SUPERADOS Diplomatura en Ciencias Empresariais Campus de Lugo (971P01) Código. Carácter. Créditos.

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6771

ALEGACIÓNS DA CIG, CCOO, E UGT AO ACORDO ENTRE A XUNTA

REGULAMENTO PARA A REALIZACIÓN DO TRABALLO DE FIN DE GRAO

REGULAMENTO PARA A REALIZACIÓN DO TRABALLO DE FIN DE GRAO

Ordenanza Nº 40: Ordenanza Reguladora dos. Prezos Públicos das escolas municipais. de musica e artes escénicas. Ano 2017

Por todo isto, esta consellería,

ACORDAN. A incorporación do persoal do Consorcio ao Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia realizarase do seguinte xeito:

Estas vantaxes e/ou descontos serán aplicados a toda a clientela que sexa titular dunha tarxeta benvida, sen ningún requisito a maiores.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Curso Traballo Social e Demencias

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

REUNIDOS. Ambos interveñen en nome e representación das institucións anteditas EXPOÑEN

INSTRUCIÓNS PARA A XUSTIFICACIÓN DO PROGRAMA CONECTA PEME 2016 XUSTIFICACIÓN DA SEGUNDA ANUALIDADE

Comisións de Servizo por conciliación da vida laboral e familiar

Convocatoria ordinaria de 2012

CONVOCATORIA E BASES DA III EDICIÓN DO PREMIO GALICIA SPIN-OFF

CONVOCATORIA DE CURSOS DA INTERNATIONAL SUMMER SCHOOL NO ESTRANXEIRO

CONSELLOS ESCOLARES DE CENTRO

DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2017 Páx. 5699

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

REGLAMENTO TRABAJO FINAL DE MÁSTER. REGLAMENTO POR EL QUE SE REGULAN LOS TRABAJOS FIN DE MÁSTER EN ARTES ESCÉNICAS Fecha de aprobación 24/05/2012

Convocatoria Premios Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe 2017.

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE PONTEDEUME

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

NORMAS XERAIS E CONVOCATORIA... 2 PROGRAMA I ASOCIACIÓNS DE COOPERATIVAS E SOCIEDADES LABORAIS... 4

MEMORIA PARA O PROGRAMA CONXUNTO DE ESTUDOS OFICIAIS DO GRAO (PCEO) DO GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS E O GRAO EN INFORMÁTICA (Campus

PROTOCOLO DE CONCERTO FIN DE CARREIRA E TITORÍA.

SEGUNDA CONVOCATORIA DE BOLSAS DE COLABORACIÓN PARA FORMACIÓN COMPLEMENTARIA DO ESTUDANTADO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA.

En consecuencia, como director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, RESOLVO:

ACORDO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS. PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PLAN DE ESTABILIDADE NO EMPREGO DOS SERVIZOS PÚBLICOS

CONCURSO DE IDEAS EMPRESARIAIS INNOVADORAS, BASEADAS NO COÑECEMENTO CIENTÍFICO

UNIVERSIDADE DA CORUÑA UNIVERSITAS XXI ECONÓMICO XESTIÓN DA PRO RATA MANUAL DE USUARIO

DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2013 Páx. 6322

Pequena guia de acollida na Facultade

ACTIVIDADES MÓDULO II

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior Curso 2017

PROGRAMA DE MEDIDAS DE ACTIVACIÓN DO EMPREGO PARA PARADOS DE LONGA DURACIÓN

ORGANIZACIÓN DE COMPETICIÓNS DE NATACIÓN POLOS CLUBES E CAMPIONATOS GALEGOS

Instrucións e procedemento para racionalizar os horarios dos estudos do Grao en Dereito

CSI F U.A de Galicia Concurso Traslados Lei 17/1989

COTIZACIÓN RECUPERACIÓN SALARIAL CON EFECTOS RETROACTIVOS

III CURSO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

BASES QUE REXERÁN O PROCESO DE CONTRATACIÓN DE 1 AUXILIAR ADMINISTRATI VO.

Programa I. Promoción do emprego autónomo (TR341J)

MODIFICACIÓN DA NORMATIVA REGULADORA DA DOCENCIA EN INGLÉS NAS TITULACIÓNS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

G U Í A D O A L U M N A D O

DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx

Asistente web para a solicitude

REGULAMENTO DE REXIME INTERNO DA ASOCIACION CLUSTER ALIMENTARIO DE GALICIA

PREMIOS JULES VERNE ( ) DE ENSINO

DOG Núm. 103 Mércores, 1 de xuño de 2016 Páx

(...) I. NORMAS XERAIS

Información e instrucións para realizar solicitudes web

INFORMACIÓN AUTOLIQUIDACIÓN DE TAXAS

DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 Martes, 23 de xuño de 2009

Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública

CONVOCATORIA DO CONCURSO DE ENTROIDO 2018

REGULAMENTO DE CENTROS ADSCRITOS

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

DECRETO NÚMERO 584/2008 DO LIBRO DE RESOLUCIÓNS EN MATERIA DE PERSOAL Ó SERVIZO DA CORPORACIÓN, DITADAS POLO TENENTE DE ALCALDE DELEGADO DE ÁREA.

Facultade de Química Avda. das Ciencias s/n Santiago de Compostela ESPAÑA

BASES DO PREMIO SOLIDARIO CIDADE DE FERROL 2017

DATOS IDENTIFICATIVOS 2015/16. Asignatura Técnicas de Comunicación e de Promoción Turísticas Código 662G01005

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Transcripción:

Regulamento do Proxecto Fin de Carreira Escola Técnica Superior de Arquitectura O Título de Arquitecto representa a plenitude da titulación na orde profesional para o exercicio da profesión correspondente, tanto na esfera privada coma na pública, de acordo cos dereitos, atribucións e prerrogativas que as disposicións legais establezan, así como para o acceso aos estudios de doutoramento. 1.- CONCEPTO 1.1.- O proxecto fin de carreira é a proba na que se sintetizan os coñecementos adquiridos polo alumno durante os estudios de Arquitectura, aplicados á redacción dun traballo de investigación concretado nun proxecto de nivel profesional, entendido como un proxecto completo de arquitectura que aborda de forma integrada todas as áreas de coñecemento profesional con concreción suficiente para permitir o seu desenvolvemento executivo. A súa superación levará á obtención do grao de arquitecto/a. 1.2.- O desenvolvemento do curso do proxecto fin de carreira realizarase baixo a dirección dun profesor coordinador das áreas de coñecemento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo durante o último curso de carreira. 1.3.- Con independencia da constitución do tribunal establecido de acordo co apartado 6 deste regulamento, estimularase a participación, unicamente para efectos informativos, de observadores designados pola Conferencia de Escolas de Arquitectura de España, nos actos cualificadores destes proxectos. 1.4.- Así mesmo, a Dirección da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña publicará unha mostra significativa dos proxectos fin de carreira presentados en cada convocatoria, comprendendo casos de todos os niveis de cualificación positiva concedidos. 2.- O RÉXIME DE ESTUDIOS 2.1.- Para poder desenvolver o proxecto fin de carreira os alumnos deberán formalizar a súa matrícula. Non se poderá realizar a entrega da documentación, tanto do proxecto básico coma do proxecto final, nin efectuar a exposición do proxecto fin de carreira, sen que se aprobaran previamente a totalidade das restantes materias necesarias que establece o plan de estudios para acceder á titulación. páxina 1

3.- OS ÓRGANOS DE DOCENCIA 3.1.- Profesores asignados ao proxecto fin de carreira: Cada departamento, das áreas de coñecemento ás que está adscrito o proxecto fin de carreira, debe asignar a este o número de profesores que dentro das súas posibilidades lectivas estime oportuno para a súa atención. Como mínimo haberá un profesor por área de coñecemento. 3.2.- A comisión permanente nomeará ao coordinador entre os profesores das áreas de coñecemento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo. 3.3.- Funcións do coordinador: a. Organizar as clases de seminario do proxecto fin de carreira. b. Fixar as datas de presentación dos proxectos fin de carreira en cada curso académico, tanto no que se refire á entrega do proxecto básico coma da documentación definitiva. Estas datas deberanse publicar antes do primeiro de xullo do curso anterior. c. Remitir os proxectos fin de carreira en cada convocatoria aos presidentes dos respectivos tribunais. 4.- OS ALUMNOS 4.1.- Os alumnos realizarán o seu proxecto fin de carreira en réxime de escolaridade para garantir a asistencia e o seguimento na elaboración deste. 5.- A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA 5.1.- Docencia Anualmente e en función dos alumnos matriculados no proxecto fin de carreira, a dirección da escola fará o encargo de docencia aos departamentos para cubrir os tribunais, asesorías e titorías. Este encargo farase de xeito proporcionado ao número de profesores arquitectos que pertenzan a cada departamento e a súa carga lectiva. Os departamentos incluirán no seu POD a docencia do proxecto fin de carreira e, en función desta, propoñerán un mínimo de profesores arquitectos que garanta a composición dos tribunais e estructurarán o reparto da docencia garantindo o mínimo de profesores necesarios para cubrir as asesorías e a tutela dos alumnos. Os departamentos publicarán no taboleiro de anuncios unha relación de profesores dispoñibles candidatos a titores, asesores e tribunais. A dirección da ETSA velará polo cumprimento das obrigas docentes nos tribunais, asesorías e titorías en cada unha das convocatorias do proxecto fin de carreira. 5.2.- Temas Durante o mes de xuño, o coordinador presentará e desenvolverá os contidos dos temas do proxecto fin de carreira (dous como mínimo) a docencia dos cales deberá desenvolverse durante o seguinte curso académico. A documentación correspondente deberá estar dispoñible para os alumnos o día 1 de xullo. A vixencia de cada tema para a súa elección e entrega do proxecto básico será dun curso académico. A duración total do proxecto fin de carreira para a súa entrega definitiva será de dous cursos académicos como máximo, salvo situacións excepcionais que valorará a Comisión Permanente logo de informe favorable do titor. Excepcionalmente poderase escoller outro tema diferente dos propostos polo coordinador, que aprobará a comisión permanente por proposta do coordinador. páxina 2

5.3.- Titorías Todos os alumnos do proxecto fin de carreira terán un profesor titor. (O período de tutela efectiva no poderá ser inferior a catro meses). Funcións do titor: a. Asesorar ao alumno ao longo do desenvolvemento do proxecto fin de carreira. b. Establecer, de acordo co alumno e cos profesores asesores, que parte do proxecto será obxecto do desenvolvemento a nivel de execución, facéndoo constar no informe ao tribunal. c. Velar pola autoría do proxecto fin de carreira. d. Remitir informe ao tribunal sobre o proxecto do alumno. e. Atender as aclaracións solicitadas polo tribunal sobre os proxectos tutelados por el. Poderán ser titores todos os profesores arquitectos da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Tamén poderán ser titores outros arquitectos que polo seu recoñecemento académico ou profesional teñan a aprobación do coordinador do proxecto fin de carreira-comisión permanente. Todos os profesores arquitectos da escola asumirán as titorías do proxecto fin de carreira, sempre que non teñan cuberta a súa dedicación. A negativa a aceptar as titorías deberá ser debidamente xustificada. 5.4.- Valoración do proxecto básico Os alumnos poderán presentar, sempre con carácter voluntario, un proxecto básico que deberán achegar cun informe do titor para a súa valoración previa. A tales efectos, existirán dúas convocatorias, en marzo e setembro dese curso académico. En relación coas normas de presentación, estarase ao disposto no anexo de documentación que se xunta a este regulamento. A valoración de dita documentación recaerá sobre unha comisión cun máximo de catro membros, seleccionados pola comisión permanente de entre os tribunais, e que incluirá preferentemente aos seus presidentes e aos docentes do Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo. Desta sesión redactarase a correspondente acta. Unha avaliación positiva nesta fase será vinculante para o tribunal definitivo, nos aspectos analizados pola comisión. 5.5.- O proxecto fin de carreira, na súa documentación definitiva, remitirase ao tribunal correspondente achegando un informe do titor no que se reflicten convenientemente o seguimento efectuado, as posibles incidencias que tiveran lugar, e todos aqueles aspectos que se estimen relevantes de cara á súa cualificación. 6.- O TRIBUNAL 6.1.- Composición dos tribunais. Cada tribunal constará de catro membros, todos eles arquitectos e docentes cunha adecuada solvencia profesional e académica. Preferentemente, o presidente pertencerá ao Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo e dos restantes membros, a lo menos dous deles serán das áreas tecnolóxicas. Cada membro do tribunal terá o seu correspondente suplente. 6.2.- O número de tribunais establecerase en función do número de alumnos presentados, nunha relación aproximada de 30 alumnos por tribunal. páxina 3

6.3.- A Comisión Permanente será a encargada da designación dos tribunais, elixindo ao seus membros de entre as propostas facilitadas polos distintos departamentos, e por proposta da Dirección da Escola Técnica Superior de Arquitectura. O nomeamento será válido durante dous anos académicos. 6.4.- A Comisión Permanente, na mesma sesión referida no punto anterior, nomeará os correspondentes presidentes e secretarios dos tribunais, igualmente por proposta da dirección do centro. 6.5.- Os profesores asignados á docencia da materia do proxecto fin de carreira, ou que se encarguen da titoría dalgún dos proxectos presentados, non poderán formar parte dos tribunais no que figuren os seus alumnos. 6.6.- Os tribunais do proxecto fin de carreira entenderanse constituídos coa asistencia de polo menos tres dos seus membros. Poderán pedir os informes que consideren necesarios, usando os medios de que dispoña a Escola Técnica Superior de Arquitectura, e cualificarán os proxectos conforme o estipulado no apartado 7.5 do presente regulamento. Os acordos deberanse tomar coa maioría dos membros presentes. No caso de empate, farase valer o voto de calidade do presidente. 7.- AS PROBAS DO PROXECTO FIN DE CARREIRA 7.1.- En cada curso académico fixaranse dúas convocatorias para a entrega do proxecto básico e tantas datas de presentación do proxecto definitivo como estableza a normativa académica vixente. 7.2.- Unha vez realizada a entrega do proxecto fin de carreira, os secretarios dos distintos tribunais establecerán as datas da correspondente exposición pública. 7.3.- A sesión pública da proba consistirá na exposición por parte do alumno ao grao de arquitecto/a do proxecto realizado. Entre a entrega do proxecto e a sesión pública non poderá transcorrer máis dun mes. 7.4.- Unha vez terminada a exposición, os membros do tribunal poderán solicitar ao alumno as aclaracións que estimen oportunas. 7.5.- O tribunal correspondente, en sesión secreta, cualificará ao aspirante coa nota de matrícula de honra, sobresaliente, notable, aprobado ou suspenso, engadindo a cualificación numérica. Esta nota constará na acta e incorporarase ao expediente do alumno. Coa acta elaborarase o correspondente informe das cualificacións suspensas emitidas. No caso de que se observaran deficiencias corrixibles no proxecto fin de carreira, este deberase entregar, coas modificacións oportunas, nunha convocatoria posterior, sen exceder o prazo doutro ano, salvo situacións excepcionais que valorará o tribunal correspondente. 8.- RÉXIME TRANSITORIO O réxime transitorio de aplicación do presente documento será elaborado pola Comisión Permanente, unha vez aprobado o regulamento polos órganos correspondentes da universidade. Regulamento aprobado pola Xunta de Escola, na súa sesión extraordinaria realizada o día 26 de febreiro de 2003 e ratificado polo Consello de Goberno da Universidade, na súa sesión ordinaria realizada o día 3 de abril de 2003. páxina 4

ANEXO I DOCUMENTACIÓN DO PROXECTO FIN DE CARREIRA Na totalidade da documentación a entregar valorarase a claridade, precisión e concisión na presentación do proxecto. PROXECTO BÁSICO Entregaranse dous paneis en tamaño DIN A-1 nos que se defina a totalidade do proxecto. Ditos paneis incluirán toda a documentación, incluso unha pequena memoria. Non se poderá presentar maqueta aínda que, dentro dos paneis, permítese a inclusión de fotografías de maquetas. Achegaranse igualmente, catro copias dos paneis en tamaño reducido DIN A-3. ENTREGA DEFINITIVA PLANOS Urbanización - Emprazamento e situación, onde se explique a relación co lugar, cos seus elementos importantes, así como os servicios urbanísticos existentes. - Urbanización proposta. Planta e seccións necesarias. Edificación - Plantas - Seccións - Alzados - Maqueta - Fotografías ou perspectivas - Cotas e superficies - Acabados, memoria de carpintería - Solucións constructivas propostas, xerais e detalle. - Planos estructuras xerais a nivel de predimensionados. - Planos estructuras a nivel de proxecto de execución da zona a desenvolver. - Planos cimentación e saneamento. Detalles. - Planos esquemas instalacións - Xustificación normativa básica - Xustificación normativa especifica tema. páxina 5

MEMORIA - Cadro de superficies útiles e construídas - Xustificación ideas e criterios do proxecto - Descritiva da solución adoptada - Criterios solución estructura - Anexo de cálculo dunha parte significativa - Criterios e solución constructiva, acabados - Criterios elección e deseño instalacións - Anexo cálculo instalacións dunha parte significativa Avance presuposto Prego de condicións e medición dunha partida de acabados con presuposto e estudio dun prezo descomposto. Con vistas a unha posible publicación dos traballos, entregarase o día da defensa en soporte informático que conterá un resumo significativo do proxecto para ser impreso en tamaño DIN A-3 apaisado. páxina 6

ANEXO II DATAS DE ENTREGA E DEFENSA DO PROXECTO FIN DE CARREIRA Antes do 1 de xullo, o coordinador fixará as datas de entrega para o próximo curso académico dentro dos seguintes límites: Proxecto básico Tanto na convocatoria de marzo coma na de setembro, a entrega será na última semana de ditos meses. Proxecto definitivo Nas convocatorias extraordinaria de febreiro e ordinarias de xuño e setembro, a entrega da documentación efectuarase na primeira semana dos meses indicados e a defensa realizarase na última semana dos mesmos meses. Na convocatoria fin de carreira a entrega será na primeira semana do mes de decembro e a defensa na terceira semana de dito mes. páxina 7